16
Sesión 1 Coñece a TIX&LOY GUÍA DO DOCENTE 1 Coñece a TIX&LOY p o l a t ú a s a ú d e Enerxía para medrar p o l a t ú a s a ú d e

Ejemplo unidad didáctica del programa PEAHS (galego)

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Programa Educativo sobre Alimentación y Hábitos Saludables.

Citation preview

Sesión 1Coñece

a TIX&LOYGUÍA DO DOCENTE

1Coñece a TIX&LOYpola t

úa saúde

Enerxía para medrar

pola

túa sa

úde

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa educativo sobre alimentación e hábitos saudables SESIÓN 1

2

Programa Educativo sobre Alimentación

e Hábitos Saudables promovido por:

Enerxía para medrar

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa educativo sobre alimentación e hábitos saudables SESIÓN 1

3

1Coñece a TIX&LOY

pola

túa sa

úde

Enerxía para medrar

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa educativo sobre alimentación e hábitos saudables SESIÓN 1

4

FICHA TÉCNICA

OBXECTIVOS> Coñecer a Tix e Loy.> Coñecer os hábitos de vida do

alumnado.

DISTRIBUCIÓN DO TEMPO30 MINUTOS: presentación das personaxes.25 MINUTOS: cuestionario.

AGRUPAMENTO> En grupo/Traballo individual.

ESPAZOS> Aula ordinaria.

RECURSOS> Caderno do alumnado/Cómic/

Cuestionario.

ACTIVIDADES> Presentación das personaxes:

o alumnado lerá o cómic de Tix e Loy e porá en común as súas impresións.

> Cuestionario. Avaliación inicial. De seguido, o alumnado contestará a un cuestionario relacionado co tema que se vai traballar. Por último, farase unha posta en común das súas respostas e opinións.

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa educativo sobre alimentación e hábitos saudables SESIÓN 1

5

1/ INTRODUCIÓNPara facer máis sinxelo o comezo desta Unidade Didáctica, uns días antes do seu inicio é recomendable que o docente explique o labor que se vai realizar:

O profesorado tamén explicará ao alumnado en que consiste o programa. A actividade consta de 5 sesións na aula ordinaria, máis dunha sexta sesión na que visitarán un supermercado para que demostren durante unha mañá todo o que aprenderon na aula. E, por último, a realización da wiki na aula de informática.

Por último, tamén se poderá comentar ao alumnado que durante as dúas derradeiras sesións dedicaranse a traballar en grupo para realizar unha wiki na sala de informática, ademais da posibilidade de participar coas wikis realizadas nun concurso interescolar.

O profesorado presentará as personaxes de Tix e Loy, que durante 8 sesións explicarán os hábitos de alimentación e vida saudables. Xunto a eles tratarán diversos temas e realizarán divertidas actividades para conciencialos da importancia de aplicar na vida diaria as ensinanzas dos seus novos amigos.

Comezaremos coa lectura do cómic con personaxes “Tix&Loy” que atoparán no caderno do alumnado. Lerano seguindo a dinámica que se considere oportuna: individualmente, por grupos, lectura en voz alta alternando o lector, etc. Ao finalizar a lectura do cómic, porán en común as súas impresións.

Por último, pediráselles que respondan a un cuestionario sobre os seus hábitos de alimentación e lecer. Propoñemos que estes cuestionarios sexan remitidos, de xeito anónimo (indicando unicamente a idade e o nome do centro educativo), á Secretaría Técnica do Programa (T: 94 607 28 41 | 9:00-18:00) para elaborar un estudo sobre a situación dos nenos/as da súa rexión. As conclusións deste estudo compartiranse co centro.

3

SESIÓN 1: Coñece a TIX&LOY

TIX & LOY – Enerxía para medrar

Hola, son Tix! Teño 11 anos e quero aprender contigo a importancia dunha alimentación saudable e dunha dieta equilibrada.

Hola, son Loy! Teño 11 anos e quero demostrarche que a realización de exercicio físico é indispensable para lograr uns hábitos saudables.

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa educativo sobre alimentación e hábitos saudables SESIÓN 1

6

4

SESIÓN 1: Coñece a TIX&LOYTIX & LOY – Enerxía para medrar

O campionato interescolarpol

a túa

saúde

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa educativo sobre alimentación e hábitos saudables SESIÓN 1

7

5

SESIÓN 1: Coñece a TIX&LOY

TIX & LOY – Enerxía para medrar

O equipo escolar

pola

túa

saúde

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa educativo sobre alimentación e hábitos saudables SESIÓN 1

8

2/ PRESENTACIÓN DAS PERSONAXES

Tix e Loy Tix e Loy son uns rapaces deportistas que se están a adestrar na práctica dunha alimentación saudable. Tix e Loy servirannos de guía a través desta Unidade Didáctica para tratar as chaves dunha alimentación equilibrada e os beneficios duns hábitos saudables.

Agora gustaríanos coñecerte e descubrir canto sabes sobre

alimentación e hábitos de vida saudables. Para elo imos

preguntarche polos teus costumes cotiáns.

Coñezámonos!

Xa sabes un pouco máis sobre nós...

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa educativo sobre alimentación e hábitos saudables SESIÓN 1

9

3/ AVALIACIÓN INICIAL

Este cuestionario corresponde á valoración inicial que nos sirve para identificar o punto de partida do alumnado en temas de nutrición, alimentación equilibrada e hábitos de lecer activo. Propoñemos que o cuestionario se cumprimente no colexio, na casa coa familia ou de forma individual. Desde a Secretaría Técnica do Programa (T: 94 607 28 41 | 9:00-18:00), solicitámosvos que nos enviedes unha copia destes cuestionarios enchidos de xeito anónimo, co obxectivo de realizar un estudo sobre os hábitos de alimentación e lecer declarados polos nenos/as da rexión. Os resultados compartiranse co centro educativo.

