16
EMBATE Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) XULLO-AGOSTO-SETEMBRO 2007 numero 7 liberdade autodeterminacion independencia socialismo mocidade GZ Republica

EMBATE 7

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Voceiro Nacional de Adiante

Citation preview

EMBATEV o c e i r o N a c i o n a l d e A D I A N T E ( M o c i d a d e R e vo l u c i o n a r i a G a l e g a )

XULLO-AGOSTO-SETEMBRO 2007 numero 7

liberdade

autodeterminacionindep

enden

ciasocialismomocidade

GZ

Republica

ESPADELA ARTESANATO · Rúa do Vilar, 58-B

CompostelaGRÁFICAS PLANETA · Pedraucha 9 ·

Tameiga-Mos

LIBRERIA MENDINHO · Avda. Castelao, 7 · Vigo

CASA DAS CRECHAS · Vía Sacra, 3 ·

Compostela

A POLA NA POLA · Rúa Cervantes, 19 · Vigo

O BARDO · Cervantes 5, Baixo · VigoLIBRARIA ANDEL · Rúa Pintor Lugrís, 10 · Vigo

ANIL PERRUQUEIROS· Praza de Feixóo, nº 3

Compostela

PU

BL

IC

ID

AD

E

embate@

adiantegz.org

ALJAMA · Ribadavia EMBORA · Rúa Tras Fiz de Solovio, 2·

Compostela

A TULLA · Entrerrúas, 1· Compostela

EMBATE

2

EL HUMANOIDE DEL TRAJE VERDE· Algalia de

arriba, nº 4 · Compostela

y

No Día da Patria deste ano 2007, a mocidade revolucionaria organizada en ADIANTE tracexamosrenovadas esperanzas. Tras un par de anos de certo ralentí nas forzas populares á espreita polasmudanzas de cor nos gobernos do Estado español e na súa sucursal colonial da Xunta, o clarocontinuismo deste último, encabezado polo tándem Touriño-Quintana, volven crear canles demobilización e colaboración mutuas entre as faccións nacionais que apostamos pola liberdade danosa nación.

Eramos conscientes desde un principio, como xa diciamos en anteriores entregas deste EMBATE, deque os cambios de goberno nun sistema anti-democrático, capitalista e imperialista como o quesustenta o actual réxime español non ían traer ningún tipo de mellora relevante nas condicións devida da mocidade e da clase traballadora.

Desde agora saudamos con ledicia que neste novo día de loita nacional, o independentismorevolucionario de clase, do que facemos parte como base xuvenil, poida xunguir as súas forzas coasdoutras xentes e colectivos situados na esquerda autodeterminista galega para berrar e exixir polarúas de Compostela o comezo da fin, sen volta atrás, da “doma e castración” de Galiza.

A mocidade antifascista e anticapitalista temos ademais por diante un traballo sen tregua nocamiño de crear as condicións precisas para loitar por dar a volta á nosa situación colectiva dunxeito radical e revolucionario: autodeterninación nacional, democracia popular e igualdade social.

E é que debemos unir vontades para rematar coa extrema precariedade laboral xuvenil, para freara continua emigración de importantes camadas da mocidade popular, para enfrontarse coarepresión político-xudicial e coa manipulación dos mass-media empresariais, para erradicar aviolencia global contra as mozas, por conseguir unha vivenda digna sen hipotecar as nosas vidas,para deixar de ser una canteira de mercenari@s forzos@s para a policía e o exército, para vivir edecidir libremente…

Polo que debemos pular con decisión e sen complexos polos pequenos espazos de unidade de acciónnos que estamos a traballar para melloralos e multiplicalos. Unirnos para encamiñar a carraxe damocidade cara os obxectivos emancipadores colectivos.

ADIANTE aposta sempre por formar e organizar, para loitar e golpear tod@s xunt@s na mesmadirección. A aportación da nosa compoñente obreira, popular e anti-sistema está aberta a todos oscamiños sempre que emanen da seriedade e da vontade da clase traballadora e que fuxa dosmesianismos e dirixismos autodestrutivos tan presentes nas experiencias do pasado. Este 25 deXullo debe ser un punto de inflexión para as multitudes patrióticas que saimos á rúa.

Por último queremos destacar a nosa satisfacción pola pluralidade que está a tomar o EMBATE nosúltimos números tras termos feito a necesaria autocrítica polos contidos algo herméticos dasprimeiras entregas. Agora, mais alá de cumprir a súa función orixinal de voceiro nacional da nosaOrganización, estamos conseguindo converter pouco a pouco a esta publicación nun punto deencontro de formación, opinión e denuncia para visións cada vez máis plurais dentro do espectrorevolucionario e antagonista do noso País e doutras nacións oprimidas, sen ser semprenecesariamente coincidentes cos nosos postulados estratéxicos.

Que desfrutedes da lectura e que saibades que este é tamén o voso voceiro.

CONtidosEMBATE

número 7 - xullo, agosto, setembro 2007

y

Voceiro Nacional deADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)

y

www.adiantegz.org

y

EMBATE non ten por que compartir

necesariamente a totalidade das opiniónsaquí expresadas

y

Pódense reproducir os artigos citando afonte

y

Dep. Legal: C-1813-2005

[páx.3] Editorial

[páx. 4] Natureza e colonización

[páx. 6] Palavras proscritas

[páx. 7] Que non trafiquen cos nososdereitos

[páx. 8-9] Causa Galiza

[páx. 10] Bon cop de falç!

