28
Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo) Anxo González Guerra 1 I.E.S. Sánchez Cantón. Pontevedra Recadádiva fraseolóxica e paremiolóxica realizada espontaneamente na primeira década do século XXI por unha muller rural de 75 anos de Carballedo (Lugo). Resulta unha radiografía tanto do efecto actual do contacto de linguas (galego-castelán) coma do volume e calidade da súa memoria activa fraseolóxica e paremiolóxica. Aínda que os datos resultantes son dunha persoa concreta, probablemente son representativos do que podería facer hoxe calquera outra persoa de idade e entorno semellante ao dela. Palabras clave: fraseoloxía, fraseoloxía galega, paremioloxía galega. Phraseological and paroemiological compilation spontaneously created in the first decade of the 21st century by a 75-year-old rural woman from Carballedo, Lugo, Spain. It is like a radiography of the present effect of the contact between languages (Galician-Spanish) and also of the volume and quality of her phraseological and paroemiological active memory. Although this information is the result of a particular person, it is probably representative of what anybody else of the same age and environment could do nowadays. Key words: phraseology, Galician phraseology, Galician paroemiology. 1. A informante: caracterización lingüística e interese fraseolóxico Pilar Guerra Otero naceu no Barrio de Puga (Carballedo, Lugo) o 2.5.1935. En 1952 casou e pasou a residir ata hoxe (2010) en Trasar de Carballo, no mesmo concello, a menos dunha hora de camiño a pé. A riqueza fraseolóxica da súa fala e a súa natural curiosidade levárona a reparar con intensidade nos primores fraseolóxicos da súa lingua galega. Animada por algunhas Data de recepción 01/03/2010 Data de aceptación 03/11/2010 1 O autor agradece ós correctores anónimos e a Xesús Ferro Ruibal numerosas observacións que lle permitiron mellorar este traballo.

Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

  • Upload
    others

  • View
    6

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289

Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Anxo González Guerra1

I.E.S. Sánchez Cantón. Pontevedra

Recadádiva fraseolóxica e paremiolóxica realizada espontaneamente na primeira década do século XXI por unha muller rural de 75 anos de Carballedo (Lugo). Resulta unha radiografía tanto do efecto actual do contacto de linguas (galego-castelán) coma do volume e calidade da súa memoria activa fraseolóxica e paremiolóxica. Aínda que os datos resultantes son dunha persoa concreta, probablemente son representativos do que podería facer hoxe calquera outra persoa de idade e entorno semellante ao dela.

Palabras clave: fraseoloxía, fraseoloxía galega, paremioloxía galega.

Phraseological and paroemiological compilation spontaneously created in the first decade of the 21st century by a 75-year-old rural woman from Carballedo, Lugo, Spain. It is like a radiography of the present effect of the contact between languages (Galician-Spanish) and also of the volume and quality of her phraseological and paroemiological active memory. Although this information is the result of a particular person, it is probably representative of what anybody else of the same age and environment could do nowadays.

Key words: phraseology, Galician phraseology, Galician paroemiology.

1. A informante: caracterización lingüística e interese fraseolóxico

Pilar Guerra Otero naceu no Barrio de Puga (Carballedo, Lugo) o 2.5.1935. En 1952 casou e pasou a residir ata hoxe (2010) en Trasar de Carballo, no mesmo concello, a menos dunha hora de camiño a pé.

A riqueza fraseolóxica da súa fala e a súa natural curiosidade levárona a reparar con intensidade nos primores fraseolóxicos da súa lingua galega. Animada por algunhas Data de recepción 01/03/2010 Data de aceptación 03/11/2010

1 O autor agradece ós correctores anónimos e a Xesús Ferro Ruibal numerosas observacións que lle permitiron mellorar este traballo.

Page 2: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861290

persoas próximas empezou a anotar os ditos (locucións, fórmulas e refráns) que lle ían vindo á boca segundo as máis diversas situacións e, sobre todo, nas horas mortas de alindar o gando. E así nos primeiros anos do século XXI traía canda ela sempre un caderniño e un bolígrafo e, cando tiña vagar, gardando as vacas ou facendo outros labores do campo, anotaba as frases para non esquecelas.

Con aquelas folliñas de letra picuda fun eu facendo a mediados desta década un listado para logo consultar con ela un a un o significado de cada entrada e así mellorar a fraseoloxía. O resultado está publicado na rede (www.ogalego.eu). No outono de 2010, convidado a participar en Cadernos de Fraseoloxía Galega, deille a aquela recadádiva unha estrutura algo máis lexicográfica e volvínlle consultar a pronuncia e o significado. Houbo pequenos cambios e algunhas entradas novas.

Permítaseme chamar a atención sobre a riqueza léxica de Pilar Guerra que é consciente de utiliza palabras pouco frecuentes e -engado eu- que nalgúns casos nin aparecen nos dicionarios. Ela anotounas porque as consideraba fraseolóxicas pero elimínoas desta recadádiva por seren simple léxico: acongrear [a alguén] (facer algo para que [alguén] non poida vender legalmente o seu); allanarse (chegar [dúas persoas] a un acordo [nun preito]: non se allanan); augallar (gustarlle [a alguén] botarlle auga leite, ao viño, ao caldo); bailanacriba (persoa informal, inconstante: é un bailanacriba); cágado (larva dos anfibios da orde dos anuros); ceba (porcos de cría); chapón (persoa que está coa boca aberta escoitando o que se di); cinestro (teima [por algo], cisma: ten cinestro); delamber (395) (lamber); enxamear (dar moitas voltas, non parar); falsario (persoa na que un non pode fiar); fato (pequeno de estatura ou curto de entendemento); garampallos (restos de leña sen moito valor: coller garampallos é coller trapalladas); guicho (persoa moi fina, moi aguda e lista: é moi guicho); gulumión (persoa que non saber conterse na comida, que come demasiado do que gusta); larafuzas (1. persoa moi porca; 2. home moi amigo de andar con mulleres); nobeleiro (mentireiro, xurdir cousas 2); taludo (maniático e de ideas fixas: é moi taludo; é malo de entrar); sularmeira (que ten moito conto, labieira); tarougos (anacos moi gordos de pan que se botan ao leite, caldo, etc: cortar o pan en tarougos); tenente (xordo: está un pouco *teniente: “está un pouco xordo”).

No mapa dialectal de Galicia, o galego de Pilar Guerra está claramente dentro do bloque central, como indica o sufixo –ao /-au: temperao (448), grao (448,449) pero tamén chau (376); maus (189), maus (33, 143, 152, 238, 363), marrau (15); plural en –ós /-ás / -és: capós (515), aguillós (387); pas (192), cas (25, 457, 482) e campás (520), mañás (474); bés (385) por bens); a forma bon / boa do adxectivo (bon pagador, bon bico (74, 146, 394)). É tamén característica a palabra mai (13, 99, 133). E tamén ten trazas da área Lucu-Auriense: il (134,171), iles (51,243); iste (216), niste (491); e eiquí (197); pero con esa curiosidade de fronteira dialectal de dicir alí (400), eso (205), esto(206) e non iso, isto.

2 Nobeleiro de nobelo “bolo de fío de la”. Nótese tamén que para Pilar Guerra o verbo xurdir é transitivo co significado de “inventar”; probable variante local de urdir.

Page 3: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 291

Unha recadádiva non é un dicionario normativo, senón un tesouro previo e independente; por esa razón procuro non esvaer nin falsear a color local que aflora nos fraseoloxismos e paremias de Pilar Guerra. Ademais hai casos nos que as variantes dialectais son importantes: no refrán Na casa do carpinteiro, sentarse no chau; e na do ferreiro, *cuchilo de pau (376) a variante dialectal consegue rima consonante (chau ~ pau), mentres que a forma normativa só a conseguiría asonante (chan ~ pau); e isto podería indicar que esta é a zona orixinal do refrán.

Vexamos, logo, algunhas peculiaridades fonéticas do vocalismo: custureira porcostureira (157,318); trasfugueiro (44) por trasfogueiro; fuciños (327) por fociños;Useira (490) por Oseira; zarralleiro (245) por cerralleiro; ceu (313) por ceo; boutizaron (234) por bautizaron e fruto (402) por froito. Tamén as hai no consonantismo onde fai metáteses como frebeiriña (485) por febreiriña aínda que despois di sempre febreiro; e mantén defeuto (198), forma moi común antes que hoxe non é normativa. Das variantes que a norma admite usa verlo (147) (var. de vélaro) e faltriqueira (112) (var. de faldriqueira).

Nas peculiaridades morfolóxicas, ademais das xa vistas, destaco, nos pronomes, unhos(457) fronte ao normativo uns. Na morfoloxía verbal tran (498) por traen; día e dían(199, 200, 201, 306, 311) por dea e dean; sirve (292) por serve; usma (453) por osma; *sepan (390) por saiban; *anduvo (178) por andou; tuvera por tivera (403). Nas preposicións predomina a forma sin (318, 370, 385, 428, 464, 481, 486, 504) por sen; con que contrae en cas (253) pero coas (34, 117); e pra coas súas contraccións pró (302, 308, 471, 508), prós (146,474), prá (319) e prás (80, 355) (Prós curas e prós cas nunca faltan boas mañás), aínda que algunha vez usa pa (120, 166, 208, 470). Nos adverbios eiquí (197) pero alí (400); dispois (484), non despois; mentras (245, 271, 346, 368-9) e non mentres.

Peculiaridades do xénero son o calor (128) por a calor. Hai un caso (377) no que a rima forza o xénero feminino nunha palabra que adoita ser masculina (nacho > nacha (377): en Nariz *nacha, boa rapaza). Curiosa é a variante sufixal cheirumio (275) que é menos usual ca cheirume.

En canto ao léxico, mantén aparentemente diferenzas entre taza (289) e cunca (54), bico (74) e pico (85, 265, 295). Curiosa é a variante popular da estricnina (esternina) (23).

Nalgunhas unidades aparecen castelanismos que non sempre deberían indicar que é importado o fraseoloxismo enteiro senón só unha palabra: así cando aparece *Dios porDeus, *adiós por adeus (179), *gobierno (92) por goberno; *gallego por galego (403); *escribano (235) por escribán; *maestra (4) por mestra; *libreta por caderno (213); *viuda por viúva (273); *alparagata (164); *deuda (197) por débeda; *palacio (447)

Page 4: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861292

por pazo ou pacio 3; *güesped (495) por hóspede; *abuelo (309) por avó; *niebla pornéboa (308); *nublado por nubrado (283); *sopla por sopra (432); doblados por dobrados (343); *hermosura por fermosura (317); *arregleime (345) por arranxeime; *largo (244) por longo. A reintegración da lingua galega á vida pública e formal nos últimos trinta anos fai que eses usos empecen a ser hoxe estridentes. Caso semellante é o de Pra o pan engraiar, ten que o cabalo *temblar (472), onde non é posible restituír tremer por temblar pero ese engraiar non é imaxinable no castelán falado en Galicia. Noutros casos o ritmo esixe algunhas formas que hoxe non son normativas en galego (testigo por testemuña) (450) pero o propio ritmo esixe a palabra galega demo e exclúe a castelá demonio (Os rapaces son fillos de *Dios e *testigos do demo) (459) co que o refrán sería orixinariamente galego. Nalgún outro caso debe de ser realización ocasional como cando di *corcho (212), para referirse ao tapón con que se cerra o barril cun anaco de cortiza envolto nun pano, sendo que ela rexistra face-las rollas (72).

