4
AMENCER INFORMA: Sabías que… ... Os rapaces e rapazas, mozos e mozas que participan nos grupos de Buxaina, Andaina, ADS e grupos xuvenís de Catecumenado en AMENCER, teñen unha xuntanza anual con xente moza da súa idade e que tamén participa neses mesmos grupos en centros xuvenís da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia? ... As xuntanzas son rotatorias e cada ano celébranse nunha cidade distinta onde hai grupo: Vigo, Cambados, Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense? ... Que sempre coinciden en sábado? ... Que a dos grupos xuvenís de Catecumenado é nunha fin de semana antes da festa de Don Bosco (31 de xaneiro)? ... Que a de Buxaina e Andaina sempre é preto do día da árbore, o 21 de marzo? ... Que a de ADS é o sábado máis próximo á festa de Santo Domingo Savio, o 6 de maio? EDUCANDO XUNTOS Na nosa páxina web (www.amencer.org) hai colgado un poema de Mario Benedetti. Coidamos que non ten desperdicio. É breve e clariño. Válenos a todos os educadores, familias e animadores de tempo libre, para que a fin deste curso non poida con nós e non nos rindamos. E ademais, como estamos en clave de Pascua, coa esperanza de vencer as mortes que nos rodean, vénnos moi ben. COLABORACIÓN FAMILIAR Seguimos indicando en cada Folla Trisquel unha acción concreta para estar máis implicados como familia en Amencer. Nesta ocasión lembramos o que vos propuxemos o curso pasado por estas datas: Participar na área económica de Amencer conseguindo empresas e comercios que patrocinen o Campamento Urbano deste verán 2010. É ben doado. Se nós mesmos somos donos ou traballamos nunha empresa ou comercio, podemos propoñer o patrocinio do C.U., que consiste en colaborar economicamente con diñeiro ou con produtos da empresa a cambio de publicidade. Admítese calquera cantidade. Nos cursos pasados tivemos desde 30 ata 1.000 €. En materiais, recibimos achegas de todo tipo: Material de papelaría, xogos, pasteis, libros, pinturas, impresións... Entre todas e todos conseguiremos un C.U. de calidade, que como ben sabedes, é a oferta gratuíta que se lles ofrece a rapazas e rapaces desde 9 ata 15 anos na primeira quincena de agosto na nosa cidade. Amigas e amigos: Desde Amencer preparamos para vós a nosa tradicional publicación trimestral, coa que vos levamos á casa toda a información relacionada coas nosas actividades. Parece que aínda foi onte cando comezamos esta nova viaxe do 2010, pero o certo é que unindo os nosos camiños, xa chegamos á desexada primavera e tras dela chegarán tamén as vacacións de verán. Nas páxinas seguintes poderedes atopar os xogos, obradoiros, xincanas…, que imos realizar no 3º trimestre, pero sobre todo, aquelas actividades conxuntas nas que os grupos do Itinerario imos participar (Buxaina, Andaina e ADS nas actividades infantís e Catecumenado nas xuvenís): a Festa do pano, as festas de Mª Auxiliadora, a actividade final como peche do curso… Tamén vos presentamos uns breves sobre o que aconteceu no trimestre pasado, así como os campamentos do verán nos que poderán participar todas as nenas e nenos, mozas e mozos que participan durante todo o ano nas actividades e grupos de Amencer. Sen máis, despídome de vós esperando que gocedes de todo o que podedes ver nesta Folla Trisquel. Moitas grazas pola confianza que depositades en nós e un saúdo a todas e todos. Folla Voante Trisquel folla voante Saúdo Recuncho das familias abril/xuño 2010 2ª tempada/ nº6

Folla voante Trisquel de abril 2010

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Folla voante "Triquel" de abril de 2010. Publicación para as familias dos participantes nos grupos das fins de semana da Asociación Xuvenil Amencer. Nel recóllese unha escolma de fotos das actividades do trimestre pasado e anúncianse as vindeiras actividades.

