17
GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA DOCENTE DA ASIGNATURA Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües Curso 2014-2015 Modesto Aníbal Rodríguez Neira Montserrat Souto Gómez Cristina González Abelaira Facultade de Formación de Profesorado Avda. Ramón Ferreiro, s/n. 27071. LUGO Tfno. 982 821 005. Fax 982 821 057

GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

  • Upload
    votuong

  • View
    218

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA

GUIA DOCENTE DA ASIGNATURA

Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües

Curso 2014-2015

Modesto Aníbal Rodríguez Neira Montserrat Souto Gómez

Cristina González Abelaira

Facultade de Formación de Profesorado

Avda. Ramón Ferreiro, s/n. 27071. LUGO

Tfno. 982 821 005. Fax 982 821 057

Page 2: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 2

I. DATOS DESCRITIVOS DA ASIGNATURA

CÓDIGO E NOME G3151120. Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües

CURSO 1º

CUADRIMESTRE 2º

CARÁCTER Obrigatoria. Módulo didáctico e disciplinar

IDIOMA Galego

CRÉDITOS E.C.T.S. 6

HORAS DO ALUMNADO 150 (51 horas presenciais e 99 de traballo autónomo)

HORARIO

http://www.usc.es/gl/centros/ffp/materia.html?materia=69431&ano=64 Titorías académicas: http://www.usc.es/gl/centros/eufp/profesorado.html

PROFESORADO

Rodríguez Neira, Modesto A. [email protected] Ext 21021 Souto Gómez, Montserrat [email protected] Ext. 24778 González Abelaira, Cristina [email protected] Ext. 21059

Coñecementos necesarios para cursar esta materia Instrumentais

Como é propio do nivel universitario que cursa o alumnado e do mesmo xeito que noutras materias universitarias, especialmente nas que se ocupan da linguaxe, cómpre ter a facilidade para expresarse –tanto oralmente como por escrito– que corresponde aos estudos de profesorado. É dicir, necesítase poder comprender, falar, ler e escribir con soltura nas linguas oficiais da Comunidade e ter unha competencia nunha lingua estranxeira que permita ler sen ter que recorrer a miúdo ao dicionario, así como redactar textos sinxelos nela. Tamén é necesaria unha capacidade de análise e de síntese para entender o contido dos textos, organizalo, resumilo, opinar sobre os mesmos, etcétera.

Recomendables

Aínda que non é necesario posuír coñecementos específicos previos para cursar esta materia, é recomendable ter interese polas linguas e os problemas relacionados co seu ensino e coa súa aprendizaxe, a súa planificación escolar e o seu uso. Así mesmo, facilita a aprendizaxe posuír habilidades no uso das TIC, destrezas para a procura de información, manexo de bases de datos, e algún coñecemento de técnicas de grupo para o traballo colaborativo.

II. SENTIDO DA ASIGNATURA NO PROXECTO FORMATIVO

2.1. No grao en Mestre/a en Educación Primaria A titulación de Grao en Mestre/a en E. Primaria está estruturada nos seguintes bloques formativos:

1. Sociedade, educación e función docente 2. O suxeito da educación 3. A escola de educación primaria 4. A construción das aprendizaxes 5. Practicum e traballo fin de grao 6. Mención e traballo fin de grao

A asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües pertence ao apartado 2, o suxeito da educación, no que o obxectivo principal é identificar as características e necesidades dos suxeitos de Educación

A motivación polo saber é fundamental en calquera tipo de aprendizaxe. Aprendemos mellor e con menos esforzo cando hai algo que nos move a iso

Page 3: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 3

Primaria e as interaccións que establece en procesos formativos desde a perspectiva social, familiar e escolar con vistas a promover unha educación inclusiva. A organización do Plano de estudos en módulos e materias é a seguinte:

1. Módulo de formación básica 2. Módulo didáctico e disciplinar 3. Módulo de Practicum e Traballo fin de grao 4. Mencións cualificadoras

2.2. No módulo de formación didáctica e disciplinar Esta asignatura corresponde ao módulo didáctico e disciplinar e ao grupo de materias obrigatorias. Dentro do módulo didáctico–disciplinar comparte o submódulo de Ensino e aprendizaxe de linguas coas materias Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas: inglés/francés, Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas: lingua e literatura galegas, Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas: lingua e literatura castelás. Esta asignatura ten vinculación obrigatoria á mención cualificadora AICLE (Aprendizaxe integrada de contidos en linguas estranxeiras). Pola súa natureza, ubicación no plano de estudos e carácter obrigatorio vinculante coa citada mención cualificadora está considerada materia fundamentante, polo que debe proporcionar unha formación xeral sobre o ensino e aprendizaxe das linguas orientada a posibles aplicacións aos casos particulares do ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas nas distintas linguas e á súa planificación na Educación Primaria.

2.3. Interese da materia para a futura profesión Esta materia contribúe á formación profesional e cultural do futuro profesorado no tocante a:

coñecer as bases nas que debe asentar o traballo coas linguas con vistas a axudar a conseguir que o seu futuro alumnado posúa unha competencia instrumental plurilingüe e unha valoración do papel das linguas nas comunidades multilingües

contextualizar a aprendizaxe lingüística de acordo cos obxectivos educativos previstos para a Comunidade Autónoma Galega e coas directrices da Unión Europea

comprender mellor a relación docente canto a problemas de comunicación relacionados co uso das linguas

III. COMPETENCIAS

3.1. Competencias xerais G.2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en

colaboración con outros docentes e profesionais do centro. G.3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües.

Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.

3.2. Competencias específicas E.44. Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación. E.50. Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes doutras linguas. E.51. Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.

3.3. Competencias básicas B.2. Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma

profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.

B.3. Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.

Page 4: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 4

B.4. Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.

3.4. Competencias transversais T.2. Coñecemento instrumental da lingua galega. T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación. T.4. Competencia informacional.