Pero as interferencias léxicas poderían indicar importación e posterior aclimatación lingüística do fraseoloxismo ou da paremia enteira, maiormente cando a rima impide normalizar o xénero (nacha > nacho: en Nariz *nacha, boa rapaza) (377) ou depurar o léxico e, por iso non cambio mercader por mercador (no refrán A pataca e a muller, ao primeiro mercader) (274); non cambio olvidar por esquecer (A raíz do toxo verde é moi mala de arrincar e os amores primeiros son malos de olvidar (279); nin cambio mortaxa por mortalla (en Casamento e mortaxa, do ceu baixa) (313); nin cambio peñapor pena (en A sombra, a da *peña; i-o abrigo, o da leña) (281); nin cambio testigopor testemuña (en ... o amigo é mañá *testigo (450); nin cambio Dios en Deus na rima Dios con dous (463). Á mesma conclusión poden levar outras formas coma o verbo casarse (pronominal) fronte ao normativo casar: Non te cases por facenda que son bes sen fortuna, cásate con boa xente: a mala sempre dura. Non te cases cun *viúdo por moitos cartos que teña, porque sempre che dirá ‘Mullerciña, a primeira’ (384,385).

Poucos casos coma a cárcel (375), herencia (375), bofetada (514), donde (58), cuchilo (376) ou güesped (495) (Na cárcel e na sepultura todos temos unha *herencia. Na casa do carpinteiro sentarse no chau e na do ferreiro *cuchilo de pau. Vale máis unha *bofetada a tempo ca un anaco de pan). As poucas diverxencias coa norma corresponden case sempre a formas que a norma galega revisou aínda en tempos máis ou menos recentes: mentras (245, 271, 346, 368-9), sin (318, 370, 385, 428, 464, 481, 486, 504), según (329), santidá (331), mitá (331), Dios (199, 200, 201, 209, 252, 329, 459, 463) adiós. É sorprendente constatar que en tempos recentes o uso fixo entrar todas estas interferencias nun proceso social de depuración.

Diferente é o caso de palabras que o uso e a norma actual prefiren (chanzo ou banzo a escalón (324); e veleno a veneno (351)), pero que teñen unha boa base etimolóxica que non lles tira galeguidade. Só nun caso a forma dialectal impide a rima: O que queira do

3 A castelanización dalgún elemento léxico é máis frecuente, como se ve, en palabras do mundo político (*gallego) e do mundo relixioso (*Dios, san *Juan) e explicables porque dende os inicios do século XVI ata o último terzo do século XX o galego non tivo acceso nin á actividade oficial (política, notarial, xudicial) nin á litúrxica.

Page 5: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 293

porco o entrecostre que o faga no mes de agosto. Neste caso viría mellor a forma normativa entrecosto.

En calquera caso, aquí e alí aparecen variantes importantes como verlo, metátese do normativo vélaro (do latín vellus, velleris); ou cerno (69) fronte ó maioritario cerna; ou ventaxe, que xa se documenta no XVII (O que vai adiante sempre leva ventaxe) (442). E tamén variantes sintácticas como esta completiva de infinitivo introducida por preposición pra: De caste lle vén ao can pra non ser coelleiro (196). Ou o réxime tradicional galego do verbo fiar que esixe preposición en: Fíate en *Dios e non corras.

Pero todas estas minucias de carácter filolóxico, necesarias nunha edición, non xustificarían o interese fraseolóxico. O que o xustifica, porque chama a atención, é a riqueza metafórica ou imáxica da expresión dunha única muller (Pilar Guerra), porque é un índice do que sería o corpus total dunha lingua se se fixese unha experiencia semellante con tódolos falantes. Xa de entrada sorprende que ela mesma dea colocacións diferentes no lema (a tradicional) e na definición (a moderna): traer o pelo á gremensa (Levar o pelo rizado) (168). Sorprende, ademais, que algunhas das unidades fraseolóxicas e paremiolóxicas desta recadádiva, que un falante común recoñece como galegas na estrutura, no estilo e no uso (ou, polo menos, como verosímiles no uso), ou non están entre as que se levan citado ata o momento como de máis alto índice de frecuencia na paremioloxía galega 4, ou son variantes ata agora non rexistradas e que, por parte, conteñen un elemento cultural exclusivo deste pobo galego, como é o que di O que non ten cruz ten cruceiro (430) [(Todos temos moitos traballos na vida e o que non os ten pequenos tenos grandes, porque é máis grande o cruceiro cá cruz)] e que fai referencia a un elemento moi caracterizador da paisaxe galega. Hai tamén numerosas fórmulas que aínda non se rexistraran, coma esta tan simple: O que teña apuro, que vaia andando! (230) ou a vella fórmula de saúdo en Trasar: Veña con *Dios! -Que quedemos co mesmo santo! (252) e que ofrece, na resposta do interlocutor, un leve matiz de humor porque Deus é máis ca un santo calquera. Ofrece ademais Pilar Guerra variantes amplificadas, nunca antes rexistradas, que lle dan unha semántica nova a un fraseoloxismo ben coñecido: comer coma un cura é ben coñecido co significado de “comer moito”, valor que nos fala de abundancia; pero Pilar Guerra di comer calado coma os curas (52) e iso non exclúe a abundancia pero pon o acento no silencio e remite ás comidas monásticas escoitando unha lectura que dura toda a refección ou ao silencio forzoso de quen ten a boca ocupada coa comida. É ben coñecida a locución comungar con rodas de muíño (“crer como verdades grandísimas mentiras”) pero Pilar Guerra anota contalas tan grandes coma rodas de muíños, en plural, (“contar mentiras enormes”), que non estaba antes

4 Das primeiras 19 do índice de frecuencia publicado por Ferro Ruibal (FERRO 2002:9) non figuran aquí

estas 14: Xente nova e leña verde toda é fume. En maio aínda a vella queima o tallo. En abril, augas mil. Ano de ameixas, ano de queixas. Morra Marta, morra farta. Canta máis présa máis vagar. Na terra dos lobos hai que auvear coma todos. Onde hai patrón non manda mariñeiro. O que non chora non mama. Polo pan baila o can. Non hai atallo sen traballo. Nunca chova como trona. A muller e a sartén na cociña están ben. Despois de san Martiño deixa a auga e bebe o viño.

Page 6: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861294

rexistrada, e que, como se ve, é complementaria porque non pon a mira no receptor senón no emisor.

Moitas outras veces o interese está na definición - nova, orixinal e máis precisa - coa que o seu innato sentido lingüístico mellora as definicións que deran anteriormente outros fraseológos ou lexicógrafos ou que lle engade por primeira vez explicacións das que antes se carecía. Estaba ben anotado Bestas en pelo hainas en Monterroso (81). Monterroso é concello lugués cunha importante feira o 1 de novembro. O ourensán Saco y Arce comentábao así en 1881 dicindo que “Alude groseramente a la facilidad de hallar mujeres sin dote” e outros din que se aplica ao mozo ou moza pobre que non achega nada ao casamento; pero ninguén anotara a motivación que ofrece Pilar Guerra: á feira de Monterroso as bestas ían sen aparello, sen nada. Estaba ben anotado o significado de ir de mirras prás encollas (“Ir indo para a vellez”) pero non a explicación de que no final da vida primeiro o corpo mirra e despois encolle.

Poderían poñerse máis exemplos; pero todo isto é o que xustifica a publicación desta recadádiva nunha revista especializada.

O que aquí se ofrece é, polo tanto, unha recadádiva de fraseoloxía viva, que ten o interese de estar localizada no espazo (Trasar, Carballedo, na provincia de Lugo) e no tempo (primeiro decenio do século XXI). Esta é, polo tanto, unha instantánea fotográfica persoal, si, pero representativa do que é o estado da lingua e da fraseoloxía dunha persoa galega rural de 75 anos en 2010, porque, aínda que os datos resultantes procedan dunha persoa concreta (Pilar Guerra), probablemente son representativos do que podería facer hoxe calquera outra persoa de idade e entorno semellante ao dela. En boa medida, a informante é a autora deste traballo.

2. Recadádiva fraseolóxica

2.1. Abreviaturas e símbolos utilizados: COL. = coloquial comp. = expresión comparativa dial.= dialoxismoEUF. = eufemismo fór.= fórmula HUM. = humorístico IRÓN. = irónico loc. adv. = locución adverbial loc. adx.= locución adxectiva loc. pron. = locución pronominal loc. subst.= locución substantiva loc. v.= locución verbal PEX.= pexorativo ref.= refrán VULG.= vulgar # forma como di a frase Pilar Guerra

Page 7: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 295

2.2. Locucións

1. cara de ferreiro loc. subst. COL. Aspecto de mal xenio, cara de enfado.# ten cara de ferreiro

2. dentes de rato loc. subst. COL. Dentes pequenos e raros.

3. entende o que di loc. subs. Persoa que non sabe do que fala.

4. *maestra de cu colorado loc. subst.COL. Mestra que fai substitucións sen ter a carreira esixida.

5. o mexarrán de Oleiros loc. subs. COL. PEX. Viño desta parroquia (Carballedo-Lugo), frouxo e con poucos graos.

6. oído de porco loc. subst. COL. Oído fino e sensible. # ten oído de porco.

7. ollos de gorrión loc. subst. COL. Ollos pequenos. # ten ollos de gorrión.

8. pel de sapo loc. subst. COL. Pel como de galiña, asarrabullada. # ten pel de sapo.

9. porca de maio loc. subst. COL. Quince días de mal tempo que adoita haber no mes de maio.

10. sabas de tomento loc. subst. Sabas de mala calidade por seren de tomento [o malo que se lle saca ao liño].

11. o de marras loc. pron. COL. Persoa ou cousa de quen falan outras dúas persoas sen nomeala. [Cando dous están falando dun asunto coñecido por eles, danlle ese nome para que un terceiro -un rapaz- non saiba de que se trata].

12. acedo coma o rabo dun can loc. adx. COL. Moi acedo. Colócase co verbo estar. [Dise dunha comida moi aceda, sobre todo do caldo de nabizas].

13. bravo coma un teixo loc. adx. COL. Moi bravo, moi forte.# É bravo coma un teixo.

14. cego como unha toupa loc. adx.COL. Con moi pouca vista ou case cego. # está cego como unha tiopa.

15. contento como marrau da capa loc. adx. COL. IRÓN. Moi descontento. Colócase co verbo ir.

16. criado coma un porco loc. adx.COL. Malcriado, como se fose un animal. Colócase co verbo ir # Ese rapaz vai criado coma un porco.

17. delgado coma unha espadela loc. adx. Moi fraco [coma a espadela do liño].

18. feo coma os meus pecados loc. adx.COL. Moi feo.

19. fino coma a la de gato loc. adx.COL. (persoa) moi aproveitada, moi fina, é dicir, pícara.

20. grande coma un día *sin pan loc. adx. Inmenso [un día sen comer faise moi longo].

21. home feito e dereito. loc. adx.Adulto, mociño que acadou suficiente madurez física e psíquica. # Xa deixou de ser rapaz, xa é un un home feito e direito.

22. máis vello [algo] ca andar a pé loc. adx. COL. Moi antigo.

