21

Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón
Page 2: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay

Carballo é unha pequena vila do noroeste de Galicia, situada en plena Costa da Morte, case na fin do mundo. Pero nesta pequena vila, pasan grandes cousas. Aquí celébrase o Carballo Interplay (CIP), un festival de contidos dixitais que inclúe a que foí a primeira competición de webseries de España.

Non obstante, os contidos do CIP van máis alá da ficción seriada, bus-can explorar as posibilidades de internet como medio para a narra-ción, o humor máis transgresor, a non ficción, o patrimonio audiovisual dixital ou a performance interactiva. Sempre co vídeo como base. Na primeira edición, acudiron centos de persoas á cita con David Sainz e Teresa Segura, creadores de Malviviendo, que revolucionaron Carballo coa súa presenza e coa estrea dun dos derradeiros capítulos da súa webserie. Durante tres días asistimos tamén á proxeccións de webseries, charlas sobre contido dixital, concertos brutais como o de Unicornibot, sesións vermú con DJ Bigote Mix ou confesións perfor-mativas como a de Xosé Antonio Touriñán, que nos desvelou o seu código fonte audiovisual, e premios.. moitos premios. No 2015 tivemos como invitados especiais a Venga Monjas, que parti-ciparon no “Interfight”, o primeiro Encontro de Labazadas Audiovisuais de Carballo. Tamén viñeron os Burnin’ Percebes, os Poetarras ou o trío vigués IgMig coa súa mestura de dadaísmo, postpunk, improvisación, humor e interacción co público. E na competición de webseries, tive-mos por primeira vez unha selección internacional, con moitas series aínda inéditas ou descoñecidas en España. Tamén houbo charlas, coloquios, vermús, presentación de ferramentas transmedia e máis confesións de código fonte audiovisual, esta vez coa xornalista Belén Regueira, e un peche de ouro cos Irmáns Lumieira e o seu fantabuloso cine mudo ambulante.

O ano pasado, gozamos cos shows ao vivo dos Hermanos Podcast e dos Venga Monjas, que presentaron en Carballo o seu novo show, Da Suisa. Tivemos, tamén, estreas, como a da longametraxe Estirpe e a da segunda temporada da webserie en formato de falso documen-tal Entertainment, dos nosos padriños, David Sainz e Teresa Segura. Aprendemos na masterclass do autor de Cálico Electrónico. E fala-mos, de internet e da vida, con Andreu Meixide, con Miriam Hernánz e con coñecidos youtubers, vídeo bloggers, pranksters e viners, como Dulcedeleche, Tworumbel, os Páramo Pictures, os Poetarras e os responsables da webserie Fame. Os Zopilote, os tres guionistas máis populares da ficción galega, desveláronnos o seu código fonte audio-visual. E vibramos coa música de Malandrómeda. Pechou a festa a DJ Teresa da Praia.

E agora chega a cuarta edición, do 4 ao 6 de maio, cargada de máis estreas, presentacións, proxeccións e masterclass. Neste dossier contámosche o que temos preparado para o IV Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay que, como cada ano, converterá Galicia en referente de novas linguaxes e formas de entender a cultura audiovi-sual.

Ah, e todas as actividades son gratuítas e de acceso libre ata comple-tar aforo!

Page 3: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón tamén coñecer unha das zonas máis especiais e máxicas da Península Ibérica.

Carballo é unha vila ao noroeste da provincia da Coruña, no noroeste de Galicia e tamén no da Península Ibérica. Ten 30.000 habitantes e é a capital da comarca de Bergantiños e a porta de entrada á Costa da Morte, unha zona marítima coñecida polos seus naufraxios, as súas sobrecolledoras paisaxes e cantís (capaces de protagonizar películas premiadas internacionalmente como “Costa da Morte”, de Lois Patiño) e por praias como a de Razo, estupendas para facer surf.

Na Costa da Morte a forza da marea é quen de afundir petroleiros, facer medrar os mellores percebes de occidente ou provocar a éxta-se sensorial dos seus visitantes, especialmente cando hai temporal. Tamén a dos seus habitantes, que malia todo levan con bastante tran-quilidade iso de vivir na fin do mundo.

Batido por estas ondas feras do Atlántico, o areal comprendido en-tre Razo e Baldaio é, cos seus cinco quilómetros, un dos maiores de Galicia. Trátase dun espazo natural protexido que destaca pola ex-cepcional beleza e riqueza ecolóxica das súas praias, da súa lagoa e marismas. E cara ao interior, suaves montañas, nas que se combinan os verdes dos montes e herbais coa cor da terra labrada.