[páx. 13] Eva Forest

Editorial

EMBATE

3

EMBATE

4

NATUREZA E COLONIZACIóN

PEDRO ALONSO

Eu vin cousas nas que vós non acreditaríades. Naves de guerra a arder alén de Orión. Vin raios-Ca brillar na escuridade na Porta de Tanhäusser. Todos eses momentos se perderán no tempo como

lágrimas na choiva. É hora de morrer. Roy Batty. Blade Runner

O SENTIDO ANCESTRAL

Hai vinte anos, Antón Reixa e os seus Resentidos reivindicaban unha maratón do desemprego ouunha equipa olímpica de piragüismo cos do naval, para competir na olimpíada do apocalipse en Vigo92. Dotado dunha extraordinária capacidade para aplicar metáforas esperpénticas á realidadecotiá, Reixa cautivou durante anos a unha xeración que através das suas letras podía accederdoadamente a multitude de hipóteses, teses e paradigmas que o tempo e a vontade convertiría endogmas. Vinte anos despois dos Resentidos, trinta e cinco anos despois do Atraso de Beiras e setentaanos despois de redactados os primeiros textos do Sempre en Galiza de Castelao, no 2007, seguimosa moer e remoer na nosa condición de estranxeiros na nosa terra, de apátridas de nós mesmos oude alieníxenas yeyés facendo unha sardiñada na praia (a eterna fuxida consciente, a forza quereside na nosa febleza e que nos permite conservar-nos, ou como voltaba dicir o Reixa, a anestésiapara seguir de pé).

Estará podre o cerne da nosa conciéncia colectiva, rachado o nexo que debería comunicaridentidade e intelecto, e afundidas todas as naves para percorrer a singradura que esta terrademanda deste povo? Calquera que sexa a resposta, cumpre afirmar unha e cen veces que existeun espazo na conciéncia colectiva desta nación, polo menos dunha pequena parte desta nación, noque, por veces enfurecidos, os ventos do atlántico e da história baten nos rostros, abaneando oespazo interior e edificando vontades de ferro. Vontades que nunca renunciarán a entender a nosarealidade sen pasar polo aro.

En todo caso, Castelao, Beiras e tamén Reixa e os seus Resentidos, cada un ao seu xeito, deseñaronun lenzo no que aparece o noso povo postrado, eivado, cego, xordo.., en fin, con mil desgrazas,mais sentado nese noso invento ancestral, quen sabe se castrexo, que é a mesa e o banco corridospara comer o pulpo. Porque todos eles recoñeceron na sua xente a sabia capacidade de conservaros ritos, costumes e atitudes que, como un espectáculo cósmico e telúrico á vez, concitan de formaunánime o sentido da nosa pertenza a esta terra. Como se fose a nosa razón de ser. Sen nós, paraque se ían inventar o pulpo ou os grelos, para que haverían de achegar-se as sardiñas tan pertiño

EMBATE

5

das areas no comezo do verán ou por que ían existir os ourizosdas castañas? Houvo un tempo en que nós, tamén, eramoscomo indios. Tiñamos unha cosmovisión na que a natureza serevelaba como unha nai, ás veces agarimosa, ás veces severa.Todo tiña un sentido e todo voltaba a ser algo. A pegada que ennós deixou esa cosmovisión séguese a perceber hoxe.

DE CANDO CHEGOU O MAL

Datar o momento no que se cruza o materialismo máis ingrato, oegoísmo espoliador e excluínte, con esa visión harmónica, digamos quemenos impositiva e máis recatada, da relación coa nosa natureza éalgo que permanece aínda en discusión en círculos expertos. Hai quendi que cando chegan as elites celtas, ou cando os romanos cruzan oLethes para nos civilizar através dos traballos forzados… Tamén se dique foron os suevos, ou os mouros e, por último, fala-se bastante dosespañois. Sobre esta raza, estirpe, comunidade, mito ou relixión,debeu haber un galego nos séculos isabelinos que, inspirado pola suaagudeza e instinto natural, quixo mandar edificar un valado e unhascancelas nas Portelas, tal como na China, para fechar-lle o paso aoscasteláns dos castelos, porque non haberían de deixar nen pulpo, nenxouvas, nen roxóns para nengún de nós, tanta fame que pasaban eles.O certo é que daquela non lle fixeron caso e os casteláns ouespañois, que tanto ten, penetraron a fundo na nosa terra ehoxe, muitos anos despois, hai xente nosa que dí que nós taménsomos españois.

O certo é que tras ese devalar, do noso povo irmandiño saírontamén estirpes de feros acumuladores de riqueza, sabia eoportunamente aliados co poder españolizante, lambendo asespiñas das sardiñas e outras regalías que ficaban no festínresultante do saqueo da nosa riqueza. Unha riqueza ao princípioexultante, exuberante, hai quen dí que só había que apartar aos galegos para descobrir asriquezas da sua terra. Despois, co paso do tempo e co avance das tecnoloxías industriais,resulta que aínda apareceron máis riquezas, pero nós xa non tiñamos vasoira coa que varrerpara a casa. E todo, todo, todo, ía para fora, o que se vía e tamén o que non se vía. Unhacircunstancia que, cousas da história, non deixou de acontecer até agora.

A DESFEITA AMBIENTAL COMO ESTIGMA

Hoxe, tratan de convencernos de que hai que orgullar-se e gabar-se de ostentarmos osprimeiros postos do ranking mundial de produción de pedra para a construción, de mexillónsde batea, de enerxía eólica, de roupa feita por escravas, ou de antenas parabólicas. De igualxeito, pretenden elevar á categoría de mito o know-how galego na descuberta de recursospesqueiros, sabiamente apontoado através de decénios arrasando caladoiros polo planetaadiante, ou o milagre do textil, quen sabe até que grao participado polo outro prósperonegócio da fariña. Mais todo iso, que da de comer a uns poucos milleiros de persoas, agachao de sempre. Unha economía subalterna, unha industrialización descompensada, arbitrária,sen eixos incardinados no desenvolvimento ordenado do tecido socio-económico do país, endefinitiva, sen xeito ou ao xeito de intereses alleos. Como Beiras dicía, unha economía quexera unha sociedade dual subdesenvolvida na que se posibilita o crecimento das economíasdominantes estranxeiras e se perpetúa a dependéncia do colonizado. Tamén López Facal,que califica como característica estrutural da economía galega a sua incapacidade paraabsorber por medio do investimento a masa de aforro xerada. E Vence, que di que temosunha economía subdesenvolvida porque se trata dunha economía extrovertida, subordinadae non auto-centrada. E o pior de todo, cuns custes ambientais e sociais desproporcionados,absolutamente estratosféricos e que nos abocarán á ruina no futuro próximo. Dousexemplos: Valdeorras e O Courel. A xeografía do espanto. Proxectemos a nosa imaxinaciónvinte ou trinta anos cara adiante. De aterrar nese tempo unha nave extraterrestre nestascomarcas, encontrará unha orografía lunar, chea de cráteres, atravesados por grandesveículos rodados carregados de lousa, e aldeas desertizadas, onde a soidade e o silencioterán a faciana de algún vello irredento que preferiu resistir e ficar. Mesmamente, ascolónias mineiras de Orión que descrevía Roy, o replicante de Blade Runner.

