Upload
others
View
2
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
GUÍA DO GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS E
RECURSOS HUMANOS
Curso 2019/2020
COORDINADOR: Mario Lado Campelo
1
ÍNDICE
1.- OBXECTIVOS XERAIS E COMPETENCIAS .................................... 2
2.- PLANO DE ESTUDOS ...................................................................... 4
2.1.- GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS .......... 4
2.2.- DOBRE GRAO EN DEREITO E RELACIÓNS LABORAIS E
RECURSOS HUMANOS ................................................................................ 6
2.3.- CURSO PONTE PARA DIPLOMADOS EN GRADUADO SOCIAL E
GRADUADOS SOCIAIS DIPLOMADOS ........................................................ 8
2.4- CURSO PONTE PARA DIPLOMADOS EN RELACIÓNS LABORAIS ... 9
2.5.- REQUISITOS PARA A GRADUACIÓN ................................................ 11
3.- GRUPOS DE DOCENCIA ............................................................... 12
3.1.- CAMBIOS DE QUENDA ...................................................................... 13
4.- PRÁCTICAS EN EMPRESA ........................................................... 14
5.- PROGRAMAS DE MOBILIDADE ................................................... 15
6.- ESTUDANTES TITORES ................................................................ 17
7.- SERVIZOS UNIVERSITARIOS DE INTERESE .............................. 18
7.1.- PUNTO DE INFORMACIÓN UNIVERSITARIA .................................... 18
7.2.- BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS ....................................................... 18
7.3.- REDE DE AULAS DE INFORMÁTICA ................................................. 20
7.4.- SOLICITUDE DE CORREO ELECTRÓNICO ...................................... 20
7.5.- ACCESO A INTERNET ........................................................................ 21
7.6.- TARXETA UNIVERSITARIA DE IDENTIDADE (TUI) .......................... 21
7.7.- SECRETARÍA VIRTUAL PARA O ESTUDIANTE ................................ 22
7.8.- CAMPUS VIRTUAL .............................................................................. 23
7.9.- A PÁXINA WEB DA FACULTADE ....................................................... 24
8.- ESTUDO DE IDIOMAS ................................................................... 27
8.1.- CENTRO DE LINGUAS MODERNAS (CLM) ................................... 27
8.2.- ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS ...................................................... 28
2
1.- OBXECTIVOS XERAIS E COMPETENCIAS
OBXECTIVOS XERAIS DO TÍTULO DE GRAO EN RELACIONS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS.
(Datos recollidos da memoria para a solicitude de verificación do título)
Pretendese que, tras a superación dun programa de formación multidisciplinar, o/a
graduado/-a, como experto que será no ámbito do traballo e das súas relacións, entendidas
estas no senso amplo (regulación legal das relacións traballador-empresario; organización
do traballo; dirección e xestión de persoas e grupos nas organizacións,…), adquira as
competencias necesarias para:
Exercer de modo adecuado a profesión de Graduado Social.
Intervir no deseño e posta en práctica da estratexia e as políticas de recursos
humanos, así como en materia de organización do traballo en todo tipo de
organizacións.
Asesorar, prestar apoio e emitir ditames no ámbito socio laboral.
COMPETENCIAS QUE ADQUIRIRÁ O ESTUDANTE TRAS COMPLETAR O PERÍODO FORMATIVO:
A) COMPETENCIAS XERAIS
Capacidade para:
Aprender autonomamente.
Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
Planificar, organizar e tomar decisións no desenvolvemento de actividades e
procesos diversos.
Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto o tema.
Expoñer e defender axeitadamente, de forma oral e/ou escrita, asuntos ou temas de
carácter xeral ou relacionados coa súa especialidade.
Traballar individualmente e en equipo.
Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia,
os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
B) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
Capacidade para:
Recoñecer e relacionar os procesos de cambio social, dende unha perspectiva
histórica, económica e sociolóxica, coas innovacións en materia de organización do
traballo e a evolución dos sistemas de relacións laborais.
Coñecer, discriminar e ser capaz de aplicar as normas laborais e de Seguridade
Social vixentes como base para poder asesorar e xestionar en materia de emprego,
seguridade social e protección social complementaria.
Localizar, interpretar, sintetizar e representar datos e indicadores laborais e
socioeconómicos.
3
Coñecer, comprender e aplicar as normas xurídicas básicas, públicas e privadas,
necesarias para o axeitado desempeño das tarefas de asesoramento e
representación técnica no ámbito administrativo e procesual e defensa ante os
tribunais laborais.
Diferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións no ámbito
organizativo e da xestión de recursos humanos.
Identificar, recoñecer e relacionar as normas en materia de seguridade e saúde no
traballo que permitan deseñar, xestionar e avaliar axeitadamente os sistemas de
prevención de riscos laborais en empresas e outras organizacións.
Analizar e aplicar as normas laborais e da Seguridade Social necesarias para actuar
como mediador ou árbitro nos conflitos laborais, tanto individuais como colectivos,
ou para ditar laudos en procesos electorais.
Comprender, relacionar e traballar con datos e normativa diversa necesarios para
apoiar, asesorar e realizar o seguimento da posta en práctica de estratexias
territoriais de promoción socioeconómica e inserción laboral.
Identificar, analizar e recoñecer as normas xurídicas laborais e da Seguridade Social
que permitan a colaboración cos organismos da Seguridade Social e da
Administración laboral no desenvolvemento das políticas sociolaborais, así como a
súa participación nos procedementos de negociación colectiva.