IV. OBXECTIVOS

4.1. Xerais • formar ao alumnado, futuro docente, no coñecemento e aplicación dos fundamentos das

linguas e das súas funcións e dos factores (sociolingüísticos, didácticos e normativos) relacionados co ensino e aprendizaxe das linguas en contextos multilingües

• acadar un grao de dominio aceptable daquelas competencias enumeradas no apartado anterior máis relacionadas co ensino e aprendizaxe das linguas

4.2. Coñecementos (que o alumnado coñeza) • os fundamentos das linguas e as súas funcións

• a natureza das situacións multilingües e a súa relación co ensino e aprendizaxe das linguas

• os determinantes da situación sociolingüística galega, especialmente no ensino

• as bases da planificación lingüística escolar galega e o modelo vixente

• contidos básicos sobre o ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe

4.3. Procedementos (que o alumnado saiba) • aplicar coñecementos sobre as linguas, as súas funcións e as situacións multilingües ao

ensino e aprendizaxe das linguas

• analizar casos e modelos educativos multilingües e aplicalos a situacións concretas

• resolver problemas relacionados co ensino e aprendizaxe das linguas e tomar decisións ao respecto

• analizar exemplos relacionados coa situación sociolingüística galega, especialmente a escolar

• operar con criterios e instrumentos propios da planificación lingüística escolar

• aplicar principios do ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe a partir do MECR

• potenciar as capacidades comunicativas do alumnado

• traballar en equipo

• buscar, analizar e sintetizar información

• argumentar e razoar as súas opinións, posturas e decisións

4.4. Actitudes (que o alumnado saiba valorar) • amosar actitudes positivas e respectuosas cara á diversidade lingüística como unha riqueza

expresiva e cultural e valorar a importancia destas actitudes para o ensino e aprendizaxe das linguas

Page 5: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 5

V. CONTIDOS DA ASIGNATURA Para o desenvolvemento específico deste apartado consultar tamén o curso virtual homónimo no seguinite enderezo: https://cv.usc.es/course/view.php?id=34 TEMA 1. Principios básicos das ciencias da linguaxe e da comunicación

1.1. Principios básicos das ciencias da linguaxe e da comunicación. 1.2. As linguas como instrumentos de comunicación, elementos simbólicos e construtos sociais. 1.3. O ‘saber facer’ e o ‘saber ser’ en relación coas linguas: obxectivos comunicativos e obxectivos

actitudinais. Sentido do tema dentro da asignatura Introdutorio, para que o alumnado saiba

• en qué se basea o estudo das linguas

• cales son os fundamentos da comunicación

• as principais funcións que cumpren as linguas

• a aplicación destes coñecementos no ensino e aprendizaxe das linguas. As linguas son: instrumentos do proceso de ensino e aprendizaxe a diversidade lingüística das comunidades multilingües e multiculturais repercute no ensino

• valorar o papel das linguas, tendo en conta que

• son vehículo de expresión acaído ás comunidades que as falan

• un ben cultural e unha manifestación dun xeito de entender o mundo, polo que merece respecto e recoñecemento por igual

• a diversidade lingüística é unha riqueza e un recurso de integración social

Docencia expositiva en grupo grande

• Exposición dos fundamentos da linguaxe e da comunicación e da súa relación co ensino

• Presentación das principais funcións das linguas (comunicativa, representativa e identitaria) e da súa aplicación no ensino

• Explicación das bases do uso das linguas (Pragmática, Análise do discurso docente, …) e da súa aplicación no ensino/aprendizaxe das mesmas

• Análise de actitudes e valores cara as linguas e da importancia daqueles na Educación Primaria Docencia interactiva en grupo medio

• Aplicación das características da linguaxe ao proceso de ensino/aprendizaxe e análise de situacións comunicativas docentes

• Comentarios de textos relativos aos contidos do tema

• Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

• Debate sobre competencia comunicativa oral e escrita do alumnado ao finalizar o ensino obrigatorio e propostas de mellora

• Discusión sobre actitudes cara as linguas

Docencia titorial

• Solución de dúbidas sobre contidos tratados nas docencias expositiva e interactiva

• Orientacións para o estudo e sobre fontes de información, lectura de documentos e preparación de probas escritas

• Debate en pequeno grupo

• Revisión e corrección de erros comúns no labor interactivo

Fontes e materiais para o seu estudo 1. LECTURA BÁSICA Baylon, Ch. e X. Mignot (1994). La comunicación, Madrid, Cátedra, 1996. [M-LIN 142]. capítulos I, VIII, X, XIV, XXIX e

XXX. 2. MATERIAL DE CONSULTA

Page 6: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 6

Baker, C. & Prys Jones, S. (Eds.) (1998): Encyclopedia of bilingualism and bilingual education. Clevedon: Multilingual Matters.

Centro Virtual Cervantes. Diccionario de términos clave de ELE http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/diccio_ele/indice.htm

Crystal, D. (1987). Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge, Madrid, Taurus, 1994, capítulos 4, 49, 65 e 64.

Moral, Rafael del (2001): Diccionario Espasa Lenguas del Mundo. Madrid: Espasa Calpe. Palacios Martínez, Ignacio M. (dir.) (2007): Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. Madrid: Enclave-ELE. Richards, Jack C., John Platt e Heidi Platt (1992). Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas,

Barcelona: Ariel, 1997. Xunta de Galicia (2004). Plan xeral de normalización da lingua galega. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.

http://www.xunta.es/linguagalega/plan_xeral_de_normalizacion 3. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA Bernárdez (2000) ¿Qué son las lenguas? Madrid: Alianza [M-LIN 143] capítulos 1, 5 e 9. Knapp, M. L. (1980). La comunicación no verbal. El cuerpo y el entorno, Barcelona, Paidós [M-LIN 42 e 43]. Reyes, Graciela (1995): El abecé de la pragmática. Madrid: Arco Libros. [Intercentros: SPA.G. 408]. Serrano, S. (2004) El regalo de la comunicación, Barcelona: Anagrama [F.B 3189 A; F.B 3189 B e F.B 3189 C

(Facultade de Filoloxía)]. Tusón, Jesús (2009): Patrimonio natural. Elogio y defensa de la diversidad lingüística. Barcelona: Ariel. VV. AA. (2003): “O desafío da diversidade lingüística”. Grial, 160: 18-70.

TEMA 2. O ensino plurilingüe

1.1. A educación en contextos multilingües. 1.2. Criterios para organizar o plurilingüismo escolar. 1.3. Modelos de ensino plurilingüe.