EMBATE

6

Palavras proscritasResulta complicado de comprender. Mas sim. As palavras tamém podem estar proscritas. Noautoproclamado “mundo livre” –porque nom o é-, nom está proscrita a exploraçom, nem a tortura,nem a monarquia, nem o machismo, nem a xenofóbia, nem a contaminaçom. Nom. Estám proscritas,entre outras cousas e sentimentos, as palavras.

Um par de meses antes das passadas eleições, o governo do Estado Imperialista Espanhol, por meio dosseus braços judicial e propagandístico –os mass media que se fam chamar “independentes”, porque nomo som-, decidiu ilegalizar “democraticamente” a umha nova organizaçom política euscalduna por levarno seu nome a palavra batasuna.

Quando o escuitei na rádio fiquei abraiado. Mas suponho que mais abraiad@s ficariam @s académicosda língua basca, estudantes de filologia euscalduna, e amantes do eúscaro em geral, ao escuitar d@spregoeir@s e esbirr@s do regime (fam-se chamar “tertulianos”) que umha palavra do seu queridoidioma está proscrita. A palavra que em galego é UNIDADE.

A mim como filólogo parece-me ridículo, como quase todas as espanholadas que fam este fato desicári@s pro-capitalistas para manter o seu imperio bananeiro. Etimologicamente o termo “filólogo”significa “amante das palavras”, e como amante das palavras creio que estas nom tenhem culpa do quefam certas pessoas com elas.

Às vezes, falando com colegas dos movimentos libertários e anarquistas, pergunto-lhes que mal lhesfai, por exemplo, a palavra PÁTRIA. É umha palavra que foi luxada polo fascismo, polo capital, eincluso polas tendências contrarrevolucionárias da esquerda como a socialdemocracia ou o trotskismo,mas ela nom vos tem culpa. O mesmo acontece cos chamados “palavrões”. Porque se lhes di que som“palavras feias” a foder, cona, cabrom, óstia,…? Que mal figérom por si mesmas?

A palavra BATASUNA fica proscrita, mas a sua traduçom ao castelhano UNIDAD segue a ser umfetiche totémico para @s da metrópole. Nós sabemos de sobra o que significa esta verba nas bocasfedorentas e nas mentes podres dos nosos colonos: uniformidade, opressom, exploraçom,repressom,… E sabemos tamém o que significou, significa e significará sempre a famosa palavraproscrita nos beiços mais livres d@s noss@s irmãs/os basc@s: firmeza, dignidade, solidariedade,independência,…

E ficam proscritas as palavras, e as ideias que levam, e as pessoas que as defendemos, e os colectivosque as berramos,… Mas nom vam conseguir nada, porque as gentes ceives nom nos rendemos nuncanem na Galiza nem em Euskal Herria, nem em sítio nengum. Pois isso amig@s, que viva a palavraproscrita e euscalduna BATASUNA.

MONCHO LAREU

EMBATE

7

QUE NON TRAFIQUENCOS NOSOS DEREITOSpolo dereito da mocidade a unha vivenda digna

A especulación urbanística non é desde logo nadanovo. É un problema ao que xa nos vimosenfrontando desde longo as clases populares,sempiternas condenadas á vivenda precaria e áexplotación económica. Mais esta realidade é aíndamáis dura para os sectores de poboación máisnovos.

En moitos medios temos que escoitar que a causade que vivamos máis tempo na casa dos nosos paisé por comodidade, porque preferimos ter todofeito, porque somos uns nugalláns... nada máisafastado da realidade.As respostas ás dificultades deemancipación por parte da mocidade hainas quebuscar na realidade social na que estamos inmersase inmersos. A precariedade, a inestabilidade, aexplotación, os salarios irrisorios... este é o mundono que vivimos. Incapaces de emanciparnos, deafrontar os elevados prezos da vivenda, tanto decompra como de alugueiro, de afrontar os avaisimposíbeis e as condicións abusivas dos bancos,obrigados a renunciar ao acceso a unha vivendadigna.

Informes “oficiais” reflicten esta realidade da que falamos recollendo as seguintes cifras:

Apenas 8.000 moz@s galegas logran independizarse dos seus pais cada ano.

Tan só o 9,5% das persoas de entre 18 e 24 anos vive fóra do domicilio materno, unha porcentaxe que seeleva ao 34,3 para a franxa de entre 25 e 29 anos.

O salario medio dunha persoa moza na Galiza ronda os 600 €. No caso de que quixera comprar unhavivenda tería que hipotecar o 73% do seu salario.

As construtoras, as inmobiliarias, os bancos, os políticos do sistema, os alcaldes corruptos e un longo etc. de traficantesespeculan cos nosos dereitos e co noso futuro. E todo isto inmerso nunha espiral de destrución que ademais de hipotecar onoso futuro, hipoteca a nosa terra. A desfeita urbanística é cada día máis palpábel na Galiza, especialmente na nosa costa.

No informe Destrución a toda costa 2006, a organización ecoloxista Greenpeace, que non é precisamente unhaorganización subversiva, repasa as principais ameazas para o noso litoral, destacando a saturación urbanística, o aumentodo número de campos de golf, os numerosos casos de corrupción asociados ao urbanismo e o incremento de novos portosdeportivos.

