51
Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo -------------------

Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

1

Encontriños 2010

Ortigueira – Ribadeo

-------------------

Page 2: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

2

En primeiro lugar, dende Verdegaia queremos agradecer a vosa participación neste roteiro.

O obxectivo principal que nos moveu para organizalo é dar a coñecer unha das zonas litorais máis ricas do noso país

e pasar uns días de lecer con outras persoas coas que compartimos o uso da bicicleta como medio de transporte.

Neste percorrido adentrarémonos en espazos naturais únicos, atravesando catro Zonas de Especial Protección de

Aves (ZEPA) como son a Ría de Ortigueira e Ladrido, a Costa da Mariña occidental (arredor da ría de Viveiro), a Ría

de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC)

encadrado na Rede Natura como é a praia das Catedrais, e o tramo costeiro de Estaca de Bares, situado a cabalo das

rías de Ortigueira e O Barqueiro, dunha sobresaínte beleza paisaxística. Coñeceremos vilas de fonda tradición

mariñeira, como O Barqueiro ou Burela, o principal porto atuneiro galego. En definitiva, un percorrido de gran

atractivo paisaxístico e etnográfico no que tamén poderemos ollar os impactos que o descontrol urbanístico ou

grandes empresas como Alcoa poden ter sobre o noso litoral.

Ao longo do roteiro estaremos sempre moi perto da vía do FEVE polo que en caso de calquera incidencia

poderémonos achegar ao apeadeiro máis próximo e desprazarnos no tren ao seguinte pobo. (ver pax.3)

Co fin de facilitar o seu desfrute, ademáis das indicacións deste caderno, naqueles desvíos que poderían resultar

complexos atoparedes unha pequeña frecha verde no asfalto indicando a dirección.

Finalmente, agradecer o traballo de Fran, Sabela e Anxo que fin de semana a fin de semana foron elaborando e

comprobando este roteiro para que todas nos poideramos desfrutar do seu percorrido do xeito máis doado posíbel.

Verdegaia

Page 3: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

3

Estacións e apeadeiros do FEVE

Hai FEVEs que saen de Ortigueira en dirección a Ribadeo ás 09:23, 11:43, 16:31 e 19:59.

Page 4: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

4

Etapa 1:

Ortigueira

Viveiro

Nos 39 km do seu

percorrido desfrutaremos

de extraordinarias

paisaxes sobre a ría de

Ortigueira, pasaremos

perto de Estaca de Bares,

o punto máis

septentrional da

península que marca a

división entre o

Cantábrico e o Atlántico,

antes de chegar ao pobo

de O Barqueiro, nunha das rías máis fermosas do Cantábrico. Tras cruzar a ría adentrarémonos no interior en

dirección á Praia de Brela onde poderemos dar o último baño antes de entrar en Viveiro

Page 5: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

5

Page 6: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

6

Neste primeiro tramo rodamos a carón dunha ría que en realidade son dúas que comparten desembocadura no

mar: a formada polo río Mera a carón de Ortigueira e o Río Baleo a carón de Ladrido. O elemento máis salientábel é

a paisaxe, con marismas na zona leste e Praia e dunas na oeste.

Hai que estar atento nos primeiros 4 km xa que corren pola estrada xeral e teñen bastante tráfico.

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

0 AC862 KM.52 ORTIGUEIRA . OLLO, TRÁFICO!

4 AC862 KM.56 Ponte. Bifurcación ESQUERDA

5,2 DP6101 KM.0 Intersección ESQUERDA cara a LADRIDO

6,2 DP6101 LADRIDO. No centro do pobo bifurcación DEREITA

6,8 Bifurcación DEREITA antes de campo de fútbol

6,9 Bifurcación ESQUERDA

Page 7: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

7

Page 8: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

8

No pobo de Espasante podemos visitar o Castro situado detrás da Lonxa, no porto. Dende o castro

ascendemos, próximos ao cantil, ata a Casa da Vela, unha garita de vixilancia marítima de finais do século

