62
IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 43 BLOQUE 2: A IDADE CONTEMPORÁNEA

Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

Embed Size (px)

DESCRIPTION

2º Bloque do libro de CCSS de 4º da ESO

Citation preview

Page 1: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 43

BLOQUE 2: A IDADE CONTEMPORÁNEA

Page 2: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 44

Page 3: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 45

TEMA 4. A RUPTURA DO ANTIGO RÉXIME

Page 4: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 46

Page 5: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 47

I.- A ILUSTRACIÓN

No século XVIII o sistema do Antigo Réxime é fortemente criticado ata o punto de produci-la súa ruptura. Factor fundamental foi o pensamento ilustrado, estendido entre as minorías cultas. Fundaméntase en: -Racionalismo. Só se acepta como verdadeiro aquilo que é racional e lóxico, posto que a razón é a única fonte de verdade.

-Chegará pois o día en que o sol só alumee na terra a homes libres, que non recoñezan a máis señor que a súa propia razón.(Condorcet)

-Entusiasmo pola natureza. O natural é bo, o antinatural é malo. De aí deriva a imaxe sentimental e algo inxenua do "bo salvaxe" -Confianza no home para logra-lo progreso por medio da educación

-A natureza impúxonos a todos unha lei, a da nosa propia felicidade. (Enciclopedia) - Sapere aude: Ten o valor de servirte do teu propio entendemento. (Kant)

Estes principios aplícanse a tódolos campos da actividade humana, criticando e atacando todo o que non é razoable nin natural, pero ó tempo propoñen alternativas. CRÍTICA PROPOSTA AS FONTES

Abs

olut

ism

o

-É contrario á razón que unha persoa mande porque Deus llo dixo (soberanía divina)

-Non é razoable que unha soa persoa exerza tódolos poderes

- a autoridade é precisa, pero o seu poder ha de vir da propia vontade das persoas: soberanía nacional fundamentada no contrato social. -Para evitar abusos, debe existir unha separación de poderes (executivo, lexislativo e xudicial), exercidos por distintas persoas/ institucións

- ... cada un de nós pon en común a súa persoa e todo o seu poder baixo a dirección da vontade xeral.. (Rousseau) - No estado no que un só home ou unha soa corporación de nobres ou do pobo, administrara os tres poderes, e tivese a facultade de facer leis, de executa-las resolucións públicas e de xulga-los crimes (...), perderíase todo enteiramente (Montesquieu)

Soci

edad

e es

tam

enta

l -Os privilexios de sangue non teñen ningún sentido.

-Non é razoable que a burguesía non teña poder político, se ten o poder económico.

- A igualdade diante da lei será aplicable a tódolos cidadáns por dereito de nacemento. - Débese organizar a sociedade en grupos diferenciados pola economía, pola propiedade: sociedade de clases.

-Tódolos homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos.(Constitución francesa- 1789)

-A violación da igualdade natural deu lugar á escravitude política e xurídica. (Enciclopedia)

Cren

zas

-A relixión revelada, fundamentada nun “libro”, está constituída por grande conxunto de supersticións, prexuízos e fanatismos.

-Existencia dun Deus que impón e sanciona.

- A única moral razoable é a moral natural, orientada a lograr a felicidade do home e caracterizada pola tolerancia, a fraternidade e a filantropía. -Deísmo (incluso nalgúns casos ateísmo).

-...unha relixión con dogmas escuros que son motivo eterno de disputa; unha relixión cuns principios que desaniman ós homes e lles impiden pensar nos seus auténticos intereses; tal relixión, digo, é destrutiva para toda a cristiandade. (Holbach) -Contemplando a natureza admiraba a inmensidade e as relacións das esferas infinitas, pero máis admirable é o Ser Supremo que rexe en toda a extensión do espacio. (Voltaire)

A burguesía abandeira o levantamento en contra das estruturas tradicionais: en Inglaterra por medio da revolución industrial e no continente por medio das revolucións burguesas. A continuación estudaremos as características destes dous fenómenos.

Page 6: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 48

Actividade 1: Galeria de ilustres ilustrados Busca información sobre cada personaxe

II.- AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS Os ilustrados defenderon as reformas como medio para transforma-la sociedade na que vivían, pero os homes que viñeron tras eles defenderon a necesidade da revolución para cambia-lo mundo. II.1. A creación dos EEUU Os protagonistas da revolución americana, que se iniciou en 1775, foron os colonos ingleses asentados nas trece colonias creadas na costa leste de América do norte. Estes estaban descontentos pola actuación do goberno inglés que lles freaba con normas restritivas ó comercio e con impostos o seu desenvolvemento comercial. Os colonos pensaban tamén que deberían ter máis dereitos políticos e os seus propios representantes no parlamento británico. Por estas razóns, iniciaron o enfrontamento

Jean-Jacques Rousseau

Voltaire

Barón de Montesquieu

Frai Martín Sarmiento

Page 7: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 49

Estado Federal: Forma política que adopta unha nación cando está composta dunha serie de Estados, unidos por un goberno común, pero que conservan competencias propias. O goberno común soe facerse cargo da defensa , facenda e relacións internacionais.

Estados Xerais: Nome que recibían en Francia as Cortes. Reuníanse por Estamentos, tendo un voto cada un.

bélico con Inglaterra, chegando a proclama-la súa independencia. O goberno inglés non quixo comprende-las reivindicacións dos colonos e contestoulles coas armas. Pensadores como Paine fixeron aumenta-lo apoio popular a unha revolución iniciada polos burgueses comerciantes: defenderon a liberdade fronte ó sistema político inglés. A guerra finalizou en 1783, cando Inglaterra recoñeceu a vitoria do novo estado. Ademais da independencia, os revolucionarios conseguiron impor unhas medidas que recollían principios teóricos ilustrados: a Declaración de Dereitos e a Constitución. Na Declaración de Dereitos aparecen o dereito á igualdade ante a lei, a defensa das liberdades persoais e a afirmación de que a orixe do poder está no pobo. Na Constitución recóllese o principio organizativo do novo estado: a Federación. O poder executivo recaería no Presidente elixido cada catro anos, o xudicial nun alto tribunal, e o lexislativo nun Congreso formado por dúas cámaras. Os estados federados gozarían de autonomía lexislativa e administrativa ( agás en política exterior, control monetario, impostos ou exército, controlados polo goberno central).

II.2. A revolución Francesa: causas e desenvolvemento

A sociedade francesa, como a do resto dos estados europeos daquela época, era unha sociedade baseada nas diferenzas entre os grupos privilexiados, que gozaban de dereitos e non pagaban impostos, e os non privilexiados. A finais do século XVIII, o descontento de gran parte da poboación debíase as seguintes causas:

- O agravamento das condicións de vida das clases populares e campesiñas debido ás malas colleitas, que provocaron carestía ,crises de subsistencia e aumento dos impostos

- O déficit da Facenda francesa, debido a que os gastos do Estado eran superiores ós ingresos obtidos a través da recadación de impostos. Os gastos proviñan do luxo da Corte e das guerras continuas

- Os burgueses, exaltados grazas ás ideas ilustradas, reclamaban os seus dereitos políticos e a abolición dos privilexios

- Os privilexiados ven empeorar a súa situación económica debido á crise xeral e negaranse á pretensión do rei de facerlles pagar impostos

En 1789 o rei Luis XVI viuse obrigado a convocar Estados Xerais, para que estes tentaran atopar solucións á crise. A eles acudiron representantes dos tres estamentos. Os burgueses representantes do Terceiro Estado, ó non conseguir as súas reclamacións, decidiron crear unha Asemblea que tería como meta a elaboración dunha constitución. Mentres isto sucedía na reunión política, as clases populares iniciaban as revoltas en París (asalto

Page 8: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 50

Robespierre

“Xuramento da sá do xogo de pelota” de Jacques-Louis David

á Bastilla) e nas aldeas de Francia os campesiños asaltaban castelos e queimaban os arquivos dos nobres. Era o inicio da Revolución , que pasará por varias fases.

a) Monarquía constitucional Unha das principais tarefas da Asemblea constituínte foi elaborar un manifesto no que aparecesen reflectidos os principios que guiaban a actuación dos revolucionarios: a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán, na que se recollía o dereito á igualdade, a liberdade, a propiedade, e a soberanía do pobo. A burguesía máis moderada (os xirondinos, representantes da burguesía comercial) elabora unha constitución que establece como fórmula política a Monarquía parlamentaria. Nesta etapa quedan abolidos o feudalismo e os privilexios. O rei tivo que aceptar os cambios, aínda que supuxeran a perda do seu poder absoluto

b) A República radical: o Terror En 1792, cando o exército francés iniciou unha guerra contra as monarquías absolutistas europeas que intentaban impedir o triunfo da revolución, comezou tamén a expansión dos principios revolucionarios por Europa. As conspiracións de Luis XVI e a radicalización das masas máis pobres, que empezaban a comprender que o novo réxime non lles ía supoñer mellora ningunha, fixeron que ese mesmo ano caera a monarquía en Francia, proclamándose a República. Os sectores máis radicais (os xacobinos, representantes da pequena burguesía ) fixéronse co poder, implantando un réxime de terror para reprimir ós considerados traidores, e unha ditadura. Liderados por homes como Danton e Robespierre, aprobaron unha serie de medidas que ampliaban o poder das masas populares. Estas clases populares eran coñecidas co nome de “sans culottes”, e estaban formadas por tendeiros, donos de pequenos talleres, obreiros industriais e comerciais. Luis XVI foi condenado a morte e a nova constitución de 1973, máis democrática que a anterior, defendía o sufraxio universal masculino e os dereitos ó traballo, á asistencia social e á educación. As execucións e a radicalización das ideas ( algúns deputados pedían a reparto das terras ós campesiños e apropiación dos talleres polos obreiros) vai ser o máis característico deste período.

Page 9: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 51

“Napoleón” de Jacques-Louis David

c) A República moderada: o Directorio En 1794 a revolución entrou de novo nun camiño de moderación e foi controlada polos burgueses máis ricos, asustados pola radicalización revolucionaria. Estes salvaron as principais conquistas do período (igualdade de dereitos, división de poderes, sistema republicano), pero afastaron o pobo da toma de decisións . O novo goberno estaba formado por cinco membros ( o Directorio), e non freou os graves problemas económicos e os provocados pola guerra en Europa. Debido á súa debilidade , Napoleón dará un golpe de estado e chegará ó poder., conservando as principais conquistas da revolución aínda que o réxime por el creado será unha nova monarquía : o Imperio.

En resumo, tralas revolucións burguesas desenvolverase un novo modelo político acorde cos intereses dos grupos non privilexiados, caracterizado por:

Substitución da soberanía real baseada na lexitimación divina pola soberanía nacional baseada na lexitimación dos cidadáns

Desaparición dos privilexios por nacemento: as distincións sociais basearanse agora no nivel económico ou cultural

Participación política cidadá a través so sufraxio Separación de poderes: lexislativo (Cortes), executivo (goberno) e xudicial Recoñecemento dos dereitos inalienables do ser humano

Actividade 2: O nacemento dos EEUU Sostemos como evidentes estas verdades: que tódolos homes son creados na igualdade e dotados polo seu creador de certos dereitos inalienables entre os que cómpre destaca-la vida, a liberdade e o dereito á felicidade. Que, coa fin de asegurar estes dereitos, os homes crean gobernos que derivan os seus poderes do consentimento dos gobernados. Que calquera outra forma de goberno que atente contra estes fins pode o pobo abolilo, para instituír un novo goberno que tiña a súa base neses principios e organice os seus poderes de tal forma que pareza máis seguro alcanzar gracias a el a seguridade e a felicidade. Nós, representantes dos Estados Unidos de América, apelando o Supremo Xuíz do mundo, no nome e por autoridade do pobo destas colonias, solemnemente publicamos e declaramos que estas colonias unidas son estados libres e independentes.

.Declaración da Independencia dos EEUU

1. ¿Como xustifican o seu dereito a sublevarse? Esa xustificación baséase nuns principios teóricos anteriores ¿cales son?

2. ¿Por que se chaman Estados Unidos? 3. Buscade información sobre o papel de George Washington na independencia dos

EEUU. 4. ¿Por que a loita pola independencia é coñecida tamén coma revolución americana?

¿Por que é tamén unha revolución burguesa? 5. Os EEUU antes eran colonias ¿de que país?. ¿Qué é unha colonia?

II.3. Consecuencias da revolución: o Liberalismo político

Page 10: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 52

Actividade 3: Cadernos de queixas. “Todo sistema que baixo a apariencia de humanidade levase a unha monarquía a establecer entre as persoas unha igualdade de deberes e a destruí-las distincións necesarias, levaría pronto á desorde”

“Esiximos: -Igualdade proporcional dos impostos. -Habilitación de todo o Terceiro Estado para desempeña-los diversos altos cargos da Nación. - Supresión dos impostos que poidan obstaculiza-lo comercio”.

“Pregamos: - Abolición das rendas señoriais. - Que os traballos realizados para o mantemento dos camiños sexan pagos. - Que tódolos impostos sexan pagados polas tres Ordes.”

