Upload
others
View
11
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
HISTORIA 4º ESO
IES SOFÍA CASANOVA (FERROL)
ESCOLMA DE DOCUMENTOS HISTÓRICOS
UNIDADE 1: A CRISE DO ANTIGO RÉXIME
PROFESOR: ADRIÁN ANSEDE TABOADA
CURSO 2020-2021
PRIMEIRO TRIMESTRE
IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 1
Documentos da Unidade 1 Adrián Ansede Taboada 2
ÍNDICE
Documentos da Unidade 1: A crise do Antigo Réxime .............................................................................................. 3
Documento 1: Os dereitos señoriais ...................................................................................................................... 3
Documento 2: Os poderes do monarca ................................................................................................................. 3
Documento 3: A interpretación absolutista da soberanía ...................................................................................... 3
Documento 4: A doutrina do dereito divino .......................................................................................................... 4
Documento 5: A desigualdade como un feito natural ............................................................................................ 4
Documento 6: As orixes do liberalismo ................................................................................................................. 4
Documento 7: Unha monarquía de poder limitado ............................................................................................... 5
Documento 8: As peticións do Parlamento ........................................................................................................... 5
Documento 9: A lei de hábeas corpus.................................................................................................................... 5
Documento 10: A Declaración de Dereitos ........................................................................................................... 5
Documento 11: Críticas ao Antigo Réxime (I): liberdade e poder ......................................................................... 5
Documento 12: Críticas ao Antigo Réxime (II): liberdade e igualdade ................................................................. 6
Documento 13: Críticas ao Antigo Réxime (III): a división de poderes ................................................................ 6
Documento 14: Os dereitos humanos na Enciclopedia ......................................................................................... 6
Documento 15: A liberdade de mercado ............................................................................................................... 7
Documentos 16-17: Reflexións dun monarca ilustrado ........................................................................................ 7
Documento 18: Eloxio dun monarca ilustrado...................................................................................................... 7
Documento 19: A orixe do equilibrio europeo ...................................................................................................... 8
Documentos 20-25: Europa ao longo do século XVIII (varios mapas) ............................................................ 9-13
IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 1
Documentos da Unidade 1 Adrián Ansede Taboada 3
Documentos da Unidade 1: A crise do Antigo Réxime
Temáticas abordadas nos documentos: -Documentos 1-5: os trazos do Antigo Réxime e do absolutismo. -Documentos 6-10: as orixes do liberalismo e da monarquía parlamentaria británica. -Documentos 11-15: as críticas ao Antigo Réxime desde a Ilustración. -Documentos 16-18: o despotismo ilustrado. -Documentos 19-25: as relacións internacionais no século XVIII.
■ Documento 1: Os dereitos señoriais
Artigo primeiro. Débeselle dar ao señor, por cada venda que se faga, o laudemio do prezo da mesma, a razón da
doceava parte do prezo de cada adquisición (...), baixo pena de multa (...).
Artigo segundo. Os habitantes de Essigey que teñan fogar deben entregar cadansúa galiña no primeiro día da
Coresma entrante e cadansúa xeira ou corvea de traballo na época da sega da herba seca. Esta xeira sempre
se fixo, pero a galiña nunca foi entregada.
Artigo terceiro. Cada labrador ou outros que teñan cabalos, bois e aparellos teñen que facer tamén anualmente
unha xeira coa xugada no tempo da sementeira. (...)
Artigo quinto. Pertence ao señor a xustiza (...).
Artigo sexto. Todos os habitantes deben facer garda no castelo. (...)
Artigo octavo. Todos os que venden viño en Essigey deben unha ola de viño ao señor (...) que os vendedores deben
levar ao seu castelo unha hora despois de abrir o bocoi, baixo pena de multa (...).
Artigo noveno. Ningún dos habitantes ten dereito a pescar nin cazar nas terras de Essigey (...).
Artigo décimo. O señor pode ter os seus montes coa entrada prohibida, sen que se permita a ninguén coller de alí
madeira ou levar gando a pacer, baixo pena de multa.
Manual de dereitos de Essigey [hoxe Echigey, en Borgoña, Francia]. 1780 [francés].