XVIII. Este punto permite gozar dunhas magníficas vistas da boca da Ría. Espasante está ubicado entre dúas

magníficas praias: Praia de Espasante, con lugares cercanos onde se poden degustar unas boas tapas de

polbo pescado na zona, e Praia de San Antonio ao final do pobo perto do desvío que debemos de coller para

continuar o roteiro

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

8,5

PRAIA ESPASANTE

9

ESPASANTE. Praia, castro, tapas de polbo…

9,3

ESPASANTE. Praza S.Antonio (estatua porco) intersección DEREITA

10,7

Cruce RECTO

11

Bifurcación ESQUERDA cara a LOIBA

13

ROSARIO. STOP. Cruce DEREITA

13,6 DP6105 STOP. Cruce DEREITA

14,2 DP6104 KM.0 Bifurcación ESQUERDA cara a PICÓN

Page 9: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

9

Page 10: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

10

Cruzaremos a Praia de Esteiro a través da súa pasarela de madeira e chegamos a un piñeiral con mesas e barbacoas a carón da

praia. Un bo sitio para un baño e xantar. Dende a praia teremos una gran vista sobre Cabo Ortegal.

O Barqueiro, onde desemboca o río Sor, marca os límites entre as provincias de A Coruña e Lugo. Cruzaremos esta ría por una

ponte de inspiración eiffeliana, que uniu as dúas provincias e extinguiu a figura dos barqueiros que trasladaban persoas e

mercadurías. Dende O Barqueiro tamén podemos achegarnos a Estaca de Bares,a 7 km.

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

16 DP6104 KM.2 PICON. Bifurcación DEREITA (á esquerda praia con 111 escaleiras)

17,2 DP6104 KM.3 Intersección DEREITA. Senda con pasarela de madeira

17,7 PRAIA ESTEIRO. Merendeiro. Coller cara a PORTO DO BARQUEIRO

20 AC100 PORTO DO BARQUEIRO. Coller cara ao porto

20,6 Intersección DEREITA antes do porto

20,8 Intersección ESQUERDA. Senda litoral peonil

21,5 Senda de terra ¡ OLLO ! ESCALEIRAS

22 PONTE DE FERRO

22,3 LU-P-6410 Fin da ponte. Coller DEREITA cara a NEGRADAS

Page 11: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

11

Page 12: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

12

Chegamos ao tramo máis “duro” de todo o roteiro. Son 3,5 km de ascensión cunha media do 6% de pendente.

Nestes casos é fundamental tomalo con calma, non axfisiarnos e se hai que botar pé a terra e camiñar un rato… pois

estupendo, así estiramos as pernas.

Para aquelas persoas que non teñan moita experiencia en mover a bicicleta con alforxas costa arriba, permitídenos

tres consellos: se podes subir sentado mellor que de pé, así mantés o teu centro de gravidade baixo. Segundo,

proba cos cambios ate levar una pedalada cómoda. Como distinguimos se é cómoda? As túas pernas saberanno

mais técnicamente significa que non teñamos que facer vaivén co tronco superior “mentendo riles” para mover os

pedais. E terceiro, se tes que parar en pendente, cambia antes a piñon grande e prato pequeño pera que poidas

arrancar de novo.

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

24 LU-P-6404 Intersección ESQUERDA cara a MOSTEIRO. Pendente

27,5 LU-P-6401 KM.3 Fin pendente. Cruce RECTO cara a FOLGUEIRO

Page 13: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

13

Page 14: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

14

Un longo descenso lévanos en dirección Viveiro ate a Praia de Brela, onde poderémonos dar un último baño antes

de entrar en Viveiro. Na súa parte posterior atopamos a lagoa dos Amidais, punto de reunión de infinidade de aves

acuáticas. Pouco despois da Praia de Abrela incorporámonos á estrada nacional pola que circularemos con

precaución ata Viveiro. Ao entrar no pobo convén coller todo o paseo marítimo que nos leva de maneira máis

tranquila e directa ao pavillón

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

30,6 LU-P-6407 FOLGUEIRO. CRUCE CON N642 ¡ OLLO ! seguir RECTO

31,8 LU-P-6412 Bifurcación ESQUERDA

33,5 LU-P-6412 PRAIA DE BRELA

35,3 LU862 Cruce ESQUERDA cara a VIVEIRO ¡ OLLO ! TRÁFICO

Page 15: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

15

Page 16: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

16

O pabellón no que imos durmir é o Pabellón Antonio Tarrio,na Av. Martín Ledesma, despois de pasar o camping e

un pouco antes de cruzar a ponte de Viveiro.