1. ¿A quen se lle dirixen as queixas? 2. Identificade a que estamento se corresponde cada un dos textos anteriores. 3. Explicade o significado das expresións subliñadas. 4. ¿Cal destes tres grupos pensades que obtivo máis beneficios despois da

Revolución Francesa? Actividade 4: ¿Que é o Terceiro Estado? Nos formulamos tres preguntas: 1ª. ¿Que é o Terceiro Estado? Todo. 2ª. ¿Que representou ata o presente na orde política? Nada. 3ª. ¿Que pide? Chegar a ser algo. ¿Quen ousaría dicir que o Terceiro Estado non contén en si mesmo todo o necesario para formar unha nación completa? É como un home forte e robusto que aínda ten un brazo encadeado. Se desapareceran os privilexiados a nación non sería menos, senón máis. ¿Que é o Terceiro Estado? Todo, pero un todo oprimido. ¿E que sería sen os privilexiados? Todo, pero un todo libre. Nada pode funcionar sen el. Todo andaría moito mellor sen os demais.

¿Que é o Terceiro Estado? Abade Sièyes. 1. ¿Quen formaba o Terceiro Estado e quen do estado privilexiado? 2. ¿Por que o Terceiro Estado é “todo”? 3. Explica a frase suliñada

Actividade 5: Os dereitos do cidadán Art.1. Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos. As distincións sociais non poden fundarse máis que sobre a utilidade común. Art.2. O fin de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais do home. Estes dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e a resistencia á opresión. Art.3. O principio de toda soberanía reside na nación. Ningún corpo ou individuo pode exercer autoridade que non emane expresamente dela. Art. 6. A lei é a expresión da vontade xeral. Todos os cidadáns teñen dereito a participar persoalmente, ou polos seus representantes, na súa elaboración. A lei ten que se-la mesma para todos. Art. 11. A libre comunicación de pensamento e opinións é un dos dereitos máis prezados do home; todo cidadán pode falar, escribir e imprimir libremente, sen prexuízo de responder do abuso desta liberdade nos casos determinados pola lei.

Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán. Francia 1789.

Cuestións: 1 ¿Por que pensas que os dereitos do home se chaman tamén dereitos naturais? 2. Explica as frases subliñadas. 3. ¿Que é unha Constitución? Comenta a importancia das leis escritas nunha sociedade. 4. A liberdade é un dereito fundamental, pero as leis limitan ese dereito. ¿Esto non é contraditorio? Razoa a túa resposta.

III O IMPERIO NAPOLEÓNICO O golpe de estado en Francia estableceu un poder executivo composto por tres cónsules; Bonaparte foi elixido primeiro cónsul. Conquistado o apoio dos franceses

Page 11: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 53

grazas ós seus éxitos militares, convocou un referendo en 1804 que lle permitiu darse o título de Emperador . Napoleón, a pesar de facerse co poder absoluto, era un produto da Revolución Francesa e intentou reconcilia-los intereses de tódolos grupos sociais: promocionará á burguesía con postos no exército e na administración, conservará a igualdade ante a lei, e defenderá a propiedade privada de calquera grupo social, incluídos os nobres. Froito deste empeño foi o Código Civil, que recoñecía a liberdade individual e os principios do liberalismo económico. Grazas á obra militar napoleónica, as ideas revolucionarias espalláronse por toda Europa. No futuro, os monarcas absolutos terán moitas dificultades para manterse no poder e sucesivas oleadas revolucionarias sacudirán o continente Napoleón, aínda que gobernando como monarca, erixiuse no máximo representante dun proceso revolucionario, e por iso convocaba ós pobos do mundo a derruba-la tiranía do Antigo Réxime. Pouco a pouco, e grazas os seus dotes de gran estratego militar, vai facéndose co control de gran parte de Europa: Bélxica, Holanda, España, parte dos estados alemáns e italianos. Tentou entón neutralizar os ingleses por mar, mais, trala derrota de Trafalgar, decatouse de que non podería invadir a illa e iniciará unha política destinada a afundilos economicamente mediante o bloqueo continental, que prohibía o comercio europeo coas Illas Británicas. Neste inmenso imperio Napoleón transformou as leis, modificou fronteiras, depuxo reis e nomeou como monarcas ós seus familiares e homes de confianza. Dous serán os principais problemas ós que Napoleón terá que enfrontarse: 1- O Imperio era unha estrutura moi fráxil e pronto espertará no seu seo o

sentimento nacionalista, aínda que nun principio algún dos países sometidos polo emperador acólleno como o liberador fronte ó absolutismo. Este sentimento será especialmente destacado no caso español. Así, cando as tropas napoleónicas chegan a España e instalan no trono a Xosé Bonaparte, o pobo non acepta esta situación e asume tanto a soberanía como a defensa do territorio. Nesta época aparecen en España as primeiras cortes liberais e a primeira constitución, a de 1812. En 1813 as tropas francesas teñen que retirarse; estas accións servirán de exemplo para outros pobos europeos, pois axudarán a remarcar que Napoleón non era invencible.

2- Napoleón cometerá o grande erro de intenta-la invasión de Rusia en 1812: aínda que chegou a entrar en Moscova, o frío e a falla de abastecemento obrigárono a unha retirada que será desastrosa. Isto será aproveitado por Gran Bretaña, Rusia, Austria e Suecia, que se alían contra o emperador e conseguen vencer na batalla de Waterloo.

Page 12: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 54

Opostas ó Antigo Réxime

Nacidas da Ilustración Defensoras do capitalismo

Nacidas do movemento obreiro Contrarias ó capitalismo

Liberalismo Democracia Socialismo Anarquismo

Defensoras do Antigo Réxime

Conservadurismo

Defensoras das

nacionalidades

Nacionalismo

Actividade 6: Napoleón Facede unha pequena biografía de Napoleón Bonaparte. Incluíde algo sobre a súa capacidade como estratego militar.

IV.-A RESTAURACIÓN Trala abdicación de Napoleón, os vencedores reuníronse no Congreso de Viena en 1814 para reconstruí-lo mapa de Europa, é o período que coñecemos como Restauración. Dous foron os principios que tentaron aplicar: Principio de lexitimidade: repoñer nos seus tronos os monarcas depostos por Napoleón. Principio de equilibrio: reparto proporcional de territorios cun axuste de fronteiras a

fin de garanti-la paz e a estabilidade. Os problemas, sen embargo, non tardaron en xurdir. Os monarcas repostos restableceron o absolutismo, chocando frontalmente cunha sociedade que mantiña viva a herdanza dos principios revolucionarios e rexeitaba o principio sagrado da autoridade. Pero ademais as novas fronteiras non respondían ás realidades étnicas e culturais dos pobos. Esta situación desembocou en novas oleadas revolucionarias promovidas por ideoloxías políticas contrarias ó absolutismo e/ou polos nacionalismos. A partir de 1848 en case toda Europa quedará implantado o liberalismo, agás en Rusia. 1. Constitución de ideoloxías políticas A heteroxeneidade social traduciuse en diferentes formulacións teóricas sobre como debe organizarse a sociedade, a política e a economía. Vistas globalmente as principais ideoloxías que se perfilan neste século son:

Centrámonos nas diferenzas entre o liberalismo conservador e o máis progresista, pronto denominado democracia, posto que o conservadurismo xa o coñecemos e as outras tres verémolas máis adiante.

LIBERALISMO CONSERVADOR DEMOCRACIA Nace do compromiso entre a burguesía e a

nobreza liberal Defensa do ben individual Sufraxio restrinxido (censatario) A propiedade é inalienable Liberalismo absoluto para o capitalismo Toda lei aprobada é lexítima

Nace do compromiso entre a pequena burguesía e o proletariado

Defensa do ben común Sufraxio universal A propiedade está limitada polo interese común Capitalismo limitado polo dereito á igualdade Toda lei que viole os dereitos do pobo é ilexítima

Ó longo do século as ideoloxías constituíronse en partidos políticos, sostidos economicamente por medio da afiliación, fortemente xerarquizados acabaron

Page 13: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 55

establecendo a disciplina de voto. Moitos deles aínda se manteñen na actualidade, se ben foron adaptándose ós cambios no tempo. 2. Movementos nacionalistas O nacionalismo conformouse como unha forma de conciencia colectiva: unha comunidade con orixes relixiosas, lingüísticas e culturais comúns, en razón das que ten dereito a constituír un estado-nación propio (soberanía nacional). A causa nacionalista actuou nunha dobre dirección: a) Unificadora: pobos que cunha identidade común estaban divididos en diversos

estados. Esta foi a dirección dos movementos de unificación: Italia en 1870 (por iniciativa de Piamonte) e Alemaña en 1871 (por iniciativa de Prusia)

b) Disgregadora: pobos que cunha identidade común estaban englobados en estados plurinacionais. Esta foi a dirección dos movementos independentistas: Latinoamérica (iniciada pola independencia de Arxentina en 1816 e culminada coa independencia de Cuba en 1898); Grecia, que se independiza dos turcos en 1830; Bélxica que se separa dos Países Baixos en 1830, formación dos estados balcánicos de Romenia, Servia e Bulgaria en 1878.

Se todos estes casos se resolveron exitosamente, houbo outras reivindicacións nacionalistas que quedaron sen resolver: c) Irlanda, que en 1801 foi incorporada á estrutura política de Gran Bretaña pola Acta

de Unión. d) Polonia, convertida nunha rexión máis de Rusia . e) Imperio austrohúngaro, que engloba distintas razas e nacionalidades (eslovacos,

checos, polacos, romenos, húngaros) con intereses e reivindicacións nacionalistas. f) Balcáns, distintos pobos permaneceron sometidos ó dominio austríaco ou otomano.

Actividade 7: O sentimento da Nación. Tódolos que falan o mesmo idioma […] están unidos entre si dende o principio por un cúmulo de lazos invisibles […] de modo que os homes non forman unha nación porque vivan neste ou noutro lado dunha cordilleira de montañas ou dun río, senón que viven xuntos […] porque primitivamente, e en virtude de leis naturais de orde superior, formaban xa un pobo. Así a nación alemana, grazas a posuír un idioma e un xeito de pensar comúns, estaba suficientemente unida e distinguíase con claridade dos demais pobos da vella Europa.

Fitche, Discurso á nación alemana, 1807

1.- ¿Que ideoloxía recolle o texto? 2.- ¿Que sucedía nos territorios alemáns cando Fitche escribiu estas liñas? 3.- ¿Como xustifica o autor as reivindicacións nacionalistas alemanas? 4.- ¿Que Estado alemán foi o protagonista da unificación e quen os artífices? 5.- ¿Cales foron as reivindicacións nacionalistas satisfeitas no século XIX? 6.- ¿Cales non foron satisfeitas? ¿Existe hoxe algún problema deste tipo?. De ser así, sinálaos. 7.- Cita as principais ideoloxías do século XIX

Page 14: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 56

“Os fusilamentos do 2 de Maio” de Francisco de Goya pintor que vivirá de primeira man os acontecementos da Guerra de Independencia e nos deixará un bo número de imaxes que nos falan do seu dramatismo.

V. A ESPAÑA DO SÉCULO XIX Se nas nacións do Occidente europeo tivo lugar nesta centuria un importante desenvolvemento económico e social, en España o balance non resulta tan positivo. Certamente teñen lugar importantes transformacións económicas e sociais, pero certos conflitos escurecen o panorama. Citemos algúns: 1) Invasión francesa e Guerra de Independencia En 1808 as tropas francesas de Napoleón invaden a Península Ibérica e comeza unha loita pola nosa independencia na que somos apoiados polo exército británico ó mando do Xeneral Moore (morto na Coruña) e o Xeneral Wellington. As tropas francesas non conseguen dobregar ó exército español que se organizará nas chamadas Xuntas provinciais e do Reino e que loitarán mediante a táctica das “guerrillas”, coas que non vale de nada a superioridade militar francesa. 2) Guerras carlistas. Cando morre Fernando VII en 1833 sen fillos varóns e con tan só unha filla de res anos, xurdirá un conflito dinástico que desembocará nunca guerra civil que se desenvolverá ó longo do século XIX. Trátase da reclamación do trono por parte do infante Carlos María Isidro, irmán de Fernando VII, o que se autoproclamará novo rei có nome de Carlos V. Carlistas e Isabelinos loitarán durante o século nunha Guerra Civil que terá episodios de gran dureza e que rematará coa renuncia ó trono dos herdeiros carlistas e o afianzamento da liña sucesoria de Isabel II (tataravoa de Juan Carlos I) 3) Continuos enfrontamentos entre liberais e conservadores. Ó mesmo tempo os partidarios dos cambios políticos (liberais) e os do mantemento da situación (conservadoras) pelexarán durante o século XIX nun conflito que mesmo se podería prolongar durante o século XX (Guerra Civil e franquismo). 4) Desenvolvemento económico centrado só en certas zonas xeográficas. Por outro lado moi lentamente España irá incorporándose as correntes económicas do século XIX en Europa (industrialización) pero dun xeito moi desigual. Mentres Euskadi e Cataluña crean fábricas, noutras rexión da Península a situación económica segue a ser “atrasada”:predominio da produción artesanal (que non poderá competir cos produtos procedentes das fábricas), agricultura de subsistencia pouco rendible, comercio estancado, pouca capacidade de inversión,… 5) Perda das derradeiras posesións coloniais. Aproveitando a Guerra de Independencia entre Francia e España, as nosas colonias americanas verán a posibilidade de acadar maior autogoberno e mesmo a independencia. Simón Bolívar, O xeneral Sanmartín, … acabarán loitando coas tropas españolas, unha vez no trono Fernando VII, ata acadar a independencia da maior parte das nosas colonias, sobre todo de América do Sur e Central (1814.1824).