Tamén é coñecida a súa rica gastronomía, con produtos do mar da mellor calidade, doces e unha das variedades de pan máis afamadas de Galicia.

Page 4: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

Carballo Interplay 2017

4 Maio

5 Maio

5 Maio

Auditorio do Pazo da Cultura

Auditorio do Forum Carballo

Auditorio do Pazo da Cultura

Prog

ram

a

16:00 Apertura do CIP 2017, coa presenza do xurado: Rubén Ontiveros, Isa

Calderón, Javi Camino, Javier Trigales (AGAG) e Giselle Llanio (CREA).

16:30 Webseries sección oficial. INTERNACIONAL 1: Boy Scouts, Midnight Comedy, Camila no tiene un plan, AFK, Tube Heads e You’re the next

18:00 Webseries sección oficial. GALIZA VO: Antolepsia, Galicia Crime, As Aventuras de Po, Dalle Jas e Teño unha horta en San Sadurniño.

19:00 En galego, en construción. Pitching de proxectos de webserie en galego.

21:30 Estrea da longametraxe “Fogueo”, de David Sainz.

10:00 Mesa de Youtubers: Isa Calderón e Los Prieto Flores.

11:00 Presentación Youtubeir@s.

11:30 Mesa de Youtubers: Soy una pringada e Percebesygrelos.

13:00 Presentación Monkey Lab.

16:00 Webseries sección oficial. NACIONAL 1: El show de Teresa Cuesta, Cani-

ville , Carlinos. La webserie, Cómo dejar los porros, Judge Dredge e Beto

17:30 Webseries sección oficial. INTERNACIONAL 2: Amy Street, Si me volviera a enamorar, 5 baksi.net, Dang it to heck!, Dyscolcalipse e Psicóticas Inseguras.

19:00 Humor na rede: master class con Rubén Ontiveros.

20:30 Código Fonte Audiovisual de Chévere.

22:30 Estrea mundial de Peter Brandon.

Para as crianzas: Taller Stopmotion (con Illa Bufarda).

Page 5: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

Carballo Interplay 2017 Pr

ogra

ma

6 Maio

6 Maio

Auditorio do Forum Carballo

Auditorio do Pazo da Cultura

10:00 A profesionalización dos contidos audiovisuais para a rede. Panel con

Mafalda González-Alegre (Flooxer), Borja Prieto e Natalia Flores (Está pasando) e Teresa Segura e David Sainz (Different Entertainment).

11:30 A televisión nos tempos do Twitter. Panel con Javi Mos (Land Rober Tunai Show), Pilar Rodríguez (Luar) e Miguel López (El Hematocrítico).

13:00 Vermú con Crea.

16:00 Webseries sección oficial. INTERNACIONAL 3: Behind the blinds aka

filmmaking, Waiting for a sound, Depto, Convos with my 2 years old, The Dump e Psicosomática.

17:30 Webseries sección oficial. NACIONAL 2: A todo riesgo, Lara Love, El partido 2, Pesame street, Bridget Jon de Triana e Te quiero yo tampoco.

19:00 Na casa cos Prieto Flores

21:30 Gala de clausura “Breve historia de internet” con Sergio Zearreta

Para as crianzas: Taller Electrónica e Taller Robótica (con VermisLAB)

BAR A BARRA

24.00 Festa con DJ Soyunapringada

Page 6: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

//////////////////////////////////////////////////////////

Carballo Interplay 2017 Ac

tivid

ades

4 Maio Auditorio do Pazo da Cultura_Tarde

Apertura do CIP 2017 coa presenza do xurado: Rubén Ontiveros, Isa Calderón, Javi Camino, Javier Tri-gales (AGAG) e Giselle Llanio (CREA)

En galego, en construciónPitching de proxectos de webserie en galego. As finalistas da convocatoria para este premio, dotado con 1.500€ para a produción dunha webserie en galego, defenderán os seus proxectos diante do público e dun xurado composto por Xosé Regueira (Concello de Carballo), Sonia Méndez (Carballo Interplay), Mafal-da González Alegre (Flooxer).

Estrea da longametraxe

Fogueo, de David Sainz.