Viveiro é unha das ciudades turísticas máis importantes da costa de Lugo e conta cun importante patrimonio

histórico, de feito a seu casco vello está declarado Conxunto Histórico Artístico. Salientar a visita á Porta de Carlos

V, unha das tres portas que quedan da antiga muralla.

Para ampliar información recomendamos pasar pola Oficina de Turismo, na Av. Ramón Canosa (tfno. 982560879)

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

39 VIVEIRO. PASEO MARITIMO

Page 17: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

17

Page 18: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

18

Etapa 2

Viveiro

Foz

A etapa máis longa, con

50 km., representa un

pouco o litoral “industrial

galego. Pasaremos polos

dous principais portos

atuneiros como son

Celeiro e Burela e

rodaremos a carón do

maior complexo industrial

da costa norte galega

adicado ao aluminio coas

empresas Alcoa e Alumina. E dos mais contaminantes de toda Galicia, responsábel dun tercio do consumo enerxético do noso

país.

Page 19: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

19

Page 20: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

20

Atravesamos Celeiro, un dos portos cantábricos de máis envergadura. Situado no interior da ría de Viveiro ten unha

flota dun centenar de embarcacións, a maioría adicadas á captura de pescada e bonito.

Ao saír de Celeiro incorporámonos durante 1 km a estrada nacional con tráfico intenso e rápido para logo deixala

unha intersección que afrontaremos con atención

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

0 LU862 KM.86 VIVEIRO

1,4 LU862 Intersección ESQUERDA cara a CELEIRO

2 CELEIRO. No centro bifurcación DEREITA

2,6 LU862 STOP. Cruce ESQUERDA ¡ OLLO ! TRÁFICO

3,5 LU862 KM.89,4 Intersección ESQUERDA cara a PRAIA AREA

Page 21: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

21

Page 22: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

22

No km 4 atopámonos coa Praia de Area, das máis visitadas da contorna. Ao final da Praia hai duas calas moito

menos masificadas.

Un pouco máis adiante, no km 6,7 podemos tomar un desvío á esquerda que nos levaría ao Mirador do Faro, cunhas

vistas impresionantes sobre a ría. . A partir de aquí e ata antes de chegar a Vilachá tomamos como referencia para o

noso roteiro os sinais que nos dirixen cara ao Faro Roncadoiro

No km 8,5 vemos á Praia de Esteiro

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

4,8 Bifurcación ESQUERDA cara a FARO

6,8 Bifurcación ESQUERDA cara a FARO RONCADOIRO

8,9 Bifurcación ESQUERDA cara a FARO RONCADOIRO

9,9 Intersección ESQUERDA cara a FARO RONCADOIRO

Page 23: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

23

Page 24: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

24

No km 15,9 chegamos aos pes da Balsa de lodos de bauxita da empresa Alcoa cunha extensión de 75 hectáreas..

Estes lodos proveñen do refinamento deste mineral a razón de media tn de lodos por tn de bauxita refinada, o que

significa 70 millóns de toneladas ao ano nesta instalación industrial que ademais é responsable do consumo de un

tercio da enerxía eléctrica total que se consume en Galicia.

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

11,2 LU-P-2607 KM.5 VILACHÁ . STOP. Cruce ESQUERDA

13,9 LU-P-2607 KM.57 PORTOCELO. Intersección ESQUERDA cara a MORÁS

15,9 LU-P-2601 Cruce ESQUERDA. Balsa de lodos de bauxita

17,2 LU-P-2602 STOP. Cruce DEREITA cara a XOVE LAGO

19 LU-P-2602 Intersección ESQUERDA. BARXA

Page 25: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

25

Page 26: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

26

Chegamos a San Cibrao. Salientar o seu porto pesqueiro, que nos séculos XIV e XV construía carabelas e alimentaba

unha fábrica de salgadura, da cal aínda podemos contemplar os seus restos (coñecidos como Castelo Mariño). Na

parte superior da zona recreativa desta localidade, a Atalaia, preside o faro que vixía no horizonte as míticas Illas

dos Farallóns, pertencentes ao LIC Costa da Mariña Occidental.