O traballo Fin de Grao deberá verificar axeitadamente a adquisición polo estudante de
estas competencias. Na súa realización deberá conseguir tamén as competencias
ligadas á busca e organización de documentación e á presentación do seu traballo de
modo axeitado á audiencia.
4
2.- PLANO DE ESTUDOS
2.1.- GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS
PRIMEIRO CURSO
Materia Carácter Créd. 1º
Cuad. 2º
Cuad. Anual
Socioloxía do traballo F. Básica 9 ●
Psicoloxía do traballo F. Básica 9 ●
Historia Social e das Relacións laborais F. Básica 6 ●
Introdución ó Dereito F. Básica 6 ●
Empresa e organizacións F. Básica 6 ●
Dereito Societario Obrigatoria 6 ●
Planificación e Deseño Organizativo Obrigatoria 6 ●
Dereito do traballo I Obrigatoria 6 ●
Dereito Administrativo I: Ordenamento e Organización Administrativa
Obrigatoria 6 ●
CRÉDITOS TOTAIS 60
SEGUNDO CURSO
Materia
Carácter Créd. 1º
Cuad. 2º
Cuad. Anual
Economía F. Básica 9 ●
Técnicas de Investigación Social F. Básica 9 ●
Dereito do traballo II Obrigatoria 6 ●
Dirección e xestión de Recursos Humanos
Obrigatoria 6 ●
Dereito Administrativo II: Procedementos e Recursos
Obrigatoria 6 ●
Informática Aplicada F. Básica 6 ●
Dereito Sindical Obrigatoria 6 ●
Comportamento Organizacional Obrigatoria 6 ●
Organización do traballo Obrigatoria 6 ●
CRÉDITOS TOTAIS 60
TERCEIRO CURSO
Materias Carácter Créd. 1º
Cuad. 2º
Cuad. Anual
Dereito da Seguridade Social I Obrigatoria 6 ●
Deseño de Procesos de traballo Obrigatoria 6 ●
Selección, Avaliación e desenvolvemento de Persoal
Obrigatoria 6 ●
Dereito Tributario Obrigatoria 6 ●
Facenda Pública: Réxime Fiscal da Empresa
Obrigatoria 6 ●
Dereito da Seguridade Social II Obrigatoria 6 ●
Dereito Procesual Laboral Obrigatoria 6 ●
Técnicas de Apoio á Dirección Obrigatoria 6 ●
CRÉDITOS OBRIGATORIOS 48
CRÉDITOS OPTATIVOS 12
CRÉDITOS TOTAIS 60
5
CUARTO CURSO
Materia Carácter Créd. 1º
Cuad. 2º
Cuad. Anual
Prácticas de Dereito do traballo e da Seguridade Social
Obrigatoria 9 ●
Economía Laboral Obrigatoria 9 ●
Prevención de Riscos laborais I Obrigatoria 6 ●
Planificación e valoración de Plantillas
Obrigatoria 6 ●
Prevención de Riscos laborais II Obrigatoria 6 ●
traballo Fin de Grao Obrigatoria 6
CRÉDITOS OBRIGATORIOS 42
CRÉDITOS OPTATIVOS 18
CREDITOS TOTAIS 60
OPTATIVAS ( CURSOS 3º/4º)
Materia Créditos
ECTS Cuadrim.
Dereito Concursal e Cambiario (3º curso) 6 1º
Contabilidade Financeira (3º curso) 6 1º
Dereito de Contratos e Responsabilidade Civil (3º curso) 6 1º
Historia das Relacións laborais na Europa do século XX (3º curso)
6 1º
Institucións e Política Social da UE (3º curso) 6 2º
Facenda Autonómica e Local (3º curso) 4,5 2º
Psicoloxía dos Grupos e Equipos de traballo (3º curso) 4,5 1º
Dirección de Operacións, Programación e Control do traballo (4º curso)
4,5 1º
Réxime Xurídico do Emprego Público (4º curso) 4,5 1º
Contabilidade: Interpretación e análises da Información Contable (4º curso)
4,5 2º
Avaliación de riscos psicosociais e saúde ocupacional (4º curso)
4,5 1º
Economía do Terceiro Sector (4º curso) 4,5 2º
Política de Persoal na Empresa Internacionalizada (4º curso) 4,5 2º
Prácticas en Empresa 12 1º o/ou 2º
GRAO EN RELACIONS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS – USC.
DISTRIBUCIÓN TEMPORAL DE CRÉDITOS (TÁBOA RESUMEN)
CURSO
FORMACIÓN
BÁSICA OBRIGATORIOS OPTATIVOS TOTAL
PRIMEIRO 36 24 - 60
SEGUNDO 24 36 - 60
TERCEIRO 0 48 12 60
CUARTO 0 42 18 60
TOTAL 60 150 30 240
Os estudantes poderán obter recoñecemento académico en créditos pola participación en actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación até un máximo de 6 créditos do total do plan de estudos (Ver http://www.usc.gal/es/servizos/oiu/cuac.html) O recoñecemento será efectivo unha vez que se acredite a súa realización e sempre que os alumnos e alumnas realicen un programa de formación que se fixará por Resolución Reitoral. Podes consultar os horarios das titulacións da Facultade de Relacións Laborais na ligazón http://www.usc.es/gl/centros/rlaborais/horarios.html
6
2.2.- DOBRE GRAO EN DEREITO E RELACIÓNS LABORAIS E
RECURSOS HUMANOS
Relación de materias do dobre Grao impartidas na Facultade de Relacións Laborais. O plano de estudos completo pódese consultar na páxina web de Facultade.