■ Documento 2: Os poderes do monarca
O poder soberano só reside na miña persoa; é só por min que os tribunais existen e teñen autoridade, e como eles
exercen no meu nome, non poden volverse na miña contra; o poder lexislativo é soamente meu, sen ningunha
dependencia nin partición (...); a orde pública completa emana de min e eu son o seu gardián supremo. Os dereitos
e os intereses da miña nación repousan nas miñas mans.
LUIS XV de Francia. Discurso no Parlamento de París. 1766 [francés].
■ Documento 3: A interpretación absolutista da soberanía
A soberanía é o poder absoluto e perpetuo dunha república (...) A soberanía non é limitada, nin en poder, nin en
responsabilidade, nin en tempo (...) Así, a soberanía dada a un príncipe con cargas e condicións non constitúe
propiamente soberanía, nin poder absoluto, salvo se as condicións impostas ao nomear ao príncipe derivan das
leis divina ou natural (...). É necesario que quen son soberanos non estean de ningún modo sometidos ao imperio
doutro e poidan dar lei aos súbditos e anular ou emendar as leis inútiles; isto non pode ser feito por quen está
sometido ás leis ou a outra persoa. Por iso dise que o príncipe está exento da autoridade das leis. O propio termo
latino “lei” implica o mandato de quen ten a soberanía (...). Dado que, despois de Deus, nada hai de maior sobre a
terra que os príncipes soberanos, instituídos por El como os seus lugartenentes para mandar aos demais homes, é
preciso prestar atención á súa condición para, así, respectar e reverenciar a súa maxestade coa submisión debida,
IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 1
Documentos da Unidade 1 Adrián Ansede Taboada 4
e pensar e falar deles dignamente, xa que quen menospreza ao seu príncipe soberano menospreza a Deus do cal é
a súa imaxe sobre a terra (...).
JEAN BODIN. Os seis libros da república. 1576 [francés].
■ Documento 4: A doutrina do dereito divino
Observade os mandatos que saen da boca do rei e gardade o xuramento que lle prestastes (...) A palabra do rei é
poderosa e ninguén pode dicirlle: “Por que obrades así?” (Eclesiastés 8, 2-5). Sen esta autoridade absoluta o rei
non podería nin facer o ben nin reprimir o mal: é preciso que o seu poder sexa tal que ninguén poida esperar
escapar a el; a única defensa dos particulares contra o poder público debe ser a súa inocencia. Cando o príncipe
xulgou, xa non hai outro xuízo. Os xuízos soberanos atribúense a Deus mesmo. Cando Josafat estableceu xuíces
para xulgar ao pobo dixo: “Non xulguedes en nome dos homes, senón en nome de Deus” (II Crónicas 19, 6) (...) É
preciso obedecer aos príncipes como á xustiza mesma. Eles son deuses e participan dalgún modo da independencia
divina. Só Deus pode xulgar os seus xuízos e as súas persoas. O príncipe pode corrixirse a si mesmo se se decata de
que obrou mal: pero contra a súa autoridade só pode haber remedio na súa autoridade. Só ao príncipe pertence o
mandato lexítimo; por tanto, só a el pertence a forza coactiva (...) Nun Estado só o príncipe debe estar armado;
doutro xeito, todo está en confusión e o Estado cae na anarquía. O príncipe é, polo seu cargo, o pai do pobo; pola
súa grandeza está por encima dos pequenos intereses; máis aínda, toda a súa grandeza e o seu interese natural
consiste en que o pobo permaneza, pois se falta, el xa non será príncipe. Por tanto, non hai mellor que deixar todo
o poder do Estado a aquel que ten máis interese na conservación e na grandeza do propio Estado.
BOSSUET. A política sacada da propia Sagrada Escritura. 1679 [francés].
■ Documento 5: A desigualdade como un feito natural
Todo sistema que, baixo unha aparencia de humanidade ou de beneficiencia, leva a unha monarquía ben ordenada
a establecer entre os homes unha igualdade de deberes e a destruír as distincións necesarias, conduciría pronto á
desorde, consecuencia inevitable da igualdade absoluta e produciría a subversión da sociedade. O nobre consagra
a súa dignidade á defensa do Estado e asiste cos seus consellos ao soberano.