Para continuar cara a Burela, ao pouco de entrar en San Cibrao atopamos unha intersección á dereita que nos leva

a unha rotonda na que collemos dirección Burela pola costa, paralelos á vía do tren.

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

20 Bifurcación ESQUERDA. STOP. Cruce DEREITA cara a SAN CIBRAO

21,8 LU642 KM.65

STOP. Cruce ESQUERDA

23,3 LU-P-1510 SAN CIBRAO. 1ª intersección DEREITA. Rotonda ESQUERDA

cara a BURELA pola costa. No KM.7 carril bici

Page 27: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

27

Page 28: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

28

Unha vez pasado San Cibrao e xa ate o final do cicloroteiro o percorrido transcurrirá pegado á costa, sen desniveis

destacábeis, puidendo disfrutar das moitas e diversas zonas de baño que nos ofrece este litoral norte galego

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

30,5 LU-P-1510 KM.7 CARRIL BICI

Page 29: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

29

Page 30: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

30

Burela é o principal porto boniteiro do Cantábrico, de feito están en plena costeira do bonito nestas datas. Contan

no porto cun barco boniteiro-museo, o Reina del Carmen, que podemos visitar. A gran demanda de persoal para os

barcos converteu Burela nun exemplo de multiculturalidade xa que ademais da colonia estábel de caboverdianos

asentados dende hai anos, nos últimos anos instaláronse peruanos, ecuatorianos e outras comunidades

latinoamericanas.

Se queremos facermonos unha idea da zona, cumpre subir ao mirador do Monte Castelo ao que se accede dende a

mesma vila, onde ollaremos unha boa panorámica.

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

32,6 BURELA. En estación FEVE seguir ESQUERDA paralelo a vía

34,6 BURELA. Paseo marítimo

Page 31: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

31

Page 32: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

32

Tras incorporarnos á estrada nacional con precaución, circulamos durante 1,5 km por esta. Xusto na entrada de

Cangas a deixamos para cruzala con maior seguridade uns metros despois.

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

36 Cruzar via de tren. STOP. Cruce ESQUERDA

36,3 LU642 Incorporación N642. ¡ OLLO ! TRÁFICO

37,6 LU642 CANGAS. Intersección DEREITA

37,7 Intersección ESQUERDA

37,8 Cruce ESQUERDA

37,9 LU642 CANGAS. STOP.Recto cara a igrexa (á dereita paso de peóns)

38 CANGAS. DEREITA por paseo marítimo

38,6 Pista de terra. Bifurcación DEREITA

39 Fin pista de terra. Bifurcación DEREITA

39,4 Cruce ESQUERDA

40 LU-P-2013 Cruce ESQUERDA estrada da costa

Page 33: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

33

Page 34: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

34

O castro de Fazouro situase ao leste da praia de Arealonga no lugar de Punta do Castro, na parroquia de Fazouro,

Foz. Trátase dun asentamento costeiro que pertence aos chamados castros marítimos do noroeste. A súa

antigüidade aproximada é de 2.400 anos e aproveita unha pequena península que penetra no mar, sobre unha zona

acantilada.

No km 44 entramos no LIC Río Ouro, atravesando a súa desembocadura na Praia da Lagoa

Cruzamos a desembocadura do río Ouro pola marxe esquerda da ponte, aínda non remataron as obras de

acondicionamento da zona, polo que probablemente haxa que mover algunha valla para poder continuar o

percorrido

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

41,8 LU-P-2013 KM.2 Cruce ESQUERDA paseo marítimo paralelo vía tren

43 CASTRO DE FAZOURO

44,3 PRAIA DA LAGOA. Cruzar a ponte ¡ OLLO ! OBRAS

Page 35: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

35

Page 36: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

36

A Ría de Foz é unha ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves) ademáis de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) formada por o Esteiro do río Masma, que inclúe un pequeno tramo (2 km) de meandros do curso baixo do río, aínda baixo influencia mareal.