PRIMEIRO CURSO
Código Nome Créditos Carácter Período
G3021102 Psicoloxía do Traballo 9.00 FB ANG
G3021103 Historia Social e das Relacións Laborais 6.00 FB 1SG
G3021122 Planificación e Deseño Organizativo 6.00 OB 2SG
G3021123 Dereito do Traballo I 6.00 OB 2SG
SEGUNDO CURSO
Código Nome Créditos Carácter Período
G3021224 Dereito Sindical 6.00 OB 2 SG
G3021221 Dereito do Traballo II 6.00 OB 1 SG
G3021222 Comportamento Organizacional 6.00 OB 2 SG
TERCEIRO CURSO
Código Nome Créditos Carácter Período
G3021225 Direción e Xestión de Recursos Humanos 6.00 OB 1SG
G3021226 Organización do Traballo 6.00 OB 2 SG
G3021201 Economía 9.00 FB ANG
G3021202 Técnicas de Investigación Social 9.00 FB ANG
CUARTO CURSO
Código Nome Créditos Carácter Período
G3021321 Dereito da Seguridade Social I 6.00 OB 1 SG
G3021325 Dereito da Seguridade Social II 6.00 OB 2 SG
G3021322 Deseño de Procesos de Traballo 6.00 OB 1 SG
G3021348 Dereito Procesual Laboral 6.00 OB 2 SG
G3021324 Selección, Avaliación e desenvolvemento de Persoal 6.00 OB 1 SG
G3021101 Socioloxía do Traballo 9.00 FB ANG
G3021421 Prácticas de Dereito do Traballo e a Seguridade Social 9.00 OB ANG
QUINTO CURSO
Código Nome Créditos Carácter Período
G3021423 Prevención de Riscos Laborais II 6.00 OB 2 SG
G3021449 Prevención de riscos laborais I 6.00 OB 1SG
G3021422 Economía Laboral 9.00 OB ANG
SEXTO CURSO
Código Nome Créditos Carácter Período
G3021424 Planificación e Valoración de Plantillas 6.00 OB 1 SG
TFG 6.00
7
OPTATIVIDAD
Código Nome Créditos
G3021341 Dereito Concursal e Dereito Cambiario 6.00
G3021342 Contabilidade Financeira 6.00
G3021343 Dereito de Contratos e Responsabilidade Civil 6.00
G3021344 Historia das Relacións Laborais na Europa do Século XX 6.00
G3021345 Institucións e Política Social da Unión Europea 6.00
G3021346 Facenda Autonómica e Local 4.50
G3021347 Psicoloxía dos Grupos e Equipos de Traballo 4.50
G3021441 Dirección de Operacións, Programación e Control do Traballo 4.50
G3021442 Réxime Xurídico do Emprego Público 4.50
G3021443 Contabilidade: Interpretación e Análise da Información Contable 4.50
G3021444 Avaliación de Riscos Psicosociais e Saúde Ocupacional 4.50
G3021445 Economía do Terceiro Sector 4.50
G3021446 Política de Persoal na Empresa Internacionalizada 4.50
G3021447 Practicas en Empresa 12.00
DOBRE GRAO EN DEREITO E RELACIONS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS – USC. DISTRIBUCIÓN TEMPORAL DE CRÉDITOS (TÁBOA RESUMEN)
CURSO FORMACIÓN
BÁSICA OBRIGATORIOS OPTATIVOS TOTAL
PRIMEIRO 45 24 0 69
SEGUNDO 12 60 0 72
TERCEIRO 18 48 0 66
CUARTO 9 58,5 * 67.50
QUINTO 0 55,5 * 55.5
SEXTO 0 18 * 18
TOTAL 84 264 12 360
* Os créditos optativos a realizar son 12 créditos a facer a partir de cuarto curso.
Podes consultar os horarios do dobre Grao na ligazón: http://www.usc.es/gl/centros/rlaborais/horarios.html
Podes consultar os plan de estudos completo do dobre Grao na ligazón: http://www.usc.es/gl/centros/rlaborais/titulacions.html?plan=16587&estudio=17193&codEstudio=16500&valor=9l
8
2.3.- CURSO PONTE PARA DIPLOMADOS EN GRADUADO SOCIAL E
GRADUADOS SOCIAIS DIPLOMADOS
Os/-as diplomados/-as en Graduado Social e os Graduados Sociais diplomados/-as, para
obter o título de Grao, deberán superar as seguintes materias:
DEREITO ADMINISTRATIVO II: PROCEDEMENTOS E RECURSOS (6 créditos)
COMPORTAMENTO ORGANIZACIONAL (6 créditos)
SELECCIÓN, AVALIACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE PERSOAL (6 créditos)
PLANIFICACIÓN E VALORACIÓN DE PLANTILLAS (6 créditos)
DEREITO SOCIETARIO (6 créditos)
DEREITO TRIBUTARIO (6 créditos)
FACENDA PÚBLICA: RÉXIME FISCAL DA EMPRESA (6 créditos)
DIRECCIÓN E XESTIÓND E RECURSOS HUMANOS (6 créditos)
PRÁCTICAS DE DEREITO DO TRABALLO E DA SEG. SOCIAL (9 créditos)
TRABALLO FIN DE GRAO (6 créditos)
TOTAL CRÉDITOS: 63
PODERÁN RECOÑECERSE ATA 15 CRÉDITOS POLO TRABALLO PROFESIONAL
DESENVOLVIDO. PRECISASE DUNHA SOLICTUDE FORMAL QUE SERÁ ANALIZADA
POLA XUNTA DE CENTRO/COMISIÓN PERMANENTE.