A última clase da nación que non pode outorgar ao Estado servizos tan distinguidos, súpleos cos tributos, a
industria e os traballos corporais.
SOLENNELLES. Amoestacións do Parlamento de París. 4-III-1776 [francés].
■ Documento 6: As orixes do liberalismo
Para comprender ben en que consiste o poder político e para remontarnos á súa verdadeira fonte, será forzoso que
consideremos cal era o estado en que se atopaban naturalmente os homes, a saber: un estado de completa
liberdade para ordenar os seus actos e para dispoñer das súas propiedades e das súas persoas (...) É tamén un
estado de igualdade, dentro do que todo poder e toda xurisdición son recíprocos, no que ninguén ten máis que outro,
debido a que non hai cousa máis evidente que o que seres da mesma especie e de idéntico rango, nados para
participar sen distinción de todas as vantaxes da natureza e para sentirse das mesmas facultades, sexan tamén
iguais entre eles, sen subordinación nin sometemento.
JOHN LOCKE. Dous tratados sobre o goberno civil. 1690 [inglés].
IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 1
Documentos da Unidade 1 Adrián Ansede Taboada 5
■ Documento 7: Unha monarquía de poder limitado
A nación inglesa é a única sobre a terra que conseguiu regular o poder dos reis enfrontándose a eles e que, con
constantes esforzos, puido finalmente establecer un sabio goberno no que o príncipe, todopoderoso para facer o
ben, está limitado para facer o mal; no que os señores son grandes sen insolencia e sen vasalos; e no que o pobo
comparte o goberno sen desorde. A Cámara dos Pares (dos Lores) e a dos Comúns son os árbitros da nación, e o
rei é o árbitro supremo.
VOLTAIRE. Cartas filosóficas. 1734 [francés].
■ Documento 8: As peticións do Parlamento
Suplican humildemente á V. E. Maxestade que ninguén estea obrigado no sucesivo a realizar doazón gratuíta,
prestar diñeiro nin facer contribución voluntaria, nin a pagar imposto ou taxa algunha, agás común consentimento
outorgado por lei do Parlamento. Que ninguén sexa citado a xuízo (...) nin detido, nin inquietado con motivo das
devanditas exaccións ou da negativa a pagalas.
Todo iso suplícano (...) por ser os seus dereitos e liberdades segundo as leis e estatutos de este Reino (...).
Petición de dereitos do Parlamento ao rei Carlos I. 1628 [inglés].
■ Documento 9: A lei de hábeas corpus
Que se declare que, sempre que alguén presente a un dos oficiais ou gardas da prisión unha solicitude escrita de
hábeas corpus para unha persoa que se atope en detención preventiva [en espera de xuízo], o oficial ou garda, de
acordo co contido desta lei, terá que liberar a este prisioneiro no prazo dos tres días seguintes á presentación deste
escrito (...).
Habeas Corpus Amendment Act. 1676 [inglés].
■ Documento 10: A Declaración de Dereitos
Os Lores e os Comúns declaran (...).
1. (...) Que o presunto poder da autoridade real para suspender leis, ou a execución das leis en virtude da autoridade
real e sen o consentimento do Parlamento, é ilegal.
4. Que a recadación de diñeiro para a Coroa (...) baixo pretexto da prerrogativa real, sen o consentimento do
Parlamento (...) é ilegal.
6. Que o recrutamento e o mantemento dun exército no reino en tempo de paz, sen o consentimento do Parlamento,
son contrarios á lei (...).
8. Que as eleccións dos membros do Parlamento han de ser libres.
9. Que as liberdades de expresión, discusión e actuación no Parlamento non poden ser xulgadas nin investigadas
por outro Tribunal que o Parlamento.
The Bill of Rights. 1689 [inglés].