Page 15: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 57

TEMA 5. O CAPITALISMO ESTÉNDESE POLO MUNDO

Page 16: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 58

Page 17: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 59

Todas estas novidades van ter un reflexo no traballo no campo, como podemos ver na figura da dereita, na que se nos sinala o tempo que levaría face-la mesma tarefa dependendo do tipo de ferramentas ou máquinas empregadas. ¿Que consecuencias terá ?

Entre o século XVIII e o XIX vanse producir unha serie de cambios que levarán a unha profunda transformación do mundo desta época e que farán que xurda unha nova sociedade moito máis semellante á que nós coñecemos hoxe en día. Recordemos que xa no s. XVII en Gran Bretaña se produciran uns importantes cambios na agricultura: Vaise abolir o feudalismo no agro. Abandónase o policultivo de autoconsumo e pásase ó

monocultivo Introdúcese a mecanización no agro Increméntase a produtividade:

Tamén na produción artesanal se producirán uns cambios tan drásticos que a este período se lle coñece coma o da Revolución Industrial, ó mesmo tempo que se producirá un aumento enorme da poboación e se adoptará un novo sistema económico, o chamado liberalismo económico.

Page 18: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 60

Máquina de vapor

I A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL Teremos que distinguir na Revolución industrial dúas fases principais. A primeira abarcará dende mediados do s. XVIII ata mediados do s. XIX. A segunda estenderase na segunda metade do s. XIX. A) 1ª Fase da Revolución industrial (1750-1850): a) O sistema de produción. No século XVIII deuse o salto ás fabricas, que se diferenciaban das manufacturas en que xa non estaban no campo, senón nas cidades, preto da materia prima (zonas produtoras de la, cotón,...), das fontes de enerxía (o carbón), de nós de comunicación (portos, centros ferroviarios,...) ou do consumo (cidadáns). Así é o campesiño o que debe abandonar o campo e instalarse na cidade, converténdose no que se coñece coma proletario ou obreiro.

b) Fonte de enerxía: A máquina de vapor inventada por Watt en 1767 será fundamental para o desenvolvemento desta mecanización é funcionará tendo coma fonte de enerxía o carbón. A máquina de vapor aplicarase á desecación de terras, ó traballo nas minas, á incipiente mecanización (tanto na industria téxtil coma na siderúrxica), e ós novos medios de transporte, o ferrocarril ou o barco de vapor. c) O comercio: O espectacular desenvolvemento do comercio será outra das grandes características desta revolución industrial. Isto será posible grazas á tremenda renovación que se produce no sector. Destacará sobre todo a aplicación tamén da máquina de vapor ó ferrocarril e ós barcos.

Sheffield visto dende o SE por William Ibbitt en 1855.

Page 19: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 61

A arte moi cedo se fixo eco da importancia do ferrocarril, coma motor de cambio ou símbolo da nova época. Á esquerda o cadro “Chuvia, vapor, velocidade” de William Turner e á dereita o cadro “Terceira clase” de Honoré Daumier

Ademais, moitísimos empresarios van investir neste sector, sobre todo no ferrocarril que será o gran motor do investimento nese momento: a xente empregará os grandes beneficios obtidos na agricultura ou na industria neste sector, que é considerado como de ganancia segura, debido ó seu gran desenvolvemento.

A súa vez o ferrocarril permitirá a expansión da industria ou da agricultura ó permitir desprazar a gran distancia, e por baixos custos, tanto materias primas coma productos agrícolas alí onde poidan ser vendidos... d) Os sectores: Os sectores que serán punteiros na revolución industrial son o téxtil e a siderurxia. O sector téxtil, fabricación de tecidos, basearase en primeiro lugar na importación de materia prima (sobre todo algodón) de puntos moi afastados do globo, a moi baixo prezo. En segundo lugar dependerá do traballo mediante máquinas (mecanización). O sector siderúrxico (produción de ferro) basearase na demanda de sectores coma o do ferrocarril ou o da fabricación de maquinaria. Á súa vez dependerá dos trens para transportar a materia prima (ferro) ou as fontes de enerxía (carbón) dende os seus lugares de orixe ás grandes fábricas. Por suposto, e coma veremos, ambos sectores dependerán de que haxa man de obra abondosa para que os custos non sexan demasiado elevados. Isto será propiciado polo aumento de poboación nesta época e pola emigración dos campesiños ás cidades. B) 2ª Fase da Revolución Industrial (1850-1920): Nesta fase produciranse unha serie de cambios, tanto nas fontes de enerxía empregadas coma nos sectores máis importantes, ó mesmo tempo tamén se producirán algunhas innovacións nos sistemas produtivos. a) Nas fábricas empézanse a impor sistemas de produción en cadea, e así se reducirán os custos e se aumentará a produción.

Page 20: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 62

Un exemplo dos novos tempos: O “Ford T” (1907) de Henry Ford. Ford combinou un novo diseño cun novo método de traballo, o traballo en cadea, abaratando os custos de tal xeito que este vehículo custaba unha terceira parte que o resto de coches no mercado. Foi o coche máis vendido do mundo e Ford tivo que amplíar constantemente as súas fábricas xa que en moitos casos a demanda superaba á producción. Ademais Ford usou un novo sistema para garantirse o ritmo de producción: pagáballe ós seus empregados o dobre que calquera outra empresa da época. Así conseguía que en 1914 saíra das cadeas de montaxe un Ford T cada 40 segundos. Un exemplo do seu éxito é o feito de que ata ese momento todos os coches levaban o volante á dereita. No Ford T o volante ía á esquerda e dende entón todos os vehículos o levan no mesmo sitio (agás Gran Bretaña e Irlanda).

b) A fonte de enerxía xa non será nesta fase o carbón, senón que aparecerán dous novos sectores, o da electricidade e o do petróleo. c) O comercio tamén se desenvolverá debido á irrupción de novos medios de transporte coma poden ser os automóbiles, camións, avións,...impulsados xa non pola máquina de vapor senón por outro invento revolucionario, o motor de explosión, que permitirá o emprego doutra fonte de enerxía, o petróleo.

d) Tamén xorden novos sectores industriais coma poden ser o da industria química, que se aplicará á fabricación de tecidos sintéticos, explosivos, abonos,...; a industria eléctrica , é dicir de maquinaria eléctrica; e a industria de bens de consumo, ou sexa electrodomésticos e outros moitos aparellos que se empregarán nos fogares: máquinas de coser, de escribir, radios, ...

Page 21: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 63

Gran Bretaña e a súa capital Londres se convertiron na capital do comercio mundial, apoiándose entre outras cousas no enorme potencial marítimo que poseía este país. Un exemplo desto son os enormes peinaos comerciais que se atopan no esteiro do Tamesis, os coñecidos como “Docks of London, dos cales podemos observar eiquí unha imaxe .

Actividade 1: Historia do automóbil. 1. ¿Por que pensas que non triunfou o coche a vapor do mesmo xeito que o ferrocarril? 2. Tes a continuación algunhas páxinas Web relacionadas con fabricantes de coches para que investigues a historia dalgunha destas marcas. http://www.peugeot.es/peugeot/museo/index.html http://www.mercedes-benz.es/default_java.htm http://www.cocheclasico.com/mapa/mapa.htm http://www.fiat.com/ita/ditemi/default.htm http://www.ford.es/ http://www.renault.es/web/inforenault/inforenault.htm 3. Como serán os coches do futuro? (combustibles, forma, pasaxeiros, límites, ...)

Cabriot de Nicholas Cugnot (1770),

movido pola máquina de vapor

Coche fabricado por Armand Peugeot en

1897movido por un pequeno motor Daimler.

Page 22: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 64

Anuncio de venda dun coche

fabricado por Karl Benz .

Voiturette (1899) construído por Louis

Renault.

Debuxo do primeiro coche Fiat do

ano 1899.

Primeiro coche construído pola Rover

Bicycle Company (1904) II A REVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA No século XVIII en Inglaterra comeza unha fase de aumento demográfico debido a un gran descenso da mortalidade, manténdose unha elevada natalidade. Este descenso da mortalidade é debido á mellora na Sanidade (novas vacinas, extensión da hixiene,...). Este aumento da poboación será importante para o proceso de industrialización, xa que por unha parte se incrementará o consumo e por outro existirá man de obra suficiente para o traballo industrial. Outra característica da demografía nesta época é a emigración de grande parte da poboación do campo cara á cidade buscando, precisamente, traballo nas industrias. III.A CIDADE INDUSTRIAL

A poboación concentrarase nas cidades polo que estas medran dun xeito inusitado, aparecendo moitos problemas de organización, hixiene, ,... que obrigarán a unha planificación urbanística con criterios racionais.

Page 23: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 65

Así en toda Europa se empezan a remodelar as vellas cidades para que sexan compatibles co seu ritmo de crecemento e se acaben as incomodidades debidas ó seu excesivo poboamento. Un exemplo é a reforma de París levada a cabo por Haussman dende 1851 ata 1870. As medidas tomadas foron: a) Apertura de novas e amplas avenidas que substitúan ás vellas e estreitas rúas medievais. b) Dotación de servizos primarios:rede de sumidoiros, luces, auga corrente, transporte público,... c) Creación de zonas e de edificios públicos:escolas, hospitais, parques,... Actividade 2: As cidades no século XIX.

Os barrios baixos de Londrés. Gravado de Gustavo Doré, 1872

París, Rue Richelieu. Fotografía de 1904

O ferrocarril subterráneo de Londres, 1867.

Vista aérea de L’Etoile de Paris e os barrios que a rodean

1. ¿Que problemas se poden suscitar nunha cidade industrial debido ó gran

aumento da súa poboación? 2. ¿Que solucións se poden adoptar? 3. ¿Como te imaxinas que será a cidade do futuro?

Page 24: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 66

Actividade 3: Viveiro Sinala as diferenzas entre estas dúas imaxes de Viveiro nos anos 1973 e 2001.

Page 25: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 67

IV LIBERALISMO ECONÓMICO E CAPITALISMO Todas estas transformacións van acompañadas dunha nova concepción das leis que deben rexer na economía. Xurdirá unha nova concepción baseada nas ideas dun economista inglés, Adam Smith, cuxas teorías se engloban na denominación de Liberalismo. Os seus principios son os seguintes: a) O Estado non debe intervir na economía. b) A economía autorregúlase polas chamadas Leis do Mercado: a oferta e a demanda, regulan por si soas os prezos e os salarios. Do liberalismo vaise da-lo salto ó Capitalismo, que se caracterizará polo seguinte:

a) O dereito e respecto á propiedade privada será lei básica na nova sociedade; b) O capital, elemento fundamental da produción, e a súa posesión serán os novos

criterios de organización social. Os posuidores deste serán os que dirixan a nova sociedade e provocará unhas enormes diferenzas entre os grupos posuidores do capital e os que non o teñen, xa sexa dentro dun mesmo país (burguesía/proletariado) ou entre países (países ricos/países pobres).

c) O capital debe utilizarse para conseguir os máximos beneficios posibles e reinvestirse para seguir aumentando os beneficios. Prima o individualismo e non a solidariedade económica.

Por outro lado o desenvolvemento do sistema capitalista e industrial provocará unha cada vez maior complexidade dentro das estruturas económicas. Deste xeito incrementarase a importancia dos bancos ou dos mercados bursátiles como formas de conseguir capital para as crecentes necesidades das empresas. Tamén as empresas buscan obter o maior beneficio posible. Isto conseguirano poñéndose de acordo para reducir custos ou controlar mercados. Xurdirán deste xeito tres formas básicas de asociación empresarial: os cartel, trust e holding.

Todo o dito anteriormente provocará unha gran transformación na Sociedade, podendo dicir que xorde a Sociedade Moderna, coas seguintes características:

As clases privilexiadas, Nobreza e Clero, perden a posición de avantaxe que posuían nos séculos anteriores.

Pola contra ascende, ata o punto de converterse no grupo máis importante da Sociedade, a Burguesía

Aparece un novo grupo social, o Proletariado, os obreiros, que empezará a enfrontarse coa burguesía para intentar mellorar as súas condicións de vida

Esta nova sociedade é coñecida tamén coma Sociedade de Clases. Aínda que coa Revolución Francesa desapareceran os privilexios unha nova e enorme barreira se establece entre os diferentes grupos sociais (clases): a riqueza. As clases sociais nun principio podémolas dividir en alta, media e baixa. Clase alta: Fusión da Nobreza e da Alta Burguesía Clase Media: Pequenos empresarios, comerciantes,profesións liberais. Teñen como valores principais o culto ó traballo, á orde, tranquilidade e a importancia da familia.

V.UNHA NOVA SOCIEDADE

Page 26: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 68

Clase baixa: Carecen de propiedades e necesitan traballar a cambio dun salario para subsistir. Son os obreiros, criados,...