23. malo coma a esternina loc. adx.COL. Moi malo. Refírese á estricnina.

24. o que di o que entende e non entende o que di loc. adx. COL. Persoa que non sabe do que fala.

25. os mismos cas, pero con distintos *collares loc. adx. Persoas de conduta moi semellante aínda que de aparencia diferente. # Son os mismos cas, pero con distintos *collares.

26. pequeno coma un cágado loc. adx.COL. Moi pequeno. O cágado é a larva dos anfibios da orde dos anuros.

27. rabo aberto / cu aberto loc. adx.COL. persoa) que non pecha as portas ao saír. # é un rabo ~ cu aberto.

28. tan contento [alguén] que non lle cabe un garavanzo no cu loc. adx.COL. HUM. moi contento.# Vai tan contento, que non lle cabe un garavanzo no cu.

Page 8: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861296

29. tanto como cabe na meniña dos ollos loc. adx. COL. Pouco. Ha de levar tanto como cabe na meniña dos ollos. Espera levar moito [na herdanza], pero pouco ha levar.

30. zorro vello loc. adx. COL. (persoa) que ten moita experiencia e non se deixar enganar. # É un zorro vello.

31. alargar os pés máis cá manta loc. v. COL. Facer máis do que logo se pode pagar.

32. andar algo trousado loc. v. COL. Estarlle empezando a aparecer unha enfermidade [a alguén], non estar moi axudado.

33. andar ás dúas maus coma a vaca do pobre loc. v. COL. [As vacas estaban acostumadas a andaren xunguidas pola dereita ou pola esquerda, as dos pobres polas dúas].

34. andar coa cabeza polo aire loc. v.Estar pensando noutra cousa. # andar ca cabeza polo aire.

35. andar coma un farrapeiro loc. v.COL. Andar mal vestido, remendado [coma os que mercaban farrapos polas portas].

36. andar con pés de chumbo loc. v. Ir moi amodo. # andar con pés de plomo.

37. andar da outra maneira [unha muller] loc. v. COL. EUF. Estar embarazada.

38. andar de arredor coma o can do señor loc. v. COL. Andar dando voltas. # andar darredor coma o can do señor.

39. andar de refaixo fór. COL. Ser aínda un meniño pequeno.

40. andar na punta do pé loc. v. COL. Ser moi presumido.

41. andar tino con tino loc. v. COL. Andar con coidadiño.

42. andar todo enlarafuzado loc. v.COL. Andar moi porco, cheo de merda.

43. aniñarse en calquera lado [unha muller] loc. v. COL. IRÓN. Ter amores con calquera home.

44. arrimarse moito ao trasfugueiro loc. v. COL. Ser persoa moi frienta, ter moito frío sempre.

45. buscarlle os pés ao gato loc. v.COL. Procurar saber algo, buscar as raíces do asunto.

46. cantar coma un carro vello loc. v. COL. Cantar moi mal.

47. cantar coma unha frauta loc. v.Cantar moi ben. # cantar coma unha flauta.

48. chamarlle as de San Quintín [a alguén] loc. v. COL. Rifar e dicirlle de todo, do peor.

49. cheirar coma un ovo podre loc. v.COL. Cheirar moi mal.

50. cheirar coma unha bubela loc. v.COL. Cheirar moi mal [porque esta ave fai o niño con merda de xente].

51. comer [alguén] as castañas, e darlles [a outros] os picos loc. v.COL. Comer [alguén] bo, deixar [para os outros] o ruín. # Ela come as castañas, a iles dálles os picos.

52. comer calado coma os curas loc. v.COL. Non falar mentres se come [os curas primeiro comían e non falaban ata estaren fartos]. É norma non falar mentres se come.

53. comer coma unha frieira loc. v.COL. Comer moito e ben. # comer coma un sabañón.

54. comer en cunca de la coma o gato loc. v. COL. Pasar fame por ser moi nugallán. # Se non lle fora ela (a muller), había de comer en cunca de la coma o gato.

55. contalas tan grandes coma rodas de muíños [mentiras] loc.v. COL. Contar unhas mentiras moi exaxeradas.

56. coser algo pra fóra [unha muller] loc. v. COL. IRÓN. Ter amores con varios homes.

57. dar o punto [o mestre ou mestra] [aos alumnos] loc. v. Darlles vacacións aos alumnos. # A mestra deulles o punto aos rapaces.

Page 9: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 297

58. darlle [a un home] por *donde lle doe loc. v. COL. HUM. Acertarlle ben [golpealo nos testículos].

59. darlle [a alguén] unhas fregas a repelo loc. v. 1. Aplicar a un doente o remedio dunha masaxe intensa para melloralo. 2. HUM. Golpear [a alguén] ou darlle un escarmento. Dise para facer a burla dunha persoa.

60. degolarlle [a alguén] a cabeza loc. v.. Ir indo unha persoa cara abaixo, envellecendo. Xa lle degola a cabeza. Xa vai indo cara abaixo, envellecendo.

61. duras coma nabos [mozas] loc. adx. COL. [Mozas] que non se deixan enganar.

62. empezar con zocos e acabar con zapatos loc.v. COL. Ir mellorando de situación económica aos poucos e sobre seguro.

63. entrar pola porta grande loc. v. Ir directo, sen rodeos a un asunto.

64. estar arrancado loc. v. COL. Non ir para arriba economicamente, arruinarse.

65. estar ben aleitado loc. v. COL. Estar ben coidado, lustroso. # estar ben aleitoado.

66. estar [alguén] como ha de ir loc. v.COL. Estar moi namorado, listo para casar.

67. estar de torradas [unha muller] loc. v. COL. EUF. Estar parida [as mulleres, ao pariren, merendaban torradas].

68. estar no cabo das contas loc. v.COL. Estar de volta dun asunto.

69. estar no cerno [alguén] loc. v. 1. Ser moi duro e forte. 2. Ser moi maniático e de ideas fixas.

70. estar tras da retorta loc. v. COL. Estar ben pechado [porque alguén ten a chave e non a deixa].

71. estoupar coma unha castaña loc. v.COL. Rebentar.

72. facer as rollas loc. v. COL. Quitarlle as cueiras aos calzóns para facer rollas de fregar. Nas terras pontevedresas a rolla é o conxunto

de tapón de cortiza envolto en pano de saco con que se tapa o baldón do bocoi de viño. Pero en Trasar é habitualmente o pano da cociña e tamén o pano que se pon na cabeza para asentar unha cesta (rodela): rolla e rodela, **do latín rótula e rotullela.

73. facerlle a benia [a alguén] loc. v. COL. Dicirlle a frase Benia a mai que te pariu e o pai que te fixo!cando fai algunha cousa ben.

74. facerlle bon bico [a alguén] loc. v.COL. Poñerlle [a alguén] as cousas fáciles.

75. ferver como pote de papas [unha persoa] loc. v. COL. Ter moita alegría no corpo.

76. fiar delgado loc. v. COL. Estar delgado, fraco.

77. fumarlle as tripas a un can loc. v.COL. Fumar moito.

78. ir co rabo entre as pernas [alguén]loc. v. COL. Ir con vergoña e coa cara baixa polo que se fixo ou lle fixeron [así escapan os cans cando teñen medo ou lles rifan].

79. ir cos da feira e vir cos do mercado loc. v. COL. Cambiar de opinión moi facilmente.

80. ir de mirras prás encollas loc. v.COL. Ir indo para a vellez [primeiro vai o corpo mirrando e logo encollendo].

81. ir en pelo coma as bestas en Monterroso loc.v. COL. Non levar nada que aportar no casamento [na feira de Monterroso as bestas ían sen aparello, sen nada].

82. ir en pés de puta [alguén] loc. v.COL. VULG. Ir moi disparado, con moita présa.

83. ir *sin cabezadas loc. v. Ir sen freos, ir louco [á besta sen cabezadas non hai quen a controle].

84. irlle [algo] [a alguén] como a pez en bota loc. v. COL. Acaerlle moi ben. # Vaille como o pez en bota.

Page 10: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861298

85. irse moito do pico loc. v. COL. Soltarse da lingua. Non gardar os segredos.

86. írselle o tempo nos camiños [a alguén] loc. v. COL. Ter que andar moito decote [por ter os eidos lonxe da casa].

87. levar o inferno en vida loc. v. COL. Ter pasado moitos traballos.

88. mala coma a peste loc. adx. COL. Moi mala.

89. mamar polas tetas de diante loc. v.COL. IRÓN. Estar ben alimentado [coma o leitón que mama polas tetas dianteiras da porca].

90. mamar por unha teta seca loc. v.COL. IRÓN. Non conseguir nada.

91. medrar coma sebo na vela loc. v.COL. Non medrar nada.

92. mirar / remirar contra o *gobierno loc.v. COL. HUM. Mira atravesado; ser estrábico. # Parece que mira / remira contra o *gobierno.

93. morder e non ladrar loc. v. COL. Mancar, facer dano sen aviso previo.

94. nacer de pé coma o gato . loc. v.COL. Ter moita sorte. Hai quen nace de pé coma o gato.

95. non asentar cabeza loc. v. Non parar quieto nun sitio.

96. non facer onza de ben loc. v. Non facer favores, non axudar aos demais.

97. non facer falta preguntar de quen é loc. v. COL. Semellarse moito [alguén] á familia.

98. non gardar a mexa loc. v. COL. IRÓN. Non saber gardar segredos.

99. non lle quedar a lengua presa ao cu da mai [a alguén] loc.v. COL. IRÓN. Ter moita lingua, falar de máis.

100. non saír da borralla loc. v. COL. Non mellorar nada na vida. # non salir da borralla.

101. non ver un burro a tres pasos loc.v. COL. Non ver nada.

102. pagarllas a pel loc.v. COL. Sufrir as consecuencias dalgún feito.

103. pararlle ben as cabras [a alguén] loc.v. COL. Acostumarse ben nun sitio. Darse ben nun sitio. Páranlle ben as cabras.

104. parecer que [alguén] vai con misa loc. v. COL. Ir con moita présa, como se fose dicir a misa.

105. parecer un can galgo loc.v. COL. Correr moito, ir de présa.

106. parecer un pito cairo loc. v. COL. Estar moi mollado [pito cairo é o pito con poucas plumas]

107. pasar polo cribo [alguén] loc. v.COL. Someterse coma os demais. Tamén ten que pasar polo cribo; ten que ser coma os demais.

108. pasarlle [a alguén] coma o rato cando lle vai a donicela enribaloc.v. COL. Ter medo [alguén] ante unha persoa, forza ou acontecemento que o pode prexudicar. # O que manda é o xefe, vaille enriba e ten medo del: pásalle coma ao rato cando lle vai a donicela enriba.

109. pensar que o birimbau é gaita loc.v. COL. Pensar [alguén] equivocadamente que unha cousa é dun xeito e ser doutro. # Pensa que o birimbau é gaita. Pensa que é así, mais é outra cousa.

110. perder a caneca loc. v. COL. Caerlle algo que trae na man.

111. perder *hasta a faca loc. v. COL. Perder as cousas facilmente. # Hai xente que perde *hasta a faca

112. pesarlle a faltriqueira [a alguén] loc.v. COL. Ter moitos cartos soltos.

113. pescar os gaios vivos loc.v. COL. Ser moi fino, agudo e listo.