Citation preview

Page 1: Folla voante Trisquel de abril 2010

AMENCER INFORMA: Sabías que…

... Os rapaces e rapazas, mozos e mozas que participan nos grupos de Buxaina, Andaina, ADS e grupos xuvenís de Catecumenado en AMENCER, teñen unha xuntanza anual con xente moza da súa idade e que tamén participa neses mesmos grupos en centros xuvenís da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia?

... As xuntanzas son rotatorias e cada ano celébranse nunha cidade distinta onde hai grupo: Vigo, Cambados, Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense?

... Que sempre coinciden en sábado?

... Que a dos grupos xuvenís de Catecumenado é nunha fin de semana antes da festa de Don Bosco (31 de xaneiro)?

... Que a de Buxaina e Andaina sempre é preto do día da árbore, o 21 de marzo?

... Que a de ADS é o sábado máis próximo á festa de Santo Domingo Savio, o 6 de maio?

EDUCANDO XUNTOS Na nosa páxina web (www.amencer.org) hai colgado

un poema de Mario Benedetti. Coidamos que non ten desperdicio. É breve e clariño. Válenos a todos os educadores, familias e animadores de tempo libre, para que a fin deste curso non poida con nós e non nos rindamos. E ademais, como estamos en clave de Pascua, coa esperanza de vencer as mortes que nos rodean, vénnos moi ben.

COLABORACIÓN FAMILIAR Seguimos indicando en cada Folla Trisquel unha acción concreta para estar máis implicados como familia en Amencer. Nesta ocasión lembramos o que vos propuxemos o curso pasado por estas datas: Participar na área económica de Amencer conseguindo empresas e comercios que patrocinen o Campamento Urbano deste verán 2010. É ben doado. Se nós mesmos somos donos ou traballamos nunha empresa ou comercio, podemos propoñer o patrocinio do C.U., que consiste en colaborar economicamente con diñeiro ou con produtos da empresa a cambio de publicidade. Admítese calquera cantidade. Nos cursos pasados tivemos desde 30 ata 1.000 €. En materiais, recibimos achegas de todo tipo: Material de papelaría, xogos, pasteis, libros, pinturas, impresións... Entre todas e todos conseguiremos un C.U. de calidade, que como ben sabedes, é a oferta gratuíta que se lles ofrece a rapazas e rapaces desde 9 ata 15 anos na primeira quincena de agosto na nosa cidade.

Amigas e amigos:

Desde Amencer preparamos para vós a nosa tradicional publicación trimestral, coa que vos levamos á casa toda a información relacionada coas nosas actividades. Parece que aínda foi onte cando comezamos esta nova viaxe do 2010, pero o certo é que unindo os nosos camiños, xa chegamos á desexada primavera e tras dela chegarán tamén as vacacións de verán.

Nas páxinas seguintes poderedes atopar os xogos, obradoiros, xincanas…, que imos realizar no 3º trimestre, pero sobre todo, aquelas actividades conxuntas nas que os grupos do Itinerario imos participar (Buxaina, Andaina e ADS nas actividades infantís e Catecumenado nas xuvenís): a Festa do pano, as festas de Mª Auxiliadora, a actividade final como peche do curso…

Tamén vos presentamos uns breves sobre o que aconteceu no trimestre pasado, así como os campamentos do verán nos que poderán participar todas as nenas e nenos, mozas e mozos que participan durante todo o ano nas actividades e grupos de Amencer.

Sen máis, despídome de vós esperando que gocedes de todo o que podedes ver nesta Folla Trisquel.

Moitas grazas pola confianza que depositades en nós e un saúdo a todas e todos.

Folla Voante Trisquel

folla voante

Saúdo

Recuncho das familias

abril/xuño 2010 2ª tempada/ nº6

Page 2: Folla voante Trisquel de abril 2010

Os teus fillos e fillas, os protagonistas

folla voante

A primeira noite fóra da casa para os Buxaina.