Sentido do tema dentro da asignatura Formación básica en conceptos e procedementos do ensino plurilingüe, para que o alumnado coñeza:

• as principais características que presenta a educación en contextos multilingües e avalíe distintos casos

• os criterios que se usan para organizar o plurilingüismo escolar e a súa utilidade para a planificación do mesmo

• os modelos de ensino plurilingüe, as súas similitudes e diferenzas

• e aplique os coñecementos obtidos a distintas situacións plurilingües Docencia expositiva en grupo grande

• Explicación dos fundamentos da educación en contextos multilingües

• Descrición dos criterios usados na planificación do plurilingüismo na escola

• Exposición e comparación dos modelos de ensino plurilingüe existentes na actualidade Docencia interactiva en grupo medio

• Análise dos modelos de educación bilingüe/trilingüe en Galicia, País Vasco, Navarra, Cataluña, País Valenciá e Baleraes. Elaboración dos correspondentes informes (lexislación lingüística, modelo, aplicación, resultados, etc.) a partir dos datos do MEC-2010. Aula de informática

• Estudo dun Proxecto Lingüístico de Centro

• Comentario de texto sobre modelos de ensino plurilingüe e debate posterior

Docencia titorial

• Solución de dúbidas sobre contidos tratados nas docencias expositiva e interactiva

• Orientacións para o estudo e sobre fontes de información, lectura de documentos e preparación de probas escritas

• Debate en pequeno grupo

• Revisión e corrección de erros comúns no labor interactivo

Page 7: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 7

Fontes e materiais para o seu estudo 1. LECTURA BÁSICA Milian, Marta (2000): “Cambio de lengua hogar-escuela”. En Montserrat Correig & Montserrat Bigas (coords.): Didáctica

de la lengua en la educación infantil. Madrid: Síntesis. 71-101. 2. MATERIAL DE CONSULTA MEC (2010) http://www.educacion.es/mecd/estadisticas/educativas/cee/2010/E1.xls 3. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA Appel, René & Pieter Muysken (1996): Bilingüismo y contacto de lenguas. Barcelona: Ariel. Caps. 1 e 6. Baker, Colin (1997): Fundamentos de educación bilingüe y bilingüismo. Madrid: Cátedra. Cummins, J. (1983): “Interdependencia lingüística y desarrollo educativo de los niños bilingües”. Infancia y Aprendizaje,

21: 37-68. Fernández Paz, A.; Lorenzo Suárez, A. e Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos, Santiago

de Compostela. Xunta de Galicia Huguet Canalís, Ángel & José María Madariaga Orbea (2005): Fundamentos de educación bilingüe. Bilbao: Universidad

del País Vasco. Lorenzo, F. (2005): “Políticas lingüísticas europeas: claves de la planificación y aprendizaje de lenguas en la UE”.

Cultura y Educación, 17(3): 253-263. Martín Rojo, Luisa (dir.) (2003): Asimilar o integrar? Dilemas ante el multilingüismo en las aulas. Madrid : Centro de

Investigación y Documentación Educativa. Perera, J. (ed.) (2003): Plurilingüisme i educació: els reptes del segle XXI. Barcelona: ICE de l’Universitat de Barcelona. Sagasta Errasti, M. Pilar & Matilde Sainz Osinaga: “La gestión del proyecto lingüístico de centro desde una perspectiva

ecológica”. http://www.ub.edu/ice/portaling/ seminari/seminari-pdf/63sagasta.pdf Siguán, Miquel (2001): Bilingüismo y lenguas en contacto. Madrid: Alianza. Cap. 6 (“La enseñanza bilingüe”). Silva Valdivia, B. (2008): “Lingua e escola en Galicia. Balance e propostas de futuro”. Grial, 179: 48-59. Unamuno, V. (2003), Lengua, escuela y diversidad sociocultural: hacia una educación lingüística crítica, Barcelona,

Graó.

TEMA 3. Situación social e escolar das linguas en Galicia

1.1. Situación social e escolar das linguas en Galicia. 1.2. Lexislación e modelo lingüístico no sistema educativo galego. 1.3. A planificación lingüística escolar en Galicia: criterios e instrumentos.

Sentido do tema dentro da asignatura Formación básica no coñecemento da situación sociolingüística galega e específica do estado da cuestión no ámbito docente da Educación Primaria, para que o alumnado:

• identifique os principais indicadores da situación sociolingüística galega

• coñeza a situación das linguas no sistema educativo galego da etapa de E. Primaria

• a partir do coñecemento desa situación e da lexislación lingüística vixente analice o modelo lingüístico galego

• aplique os criterios e instrumentos da PL escolar ao caso galego Docencia expositiva en grupo grande

• Exposición e explicación da situación sociolingüística galega e no ámbito escolar

• Descrición e análise da lexislación lingüística do modelo educativo galego

• Análise dos criterios e instrumentos da planificación lingüística escolar en Galicia Docencia interactiva en grupo medio

• Elaboración de informes sobre a situación sociolingüística escolar. Uso de equipos informáticos

• Discusión sobre a lexislación lingüística escolar e o/os modelos a que dá lugar

• Recollida de artigos de prensa, comentario dos mesmos na aula e debate sobre a planificación lingüística escolar en Galicia

Docencia titorial

• Solución de dúbidas sobre contidos tratados nas docencias expositiva e interactiva

Page 8: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 8

• Orientacións para o estudo e sobre fontes de información, lectura de documentos e preparación de probas escritas

• Debate en pequeno grupo

• Revisión e corrección de erros comúns no labor interactivo

Fontes e materiais para o seu estudo 1. LECTURAS BÁSICAS Silva Valdivia, B.; Rodríguez Rodríguez, X e Vaquero Quintela, I. (Coords.) (2010) Educación e linguas en Galicia.

Santiago de Compostela. USC (pp. 39-84). http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/publicacions/libros/educacixn_e_linguas_en_galicia.pdf

Xunta de Galicia (2010): Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Diario Oficial De Galicia nº 97, martes, 25 de maio de 2010 http://www.xunta.es/linguagalega/decreto_plurilinguismo

2. MATERIAIS DE CONSULTA Instituto Galego de Estatística (2010) Enquisa de condicións de vida das familias: coñecemento e uso do galego

http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0206002001 Ministerio de Educación y ciencia (2008): Las lenguas oficiales en el sistema educativo.

http://www.mec.es/cesces/informe-2007-2008/datos/III-02-10_lenguas.pdf http://www.mepsyd.es/cesces/informe-2004-2005/02-11.pdf http://www2.educacion.es/cesces/1.12.e.htm

Xunta de Galicia (2004): Plan xeral de normalización da lingua galega. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. 3. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA Lorenzo Suárez, A. (2008): “A situación sociolingüística do galego: unha lectura”. Grial, 179: 19-31. Real Academia Galega (2010): Análise da Real Academia Galega das Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino

non universitario de Galicia. A Coruña, 16/01/2010: RAG. Recalde Fernández, M. (1997). La vitalidad etnolingüística gallega (= Lynx. Documento de trabajo 9). Valencia: Centro

de Estudios sobre Comunicación Interlingüística da Universitat. Silva Valdivia (ed.) (2010). Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán.