114. picar coma un toxo loc. v. Picar moito.

115. picar fino loc. v. COL. Andar a pasos moi pequenos.

116. pintar o San Lourenzo loc. v. COL. Enfadarse moito.

117. poder andar coa cara destapada loc.v. Ser persoa que nunca fixo mal, e pode ir tranquilo a calquera sitio.

118. poñer [a alguén] o cu onde non o vexa loc. v. COL. Darlle uns

Page 11: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 299

azoutes. #Vouche poñer o cu onde non o vexas!

119. quedar descalzo loc. v. COL. Quedar sen nada, quedar pobre.

120. quedar pa amparo de miñotos loc. v. COL. Morrer. [miñotos son os bichos que comen os cadáveres]. # Pensas que vas quedar pa amparo de miñotos.

121. quentarlle a pavana [a alguén] loc. v. COL. Baterlle, andarlle no lombro # Vaiche quentar a pavana! Vaiche andar no lombo!.

122. romper coma a merda loc. v. COL. VULG. Romper moi facilmente.

123. romper pouco a roupa nos cóbados loc. v. COL. Esforzarse pouco nos estudos. # romper pouco a roupa nos codos.

124. saber [alguén] onde o manca o zapato loc.v. COL. Sabe que é o que lle doe, o que o apura ou preocupa.

125. saber ben a cartilla loc. v. Saber ben o que se fai.

126. saber coma resolio loc. v. Ter moi bo sabor un viño.

127. saltar coma un castrón loc. v.COL. Saltar moito.

128. sentir o calor como unha vaca vella loc. v. Non aturar a calor [como lles pasa ás vacas vellas].

129. ser coma a rapina loc. v. COL. Non deixar nada, levar todo.

130. ser coma folla de olmo loc. v. COL. Ser unha persoa informal, con dúas caras [a folla do olmo ten dúas caras de diferente color].

131. ser coma un bandallón loc. v. COL. Ser moi bruto.

132. ser coma un toxo bravo loc. v.COL. Ser unha persoa de carácter serio, pouco cariñosa.

133. ser filla de mai / de pai loc. v.Herdar os xeitos da nai / do pai.

134. mexar por unha perna e cagar pola outra loc. v. COL. VULG. Facer cousas ás que outros non lles darían xeito. # Se se ve no canto dil, mexa por unha perna e caga pola outra.

135. ser moi mazada [unha muller] loc. v. Ser moi descansada.

136. subir coma un gato loc. v. Agatuñar moi ben.

137. subir polas paredes arriba loc. v.COL. Moverse moi áxil e lixeiro.

138. te-la tiriz loc.v. Ter mala cor, estar amarelo como se tivese esa enfermidade. # Parece que ten a tiriz.

139. ter [algo / alguén] coma meniña do ollo loc.v. COL. Ter [algo/ alguén] en moita estima. Téñoa coma meniña do ollo.

140. ter a cabeza quente loc. v. COL. Estar borracho.

141. ter a cama coma un cubil loc. v.COL. Ser moi descoidado co aseo, moi porco.

142. ter a lengua mui sucia (hai que lavarlla con sal e vinagre) loc. v.COL. Dicir moitas palabras desagradables.

143. ter as maus moi suaves [un home] loc. v. COL. EUF. Ter amores con varias mulleres.

144. ter as orellas grandes coma un burro loc. v. COL. HUM. telas [as orellas] moi grandes.

145. ter as uñas *largas loc. v. COL. Ser raspuñeiro, coller o que non é dun.

146. ter bon cu prós azoutes loc. v.COL. IRÓN. 1. Ter un bo cu; un cu grande 2. Poder ser castigado se se merece.

147. ter bo verlo [unha muller] loc. v.COL. Ter un bo dote [polo vélaro, a la da ovella ao rapala).

148. ter boa colada loc. v. COL. Valerlle todo, sexa para ben ou para mal.

149. ter cara de can loc. v. COL. 1. Ter moi mal xenio . 2. Estar [un día] moi ruín, de mal tempo.

150. ter [alguén] dúas caras coma os de Buciños loc. v. COL. HUM. Ser persoa de actitudes contraditorias.[Dise da xente da parroquia de Buciños –Carballedo- porque a lámpada da igrexa ten dúas caras].

151. ter lengua de víbora loc. v. COL. Ser moi ferinte falando dos demais.

Page 12: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861300

152. ter maus de prata loc. v. Ser moi xeitoso, saber facer as cousas.

153. ter narices de can loc. v. Cheirar moi ben, ter bo olfacto, buscar ben os olores.

154. ter o cascabel no cu loc. v. COL. Correr moito.

155. ter o corazón negro coma a noite loc. v. COL. Estar moi desgustado e triste.

156. ter o cu preso á casca do ovo loc. v.COL. 1. Estar aínda moi serodio; ser inmaduro 2. Querer facerse ver máis do que se é .

157. ter o estómago cosido coma as custureiras loc. v. COL. Comer pouco [as costureiras que andaban polas casas comían pouco porque non se movían debido ao seu traballo].

158. ter o ril quente loc. v. COL. Andar en manga curta cando vai frío.

159. te-la risa falsa loc. v. Facer que se ri ou coma se se estivese rindo [dun].

160. ter o teo loc. v. 1. Non dar saído dunha doenza. 2. Non saber que é o que se ten, de que se padece.Realmente o teo (cenurose) é unha enfermidade parasitaria propia das ovellas que ataca o cerebro e fainas andar arredor de si ata que caen ao chan.

161. ter sete folgos como os gatos loc. v.COL. Non morrer aínda que teñan moitas doenzas. Ter sete vidas.

162. ter un cu coma un cesto loc. v.COL. HUM. Ter moito cu.

163. ter un peito coma un lobo loc. v.COL. 1. Ser unha persoa moi forte e dura. 2. Ser quen de facer calquera tolería.

164. ter unha boca coma unha alparagata loc. v. COL. Ter unha boca moi grande.

165. ter unha lingua ben raspada loc. v.COL. Atreverse a dicir calquera cousa.

166. tirar pa tras loc. v. COL. Producir moi mal olor. # Tira pa tras.

167. tirarlle polo rabo á pega loc. v.COL. Durmir.

168. traer o pelo á gremensa loc. v.Levar o pelo rizado. [Así se dicía antes por rizar o pelo, facer a permanente].

169. *temblar coma vara verde loc. v.COL. Ter frío [a vara verde non ten consistencia, abala co aire].

170. verse nos pantalóns [doutra persoa]loc. v. COL. Verse na mesma situación doutra persoa. Se se ve nos seus pantalós indica o que faría [el] na mesma situación.

171. verse no canto [doutra persoa] loc.v.COL. Verse na situación na que está outra persoa. # Se se ve no canto dil, mexa por unha perna e caga pola outra.

172. vir á cantada do can loc. v. COL. Volver moi tarde cando se sae de noite.

173. virlle [algo] [a alguén] coma á burra os peidos loc.v. COL. VULG. Acaerlle moi ben [coma os peidos que alivian á burra]. Veulle coma á burra os peidos.

174. virlle [algo] [a alguén] polo río abaixo loc. v. COL. Virlle moi ben, moi a xeito [algo] [a alguén] porque cumpría. # Vénche polo río abaixo.

175. vivir pra comer ou comer pra vivir loc. v. [Os dous xeitos de comer, ou moito ou pouco].

176. inda andaba de refaixo loc. adv. No tempo en que os nenos andaban aínda de refaixo ata seren grandes.

177. tintín por tintín loc. adv. Ben aclarado e explicado con detalle.

2.3. Fórmulas

178. A casa nunca *anduvo a pedir fór.COL. Dise cando nunha familia sempre houbo que comer, non se pasou fame; sempre houbo para as necesidades básicas.

179. *Adiós díselle aos mortos e aos que teñen os pés tortos fór. COL. HUM.

Page 13: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 301

Dise cando alguén se despide dicindo *Adios! ou *Adeus!

180. Andan os ladróns atrás dos que rouban fór. COL. Dise cando todos son igualmente malos e se xuntan # Andan os ladrós atrás dos que rouban.

181. As cousas claras e o chocolate espeso fór. COL. Dise para pedir ou xustificar o falar claro, sen enganos nin dobres sentidos.

182. As mozas de [nome do lugar] todas presas nun cordón, pasa o cura polo medio e estas burras de onde son for. COL. HUM. [Dise para facer a burla das mozas dun lugar] Tal e como van [as mozas] xa nin o cura da súa parroquia as coñece.

183. As perdas non son ganancias for.COL. [Dise cando acontece unha perda, unha desgraza na casa].

184. Ás veces teñen oídos as silveiras for. COL. Dise para recomendar que se fale con xeito, mirando ben o que se di, que o pode oír calquera.

185. Ás veces un porco ruín topa unha castaña boa for. COL. IRÓN. Dise para comentar que alguén, que non o merece, tivo sorte.

186. Benia a mai que te pariu e o pai que te fixo fór. COL. Fórmula de felicitación a quen fai algo ben. [facerlle a benia a alguén era dicirlle esta frase cando facía algunha cousa ben].

187. Bos ollos te vexan! fór. COL. Díselle a unha criatura a primeira vez que se ve.

188. Bótalle un can ao rastro fór. COL. IRÓN. Dise para indicar que algo xa pasou, que se perdeu, ou que non lle hai que facer.

189. Buscala que traia o dote na mau [a muller para casar] fór. Para casar é mellor unha muller traballadora ca rica.

190. Cambiarás de muiñeiro e non de ladrón fór. COL. Díselle ao interlocutor para advertilo de que vai seguir na mesma situación aínda que

cambie de persoa [os muiñeiros tiñan fama de ladróns por roubaren na maquía].

191. Chámalle antes que che chame [a alguén] fór. COL. IRÓN. Sempre é mellor adiantarse en chamarlle ao outro, mellor atacar ca defender [á hora de insultarse].

192. Cocemos catro pas e sete debemos fór. COL. Díselle a quen debe máis do que ten.

193. Curuxa papou! fór. COL. Xa non ten remedio, acabouse.

194. Da que me caguen pouco importa que me limpen fór. COL. VULG. Cando o mal xa está feito, non hai remedio, pouco importa poñer boa cara.

195. Dálle aire á saia! fór. COL. Apura, axiña!

196. De caste lle vén ao can pra non ser coelleiro fór. COL. IRÓN. É un home moi conquistador, anda con moitas.

197. Debíalle unha *deuda ao demo e veuna pagar eiquí fór. COL. Que mala sorte, a onde veu parar!

198. Defeuto é roer a roupa fór. COL. [Iso] non é ningún defecto, hainos ben peores.

199. *Dios che día paciencia e no cu *ocurrencia fór. COL. HUM. [Saber botar un peido a tempo cando a situación está tensa e é moi bo].

200. *Dios lle día o que lle cómpre [a alguén] fór. COL. Que teña o que lle gusta, que non o ten.

201. *Dios nos día moito e nos conforme con pouco fór. COL. [Díselle a quen come moito].

202. Dixo o demo que non estaba ben fór. COL. [Dise despois de rematar un traballo] Non quedou ben acabado.

203. É bo mozo, ten a cabeza por riba do pescozo fór. COL. HUM. [Dise para facer a burla dun mozo].