As bases desta sociedade será a igualdade xurídica (diante da lei: “tódolos homes son iguais”) pero tamén a liberdade económica e o dereito á propiedade (o que suporá na práctica a desigualdade económica), os dous principios que defenderán a capa e espada a puxante burguesía. Imos estudar as características do novo grupo social, o proletariado. Os membros deste grupo procederán das masas campesiñas que sobrarán no mundo rural e que terán que probar fortuna nas cidades. Son moitos e polo tanto non sempre haberá traballos para todos, isto fará que vivan sometidos ás necesidades de beneficio dos burgueses que se aproveitarán ó máximo deles. Así os salarios serán baixísimos e as condicións de traballo moi penosas. Este salario baixo motivará que dentro da familia obreira todos teñan que contribuír (traballar) tanto as mulleres coma os nenos (non había a educación obrigatoria). Ademais as súas vivendas serán insalubres, vivindo amontoados nunhas estancias mínimas tódolos membros dunhas familias que ademais nesta época soen ser moi numerosas e sen as máis mínimas condicións hixiénicas (auga, desaugues, luz, ventilación, calefacción,...). Isto provocará que a mortalidade neste grupo en tódalas idades sexa enorme, debido á mala alimentación e os outros factores mencionados. a) Os inicios da loita obreira Os obreiros van buscar a asociación obreira como única forma de conseguir melloras tanto na súa vida coma no traballo. Os patróns só atenden as reivindicacións obreiras cando estes exercen algún tipo de presión. Este será a orixe dos chamados sindicatos, organizacións de obreiros dun mesmo sector que se poñen de acordo para pedirlle ó empresario cambios na forma de traballo ou no salario a recibir, ameazando no caso de non ser atendidos coa folga A resposta dos patróns será conseguir que os gobernos de toda Europa prohiban as asociacións obreiras e que recorten os dereitos destes. Un exemplo será a Lei Le Chapelier francesa, á imaxe da cal se farán outras leis en toda Europa. As primeiras protestas polas duras condicións de vida e traballo dos obreiros desta época serán dirixidas contra as máquinas e os empresarios que as posuían, xa que lles botaban a culpa de tódolos males que estaba a sufrir a clase obreira: paro, baixa dos salarios, problemas de saúde,...Este é o chamado movemento ludista, e non será un movemento organizado, senón unha protesta espontánea contra problemas moi concretos e xeralmente locais. Máis tarde e para conseguir uns obxectivos máis amplos, os obreiros comezan a organizarse primeiro por traballadores do mesmo oficio e cidade e logo uníndose nos chamados sindicatos para presionar ós patróns. Estes sindicatos xa teñen alcance nacional e mesmo internacional. b) O proletariado entra na política

VI O MOVEMENTO OBREIRO

Page 27: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 69

Posteriormente e debido ó fracaso destas iniciativas empezarán a elaborar toda unha serie de teorías sociais coas que xustificar a súa loita, aparecendo as ideoloxías obreristas (ou de esquerdas). No século XIX dúas serán as ideoloxías políticas fundamentais dentro deste grupo: · O anarquismo falaba da necesidade de prescindir do Estado que para eles non era máis que o mecanismo burgués para oprimir o proletariado. Os anarquistas, opostos a todo tipo de autoridade, organizaríanse por medio de cooperativas autoxestionarias que poderían federarse entre sí para constituír unidades maiores e nas que non habería propiedade privada. · O marxismo. Marx acuñará o termo loita de clases para referirse ó enfrontamento entre clases (sociais) dominantes e dominadas ó longo de toda a historia, que nesta época se concreta na burguesía e o proletariado. O obxectivo do marxismo será acabar coa loita de clases chegando a unha sociedade comunista é dicir, unha sociedade na que todo sexa común, de todos e tódolos homes serán iguais e non haberá diferenzas entre os individuos (algo que tamén buscaban os anarquistas). O paso previo sería a ditadura do proletariado, unha fase de mantemento dun Estado autoritario, na que os obreiros cambiarán a Sociedade dende o control do poder. c) A universalización da loita Todas estas ideas reflectiranse nas chamadas Internacionais Obreiras , reunións de carácter internacional ás que acudían obreiros e os seus representantes de todo o mundo e que se reunirán periodicamente ó longo do século XIX. Nestas xuntanzas da Internacional Socialista cada serán famosos os enfrontamentos entre os líderes do Anarquismo (Bakunin) e do Socialismo (Marx) que rematarán co triunfo das posicións que defendía Carlos Marx e coa expulsión dos anarquistas destas reunións

Actividade 4: Os obreiros de Nantes Se quredes saber como se aloxa un obreiro e a súa familia, ide, por exemplo, á rue des Fumiers, que está case exclusivamente habitada por esta clase; entrade, baixando a testa, nunha desas cloacas abertas sobre a rúa e por debaixo do seu nivel. Só baixando a un deses pasadizos onde o ar é húmido e frío coma nunha caverna; sentindo deslizarse os pés sobre o chan sucio, co medo de caer nese fango, pode un darse unha idea do sentimento penoso que se experimenta ó entrar na vivenda deses míseros obreiros. De cada lado do corredor e por conseguinte debaixo do chan, hai unha habitación sombría, grande, xeada, cuxas paredes zumegan auga sucia, recibindo o escaso ar que alí entra por unha pequena fiestra semicircular que se é grande ten dous pés de ancho. Entrade se o fedor que alí se respira non vos fai retroceder. Tede coidado porque o piso desigual non está empedrado nin enladrillado, ou polo menos os ladrillos están recubertos dunha capa tan grande de mugre que non se lles distingue. Guepin, Médico de Nantes, describe a situación dos obreiros

Facede un comentario do texto anterior resumindo como sería a forma de vida da xente deste barrio.

¿Por que non cambiarían de domicilio? O concello mandou a unha comisión de médicos para visitar eses barrios ¿Por qué

cres que o faría e cales serían as posibles consecuencias?

Actividade 5: Diferenza de clases. 1. ¿Cales serán as grandes diferenzas entre un neno dunha familia proletaria e o dunha familia burguesa coma esta? (infancia, educación, traballo futuro, ...)

Page 28: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 70

"Sustituir o goberno é todo para un revolucionario burgués. Para nós, non é máis que o comezo da revolución social. Unha vez paralizada a máquina do Estado, caída a xerarquía de funcionarios en desorganización, e non sabendo xa como hai que se comportar, tendo perdida a confianza nos seus xefes; en suma, unha vez en desbandada o exército de defensores do capital, ponse ante nós a grande obra de demolición das institucións que serven para perpetua-la escravitude económica e política." Kropotkin

“A meta inmediata dos comunistas é a mesma que a de tódolos partidos obreiros: organización dos obreiros en partidos de clase, a destrución do poder burgués e a conquista do poder político polo proletariado (...). Conquistado o poder establecerase a dictadura do proletariado e o s obreiros serán a clase dominante (...) E o proletariado servirase da súa supremacía política para arrincar, paseniñamente, todo o capital á burguesía, para centralizar tódolos instrumentos de produción nas mans do Estado (...). Esta ditadura do proletariado constituirá un período de transición ata a total supresión das clases sociais e cara a unha sociedade sen clases” Marx

“O comunismo autoritario ten necesidade do Estado, e porque ten necesidade do Estado, apunta necesariamente á reconstrución do principio de autoridade e dunha clase privilexiada dentro do Estado.”

Bakunin

Castigo a un pequeño traballador nun taller

“A familia feliz” André-Henry Dargelas.

2. Facede unha redacción en primeira persoa na que vós pertencedes a un dos grupos sociais e entrades en contacto co outro. Actividade 6: Anarquistas e comunistas

1. Explicade o significado das expresións subliñadas. 2. ¿Que defenden os autores de cada un dos dous primeiros textos? Con que

ideoloxía política se corresponderá cada un deles 3. O terceiro texto critica a un dos autores anteriores. Identifica a quen critica e

polo tanto dende que ideoloxía o fai. 4. Facede unha pequena biografía de Marx e de Bakunin.

Page 29: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 71

TEMA 6.

IMPERIALISMO E Iª GUERRA MUNDIAL

Page 30: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 72

Page 31: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 73

A administración colonial seguirá o camiño aberto polos exploradores no interior do continente africano.

Aínda que dende o século XV os europeos colonizaran o continente americano e unha serie de portos estratéxicos noutros continentes, grazas ós cales controlaban as principais rutas do comercio mundial, na primeira metade do século XIX comezou unha carreira pola repartición do mundo. Como a expansión cara ó oeste quedara interrompida pola independencia do continente americano, o imperialismo europeo centrouse en África , Oceanía e Asia. A idea das nacións europeas era crear imperios, dominando política, económica e culturalmente aqueles territorios.

a) Causas económicas. Atopámonos na época da IIª Revolución Industrial: tódalas potencias europeas sofren un forte crecemento da súa produción manufactureira, o que provoca que produzan máis do que daban vendido (superprodución). Para solucionar este conflito sen entrar nun período de crise económica, ocorréuselles ós gobernos buscar novos mercados. Estes novos mercados atopáronos nas colonias: ó dominar estes territorios poderían vender alí os seus produtos industriais, adquirir materias primas baratas ( algodón, caucho, minerais...) , e investi-los seus capitais para obter máis beneficios ( por exemplo, na construción do ferrocarril) grazas á man de obra nativa, moi barata. b) Causas políticas e estratéxicas Destaca o sentimento do nacionalismo, o prestixio da nación. Un país só podería ser considerado importante se era dono dun gran imperio: ese dominio marcaba o seu carácter de potencia mundial. As causas estratéxicas son unha consecuencia das políticas: era necesario domina-las rutas marítimas que permitían o comercio que engrandecía ás nacións, sendo entón necesario dispor de portos estratéxicos.

c) Causas demográficas. En Europa había un exceso de poboación que non tiña traballo e que podía causar malestar social. Agora poderían emigrar a outras partes do mundo d) Causas ideolóxicas Falábase nestes anos da “misión civilizadora de Europa”. Partindo da súa superioridade tecnolóxica sobre os indíxenas, os europeos dicían que o home branco tiña a responsabilidade civilizadora. Esta teoría desembocou no racismo ó sinalar que a selección natural (Darwin) favoreceu á mellor raza; parecíalles claro que esta era a raza branca e xustificaban así o seu dominio sobre as demais.

I CAUSAS DO IMPERIALISMO.

Page 32: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 74

III A EXPLOTACIÓN ECONÓMICA DAS COLONIAS

As etapas da conquista dos grandes imperios do século XIX poderían iniciarse a partir de 1830, coa ocupación de Alxeria polos franceses e coa ampliación do dominio inglés na India. Pero a gran expansión tivo lugar a partir dos anos 80. O punto culminante foi a Conferencia de Berlín (1885) , xa que nela África foi repartida e ocupada polos europeos. Houbo, non obstante, enfrontamentos entre os propios países conquistadores. Os principais imperios coloniais quedarían do seguinte xeito.

- Imperio británico. Foi o máis grande dos imperios. En Asia, os seus intereses básicos céntranse fundamentalmente na India, aínda que tamén posuían os territorios veciños de Beluchistán e Birmania. En África as súas colonias situáronse na parte oriental, tentando unilas de norte ó sur dende Exipto a Suráfrica. Posuía ademais os dominios.: Canadá, Australia, Nova –Celandia. - Imperio francés. É o segundo imperio mundial., aínda que a súa expansión foi moito máis reducida. Oriéntase cara ó control da África mediterránea, sobre todo, Alxeria e Marrocos. Outra zona importante será o Extremo Oriente asiático, con portos intermedios como a illa de Madagascar. - Imperio alemán. Alemaña non amosou, nos momentos iniciais, un excesivo interese pola carreira colonial. O seu imperio, tardío, non ten unha continuidade xeográfica, pero posúe varias colonias en África ( Togo, Camerún, África oriental alemana...) e abundantes illas no Pacífico. - Bélxica. Os seus intereses centráronse na zona do Congo, rica en minerais. - Rusia. Neste momento ocupa as estepas de Siberia e Asia central, e intenta a súa expansión cara ó Mediterráneo a través do Bósforo. - Italia. Tamén fundará colonias tardiamente, ocupando as zonas próximas ó Mediterráneo: Libia, Eritrea e Somalia. - Holanda. Portugal e España. Basicamente tentarán manter os restos dos seus vellos imperios coloniais; Holanda na Indonesia e Portugal en Angola e Mozambique. España perdeu o que lle quedaba do seu vello imperio ( Cuba, Puerto Rico e Filipinas), tentando, pola contra, unha expansión en África (norte de Marrocos e o Sáhara, tras lograr un acordo cos franceses) - EEUU. Os principais intereses norteamericanos centráronse en dúas zonas: o Caribe ( Cuba , Puerto Rico, obtidas trala guerra con España) e o Pacífico. - Xapón mantíñase illado co respecto ós europeos ata que no ano 1853 o comodoro norteamericano Perry obrigoulle a abrir portos ó comercio estadounidense. A partir de entón comeza unha rápida occidentalización da súa sociedade, e unha forte expansión co obxectivo de dominar as illas adxacentes e continuar posteriormente esa expansión cara a China.

Os aspectos máis salientables da explotación económica poden ser resumidos en catro puntos.

II OS IMPERIOS COLONIAIS

Page 33: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 75

a) A apropiación da terra: moitas terras fóronlles confiscadas ós indíxenas e repartidas entre colonos brancos e grandes compañías, que crearon plantacións de monocultivo ( café, azucre, te , cacao, caucho ) que exportaban á metrópole. Tamén se apropiaron das minas. A man de obra era moi barata, xa que existía o traballo forzoso ou a obrigación de pagar taxas que os indíxenas só podían satisfacer traballando a cambio dun mísero salario.

b) Establecemento dun sistema aduaneiro que lle confería o monopolio do comercio á metrópole.

c) Prohibición do establecemento de industrias nas colonias para mante-la supremacía industrial europea. d) Creación dunha infraestrutura ( camiño de ferro, portos, estradas ) para facilitar o comercio, non as comunicacións interiores da colonia.