■ Documento 11: Críticas ao Antigo Réxime (I): liberdade e poder
Ningún home recibiu da natureza o dereito de mandar sobre os demais. A liberdade é un regalo do ceo e cada
individuo ten o dereito de gozala da mesma forma que goza da súa razón. Se a natureza estableceu algunha
autoridade, é só a autoridade paterna, pero incluso a autoridade paterna ten límites. (...) Se o examinamos ben,
vemos que a autoridade procede dunha destas dúas fontes: ou da forza ou da violencia dos que a exercen, ou do
IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 1
Documentos da Unidade 1 Adrián Ansede Taboada 6
consentimento dos que son gobernados mediante un contrato establecido ou suposto entre o pobo e os que exercen
a autoridade.
DIDEROT. “Autoridade política”, na Enciclopedia francesa. 1751 [francés].
■ Documento 12: Críticas ao Antigo Réxime (II): liberdade e igualdade
Se se busca en que consiste o ben más prezado de todos (...) veremos que todo se reduce a dúas cuestións básicas:
a liberdade e a igualdade. (...)
A verdadeira igualdade non reside en que a riqueza sexa a mesma para todo o mundo, senón en que ningún cidadán
sexa tan rico como para poder mercar a outro cidadán, e que ningún sexa tan pobre que se vexa obrigado a
venderse. Din que esta igualdade non pode darse na práctica. Pero se o abuso é inevitable, quere dicir que debemos
renunciar a regulalo? Como resulta que a tendencia é destruír a igualdade, é preciso que a forza da lei busque
sempre mantela.
JEAN-JACQUES ROUSSEAU. O contrato social. 1762 [francés].
■ Documento 13: Críticas ao Antigo Réxime (III): a división de poderes
En cada Estado hai tres clases de poderes: polo primeiro [lexislativo] o príncipe ou o maxistrado fai as leis para
certo tempo ou para sempre, e corrixe ou derroga as que están feitas. Polo segundo [executivo] fai a paz e a guerra,
envía ou recibe embaixadores, establece a seguridade e prevé as invasións. E polo terceiro [xudicial] castiga os
crimes ou decide as contendas entre particulares. Cando os poderes lexislativo e executivo se encontran reunidos
nunha mesma persoa ou corporación, non hai liberdade, porque é de temer que [se] fagan leis tiránicas para
executalas do mesmo modo. (...) No Estado en que un home só ou unha soa corporación (...) administrase os tres
poderes e tivese a facultade de facer as leis, de executar as resolucións públicas e de xulgar os crimes e contendas
dos particulares, perderíase todo enteiramente.
MONTESQUIEU. O espírito das leis. 1748 [francés].
■ Documento 14: Os dereitos humanos na Enciclopedia
Liberdade natural. Dereito que a natureza dá a todos os homes para dispoñer das súas persoas e bens, do modo
que xulguen mellor para a súa felicidade, coa limitación de facelo dentro dos termos da lei natural, e sen abusos
que prexudiquen aos demais homes. As leis naturais son, xa que logo, tanto a regra como a medida desta liberdade,
pois aínda que os homes, no primitivo estado de natureza sexan independentes uns dos outros, todos dependen das
leis naturais, e estas son as que deben rexer as súas accións.
O primeiro estado que o home adquire por propia natureza, e que debe considerar como o ben máis prezado que
poida posuír, é o estado de liberdade; o home non pode nin cambiarse por outro home, nin venderse, xa que todos
os homes nacen libres, é dicir, sen ningún tipo de submisión ao poder dun amo, e ninguén ten sobre eles o dereito
de propiedade.
Igualdade natural. É a que existe entre todos os homes pola súa propia natureza. Esta igualdade é o principio e
fundamento da liberdade. Esta igualdade está fundada na constitución humana común a todos os homes, que
nacen, crecen, subsisten e morren da mesma maneira. E xa que a humana natureza é a mesma para todos os
homes, é evidente que, segundo o dereito natural, cada un debe estimar e tratar aos demais como a seres que son
iguais a el, é dicir, que son tan homes como el.
Propiedade. É o dereito que ten cada un dos individuos dos que se compón unha sociedade civilizada sobre os bens
IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 1
Documentos da Unidade 1 Adrián Ansede Taboada 7
adquiridos lexitimamente.