204. En boa hora vaia dito fór. COL. Equivale a “A min nunca tal me pasou” pero esta é unha fórmula de

Page 14: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861302

cautela relixiosa que se usa, cando un di algo que pode soar a soberbia, a exceso de autoconfianza ou cando se menciona unha cousa mala que lle pasou a outro, coma se non lle puidese acabar pasando tamén a quen fala. Late aquí a crenza de que As soberbias sempre caen.

205. Eso son contos podres fór. COL. Dise para comentar que o que están dicindo e vendendo coma novidade é unha cousa que xa se sabe de vello.

206. Esto cheira a torrado fór. COL. Dise para comentar que polos indicios non vai saír ben o asunto do que se está a falar.

207. Eu en carnes de can! fór. COL. [Aplícaselle a frase a alguén que obriga a traballar demasiado aos demais, que é malo para a familia, que non é recomendable].

208. Fai trampas, trampón, que pa ti che son fór. COL. Se fas trampas sufrirás as consecuencias.

209. Fíate en *Dios e non corras fór.COL. Pouco importa confiar na providencia se un non traballa.

210. Ha de ir coma os meus zocos fór. COL. IRÓN. Parece que nunca vai suceder iso, que non se chegará a algo.

211. Hache chegar a terra por riba dos ollos fór. COL. Tamén ti has morrer e acabarás cuberto de terra [díselle a alguén egoísta, que todo o quere para si].

212. Hai que lle poñer un *corcho no cu fór. COL. VULG. Bota moitos aires, moitos peidos e cómpre porlle unha rolla no cu.

213. Heite apuntar na libreta fór. COL. [Díselle a alguén para pedirlle un favor, aínda que logo se esqueza devolverllo].

214. Inda a sogra levanta ben a tapa da artesa fór. COL. [Dise cando van casar dous]. Aínda é nova a sogra.

215. Inda non perdeu os fumes fór.COL. Aínda pensa que é o que xa non é.

216. Iste mundo é unha trampa e eu de trampas vivo; se se acaban as trampas, queda o mundo perdido. fór. COL. Dise para recomendar resignación.

217. Manda chover na Habana! fór.COL. Que cousa, que marabilla!

218. Menos dá un toxo fór. COL. Hai que aproveitar todo o que se poida.

219. Moito te matas por ver Madrid fór. COL. Xa se esgotaron todas as posibilidades para conseguir ver algo.

220. Nin que fora fillo dun cura fór.COL. PEX. Dise cando non se lle sabe do pai [a unha persoa].

221. Non dá sarna a gato fór. COL. Non se pode esperar [del] nada.

222. Non lle aprenderon [a alguén] a cartilla da boa crianza fór. É un maleducado.

223. Non lle partas a mexa [a alguén] fór. COL. 1. Non o cortes no traballo, déixao continuar. 2. [Os rapaces mexaban ao lume da lareira e dicíase isto pensando que era mellor deixalos, non os interromper].

224. Non van comer xuntos a arroba de sal fór. COL. Dise para manifesta-la impresión de que dúas persoas pouco durarán xuntas. [Aplícase a unha parella que comezan a convivir].

225. O cortizo das malas abellas mide as súas polas alleas fór. COL. Dise de alguén que obra mal e considera que os demais tamén obraron mal.

226. O dito, dito fór. COL. Xa queda dito, non hai volta.

227. O que con rapaces se deita, mexado se levanta fór. COL. Dise cando acontece algo que xa se podía pensar que pasaría, porque as trasnadas son propias dos rapaces e un non se pode fiar neles.

228. O que ha de levar xa o ten alá fór.COL. Non vai levar máis da casa [na herdanza ou outra situación].

229. O que o pille ten que madrugar, que cedo érguese il fór. COL. Dise

Page 15: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 303

cando unha persoa é moi aguda, moi fina, esperta e lista.

230. O que teña apuro, que vaia andando fór. Quen teña présa, que marche.

231. O qué? - O ollo do cu que non ve. fór. COL. HUM. [Resposta tópica para alguén moi curioso, que sempre anda preguntando o que?].

232. Para na ponte dos burros fór.COL. Ten que parar no mesmo sitio ca todos, non pode seguir adiante.

233. Pra o /a pillar, hai que se descalzar fór. COL. É moi fino, moi agudo e listo.

234. Parece que lle botaron ben sal cando o / a boutizaron fór. COL. É moi pándego e divertido.

235. Parece que morreu un *escribano fór. COL. HUM. [Dise cando vai moito aire, máis vento do normal].

236. Que me miren por tras, que por diante mírome eu fór. COL. Fórmula para manifestar indiferencia ante os comentarios alleos. [Dise cando murmuran de un].

237. Que non lle mexen torto [a alguén]fór. COL. Que lle vaian as cousas dereitas.

238. Que non teñas que botar as maus á cabeza fór. Mira ben o que fas, para non te arrepentires.

239. Quen mallou, mallou fór. COL. [Cando xorden dificultades nun traballo, o que xa o ten feito di esta frase].

240. Retrato fino e barato fór. COL. HUM. [Dito popular]. Díselle a alguén a quen se lle ve o cu.

241. Seica lle nacen os dentes! [a alguén] fór. COL. Dise cando alguén fai algo mal, atolado.

242. Seica tes as cataratas! fór. COL. Díselle a alguén que quere ver algo e non é quen de velo.

243. Son iles algo fatiños fór. COL. Dise de xente pequeneira de estatura ou de xente curta de entendemento.

244. Tan largo foi o día coma a romería fór. COL. Xa acabou todo.

245. Tapa, masa, tapa, mentras o zarralleiro non pasa fór. COL. Dise cando se fura unha pota e se tapa provisionalmente con masa ata que veña o cerralleiro que a repare en condicións.

246. Ten a súa pasada fór. COL. [Dise cando morre alguén]. Todos temos que morrer, todos temos a nosa hora e o defunto xa acaba de pasar esa hora difícil, el xa a ten pasada; nós aínda a temos que pasar.

247. Ten máis que dicir o que caga a cama có que a limpou fór. COL. VULG. Dise cando o culpable ten máis que dicir que o que sofre as consecuencias.

248. Todos queren meter a súa con día fór. COL. Todos queren arranxar a súa vida antes e mellor cá dos outros [a xente procura recoller de día a herba seca ou outras colleitas antes de que se estraguen].

249. Unha vella de bagos xuntou cen canados fór. COL. [Dise na vendima para animar os vendimadores a que apañen os bagos caídos no chan].

250. Vai tirar pedras a un río! fór.COL. Non deas a lata, non importunes!.

251. Vale máis que comera unha bica de rapas fór. COL. Saíu algo mal, mellor fora estar quieto. As rapas son os restos de masa e fariña que quedan pegados ás mans ou ás paredes da artesa; en tempos, con ese desperdicio que non ía coa masa, aínda se facía despois un boliño, chamado bica de rapas.

252. Veña con *Dios! -Que quedemos co mesmo santo! fór. COL. [Saúdo e contestación habituais hai tempo en Trasar].

253. Vouche dar un corre verás cas pernas para tras! fór. COL. [Díselles aos nenos para que se entreteñan e non dean a lata].

Page 16: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861304

254. Xa lle cadra ben (cumpría que lle viñera e vén) fór. COL. Que ben, que [algo] sucedeu!

2.4. Refráns

255. A bica, o que a fai, pícaa ref. COL. Quen fai a bica na cociña será quen lle faga os buratos para cocela.

256. A cabra co vicio dá co corno no cu ref. COL. HUM. Coidado, que se pode estragar. Non hai que confiarse.

257. A cara é o reflexo do corazón ref.Na cara reflíctense os sentimentos das persoas.

258. A carne carne cría i-o peixe auga fría ref. COL. Comer carne cría carne, comer peixe non cría nada [a carne alimenta moito, o peixe non].

259. A carne en calceta que a coma o que a meta ref. COL. O que fai os embutidos é o que mellor sabe como están para despois comelos.

260. A carne no sal un mes e no fume tres ref. A carne de porco para curar ben debe botar un mes no salgadoiro e tres meses a afumar.

261. A cartos vai a vaca (o que non a ten non a papa) ref. COL. Aínda que haxa pouco, algo é algo; hai que aproveitalo todo.

262. A confianza mata o labrego ref.Non se pode confiar na xente sempre, hai que desconfiar máis.

263. A corda sempre creba polo máis delgado ref. O máis débil leva as de perder sempre.

264. A falta de pan cómese bica ref.COL. 1. Se non hai centeo, comerase o pan de millo feito na lareira. 2. Ás veces hai que se conformar co que hai, non hai outras posibilidades.

265. Á galiña e á vaca polo pico se cata ref. COL. Se se lles dá ben de comer teñen logo boa carne, alimentalas dá bo resultado.

266. A gata co apuro trouxo os fillos cegos ref COL. IRÓN. Co moito

apuro, coa moita présa pódense estragar as cousas.

267. A letra con sangue entra ref. Para aprender hai que esforzarse e mesmo recibir castigos físicos se cómpre. # A letra con sangre entra.

268. A *lengua ten o seu curral ref.COL. Hai que falar sempre con xeito, mirando o que se di.

269. A mera de San Xoán leva o viño e non deixa o pan ref. A choiva miúda, a néboa mesta de xuño son prexudiciais para os campos, sobre todo para as viñas e os cereais. # A mera de San Juan leva o viño e non deixa o pan.

270. Á muller e á mula, cada día súa tunda ref. COL. PEX. Dito denigrante para as mulleres [segundo o cal as mulas e as mulleres son moi teimudas e só se educan baténdolles].

271. A muller e a sardiña, pola máis pequeniña: mentras a grande se baixa, a pequena varre a cociña. ref. COL. [Eloxio das mulleres miúdas, pequeniñas, moi apreciadas coma as xoubiñas e por seren traballadoras].

272. A muller que non come canda o home, ou xa o comeu ou inda o come ref. COL. A muller da casa non ha quedar sen comer, sempre atopa algo aínda que non coma co marido [para atender os labores].

273. A muller *viúda, ata as silvas se prenden nela ref. COL. Todo é contra unha viúva, todo son contratempos, ten poucas axudas.

274. A pataca e a muller, ao primeiro mercader ref. COL. PEX. Dito para denigrar as mulleres por teren pouca garda coma as patacas [ao primeiro que as pague, que dea algo por elas, aínda que sexa pouco, dánselle porque co tempo a pataca podrece e a muller faise vella].

275. A perdiz, que entre o cheirumio polo nariz ref. COL. Antes de comer, á perdiz hai que deixala uns

Page 17: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 305

días ata dar algo de cheiro [estará máis rica]..

276. A porca de maio ou no principio ou no cabo (e han parar os bois quince días antes ou despois) ref.COL. En maio ten que haber 15 días de mal tempo no que non se poderá traballar nos eidos, sexa ao inicio ou ao final.

277. A porca de maio vale máis no principio ca no cabo ref. COL. A chuvia é máis beneficiosa para o campo nos primeiros de maio ca no final.

278. Á porta do rezador non poñas o trigo ao sol (e do que non reza nada, nin o trigo nin a cebada) ref.COL. IRÓN. Non se pode un fiar do que reza moito e menos aínda do que non reza nada: os dous extremos son malos.

279. A raíz do toxo verde é moi mala de arrincar e os amores primeiros son malos de olvidar. ref. COL. Os primeiros amores sempre permanecen na lembranza.