9
2.4- CURSO PONTE PARA DIPLOMADOS EN RELACIÓNS LABORAIS
Os diplomados/-as en Relacións Laborais, para obter o título de Grao, deberán superar as
seguintes materias:
DEREITO ADMINISTRATIVO II: PROCEDEMENTOS E RECURSOS (6 créditos)
COMPORTAMENTO ORGANIZACIONAL (6 créditos)
SELECCIÓN, AVALIACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE PERSOAL (6 créditos)
DEREITO DA SEGURIDADE SOCIAL II: PRESTACIÓNS (6 créditos)
PLANIFICACIÓN E VALORACIÓN DE PLANTILLAS (6 créditos)
TRABALLO FIN DE GRAO (10 créditos)
TOTAL CRÉDITOS: 40
PODERÁN RECOÑECERSE ATA 12 CRÉDITOS POLO TRABALLO PROFESIONAL
DESENVOLVIDO. PRECISASE DUNHA SOLICTUDE FORMAL QUE SERÁ ANALIZADA
POLA XUNTA DE CENTRO/COMISIÓN PERMANENTE.
10
CADRO DE ADAPTACIÓNS DIPLOMATURA RELACIÓNS LABORAIS – USC (Plano 1999)
con GRAO RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS
Plano de Estudos DIPLOMATURA Plano de Estudos GRAO
Materias Créd Materias ECTS
Socioloxía xeneral 6
Socioloxía do traballo 9
Socioloxía da Organización e da Empresa 4,5
Socioloxía xeral 6 Socioloxía do traballo 6 (9)
Socioloxía da Organización e da Empresa 4,5 Socioloxía do traballo 4,5 (9)
Psicoloxía del traballo 9
Psicoloxía do traballo 9
Historia Social e Política Contemporánea 6 Historia Social e das Relacións laborais 6
Introdución ó Dereito 6 Introdución ó Dereito 6
Dereito Societario e Cambiario 6 Dereito Societario 6
Dirección e xestión de Persoal 12 Dirección e xestión de Recursos Humanos
6
Dereito do traballo I 6 Dereito do traballo I 6
Dereito Administrativo 6 Dereito Administrativo I: Ordenamento e Organización. Administrativa
6
Técnicas de Investigación Social 6 Técnicas de Investigación Social 6 (9)
Economía 9 Economía 9
Dereito del traballo II 6 Dereito do traballo II 6
Dereito Sindical 6 Dereito Sindical 6
conflitos Colectivos 6 Dereito Sindical 2 (6)
Informática Aplicada 6 Informática Aplicada 6
Organización e Métodos do traballo I 6 Empresa e organizacións 6
Planificación e Deseño Organizativo 6
Dereito da Seguridade Social 7,5 Dereito da Seguridade Social I 6
Organización e Métodos do traballo II 6 Deseños de Procesos de traballo 6
Organización do traballo 6
Dereito Procesual Laboral 6 Dereito Procesual Laboral 6
Dereito Tributario 4,5 Dereito Tributario 6
Prácticas de Organización e xestión de Persoal 6 Técnicas de Apoio á Dirección 6
Prácticas de Seguridade Social 4,5 Prácticas de Dereito do traballo e da Seg. Social
9 Prácticas de Dereito do traballo 6
Economía Laboral 4.5 Economía Laboral 4,5 (9)
Seguridade e Hixiene no traballo e Acción social da Empresa
12 Prevención de Riscos laborais I 6
Prevención de Riscos laborais II 6
Contabilidade xeneral 9 Contabilidade Financeira 6
Contabilidade xeneral 9 Contabilidade: Interpretación e análises da Información Contable
4,5
Dereito de Contratos 4,5 Dereito de Contratos e Responsabilidade Civil
6
Fiscalidade Autonómica y Local 4,5 Facenda Autonómica e Local 4,5
Réxime Fiscal da Empresa 6 H.P.:Réxime Fiscal da Empresa 6
Institucións da U.E. e Dereito Social Comunitario 4,5 Institucións e Política social Europea 6
Psicoloxía de los Grupos de traballo en las organizacións
4,5 Psicoloxía dos Grupos e Equipos de traballo
4,5
Réxime Xurídico do Emprego Público 6 Réxime Xurídico do Emprego Público 4,5
Prácticas en Empresas 12 Prácticas en Empresas 12
11
2.5.- REQUISITOS PARA A GRADUACIÓN
TRABALLO FIN DE GRAO
O Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das
ensinanzas universitarias oficiais establece que as ensinanzas de Grao concluirán coa
elaboración e defensa dun Traballo Fin de Grao (TFG), unha aportación orixinal, autónoma e
individual de cada estudante mediante a que acreditará coñecementos e destrezas
adquiridas durante os seus estudos. O traballo de fin de Grado deberá realizarse na fase
final do plano de estudios e estar orientado á avaliación de competencias asociadas ó título.