Ademais das nove praias coas que conta este concello, hai dous lugares de interese histórico moi salientábeis:

A basílica de San Martiño, a uns 5 quilómetros de Foz. É a catedral (desde fai aproximadamente 1 ano, Basílica)

máis antiga que aínda se conserva en España, pertencendo ao prerrománico galego (s. VIN), aínda que o actual

templo está datado entre os séculos IX e XII.

A Frouxeira, montaña dun 429m , na que está o emprazamento da Fortaleza do Mariscal Pardo de Cela, da que

quedan restos arqueolóxicos dos recintos da Fortaleza, e onde temos unhas vistas de gran beleza paisaxística.

En Foz durmiremos no pavillón Torques de Mazán na Avenida de Viveiro, fronte a gasoliñeira (ver frecha no mapa)

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

46 CAMPING. Cruce ESQUERDA estrada da costa

51 FOZ

Page 37: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

37

Page 38: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

38

3ª Etapa

Foz

Ribadeo

Nestes 34 km totalmente

planos, bordearemos o

litoral cantábrico pasando

por lugares míticos como a

Praia das Catedrais e

rematando en Ribadeo.

A saída de Foz faise por

unha bonita senda que

bordea a ría.

Unha vez se pasa o

Polígono Industrial de Barreiros, nos incorporamos á estrada nacional para ir a dar a volta á rotonda uns metros

máis adiante, e volver a deixar dita estrada nunha intersección con dirección a Barreiros

Page 39: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

39

Page 40: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

40

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

0 FOZ. Ao final do porto intersección DEREITA

0,6 Intersección ESQUERDA. Paseo de terra pola ría

2,2 Fin paseo. Cruce ESQUERDA

2,7 Senda de terra

3,7 Fin senda. Cruce ESQUERDA

4 Intersección DEREITA. Cruzar ponte

4,1 LU-P-2004 Bifurcación DEREITA cara a VILARONTE

4,5 Bifurcación ESQUERDA (invernadoiro)

5,3 Cruce ESQUERDA

6 LU-P-2002 A ESPIÑEIRA. Praza do pobo bifurcación ESQUERDA

6,7 Rotonda cara a POLÍGONO DE BARREIROS

6,8 POLÍGONO DE BARREIROS bifurcación esquerda

7,1 Fin polígono intersección ESQUERDA pista de terra

7,2 N642 Cruce DEREITA N642. ¡ OLLO ! TRÁFICO

7,8 N642 Rotonda cara a FOZ

8,3 N642 Intersección DEREITA

9,7 Bifurcación ESQUERDA

11 Cruce ESQUERDA

Page 41: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

41

Page 42: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

42

No quilómetro 14 deixamos atrás a ZEPA da ría de Foz, que ven delimitada pola estrada que percorremos cara ao

mar.

No quilómetro 17 comezamos a bordear o LIC As Catedrais, unha fronte costeira aberta, orientada en dirección

leste-oeste ao longo da rasa cantábrica, con rochedos e cantís mariños de baixa altura e praias areosas intercaladas

entre pequenos promontorios e illotes, de grande interese xeomorfolóxico e extraordinaria beleza escénica.

Esténdese entre as puntas Penedo do Corvo, no seu límite oriental, e Corveira, en Reinante.

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

12,2 LU-P-0601 PRAIA DO ALTAR. Cruce DEREITA

Page 43: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

43

Page 44: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

44

A praia das Catedrais ten un evidente interese xeolóxico polas súas paredes rochosas de lousa e esquisto erosionada

en formas caprichosas: arcos de máis de trinta metros de altura que recordan a arbotantes dunha catedral, grutas

de decenas de metros, corredores de area entre bloques de roca e outras configuracións xeolóxicas.

A presión turística e urbanizadora están a afectar de xeito importante a este espazo, como veremos ao chegarnos a

el.