Nº de vivendas proxectadas na costa galega 800.000

Nº de vivendas actuais na costa galega 816.000

Nº de vivendas baleiras 300.000

Nº de concellos costeiros cun Plan Xeral de Ordenación adaptado á normativa 0

FONTE: Informe “Destrución a toda costa 2006. Greenpeace”

EMBATE

8

nace CAUSA GALIZA,

unha nova entidade

social para a

Autodeterminación

Causa Galiza, entidade social ampla e de esquerda na que conflúen persoas,colectivos, organizacións e forzas políticas galegas comprometidas coa defensa dodereito de autodeterminación do noso país, foi presentada publicamente o 14 dexullo na Igrexa de San Martiño Pinario de Compostela.

A escolla da Igrexa de San Martiño Pinario para a presentación da Causa Galiza noné casual. O 23 de abril de 1846 as tropas provincialistas do xeneral Solísrefuxiáronse neste templo pouco antes de se render perante o exército centralistamandado desde Madrid. Con esta derrota púxose fin ao pronunciamento galeguistae progresista que instaurara o 15 de abril dese ano a Xunta Superior do Reino deGaliza, que reclamou as liberdades e dereitos que o xeneral Narváez abolira,ademais dun trato xusto para Galiza. Estes acontecementos históricos sentaron osalicerces do nacionalismo galego e por iso a Igrexa de San Martiño Pinario encerraun grande valor simbólico para as forzas soberanistas.

Causa Galiza organiza para o 25 de Xullo unha manifestación unitaria que vai

partir ás 13:00 horas da Alameda compostelá, baixo o lema

“Autodeterminación”.

Desde ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) manifestamos o noso apoioactivo á convocatoria soberanista do 25 de Xullo e animamos á mocidadetraballadora a asistir no Día da Patria aos actos programados en Compostela porCausa Galiza. Só desde o recoñecemento do noso dereito de Autodeterminaciónpoderemos poñer as bases da nosa Independencia Nacional camiño do Socialismo.

EMBATE

9

MANIFESTO

CAUSA GALIZANo debate social e político, cando se fala dos dereitos aos que podemos e debemos aspirar, son centrais ideas e conceptoscomo soberanía, libre poder de decisión, dereito de autodeterminación, independencia, etc. Palabras que adquiren máissentido no actual contexto de reforma institucional do Estado Español e no escenario europeo onde a reivindicación daliberdade dos pobos ten plena actualidade, como se comproba na Escocia, Montenegro, Cataluña, Irlanda, País Basco,Córsega, etc. É preciso, por tanto, falar de Galiza como de unha nación con todos os seus atributos, de Ortegal ao Miño ede Fisterra ao Berzo, enfrontando a maré uniformizadora española e da globalización capitalista.

Mais hoxe, asistimos a un proceso pactado de reforma estatutaria ensaiada polos principais partidos políticos, que tencomo finalidade blindar de cara ao futuro a estabilidade institucional e territorial española en torno de un consenso entreas forzas políticas constitucionalistas. Algo que contrasta cos 27 anos de historia como “comunidade autónoma”, nos queas problemáticas que afectaban ao noso pobo non só non se resolveron senón que na maioría dos casos se teñenagravado. Durante esa etapa liquidouse grande parte da estrutura produtiva nacional, aumentou o desemprego, aprecariedade laboral, a emigración, a pobreza e a exclusión social; atinximos as taxas máis altas de sinistralidade laboral,percibindo os máis baixos salarios e prestacións sociais; soportamos un permanente desastre demográfico; padecemosalarmantes cuotas de contaminación, especulación urbanística e desfeita ambiental, e a lingua e cultura nacionalesmorecen pola presión españolizadora. A autonomía demostrou ser unha ferramenta xurídico-política incapaz desolucionar as principais consecuencias que derivan da nosa condición de nación subalterna privada de soberanía. A listaxede problemas que son irresolúbeis no marco constitucional é ben longa. Unha administración autonómica de apoucadacapacidade non pode enfrontar esa realidade e resolver os problemas de traballo, ordenación territorial e administrativa,sistema educativo e sociosanitario, políticas industriais, agrarias e pesqueiras, enerxía, língua, cultura e deporte, ambiente,transporte e comunicacións, relacións internacionais, etc.

Porén, o poder institucional e as forzas autonomistas tentarán abordar unha reforma estatutaria que manteña a Galizaamarrada e sen dereitos. Sen dereito a decidir sobre o seu modelo socioeconómico, sobre o cadro xurídico-político quemellor responda aos intereses da maioría, ou sobre as medidas necesarias para garantir a plena normalización social doidioma; sen dereito a xestionar os recursos naturais atendendo ás suas propias necesidades e non ás do exterior... Endefinitiva, sen dispormos de poder de decisión para sortear a condena ao deterioro social e ambiental prolongado e ádesaparición final como nación. Neste sentido, o recoñecemento do dereito de autodeterminación é unha garantíafundamental dun futuro de liberdade e xustiza social, porque sen autodeterminación non pode haber democracia.

É con base nesa realidade que unha serie aínda aberta de persoas, colectivos e entidades sociais e organizacións e forzaspolíticas galegas decidimos nos últimos meses iniciar unha nova andaina conxunta que sirva para dar coerencia e unidadeás reivindicacións existentes no seo do noso pobo, e que non están representadas nos consensos da oficialidade, nin nasó aparente diversidade de ofertas políticas da precaria democracia en que vivimos.

A necesidade de que os anceios dese amplo sector do pobo galego que non renuncia ao exercicio dos dereitos nacionaisde Galiza, teñan voz e se podan difundir as ideas e propostas soberanistas, deu lugar a un debate cuxo fruto concreto éCausa Galiza: unha entidade social ampla e de esquerda, aglutinada en torno da necesidade de defendermos o exerciciodo dereito de autodeterminación por parte do noso pobo.

Por iso, enfrontaremos a tentativa de dar continuidade á fracasada vía autonómica, exixindo que calquera mudanza doactual Estatuto pase pola abertura dun proceso de autodeterminación no que o pobo poda decidir sobre eses e outrosaspectos fundamentais para o desenvolvemento de Galiza.