Santiago de Compostela. ICE da USC e Xunta de Galicia Silva Valdivia, B. (2008): “Lingua e escola en Galicia. Balance e propostas de futuro”. Grial, 179: 48-59. Vila, I., C. Siqués & T. Roig (2006): Llengua, escola i inmigració: un debat obert. Barcelona: Graó.

TEMA 4. O ensino das linguas desde una perspectiva plurilingüe

1.1. O ensino das linguas desde una perspectiva plurilingüe. 1.2. O Marco Común Europeo de Referencia e o Portfolio Europeo das linguas. 1.3. O tratamento integrado das linguas.

Sentido do tema dentro da asignatura Formación básica e aplicada, para que o alumnado:

• coñeza os obxectivos do Consello de Europa sobre as competencias lingüísticas do cidadán europero do século XXI

• avalíe as potencialidades do Portfolio Europeo das linguas

• valore o currículo integrado das linguas como competencia básica da escola actual e futura Docencia expositiva en grupo grande

• Descrición das novas políticas educativas propostas polo Marco Común Europeo de Referencia para as linguas

• Análise dos elementos que compoñen o Portfolio Europeo das linguas

• Valoración do tratamento integrado das linguas e observación dalgúns exemplos Docencia interactiva en grupo medio

• Exercicio de aprendizaxe cooperativa sobre diferentes aspectos do MCER e do Portfolio

• Búsqueda de recursos en Internet sobre tratamento integrado de linguas e proxectos interlingüísticos Docencia titorial

• Solución de dúbidas sobre contidos tratados nas docencias expositiva e interactiva

Page 9: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 9

• Orientacións para o estudo e sobre fontes de información, lectura de documentos e preparación de probas escritas

• Debate en pequeno grupo

• Revisión e corrección de erros comúns no labor interactivo Fontes e materiais para o seu estudo

1. LECTURA BÁSICA Palacios Martínez, Ignacio M. (2008). “O Portfolio Europeo das Linguas: reflexións e ideas para a súa posta en práctica

na aula”, en T. Díaz García, I. Mas Álvarez e L. Zas Varela (coord.), Integración lingüística e inmigración. Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 117-136.

2. MATERIAIS DE CONSULTA Council of Europe (2001b). A Common European Framwork of Reference for Languages: Learning, Teaching,

Assessment – A General Guide for Users. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV-EDULANG(2001) 1) http://www.coe.int/T/DG4/Portfolio/documents/Guide-for-Users-April02.doc. Consello de Europa (2001). Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizax, ensino e avaliación. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia, 2005

Council of Europe (2000). European Language Portfolio (PEL): Principles and Guidelines. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV/EDU/LANG (2000) 33). http://aplicaciones.mec.es/programas-europeos/jsp/plantilla.jsp?id=343 http://diplomas.cervantes.es/docs/ficheros/200712030001_7_23.pdf

Xunta de Galicia: Portfolio Europeo das Linguas: banco de actividades. http://www.edu.xunta.es/web/actividades_portfolio

3. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA Arnau, Joaquim (2005): “El modelo catalán de atención educativa a los escolares inmigrantes”. Cultura y educación,

17(3): 265-282. Cassany, Daniel (2002): “El portfolio europeo de las lenguas”. Aula de innovación educativa. 117. 13-17. Cassany, Daniel (dir.) (2006): El Portfolio europeo de las lenguas y sus aplicaciones en el aula. Madrid : MEC. Comisión Europea. Dirección Xeral de Educación e Cultura (2005) Cifras clave de la enseñanza de lenguas en los

centros escolares de Europa. Eurydice http://www.educacion.es/cide/jsp/plantilla.jsp?id=eurydice032010 Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: CLIL 09: Integrando linguas a través do currículo.

http://www.edu.xunta.es/linguasestranxeiras Consello de Europa (1992): “Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias”.

www.galego.org/lexislacion/europea/carta.html Díaz García, M.T.; Más Álvarez, I . e Zas Varela (coords.) (2009). Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas.

A Coruña. TresCtres. Ugalde Ustárroz, Nerea (2014): “El Tratamiento Integrado de las Lenguas: una vía de trabajo en las aulas de

secundaria”. En Celayeta Gil, Nekane; de Lucas Vicente, Alberto; Iraceburu Jiménez, Maite; Jiménez Berrio, Felipe (coords.). Enseñanza y adquisición de lenguas en el contexto educativo español. Anejo XCVI. Málaga: Analecta Malacitana / Universidad de Málaga.

Cronograma do curso académico 2014-2015

Tema Título do tema Sesións

expositivas Sesións

interactivas Sesións de

titoría

1 Principios básicos das ciencias da linguaxe e

da comunicación 4 x 90 m 4 x 90 m

2 x 90 m

2 O ensino plurilingüe 3 x 90 m 3 x 90 m

3 Situación social e escolar das linguas en

Galicia 3 x 90 m 3 x 90 m

4 O ensino das linguas desde una perspectiva

plurilingüe 4 x 90 m 4 x 90 m

Todos Repaso de contidos, revisión de erros e

avaliación formativa 2 x 90 m 2 x 90 m

24 horas 24 horas 3 horas

Page 10: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 10

VI. BIBLIOGRAFÍA XERAL E FONTES DE CONSULTA Bibliografía básica

Baker, C. & Prys Jones, S. (Eds.) (1998): Encyclopedia of bilingualism and bilingual education. Clevedon: Multilingual Matters.