O momento óptimo para contemplar esta Praia é na baixa mar que este día é as 10:30, sendo marea alta ás 16:45

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

19,7 LU-P-0601 PRAIA DAS CATEDRAIS

22,6 LU-P-0601 KM.9,5 PRAIA DOS XUNCOS. Bifurcación ESQUERDA cara a RINLO

Page 45: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

45

Page 46: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

46

Rinlo é un pobo con máis de 500 anos de historia que ten as súas orixes como porto balleneiro. Hoxe é un pequeno

e pintoresco porto pesqueiro que pertence ao Concello de Ribadeo. Ten a segunda Cofradía de Pescadores máis

antiga de España. É coñecido popularmente como o lugar no que se crían as mellores langostas, bogavantes e

centolos de toda a Costa Cantábrica, favorecidos polas súas batidas penas que forman numerosas covas e recodos.

Antes de chegar a Rinlo, convén desviarse a ver unhas interesantes e curiosas ruínas dunha cetárea

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

24,5 CETÁREA

25,5 RINLO. Cruzar o pobo e seguir por paseo marítimo

26 Cruce ESQUERDA

Page 47: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

47

Page 48: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

48

A ría de Ribadeo está protexida coa figura de ZEPA, que comparte coa parte asturiana.

A vila de Ribadeo destaca pola súa arquitectura, tanto relixiosa como civil e militar. As casas de indianos, os pazos e o castelo

de San Damián reflicten o esplendor económico que marcou o desenvolvemento desta vila.

Durmiremos no Polideportivo Municipal Vello, na Avenida de Luarca.

PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN

31,4 Cruce ESQUERDA cara a RIBADEO pola costa

34,3 RIBADEO

Page 49: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

49

QUE É VERDEGAIA?

Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente.

Foi constituída 2 de Abril de 2006 e inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galiza con número

2006/009648-1 (SC).

QUE É O QUE PROCURA?

Verdegaia foi constituída co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na

transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha

saída emancipatoria á crise ecolóxica global.

CAL É O SEU IDEARIO?

Verdegaia construíu o seu ideario arredor de tres grandes principios: Sustentabilidade Ecolóxica, Xustiza Social e

Paz. Estes principios conforman un cuadro dentro do cal se desenvolven outros seis: Democracia Participativa,

Autoorganización da Cidadanía Galega, Independencia e Apartidismo, Defensa dos Direitos dos Animais Non-

Humanos e Demais Seres Vivos, Defensa da Diversidade Cultural e Lingüística, e aposta pola Superación do

Patriarcado. Podes ler o Ideario en www.verdegaia.org.

COLABORA CON OUTRAS ORGANIZACIÓNS?

Verdegaia aposta polo traballo en rede, non só internamente senón tamén con outras organizacións galegas ou de

calquera outro lugar do planeta. Neste sentido cabe destacar, en especial, a integración de Verdegaia na FEG

(Federación Ecoloxista Galega) e a relación de estreita colaboración que mantemos con Amarante (ONGD galega) e

Page 50: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

50

Ecologistas en Acción (confederación ecoloxista de ámbito estatal), de quen somos a asociación referente en Galiza

xunto coas redes das que facemos parte como a Rede Galiza non se Vende, a RA! - Rede Anticapitalista Galega, a

Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos, a Alianza Galega polo Clima, a Plataforma Galega AntiTransxénicos, a

Universidade Rural Galega, a Coordinadora por un Ferrocarril Público, ConBici e o proxecto de banca ética Fiare

COMO PODO PARTICIPAR?

En Verdegaia non sobra ninguén e a participación é benvida, as posibilidades son múltiplas, cada quen escolle o seu

nível de implicación e constancia en función da súa vontade e dispoñibilidade. Podes participar nas Asembleas

Xerais, nas do teu Núcleo Comarcal, nas Áreas de Traballo... impulsar a constitución dun Núcleo na túa comarca ou

facerte Representante Local. Podes ficar como soci@ ou pasar a ser activista, apoiar actos puntualmente ou

participar dun modo máis intenso e continuado, podes asumir responsabilidades organizativas ou achegar de cando

en vez a túa opinión... Estámoste a esperar.

Podes contactar connosco en calqueira dos nosos núcleos comarcais (ver http//www.verdegaia.org) ou escribindo

para [email protected]

Page 51: Encontriños 2010 Ortigueira Ribadeo · 2018-05-18 · de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na

51

[email protected]

www.verdegaia.org