280. A roupa lavada polo sol agarda ref. COL. 1. A roupa xa lavada non se estraga, xa virá o sol para secala. 2. O traballo feito xa non corre présa.

281. A sombra, a da *peña; i-o abrigo, o da leña ref. A sombra mellor é a producida por unha pedra grande, o mellor abrigo é o dunha fraga.

282. A xente quere pingar antes de asar ref. COL. A xente quere obter beneficios antes de tempo ou sen esforzo ningún.

283. Agosto *nublado, nabo furado ref.O ceo cuberto en agosto favorece a peste nos nabos e énchenselles as follas de buracos.

284. Ano de herba, ano de merda ref.COL. VULG. Ano de moita herba, ano de ruíns colleitas [porque choveu moito e houbo pouco sol].

285. Antes de beber faille a cama primeiro ref COL. Antes de tomar

unha bebida alcohólica é mellor comer algo [para que non sente mal].

286. Ao caer as follas é cando se ven os niños ref. COL. Ao pasar o tempo é cando se vai vendo a verdade nun suceso.

287. Ao home desafortunado párenlle a muller e a burra no mes de maio ref. COL. [Maio é mes de moitísimo traballo no campo e precísase o esforzo de tódalas persoas e de tódolos animais que teña a familia].

288. Ao lado da roca nada lle toca, ao lado do fuso es escuso ref. [A roca non che toca, mais se te pos ao lado do fuso molestas porque hai que estirar o brazo para traballar].

289. Ao que non quere unha taza de caldo, darlle tres ref. COL. Se alguén non quere algo, darlle máis do mesmo, insistirlle.

290. Ao que non ten chámanlle ninguén ref. Quen non ten bens non é considerado nin respectado.

291. Ao que porcos lle faltan, á porta lle roncan / Ao que porcos lle faltan, róncanlle as silveiras ref.Cando [a alguén] lle marcharon os porcos sempre lle parece que andan cerca, polos arredores.

292. Ao que sirve a señores non lle faltan dolores ref. Sempre terá problemas quen traballa ao servizo doutro [o mellor é traballar para si porque servir a señores é moi traballoso].

293. Ao rico mórrenlle os fillos; e ao pobre, os porcos ref. COL. O valor dos porcos na economía dos pobres é tanto que a súa morte a senten tanto como un rico sente a dun fillo.

294. Aos cinco faime un circo, que aos seis eu me terei ref. COL. [Aos cinco meses facíaselles aos meniños un círculo de roupa, porque aínda non se tiñan, para que se mantivesen sentados dentro del; aos seis meses xa se tiñan en pé].

295. As aves de *pico non poñen ao home rico ref. As aves producen

Page 18: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861306

pouco, non crean riqueza coma outros animais [porque comen moito].

296. Ás nove déitate home; ás dez, muller, se a tes; e se te deitas canda o home, para ben pouco muller es ref. COL. [Considerábase que a boa muller debía sempre deitarse despois do marido para rematar os labores da casa].

297. As pernas do criado non cansan ref. COL. IRÓN. O amo manda e manda e non cansa porque quen traballa é o criado.

298. Auga que non é de beber, déixaa correr ref. Se unha moza/mozo non che fai caso, mellor déixaa/o ir.

299. Boa roca fía o que a seu fillo cría ref. Ben fai quen atende o fillo [aínda que desatenda a roca ou outros labores, o importante é o meniño].

300. Boca pechada non colle mosquitos ref. COL. É mellor estar calados que meter a zoca, equivocarse.

301. Cabra coxa non quere sesta; se lla dan, mal lle presta ref. COL. IRÓN. Cando alguén quere facer un traballo, ha de ser axiña, logo de descansar xa custa máis [a cabra coxa non pode andar moito; se bota a sesta, xa non chega].

302. Cada cousa é pró que é i-o zapato pró pé ref. COL. Todas as cousas acaen ben naquilo para o que foron feitas.

303. Cada santo chégalle o seu día ref.COL. Chegará un día en que tamén se farán as cousas que levan retraso.

304. Cando a galiña canta coma o capón, matala, que trae mala sorte ref. COL. [Crenza de antes]

305. Cando a silva bota a flor, pon a canada ao sol ref. No tempo de floración da silva as vacas dan pouco leite e sobra a canada de muxir.

306. Cando as formigas pisen forte e os carballos dían uvas han ser bos homes os das barbas rubias ref.

COL. HUM. [Dise para facer a burla dos homes louros].

307. Cando canta a cobra en marzo, neve en maio ref. [Crenza popular]

308. Cando canta o galo á mediodía, *niebla pró o outro día ref. Os galos cantan de mañanciña; se o fan a esta hora, virá a néboa.

309. Cando o neto ao *abuelo lle desquita a comida, non lle fai mal, que lle prolonga a vida ref. COL. O meniño colle da comida do avó [nos tempos de fame]; como na vellez se debe estar delgado para ter boa saúde, non lle fai mal.

310. Cando o vello incha, a sepultura rincha ref. COL. A gordura repentina nun vello é sinal de morte próxima.

311. Cántalle á túa tía para que che día ref. COL. IRÓN. Faille festas á tía e darache algo.

312. Canto máis amigos, as contas máis claras ref. Non pode [un] fiarse dos amigos nos negocios, hai que tratalos coma descoñecidos.

313. Casamento e *mortaxa, do ceu baixa ref. O casamento e a morte veñen rexidos pola vontade de Deus.

314. Co roubado ninguén medra ref. O que se rouba pouco axuda a mellorar.

315. Compra barato e compra diario; e se compras caro, levas comprado ref. É mellor comprar algo bo e facelo unha vez, que algo mao moitas veces.

316. Con pan e viño ándase camiño ref.Xa é suficiente para subsistir.

317. Contra brancura non hai *hermosura ref. O branco é sempre a cor máis bonita.

318. Custureira sin dedal cose pouco i-apreta mal ref. Sen dedal non se pode coser ben.

319. Da noite prá mañá o carneiro perde a la ref. COL. 1. Hai que aproveitar o que se ten en cada momento. 2. Se non se anda listo pódese perder axiña o que se ten.

Page 19: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 307

320. Da panza sae a danza ref. COL. Despois de comer ben si que se pode bailar e divertirse na festa. # Da panza sale a danza.

321. Das flores a máis fea é a do viño ref. Ao se acabar o viño na pipa saen as flores brancas no líquido e xa sabe peor.

322. De burro abaixo non hai máis pra onde ir ref. COL. HUM. Nada hai peor que a ignorancia.

323. De marco a marco non hai arco ref. COL. Nos eidos a estrema sempre vai recta, non fai curva.

324. De muiñeiro a ladrón *sólo vai un escalón ref. COL. PEX. [Os muiñeiros tiñan mala fama por roubaren na maquía].

325. De paus fanse achas ref. COL. Dunha cousa sae outra.

326. De pequeno, rei; de mozo, galán; de casado, burro; e de vello, can ref. As etapas da vida das persoas [o rei da casa-meniño, o conquistador-mozo, o traballador-marido, o vello que leva unha vida mala coma un can].

327. De tres porcos seis touciños, doce patas, tres fuciños, seis orellas e tres rabos, trinta anacos ben contados ref. COL. [Frase para practicar a suma].

328. Desconfiarás e acertarás ref. Hai que ser desconfiado sempre.

329. *Dios dá o frío *según é a manta ref. Deus vai repartindo os males segundo as necesidades.

330. Din que somos tres, eu digo que somos cinco: eu hei de ser o da mellora no terzo e no quinto. ref.COL. IRÓN. [Pensamento do avogado ao facer as partillas nunha casa] eu si que vou cobrar moito e ben. # Din que somos tres, eu digo que somos cinco (eu hei de ser o mellorante no tercio e no quinto).

331. Diñeiro e *santidá, *mitá pola *mitá ref. COL. [O mellor é non pasarse en ningún dos dous].

332. Do San Antonio ao San Xoán once días van ref. [Celébranse as súas festas o 13 e o 24 de xuño]. # Do San Antonio ao San Juan once días van.

333. Do San Xoán ao San Pedro bota a conta polo dedo ref. [Son 5 días, do 24 ao 29 de xuño]. # Do San Juan ao San Pedro bota a conta polo dedo.

334. Dous é un; e un é ningún ref. Se se teñen dous fillos e morre un, aínda queda un; pero se só se ten un e morre, xa non queda ningún.

335. Entra, se podes, á casa, míralle ben os cornellos: para ben pouco muller é, se non varre máis cós medios. ref. [A muller da súa casa debe varrer tamén os recantos e sitios ocultos].

336. Entre marzo e abril ou o cuco ou a fin ref. Ou vén o cuco [nestes meses] ou acaba o mundo.

337. Entre santo e santa, parede de calicanta ref. COL. IRÓN. Hai que separar os mozos e as mozas, que a ocasión pode levar ás relacións amorosas.

338. Fai ben e non mires a quen ref. Hai que facer o ben sempre.

339. Fai mal e vélate ref. Se obras mal, ten coidado, podes sufrir as consecuencias.

340. Fai o que o cura diga, non o que o cura faga refr. COL. O cura predica ben, as obras son outra cousa [non sempre predica co exemplo].

341. Febreiriño curto cos seus vinteoito; se duraras dous máis, non deixarías cornas ao carneiro nin orellas ao pegureiro ref. En febreiro vai moito frío.

342. Febreiro quente leva o diaño no ventre ref. COL. En febreiro cómpre que vaia frío [a calor non é boa para as terras neste mes].

343. Fillos criados, pesares doblados ref. Os fillos xa criados dan dobre traballo.

344. Fillos, tantos coma ollos ref. Os matrimonios deben ter dous fillos.

Page 20: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861308

345. Fun á casa do veciño e avergonceime (volvín á miña e arranxeime) ref. O veciño non me emprestou algo e logo arranxeime eu na casa sen axuda. Dise para recomendar non pedirlle cousas a outros se un as pode amañar. # Fun á casa do veciño e avergonceime (volvín á miña e *arregleime).

346. Goberna, mentras tes qué ref.Aproveita que logo non haberá.

347. Hai que pedir a quen ten ref. Quen non ten non pode dar nada; quen ten, si.

348. Hai quen di o que sabe e non sabe o que di ref. COL. Fala moito, mais sen tino.

349. Home casado muller é ref. COL. O home casado xa non é home, fai de muller [porque manda ela].

350. Home pequeno en hasta pon ref.COL. HUM. O home pequeno ten o sexo grande.

351. Home pequeno, fol de *veneno ref.COL. PEX. O home pequeno ten mal xenio.

352. Ir e vir chámase carrear ref. COL. As cousas vanse facendo aos poucos.

353. Labrador pescador e cazador, arañas no fumeiro e fame no comedor ref. [Cazar e pescar son oficios de xente que traballa pouco e non haberá na casa deste labrador moito que comer].

354. Labradores novos, mal polas silveiras ref. COL. Os labregos novos non fan os arredores, non cortan as silvas.

355. Lebres arriba, coellos abaixo, mulleres prás festas e prás romerías ref. COL. HUM. Dito popular [as lebres corren para arriba, os coellos para abaixo, ás mulleres gústanlles as festas].