Baylon, Ch. e X. Mignot (1994). La comunicación, Madrid, Cátedra, 1996. [M-LIN 142]. capítulos I, II e VIII Council of Europe (1992). European Charter for Regional or Minority Languages. Strasbourg. ETS nº 148. Tradución:

Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Consello de Europa: Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. http:// www.galego.org/lexislacion/europea/carta.html

Council of Europe (2001b). A Common European Framwork of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment – A General Guide for Users. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV-EDULANG(2001) 1) Publicación en líña (Xunta de Galicia, 2006). http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Marco_textoI.pdf e http://www.usc.es/snl/forma/marco.pdf e http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Framework_EN.pdf

Crystal, D. (1987). Enciclopedia del lenguaje de la universidad de Cambridge, Madrid, Taurus, 1994. Palacios Martínez, Ignacio M. (dir.) (2007). Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. Madrid. enclave-ELE Palacios Martínez, Ignacio M. (2008). “O Portfolio Europeo das Linguas: reflexións e ideas para a súa posta en práctica

na aula”, en T. Díaz García, I. Mas Álvarez e L. Zas Varela (coord.), Integración lingüística e inmigración. Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 117-136.

Siguán, Miquel (2001): Bilingüismo y lenguas en contacto. Madrid: Alianza. Cap. 6. Silva Valdivia, B.; Rodríguez Rodríguez, X e Vaquero Quintela, I. (Coords.) (2010) Educación e linguas en Galicia.

Santiago de Compostela. USC (pp. 39-61). http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/publicacions/libros/educacixn_e_linguas_en_galicia.pdf

Xunta de Galicia (2010): Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Diario Oficial De Galicia nº 97, martes, 25 de maio de 2010

Bibliografía complementaria.

Appel, R. & Muysken, P. (1987/1996). Bilingüismo y contacto de lenguas. Barcelona. Ariel Arnau, J. (et al.) (1992): La educación bilingüe. Barcelona: ICE-Horsori. Baker, C. (1997). Fundamentos de Educación Bilingüe y Bilingüismo. Madrid. Cátedra Bernárdez, E. (1999). ¿Qué son las lenguas?, Madrid, Alianza [M-LIN 143] Cassany, Daniel (2006). El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula. Madrid. MEC. Conde, Gisela (2006). “El Portfolio Europeo de las Lenguas: el proyecto europeo y su desarrollo en España”, Carabela

57, pp. 143-154. Council of Europe (2000). European Language Portfolio (PEL): Principles and Guidelines. Strasbourg: Council of

Europe. (Document DGIV/EDU/LANG (2000) 33) http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Guidelines_EN.pdf Cummins, J. (1983): “Interdependencia lingüística y desarrollo educativo de los niños bilingües”. Infancia y Aprendizaje,

21: 37-68. Cummins, J. (2002): Lenguaje, poder y pedagogía. Madrid: Ediciones Morata. Díaz García, M. Teresa; Mas Álvarez, Inmaculada e Zas Varela, Luz (2009). Diversidade lingüística e cultural no ensino

de linguas. A Coruña. TresCtres. Fernández Paz, A., A. Lorenzo Suárez & F. Ramallo (2007): A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago

de Compostela: Xunta de Galicia. Huguet, A. & J. M. Madariaga (2005): Fundamentos de educación bilingüe. Bilbao: Universidad del País Vasco. Knapp, M. L. (1980). La comunicación no verbal. El cuerpo y el entorno, Barcelona, Paidós [M-LIN 42 e 43] Lomas, C., A. Oroso e A. Tusón (1993). Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua.

Barcelona, Paidós [LIN 329 e 330 (Facultade Humanidades)] Lomas, Carlos (1999): Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras. Teoría y práctica de la educación lingüística.

Barcelona: Paidós. 2ª edición correxida e actualizada. Lorenzo Suárez, A. (2008): “A situación sociolingüística do galego: unha lectura”. Grial, 179: 19-31. Lorenzo, F. (2005). “Políticas lingüísticas europeas: claves de la planificación y aprendizaje de lenguas en la UE”. En

Cultura y Educación, 17 (3), pp. 253-263. Martín Peris, E. (2004): “¿Qué significa trabajar en clase con tareas comunicativas?”. redELE, N.º0. Disponible en línea:

http://www.mepsyd.es/redele/revista/martin.shtml Monteagudo, H. & X. M. Bouzada Fernández (coords.) (2003): O proceso de normalización do idioma galego (1980-

2000). Volume II. Educación. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Monteagudo, H. e A. Lorenzo (dirs.) (2005): A sociedade galega e o idioma: evolución sociolingüística de Galicia (1992-

2003). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Pastor Cesteros, Susana (2004). Aprendizaje de segundas lenguas. Lingüística aplicada a la enseñanza de idiomas.

Alicante: Universidad de Alicante.

Page 11: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 11

Perera, J. (ed.) (2003). Plurilingüisme i educació: els reptes del segle XXI, Barcelona, ICE de l’ Universitat de Barcelona. Richards, Jack C., John Platt e Heidi Platt (1992). Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas,

Barcelona, Ariel, 1997. [M-LIN 13, 256; M-LIN.DI 241 e M-ENG 164] Romaine, S. (1995). Bilingualism. Oxford. Blackwell. San Isidro Agrelo, Fco. Xabier (2009): CLIL: Integrando linguas “A través” do Currículo. Santiago de Compostela.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Publicación en línea http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas/files/CLIL%2009%20WEB.pdf

Serrano, S. (2004) El regalo de la comunicación, Barcelona, Anagrama [F.B 3189 A; F.B 3189 B e F.B 3189 C (Facultade de Filoloxía)]

Siguán, M. (2004). Bilingüismo y lenguas en contacto, Madrid, Alianza Editorial. Silva Valdivia, B. (2008). “Lingua e escola en Galicia. Balance e propostas de futuro”. Grial nº 179, pp. 48-59. Trujillo Sáez, Fernando (2005):”En torno a la interculturalidad: reflexiones sobre cultura y comunicación para la didáctica

de la lengua”. Porta Linguarum 4, junio, 2005, pp. 23-39. Trujillo Sáez, Fernando (2007): “Enseñar nuevas lenguas en la escuela: L1, L2, LE…NL”. Revista de Educación, 3543,

mayo-agosto, 2007, pp. 71-91. Disponible en línea: http://www.revistaeducacion.mec.es/re343/re343_04.pdf Tusón, J. (1989). El lujo del lenguaje, Barcelona, Paidós [M-LIN 50] Unamuno, V. (2003), Lengua, escuela y diversidad sociocultural. Hacia una educación lingüística crítica, Barcelona,