Nunha conversa do padriño do Carballo Interplay (e creador das webseries “Malvi-viendo” e “Entertainment” ou da longame-traxe “Obra 67”) co seu amigo e director Diego Villaba, xurdiu grazas a un infalible “no hay huevos” o proxecto dunha lon-gametraxe independente que realizarían eles mesmos. Unha película pequena, unha toleada capitaneada por eles, pero levan-tada grazas a numerosos compañeiros que se deixaron seducir pola idea. A historia duns perdedores que só teñen unha opción para levar a cabo o seu soño: facelo eles mesmos. Un pouco o que lles pasou tamén detrás da cámara. No CIP 2017, proxectare-mos a longametraxe coa presenza de David Sainz e Teresa Segura, director e produtora do filme, que farán unha presentación e coloquio posterior.

+ info: Teaser

Page 7: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

Carballo Interplay 2017 Ac

tivid

ades

//////////////////////////////////////////////////////////

5 Maio Auditorio do Forum Carballo_Mañá

Mesa de Youtubers:

Isa Calderón e Los Prieto FloresFeminismo, familia e cultura popular en Youtube. Os protagonistas desta mesa decidíronse a ser Youtubers superando ben os 30 anos, buscando e ofrecendo contidos diferentes que botaban en falta para xente da súa idade. Falar de cine, de feminis-mo, de música, televisión-lixo, ou das súas propias vidas permitiulles a Isa Calderón e Los Prieto Flores, con moitos anos de profesión no mundo da comu-nicación, descubrir un novo medio e converterse en referentes da creación de contidos audiovisuais para internet en distintas plataformas. Isa Calderón é guionista, xornalista e leva anos colaborando con diferentes medios como Vogue, El Español ou Tentaciones e facendo críticas de cine en La Script, da Cadena SER. Aí empezou a facer as súas “reviews fuertecitas”, que logo pasaron a formato audiovisual da man de Atresmedia, e que

se fixeron populares en Youtube por como Isa Calderon espelexa películas desde unha óptica feminista e humorística. As películas son unha excusa como outra calquera para dicir as cousas como ela as ve, de maneira fuertecita. + info sobre Isa, no seu Twitter e en Flooxer.

Borja Prieto e Natalia Flores levan anos traballando na comunicación dixital e, ademais de crear en 2012 a súa propia axencia, Está Pasando, dende hai un tempo atrevéronse a experimentar poñéndose eles mesmos diante da cámara para crear unha canle de Youtube protagonizada por eles e a súa extensa tribo familiar: 4 nenos, un can, centos de amigos, moitos parentes tolos, plans desviados... A canle de Los Prie-to Flores é, segundo eles, un retrato dunha vida desproporcionadamente única. Entretemento devolutivo para toda a familia. + info sobre os Prieto Flores, na súa canle de Youtube. Tamén podes seguilos en Twitter (Natalia e Borja), Instagram (Natalia e Borja) ou Snapchat (Natalia é natconflores e Borja é borjaprietor).

Page 8: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

Carballo Interplay 2017 Ac

tivid

ades

//////////////////////////////////////////////////////////

5 Maio Auditorio do Forum Carballo_Mañá

Presentación Youtubeir@sUnha iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove e das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo que nace coa vontade de conseguir que haxa máis vídeos en galego na Rede. Un concurso para fomentar a creación de vídeos en galego, tanto de opinión como vídeo-titoriais. + info: web

Mesa de Youtubers Soy una pringada e PercebesygrelosTeñen 20 e poucos anos e atoparon en Youtube o seu medio de expre-sión, alzándose como voces diferentes e reivindicando o seu particular humor e creatividade, nun panorama superpoboado de contidos sobre moda, beleza e videoxogos. De que outras cousas falamos no tubo? Hai un modelo de Youtuber que prevaleza sobre os demais? Que signi-

fica ser unha anti-youtuber? Son as novas plataformas propicias para a orixinalidade ou tenden a uniformizar estéticas e contidos? Para falar disto teremos con-nosco a Esty “Soyunapringada” e a coruñesa Carolina Iglesias aka “Percebesygrelos”, dúas das Youtubers novas que máis nos molan.

Soy una pringada é unha das youtubers favoritas de moita xente, se cadra porque é a anti-youtuber, unha rapaza de 22 anos con actitude irreverente e un pouco hater que comparte referencias trash como Kurt Co-bain, John Waters, Morrisey ou Todd Solondz, xunto co salseo, a cultura drag e a televisión lixo. Desde o

seu cuarto de Barakaldo e con máis de 80.000 subscritores, Esty é xa todo un fenómeno da cultura popular e youtubeira en España. + info: Youtube, Twitter e Facebook

Carolina Iglesias é da Coruña pero vive en Madrid, onde traballa como guionista e comediante, e mantén o canal de Youtube Percebes y grelos, con máis de 30.000 subscritores. Fan da cultura mamarracha, gústalle o hortera, falar de escatoloxía, Raphael, e os programas de televisión dos 90. A pesar de que ela mesma naceu a mediados dos 90. Co seu tono irreverente, co que colabora con Los 40 principales e VodafoneYu, é unha das cómicas máis novas e prometedoras do panorama estatal. + info: Youtube, Twitter e Facebook.