356. Leite con viño fai do vello un mociño ref. COL. Esta mestura transforma o vello en novo.

357. Leite mazado, peido no rabo ref.COL. VULG. O leite mazado provoca moitos peidos.

358. Lonxe da vista, lonxe do corazón ref. COL. Quen marcha, pronto esquece o amor de antes.

359. Máis vale dar ca pedir ref. É mellor non depender de ter que pedir emprestado.

360. Mal arransallado, morte no cabo ref. Doenza da que non se dá saído acabará na morte.

361. Mal de mulleres e coxeas de cas, nunca caso lles farás ref. COL. PEX. [As mulleres acostuman a queixarse sen motivo e os cans a finxir coxeiras].

362. Malia o ben que polo trono vén ref.COL. A treboada trae auga pero tamén moitas desgrazas.

363. Maus que non dades, que esperades! ref. Quen non traballa non recolle nada.

364. Mar revolta, sorte para os pescadores ref. COL. Co mar bravo péscase máis. # Mar revolta, sorte pós pescadores.

365. Martes, día dos amantes ref. O martes é o mellor día para visitar os amores [antes cando os mozos ían para onda as mozas, se era martes, dicían esta frase].

366. Marzo, ventoso; e abril, chuvioso ref. O mellor para as terras é moito vento en marzo e chuvia en abril.

367. Marzo, iguarzo ref. En marzo tan grande é o día coma a noite.

368. Mentras non hai morte, non hai mala sorte ref. Menos a morte, todo se arranxa.

369. *Mentras un é zafra, non é martelo ref. Mentres un está debaixo doutro non manda el [logo cando el estea por enriba xa mandará].

370. Mercar *sin ter, vender sin querer ref. Quen fai unha compra sen ter con que, vende do del sen querer.

371. Moitas veces vai a ola á fonte e, dunha, rompe ref. COL. Se se repite moito algo perigoso acaba por pasar o que non debía.

Page 21: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 309

372. Muller con bigote escusa dote ref.COL. PEX. Non vai casar polo seu aspecto.

373. Muller morta, sete á porta ref.COL. Un viúvo axiña atopa unha nova muller.

374. Muller sularmeira, puta ou meiga ref. COL. PEX. VULG. [Sularmeiraé a muller con moito conto, labieira].

375. Na *cárcel e na sepultura todos temos unha herencia ref. En calquera momento podemos ir á cadea ou morrer.

376. Na casa do carpinteiro, sentarse no chau; e na do ferreiro, coitelo de pau ref. COL. [Moitas veces o profesional traballa fóra e non na propia casa, que a ten abandonada].

377. Nariz *nacha, boa rapaza ref.COL. Son boas rapazas as que teñen o nariz nacho, achatado.

378. Neno de teta é coma o pan de porreta ref. COL. O neno que aínda mama é moi tenro, aparenta, engana, porque a bonitura non dura cando o neno medra.

379. Nin de risas nin de veras, non xogues co pai ás peras ref. COL. [Non se lle debe perder o respecto ao pai, non xogar con el como se fose un cativo].

380. No mes de abril, *cenar *sin candil ref. Xa son os días longos, pódese cear coa luz do día en abril.

381. No mes de abril vai a vella onde quere ir ref. COL. O día xa é grande en abril e, así, aínda que vaia devagar, sempre chegará.

382. No mes de xaneiro sube ao outeiro; se ves verdear, bota a chorar; se ves *negrear, bota a cantar ref. COL. En xaneiro debe xear e estar todo seco.

383. No tempo e na morte non hai fundanza ref. Non hai firmeza: en calquera momento pode mudar o tempo ou vir a morte.

384. Non te cases cun *viúdo por moitos cartos que teña, porque sempre che dirá Mullerciña, a

primeira ref. COL. A primeira muller sempre é a máis importante.

385. Non te cases por facenda que son bes sin fortuna, cásate con boa xente: a mala sempre dura ref. O importante no casamento é a persoa, non o que teña.

386. Non hai casamento pobre nin enterro rico ref. COL. [Ao casar ninguén é pobre porque ten un futuro e está ledo; ao morrer é o contrario: pérdense as riquezas].

387. Non hai mel sin aguillós ref. COL. Non hai rosas sen espiñas, alegrías sen tristuras [as abellas dan o mel pero tamén pican].

388. Non hai pan *sin afán ref. Para conseguir algo, hai que traballar.

389. Non hai sábado *sin sol ref. COL. [Cando un sábado chove moito, dise a frase, dando a entender que nalgún momento ha de raiar o sol].

390. Non se fai cousa de noite que non se *sepa de día ref. COL. Todo se acaba sabendo.

391. Non todos van á misa por rezar ref. COL. IRÓN. Hai xente que aproveita para roubar nos santuarios, para falar mal de outros á saída a misa, etc.

392. Non te gabes ata que te acabes ref.Ata rematar o traballo non se sabe como quedará.

393. Nunca pidas a quen pediu nin nunca sirvas a quen serviu ref.[Son os peores, xa non lembran cando estaban mal e non son solidarios].

394. O bon pagador é dono da bolsa allea ref. COL. Como paga ben, sempre lle emprestan.

395. O boi na súa corte de seu se delambe ref. COL. Onde mellor se está é no dun, na propia casa.

396. O borracho di o que ten no papo ref. COL. Os bébedos non saben gardar segredos.

397. O can ladrador nunca foi o máis mordedor ref. Quen moito fala e ameaza pouco fai finalmente.

Page 22: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861310

398. O casado casa quere ref. Cada parella debe ter a súa vivenda [e non vivir con outros familiares].

399. O chocolate do amigo, mal cocido e ben batido ref. Así é o bo chocolate, ben remexido e medio cru.

400. O cura onde canta, alí xanta ref.COL. Na casa onde se traballa deben dar a comida [coma os curas que comen nas parroquias onde foron dicir os oficios].

401. O demo que as fai deixa o rabo fóra ref. COL. Sempre se acaba coñecendo algunha trampa ou falcatrúa que se fixo.

402. O *fruto, raro no eido; e basto na arca ref. Hai que sementar os froitos raros para que dean boa colleita.

403. O *gallego se *tuvera o acordo coma o trasacordo, non había quen o fodera ref. COL. IRÓN. [Se tiveramos tan boa a memoria como somos desconfiados, mellor nos iría aos galegos].

404. O gardar sempre foi ben ref. O aforrar é bo.

405. O gato escaldado á auga fría ten medo ref. COL. Quen pasou por unha mala situación sempre ten medo a que se repita, desconfía sempre.

406. O hábito non fai o monxe ref. Non chega coas maneiras, co comportamento exterior.

407. O home i-o oso, canto máis feo máis *hermoso ref. COL. O home non ten porque ser guapo.

408. O home, onde nace; o boi, onde pace ref. As persoas sempre tiran para a terra natal.

409. O martes non te cases nin embarques nin a túa ceba mates ref. COL. O martes é mal día, trae mala sorte.

410. O mundo durará mil, non miles ref. No ano mil acabarase o mundo.

411. O ollo do gato mira por catro ref.COL. O gato todo o ve.

412. O pai de escaravello e o fillo de espello ref. COL. Pensábase que era mellor que non estudasen os fillos; que logo os pais ao se veren no espello filial, ollábanse máis baixos, a fozaren na terra.

413. O pau de pino, se rompe, rompino ref. COL. [A madeira de piñeiro é fácil de romper e non ten moito valor].

414. O paxaro habilideiro fai o niño no xaneiro ref. COL. O paxaro listo e previsor xa fai o niño en xaneiro.

415. O *pichón cando empeza voar é cando lle hai que cortar as *alas ref. COL. Non se pode deixar que alguén colla o mando pronto, logo xa é tarde xa para o evitar [sobre todo aplicado á educación dos cativos].

416. O que becerros non vende e vacas non ten, a ver de onde lle vén / O que becerros non vende e vacas non ten, de algures lle vén ref.COL. Ou o rouba ou o consegue por outros medios ilícitos xa que non ten bens de seu.

417. O que cedo adenta, cedo aparenta ref. COL. Quen bota dentes cedo vai ter irmáns pronto.

418. O que co vello queira acabar que lle día vacas a gardar ref. Gardar vacas é un ruín traballo que acaba coa xente.

419. O que con auga se cura pouco dura ref. A auga é un mal remedio.

420. O que contas non bota, contas non lle saen ref. COL. Hai que ser precavido e mirar o que se ten, antes de se meter nun negocio ou gasto. # O que contas non bota, contas non lle salen.

421. O que escoita, de si oe ref. COL. A xente de todos fala ou critica, ninguén escapa.

422. O que garda, sempre ten ref. Hai que aforrar.

423. O que lle *desea mal ao veciño, vénlle a súa polo camiño ref. COL. O que ten envexa pronto lle pasará a

Page 23: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 311

el tamén. # O que lle desea mal ao veciño, vénlle a súa polo camiño.

424. Ó que lle doe o dente, que o leve a dentuza ref. COL. O que necesita algo é quen se ten que mover, quen ten que procuralo [dentuza é o dentista].

425. O que lle teña medo ao trono, que se meta debaixo da cama da sogra (que esa non hai raio que a parta) ref. COL. HUM. [Dito sobre as sogras].

426. O que lonxe vai casar, ou chata leva ou vai buscar ref. COL. [Está mal visto o casar lonxe]. Ou se esconde algún defecto ou se pode levar un calote coa parella.

427. O que mal empeza mal acaba ref.Quen ten malos principios acabará mal.

428. O que merca sin ter vende sen querer ref. Verase obrigado a vender axiña.

429. O que moito apreta, pouco agarra ref. Non se pode abusar, pedir máis do debido.

430. O que non ten cruz, ten cruceiro ref. Todos temos moitos traballos na vida e o que non os ten pequenos tenos grandes, porque é máis grande o cruceiro cá cruz.

431. O que o seu cede en vida, que colla o fol e pida ref. COL. Se se ceden os bens aos descendentes en vida quedarase sen nada.

432. O que pon o lume ao pé das estopas, vén o demo e *sopla ref.COL. Non se debe [un] poñer diante dos perigos, é mellor evitalos.

433. O que queira do porco o entrecostre que o faga no mes de agosto ref. COL. Hai que lle dar ben de comer ao porco no mes de agosto para que críe ben graxa e unto.

434. O que se ha cocer é mellor asalo ref. COL. Se se ha de facer, mellor facelo axiña.

435. O que se usa non se escusa ref. As cousas que se necesitan hai que telas na casa.

436. O que ten fillos na muller allea, perde fillo e feitura ref. COL. [Pérdeos, porque os fillos quedarán coa nai].

437. O que ten fillos que non bote por ela ref. COL.Un pai ou nai non debe ter soberbias [sempre lle pode pasar a el o que a outro lle pasou cos seus fillos].

438. O que ten padriño boutízase ref. Quen vai recomendado consegue o que pide.

439. O que ten rabo non se senta ref.COL. Dise polos animais que teñen rabo e non sentan. Tamén se di polaxente cando teñen medo de que algo lles saia mal e teñen que ser precavidos.

440. O que un pendango queira ver, que lle día unha luz a acender ref.COL. PEX. [Antes había moita xente que non tiña habilidade para acender a luz do gas].