Graò. [M-LIN.DI 250] [M-LIN.DI 251] Vila, I., C. Siqués & T. Roig (2006): Llengua, escola i inmigració: un debat obert. Barcelona: Graó. VV. AA. (2003): O desafío da diversidade lingüística. Grial, 160: 18-70. Wodak, R. e D. Corson (1997) Encyclopedia of language and education. (8v), Dordrecht, Kluwer [80 664] (Facultade de

Educación) e [41 ENC 1] (Facultade Filoloxía) Wurm, S. A. (ed.) (2001). Atlas de las lenguas del mundo en peligro de desaparición. París, Unesco Xunta de Galicia (2004). Plan xeral de normalización da lingua galega. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.

http://www.xunta.es/linguagalega/plan_xeral_de_normalizacion Xunta de Galicia (2010). Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

DOG nº 97 de 25 de maio de 2010, páxina 9.242

VII. INDICACIÓNS METODOLÓXICAS Liñas xerais do ensino da asignatura

• Nas actividades de gran grupo trataranse os contidos que supoñan unha maior dificultade de comprensión. Partirase dos conceptos máis básicos e universais, fundamento do contido da asignatura. Atenderanse, ademais, as dificultades iniciais de aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición do profesor e será implementada polas correspondentes actividades prácticas relacionadas cos contidos desa exposición de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.

• As actividades de grupo medio consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe coma o debate, o estudo de casos, etcétera, de xeito que conleven una considerable participación activa do alumnado e do grupo. Procurase favorecer o desenvolvemento de competencias do tipo análise/síntese, pensamento crítico, comunicativas, etcétera, ademais das propias do módulo e da asignatura. No traballo persoal do alumnado prestarse especial atención á lectura, o comentario e o debate de documentos e a exposición dos seus traballos, para potenciar as capacidades comunicativas –especialmente falar en público– a aprendizaxe autónoma, o traballo cooperativo, etcétera.

• O alumnado será atendido en titorías docentes (individuais ou de grupo reducido) co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á asignatura.

• Unha vez que a materia estea incorporada á USC virtual, o alumnado da mesma poderá facer uso das ferramentas en liña dispoñibles (correo electrónico, foro de debate, etcétera) para completar a súa formación presencial.

Orientacións para o traballo e estudo da asignatura Actividade en grupo grande (docencia expositiva) Nas clases presenciais tipo lección maxistral aconséllase que

Page 12: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 12

• se atenda ás explicacións do profesor e fixarse naqueles apartados aos que lle concede maior importancia ou nos que pon maior énfase

• tomar notas de forma sintética das ideas principais

• relacionar o tratado en cada clase co contido xeral do tema e procurar darlle sentido no conxunto de coñecementos de xeito que a aprendizaxe che resulte significativa. O primeiro paso para aprender algo é comprendelo, pero tamén é moi importante incorporalo ao que un sabe. Un bo método para reter algo é relacionalo con outros coñecementos ou ideas

• ao final da clase elaborar un pequeno mapa conceptual ou esquema do tratado nela para que sirva de resumo e axude a aprendelo e retelo

Traballo colaborativo en grupos:

• é importante estar interesado/a e activo/a participando no grupo e aportando os coñecementos e puntos de vista propios

• cómpre recordar que un grupo non é unha mera suma de individuos, senón un equipo que colabora para lograr un fin determinado

• o profesor dará unhas directrices básicas para traballar en grupo. Non obstante, unha vez asignado o traballo correspondente a cada grupo, poderíase proceder da seguinte maneira:

• informarse ben do contido de cada traballo, do que se pretende con el e das orientacións para traballar

• se o profesor/a non facilitase un esquema do traballo, hai que elaboralo e presentarllo para a súa revisión antes de pasar á fase seguinte de recompilación de datos

• se o traballo fose amplo (varios apartados, extensión considerable, etcétera) é recomendable distribuír o labor de busca de fontes (libros, artigos, ...) e de recompilar información de cada unha delas. Nesta fase de consulta de fontes hai dous aspectos importantes: 1) saber analizar o contido do material que consultamos (é dicir, quedarse co principal e relacionalo entre si) e 2) saber sintetizar (resumir, organizar en apartados, etcétera)

• unha vez recollida e organizada a información cómpre que o grupo se reúna para avaliala, reorganizala e tirar as conclusións ou o resumo pertinentes

• o último paso sería a redacción do traballo. Primará a capacidade para sintetizar os contidos, a organización do tratado en epígrafes, apartados, etcétera, a forma de relacionar as partes, a claridade na exposición e a presentación. Cómpre coidar

a cantidade: achegar a información xusta, a necesaria (nin máis nin menos) para que se entenda

a calidade: tratar do que verdadeiramente se sabe a relevancia: expoñer o que realmente importa, non o accesorio ou secundario o modo: ser directo/a, claro/a e breve, ir ao grao.

Traballo individual (lecturas, preparación de informes, resumos, etcétera)

• Consultar algún manual de orientacións para o estudo ou algún outro de metodoloxía do traballo intelectual ou ben revisar as orientacións para o estudo que quizais recomendaron en estudos anteriores.

• Aínda que varía moito dunha a outra persoa, é recomendable: traballar nun escenario axeitado que permita a concentración no traballo (iluminación,

temperatura, sen ruídos, ...) ter a man o material bibliográfico necesario e, sobre todo, un dicionario (a poder ser da

materia ou relacionado con ela) e recorrer a el á menor dúbida seleccionar e anotar as ideas principais do texto ou da fonte que esteas consultando organizalas e relacionalas entre si e integralas nos coñecementos propios saber expresalas de forma sintética, ordenada e clara.

Page 13: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 13

Sesións prácticas Consistirán basicamente na análise, comentario e debate a partir de fontes relacionadas con cada tema, en concreto:

• textos científicos e artigos de prensa

• bases de datos

• material gráfico (táboas, gráficos, esquemas, etcétera)

• material audiovisual (vídeos e gravacións).

Titorías

• Á parte das docentes, é moi recomendable que o alumnado asista ás titorías académicas. Pode facelo en grupos de 2 ou 3 persoas porque deste xeito poderían beneficiarse das mesmas aclaracións, orientacións, etcétera máis persoas á vez.