Un dos obxectivos básicos dos homes cando forman sociedades civilizadas é asegurar a posesión tranquila das
vantaxes que tiñan adquiridas ou que poderían adquirir.
Queren que ninguén lles estorbe no goce deses bens, e para iso consentiron en sacrificar unha parte do que
chamamos impostos, para a conservación e mantemento da sociedade. (...)
Nos estados que se guían polas leis da razón, as propiedades dos particulares están baixo a protección das leis; así,
o pai de familia está seguro de gozar el mesmo e de transmitir á súa descendencia os bens que reuniu co seu traballo.
Enciclopedia francesa. 1751-1772 [francés].
■ Documento 15: A liberdade de mercado
Cada individuo en particular pon todo o seu coidado en buscar o medio máis oportuno de empregar coa maior
vantaxe o capital de que poida dispor. O que busca é o seu propio interese, non o da sociedade en común; pero estes
esforzos cara ao seu interese lévano a preferir, sen ningunha premeditación, o emprego da máis útil ao conxunto
da sociedade. (...)
Todo sistema de preferencia, extraordinaria ou de restrición, debe ser anulado, para que do seu propio movemento
se estableza o simple e obvio da liberdade agrícola, mercantil e das manufacturas.
ADAM SMITH. Investigacións sobre a natureza e causas da riqueza das nacións. 1776 [inglés].
■ Documentos16 e 17: Reflexións dun monarca ilustrado
Os bos príncipes miran o poder que teñen sobre a vida dos seus vasalos como o peso máis grave da súa coroa.
Saben que son homes como aqueles que deben xulgar; saben que outras inxustizas poden repararse, pero que unha
sentenza de morte precipitada é un mal irreparable (...).Eu desexaría que un príncipe non pensase senón en facer
feliz ao seu pobo. Un pobo feliz teme máis perder ao seu príncipe se, ao mesmo tempo, é o seu benefactor. (...) A
xustiza debe ser o principal obxecto dun príncipe (...). O soberano, lonxe de ser o señor absoluto dos pobos que
están baixo a súa dominación, non é máis que o seu primeiro maxistrado. O rei que ten boa saúde para soportar o
penoso traballo do gabinete, falta ao seu deber se toma un primeiro ministro; pero se non ten ese don da natureza,
falta a si mesmo e a seu pobo se non emprega toda a súa razón en escoller un home sabio que leve a carga do
goberno.
FEDERICO II de Prusia. Ensaios sobre as formas de goberno. 1777 [alemán].
É preciso que un goberno ben dirixido teña un sistema tal que todas as medidas tomadas sexan ben tomadas e que
as finanzas, a política e a milicia concorran a un mesmo obxectivo, que é o fortalecemento do Estado e o aumento
do seu poder. Xa que un sistema non pode emanar máis que dunha cabeza, a voluptuosidade ou a imbecilidade son
as causas que impiden aos príncipes traballar no nobre emprego de lograr a felicidade dos seus súbditos.
FEDERICO II de Prusia. Discurso. 1781 [alemán].
■ Documento 18: Eloxio do monarca ilustrado
Oh príncipe! Vós fostes colocados polo Omnipotente en medio das nacións para atraer sobre elas a abundancia e
a prosperidade. Aquí tedes a vosa primeira obrigación: gardádevos de atender aos que vos distraen do seu
cumprimento (...).Mentres os pobos aflixidos levantan a vós os seus brazos, a posteridade míravos desde lonxe.
IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 1
Documentos da Unidade 1 Adrián Ansede Taboada 8
Observa a vosa conduta, escribe nos seus memoriais as vosas accións e reserva os vosos nomes para o loor, o
esquecemento ou a execración dos séculos futuros.
Parece que este precepto da Filosofía resoaba no corazón de Carlos III cando viña de Nápoles a Madrid, traído
pola Providencia a ocupar o trono dos seus pais. Un longo ensaio na arte de reinar lle ensinara que a maior gloria
dun soberano é a que se apoia sobre o amor dos seus súbditos (...).