Page 9: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

Carballo Interplay 2017 Ac

tivid

ades

//////////////////////////////////////////////////////////

//////////////////////////////////////////////////////////

5 Maio

5 Maio

Auditorio do Forum Carballo_Mañá

Auditorio Pazo da Cultura_Tarde

Presentación Monkey LabUnha asociación recén constituída na Coruña que xunta a estudantes de comu-nicación audiovisual e informática da UdC interesados no desenvolvemento de videoxogos. Xente moi nova cunha fonda cultura gamer e con moitas ganas de traballar na industria ou axudar a crear e a consolidar a incipiente industria de vi-deoxogos en Galicia, coa colaboración de profesores, profesionais e todas aquelas persoas interesadas en poñer en común intereses, comentar as novidades, com-partir talento e proxectos, e experimentar xuntas.

Humor na rede

Master class con Rubén OntiverosUn percorrido polos diferentes formatos de comedia, desde Qué Vida Más Triste ata Basauri Mirror analizan-do as posibilidades que dá Youtube de experimentar co humor. Guionista de Vaya Semanita, Homo Zapping, La Hora de José Mota e creador de Qué Vida Más Triste, Rubén Ontiveros siempre estivo moi vinculado a inter-net e nesta master class falaranos da súa experiencia neste medio e de como pode ser a ponte para saltar a traballar na televisión.

+ info: Reel

Page 10: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

Carballo Interplay 2017 Ac

tivid

ades

//////////////////////////////////////////////////////////

5 Maio Auditorio Pazo da Cultura_Tarde

Audiovisual de Chévere Código FonteCase sen darse de conta, neste 2017 Chévere cumpre 30 anos. Tempo abondo para aprender a confundirse entre o humor e a vida coa habilidade de quen quere pasar desapercibida para gozar da máxima liberdade. Pero tamén é o momento de sacar a carrocería pop que envolve ao grupo e mirar por dentro cal foi o combustible audiovisual que alimentou a súa capacida-de para transgredir os xéneros, moldear o humor con risas pouco disimuladas ou recargar as baterías do teatro con boas doses de realidade. Iso é o que virán facer Patricia de Lorenzo e Xesús Ron: despezar o imaxinario audiovisual que se agocha dentro das obras de Chévere.

O Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección, no que se convida a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais embebi-bles que marcaran a súa cultura e a súa forma de entender o mundo. Porque as lembranzas son fragmentos dun arquivo vivo que estamos producindo e reinterpretando constantemente.

Estrea mundial de Peter BrandonA webserie gañadora do premio ao mellor proxecto de webserie en galego, na 1ª convocatoria que fixo o ano pasado o Carballo In-terplay, chega por fin ás súas pantallas e presentarase en primicia, como non, no festival que a viu nacer. Os seus creadores non son novatos nin alleos ao festival. Porco Bravú son o colectivo audio-visual formado por Jorge Boquete, Óscar Cruz, Javi Lopa e Alicia Alonso, responsable de webseries como “Conversas con Cun-queiro” e “El método sueco” ou a curtametraxe “El comediante”.

Pedro Brandariz é un cómico galego que, a punto de cumprir 40 anos, está perdido na súa vida. Perdeu a ilusión polo seu traballo e síntese estancado profesionalmente. Quere dar o paso definitivo

cara o seu éxito, facerse co público máis novo e ser recordado polo seu novo estilo de comedia. Para conseguilo adopta unha nova identidade, agora Pedro Brandariz é Peter Brandon.

Comezamos a gravar un documental sobre a súa vida onde seguimos de preto o seu cambio, amosando a vida dun cómico fóra dos escenarios. Nesta viaxe que emprende con nós vemos como loita polo seu soño de presen-tar un late night en Galicia. Mentres tanto a súa vida desmorónase e somos testemuñas das súas derrotas, que fan deste documental a derradeira oportunidade que ten para evitar botar a perder toda a súa carreira.

Peter Brandon é unha comedia galega con tintes dramáticos que satiriza o sector audiovisual a través duns personaxes inadaptados que queren atopar o seu lugar no mundo. Podes ver un primeiro teaser aquí e se-guir os Porco Bravú en Twitter e Facebook para saber dos novos adiantos.