Conscientes da nosa responsabilidade neste momento histórico, defenderemos a nosa firme aposta por estes principios e

a máxima flexibilidade na acción, para gañarmos máis galegos e galegas á causa da liberación nacional e social. A causa

da Galiza.

Galiza, xullo 2007

EMBATE

10

Bon cop de falç!os vieiros da esquerda independentista nos

Paises Catalans

A historia de calquera movemento político é un complexo entramado de siglas,organizacións e disputas políticas. O caso catalán non é unha excepción e debido á

complexidade do caso intentamos simplificalo ao máximo.

A Guerra Civil deixou un baleiro inmenso na vida política catalá que tan intensa fora nos séculosanteriores. A conxuntura dos anos 40 fixo da resistencia ao franquismo, a única acción política daesquerda catalá, reunida ao redor do FNC (Front Nacional de Catalunya), agrupación de sectoresnacionalistas moi heteroxéneos. Os anos 60 e 70 supoñen o desenvolvemento das distintas correntespolíticas e a recuperación dos conflitos nacionais e sociais que até aquel intre foran afogados baixoo manto de represión e morte da ditadura.

Neste abano que se desprega aparecen o PSAN (Partit Socialista d´Alliberament Nacional) e EPOCA(Exèrcit Popular Català), os precursores do movemento independentista revolucionario actual.Igualmente reaparece públicamente ERC (Esquerra Republicana de Catalunya) moi débil, co únicorespaldo da lembranza romántica do que fora o meirande partido político catalán da épocarepublicana e cunha desorientación política e ideolóxica que aínda hoxe se mantén. Non é até 1992que este partido recuperará parcialmente un discurso independentista que até aquel intre forapatrimonio das correntes combativas.

A década dos 80 foi unha xeira dourada para o independentismo catalán, aparece unha fronte deacción unitaria que terá a súa cimeira na formación do MDT (Moviment de Defensa de la Terra). Agrande capacidade de mobilización popular, unha boa estruturación en sectoriais e o achegamentode sectores sociais como o ecoloxismo e as campañas contra a OTAN, fan posíbel esta iniciativa ávez que Terra Lliure, fundada en 1979, vai incrementando a súa capacidade operativa e goza dunamplo apoio social. Á súa vez, mobilizacións cívicas como a Crida á Solidaritat en favor da linguae a cultura catalá crean un sustrato favorábel para a urxencia dun independentismo revolucionariogrande e forte. Logo de máis dunha década de medre do independentismo catalán, entre 1987 e1995, se visualizaría unha crise que tería a súa cimeira coa disolución de Terra Lliure e a aperturadun período de baleiro e reestruturación que tomaría forza na primavera do ano 2000.

Foron varias as causa do declive que comeza coa nova década, primeiro a inmadurez que aínda tiñao independentismo catalán, que centraba todos os seus esforzos na mobilización e a axitación, atéás veces esquecendo a teoría e discurso. O segundo factor foi a represión que, se xa era intensaanteriormente, se incrementa co advenimento dos Xogos Olímpicos en Barcelona. Coa detención demáis de sesenta militantes de varias organizacións da esquerda revolucionaria e independentista,todos acusados de pertenenza ou colaboración con Terra Lliure. Dentro do espectro represivo entraa man de ERC, que durante os anos 80 estava a ficar sumida na marxinalidade e en 1986 perdera arepresentación no Parlamento español.

A crise de ERC era directamente proporcional ao medre do independentismo combativo e, “agrandes males, grandes remedios”, aparece da nada unha nova dirección con Àngel Colom, JosepLluís Carod-Rovira e Pilar Rahola, que comezarán a súa carreira política na Crida e o PSAN. Esquerraempeza a facer un discurso independentista e de esquerdas da noite para a mañá á vez que aofensiva do Estado español golpea unha e outra vez contra a esquerda independentista.

ANDREU BATALLA, militante de Maulets

EMBATE

11

En xuño de 1987 estoura unha bomba de ETA no hipermercado Hipercor de Barcelona, a policíamalia os avisos non desaloxa o local e prodúcense 21 mortes e máis de 30 feridos. Esta acciónmarcará un punto e aparte no independentismo catalán, a esquerda independentista amósasedesorientada e a comprensión e apoio que Terra Lliure e ETA tiñan nos Países Cataláns descende dunxeito notábel. É significativo o descenso de votos de HB no Principat duns 39.000 en 1986 a poucomáis de 15.400 dous anos despois, así como a pouca relevancia da candidatura independentistaCatalunya Lliure, que non superou os 20.000 votos nas eleccións europeas de 1989. Perante asituación que se suscita, sectores posibilistas de Catalunya Lliure e até de Terra Lliure entran enERC, á vez que comeza unha cruzada contra o independentismo combativo.

Esquerra preséntase como independentista ás eleccións de 1992 pasando a ser a terceira forza doPrincipat e en 1993 recupera a súa presenza nas cortes españolas. Nos mesmos anos modifican osestatutos nos que reivindican a independencia e a unidade territorial catalá, á súa vez dinfundamentar a súa ideoloxía e acción política baixo a ambigua fórmula “progreso social”. Atribúeseo papel de interlocutor entre o Estado e os presos de Terra Lliure, ofrecendo privilexios e tratos defavor aos que accedan ao abandono da propaganda armada, tal como se nomea ao tipo deactividades da organización armada.

Esta situación é explotada polo gobernoespañol e lexitímase a Esquerra comointerlocutor, ofrecendo indultos e unhaamnistía xeral dos independentistas presos acambio da disolución de Terra Lliure. Axogada do Estado e ERC era case perfecta,indultábase aos prisioneiros a cambio dadesaparición do independentismorevolucionario do escenario político. ERCpasaba a ser o único representante oficial donacionalismo progresista. Terra Lliure, polasúa banda, irá dividíndose desde 1991 entreun sector posibilista, partidario de rematar aloita armada e integrarse en ERC, e outropartidario de seguir o conflito até as últimasconsecuencias. Esta fractura debilitouenormemente a Terra Lliure, que desaparece finalmente no 95, e á esquerda independentista enxeral, que entraba nunha época de perda de referentes, incerteza e confusión que non serecuperará até a seguinte década.