A elección de novas colonias agrícolas, o repartimento de terras comunais, a redacción dos privilexios da gandaría,
a abolición da taxa e a libre circulación dos grans, co que mellorou a agricultura; a propagación da ensinanza
fabril, a reforma da política gremial, a multiplicación dos establecementos industriais, a rotura das antigas cadeas
do tráfico nacional, a apertura de novos puntos para o consumo exterior, a paz do Mediterráneo.
GASPAR MELCHOR DE JOVELLANOS. Eloxio de Carlos III. 1788 [castelán].
■ Documento 19: A orixe do equilibrio europeo
Noutra orde de cousas, a Guerra dos Trinta Anos [1618-1648] e as paces que a concluíron supuxeron un revulsivo
nos modos e na práctica da diplomacia. A Santa Sé non tivo ningún papel significativo ao longo do conflito, nin
sequera como moderador ou intermediario. Nas negociacións impúxose o realismo. As sorprendentes e cambiantes
flutuacións de alianzas, as rupturas de treguas e paces e, en xeral, a sensación de desorde e de ausencia de normas
forzaron o desenvolvemento dunha idea de sistema fundamentado sobre as garantías.
Políticos, ministros e diplomáticos europeos, como Henri de Rohan ou Francis Bacon, estaban convencidos de que
só o interese, libre de toda ética, movía aos príncipes e ás potencias, xerando normas de conduta propias onde
relixión, dereito e dinastía eran medios, non fins en si mesmos. Ao longo do século, dita convicción, nacida dun cru
empirismo, creou unha realidade de loita sen desmaio por alcanzar a vitoria como única forma coa que se podían
despexar as ameazas reais, supostas ou por vir que rodeaban a conservación dos estados. A tortuosa política
desenvolvida por Richelieu e Mazarino, por exemplo, máis que guiada pola razón, estivo determinada por unha
obsesiva procura da seguridade. Francia era un reino cuxa fraxilidade fixo prevalecer a idea do interese xeral como
fórmula de estabilidade interna, e esta considerouse igualmente válida para orientar a súa supervivencia en
relación co conxunto das potencias europeas.
Da necesidade de obter seguridade, apelando ao interese xeral, tomou corpo a noción de equilibrio como
mecanismo regulador das tensións. Esta era a alternativa ao principio de arbitraxe, herdeiro do universalismo e
ensaiado por Roma no primeiro cuarto do século, pero pouco estimable ao entenderse que ser mediador implicaba
erixirse en xuíz, o cal implicaba o exercicio dun papel dirixente no concerto político.
A xorda loita contra a monarchia universalis facía inadmisible a aceptación dunha potencia dirixente, e perfilábase
como mellor alternativa a constitución dunha orde creada polo consenso de todas as partes, sobre unha vaga
noción de equilibrio. Durante as discusións que levaron á firma das paces uno dos puntos de maior interese foi o de
sureté et garantie da Paix, cuxo resultado foron os artigos 119 de Münster e 17 de Osnabrück.
(...) Así mesmo, houbo cambios significativos na utilización da diplomacia, pois o sistema de garantías
perfeccionouse co desenvolvemento da diplomacia do illamento como fórmula de salvagarda da seguridade
colectiva e instrumento para inducir a un Estado ou potencia á paz. Así foi como tanto España como o imperio
víronse constrinxidos a respectar os acordos asinados.
IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 1
Documentos da Unidade 1 Adrián Ansede Taboada 9
MANUEL RIVERO RODRÍGUEZ. Diplomacia y relaciones exteriores en la Edad Moderna. De la cristiandad al
sistema europeo, 1453-1794. 2000 [castelán].
■ Documentos 20-25: Europa ao longo do século XVIII (varios mapas)
Mapa 1: Europa en 1700. Reflíctense os cambios territoriais experimentados trala Paz de Westfalia (1648), que
puxera fin á Guerra dos Trinta Anos (1618-1648) e á Guerra dos Oitenta Anos (1568-1648): os Países Baixos
acadan a súa independencia con respecto á Monarquía Hispánica, Francia adquire territorios e prazas de gran valor
estratéxico en Alsacia e Lorena, mentres que Prusia e Suecia ven aumentados os seus territorios na costa báltica.