//////////////////Para as crianzas: Taller Stopmotion (con Illa Bufarda)

Page 11: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

Carballo Interplay 2017 Ac

tivid

ades

//////////////////////////////////////////////////////////

6 Maio Auditorio do Forum Carballo_Mañá

A profesionalización dos contidos audiovisuais para a rede

Panel con Mafalda González-Alegre (Flooxer), Borja Prieto e Natalia Flores (Está pasando) e Teresa Segura e David Sainz (Diffferent Entertainment).

Tras unha década de experimentación e amateurismo, a produción de contidos audiovisuais para internet está madurando, tamén no que respecta ao salto profesional. Hai novas plataformas, respaldadas por grandes medios, como Flooxer, que seleccionan o ta-lento que hai na rede para producir e exhibir formatos de ficción e entretemento pensados para a rede. Hai axencias todoterreo, como Está pasando, que poñen a súa creatividade e experiencia facendo contidos online ao servizo de marcas e produtos de entrete-

mento, que buscan chegar a públicos novos de forma orixinal e diferente. E tamén produtoras como Diffferent que abriron camiños para a ficción en internet sendo moi novas e sen cartos, e lograron facer disto o seu modo de vida, tanto con producións propias como traballando para terceiros.

Flooxer é a plataforma creada por Atresmedia como escaparate do talento dixital e dos contidos nativos para a rede. A súa premisa é ofrecer a mellor calidade técnica e creativa, seleccionando os mellores creadores que hai en internet para distribuílo a través dunha plataforma premium da maneira máis óptima e achegalo a novos públicos. Con éxitos de ficción como Paquita Salas, un cartel de creadores que inclúe a Venga Monjas, JPeli-rrojo, Isa Calderón, Diffferent Entertainment... e de canles que abranguen diversos xéneros, temas e estilos, Flooxer é o máis ambicioso exemplo que atopamos en España de plataforma de contidos dixitais premium de formato curto. + info: web

Diffferent Entertainment é a produtora creada a mediados de 2009 a raíz da webserie Malviviendo. Dende aquela non deixou de traballar en proxectos publicitarios, videoclips e outras series para televisión. + info: web

Está pasando é unha axencia creativa formada en 2014 que ofrece solucións dixitais estratéxicas para marcas. Están especializados en planificar, desenvolver e crear contido además de amplificalo a través de campañas e influencers. Entre os seus clientes están Netflix, Sony Mobile, Google e YouTube, Live Nation, Vevo, Som Produ-ce, Primavera Sound, Bilbao BBK Live ou o Athlétic de Bilbao. + info: web

Page 12: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

Carballo Interplay 2017 Ac

tivid

ades

//////////////////////////////////////////////////////////

6 Maio Auditorio do Forum Carballo_Mañá

A televisión nos tempos do TwitterPanel con Javi Mos (Land Rober Tunai Show), Pilar Rodríguez (Luar) e Miguel López (El Hematocrítico)

Nos tempos da multipantalla somos practicamente in-capaces de estar mirando a televisión unha noite cal-quera sen ter o móbil diante. E, contra o que se pode-ría pensar, isto non nos aparta do contido senón que o fai máis divertido. A conversa arredor dos programas e retranmisións en directo agora faise nas redes sociais e favorece a participación dos espectadores de diver-sas maneiras: desde o chiste e o comentario troll ata o saúdo aos veciños, o compartir fotos ou rebentar as timelines cun trending topic tróspido. Os programas téñeno cada vez máis en conta e incorporan exper-tos en redes aos seus equipos, producindo contido susceptible de ser social e viralizado. E, ao mesmo tempo, os espectadores seguimos mantendo a nosa conversa particular á nosa bóla, por aquilo das risas.

Javi Mos. Traballador das redes dende hai anos, especializado en comunicación dixital, incorporouse en 2015 ao equipo do Land Rober.

Pilar Rodríguez. Redactora de Luar, é a encargada de levar as redes do Luar, que non son pequenas.

Miguel López, “El Hematocrítico”, é un profesor de educación infantil da Coruña na vida e non se sabe moi ben o que en internet. Creador de importantes blogs de humor como “El Hematocrítico de Arte” e “Drama en el Portal”. Colabora en diversos medios como Atresmedia, El Diario, Mongolia ou Cinemanía. É tamén autor de libros infantís como “Feliz Feroz” e “Agente Ricitos” (Anaya) e é un de Los Hermanos Podcast canda Noel Ceballos.