Coñezámonos!

7

SESIÓN 1: Coñece a TIX&LOY

TIX & LOY – Enerxía para medrar

ACTIVIDADES1. Que adoitas facer cando saes do cole? Explica o que fas un día normal (de luns a venres) despois de saír de clase.

2. Practicas algún deporte? Cal? Cantas veces á semana?

3. Estás apuntado nalgunha actividade extraescolar que non sexa deportiva? Cal?

4. Quedas cos teus compañeiros/as ou amigos/as fóra do cole?

Si. Non. Que adoitades facer?

5. Cal é a túa afección favorita?

6. Que adoitas facer durante a fin de semana?

7. Imaxina que hoxe puideras tomar a túa comida favorita… Cal sería o teu menú preferido?

8. Nomea os teus 5 alimentos favoritos:

Luns:

Martes:

Mércores:

Xoves:

Venres:

Primeiro prato

Segundo prato

Sobremesa

1.

2.

3.

4.

5.

a

c t iv idades

ac

tividades

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa educativo sobre alimentación e hábitos saudables SESIÓN 1

10

8

SESIÓN 1: Coñece a TIX&LOY

TIX & LOY – Enerxía para medrar

9. Fagamos memoria... Que comiches onte?

10. Nomea 5 alimentos que non che gusta comer

12. Que bebes co xantar e coa cea? Bebes o mesmo a diario e na fin de semana?

13. Onde xantas durante a semana? No comedor do cole. Na casa. Noutro lugar. Onde?

11. Cal é a túa bebida preferida?

Almorzo

Taco

Xantar

Merenda

Cea

Non almorcei

Non tomei o taco

Non xantei

Non merendei

Non ceei

1.

2.

3.

4.

5.

ac t iv idades

ac

tividades

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa educativo sobre alimentación e hábitos saudables SESIÓN 1

11

9

SESIÓN 1: Coñece a TIX&LOY

TIX & LOY – Enerxía para medrar

Case

nun

ca

(men

os d

unha

vez

po

r sem

ana)

Pouc

as v

eces

(2

-3 v

eces

por

se

man

a)

Case

sem

pre

(todo

s os

día

s)

Verdura

Carne

Peixe

Froita

Ovos

Pan, cereais, pasta, arroz...

Leite, queixo, iogur...

Doces, bolos...

16. Se che gusta comer lambetadas, cando as tomas?

Todos os días.

Fines de semana.

Días sinalados: aniversarios, festas...

Que tipo de lambetadas comes? Podes marcar máis dun cadro.

Bolsas de patacas, “gusanitos”...

Gominolas.

Bolos.

Outros. Cales?

ac t iv idades

act

ividades

14. Comes só/soa ou acompañado/a? Se comes acompañado/a, con quen o fas?

Indica a túa resposta en cada un dos seguintes momentos:

- Nos xantares:

- Nas ceas:

- Durante a semana:

- Durante a fin de semana:

15. Sinala cunha cruz a frecuencia coa que tomas os seguintes alimentos:

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa educativo sobre alimentación e hábitos saudables SESIÓN 1

12

10

SESIÓN 1: Coñece a TIX&LOY

TIX & LOY – Enerxía para medrara

c t i v i t i es

ac

t i v i t i es

17. Es alérxico/a ou tes intolerancia a algún alimento? Si. A cal/es? Non.

18. Que sería para ti unha dieta saudable?

19. Coñeces a pirámide nutricional? Poderías dicirnos para que sirve?

20. Escribe un menú saudable:

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa educativo sobre alimentación e hábitos saudables SESIÓN 1

13

4/ DINÁMICA TRAS A REALIZACIÓN DA ENQUISAAo finalizar a enquisa, o docente pode facer algunhas preguntas para xerar unha reflexión conxunta acerca de se eles/as seguen unha alimentación equilibrada e practican hábitos de vida saudables.

SUXESTIÓN AO PROFESORADO

> No cuestionario faláronnos de hábitos saudables. Que vos parece que é iso? De que credes que falan?

> Son importantes para a nosa vida? Por que?

> Que pasaría se non practicamos eses hábitos?

> Practicádelos? De que forma? Poderiades melloralos? Como?

> Seguro que tedes escoitado falar da dieta mediterránea. En que consiste? Que alimentos inclúe?

> Gústavos comer sós ou acompañados? Por que?

> Tedes tempo suficiente para comer na casa ou no cole? Por que será importante comer tranquilos/as?

> Gústavos a fast food (comida rápida)? Que vantaxes credes que ten? E que desvantaxes?

> Tedes escoitado falar da slow food (comida lenta)? En que consistirá? Por que se terá potenciado este estilo de alimentación?

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa educativo sobre alimentación e hábitos saudables SESIÓN 1

14

Nesta sesión o alumnado coñeceu aos seus novos amigos Tix e Loy e viu cales son os seus hábitos alimentarios e deportivos actuais. Na próxima, Tix e Loy ensinarannos como levar unha boa alimentación baseada na variedade e no equilibrio nutricional, e tamén marcarannos unhas pautas

que nos axudarán a adquirir uns hábitos saudables para crecer sans.

Vémonos na próxima sesión!

Enerxía para medrar

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa educativo sobre alimentación e hábitos saudables SESIÓN 1

15

Programa Educativo sobre Alimentación

e Hábitos Saudables promovido por:

ESCOLA DE NUTRICIÓN Programa educativo sobre alimentación e hábitos saudables SESIÓN 1

16

pola

túa sa

úde

Programa Educativo sobre Alimentación

e Hábitos Saudables promovido por:

Enerxía para medrar