Buxaina festexando Pombas solidarias

Coreografía preparada en Andaina para celebrar a Festa de Don Bosco

Realizando un gran xogo na aventura esquimal de Andaina

Aprendendo a deixar siluetas no chan na Xuntanza Andaina

Xogando ao bingo en ADS

O espectacular número dos lanzadores de coitelos no Circo ADS

Rapaces bailando no “furor” ADS

Mozos de catecumenado participando nunha ponencia

Os de Catecumenado na noite de “Xoa Bosco en Amencer”

Page 3: Folla voante Trisquel de abril 2010

Datas dos campamentos e cursiños de verán 2010

Neste trimestre e verán será...

...a acampada Buxaina,...

...o campamento ADS,...

...a Festa do Pano,...

...a saída á praia,...

...e moito máis!!

Arredor do Día mundial sen tabaco, 31 de maio, AMENCER organiza unha actividade lúdica que pretende educar e previr no tabaquismo aos rapaces e rapazas menores de 14 anos.

Cun enfoque totalmente lúdico, unha xincana de

probas, os participantes descubrimos que paga a pena unha vida sen malos fumes. Rematase cunha queima simbólica dun cigarillo xigante e coreando eslogans en prol dunha vida sen tabaco. Todos levamos unha lembranza que nos lembra este compromiso.

Feira sen fume

...o campamento Andaina,...

A primeira noite fóra da casa para os Buxaina.

Rapaces bailando no “furor” ADS

Page 4: Folla voante Trisquel de abril 2010

Última hora! Reunión coas familias O martes 25 de maio ás 20.00h. na Aula Magna do Colexio Salesiano, Amencer convoca unha reunión para nais/pais dos rapaces e rapazas do grupo do itinerario para dar algunhas informacións sobre os campamentos de verán.

Será unha reunión informativa, polo que podedes participar aínda que non teñades claro se vosos fillos/as van participar nos campamentos xa que é unha excusa tamén para estar en contacto directo con vós, para que poidades preguntar ou simplemente para escoitar. Vémonos! Un sáudo

Calendario do terceiro trimestre

*Os grupos de Catecumenado teñen o seu ritmo propio de reunións semanais

Folla voante abril/xuño 2010

2ª tempada/nº 6

Director: Xulio César Iglesias Mesa de Redacción: Laura Valcárcel e Xulio César Iglesias Deseño e Maquetación: Adrián R. Cruz Impresión: Gráficas Olympia

Asociación Xuvenil Amencer Praza D. Bosco, 1 - baixo 32003 - Ourense Tfno. e fax: 988 218 123 Correo-e: [email protected] Web: www.amencer.org

Edita:

Colabora:

Publicidade

abril’10

Día Grupo(s) Actividade Horario

9 BUXAINA ”O baile da primavera” 17:45 a 19:15

10 ANDAINA “Descubrindo illa Tartaruga”

11:00 a 12:45

ADS “Aventura DS 1”

16 BUXAINA ”Navegando entre culturas”

17:45 a 19:15

Reunión de Pais/nais 19:15 a 20:00

17 ANDAINA ”As reliquias perdidas” 11:00 a 12:45

ADS ”Aventura DS 2”

24-25

BUXAINA ANDAINA ADS FAMILIAS

“Festa do Pano” Saída: sábado 11:00 Regreso: domingo 16:30

maio’10

30-2

TODOS A Tope na Ponte: Día do Traballo

(consultar en Amencer)

1 BUXAINA ANDAINA ADS

”Pixamada” 11:00 a 12:45

8 BUXAINA “Descubrindo Ourense” 11:00 a 19:00

ANDAINA ”Un regreso esperado” 11:00 a 12:45

ADS ”Xuntanza ADS en Compostela”

(consultar)

22 BUXAINA ANDAINA ADS CATECUMENADO

”Festas María Auxiliadora” 16:30 a 18:30

25 BUXAINA ANDAINA ADS FAMILIAS

Reunión de Familias: Presentación Campamentos de Verán

20:00

29 ANDAINA ADS

“ Feira Sen Fume” 11:00 a 12:45

xuño’10

5 BUXAINA ANDAINA ADS

”Xincana de Auga” 11:00 a 12:45

12 BUXAINA ANDAINA ADS CATECUMENADO FAMILIAS

“Saída á praia” 11:00 a 19:30

Colabora

Orbán Sousa Avogados