• recoméndase que, previo ás titorías, cada estudante faga unha lista de temas que quere tratar co profesor.

Probas, controis e exames

As probas parciais, exames, etcétera, tamén serven para aprender e/ou mellorar o aprendido por iso, aínda que un estudante estea de acordo coa cualificación outorgada debería asistir á revisión do seu exame, traballo, etcétera, porque a revisión conxuntamente co profesor pode axudarlle a fixar os coñecementos, darlles outro enfoque, buscar outras interpretacións, relacionalo con outros contidos dos estudos, etcétera.

Outras recomendacións ao alumnado para o estudo da materia

Ao tratarse dunha materia preparatoria (propedéutica) e de iniciación, recoméndase ao alumnado da mesma que

• empece por tratar de comprender e asimilar os conceptos básicos da mesma

• nunha segunda fase pode pasar ás principais orientacións no estudo da linguaxe

• nunha terceira fase debe intentar unha comparanza entre ditos enfoques e

• por último, debe esforzarse en encontrarlles una aplicación ao ensino e aprendizaxe das linguas

Page 14: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 14

Atribución de carga ECTS (European Credit Transfer System)

ACTIVIDADES FORMATIVAS EN HORAS E RELACIÓN COAS COMPETENCIAS

TIPO DE ACTIVIDADE

ACTIVIDADES PRESENCIAIS EN AULA

HO-RAS

ACTIVIDADES DE TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO

HO-RAS

COMPE-

TENCIAS

ACTIVIDADE EN GRAN GRUPO

• expositivas

• coordinación

• avaliación en gran grupo

• Presentación e toma de acordos sobre o plan de traballo da asignatura

• Desenvolvemento de contidos por parte do docente

• Interacción / debate

• Resolución de casos prácticos…

• Realización de probas escritas de avaliación

24

• Lectura e análise de documentos

• Reflexión sobre aspectos diversos relacionados coa asignatura

• Estudo

35

G.2 G.3 E.44 E.50 E.51 B.2 B.3 B.4 T.2 T.3

ACTIVIDADE EN GRUPO MEDIANO

• seminario

• aula informática

• Planificación e desenvol-vemento de tarefas grupais: informes, estudo de casos, proxectos didácticos…

• Análise de documentos

• Negociación e debate

• Traballo na aula de informática

24

• Lectura e análise de documentos

• Elaboración de instrumentos de observación, de recollida de datos, etc.

• Consulta de fontes de información

• Redacción de traballos escritos e preparación de presentacións orais

45

G.2 G.3 E.44 E.50 E.51 B.2 B.3 B.4 T.2 T.3 T4

ACTIVIDADE EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAL

• titorías docentes

• Titorías para orientar, controlar e valorar tarefas individuais ou grupais

• Titorías para atender a factores relacionados ca diversidade ou con circunstancias particulares do alumnado

3

• Búsqueda de fontes de información, lectura de documentos e preparación de probas escritas

• Formulación de dúbidas

• Preparación de debates en pequeno grupo

19

G.2 G.3 E.44 E.50 E.51 B.2 B.3 B.4 T.2,T.3

TOTAL HORAS 51 TOTAL HORAS 99

VIII. AVALIACIÓN

CRITERIOS E REQUISITOS DE AVALIACIÓN DO RENDEMENTO ACADÉMICO DO ALUMNADO

Os catro elementos nos que se baseará o sistema de avaliación (A, B, C, D) son: A. PARTICIPACIÓN NA AULA

Peso na cualificación: 15% Obxecto de avaliación: control de asistencia e observación da actitude do alumnado na aula e da súa

participación nas actividades realizadas (incluídas as actividades interdisciplinares e complementarias), prestando especial atención ao grao de pertinencia e motivación das intervencións e á propiedade e corrección da súa expresión e argumentación.

Instrumentos de avaliación: rexistro de asistencia e observación do profesor. Orientacións para a avaliación: avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa

disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións expositivas e interactivas, e participar activamente

Page 15: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 15

e con interese nas mesmas, para obter a puntuación máxima global do apartado. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais) non será cualificado neste apartado A.

B. PROBAS ESPECÍFICAS Peso na cualificación: 40% Obxecto da avaliación: comprensión dos contidos básicos das sesións expositivas e interactivas. Instrumento de avaliación: exame escrito. Orientacións para a avaliación: todo o alumnado matriculado deberá realizar un exame final sobre os

contidos das sesións expositivas e interactivas na data fixada pola Secretaría do centro que suporá ata un 40% da cualificación da materia.

C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS

Peso na cualificación: 30% Obxecto da avaliación: Forma: propiedade e corrección expresivas, riqueza léxica, relación contido-

forma, cohesión textual, etc. Contido: Pertinencia do tema para a asignatura, enfoque do mesmo, fontes consultadas, orixinalidade e creatividade, argumentación e coherencia, etc.

Instrumentos de avaliación: traballos, informes, etc., é dicir, produción escrita: escritos individuais e grupais.

Orientacións para a avaliación: durante o curso o alumnado deberá ir presentando paulatinamente a súa produción escrita resultado dos traballos (individuais ou grupais) realizados nas sesións presenciais e, en ocasións, ampliados nas horas non presenciais. A suma de todos estes pequenos traballos constituirá o portafolios da materia. O primeiro día de clase o profesorado explicará con máis detalle como se debe desenvolver o proceso paulatino de elaboración e entrega do portafolios. Valorarase ata un máximo do 30% da cualificación da materia.

D. PRESENTACIÓNS ORAIS

Peso na cualificación: 15% Obxecto da avaliación: Forma: Dicción (articulación, entoación, etc. ), fluidez verbal, presentación

ordenada dos contidos. Contido: pertinencia para a asignatura do tema e das fontes consultadas, relacións con outros contidos, argumentación axeitada, claridade nas conclusións.

Instrumentos de avaliación: exposición oral de traballos. Orientacións para a avaliación: non só se valorará a calidade do traballo exposto senón tamén a

calidade formal da exposición.

Casuísticas específicas da avaliación:

1. CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá cumprir dúas condicións:

a. Obter como mínimo a metade da cualificación máxima no exame final (2 puntos de 4). b. Acadar unha puntuación mínima de 5 puntos como resultado da suma das puntuacións obtidas

nos elementos A, B, C, D.