Para a obtención dos 6 créditos (10 no caso dos matriculados no curso ponte para
diplomados en Relacións Laborais) asignados no plan de estudios ó TFG, o/a alumno/a
deberá matricularse, solicitar a súa presentación e defensa nalgunha das oportunidades
previstas ó efecto e obter a cualificación mínima de aprobado, como calquera outra materia
do plano de estudos.
A matrícula realizarase nos prazos establecidos para a matrícula ordinaria, conxuntamente
coas materias que o/ alumno/a teña pendente de superar para completar os estudos de
Grao, de ser o caso.
Os requisitos para matricularse do TFG, para a súa presentación e defensa, así como os
relacionados coa súa estrutura e forma están recollidos no regulamente e na guía para a
presentación do TFG (ver páxina web da facultade)
ACREDITACIÓN DUN IDIOMA
Para obter o título de Grao, os estudantes deberán acreditar obrigatoriamente o
coñecemento do nivel B1 (Marco común europeo para o ensino, aprendizaxe e avaliación
das linguas) dunha lingua estranxeira. A acreditación do nivel B1 poderá facerse por
calquera dos seguintes procedementos:
a) Proba ou exame de nivel, que convocará o Centro de Linguas Modernas da USC todos os anos. A cualificación das devanditas probas será apto ou non apto. b) Certificación que acredite a posesión do nivel B1, de acordo co establecido no Marco Común Europeo de Referencia. Exemplos para o idioma inglés dalgunhas das certificacións válidas: Nivel 5 do Centro de Linguas Modernas da USC
Nivel 4 da Escola Oficial de Idiomas
TOEFL PBT: 457 puntos ou superior
TOEFL CBT: 137 puntos ou superior
Diploma PET (Preliminary English Test)
Diploma FCE (First Certificate in English)
Diploma CAE (Certificate in Advanced English)
Diploma CEP (Certificate of English Proficiency)
12
3.- GRUPOS DE DOCENCIA
A normativa da USC establece que é competencia dos centros a publicación dos criterios de
distribución do alumnado entre os distintos grupos de docencia, correspondéndolle tal
decisión á Dirección do centro.
A aplicación dos módulos previstos na USC (nº de alumnos por grupo de docencia), esixe
establecer algún tipo de criterio de cara á distribución do alumnado. No centro, cando é
preciso crear grupos, a docencia divídese en grupos de mañá e tarde, e o apelido é o
criterio utilizado para a asignación de cada estudante a un ou outro. Tradicionalmente, as
primeiras letras asignábanse ó grupo de mañá e as últimas ó de tarde.
A Xunta de Centro, na súa sesión de 14 de abril de 2011, acordou que, a partir do curso
2011/2012, se establecese un sistema de rotación por apelidos e cursos para evitar a
identificación do alumnado co grupo de tarde ou de mañá de xeito permanente.
DISTRIBUCIÓN DO ALUMNADO POR APELIDOS (Curso 2019/2020)
Grupos Expositivos
APELIDOS
CURSO GRUPO MAÑÁ GRUPO TARDE
1º A - L M - Z 2º M - Z A - L 3º A - L M - Z 4º M - Z A - L
No caso dos Grupos INTERACTIVOS, a distribución dos estudantes farase tamén por
apelidos, pero, dado que comezan mais tarde que os expositivos, unha vez iniciado o curso
será cando se publique a súa composición, sendo debidamente anunciado na aula e nos
soportes informativos habituais: taboleiros de anuncios e páxina web do centro.
13
3.1.- CAMBIOS DE QUENDA
A normativa da USC establece que é competencia dos centros a regulación do
procedemento para a solicitude de cambio de grupo e a súa resolución.
Ó inicio do curso ábrese un prazo para solicitar o cambio de grupo, pensando naqueles
estudantes que, por diversos motivos, teñan problemas en asistir ás clases no grupo
asignado por apelido.
As convocatorias de cambio de quenda publícanse no taboleiro de anuncios oficial e na
páxina web do centro antes de iniciarse o curso académico.
No caso de que o/a alumno/a se lle concedese o cambio de quenda e, posteriormente,
procedese a realizar unha ampliación ou modificación de matrícula, deberá tamén solicitar o
cambio para as materias modificadas ou ampliadas.
Os prazos de solicitude habituais son os seguintes:
Primeiro prazo: Ao inicio do curso.
Segundo prazo: Finais de setembro (para os/as alumnos/as que se matriculen
tardiamente).
Modificación ou ampliación de matrícula: ata 10 días dende a data de
modificación ou ampliación da matrícula.
Réxime especial para o alumnado de intercambio
Os/as alumnos/as que cursen estudos neste Centro ao amparo de convenios de intercambio
ou bilaterais (Erasmus, SICUE, outros convenios), poderán elixir o grupo que desexen en
cada unha das materias das que se matriculen, debendo facelo mediante solicitude expresa.
A solicitude deberán presentala na secretaría do centro ou na Oficina da responsable da
unidade de apoio a centros e departamentos (Xestora Académica).
14
4.- PRÁCTICAS EN EMPRESA
O plano de estudos do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos contempla a
posibilidade de cubrir ata 12 créditos optativos mediante a realización de prácticas en
empresas ou en outras institucións. As prácticas non teñen, por tanto, carácter
obrigatorio, podéndose conseguir os créditos optativos precisos para superar a titulación
sen necesidade de realizar estas prácticas.