Segundo o Tratado dos Pirineos (1656), Francia incorpora definitivamente o Rosellón e gaña varias prazas máis en
Flandres, Artois, Luxemburgo e os Países Baixos. En sucesivos conflitos, a Francia de Luís XIV tentou incorporar
máis territorios da Monarquía Hispánica aproveitando a súa debilidade, pero esta logrou manter a integridade da
meirande parte das súas posesións.
Europa en 1700. Imaxe de dominio público.
IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 1
Documentos da Unidade 1 Adrián Ansede Taboada 10
Mapas 2-3: Cambios territoriais trala Guerra de Sucesión Española (1701-1714). España, que sofre un cambio de
dinastía tralo triunfo da coalición borbónica, cede os Países Baixos, o Milanesado, Nápoles e Sardeña a Austria, e
Sicilia a Saboia (Austria e Saboia intercambiarán Sardeña e Sicilia en 1720); Prusia adquire Neuchâtel; e Gran
Bretaña apodérase de colonias francesas en Norteamérica (Acadia e Terranova) e de varias posesións españolas
(Xibraltar e Menorca). Pola súa parte, a Gran Guerra do Norte fora un conflito librado entre 1700 e 1721 entre
Suecia e Rusia (e cadansúas coalicións de potencias aliadas) para acadar a supremacía na cunca do mar Báltico.
Triunfou Rusia, que veu ampliados os seus territorios na zona, e Prusia, que se apoderou da Pomerania sueca.
Cambios territoriais en Europa despois da Guerra de Sucesión Española (1701-1714) e da Gran Guerra do Norte
(1700-1721). Imaxe de dominio público.
Intercambios territoriais entre as potencias europeas que tomaran parte na Guerra de Sucesión Española (1701-
1714). Imaxe de dominio público.
IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 1
Documentos da Unidade 1 Adrián Ansede Taboada 11
Mapa 4: Europa en 1748, tralo Tratado de Aix-la-Chapelle, que puxera fin á Guerra de Sucesión Austríaca (1740-
1748). O principal resultado foi a incorporación da provincia austríaca de Silesia a Prusia. O descontento por estes
cambios, xunto coa rivalidade colonial en América e na India, desembocou nun cambio de alianzas entre as potencias
europeas e na Guerra dos Sete Anos (1756-1763). Enfrontáronse Austria, Francia, Suecia, Rusia e España contra
Prusia, Gran Bretaña e Hannover. Este segundo bloque foi o vencedor; Silesia quedou en mans prusianas, Gran
Bretaña fíxose coa meirande parte das colonias francesas en Canadá e na India e tamén recibiu a Florida española.
España foi compensada por Francia, que lle transferiu o territorio de Luisiana.
Europa en 1748. Imaxe de dominio público.
IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 1
Documentos da Unidade 1 Adrián Ansede Taboada 12
Mapa 5: Particións de Polonia no século XVIII (1772, 1793 e 1795). A coñecida como Mancomunidade Polaco-
Lituana ou República das Dúas Nacións (Rzeczpospolita Obojga Narodów) era unha monarquía electiva controlada
pola nobreza (szlachta) froito da Unión Constitucional de Lublin (1569). A rixidez das súas estruturas de goberno
e os conflitos do século XVIII (Guerra de Sucesión Polaca, 1733-1738), provocaron a intervención das potencias
veciñas (Austria, Prusia e Rusia), que intentaron influír sobre as distintas faccións nobiliarias para estas apoiaren
un rei favorábel aos seus intereses. O último monarca, Estanislao II Poniatowski, foi practicamente un vasalo de
Rusia, e viuse obrigado a ceder territorios ata en tres ocasións (as Particións de 1772, 1793 e 1795), ata a completa
desaparición de Polonia.
Particións de Polonia-Lituania no século XVIII. Imaxe de dominio público.
IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 1
Documentos da Unidade 1 Adrián Ansede Taboada 13
Mapa 6:
Europa en 1789, en vésperas da Revolución Francesa. Miguel Artola e Manuel Pérez Ledesma. Contemporánea.
La historia desde 1776. 2005 [castelán].