O Imperialismo tivo consecuencias tanto negativas como positivas para os paises metropolitanos e para os territorios colonizados, consecuencias que provocarán unha fractura entre estes dous mundos e así chegará ata o presente. Os países imperialistas viron mellorada a súa situación e importancia pola ampliación de mercados, a obtención de materias primas baratas, colocación do excedente demográfico, prestixio internacional, en resumo, mellora da economía dos países colonizadores. Pero tamén sufriron polos enfrontamentos entre nacións rivais ,e o custo do mantemento da administración colonial. Colonizados. A principal consecuencia foi a destrución das sociedades indíxenas. Por unha banda, as melloras sanitarias provocaron unha explosión demográfica que os indíxenas non puideron soportar porque non se lles ensinaron novas técnicas agrarias que lles permitisen alimentar a ese excedente de poboación, e incluso se lles obrigou a producir materias non encamiñadas á alimentación ( cacao, caucho, café....). Ademais, ó impor a súa economía, as potencias colonizadoras destruíron a economía indíxena baseada na agricultura, na artesanía (que en ocasións foi prohibida para que os colonizados só puideran merca-los produtos europeos) e no comercio sen diñeiro (troco). Foron abrigados tamén a traballar en plantacións , minas ou infraestruturas. Estas infraestruturas construíronse para beneficio da metrópole ( transporte de materias primas ós portos ) e non pensando no desenvolvemento indíxena. Socialmente tamén se produciron moitos cambios. A familia ampla tradicional desapareceu ( e era unha fonte de axuda en momentos difíciles), sendo substituída pola familia pechada de tipo europeo. Destruíron a unidade das tribos ó quedar

IV CONSECUENCIAS DO IMPERIALISMO

Page 34: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 76

separadas en distintas colonias; este feito provocará numerosos conflitos e guerras na época da descolonización e mesmo nos nosos días. Por último, impúxose a aculturación ós indíxenas porque lles era obrigatorio asimilar parte da cultura dos brancos. Non tódalas consecuencias foron negativas para as colonias. Os europeos remataron momentaneamente con algunhas loitas tribais, montaron unha rede de hospitais e escolas, e construíron infraestruturas.

Actividade 1: A colonización española de Marrocos “España ten un compromiso sagrado que cumprir en Marrocos, o de que cese para sempre ese estado de barbarie no que vive o pobo marrroquí, e que cese tamén a ameaza que para nós representa o de te-la praza de Melilla rodeada de tan feros veciños, sempre dispostos a botar man dos fusís contra a nosa tropa . A obra civilizadora imponse; se non o facemos nós, outra nación europea botaranos de alí; ¡e que vergonza entón ver que outros fan o que nos correspondía a nós! E chagado este caso, verémonos ameazados na nosa propia casa ó instalarse nas costas marroquís do Mediterráneo unha poderosa nación”. La tribuna 1909

1 Clasifica e explica as razóns que xustifican a colonización de Marrocos. 2 Estas razóns aducidas no texto, ¿cres que de verdade son suficientes para xustifica-la colonización ou haberá outras máis? 3 ¿A que se refire o texto canda fala de que outro país pode ocupar esta zona?. Actividade 2: A doutrina Monroe ("América para os americanos"). Analiza os documentos seguintes e intenta explicar en que se baseou o imperialismo americano. Doc. 1 Discurso do Presidente Roosevelt “O único que este país desexa é ve-las nacións veciñas estables, ordenadas e prósperas. Calquera país que ten un pobo que se conduce ben pode contar coa nosa cordial amizade. Se unha nación amosa que sabe conducirse cunha medida razoable de efectividade, así como de decencia, en asuntos sociais e políticos; se manten a orde e paga as súas débedas, non ten por qué temer interferencias por parte dos Estados Unidos. Unha mala conducta crónica ou unha impotencia que da como resultado o xeral afrouxamento dos nós dunha sociedade civilizada, en América coma noutro sitio, pode finalmente necesita-la intervención dalgunha nación civilizada; e no hemisferio occidental, a adhesión dos Estados Unidos á doutrina Monroe pode obrigalos, sen ter en conta a repugnancia pola súa parte, cando se trata de flagrantes casos de semellante mala conducta ou impotencia, a actuar como unha potencia policíaca internacional.”

Presidente Roosvelt (1904)

Doc. 2 Tratado entre Estados Unidos e Panamá de 1903 Artigo I. Os Estados Unidos garanten o mantemento da independencia da República de Panamá. Artigo II. Panamá concede os Estados Unidos o alugamento a perpetuidade, ocupación e dominio da faixa de térra onde se vai construí-la canle interoceánica. Artigo III. Panamá concede os Estados Unidos, a perpetuidade, o monopolio para a construción e operación de todo sistema de comunicación pola canle ou por ferrocarril a través do territorio entre o mar Caribe e o Océano Pacífico. Artigo XXII. Se chegase a ser necesario algunha vez empregar forza armada para a seguridade e protección da canle, os Estados Unidos terán dereito a usa-la súa policía, desembarcar forzas navais ou establecer fortificacións. Artigo XXIV. Panamá non poderá facer ningún cambio de goberno, leis ou tratados sen o consentimento dos Estados Unidos.

...Na cidade de Washington o día 18 de novembro do 1903.

Page 35: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 77

V. A Iª GUERRA MUNDIAL

O equilibrio na rivalidade económica e política existente entre as potencias europeas, especialmente Gran Bretaña e Francia, rompeuse coa entrada na competencia colonial de Alemaña. Sen embargo mantívose unha situación estabilizada, aínda que, en previsión dun conflito, tódalas potencias se lanzaron a unha frenética carreira de armamentos e impulsaron o militarismo na educación e na opinión pública. Bismarck, chanceler alemán, foi o principal artífice desta etapa de equilibrio, coñecida como da Paz Armada. Bismarck manobrou de continuo, establecendo alianzas que permitiran o engrandecemento de Alemaña e evitasen a alianza de países que o cercaran, é dicir: Francia, Rusia e Gran Bretaña. Deste xeito e neste ambiente de receos e colisión de intereses encontramos Europa, a principios do século XX, dividida en dous bloques de alianzas:

TRIPLE ALIANZA Italia Alemaña Austria-Hungría

TRIPLE ENTENTE Rusia Francia Gran Bretaña

V.1. Os antecedentes

Page 36: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 78

Se antes as rivalidades tiñan lugar en África e Asia, agora as tensións trasladáronse a Europa e a unha zona concreta a Península balcánica: Serbia, co apoio ruso, pretendía estender a súa influencia na península, en contra dos intereses do Imperio Austrohúngaro, que contaba co apoio de Alemaña. V.2. Desenvolvemento do conflito

O detonante foi o asasinato en Saraxevo (Bosnia), o 28 de xuño de 1914, do arquiduque Francisco Fernando, herdeiro da coroa austrohúngara, a mans dun nacionalista proserbio. Austria-Hungría, co respaldo de Alemaña, lanza un ultimátum a Servia e esta rexéitao. Entón entran en acción os sistemas de alianzas e o conflito propagouse; en poucos días Rusia, Francia, Alemaña e Gran Bretaña entran en guerra.

Fases a. Guerra de movementos: os exércitos alemáns levaron a cabo unha ofensiva

xeneralizada tanto cara ó Leste, penetrando en Rusia, como cara ó Oeste, onde son freados polo xeneral Jofre na liña do Marne. As frontes estabilízanse, xa se adiviña que a guerra non vai ser tan rápida como se supoñía. A estratexia militar cambia.

b. Guerra de posicións ou de trincheiras: trátase dunha guerra de desgaste na que o obxectivo vai ser lograr o maior número posible de baixas do inimigo e esgotar a súa capacidade de resistencia. Nos centos de Km. de trincheiras que se cavaron, os soldados de ambos bandos vense sometidos ó bombardeo da artillería, ós gases e ós ataques da aviación. Houbo varios intentos, sempre fracasados, de romper a fronte con batallas importantes como Verdún (Petain) ou Somme.

c. Fase final, en 1917 conflúen tres feitos: A entrada de EEUU no conflito, motivada polos ataques dos submarinos alemáns ós

barcos neutrais que comerciasen con Gran Bretaña. Rompíase así o equilibrio imperante ata o momento, e a balanza inclínase a favor dos aliados.

A retirada de Rusia, inmersa na revolución interna (paz de Brest-Litovsk). Unha grande ofensiva dos exércitos aliado en todas as frontes (Foch). Entre outubro e novembro de 1918 os imperios centrais rendéronse, incapaces de resistir o avance aliado. Guillerme II abdica e implántase en Alemaña unha república. A firma do armisticio en novembro de 1918, puxo fin ás hostilidades, quedaban por firmar os distintos tratados para organizar a paz.

VI. AS CONSECUENCIAS DA GUERRA Rematada unha guerra que involucrou un grande número de países (Bulgaria, Bélxica, Hungría, Italia, Grecia, Portugal, Xapón, Turquía, sendo neutrais Suíza, Dinamarca, Suecia, Noruega, España ) e que provocou 12 millóns de mortos e 16 milllóns de mutilados, ós que hai que engadi-las perdas de poboación civil debidas ás invasións, epidemias, restricións alimentarias, fame, déficit de natalidade, comezaron a firmarse os tratados de paz.

Page 37: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 79

Tras a firma da Paz de París (1919), asináronse Tratados particulares con cada un dos países derrotados, que se basearon nos “Catorce puntos” do presidente norteamericano Wilson, nos que se definían como obxectivos primordiais a cooperación internacional (creación da Sociedade de Nacións), o dereito dos pobos á autodeterminación, o mantemento da paz cunha política de desarme e a solución de conflitos pola vía diplomática. O Tratado de Versalles, que afectaba a Alemaña, considerábaa responsable total do conflito e impoñíalle unhas duras condicións:

pago de reparacións ós países vencedores polos efectos da guerra desmilitarización para crear zona de seguridade francesa (Rhin) redución do seu exército a 100.000 homes cesión de territorios (Alsacia e Lorena pasan a Francia; corredor de Dantzing a

Polonia), por un total do 13,5% perda de tódalas súas colonias

Foi un trato excesivamente duro, enchido de odio e de vinganza, que fomentará un forte espírito de revancha en Alemaña. Do conxunto dos tratados xurdiu un novo mapa de Europa: Desaparición de Austria-Hungría, quedando Austria reducida a un pequeno país. Disolución do Imperio otomano, pasando a dominación francesa e británica os seus

dominios de Oriente Medio (Acordos Sykes-Picot). Novos estados: Finlandia, Lituania, Polonia, Iugoslavia, Letonia, Estonia,

Checoslovaquia, xurdidos da disolución dos imperios citados.

Reparto de áreas de influencia entre os EEUU e a Unión Soviética.

Page 38: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 80

Actividade 3: Espírito prebélico Francia aínda non está disposta para o combate, Inglaterra está abafada por conflitos interiores e coloniais; Rusia teme moito a guerra, pois ten medo dunha revolución interior. ¿Imos agardar que estean dispostos os nosos adversarios ou debemos aproveitarnos do momento favorable para provocar a decisión? O exército austríaco aínda é fiel e útil; Italia segue firmemente comprometida coa Triple Alianza (….) Podemos contar, chegado o caso, con Turquía e Romanía. Temos así todas as de gañar: poderiamos dirixir os mandos da política europea mediante unha ofensiva decidida e asegurar o noso porvir Isto non quere dicir que debamos provoca-la guerra, pero alí onde se produza un conflito de intereses (…) non deberíamos retroceder, senón facelo depender da guerra e comezar esta cunha ofensiva resolta; pouco importa o pretexto” Die Post, 24 de febreiro de 1914 A partir do documento e da información do tema, responde: 1) ¿Que problemas había en Europa a principios do s. XX? 2) ¿Que espírito se reflicte no texto 3) Comproba a data do documento e relaciónaa coa data do conflito. Saca algunhas

conclusións ó respecto. 4) Ó falar de que Rusia teme unha revolución interior, ¿a que se refire? 5) ¿Que é a Triple Alianza? 6) ¿Como reaccionaron na práctica os países que se citan no texto? ¿Que nome recibe o período prebélico e por que?, ¿Quen foi o artífice dese sistema? Actividade 4: As trincheiras: A vida nas trincheiras de Verdún Desde fai oito horas, os servizos de avituallamento non se repetiran. Partiron ó finaliza-lo día cara á negra noite e acabouse, fundíronse como o azucre no café. Nin un home volveu. Todos morreron, absolutamente todos (…). Vese abaixo un home tirado no chan, podrecido e cheo de moscas, pero aínda rodeado de latas e barras de pan unidas por un cable de ferro. Esperamos que se calmase o bombardeo. Corremos ata el. Desatamos do seu corpo as barras de pan. Collemos as latas cheas. As outras foran alcanzadas polas balas. O pan está mollado (…). Pola tarde, un compañeiro chegou cunha rata. Unha vez arrincado o pelexo, a carne é branca coma o papel. J. Giono, Escritos pacifistas

1) ¿Como era a vida nas trincheiras?, ¿tería algunhas consecuencias psicolóxicas este ambiente?