O centro ten unha longa tradición neste tipo de actividades e, coñecedor da importancia e
interese destas na formación do alumnado, favorece a súa realización a través das
correspondentes convocatorias que se publican cada curso académico (ver taboleiro de
anuncios oficial e páxina web do centro).
Existen dúas modalidades para a realización de prácticas por parte do alumnado:
4.1.- PRÁCTICAS PROPICIADAS POLO ALUMNADO
Nesta modalidade é o estudante quen busca e achega unha empresa ou institución para a
realización das súas prácticas.
A empresa proposta deberá reunir certos requisitos (non ser propiedade ou estar dirixida por
familiares próximos do estudante, que este non sexa traballador/-a na mesma, que aquela
non teña asinado un convenio previo coa USC…). Tamén o estudante, para poder realizar
as prácticas deberá cumprir certas condicións (ter superadas determinadas materias e un
número mínimo de créditos, ...)
4.2.- PRÁCTICAS OFERTADAS POLO CENTRO
Nesta modalidade é o centro o que ofrece ó alumnado un listado de empresas e institucións
para a realización das prácticas.
O alumnado que pretenda realizar prácticas mediante esta modalidade solicitará, nos prazos
establecidos ó efecto, a súa realización. Para iso deberá cumprir certos requisitos (ter
pendente de superar algún crédito optativo, non ter pendente mais de 120 créditos para
rematar a titulación ou estar matriculado nese curso na materia G3021447 Prácticas en
Empresa.)
Na asignación destas prazas ó alumnado que as solicite e cumpra os requisitos, utilizarase
como criterio único o expediente académico dos candidatos.
A SOLICITUDE PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS EN EMPRESA DEBERÁ
FACERSE SO PARA UNHA DAS DÚAS MODALIDADES. O ALUMNADO QUE OPTE
POR UNHA DAS POSIBILIDADES NON PODERÁ FACER USO DA OUTRA.
NOTA.- As convocatorias de prácticas en empresa publícanse no taboleiro de anuncios
oficial e na páxina web do centro antes de iniciarse o curso académico.
15
5.- PROGRAMAS DE MOBILIDADE
Dende sempre, pero en particular nos últimos tempos, o estudante universitario ten que ser
capaz de desenvolverse nun mundo cambiante, cheo de incertidumes e globalizado. O
contacto con novas persoas e culturas, a apertura de miras, o coñecemento de idiomas e a
disposición a aprender son requisitos ineludibles na súa formación. Co obxecto de facilitar
estas tarefas, a USC pon a disposición dos seus estudantes a posibilidade de realizar
intercambios con outras universidades que, facilitando o anterior, lle permiten completar
noutro lugar o seu currículum académico. Destes intercambios, dous (ERASMUS e SICUE)
teñen unha especial importancia, dado o elevado número de alumnos que utilizando estas
modalidades, acoden a outras universidades españolas ou europeas. Existen outras moitas
opcións de intercambio das que o estudantado pode informarse (Asia, EEUU, Sudamérica.)
acudindo ó Servizo de Relacións Exteriores da USC, localizado no Colexio de Fonseca,
Calle del Franco, s/n- 15782 Santiago de Compostela.
http://www.usc.es/es/goberno/vrrelins/portal_internacional/ore.html
SICUE (SISTEMA DE INTERCAMBIO ENTRE CENTROS UNIVERSITARIOS ESPAÑOIS)
Este programa permite ós estudantes que reúnan certos requisitos (un mínimo de créditos
xa superados na súa Universidade) poder realizar unha parte dos seus estudios noutra
universidade española, con garantías de recoñecemento académico na súa. As solicitudes
para realizar estes intercambios son, habitualmente, en xaneiro – febreiro de cada curso
académico e os alumnos seleccionados poden optar ás bolsas SENECA do Ministerio de
Educación.
O coordinador SICUE no centro é o profesor Carlos Javier Álvarez Fernández
Os estudantes do Grao en RRLL e RRHH poden realizar intercambios coas seguintes
universidades españolas coas que o centro ten asinado o correspondente convenio de
intercambio:
Almería
Badajoz
Barcelona
Bizkaia
Cádiz
Campus de Tarongers (Valencia)
Castellón
Cuenca
El Espinardo (Murcia)
Elche
Granada
Lleida
Madrid campus Moncloa
Menéndez Pidal (Córdoba)
N avarra
Oviedo
Palencia
Salamanca
San Vicente (Alicante)
Santander
16
ERASMUS (EUROPEAN COMMUNITY ACTION SCHEME FOR THE MOBILITY OF
UNIVERSITY STUDENTS)
O programa Erasmus (Plan de Acción da Comunidade Europea para a Mobilidade de Estudantes Universitarios) pretende mellorar a calidade da educación superior e reforzar a súa dimensión europea, fomentando a cooperación transnacional entre as universidades potenciando a mobilidade europea e mellorando a transparencia e o recoñecemento académico de estudos e cualificacións no seno da Unión. A convocatoria para a realización do intercambio Erasmus ábrese habitualmente no mes de
novembro de cada curso académico para comezar os períodos de mobilidade no curso
posterior.