En abril do ano 2000 iníciase o Procés de Vinaròs, un espazo de debate que plantexaba areconstrución do independentismo revolucionario baixo un movemento unificado e estruturado.Este espazo rachou e durante os primeiros anos percibíuse como un fracaso e aumentou asdiferenzas entre algunhas das organizacións, pero a análise que se facía era miope. Esta impresiónfoi en parte froito da decepción ao non conseguir o obxectivo máximo do Procés, pero o certo éque estabeleceu uns alicerces para o traballo conxunto que se foi desenvolvendo até a data de hoxecon multitude de campañas, xornadas e celebracións unitarias. Ademais creou estruturas comoAlerta Solidària, a sectorial antirrepresiva, e a CEI (Coordinadora de l´esquerra Independentista)que co tempo se mantivo unicamente nalgunhas comarcas. O proceso de unificación que non se deuformalmente comezaba a se xestar até a constitución dun só sindicato estudiantil referente, oSEPC, en 2006 que dará paso a un movemento unificado e sólido no futuro.

Á súa vez, as CUP (Candidatures d´Unitat Popular) foron collendo relevancia como marco unitariode referencia no eido institucional, aínda que sexa unicamente municipal. Estas candidaturasmedraron comicio a comicio polo compromiso social e político, independentista e socialista sencomplexos nin ambigüidades, así como o desencanto de grande parte dos votantes de ERC coasrenuncias e traizóns a que se foi sometendo.

Diciamos antes que Esquerra estaba ideoloxicamente desorientada nos anos posteriores á ditadurae parecía coller un rumbo fixo nos 90, cun suposto caracter esquerdista e independentista, que aleva ao goberno autonómico do Principat nas eleccións de 2003. O feito de mudar a un gobernoautodenominado catalanista e de esquerdas parecía a panacea para moitos sectores da poboacióndos Países Cataláns, pero isto non se traduciu nunha mellora das condicións de vida da poboación,nin nunha catalanización maior da vida diaria. Se non máis ben nun continuismo político dos 23 anosde CIU no goberno, seguen os pactos coas patronais, non se dá resposta á precariedade laboral, ádestrución do territorio nin á especulación urbanística. Os transportes públicos funcionan pior ca

EMBATE

12

Referentes

his

tóricos

internacio

nais

da

loita

xuvenil

revolucio

naria

nunca e o proceso de españolización intensifícase con máis horas de lingua castelá na escola endetrimento da lingua catalá, que debía ser a canle única de ensino desde os anos ´80. TV3, atelevisión pública catalá, así como outros medios de comunicación alcanzan uns niveis de submisiónás ameazas dos gobernos do País Valencià (PP) e as Illes balears (PP até finais de xuño de 2007) conpechaduras de repetidores e solapando outras cadeas afíns ao españolismo máis rancio, a renunciaá denominación do País Valencià pola de Comunidade Valenciana e a inclusión de cada vez máisespazos en castelán nunha televisión que nacera en 1983 con vocación de ser integramente encatalá. Estes son algúns exemplos mais o certo é que ademais se crea un circo mediático que chegaá súa cota máis alta de espectáculo decadente coa aprovación dun Estatuto de Autonomía que, ámarxe de nacer raquítico, vaise recurtando nas negociacións co Goberno español e que segue a serdía tras día censurado polos mesmos que o promoveron. O nivel de esquizofrenia en ERC é tanelevado que chega a mudar até tres veces de opción durante á campaña do referendo de imposicióndo novo Estatuto.

Este partido termina sendo expulsado do goberno autonómico e nas novas eleccións ao parlamentorexional do Principat, en novembro de 2006, volve a se someter dun xeito definitivo ao españolismodo PSC-PSOE. Isto fragmenta o partido internamente en dúas correntes, unha chamadaReagrupament, que antepón o feito nacional a calquera outra estratexia política e está vinculadaa un ex-conselleiro da administración autonómica favorábel a un acordo con CIU. A outra correnteé a oficialista, vinculada á dirección executiva e que impón a Joan Puigcercós á beira de Carod-Rovira para evitar derivas surrealistas nas súas accións sen dar unha impresión de crise. Á súa vez,o espectáculo circense fai aparecer no Parlament un novo partido demagóxico de orientaciónespañolista chamado Ciutadans, partido de la ciudadanía con discurso única e exclusivamente anti-catalanista e de xacobinismo estatal.

Este panorama leva á situación actual na que o novo executivo autonómico do PSC-PSOE, ERC e IC-V, segue a machada as ordes do goberno Zapatero, sométese ás vontades e presións do PPvalenciano e balear á vez que a poboación do Principat vai desencantándose do falso progresismo,catalanismo e ecoloxismo de Esquerra e os seus socios. Nas últimas eleccións municipais non sósubiu a abstención e retrocederon espectacularmente as candidaturas dos partidos gobernamentaisse non que por unha banda aumentou a presenza nos concellos do partido fascista PxC (Plataformaper Catalunya), herdeiro de Fuerza Nueva. Pero non todo é negativo neste desolador escenariopolítico, os últimos anos a esquerda independentista apostara forte polas Candidaturas d´UnitatPopular, que xa obtiveran uns bos resultados en 2003 e que os dobrou en 2007, chegando a serdecisiva en moitas capitais de comarca.

As CUP, recollen o desencanto popular coas súas posicións firmes e sen censura, á vez que convertená esquerda independentista catalá en referente de distintos movementos sociais. Estascandidaturas sementan novas esperanzas en sectores populares moi amplos, como os ecoloxistas,marxistas que non contemplaban o discurso nacional e evidentemente independentistas deesquerdas ademais do electorado insatisfeito de Esquerra. Unha parte do sector oficialista de ERC,de novo nas súas derivas ideolóxicas ao ser unha das grandes derrotadas nas eleccións municipais,intenta dar un golpe de efecto contra o éxito das Candidatures d´Unitat Popular e fai público unmanifesto chamado da Esquerra Independentista. Roubando o nome do noso movemento deliberación nacional, nun novo intento de crear confusión da opinión pública en beneficio desectores oportunistas e que demostran día a día desde hai anos que non serven máis que aos seusintereses particulares e dos poderosos a quen serven.