2) ¿A que fase da guerra corresponde a batalla de Verdún? 3) ¿Que se intentaba con ela?, ¿logrouse? Actividade 5: Os desastres da guerra: Destrución e perdas provocadas pola guerra

FranciaAlemañaGran BretañaItaliaEEUU

Riqueza material Poboación (%) (miles)

30 135722 177332 76126 650 9 126

1) Fai a gráfica correspondente ós datos e saca conclusións 2) ¿A que se refire a perda en riqueza material? Ademais da propia guerra, ¿habería outras razóns polas que morrese poboación?

Page 39: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 81

TEMA 7. A TRANSICIÓN Á ARTE CONTEMPORÁNEA

Page 40: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 82

Page 41: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 83

"Oficial da garda imperial" de Gericault.

Coa fin do Antigo Réxime tamén remata a arte aristocrática que se simbolizaba no Barroco e na súa derivación final máis recargada e exuberante, o rococó. Os artistas rexéitano polos seus excesos e tamén por ter estado subordinado á autoridade política e relixiosa en beneficio do poder. A poderosa burguesía ilustrada traía aires renovadores máis acordes coas mudanzas que a revolución industrial, a Razón e logo os liberalismos estaban a producir. I ROMANTICISMO Nun primeiro momento aparece un estilo denominado Neoclasicismo, baseada nunha volta ó mundo grecorromano, pero dende unha óptica propia do século XIX. Pronto quedou superado e será substituído polo Romanticismo. Os intentos da Restauración de soterrar calquera vestixio revolucionario, reflíctese nas novas xeracións nun movemento cultural imbuído dun forte espírito de rebeldía. O Romanticismo manifestouse en tódolos ámbitos: no comportamento, na pensamento político e social, na literatura e na creación artística, cunhas características comúns. Os románticos expresan os seus estados de ánimo con subxectividade, sen racionalidade; enarboran a bandeira da imaxinación, da fantasía; buscan as raíces dunha conciencia patriótica nacional; gustan dos ambientes exóticos, lugares que grazas ós avances nos medios de transporte son agora coñecidos directamente; entenden a natureza como un ser vivo a piques de ser destruído pola industrialización. A pintura foi o seu mellor vehículo de expresión. Temas históricos, tipos heroicos e paisaxe lírico O movemento, a acción e, en moitos casos, a violencia dominan a escena A cor, antes suxeita ó debuxo, adquire autonomía e valor expresivo

Os artistas que máis exactamente se axustan ó espírito romántico son Gericault e Delacroix (A Liberdade guiando o pobo) II REALISMO Nos anos 50-60 un grupo de pintores reacciona contra a fantasía romántica, preferindo reflectir a realidade dun xeito máis fiel, simple e obxectivo. En ocasións sen embargo, existe no fondo unha crítica social1. Os protagonistas son obreiros ou campesiños, personaxes da Revolución Industrial e das revolucións sociais. Destacan Millet, Courbet ou Daumier.

Page 42: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 84

III IMPRESIONISMO No derradeiro terzo do século unha nova corrente estilística se impón, o Impresionismo, nome que se acuña da obra de Monet: Impresión, sol nacente, e que contén unha carga negativa, pois os impresionistas non foron ben acollidos socialmente. Os temas máis repetidos son as paisaxes -rural, urbana, mariñas-, feitas

directamente do natural –pintura à plein air-. A miúdo o tema é intranscendente, importa capta-lo momento particular do día, o instante concreto, por iso ás veces executan series para mostra-las transformacións impostas pola luz e a atmosfera.

A luz é o elemento fundamental. O importante é como se reflicte a luz nos obxectos, nas figuras, na auga, servíndose do contraste de cores.

A cor. A súa aplicación fundaméntase nas teorías científicas da cor –primarios/secundarios e complementarios-, de xeito que o pintor non fai as mesturas na paleta senón que as xustapón puras no lenzo, é o ollo quen fai a mestura ó ve-la obra desde unha certa distancia. Paralelamente o debuxo dos contornos tende a desaparecer.

A pincelada é solta, rápida e vigorosa. O artista traballa con rapidez, empregando grande cantidade de materia pictórica.

As principais figuras do impresionismo son: Manet, considerado o precursor desta tendencia, Monet, o máis puro dos impresionistas, Renoir, interesado na figura humana, é o máis vital, e Degas, influenciado pola fotografía opta por puntos de vista inusuais, mostra grande interese por temas do hipódromo, de ballet e de teatro, en ambos casos con luces de interior artificiais. IV GOYA: UN ADIANTADO Ó SEU TEMPO . Goya é merecedor dun estudio monográfico pola súa importancia artística e, sobre todo, porque resulta difícil inscribilo dentro dun estilo ou corrente concreta. A OBRA: a grande produción artística de Goya abarca temas e técnicas ben diferentes. Imos ver algúns exemplos: Os cartóns para tapices. Estaba de moda entre as clases elevadas decora-los

seus fogares con tapices que recreaban escenas da vida do pobo. Goya recibiu o encargo da Real Fábrica de Tapices de deseñar os cartóns a partir dos que se tecen os tapices. Os protagonistas son majos e majas, nenos, vendedores ambulantes que bailan e se divirten en ambientes campestres.

Os retratos. Tivo unha grande habilidade para plasma-la personalidade dos modelos e a súa situación social. Nos seus retratos da monarquía mostrouse explícito, lonxe da idealización e incluso crítico. Entre os múltiples retratos da nobreza e da burguesía, son moi polémicos as Majas –espida e vestida-, para

Page 43: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 85

algúns trátase da Duquesa de Alba pero outros consideran que é a representación da beleza ideal.

A historia. Goya recolle os feitos do tempo que lle tocou vivir, impactoulle especialmente a Guerra de Independencia (sucesos de Madrid do 2 e o 3 de maio). A guerra é un desatino, sobre todo para un home coma el, seguidor das ideas ilustradas e un afrancesado, que ve como os propios franceses son incoherentes coas ideas de liberdade polas que tiñan loitado.

Os Gravados. Coa técnica do augaforte (gravado por medio de ácidos) realiza catro series, representando a barbarie da guerra (Os Desastres da guerra), criticando a superstición e a maldade (Os Caprichos e Os Disparates) e reflectindo o ambiente da festa nacional, da que era gran afeccionado (A Tauromaquia).

As pinturas negras. Son obras dos seus últimos tempos, xa xordo, encerrado nun mundo persoal desesperanzado e sombrío. A dor e a morte constitúen os temas predominantes, tratados de xeito expresionista e con cores escuras (negras, marróns, verdes escuras).

...

Page 44: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 86

Actividade 1: Recoñecemento de estilos artísticos 1.- Atribúe cada imaxe ó estilo artístico que lle corresponda, xustificao basándote nas características estudadas. 2.- Fai a descrición dunha das imaxes

1 2

3

4

5 6

Page 45: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 87

TEMA 8

A REVOLUCIÓN RUSA

Page 46: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 88

Page 47: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 89

Se a Revolución Francesa supuxo o ascenso da burguesía ó poder, a Revolución Rusa de outubro permitiu ó proletariado facerse co poder e instaurar o primeiro Estado socialista da historia.

I AS ORIXES A Rusia zarista entrou no século XX nunha moi precaria situación interna: Economía atrasada, baseada na agricultura. Escasa industrialización. Dependencia das inversións estranxeiras. Réxime autocrático dos Romanov. Socialmente: unha aristocracia dominante, unha burguesía reducida en número e

influencia e unha maioría de campesiñado (recentemente liberados da servidume). Os intentos expansionistas do goberno saldáronse con derrotas (contra Xapón en

1904), agudizando o descontento do pobo.

Actividade 1: As orixes do problema A actividade do goberno só deu resultados no crecente empobrecemento da poboación rural. De eses 100 millóns de almas nas que se fundou o poder de Rusia, e quenes, a pesares do incremento dos presupostos, ou cecais a costa desos incrementos, teñen que enfrontarse coa fame que se converteu non feito normal.

Carta aberta escrita ó Tzar por Tolstoi(1902)

Aínda que os campesiños pagaron a súa liberación, non lograron ser homes libres; seguiron estando atados por vinte anos máis; reducíuselles á máis ínfima condición, e así estiveron ata hoxe: podían ser azoutados, tiñan que pagar impostor especiais, non tiñan dereito a írse libremente de onde vivían, nin facer o que quixesen coas súas terras, e menos aínda establecerse noutra parte do territorio ruso.

Lenín Esta coroa visible é o símbolo que o Noso Señor Jesucristo te outorga coma xefe e señor de todas as Rusias, acompañada da súa bendición, ó entregarte o poder soberano e supremo sobre o teu pobo.

Coroación do Tsar Nicolás II polo Arzobispo de Moscú.

Xa cumprín os dezasete anos. Pasei o outono en Florencia. Logo fomos por París para ver o Louvre e Versalles e por suposto para escoller entre os grandes modistos os meus traxes de posta de longo… Xa de volta, pronto chegou o día do meu primeiro baile no palacio de inverno, con tres mil invitados, os que tiñan acceso á corte: xenerais, gobernadores, nobres, as súas mulleres e fillas. A magnificencia e o esplendor da nosa corte son difíciles de describir. Os candelabros inundaban de luz as enormes e suntuosas salas do palacio e os bronces e os cristais resplandecían.

“No tempo das troikas” de A. Dolgorouka

1. ¿Cal era a situación do campesiñado antes da revolución de 1917? 2. ¿A que era debido esa situación? 3. En Europa tamén existían as condicións feudais descritas no segundo texto. ¿Cal

é a súa orixe? ¿Cando desapareceron? ¿Por qué se mantiñan en Rusia? 4. ¿Qué pensaría un membro da nobreza desa situación dos campesiños? 5. ¿Faría algo o tsar para solucionar ese problema? 6. ¿A quen lle rendía contas o tsar dos seus actos de goberno? ¿Por qué?

O descontento popular empeza a manifestarse a partir de 1905: Prodúcense mobilizacións en todo o país, impulsadas por intelectuais e burgueses que

reclaman un réxime liberal Organízanse partidos clandestinos de oposición ó réxime. O máis importante era o

Partido Socialdemócrata.

Page 48: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 90

Discurso de Lenin durante a revolución de Outubro. O primeiro personaxe á súa dereita é Trotsky.

A

Creanse comités de obreiros (soviets) nos centros industriais. O zar viuse obrigado a conceder certa liberalización política, prometendo gobernar xunto coa Duma (un parlamento). Pero pronto traizoou estes plantexamentos.

A Primeira Guerra Mundial multiplicou os problemas debido a: reveses militares escaseza de alimentos nas cidades recrutamento de millóns de campesiños empobrecidos. suba de prezos (multiplicados por 6)

II O PROCESO (1917) A revolución tivo dúas fases: 1. Revolución de febreiro: o soviet de Petrogrado, xunto con algúns corpos do exército, forzou a dimisión do zar e entregou o poder a un goberno provisorio, dirixido por Kerensky e apoiado polos mencheviques (socialistas moderados) e os burgueses. Entón proclamouse a República, concedéronse certas liberdades, e elixiuse unha Asamblea constituinte. Pero o goberno empeñouse en continuar a guerra e negouse a repartir as terras. Esta fase significaría a revolución liberal. 2. Revolución de outubro: os soviets, controlados polos bolcheviques (facción radical dos socialistas) fixéronse co control nos centros de traballo, no campo e no exército; seguían as teses de Lenin “todo o poder para os soviets”. A Garda Vermella asaltou a sé do goberno provisorio (o famoso Palacio de Inverno) e entregou o poder ós bolcheviques. Foi a revolución menos sanguenta da historia: só dez mortos en escasas 24 horas. O cambio no poder tivo inmediatas consecuencias: retirada da guerra, paz con Alemaña. independencia de Finlandia, Polonia,

Letonia, Lituania, Estonia. abolición da propiedade privada

(reparto de terras, industrias ós obreiros, banca nacionalizada)

fusilamento do zar e da súa familia.

Máis adiante houbo enfrontamentos que desembocaron nunha guerra civil, que rematará coa vitoria do exército popular

Page 49: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 91

-Exército Vermello-, creado por Trotsky, derrotando ós contrarrevolucionarios -Exército Branco-. O novo réxime creou un Estado totalitario impoñendo a ditadura do proletariado, baixo a dirección única do partido comunista (partido único). En 1922 creouse a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), que agrupaba, nunha estrutura federal, as diferentes repúblicas e rexións autónomas III A URSS DESPOIS DE LENIN Morto Lenin en 1924, Stalin fíxose co poder. Como xefe indiscutible do partido e do goberno: acelerou a industrialización para converte-

lo país nunha grande potencia estableceu a colectivización agraria

mediante a creación de kolhozes e sovhoces

planificou a economía mediante os planes quinquenais (prioridade á siderurxia)

en torno á súa figura constituíuse o culto á personalidade

Ademais Stalin impuxo un réxime de terror que significou o encarceramento e condena a morte duns 30 millóns de persoas. A finalidade era lograr a obediencia absoluta. Calquera comentario ou conduta considerada contraria ó ditado pola cúpula do Partido era motivo de condena. En cinco anos as tres cuartas partes dos comunistas adheridos ó Partido antes do 1929 foron executados ou expulsados, sendo substituídos por persoas afíns a Stalin. Entre os primeiros en sufrir a persecución de Stalin estivo un dos grandes heroes da revolución, Trotsky, que tivo que fuxir da URSS para protexer a súa vida, pero que ó remate foi asasinado en México. Moita xente sufriu tamén persecucións, execucións ou deportacións a campos de traballo en Siberia, GULAG, a través da policía política, a KGB. A supremacía dos programas económicos relegou as conquistas sociais, condicionando o sistema que se caracteriza por: centralización do poder nun Partido único, sen posibilidade de disidencias. A

ditadura do proletariado (clase social maioritaria) transformouse na ditadura do Partido (minoría social rectora).

unha economía ferreamente dirixida, que aínda fracasando non se modificou.