Os estudantes seleccionados reciben unha axuda económica pola parte da Comisión
Europea, as bolsas SOCRATES. Esta axuda económica é compatible con calquera outra
bolsa (incluíndo as do MEC) que o estudante estivera disfrutando. A Consellería de
Educación da Xunta de Galicia convoca tamén anualmente bolsas de axuda para a
realización deste tipo de intercambios.
A coordinadora ERASMUS no centro é a profesora Andrea Garrido Juncal
Os estudantes do Grao en RRLL e RRHH poden realizar intercambios coas seguintes
universidades europeas:
Université Du Maine LE-MANS Francia
Universita Degli Studi Di Perugia PERUGIA - Italia
Szegedi Tudományegyetem Hungría
Universidade Católica Portuguesa . Portugal
Instituto Universitario de Lisboa (ISCTE-IUL) – Portugal
Universodade Lusófona do Porto) – Portugal
Cracow University of Economics KRAKOVIA - Polonia
Warsaw School of Economics VARSOVIA - Polonia
17
6.- ESTUDANTES TITORES
Esta figura é a dun estudante “veterano/-a” que, fundamentalmente, orienta e apoia ó novo
alumnado que se incorpora a un centro e titulación da USC, estando a disposición deste
para facilitarlle a orientación e a súa mellor integración no eido universitario. As funcións do
titor/-a poderían resumirse do seguinte xeito:
Apoiar, informar e orientar ós alumnos na súa integración na USC.
Darlles atención individual e colectiva no momento de acollida na Facultade,
informándolles da estrutura física, organizativa e funcional desta.
Informarlles da estrutura da titulación: cursos, materias, profesores...
Informarlles, apoialos e estar á súa disposición para dirixilos ós órganos e instancias
do centro ou da USC mais apropiadas para xestionar as súas dúbidas, problemas,
etc.
Informarlles das convocatorias de programas europeos, nacionais e trasnacionais,
que serven de complemento formativo para os alumnos.
Recoller as súas suxestións, queixas, opinións,… e trasladalas ó equipo de dirección
do centro.
Estes estudantes estarán a disposición dos seus compañeiros/-as no local de alumnos do
centro nas datas e horarios que se publicarán no seu momento.
18
7.- SERVIZOS UNIVERSITARIOS DE INTERESE
7.1.- PUNTO DE INFORMACIÓN UNIVERSITARIA
• C.O.I.E.: Centro de Orientación Integral ou Estudante
Dirección: Pavillón Estudantil, Campus Vida/Sur
• O.I.U.: Oficina de Información Universitaria
Dirección: Pavillón Estudantil, 2º andar - Campus Vida/Sur
Horario:
o Presencial: 9:00 a 14:00
o Telefónico:
• 9:00 a 14:30 ( 881 81 20 00 / 982 82 05 32)
• 14:30 a 20:00 ( 881 81 10 00)
Servizos:
o Trámites e xestións dos procedementos académicos e de extensión universitaria
7.2.- BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS
Na USC podes atopar numerosas bibliotecas nas distintas facultades. Estas contan co servizo de
préstamo bibliotecario para os estudantes . A continuación se móstranse as bibliotecas de referencia
máis utilizadas como aulas de estudo e consulta.
• Biblioteca Concepción Arenal:
Dirección: Rúa dous Feáns, s/n. Campus Vida/Sur
Horario:
o Luns a venres : 8:30-21:30
o Sábados, domingos e festivos: 10:00-19:30
o Ampliación do horario en la época de exames ata as 3:00
Aula de estudo:
o Atópanse repartidas nos tres andares inferiores dá biblioteca.
19
• Biblioteca da Facultade de Psicoloxía e Ciencias da Educación:
Dirección: Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus Vida/Sur.
Horario:
o Luns a venres : 9:30 a 21:30
o Sábados e domingos: pechado.
- Aula de estudo:
o Situada no andar baixo da biblioteca, accédese por as escaleiras interiores.
- Servizo de fotocopias:
o Pódense facer copias das consultas na propia biblioteca. Consulta á persoa encargada do
mostrador.
• Biblioteca Xeral:
Dirección: Colexio de Fonseca, Rúa do Franco, s/n Campus Norte (Casco Antigo).
Horario:
o Luns a venres : de 8:30- 21:30
o Sábados e domingos: pechado.
Aula de estudo:
o Atópase no último andar do edificio.
No inicio do período de exames (en o mes de Decembro) publicaranse os horarios extraordinarios e
as bibliotecas adaptaranse a estes horarios.
20
7.3.- REDE DE AULAS DE INFORMÁTICA
A Rede de Aulas de Informática (RAI) conta con ordenadores dispoñibles para o alumnado, aos que
pode acceder co seu nome e contrasinal de usuario/a. Este usuario/a correspóndese co correo
electrónico facilitado pola RAI ([email protected]). Nestas aulas atópanse profesionais que poden
orientarche sobre dificultades co usuario/a ou acceso á rede wifi da universidade.
Aulas en cada facultade:
o Pódese imprimir de modo gratuíto, aínda que os folios débeos proporcionar o estudante.
Cada usuario/a ten un saldo dispoñible para imprimir que se repón diariamente. Aproximadamente
unhas 10 copias por día.
o Aula Universia en la Biblioteca Aula dispoñible en la Biblioteca Concepción Arenal.
