Upload
martires-sobredo
View
248
Download
3
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Perfil do agrarista Dionisio Quintillán autor que foi homenaxeado en Sobredo
Citation preview
DIONISIO QUINTILLÁN
Agrarista que recorreu Galicia con Basilio Álvarez loitando pola
redención da terra e concienciando aos labregos contra os foros. Natural de
Forcarei, estableceuse en Poio onde foi concelleiro e tamén deputado
provincial. Participa activamente no Congreso Agrario de Tui en Xullo de
1.922, con Basilio Álvarez, onde destaca como brillante orador e home de
solucións: propón a celebración do mitin na Alameda de Tui, acto que fora
prohibido polo gobernador e rexeita con firmeza o uso da forza pública en
cuestións de foros por parte do goberno. Quintillán dirixe duras críticas
contra os parlamentarios, chamándolles traidores, xa que nada facían polos
labregos.
Propuxo a súa táctica contra os foros: o Congreso debe declarar
abolidos os Foros e que tódolos labregos se neguen ao pago; que tódalas
sociedades agrarias se comprometan na loita e ante o primeiro choque coa
forza armada ao tratarse da execución das sentenzas, se contestase coa
folga de contibuíntes, suspensión de feiras e mercados e declarando o
boicot ás vilas e cidades, residencia dos foristas.
Quintillán dixo: “Hai que levantar o espírito e pasar por riba do
Parlamento. Nós queremos a terra libre e libertarémola. O labrego non
necesita que ninguén o sirva pois válese por si mesmo e se os gobernos non
atenden logo ás súas xustas aspiracións, terminará por proclamar a
República Galega”.
En 1.936 foi encarcelado e deportado. Morreu o 20 de decembro de
1.960. (Enciclopedia Gallega, Faro de Vigo, El Tea, Galicia)