Stalin, pese á desconfianza de Lenin convertiuse no seu herdeiro político. Na propaganda, tentou aparecer sempre coma a man dereita de Lenin, o que non era

certo.

“Se queres o poder procura saír na foto co xefe”

Page 50: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 92

Actividade 2: As primeiras medidas revolucionarias. 1. Queda abolido para sempre o dereito de propiedade privada sobre a terra (…) Todas as terras do Estado, da Coroa, do zar, dos conventos, da Igrexa, (..) de propiedade privada, das comunidade, dos campesiños, etc, son enaxenadas sen indemnización, convértense en patrimonio de todo o pobo e pasan a usufruto de todos os que as traballan. 2. Todas as riquezas de debaixo da terra, así como bosques e augas de importancia nacional, serán usufrutuadas con carácter exclusivo polo Estado. 3. As terras con facendas de alto nivel técnico (…) non serán repartidas, senón convertidas (…) en usufruto exclusivo do Estado e das comunidades (..) 1. ¿Que medidas se toman por este decreto? 2. ¿Que modelo de propiedade propugna? 3. ¿A que grupos benefician estas medidas e a que grupos prexudican?. Revisa o

reparto da propiedade da terra antes da revolución. 4. Os campesiños eran antiseñorais, pero non socialistas, ¿en que radica a diferenza?

Actividade 3: Causa dunha detención Traballaba no comedor do distrito e escribín na carta schi lenívie (lenívie significa col ou estúpido). Ós poucos veu un fiscal: “¿Qué é iso de lenivie?”. Interpretárao coma unha burla contra os traballadores. Eu ensineille un libro de cociña do ano 1930, onde tamén figuraba esa sopa de coles co nome de schi lenívie. Estaba claro, ¿verdade?. Pois non señor, díxome que o libro tamén o escribira un contrarrevolucionario. A. Ribakov: Os fillos de Arbat

1. ¿Qué quere dicir contrarrevolucionario? 2. ¿Por qué o fiscal está preocupado polo nome da sopa? 3. ¿Qué lle sucederá ó cociñeiro? 4. ¿Quen gobernará cando sucede isto?

Actividade 4: o culto á personalidade. Analiza as seguintes imaxes explica en que consiste esta técnica de propaganda e que se pretendía con ela. Ponlle un título a cada unha das imaxes.

Page 51: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 93

TEMA 9

A CRISE DAS DEMOCRACIAS NO PERIODO DE

ENTREGUERRAS (1919-1939) E A IIªGUERRA MUNDIAL (1939-1945)

Page 52: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 94

Page 53: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 95

O valor das accións en bolsa caeu en picado en outubro

de 1929 , como podemos ver no gráfico superior.

I OS FELICES ANOS 20 A guerra sempre trae consigo problemas económicos para os países belixerantes e iso pasou tamén na primeira guerra mundial. Dela beneficiáronse os países neutrais como España que desenvolveu a súa industria para abastecer de produtos manufacturados a Francia e Alemaña. Pero houbo dous países que aproveitaron a guerra para acadar unha posición de privilexio na economía mundial: Xapón converteuse na potencia económica en Asia

substituíndo ás vellas potencias colonias, grazas a súa modernización económica.

EEUU que na guerra foi o principal abastecedor dos países belixerantes tanto de materias primas coma de produtos manufacturados, converteuse ó remate dela na primeira potencia económica ata hoxe en día.

Europa en cambio tiña que recuperarse das feridas o cal era moito máis doado para os vencedores que para os vencidos. Así estes últimos tiveron que facer fronte ás multas e sancións impostas polos vencedores. Pero tampouco para os vencedores a situación era moi positiva: tiñan enormes débedas cos países neutrais; tiñan que recompor a súa industria e o seu tecido económico; e tiñan unha gran cantidade de gastos debido ós efectos da guerra na poboación civil (lisiados, viúvas, orfos,...). Esta situación desembocou entre 1918 e 1921 nunha pequena crise económica, cada país buscou solucións para os propios problemas. Había traballo pero non estaban axustadas a produción e o consumo, producíndose brotes inflacionistas así como graves desordes monetarios. O país que máis sufrirá estes problemas será Alemaña. Pero a partires do 21 a situación normalízase en todo o mundo, comeza un período de prosperidade xeral que é coñecido coma os prósperos ou tolos anos 20. Afiánzanse as novidades da Revolución Industrial (petróleo e electricidade coma fonte de enerxía; industria química, de electrodomésticos e material eléctrico...; automóbil como medio de transporte habitual; traballo en cadea e Taylorismo). Medra a produción e ó mesmo tempo o consumo: venta prazos; publicidade; aumentan os salarios;... II.DA PROSPERIDADE Á CRISE

O panorama cambiou en 1929. En outubro prodúxose o crac da bolsa de Nova York, debido á especulación (compra de accións por medio de préstamos). Durante a década dos anos 20 o valor das accións non deixou de subir e se convertera neste período nunha sinxela forma de multiplicar os aforros de tal xeito que todo o mundo invertía en bolsa. Pero en Outubro do ano 1929, de súpeto, a cotización das accións empezou a baixar e produciuse o pánico. Todo o mundo quería vender, e ninguén compraba polo que o valor das accións baixaba máis e máis...

Page 54: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 96

CRAC NA BOLSA DE NOVA YORK ( Venta masiva de accións)

BANCOS (peches, banarrotas, inversores arruinados, falta de créditos,..)

INDUSTRIA ( descenso da producción)

COMERCIO (forte descenso das ventas)

PARO MASIVO

O mecanismo da crise é o que vemos no gráfico anexo. A consecuencia foi a Grande Depresión dos anos trinta: quebraron bancos e empresas, caeu a inversión e a actividade económica e aumentou aceleradamente o desemprego. De seguida a crise converteuse en mundial, ¿por que?: O mercado americano pecha a entrada ós produtos

importados. En consecuencia estes frean a produción, redúcese o comercio mundial.

EEUU repatría os capitais invertidos como préstamos noutros países, que quedan sen fondos.

As solucións aportadas pasaron sempre por un maior intervencionismo do Estado na economía (fin do liberalismo económico do XIX), con medidas comúns como devaluación do diñeiro, restricións de créditos, concentración empresarial, medidas protecionistas… III.OS FASCISMOS Nos anos 20 aparece en Europa unha nova concepción política que hoxe englobamos baixo a denominación de fascismo. Aínda que este nome só se debería aplicar ó sistema político xurdido en Italia a carón da figura de Benito Mussolini (Partido Fascista), tamén se lle aplica (debido ás características comúns) ó partido nazi en Alemaña, así como a outros casos nos que exista unha ditadura de dereita (antiparlamentaria) que se apoia na violencia e na existencia dun líder. As súas características serán as seguintes: 1. A liberdade individual supedítase ós intereses do Estado. 2. Negación da democracia: non tódolos homes son iguais e polo tanto os votos non

deberían valer o mesmo. 3. Uns homes (superiores) teñen o dereito e o deber de dirixir ós outros (inferiores). 4. Hai sempre un líder ó que hai que seguir xa que sabe o que lle convén á sociedade.

Este líder non se equivoca nunca e debe ser obxecto de devoción mesmo relixiosa por parte dos seus concidadáns.

5. Hai que controlar o pensamento e as opinións dos habitantes do país, o que se conseguirá polo uso da propaganda.

6. A violencia é un xeito lícito de conseguir obxectivos políticos, tanto no interior dun país coma nas relacións internacionais (guerra).

7. Loita contra as organizacións obreiras e apoio do gran capital (burguesía).

III.1.- O Fascismo italiano: Mussolini A pesares de participar na Grande Guerra no bando vencedor, Italia non quedou moi satisfeita dos acordos de paz, xa que esperaba aumentá-lo seu territorio a expensas do Imperio Austro-húngaro e tamén as grandes perdas económicas que ese conflicto lle supuxo.

Page 55: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 97

Benito Mussolini, ataviado co traxe fascista, realiza un discurso .

“O Vello lobo romano” de Carlos Maside

A inflación alemana do ano 1923, refrectida no prezo dunha barra de

Deste xeito no período posbélico, se produciron mostras da insatisfacción popular e será Mussolini, o dirixente do Partido Fascista, quen trunfe neste clima de crise e acade o poder en Italia. Mussolini presentarase ás eleccións no ano 1921 e aínda que non obtivo maioría no parlamento, no ano seguinte, despois da chamada “Marcha sobre Roma”, Mussolini convértese en presidente do goberno. Unha vez neste posto pasou a controlar todo o poder político de xeito que a democracia desapareceu de Italia e xurdiu unha ditadura personalista na que so o Duce Mussolini tomaba as decisións. As características máis importantes do fascismo italiano son as seguintes: 1. Recordo constante ó pasado glorioso do Imperio Romano ó cal se intentará regresar, de aí a adopción de símbolos da Roma Clásica como as fasces que lle darán nome ó partido. 2. A guerra será unha boa forma de acadar ese imperio perdido, de aí a intervención e conquista de Abisinia, así como a entrada na 2ª Guerra Mundial facendo sociedade con Hitler. 3. A violencia interior (camisas negras) será a forma de silenciar ós italianos non conformes co seu goberno. 4. Control da economía, coa eliminación dos sindicatos e cunha tendencia á autarquía. III.2.- Alemaña: O Nazismo Alemaña tamén atravesa problemas durante a posguerra, incrementadas no seu caso por formar parte dos derrotados e polo tanto por ter que responder ás chamadas “reparacións de guerra” ditadas no Tratado de Versalles. En 1918

Adolf Hitler fundou un partido político, o NSDAP ou Partido Nacionalsocialista (Nazi) Alemán, coa intención de loitar contra as sancións impostas e ó mesmo tempo para

Page 56: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 98

O Réxime nazi organizou á sociedade dun xeito militarista, con forte presenza de desfiles, uniformes, estandartes, himnos,…o que posibilotou un maior control sobre a poboación para así conseguir os seus obxectivos e destrúir dun xeito doado ós seus inimigos”.”

enfrontarse ó avance do comunismo. En 1923 xa sufrira Alemaña unha inflación galopante que provocara grandes problemas políticos e sociais e que animou a Hitler e ó Partido nazi a dar un golpe de Estado a imitación de Mussolini e que rematou en fracaso e con Hitler na cadea . Unha vez libre Hitler presentouse as eleccións dos anos 1924 e 1928 con pobres resultados, pero en 1932 e debido ós efectos da crise do 29 será o seu o partido máis votado o que levará a que se converta en xefe de goberno. Desde esta posición dedicarase a desmantelar e destruír o sistema democrático nunha serie de pasos sucesivos: ilegalización de

partidos políticos, asasinatos de membros do seu propio partido que non lle eran “fieis”, persecución dos xudeus Dúas serán as características máis propias do nazismo:

1. A persecución dos xudeus e outras minorías (racismo)

2. A demanda de espazo vital, que o levará a unha política agresiva cos países do seu entorno

A política exterior de Hitler está marcada pola presión que exerce sobre os seus veciños para tentar recuperar os territorios perdidos despois da sinatura do Tratado de Versalles. Así, de xeito progresivo, Hitler recuperará os territorios fronteirizos con Francia, unificarase con Austria e anexionará os Sudetes checoslovacos. Todo isto sen oposición das potencias europeas (Gran Bretaña e Francia) temerosas a comezar outra guerra, de tal xeito que preferían ceder ás pretensións alemanas. O derradeiro paso que sería a ocupación do estreito de Dantzig (Polonia) provocará o comezo da 2ª Guerra Mundial. Actividade 1:As sufraxistas.

1. Investigade quen foron as sufraxistas. 2. ¿Cales eran os seus obxectivos? 3. ¿Cómo loitaban para conseguilos? 4. ¿Cando o conseguiron?

Page 57: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 99

Actividade 2: Investimentos públicos en Alemaña do 1928 ó 1938 (en millóns de marcos) 1928 1932 1933 1935 1938 Armamento 827 620 720 5.150 15.500 Transportes 2.234 805 1.238 1.876 3.376 Administración pública 1.830 800 810 1.400 1.200 Gasto sociais 1.023 218 200 500 700 Construción 1.330 150 185 175 250 Total 7.244 2.593 3.153 9.101 21.026

1. Fai unha gráfica na que representarás os datos da táboa anterior. 2. Calcula que porcentaxe do total dos investimentos do ano 1928 e 1938 supoñen o armamento e a construción. 3. Explica:

a) A diferenza entre os datos de 1928 e os de 1932. b) Os cambios producidos dende a chegada de Hitler ó poder. c) A evolución na inversión en armamento e gastos sociais entre 1928-1938.