7.4.- SOLICITUDE DE CORREO ELECTRÓNICO
Todos os/as usuarios/as da comunidade universitaria dispoñen de credenciais xeradas de oficio. Se
non coñece as súas credenciais ou non lle foron comunicadas no seu momento (matrícula,
contratación) pode solicitar que lle sexan comunicadas das seguintes formas:
Estudantes:
Os estudantes de grao que acceden por primeira vez á USC poden xerar as súas credenciais de acceso
aos sistemas de información da USC desde https://matricula.usc.é/MatriculaPrimeiro
O resto do alumnado, continuación en POP ou 3º ciclo que non teñan credenciais deben xeralas
desde https://matricula.usc.é/loginx
Se o alumno/a xa dispón de conta de usuario/a e non lembra o seu contrasinal pode solicitala por un
dos seguintes medios:
• Envío por mensaxe curta SMS, desde https://sec-virtual.usc.é/Secretaria/Login.asp
• Na aula de informática do seu centro
• Dirixíndose ao CAU
21
7.5.- ACCESO A INTERNET
Existen dous opcións para concectar á rede sen fíos (wifi) da USC
• USC-web: Recomendada para uso ocasional. Selecciona la rede wifi e a continuación abre o
teu explorador habitual de internet. Este redirixirá o Portal de Acceso USC onde débese introducir o
correo e contrasinal de usuario. Unha vez accedes a este portal, o teu dispositivo queda conectado á
rede wifi.
• Rede EDUROAM: Descárgache a aplicación auto instalable en http://cat.eduroam.org/ e
introduce o teu perfil de usuario para configurar la rede.
7.6.- TARXETA UNIVERSITARIA DE IDENTIDADE (TUI)
É a Tarxeta Universitaria de Identidade realizada en colaboración co banco Santander.
O estudantado, persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos, investigadores,
etc., poderán facer uso deste cartón que os acreditará como membros da comunidade universitaria.
Así mesmo, outros colectivos (colaboradores, usuarios/as, egresados/as) poderán dispor dun cartón
coa finalidade de darlles acceso a determinadas funcionalidades e servizos.
22
7.7.- SECRETARÍA VIRTUAL PARA O ESTUDIANTE
Podes acceder dende www.usc.es, introduce o teu nome de usuario/a e contrasinal:
Dende a Secretaría Virtual para Estudantes podes consultar o teu expediente, tramitar modificacións
de matrícula e activar o sistema de notas por móvil entre outros.
23
7.8.- CAMPUS VIRTUAL
Podes acceder dende www.usc.es, introduce o teu nome de usuario/a e contrasinal:
No Campus Virtual terás acceso os contidos das materias así como a posibilidade de realizar distintas
accións coma subir arquivos e personalizar túa sesión.
24
7.9.- A PÁXINA WEB DA FACULTADE
O centro dispón dunha PÁXINA WEB propia na que os/as interesados/as poderán atopar información
actualizada sobre diferentes temas de interese: titulacións, cambios de quenda, traballo fin de grao e
máster, actividades, prácticas en empresa, horarios, etc.
A dirección é a seguinte: http://www.usc.es/gl/centros/rlaborais/index.html.
25
Menú superior:
Información sobre a Facultade: equipo decanal, profesores, normativa, persoal do PAS.
Tamén podes ver os programas das materias, horarios de clase e de exames.
Menú Novas
Neste menú aparece a información das 10 últimas novidades da web da Facultade RRLL, vaise
actualizando constantemente para que apareza a información máis nova. É recomendable revisalo
para ver as últimas novidades.
26
Menú lateral
Podes atopar información a 1 click sobre os temas que ves a continuación.
A guía informativa do Grao en Relacións Laborais, sería este documento
27
8.- ESTUDO DE IDIOMAS
Para a obtención dos títulos de Grao e Máster, é necesario acreditar nivel B1 dunha lingua
estranxeira. Por iso, poñemos á vosa disposición información sobre os servizos oficiais en Santiago de
Compostela, xa sexa a Escola de Linguas Modernas da propia Universidade, ou a Escola Oficial de
Idiomas.
Para a mellora do idioma, así como a consecución do título, os servizos serían os seguintes:
8.1.- CENTRO DE LINGUAS MODERNAS (CLM)
O Centro de Linguas Modernas é o Servizo de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela.
Para máis información:
http://www.usc.es/é/servizos/clm/cursos/ínguas/index.html
28
Resumo dos servizos que ofrece:
PROBAS DE ACREDITACIÓN:
O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela realizará dous tipos de
exames (B1-A e B1-B) ao longo de todo o curso académico segundo un calendario publicado
previamente (ver a convocatoria). Unha vez superado o exame B1-A, que será suficiente para poder
solicitar as bolsas de mobilidade internacional, podedes matricularvos no segundo exame, B1-B.
Superando este, obtense a acreditación do nivel B1 do MCER.
Tamén dispoñibles en Nivel B2
CURSOS DE IDIOMAS:
Existen cursos semestrais de 40 horas ou anuais de 80 horas de diversos idiomas.
8.2.- ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS
Prazos de inscrición: os prazos oficiais realizáronse no mes de xullo, pero a principios de outubro
publícanse na páxina web as prazas vacantes.
http://www.edu.xunta.gal/centros/eoidesantiago/
O alumnado pode consultar as prazas vacantes no idioma elixido (Comprobar convalidacións de nivel
na web, en caso de continuación
29
30
31