441. O que vai á voda, que leve que coma ref. COL. Ás vodas hai que levar agasallo.

442. O que vai adiante sempre leva ventaxe ref. Os primeiros sempre van mellor.

443. O que xoga e perde, paga e cala ref. COL. No xogo hai que pagar as débedas e non discutir.

444. O rei, onde non está, non parece ref. COL. Por moitas voltas que se lle dea, se non hai non parece.

445. O río, cando roxe, porque auga leva ref. COL. Se se escoita falar de algo é porque algo hai.

446. O saber non ocupa lugar ref. Os coñecementos sempre son bos.

447. O sol de marzo queima a dama no *palacio ref. O sol de marzo non é san para as persoas.

448. O temperao nunca lle pediu nada ao serodio ref. Sempre é mellor sementar antes ca despois do habitual.

449. O temperao, ou en palla ou en grao ref. O centeo sementado cedo cargará ou na palla ou no gran

Page 24: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861312

[sempre dará algo dos dous en abundancia].

450. O teu *secreto non llo contes ao amigo hoxe, o amigo é mañá *testigo ref. COL. Hai que ser precavido cos amigos: ese mesmo amigo pode no futuro testemuñar en contra un.

451. O tolo pola pena é cordo ref. Co castigo o tolo colle xuízo.

452. O traballo dos rapaces é pouco, o que o perde é un louco ref. COL. Aínda que os rapaces non fan moito, non se deben desaproveitar nunha casa.

453. O vello, onde non sabe, usma ref.COL. Os vellos cando non saben [de algo] inventan.

454. Onde hai galo non canta galiña ref.COL. Onde hai home non manda muller.

455. Onde non te chaman, que che quererán ref. COL. Mellor non ir onde non chaman [a un].

456. Os bes do sancristán por onde veñen van ref. COL. [Como veñen do que xunta no seu traballo secundario de sancristán, desprézaos, non os valora].

457. Os cas grandes non se morden unhos aos outros ref. COL. Os ricos axúdanse entre si para amolar ao pequeno.

458. Os lobos tiran ao monte ref. COL. A xente mala obra mal sempre.

459. Os rapaces son fillos de Deus e *testigos do demo ref. COL. Canto oen, canto din; non gardan segredos.

460. Ovella que berra, bocado que perde ref. COL. Mentres se fala, pérdese de traballar.

461. Pais porcos, fillos marraus ref. COL. PEX. Todo se herda.

462. Pan con pan, comida de bobos ref.COL. A boa comida ha de ter compango para que alimente.

463. Pan de millo, pan de *Dios: dunha miga fanse dous ref. COL. O pan de millo esfaragulla moito [por iso hai que amasalo mesturado con centeo

para que bregue -que se poña duro sen esfaragullar-].

464. Pan sin graxa, pan sin taxa ref.COL. Hai que comer moito pan sen graxa porque non mantén.

465. Pano ruín non ten mau dos mendos ref. Non vale nada o pano ruín, non merece a pena arranxalo e remendalo.

466. Papas e casamento, en quente ref.COL. As papas hai que comelas ben quentes e os namorados deben casar canto antes.

467. Pra aprender a capar hai que cortar moitos collós ref. COL. VULG. A experiencia vale moito e cóllese coa práctica.

468. Pra baixo tódolos santos axudan ref. COL. Camiñar cara abaixo non supón esforzo.

469. Pra botar o millo ten que quecer o cu na pedra ref. Para poder facer a sementeira do millo debe quecer o tempo. # Pra bota-lo millo ten que quece-lo cu na pedra.

470. Pa cobrar todo o mundo anda agudo ref. COL. Cobrar non é ningún esforzo.

471. Pró aforrador nunca faltou un despreciador ref. COL. Sempre hai alguén que lle gaste todo ao aforrador.

472. Pra o pan engraiar, ten que o cabalo *temblar ref. Para que o centeo bote o gran ten que ir frío.

473. Para o pan espendoar, ten que o cabalo *temblar ref. Para que o centeo bote o pendón ten que estar o tempo frío.

474. Prós curas e prós cas nunca faltan boas mañás ref. COL. IRÓN. [Para os curas todos os días hai algún morto que trae cartos co enterro, para os cans algunha carnaza que comer].

475. Paraugueiro e caldeireiro, canto máis burro, máis *parrandeiro ref.COL. HUM. Dito sobre estes dous oficios.

Page 25: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 313

476. Pecado encuberto é medio perdoado ref. Se non se sabe o pecado, é menos pecado.

477. Pedir é de homes, dar é de mulleres ref. COL. Son os homes os que deben pedir [as relacións sexuais], son as mulleres as que acceden ou non.

478. Pés, na cama; e brazos, na estribeira ref. Cando alguén se manca nun pé, debe curalo na cama; se é nun brazo, debe traelo na estribeira.

479. Peso levantado é medio levado ref.COL. Se lle erguen a un o feixe xa está medio esforzo pasado.

480. Pola merda comemos o pan ref.COL. O esterco bótaselle á terra para que dea pan.

481. Polo San Brais tanto ten que chores coma que deixes de chorar (a metade do inverno está sin pasar) ref. Aínda falta moito mal tempo por vir [o 3 de febreiro]. # Polo San Blas tanto ten que chores coma que deixes de chorar (a mitá do inverno está sin pasar).

482. Polos rapaces e polos cas sempre empezan os paus ref. COL. 1. Os rapaces o os cans axiña comezan a pelexar. 2. Os rapaces e os cans son os que levan sempre as culpas de algo.

483. Por tras chámanlle ao rei cornudo ref. COL. Poden dicir o que queiran por detrás, non importa.

484. Primeiro pídelle un bico e dispois un abrazo e despois o que tes debaixo do refaixo ref. COL. [Dito sobre ás relacións amorosas].

485. Que non dure máis a mala veciña que dura a neve na frebeiriña ref.COL. A neve en febreiro pronto derrete.

486. Queixo sin ollos e pan con ollos ref.[Son os mellores].

487. Quen ben empeza ben acaba. ref.Hai que facer as cousas ben desde o inicio.

488. Quen fai rocas, logo morre ref.Aplícase a un home que xa non pode traballar forte noutras cousas e fai rocas.

489. Rézalle a Santa Apolonia *pa que non che doia dente nin moa ref.Dito sobre esta santa avogosa para os males da dentadura.

490. Rubio para Useira, vellos á raxeira ref. COL. Vén tempo firme e seco. [Oseira está cara ao oeste en Trasar de Carballo] .

491. Se niste mundo queres gozar, tes que oír, ver e calar ref. COL. Hai que ser discreto para vivir ben.

492. Se non pagas en copas tes que pagar en bastos ref. COL. Dun xeito ou doutro has de pagar [como nos paus da baralla das cartas].

493. Se queres baixar, dálle moito ao zapato e pouco ao *plato ref. Para adelgazar hai que andar moito e comer pouco.

494. Se queres o criado ben mandado, ponlle o caldo e mándao ao recado ref. Así volverá pronto para comer.

495. Se se lava o gato, venta *güesped ref. Virá xente á casa [se se lava da orella para baixo, virá unha muller; se é da orella para riba será un home].

496. Se soñas con dentes, morte nos parentes ref. [Crenza popular].

497. Se tes o pano e as liñas, cortas por onde queiras ref. COL. Se tes algo do teu fas o que queres, se tes que agardar polo de fóra, xa non é o mesmo.

498. Somos de Albán, que, canto teñen, ao lombo tran ref. HUM. 1. Dito sobre a xente de Albán (Coles) que se lle di a alguén que anda sempre coa mesma roupa.

499. Somos de Chouzán donde non hai viño nin pan e no tempo das cereixas damos as queixas ref.[Dito sobre esta parroquia de Carballedo na ribeira do Miño na que había moita pobreza]. # Somos de Chouzán donde non hai viño nin

Page 26: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861314

pan e no tempo das cireixas damos as queixas.

500. Terceiro con quinto, casamento limpo ref. [Para casar xa non facía falta dispensa cando os graos de parentesco eran terceiro con quinto].

501. Todo se di das mulleres, dos homes non se di nada, son borrachos, mullereiros, todo é unha trapallada ref. COL. Ás mulleres todos se lles critica, aos homes todo se lles permite.

502. Un ano e un pan logo se van ref.COL. O tempo corre axiña.

503. Un día de sol no febreiro come por cantos cabalos hai no reino ref. O sol en febreiro reseca as terras.

504. Un ovo sin sal sete anos fai mal ref.COL. Non se deben comer os ovos sen salgar.

505. Un xantar no Entroido, unha cama en agosto dánselle a calquera ref. [No Entroido faise moita comida, un máis non importa; en agosto non vai frío e dórmese de calquera xeito].

506. Unha vella e un candil son dous demos na casa (a vella roña que roña e o candil queimando a graxa) ref. COL. HUM. O candil non para de queimar e a vella non deixa de rosmar. # Unha vella e un candil son dous demonios na casa (a vella roña que roña e o candil queimando a grasa).

507. Vai á casa da tía e non cada día ref. COL. Faille visitas mais sen abusar.

508. Vai o ouro pró tesouro ref. Ao rico todo lle sae ben, todos os cartos lle veñen.

509. Vale máis dar a un pillo ca pedir a un home de ben ref. COL. Vale máis emprestar, aínda que se perda o dado, que ter que pedir emprestado.

510. Vale máis o que o sol deixa có que a auga cría ref. O sol é indispensable para que os froitos medren.

511. Vale máis onza de trato ca arroba de traballo ref. O tratante vive moito mellor có que traballa.

512. Vale máis ser burra dun sardiñeiro ca muller dun zapateiro ref. COL. PEX. Non é aconsellable casar cun zapateiro.

513. Vale máis un ruín *arreglo ca un bo preito ref. Gástase máis no preito ca chegando a un acordo desfavorable. # Vale máis un ruín arreglo ca un bon pleito.

514. Vale máis unha *bofetada a tempo ca un anaco de pan ref. Educa mellor un castigo preventivo ca un premio.

2.5. Dialoxismos

515. Cantan os capós en Ferreira: Fame no millo; contéstanlles os de Pantón: Sempre cha acordo ref. COL. IRÓN. [Dito aplicable aos dous sitios por estaren cerca un do outro].

516. Quen é o meu herdeiro? O que me limpa o traseiro. dial. COL. Herdará os meus bens quen me coide.

517. Pra donde vas, muller ben casada? Pra donde non teñas sogra nin cuñada dial. COL. [O mellor para a casada nova é vivir en casa de seu sen as mulleres da familia do marido]. # Pra donde vas, muller ben casada? (pra donde non teñas sogra nin cuñada).

2.6. Wellerismos

518. Cando falaba a auga: Quérome ver cos que non saben nadar, que os outros xa están seguros ref. COL. Todos han acabar caendo, ninguén se libra [os que saben nadar xa caen, pero os que non saben non se meten e por iso lle interesan máis].

Page 27: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,

Anxo González Guerra. Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 315

519. Di a curuxa: "Anda de día, que la noche es mía". COL. [Ela anda de noite e por iso o di].

520. Din as campás de Gueral: Quen ten, val. COL. IRÓN. Vales o que tes [Gueral (A Peroxa. OU)].

3. Bibliografía

FERRO RUIBAL, Xesús (2002): Refraneiro galego máis frecuente. A Coruña: La Voz de Galicia. Biblioteca Galega 120; 119.

Page 28: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar ...Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, 289-315. ISSN 1698-7861 289 Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar,