Upload
inga
View
46
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
CÓDIGO DE BOAS PRÁCTICAS E PROTOCOLO DE ACTUACIÓN EN CASO DE ACOSO LABORAL, ACOSO SEXUAL E DISCRIMINACIÓN POR SEXO. J. ANA ARCA PICHEL. I) SELECCIÓN. II) PROMOCIÓN. III) FORMACIÓN. IV) RETRIBUCIÓN. V) CONCILIACIÓN FAMILIAR. VI) SAÚDE LABORAL. VII) COMUNICACIÓN ORGANIZATIVA . - PowerPoint PPT Presentation
Citation preview
J. ANA ARCA PICHEL
CÓDIGO DE BOAS PRÁCTICAS E
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN EN CASO DE ACOSO LABORAL, ACOSO SEXUAL E
DISCRIMINACIÓN POR SEXO
OBXECTIVO I
Acadar a Igualdade Efectiva de trato e
oportunidades
entre mulleres e homes
1) Principio básico no Estado democrático e de dereito
2) Oportunidade estratéxica para xestionar a diversidade como fonte de vantaxe competitiva
3) Garante idénticas oportunidades de ingreso, desenvolvemento e promoción
Igualdade efectiva de trato e oportunidades entre mulleres e homes: FUNDAMENTOS
4) Promove o acceso e promoción da muller a postos de responsabilidade
5) Reforza o compromiso de responsabilidade social da empresa
6) Mellora a vida dos empregados e das súas familias
Igualdade efectiva de trato e oportunidades entre mulleres e homes: FUNDAMENTOS
Igualdade efectiva de trato e oportunidades entre mulleres e homes: ACTUACIÓNS
I) SELECCIÓN
II) PROMOCIÓN
III) FORMACIÓN
IV) RETRIBUCIÓN
V) CONCILIACIÓN FAMILIAR
VI) SAÚDE LABORAL
VII) COMUNICACIÓN ORGANIZATIVA
I) SELECCIÓN
Eliminar dos documentos a linguaxe sexista e os elementos discriminatorios
Valorar a adecuación da persoa ao posto en función de criterios de idoneidade
Ocupar os postos de traballo coas persoas máis axeitadas en función das súas capacidades,
aptitudes, formación e experiencia
II) PROMOCIÓN
Establecer mecanismos de promoción da igualdade de condicións de trato, de maneira que se eliminen criterios ou factores que prioricen un sexo respeto doutro
Impulsar medidas de favorecemento do acceso de mulleres a postos onde se atopen infra-representadas
III) FORMACIÓN
Fomentar a formación entre o personal feminino
Fomentar a formación en horas de traballo ou a distancia para minimizar as dificultades de asistencia
Garantir o acceso en igualdade á formación interna ou externa
Realizar cursos ou xornadas de formación e sensibilización en igualdade de oportunidades
Establecer módulos de igualdade de oportunidades en todos os cursos de formación ofertados pola empresa
IV) RETRIBUCIÓN
Establecer indicadores das retribucións por categorías e antigüidade, en relación co
sexo, para tutelar as posibles diferenzas que puideran
aparecer
Definir os conceptos retributivos existentes,
describindo a súa tipoloxía, condicións e requisitos
V) CONCILIACIÓN FAMILIAR
Difundir a lei de conciliación familiar e laboral
Asesorar sobre os permisos e excedencias existentes na normativa
laboral nos casos que sexan solicitados polos traballadores e traballadoras
Campañas de sensibilización en materia de reparto de
responsabilidades entre mulleres e homes
VI) SAÚDE LABORAL
Proteción das mulleres
embarazadas
Fomento das situacións de IT por risco no embarazo
Avaliación dos postos de traballo con
especial atención aos riscos por mor de
embarazo
VII) COMUNICACIÓN ORGANIZATIVA
Comunicar ao plantel os beneficios da igualdade de xénero, creando canles de comunicación, como buzóns de suxerencias, que permitan atopar melloras en materia de igualdade
Empregar revistas de empresa, tablóns de anuncios, Internet, etc. para difundir os programas de igualdade
Lograr que as PEMES
asuman de xeito voluntario responsabilidades en materia
de violencia de xénero
OBXECTIVO II
1) Fixación de obxectivos concretos a alcanzar
2) Prevención das discriminacións laborais por acoso sexual ou por razón de sexo
3) Dereitos das vítimas de violencia de xénero
4) Establecemento de sistemas eficaces de seguemento e avaliación