Vermú con CreaA Asociación de Directores e Realizadores de Galicia volve convocar unha xuntanza informal no Carballo In-terplay para tomar un vermú e falar de novos formatos audiovisuais de ficción e de entretemento, aproveitan-do a cantidade de creadoras e creadores que se xuntan en Carballo estes días, tanto galegos como de fóra.

Page 13: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

Carballo Interplay 2017 Ac

tivid

ades

//////////////////////////////////////////////////////////

6 Maio No Auditorio do Pazo da Cultura_Mañá

Na casa cos Prieto FloresA familia Prieto Flores traslada ao Pazo da Cultura de Carballo o salón da súa casa para conversar con diferentes convidados que pasen estes días polo Carballo Interplay, como Isa Calderón, Soy una pringada, Percebesygrelos e El Hematocrítico.

Gala de clausura

Breve historia de Internet con Sergio ZearretaCoa presenza dun máximo erudito, un home do Renacemento, o noso propio Leonardo, un científico amante das esdrúxulas e das cousas cóncavas, un dos máximos representantes da intelixencia humana que nos devolve a fe na nosa especie. El é o alu-cinante e equidistante Doctor Pómez. Asistiremos en directo á gravación do seu recoñecidísimo blog

“As vicisitudes do Doutor Pomez” e seremos os suertudos que gozarán cunha das súas aplaudidas Master Class! E, se dá tempo e ao Doutor Pómez lle parece ben, repartiremos os premios. Non vos perdades esta ocasión única de ver a unha rockstar das redes!!

(O Doutor Pómez resérvase o dereito de admisión)

Conduce a gala Sergio Zearreta, actor de variados rexistros, músico e mesmo cantante en formacións de éxito. Actualmente é, ademáis de actor, o vocalista de Banda Crebinsky, circunstancia que o fai atesourar un coñecemento das estradas galaicas que para si quixeran as patrullas todas da Garda Civil de Tráfico. Pero antes (non moito, porque é novo) empezou a teatrear no grupo Sardiña, canteira dos mellores actores coru-ñeses, seguiu formándose en Ourense na universitaria compañía Maricastaña -baixo dirección de Fernando Dacosta- (ao tempo que insistía en matricularse nalgunha escola universitaria que xa nin lembra). Levou ás táboas unha fermosa versión monologada do “Novecento” de Baricco e participou en varias montaxes de Matarile Teatro, do CDG e de Voadora, nas que demostrou que, se fai falta danzar, tamén danza e, ademáis, con xeito.

Festa con DJ Soyunapringada

////////////////////// Para as crianzas: Taller Electrónica e Taller Robótica (con VermisLAB)

Page 14: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

SECCIÓN OFICIAL As

pro

xecc

ións

4 Maio

16:30_INTERNACIONAL 1

///////////////////////////////////////////////////////

BOY SCOUTS (Arxentina)Ficción. Comedia.Co obxecto de recuperar a custodia da súa pequena irmá menor, Lucas e o seu irmán Diego deciden secuestrar ao xefe mundial dos Boy Scouts.

MIDNIGHT MIRACLE (UK)Ficción. Comedia.Lissa esperta resacosa e descobre que accidentalmente un vídeo que colgou o día anterior voltouse viral. Logo do desconcerto inicial terá que lidiar coa súa popularidade.

CAMILA NO TIENE UN PLAN (Arxentina)Ficción. Drama.Chegou o derradeiro ano de carreira e Camila decátase de que por primeira vez na súa vida non ten un plan.

AFK (Nova Zelandia)Ficción. Fantasía.As aventuras dun grupo de gamers que espertan nos corpos dos seus perso-naxes online. Terán que traballar xuntos para sobrevivir nun mundo hostil.

TUBE HEADS (Alemaña)Animación. Comedia.Unha comedia nerd protagonizada por marionetas ríndose da cultura pop, a historia e o ser humano.

YOU´RE THE NEXT (Israel)Ficción. Comedia.Cinco trintañeiras buscan o seu camiño na vida.

Page 15: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

SECCIÓN OFICIAL As

pro

xecc

ións

4 Maio

18:30_GALICIA VO

//////////////////////////////////////////////////////////

ANTOLEPSIAFicción. Comedia.Narra as vivencias de Antón, un personaxe que sofre unha estraña enfermidade mestura da narcolepsia e o somnambulismo, o que lle fai experimentar cada día unha nova, tola e emocionante aventura.

GALICIA CRIMEFicción. Comedia.Os policías de Carballork Dowson e Pillei terán que resolver os crimes máis tolos mentres se enfrontan aos seus propios problemas persoais.

