9
ESTRUTURA CELULAR 1.- Indica os aportes á Citoloxía de: - Hooke: - Leeuwenhoek: - Virchow: - Scheleinden: - Schwann: 2.- Rober Hooke...: a) foi o primeiro que observou células ó microscopio b) dixo que todos os vexetais estaban formados por células c) dixo que todos os animais estaban formados por células d) dixo que os gametos tamén eran células 3.- Unha destas características non é propia dos procariotas: a) non teñen núcleo propiamente dito b) teñen orgánulos membranosos c) só teñen un único cromosoma 4.- Na fig. da esquerda obsérvase unha célula procariótica porque ...: a) non ten núcleo definido e ten poucos orgánulos b) ten orgánulos desenvolvidos c) ten núcleo definido d) ten vacuolas 5.- Que a célula é a unidade fisiolóxica dos seres vivos quere dicir que... : a) todos os seres vivos están formados por células b) que os gametos son células c) que o funcionamento dos seres vivos débese ó funcionamento das súas células d) que hai seres vivos unicelulares e pluricelulares

Cuestións organización celular

Embed Size (px)

Citation preview

ESTRUTURA CELULAR

1.- Indica os aportes á Citoloxía de:

- Hooke:

- Leeuwenhoek:

- Virchow:

- Scheleinden:

- Schwann:

2.- Rober Hooke...:

a) foi o primeiro que observou células ó microscopio

b) dixo que todos os vexetais estaban formados por células

c) dixo que todos os animais estaban formados por células

d) dixo que os gametos tamén eran células

3.- Unha destas características non é propia dos procariotas:

a) non teñen núcleo propiamente dito

b) teñen orgánulos membranosos

c) só teñen un único cromosoma

4.- Na fig. da esquerda obsérvase unha célula procariótica porque ...:

a) non ten núcleo definido e ten poucos orgánulos

b) ten orgánulos desenvolvidos

c) ten núcleo definido

d) ten vacuolas

5.- Que a célula é a unidade fisiolóxica dos seres vivos quere dicir que... :

a) todos os seres vivos están formados por células

b) que os gametos son células

c) que o funcionamento dos seres vivos débese ó funcionamento das súas células

d) que hai seres vivos unicelulares e pluricelulares

6.- que a célula é a unidade anatómica dos seres vivo quere dicir ... :

a) todos os seres vivos están formados por células

b) que os gametos son células

c) que o funcionamento dos seres vivos é debido ó funcionamento das súas células

d) que hai seres vivos unicelulares e pluricelulares

7.- As células vexetais caracterízanse por ... :

a) non ter orgánulos

b) por ter plastos e parede celular

c) por ser xeralmente poliédricas

d) por ter nutrición heterótrofa

8.- O centrosoma ... :

a) é o centro da célula, o núcleo celular

b) intervén nos procesos de obtención de enerxía a partir de substancias orgánicas

c) intervén na síntese de determinadas substancias

d) intervén nos procesos de división celular

9.- Os ribosomas fórmanse ... :

a) no hialoplasma

b) na membrana plasmática

c) no citoplasma

d) no nucleolo

10.- Identifica os seguintes instrumentos ópticos. ¿Cal deles permite estudiar

directamente actividades nos seres vivos microscópicos? Razona a resposta

11.- Completa a táboa:

Tipo de organismo Eucariota ou procariota Célula vexetal ou animal

Célula da mucosa bucal

Bacteria E. coli

Paramecio

Célula da epiderme dunha

folla

12.- As membranas celulares están compostas fundamentalmente por:

a) azucres e polisacáridos

b) fosfolípidos e proteinas

c) polisacáridos e lípidos

d) glicosa e proteinas

e) colesterol

13.- As bacterias son células... :

a) que non poseen ADN

b) de organización eucariótica

c) que carecen de membrana plasmática

d) de organización procariótica

14.- A síntese de proteínas ten lugar ... :

a) centrosoma

b) ribosomas

c) cromosomas

d) retículo endoplasmático

15.- As células procarióticas diferécianse das eucarióticas en... :

a) as procarióticas teñen mitocondrias e as eucarióticas mesosomas

b) as procarióticas son autótrofas e as eucarióticas heterótrofas

c) as eucarióticas teñen membrana nuclear e as procarióticas carecen dela

d) válidas as respostas a) e c)

16.- A formación de cilios e flaxelos é debida a:

a) aparato de Golgi

b) cromatina

c) centriolos

d) retículo endoplasmático liso

17.- As células procarióticas caracterízanse por:

a) carecer de membrana nuclear

b) non poder realizar síntese de proteínas

c) ser parásitas

d) válidas todas as respostas anteriores

18.- O aparato de Golgi é:

a) o lugar da célula onde se forman ribosomas

b) Un conxunto de sáculos membranosos apilados que se atopan rodeados de

vesículas

c) o orgánulo citoplasmático responsable da dixestión celular no interior da célula

d) un conxunto de filamentos proteicos que se distribúen en forma de rede no citosol

19.- Responde se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. No caso de

que sexan falsas corríxeas para que sexan correctas:

a) un nanómetro equivale a millonésima parte dun mm

b) nas mitocondrias prodúcese a respiración celular

c) as células vexetais no teñen mitocondrias e si cloroplastos

d) a maior parte do ADN celular na célula animal está formando a cromatina, pero

tamén hi ADN nas mitocondrias

e) os lisosomas son responsables da dixestión celular

f) as células vexetais non teñen membrana plasmática pero sí parede vexetal

g) no retículo endoplasmático liso sintetízanse lípidos que forman a membrana

h) as células secretoras non teñen aparato de Golgi

i) co microsopio electrónico só poden estudiarse células mortas, mentras que co

óptico poden observarse tamén células vivas

j) co microscopio óptico poden estudiarse as estructuras subcelulares como a das

mitocondrias e cloroplastos

20.- ¿Como é a estructura da membrana plasmática? Represéntaa nun debuxo

poñendo nome os componentes. Indica as súas características estructurais

21.- ¿Como se relaciona o retículo endoplasmático e o aparato de Golgi nos procesos

celulares de secreción?. Represéntao mediante un debuxo

22.- ¿Que é un tactismo e cando é positivo ou negativo?

23.- Relaciona de tres en tres mediante unha frase os seguintes termos: dixestión,

traducción, bacterias, ribosomas, lisosomas, parede, escorbuto, vexetal, organización,

enzimas, celulosa, hidrosoluble, procariota, proteínas, vitamina C

24.- Analiza a seguinte imaxe que amosa parte dunha célula secretora vista ó

microscopio electrónico:

a) pon nome as estructuras sinaladas con letras

b) ¿que tipo de molécula está representada por B?

c) ¿que letra indica o lugar onde se sintetizou dita molécula a partir dos seus

compoñentes?

d) ¿cal é a función das estructuras C, D, G e I

25.- Na seguinte figura obsérvase …

a) unha célula eucariótica

b) unha mitocondria

c) unha vacuola

d) un cloroplasto

Pon nomes as estructuras sinaladas con números

26.- Na fig. seguinte obsérvase unha célula …

a) animal, pois ten mitocondrias

b) vexetal, pois ten parede celular

c) animal, pois ten parede celular

d) vexetal, pois ten mitocondrias

Pon nome as estructuras sinaladas con números

27.- O indicado co número 2 na fig. da actividade anterior é …

a) un cloroplasto

b) o aparato de Golgi

c) unha mitocondria

d) o retículo endoplasmático

28.- Os orgánulos ou estructuras características da célula debuxada na

actividade 26 son …

a) o 1 e o 3

b) o 2 e o 4

c) o 2 e o 3

d) o 1 e o 2

29.- O ADN está …

a) no núcleo

b) no nucleolo

c) no citoplasma

d) nas mitocondrias

30.- ¿Cal é a estructura celular que protexe á célula vexetal das alteracións da

presión osmótica?

a) o núcleo

b) a mitocondria

c) a membrana plasmática

d) os plastos

e) a parede celular

f) o aparato de Golgi

g) o retículo endoplasmático

31.- ¿Cal é o orgánulo celular relacionado coa secreción de substancias? :

a) o núcleo

b) a membrana plasmática

c) o citoplasma

d) os plastos

e) a parede celular

f) o aparato de Golgi

g) o retículo endoplasmático

32.- ¿Cal é a estructura celular na que se obtén enerxía a partir de substancias

orgánicas?:

a) o núcleo

b) a membrana plasmática

c) o citoplasma

d) os plastos

e) a parede celular

f) o aparato de Golgi

g) o retículo endoplasmático

33.- As vacuolas ...

a) almacenan substancias

b) interveñen nos procesos de obtención de enerxía a partir de substancias orgánicas

c) interven na síntese de determinadas substancias

d) interveñen nos procesos de división celular

34.- ¿Cal é a estructura na que se realiza a fase oscura da fotosíntese?:

a) o estroma

b) o grana

c) o citoplasma

d) as cristas

e) a mitocondria

f) a parede celular

g) a matriz

35.- Nos lisosomas...

a) teñen lugar os procesos de degradación de substancias

b) obtense enerxía a partir de substancias orgánicas

c) sintetízanse determinadas substancias

d) interveñen nos procesos de división celular

36.- Núcleo, cloroplastos e retículo endoplasmático:

a) son orgánulos das células procariotas

b) son orgánulos implicados na producción de enerxía

c) son orgánulos citoplasmáticos

d) son orgánulos fundamentais para todo tipo de células

e) nengunha alternativa é correcta

37.- Elixe a resposta correcta:

a) a cromatina sitúase no interior do nucleoplasma

b) o nucleoplasma localízase no interior da cromatina

c) nas células con nucleoplasma non hai cromatina

d) nas células con cromatina non existe nucleoplasma

38.- Na fig. seguinte:

a) nomea o orgánulo

b) sinala cada unha das súas partes indicadas con números

c) indica en que células está presente

d) Explica a función que realiza

39.- Na fig. seguinte:

a) nomea o orgánulo

b) sinala cada unha das súas partes indicadas con números

c) indica en que células está presente

d) Explica a función que realiza