Perante isto debemos ser conscientes da relevancia do traballo ben suscitado e levalo a bo termoá vez que temos a obriga de desenmascarar a aqueles que se enchen a boca con discursos nunsentido e a praxe noutro moi distinto. Só a execución dun proxecto independentista e socialistagarante as posibilidades de liberar ao noso pobo e que as vías posibilistas e moderadas son pan parahoxe e fame para mañá, xogando a favor da uniformización dos estados que nos condean ásubmisión como pobos e como clase.

EMBATE

13

OS DURMIDOS:

DESPERTEN, OS

DESPERTOS:

ADQUIRAN

COMPROMISO

““

””Morre Eva Forest, referente na loita

contra a inxustiza en tódalas súas

manifestacións

Resulta imposíbel tratar de conmemorar a figura de Eva Forest sen atender a aspectos claves da súa personalidade . Falamosdo seu pensamento, da súa carreira e evolución literaria, pero sobre todo non podemos esquecer o seu sorriso:Debuxado case permanentemente na súa face, tiña, segundo persoas cercanas a Eva, unha feroz capacidade de contaxio: ocontaxio que só aporta unha revolución cando é vivida de veras, cando se fai sangue na tenacidade da solidariedade, do amor,da amizade, da loita e da crítica da loita que se fai nosa.

Ideoloxicamente foi definida como unha muller de pensamento radical, unha muller da revolución, unha revolución que sechamamos loita podemos apreciar ao longo de toda a súa vida.

A nota principal do seu pensamento será a solidariedade, o compromiso social; aínda que a medida que avanzan os anosadquire un marcado carácter antifranquista, consolidándose a súa postura en contra da tortura, da guerra e do imperialismo,e posicionándose ademais a favor da revolución cubana e próxima á esquerda abertzale.

Como principal instrumento de loita Eva servirase da palabra.Tanto oral como escrita converteraa no medio de difusión eloita dos condenados ao silencio e constituirán o enorme legado da súa batalla os numerosos ensaios, cartas, libros... nosque a súa voz clara acada o punto máximo de compromiso e os que a converten nun importante referente intelectual dentroda literatura española de compromiso e cunha temática transcendental aplicábel a calquera país no mundo.

Pretende ser, por tanto, este artigo unha síntese da figura de Eva Forest, deixando ver o seu pensamento reflicitido tantona súa vida persoal como no labor literario que tan intensamente desenvolveu.

Eva Forest naceu en Barcelona nunha familia anarquista cando corre o ano 1928. A súa escolarización non sería posíbel atéa finalización da Guerra Civil española; pois consideraba o seu pai a escola como un medio de represión. Posteriormentecursará o Bacharelato en Barcelona, trasladándose a Madrid para estudar Medicina.

Acode nestes momentos á tertulia que os sábados se celebraba na Universidade Libre de Gambrinus, considerada por elacomo unha importante etapa dentro da súa formación. E é por estes anos, na década dos cincuenta, cando atravesa unimportante proceso de toma de conciencia social.

Pouco despois, no ano 1955, cursando o último ano de carreira, coñece ao escritor Alfonso Sastre co que compartirá a súavida até o pasado mes de maio. Marcharán a París cando Alfonso Sastre é procesado polos Tribunais franquistas e nace alí oseu primeiro fillo. É agora cando Eva deixa cada vez máis de lado a Medicina e se interesa pola Socioloxía.

Escribirá a súa primeira novela, Febrero, en 1956, inspirada nos episodios represivos vividos na Universidade de Madrid.

Xa no inicio da década dos 60 e de volta no Estado Español é detida como manifestante en apoio a unha folga de mineiros;

NAÍR G. ABELLEIRA

EMBATE

14

négase a pagar a multa e ingresa coa súa filla recén nada un mes en prisión.

Mencionouse nos parágrafos iniciais a solidariedade e o ton antiimperialista que caracteriza o pensamento de Eva Forest; ocal se pon de manifesto nas diferentes viaxes que realizará ao longo da súa vida.

En 1966 viaxará por primeira vez a Cuba, lugar onde pasará catro meses entrevistando a campesiños da provincia deGranma co obxectivo de obter o testemuño doutra vida, da vida que nacía nas persoas que comezaban a intervir en diversosactos públicos. Este estudo dará lugar a un libro que censurado posteriormente polo franquismo, levará por título Los NuevosCubanos. Inaugura con este ensaio unha liña literaria que será a máxima expresión da chamada solidariedade internacional.Un compromiso que continuará coa creación ao ano seguinte en Madrid do Comité de Solidariedade con Vietnam.

Tamén en Madrid creará o Comité de Solidariedade, neste caso con Euskadi, tralo transcurso do Proceso de Burgos contramilitantes de ETA.

É agora, podemos dicir, o momento no que a súa actividade se centra con máis intesidade en Euskal Herria. Desde os anos60 Eva formaba parte dos intelectuais que interpretaron as loitas de liberación nacional como unha forma lexítima enecesaria para acabar co capitalismo e a opresión.

O 20 de abril de 1973, morre asasinado por ETA o almirante Carrero Blanco , xefe do goberno español e brazo dereitode Franco, pero sobre todo a figura na que o Réxime tiña garantido o inmobilismo político. En Operación Ogro, escrito en1974 baixo pseudónimo, Eva narra lentamente e aínda en susurros a loita contra o franquismo.

A raíz doutro ataque de ETA con dinamita na sede da Dirección Xeral de Seguridade do Estado son postos baixo xurisdiciónmilitar moitos sospeitosos, entre eles Eva e Alfonso.