2. AVALIACIÓN DO ALUMNADO CUNHA ASISTENCIA ENTRE O 50% E O 80% ÁS ACTIVIDADES PRESENCIAIS

Os estudantes que se atopen nesta situación só poderán obter puntuación nos apartados B, C e D, porque, para puntuar no A, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Poderán presentar a produción escrita realizada nas sesións presenciais e realizar presentacións orais na aula.

3. ALUMNADO QUE SÓ ASISTE A MENOS DO 50% Igual que no caso anterior, estas persoas poderán obter puntuación nos apartados B, C e D. Ademais, dada a natureza da asignatura, unha asistencia tan limitada inflúe na puntuación final dos apartados C e D que, como dixemos antes, son avaliados en función dos traballos escritos e as exposicións orais que o alumnado realiza nas sesións presenciais.

Page 16: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 16

4. ALUMNADO QUE NON SUPERE A ASIGNATURA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO)

Os estudantes que non superen a materia no mes de maio teñen unha segunda oportunidade no mes de xullo. Os instrumentos de avaliación desta segunda oportunidade serán tres:

a. Informes e outras producións escritas realizadas ao longo do curso. Se o alumno entregou o portafolios da materia no seu momento, esta cualificación conservarase para a avaliación do mes de xullo. Puntuación máxima: 3 puntos.

b. Exame escrito sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas. Puntuación máxima: 4 puntos.

c. Proba oral na que se avaliarán as competencias recollidas neste programa. Puntuación máxima: 3 puntos.

Debe terse en conta que o alumnado que non asistiu a clase non vai ter puntuación no apartado (a), de modo que a cualificación máxima que pode obter é de 7 puntos.

5. ALUMNADO REPETIDOR Deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días do semestre correspondente para concretaren o plan de traballo e o sistema de avaliación.

6. AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON EXENCIÓN PARCIAL DE ASISTENCIA E ACTIVIDADES PRESENCIAIS (DISPENSA)

Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días de clase do semestre correspondente para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación.

7. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html

Outras consideracións de interese: Á parte das indicacións específicas sobre avaliación que se indiquen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado:

1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Primaria. 2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais. 3. O coñecemento e dominio dos principais conceptos, teorías e métodos da asignatura e a capacidade para relacionalos co ensino e aprendizaxe das linguas. 4. A habilidade para integralos no saber do/da alumno/a, futuro docente de E. Primaria. 5. A competencia para saber aplicar os coñecementos aprendidos na resolución de casos prácticos. 6. A calidade da actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …) que inclúe, ademais do contido, a presentación pulcra e ordenada das actividades e a súa entrega nos prazos indicados. 7. A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas.

Porcentaxe de puntuación atribuída a cada aspecto avaliado e competencias que se avalían

SISTEMA DE AVALIACIÓN DA ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS

ACTIVIDADE AVALIADA PESO NA

CUALIFICACIÓN

COMPETENCIAS QUE SE AVALÍAN

XERAIS ESPECIFICAS BÁSICAS TRANSV.

Observación da participación na aula

15% G.2, G.3 E44, E50, E51 B.3, B.4 T.2, T.3

Probas específicas 40% G.2, G.3 E44, E50, E51 B.3, B.4 T.2

Informes e outras producións escritas

30% G.2, G.3 E44, E50, E51 B.3, B.4 T.2, T.3, T4

Presentacións orais 15% G.2, G.3 E44, E50, E51 B.3, B.4 T.2, T.3, T4

Page 17: GRAO EN MESTRE/A DE EDUCACIÓN PRIMARIA GUIA … · • Comentarios de textos relativos aos contidos do tema • Avaliación da vitalidade etnolingüística dunha lingua minoritaria

Guía docente da asignatura Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingües 17

Recomendacións de cara á avaliación. 1. Relacionadas co material utilizado para preparar a materia

revisar os apuntamentos e notas tomados en clase e cotexalos coas correspondentes fontes bibliográficas.

no caso de que este material conteña abundantes erros ou estea moi incompleto é aconsellable usar as fontes bibliográficas ou o material subministrado polo profesor

non é recomendable recorrer a apuntamentos de compañeiros porque cada quen posúe a súa forma particular de interpretar, organizar, sintetizar, etcétera en función do método de traballo propio

personalizar o material de estudo. É aconsellable, unha vez entendido e asimilado o contido do que se pretende aprender, realizar esquemas que nos poidan axudar a organizar, sintetizar e reter a información correspondente

ter sempre a man un dicionario da materia e consultalo á menor dúbida

2. Relacionadas coa metodoloxía de traballo dedicar un tempo diario a estudar a materia non deixar a preparación para uns días antes dos exames. Esta forma de estudar non produce boa

aprendizaxe porque: case sempre se traballa contra reloxo non se soe dispor do tempo necesario para reflexionar, relacionar, etcétera e, polo tanto, non dá

lugar a interiorizalo debidamente, a que sedimente e pase a formar parte do saber de cada quen soe reducirse a un exercicio memorístico destinado a almacenar a maior cantidade de

información para responder ao que se nos poida preguntar nun prazo breve e logo desprenderse dela porque xa non se considera útil.

3. Relacionadas coa realización dos exames (sobre todo probas de desenvolvemento de temas ou preguntas) asigna un tempo a cada pregunta ou apartado en función das peculiaridades do exame procurar recordar o aprendido sobre o que se pregunta. Se non o recordas todo non te poñas nervioso.

A memoria ás veces non é puntual, pero é cumpridora organiza o que recordes. Debes ter en conta criterios coma: principal / secundario, idea /apoio ou

xustificación da idea, etcétera. Se é posible fai un pequeno esquema exprésate con claridade, corrección e propiedade. Recorda o que se di arriba sobre a cantidade,

calidade e relevancia da información revisa o exame

Recomendacións de cara á recuperación Relacionadas cos posibles erros ou eivas no coñecemento da materia

asistir a todas as sesións de revisión de exames e de cualificacións tomar boa nota dos erros que puideron ser a causa de non superar a materia asistir ás titorías para solucionar dúbidas ou novas explicacións no caso das dúbidas, é aconsellable recorrer sempre ás fontes bibliográficas ou ás explicacións do

profesor