Responsabilidades en materia de violencia de xénero: ACTUACIÓNS
1) Fixación de obxectivos concretos a alcanzar
Promover accións que garantan a prevención das discriminacións laborais por acoso sexual ou por razón de sexo
Establecer Protocolos de actuación
Formar ao persoal no tema da prevención do acoso
Fixar documentalmente o compromiso da empresa por erradicar calquera conducta de acoso
Garantir a tutela empresarial das situacións de acoso e a defensa do dereito dos empregados a ser tratados con dignidade
Facilitar a inserción de mulleres vítimas de violencia de xénero
2) Prevención das discriminacións laborais por acoso sexual ou por razón de sexo
Elaboración dun protocolo de denuncia e actuación
en materia de acoso sexual
Fixación de procedementos e canles
de denuncia
Deseño de estratexias, prácticas e protocolos de actuación a adoptar
Adopción xornada reducida ou horario flexible
Preferencia na solicitude para ocupar un posto de categoría equivalente en outros centros de traballo, con reserva do seu antiguo posto durante 6 meses
Posibilidade de suspender o contrato de traballo durante 6 meses, extensibles hasta 18 meses
Posibilidade de extinguir o contrato de traballo con dereito ao desemprego, nos termos previstos na Lei Xeral da Seguridade Social
Considerar xustificadas, cando así o determinen os servizos sociais de atención ou servizos de saúde as ausencias ou faltas de puntualidade motivadas pola situación física ou psicolóxica derivada da violencia de xénero
3) Dereitos das vítimas de violencia de xénero
4) Establecemento de sistemas eficaces de seguemento e avaliación
Creación de comisións de seguemento
Fixación de procedementos de
actuación en caso de acoso sexual e por razón de sexo
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN EN CASO DE ACOSO LABORAL, ACOSO SEXUAL E DISCRIMINACIÓN POR SEXO
1) COÑECEMENTO DO FEITO
2) COMUNICACIÓN E COORDINACIÓN INTERDEPARTAMENTAL
3) ACTUACIÓNS A SEGUIR CO TRABALLADOR AFECTADO
4) MEDIDAS A ADOPTAR PARA ACABAR CO CONFLICTO
O procedemento será áxil e rápido
Deberá garantir a proteción do dereito á intimidade e confidencialidade das persoas afectadas
Protexerá a seguridade e saúde da vítima
Promoverá a separación cautelar entre a vítima e a presunta persoa acosadora
O denunciado terá o beneficio da presunción de inocencia
PRINCIPIOS INSPIRADORES
1) COÑECEMENTO DO FEITO
DENUNCIA- Escrito de denuncia
MEDIACIÓN- Reunión e levantamento de “Acta de mediación” que conterá as
medidas propostas para a solución do tema . Será firmada por todos os asistentesCaso de non chegar a acordo, ou si se considera convinte, pasarase á segunda faseINSTRUCCIÓN DO PROCEDEMENTO
- Inicio- Desenvolvemento- Finalización
SEGUIMENTO DAS ACTUACIÓNS E MEDIDAS A ADOPTAR- Medidas corretoras- Medidas disciplinarias
-Acoso leve: chistes, piropos de contido sexual, pedir citas reiteradas, acercamentos excesivos, xestos, miradas insinuantes...
-Acoso grave: preguntas sobre vida sexual, insinuaciós sexuais, pedir relacións sexuais, presionar despoís da ruptura sentimental cun compañeiro
-Acoso moi grave: abrazos, besos non desexados, tocamentos, pellizcos, acurralamentos, presións para obter melloras ou ameazas, realizar actos sexuais baixo presión de despido, asalto sexual
ACOSO SEXUAL
2) COMUNICACIÓN E COORDINACIÓN INTERDEPARTAMENTAL
Realización dunha comunicación simultánea aos responsables do departamento de prevención, xurídico, recursos humanos, etc. se os houbese
3) ACTUACIÓNS A SEGUIR CO TRABALLADOR AFECTADO
Entrevista co traballador/a afectado/a
Informe médico
4) MEDIDAS A ADOPTAR PARA ACABAR CO CONFLICTO
1. Vía de resolución interna
a través dun acordo entre as
partes
2. Vía de resolución interna
a través dun mediador
3. Vía de resolución interna por incoación de
expediente disciplinario
administrativo
4. Vía de resolución externa a consecuencia de presentación da correspondiente denuncia xudicial