Actividade3 : Descenso do número de parados en Alemaña. 1932.................................................5.575.492 1933.................................................4.804.028 1934.................................................2.718.309 1935..................................................2.151.039 1936.................................................1.592.655 1937.....................................................912.312 1938....................................................429.461 1939......................................................38.379

1. Compara os datos obtidos coa situación socio-económica que podemos observar na táboa do exercicio anterior. 2. ¿Cómo conseguiría Hitler facer descender o número de parados en Alemaña? Actividade 4: Medidas económicas contra os xudeos 22 de Abril de 1938 “Todo xudeo debe declarar e avalia-la totalidade dos seus bens no territorio nacional e no estranxeiro, no estado no que se atopen no día no que este decreto entre en vigor(...) A obriga de declarar e avaliar aplícase tamén ó cónxuxe non xudeu dun xudeu.” 26 de Abril de 1938 “Un alemán que por móbil egoísta, axude conscientemente a esconde-la natureza xudía dunha empresa comercial para enganar á poboación ou ás autoridades, será multado e penado coa reclusión, ou prisión nos casos menos graves, cunha duración que non será nunca inferior a un ano” 25 de Xullo de 1938 “As instalacións de médicos xudeus deben cesar o 30 de Setembro de 1938” 12 de Novembro de 1938 “O comportamento hostil dos xudeus para co pobo e o Estado alemán, que non retroceden ante covardes asasinatos, esixe medios de defensa enérxicos e un castigo severo. Polo tanto imponse ó conxunto de xudeus de nacionalidade alemana unha contribución por un total de mil millóns de marcos, cuxo beneficiario será o Estado alemán.” 12 de Novembro de 1938 “A partires do 1 de Novembro, queda prohibido ós xudeus ocuparse do comercio e de envíos ou negocios de transportes, así como despachar e exerce-lo oficio de artesáns independentes.”

Page 58: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 100

Hitler representado coma Gulliver no país dos ananos. Fai referencia á forma de manexar ós países europeos durante os naos trinta.

Cartel propagandístico sobre a guerra de Abisinia.

1. ¿Cómo afectaría á túa vida se de repente se aplicasen ós galegos as leis que Hitler lle aplicou ós xudeus nesa época? 2. Fai unha redacción en primeira persoa reflectindo esa situación. Imaxina que eres un xudeu que vive na Alemaña nazi. (10-15 liñas). Actividade 5: O Espacio Vital

“En Alemaña estamos condenados a levar unha vida de escravos. Quitemos tódalas terras improdutivas (cidades, carreteiras, zonas industriais, minas, campos de manobras,...) do conxunto do Reich. Fagamos un bloque con tódalas terras produtivas e dividámolas entre tódolos habitantes do Reich. Veremos que cada alemán disporá dunha franxa de terra de 100 metros de longo por 45 metros de ancho. Desta superficie debe sacar, non só o seu sustento, senón tamén os textís para vestirse. Amais cada minuto que pasa un alemán ven ó mundo có que a cada minuto se estreita algo máis a franxa de terra dispoñible. Pola contra cada ruso dispón dunha superficie de 8 a 10 veces superior á nosa. Afogámonos nunha prisión cuxos muros se van estreitando. Só nos separa da liberación , unha liña de postes fronteirizos, postes que se moveron ó longo da historia innumerables veces. A expansión alemana cara o leste se desprende do sagrado dereito dos pobos á propia existencia. A conquista destes novos territorios esixirá sacrificios, pero as bágoas verquidas farán xerminar as colleitas que asegurarán o pan das futuras xeracións.”

Adolf Hitler: Mein Kampf.

1. ¿Que argumento emprega Hitler para defende-la teoría do Espacio Vital? 2. ¿Qué quererá dicir “Espacio Vital”? 3. ¿Cal será a solución proposta por Hitler para resolve-lo problema que segundo dí ten Alemaña? 4. Busca nunha enciclopedia a densidade de poboación de Luxemburgo, Dinamarca, España, Australia e Corea. 5. Vendo os datos anteriores ¿cal sería a solución que lle daría Hitler?, ¿pensas que a solución que ofrecería Hitler a esas diferenzas sería lóxica?. IV. OS PROLEGÓMENOS DA IIª GUERRA

A maioría dos problemas que levaron á Segunda Guerra Mundial foron conflictos que non se resolveron na Primeira Guerra Mundial ou que se agravaron despois desta.

a) A crise do 29. b) O desexo de Alemaña de poñer fin ás condicións do Tratado de Versalles. c) A insatisfacción italiana polo escaso proveito sacado da Grande Guerra .

Page 59: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 101

d) A febleza das democracias que oscilaban entre dúas tendencias ben distintas, o fascismo e o comunismo. e) O expansionismo xaponés en Asia que provocará tensións cos seus veciños. f) A debilidade da Sociedade de Nacións que foi incapaz de solventar de xeito pacífico os problemas entre os distintos países.

Neste momento a Alemaña de Hitler pon en marcha a súa política caracterizada por: Abolición de tódalas cláusulas impostas en Versalles;... Expansionismo para obte-lo espazo vital:

- incorpora Austria (Anschluss). - Anexiona os Sudetes e logo outros territorios checoslovacos.

Antisemitismo Ó final dáse una alianza entre os países expansionistas que crearon o Eixo Berlín-Roma-Tokio. V. O DESENVOLVEMENTO DO CONFLICTO V.1 O detonante Despois de ter ocupada Checoslovaquia, Hitler plantea a Polonia a reanexión de Danzing. Diante desta nova ameaza, Gran Bretaña e Francia maniféstanse garantes das fronteiras polacas e tentan, sen éxito, logra-lo apoio da URSS. Pola contra, Stalin asina con Hitler un pacto de non agresión válido para dez anos. O pacto interésalles ós dous: a Alemaña por razóns tácticas –evita ter un inimigo ás súas costas- e á Unión Soviética para ter mans libres no seu expansionismo. O 1 de setembro, Hitler ordena invadir Polonia. Gran Bretaña e Francia lanzan un ultimato esixindo a retirada, ó non producirse, o 3 de setembro declaran a guerra. V.2 Fases e escenarios da guerra

Ofensivas e vitorias do Eixo. (1940-41) Tras a capitulación de Polonia e o seu reparto entre soviéticos e alemáns, as operacións militares paralizáronse ata a primavera do ano seguinte. Entonces Alemaña toma a iniciativa e comeza as ofensivas servíndose dunha nova táctica militar, a blizkrieg ou guerra lóstrego, consistente no emprego conxunto de carros blindados e infantería motorizada que con apoio da aviación atacan puntos concretos das liñas inimigas e avanzan a gran velocidade. Así ocupan Dinamarca, Noruega, Holanda, Bélxica, Francia, Grecia. Soamente escapa Gran Bretaña e Hitler decide rendela mediante bombardeos continuos.

Mundialización do conflito (1941) Dende mediados de 1941 a guerra esténdese a novos escenarios, especialmente a África e os Balcans. Pero o máis significativo foron o ataque contra a URSS por parte de Hitler, o que propiciou a entrada deste país no conflito, feito que será moi negativo para Alemaña, e a guerra no Pacífico, cando Xapón decide atacar a

Page 60: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 102

Berlín trala entrada dos soviéticos

base norteamericana de Perl Harbour, entrando nese momento os EEUU en guerra contra os países do Eixo

O equilibrio de forzas (1942-43) Comeza o refluxo da expansión xermano-italiana en África e Europa, así como a xaponesa no Pacifico. Nos distintos frontes os exércitos do Eixo son detidos. En Europa o territorio alemán sofre bombardeos masivos para baixa-la súa moral e destruír a súa capacidade industrial. Tampouco logrou impoñerse no mar fronte á Armada británica a pesar das fortes perdas causadas polos submarinos na Batalla do Atlántico. A estes fracasos hai que engadi-las dificultades que Hitler está a ter nos territorios ocupados cos grupos de partisanos que realizan continuos actos de sabotaxe. Temendo unha derrota Hitler ordena a Solución Final

Afundimento das potencias do Eixo e triunfo aliado (1943-45) A guerra muda de signo e os alemáns deben seguir unha estratexia para a que non se prepararan: frea-lo avance do adversario. Así a partir do 44 as tropas aliadas con mando unificado lanzáronse ó asalto definitivo por medio de distintas ofensivas: Incapaces de dete-lo avance soviético dende o leste e o dos restantes países aliados desde o Oeste, Berlín caeu o 2 de maio do 45, pouco despois de que Hitler se suicidase no seu búnker. Inmediatamente tivo lugar a rendición das tropas alemanas, a ocupación do norte de Italia e a capitulación sen condicións. Pero no Pacífico a guerra proseguía con gran dureza, Xapón chegou a utilizar pilotos suicidas (camicaces). Para forzar a rendición os norteamericanos decidiron empregar unha arma nova e terrible: a bomba atómica. En agosto lanzáronse dúas bombas atómicas con tres días de separación, unha sobre Hiroshima e outra sobre Nagasaki. Diante desta situación Xapón capitula en setembro de 1945.

VI. CONSECUENCIAS DA GUERRA Cando comezaba a intuírse que a caída de Alemaña estaba preto, as principais potencias aliadas (Francia, Gran Bretaña, EEUU e URSS) reuníronse nunha serie de conferencias, das cales, a derradeira e máis importante foi a de Postdam. Nelas tentarán deseña-las liñas organizativas para a época da paz

Hitler envía os seus soldados á URSS

Page 61: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 103

Certamente a guerra tivo consecuencias negativas en moitos aspectos: 1) Demográficas. O número de mortos cífrase nuns 50 millóns de persoas, a maior parte civís. Entre elas, 6 millóns eran xudeus, vítimas das operacións antisemitas (solución final). O movemento de refuxiados e deportados, provocado pola guerra e polas modificacións das fronteiras, afectou a case 4 millóns de polacos, 8 millóns de alemáns, así como un bo número de italianos e xudeus. 2) Económicas. Os máis afectados foron Alemaña e a Unión Soviética, pero, en xeral, debido ás batallas e bombardeos, os campos e as cidades de Europa quedaron destrozados. Ó finalizar a guerra os problemas de abastecemento de materias primas foron enormes e a produtividade industrial baixou un 15%, perdendo Europa o seu papel líder na economía mundial. Para paliar estes problemas os norteamericanos concederán as axudas do Plan Marshall (só para os países que non estiveran baixo a influencia soviética) e os europeos crearán a CECA (Comunidade do Carbón e do Aceiro) e o Mercado Común Europeo. 2) Territoriais. Os cambios de fronteiras son froito das conferencias internacionais celebradas polos aliados ó longo da guerra. A URSS recuperou territorios o mesmo que Polonia. Italia, Bulgaria, Rumanía e Hungría cederon territorios ós seus veciños. Alemaña quedou dividida en catro zonas de ocupación (o mesmo que a súa capital, Berlín), que máis tarde darán lugar a dous países: a RFA e a RDA (comunista). Xapón quedou baixo o mandato temporal dos EEUU. 3) Políticas. Europa perdeu definitivamente o seu papel hexemónico no mundo, substituída polos EEUU. O punto máis importante será a nova política nacida da Conferencia de Potsdam (1945). Nela, os EEUU, Gran Bretaña e a URSS pactaron a división temporal de Alemaña e concedeuse á Unión Soviética un amplo poder de actuación nos territorios que ocupara nos momentos finais da contenda. Desta forma configurase unha política mundial de bloques: o bloque capitalista (Europa occidental e gran parte de América) liderado polos EEUU, e o bloque comunista (a Europa oriental e outros países asiáticos) liderado pola URSS. Tamén en 1945 creouse un organismo destinado a asegura-la paz mundial: a ONU. 4) Tecnolóxicas Ó longo do conflito grandes aportes científicos permitiron a creación de novas armas. Coa chegada da paz, todos estes avances tecnolóxicos darán lugar ó desenvolvemento

Page 62: Libro CCSS 4º ESO Bloque 2

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 104

da aviación civil, o radar, os sistemas dirixidos, as telecomunicacións, a enerxía atómica... 5) Sociais Sobre as mulleres recaeu unha grande parte da responsabilidade na actividade bélica de retagarda, ó reemplazar ós homes chamados a filas. Traballaron nos estaleiros, e fábricas, conduciron ambulancias durante os bombardeos aéreos. Isto serviu para que adquirisen maior seguridade en si mesmas e para desligarse das súas responsabilidades tradicionais. Unha vez finalizada a guerra, moitas de estas mulleres non abandonarán a actividade laboral e outras seguiran este mesmo camiño

Actividade 6: Cambios territoriais de entreguerras. 1. Describide os cambios habidos en Polonia e Asia mirando os mapas.

Actividade 7: Vítimas e custo da guerra

Total en millóns de dólares: 1.183.213 Reparto do custo: 35% p Eixo 64,5% os aliados

1. Realiza a gráfica correspondente a estes datos 2. ¿Qué razóns poden explicar estas cifras?:

a. a cantidade tan alta de mortos na Unión Soviética b. a cantidade tan baixa de mortos en Francia c. as cantidades dos países iniciadores do conflito: Alemaña e Xapón

3. ¿Como se explican estas porcentaxes de poboación morta?

Países Millóns de mortos % de poboación

URSS 17 10 Polonia 6 14 Francia 0,6 1,5 Alemaña 5,2 --- Xapón 1,5 2