AS AVENTURAS DE PO Animación. Educativo. Po, a mascota do Programa Apego, acciona cos seus tentáculos unha pequena pantalla na que as nenas e os nenos nos mostran como facer algo: cociñar ga-lletas de nata, atar os cordóns, aprender os nomes das partes do corpo, etc.

DALLE JAS Ficción. Comedia. Cinco descoñecidos que comparten coche nunha viaxe a Madrid vense perse-guidos por un grupo de matóns convertíndose en fuxitivos.

TEÑO UNHA HORTA EN SAN SADURNIÑODocumental. Comedia.Iniciativa que nace coa intención de difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres maiores en relación cos traballos no campo.

Page 16: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

SECCIÓN OFICIAL As

pro

xecc

ións

5 Maio

16:00_NACIONAL 1

//////////////////////////////////////////////////////////

EL SHOW DE TERESA CUESTAFicción. Comedia.Teresa Cuesta é a raíña dos personaxes.

CANIVILLEFicción. Comedia.As aventuras e desventuras dunha pandilla de canis (tamén chamados kinkis ou pokeros).

CARLINOS, LA WEB SERIEFicción. Comedia.Nun mundo post-apocalíptico tres cans deberán atopar o xeito de sobrevivir.

CÓMO DEJAR LOS PORROSDocumental. Comedia.Catro porreros cansos da súa rutina deciden pasar seis semanas sen fumar, por-que leron na internet, que iso é o que tarda o corpo en eliminar calquera rastro de cannabis. Conseguirano?

JUDGE DREDGEAnimación. Acción. A serie presenta unha visión alternativa baseada nas orixes do archi inimigo de Judge Dredd´s.

BETO Ficción. Comedia. Sen traballo nin parella a vida social de Beto é limitada. Malvive rodeado de des-orde e coa axuda dos seus pais para chegar a fin de mes.

Page 17: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

SECCIÓN OFICIAL As

pro

xecc

ións

5 Maio

17:30_ INTERNACIONAL 2

//////////////////////////////////////////////////////////

AMY STREET (Nova Zelandia)Documental.Nun mundo no que os auto-chamados ‘Life Stylers’ son algunhas veces etique-tados pola súa minusvalía, Amy Street fíxase na persoa e non na etiqueta.

SI ME VOLVIERA A ENAMORAR (Arxentina)Ficción. Comedia.Céntrase no entrañable vencello de amizade de tres adultos de arredor de co-renta e cinco anos: Guillermo, Gustavo e Mimí.

5baksi.net (Ucraína)Ficción. Drama. Que posibilidade ten un neno rico e fachendoso e o seu amigo, un neno de mamá, de acadar o éxito nun mundo hostil coma o de hoxe en día? A resposta é unha empresa start up chamada 5baksiv.net.

DANG IT TO HECK! (Australia)Animación. Comedia. Son historias animadas que combinan o humor e a malandanza.

DYSCOCALIPSE (Alemaña)Ficción. Sci-fi. Vas espertar con Zecke, un rapaz tatexo no baño dun club alemán en metade dunha mala resaca.

PSICÓTICAS INSEGURAS (Chile) Ficción. Comedia. Un ano despois de rematar a universidade, Pamela e Javiera dánse conta de que non fixeron nada coas súas vidas, excepto tecer unha manta e plantar rúcula

Page 18: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

SECCIÓN OFICIAL As

pro

xecc

ións

6 Maio

16:00_ INTERNACIONAL 3

//////////////////////////////////////////////////////////

BEHIND THE BLINDS (USA)Ficción. Comedia. Dous gángsters do leste de Europa deciden producir unha película independen-te para branquear diñeiro. Como carecen de experiencia, contratan a un elenco de actores egoístas e un equipo técnico de segunda.

WAITING ON SOUND (Australia)Ficción. Comedia. Se algunha vez traballaches nun set de rodaxe, saberás que se pode converter nunha especie de circo e se algunha vez traballaches de pertiguista sabes que tes que tentar facer o teu traballo mentres o circo se desenvolve arredor de ti.

DEPTO (Arxentina)Ficción. Comedia. Ramón é un traballador mediocre cun salario aínda máis mediocre, ao que se lle ven abaixo a vida cando lle aumentan o alugueiro.

CONVOS WITH MY 2 YEARS OLD (Canadá)Ficción. Comedia. Conversacións coa miña filla de seis anos, re-interpretadas polo director e outro home adulto.

THE DUMP (Canadá)Ficción. Comedia. Unha mestura de South Park e Barrio Sésamo protagonizada por unhas absurdas marionetas que viven nos sumidoiros.