Durante nove días foi Eva sometida a torturas nos sótanos da sede da Dirección Xeral de Seguridade do Estado, torturasque soportará en parte cunha actitude que Alfonso Sastre definirá como un “pensamento forte”. Ingresa finalmente enYeserías en prisión preventiva por pertenza a banda armada. Os case tres anos que pasará na cadea sen que se celebre ningúnxuízo non serán para nada desaproveitados, pois ela ocupará o seu tempo en escribir á súa familia, así como non abandonaráo labor literario que dentro desta etapa se consuma con títulos como Diario y cartas desde la cárcel e Testimonios de lucha y deresistencia . Ademais iniciará o seu extenso traballo titulado Tortura y Democracia, un traballo que amosa xa co seu título unhaconvición pola que Eva Forest loitou máis durante a súa estadía en prisión: a visión de que aínda que Franco morrera e seestablecera un réxime formalmente democrático non faría que problemas como a tortura desaparecesen. Non será este oúnico punto sobre o que incidirá a loita de Eva neste momento; continuará a actividade social axudando ao resto de presas,tanto sociais como políticas: “Organizaba por exemplo, lecturas de Sartre,Weiss ou Brecht para todas”-; dinos Rosa Estela,presa política que compartiu anos de encarceramento con Eva, definindo a esta última como unha muller de ideoloxía moiconcreta e ao mesmo tempo moi xenerosa, que axudaba a todo aquel que o necesitase sen xulgar ás persoas, intentandoentendelas.

Á saída de Estela do cárcere segue a manter unha estreita relación coa que considerará “unha compañeira de loita, fóra dacorrente ética, esteticamente e en tódolos sentidos.”

Haberá que esperar a 1977 para que Eva Forest e o resto de presas e presos políticos sexan liberados do seu encarceramento;será trala Amnistía deste mesmo ano.

Neste momento, a finais de 1977 Eva e a súa familia deciden instalarse en Hondarribia.

Será aquí onde nace o proxecto que dará vida no ano 1979 ao TAT, grupo contra a tortura e símbolo da loita continua queEva Forest emprendeu baseándose no que con anterioridade reproduciamos: a morte de Franco non suporía para nada asupresión de problemas como a tortura.

Este ano 1979 constituirá o remate dunha etapa na que destacan ademais as súas asiduas colaboracións coa revista Punto yHora na que publicará diversos traballos entre os que cabe salientar o que ten por protagonista ao pensador estadounidenseNoam Chomsky, baseado nas múltiples conversas mantidas entre ámbolos dous.

Cabe salientar tamén certas viñetas que a nosa intelectual agrupou na obra que leva por título Onintze en el país de lademocracia. Carentes de ilustracións recollerían xustamente esa capacidade sintetizadora do debuxo pero en palabras, verbasque conteñen nesta ocasión unha amarga crítica contra a tortura. Lamentaba Eva Forest nunha entrevista concedida aodiario GARA, con motivo da reedición deste traballo, o feito de que seguise tan de actualidade o tema tratado no conxuntodesta obra: a tortura a mans dos corpos de seguridade.

Falabamos máis arriba da súa alienación, de chamalo así, coa esquerda abertzale. É agora cando Eva é escollida senadora enrepresentación de Herri Batasuna. Non será a última vez que colaborará activamente coa esquerda abertzale, senón queformará parte das listas electorais de Herri Batasuna en varias ocasións, en 1998 formou parte da candidatura de EH ao

EMBATE

15

Parlamento basco, xunto con Arnaldo Otegi ou Rafael Díaz Usabiaba. En 2005, foi candidata da plataforma electoralHerritarren Zerrenda, ilegalizada polo Tribunal Supremo ao entender que era unha continuación da suspendida Batasuna.

Chegamos así a 1990, un momento clave dentro do labor literario e intelectual desenvolvido por Eva Forest ao longo dasúa vida; falamos da fundación da editorial HIRU, un proxecto do cal ela se sentiu sempre orgullosa, ben seguro polaalternativa que constituíu ao carácter propagandístico que tingue o panorama literario, pero tamén porque nace cunobxectivo claro: publicar obras de calidade independentemente do futuro comercial que se lles agoirase. En palabras daautora: “nace Hiru da axfisia, dunha necesidade de permanecer vivos e dunha paixón antiimperialista, para amosar demúltiples xeitos que outro mundo é posíbel”. Convértese HIRU nun catálogo de difusión de ideas de esquerda dos máisintensos e realistas que existiron nas últimas décadas en lingua española.

Un proxecto que non lle impedirá continuar as viaxes e o compromiso internacional. Son moitas as visitas que fará a paísesde Europa, de América Latina... En 1998 realizou a súa primeira viaxe a Irak, e froito da mesma publicaría Irak, ¿un desafíoal nuevo orden mundial? Loitando cotra a agresión imperialista que asolaga este territorio. O antiimperialismo, presente nasúa actividade desde a fundación do mencionado Comité de Solidariedade con Vietnam será unha das liñas de actuación quemanterá até a actualidade e que a levarán a participar en varios encontros nos que deixa clara a súa posición en defensa dosDereitos Humanos e onde ademais se amosará favorable á Revolución Cubana en contra dos Estados Unidos. Participará asínas Xornadas sobre Humanidade fronte ao Imperialismo (Cuba), no Encontro Mundial en Defensa da Humanidade(Venezuela) e será integrante do Tribunal Internacional Benito Juárez en México, no que se condena a política imperialistade E.E. U.U. contra Cuba.

As súas últimas aparicións públicas tiveron lugar con motivo das xornadas adicadas a Alfonso Sastre tanto en Irún como enHondarribia.

Eva Forest morre o 19 de maio deste ano 2007.

Déixanos este día unha muller guieira na loita contra a inxustiza en tódolas súas manifestacións, en busca do mundo mellor que ela críaposíbel.

Como obxectivo: que estas liñas se sumen á homenaxe en recordo da súa figura para que nos contaxie o seu sorriso, para que a actitudeinsubmisa que mostraba sexa un referente no camiño cara á liberdade, tanto persoal como colectiva.

EmbatE Edicións

O socialismo e o home en Cuba

Que facer perante unha detencion?. . .