PSICOSOMÁTICA (Arxentina)Ficción. Drama-fantasía.Maia experimenta a peor crise da súa carreira cando ten que facer a tese final. Torpe, introvertida e apoucada… o que non pode dicir, sae ao exterior dun xeito estraño e fantástico.

Page 19: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

SECCIÓN OFICIAL As

pro

xecc

ións

6 Maio

17:30_ NACIONAL 2

//////////////////////////////////////////////////////////

A TODO RIESGOFicción. Comedia. Pedro Germán e Max sempre soñaron con ser inspectores de homicidios pero o máis semellante que conseguiron é un traballo como peritos de seguros.

LARA LOVEFicción. Comedia. Lara, unha rapaza nova desesperada por atopar o amor, decide documentar a súa búsqueda.

EL PARTIDO 2Ficción. Comedia. O polémico Fernando Serrano é sorprendido nun escándalo de corrupción e a cúpula do seu partido mándao a unha pequena aldea de montaña xunto co seu asesor Domingo.

PESAME STREETAnimación. Comedia. Que nos dirían os animais se puidesen falar? De seguro que nada bo…

BRIGET JON DE TRIANAFicción. Comedia. Briget Jon segue intentando atopar a felicidade e o amor nunha sociedade na que non acaba de encaixar.

TE QUIERO, YO TAMPOCODocumental. Comedia. O director do reality e a súa parella Fran teñen catro meses para decidir que facer coa súa vida de parella… e para coñecer todo tipo de rapaces gais dentro e fóra dos estereotipos.

Page 20: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

SECCIÓN OFICIAL

O xurado

Isa CalderónGuionista, xornalista, leva anos colaborando con diferentes medios como Vogue, El Español ou Tentaciones e facendo críticas de cine en La Script, da Cadena SER. Aí empezou a facer as súas “reviews fuertecitas”, que logo pasaron a formato audiovisual da man de Atresmedia, e que se fixeron populares en Youtube por como es-pelexa películas desde unha óptica feminista e humorística.

Rubén OntiverosPioneiro das webseries en España, é o creador de “Qué vida más triste”, a primeira serie pensada para internet que triunfou en-tre 2006 e 2009, para despois pasar a LaSexta. Ten unha longa traxectoria como guionista, en programas de TV como “Vaya se-manita” (ETB), “Made in China” (TVE) ou “La noche de José Mota” e tamén en formatos de ficción online, publicidade viral e branded content. Na actualizade traballa para os programas “Vergüenza ajena” (MTV) ou “Homo Zapping” (NEOX), a serie “La Pelu” (TVE) e desenvolvendo contidos na produtora El Terrat.

Giselle LlanioDirectora e realizadora. Participa na realización de series como “Mareas Vivas” ou “Nada es para siempre”. Dirixiu programas de televisión como “Supermartes”, series como “Libro de Familia” e miniseries como “Dalia, a modista” pola que estivo nomeada á me-llor dirección na derradeira edición dos premios Mestre Mateo. Na actualidade dirixe a serie “Pazo de Familia”, que xa vai pola sexta tempada.

Javi CaminoFundador de Magnetova, unha das produtoras de videoclips máis prolíficas de Galicia. Director de series de TV como “Casa Ma-nola”, curtametraxes como “Lvoluten Osken”e “A consulta do dr. Natalio”… e o filme de serie Z “Maldito Bastardo”. Na actualidade atópase enfrascado na dirección da súa primeira longametraxe documental: “Nación de muchachos”. Fanático do cine serie B e da cultura pop. Colabora de xeito habitual escribindo en medios dixitais como Tentaciones, Vice ou Notodo.

Javier TrigalesGuionista e xestor cultural. Traballou durante varios anos en programas punteiros de TV coma “El Intermedio” e “Sé lo que hicisteis”. Na actualidade desenvolve o labor de programador e comisario de actividades audiovisuais para museos e festivais. Así mesmo, exerce a crítica cinematográfica para numerosos medios e publicou unha decena de libros colectivos. Tamén é autor do guión de longametraxe “Viejos”, gañador do premio ó mellor proxecto internacional no Festival de Sitges 2016.

Page 21: Festival - Carballo Interplay · A vila Quen veña ao Carballo Interplay non só poderá gozar dun dos festivais de contidos dixitais máis divertidos e completos de España, senón

Contacto de prensa

Sonia Díaz | 679965692 [email protected]/carballointerplaytwitter.com/InterplayFest www.carballointerplay.com