100

Libro linkado guia verde admon

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Libro linkado guia verde admon
Page 2: Libro linkado guia verde admon
Page 3: Libro linkado guia verde admon
Page 4: Libro linkado guia verde admon

Todos os nomes propios e marcas de empresas, organizacións e ins-titucións que aparecen neste libro son marcas rexistradas das súas respectivas compañías e organizacións.

Reservados todos os dereitos. O contido deste libro está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou sancións, ademais das correspondentes indemnizacións por danos e prexuízos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique públicamente, en todo ou parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transforma-ción, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.

Edita:Deputación de LugoSan Marcos, 8. 27001 – LugoTextos e maquetación:Consulting Orbere S.L.U.Imprime:DIFEGADepósito Legal: LU 3-2014

Page 5: Libro linkado guia verde admon

José Ramón Gómez BesteiroPresidente da Deputación de Lugo

O consumo responsable é a mellor ferramenta que temos as administracións para incrementar a eficiencia do gasto público e asegurar a sustentabilidade das entidades.

Por iso, debemos dar exemplo e impulsar ferramentas, como esta guía, para que os beneficios da implantación destas boas prácticas cheguen a todas as empresas e administracións.

Este tipo de procedementos para as administracións, empresas, produtores e para a sociedade en xeral, reporta importantes beneficios tanto para a economía como para o medio ambiente, aspectos que son destacados continuamente polos exper-tos para animar a este tipo de prácticas.

Está comprobado que a compra verde e o consumo responsable aumentan os be-neficios dos produtores, non só a través do aforro que supoñen estas prácticas senón tamén porque xeran un valor engadido para o produto.

Pero ademais este tipo de prácticas responsables son un destacado instrumento de márketing para a comercialización de produtos. A sociedade demanda cada vez máis unha responsabilidade social tanto das empresas produtoras das que adquiren produtos e servizos como das administracións que xestionan cartos públicos.

A Deputación de Lugo, consciente da súa repercusión económica e social, aplica moitas das técnicas que se explican nesta guía sobre gasto racionalizado, consumo responsable e compra intelixente.

Editamos esta guía para transmitir consellos efectivos que aumenten o rendemento económico e animen ás empresas a adoptar boas prácticas, que favorezan, ade-mais, a inserción laboral, a igualdade de xénero ou a integración de persoas con discapacidade. Agardo sexa da súa utilidade.

Unha aperta

Page 6: Libro linkado guia verde admon

6

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN Á COMPRA VERDE..................................

2. MARCO NORMATIVO.......................................................

2.1. MARCO LEXISLATIVO: EUROPEO, ESTATAL, AUTONÓMICO E LOCAL......................................................................................................2.2. CERTIFICACIÓNS, NORMAS, ESTÁNDARES, ETIQUETAS, SELOS E LICENZAS AMBIENTAIS APLICABLES......................................................

3. INTRODUCIÓN DE CRITERIOS AMBIENTAIS NO PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA..........

3.1. PRODUTOS DE PAPEL E CARTÓN....................................................3.2. MATERIAL ORDINARIO NON INVENTARIABLE DE OFICINA............3.3. MATERIAL INFORMÁTICO E OFIMÁTICO.........................................3.4. MOBILIARIO DE OFICINA E URBANO................................................3.5. DISPOSITIVOS PARA O AFORRO DE AUGA....................................3.6. CALEFACCIÓN E CLIMATIZACIÓN....................................................3.7. PRODUTOS E SERVIZOS DE LIMPEZA..............................................3.8. EQUIPOS DE ILUMINACIÓN..............................................................3.9. VEHÍCULOS E COMBUSTIBLES..........................................................3.10. CONTRATOS DE SERVIZOS.............................................................3.11. CONTRATOS DE OBRAS.................................................................

6

12

12

16

24

2430343840455053566073

Page 7: Libro linkado guia verde admon

7

4. BOAS PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS INTEGRADAS NO PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA.........

5. AUTODIAGNOSE..............................................................

6. GLOSARIO DE TERMOS....................................................

7. BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA...........................................

7.1. BIBLIOGRAFÍA...................................................................................7.2. WEBGRAFÍA.......................................................................................

77

84

88

92

9294

Page 8: Libro linkado guia verde admon

8

1. INTRODUCIÓN Á COMPRA VERDE

A Compra Verde, Contratación Pública Verde ou Compra Pública Ambientalmente Correcta son formas diferentes de denominar ao conxunto de iniciativas que a administración pública (así como outras entidades públicas e / ou privadas) poden levar a cabo para a mello-ra do comportamento ambiental interno.

Esta definición engloba tanto á compra de produtos ambientalmente máis correctos como á contratación de obras e servizos baixo criterios ambientais coa perspectiva de fomentar cambios na xestión a todos os niveis e nas pautas de traballo. Deste xeito, considéranse non só os criterios económicos ou técnicos dos produtos, obras e/ou servizos a contratar, senón tamén o comportamento ambiental destes.

Page 9: Libro linkado guia verde admon

9

Este comportamento ambiental está relacionado cos materiais e pro-dutos usados ou adquiridos, os métodos e procedementos na exe-cución dos contratos e o comportamento ambiental de provedores e dos propios fabricantes.

A definición utilizada pola Comisión Europea para a Compra e Contra-tación Publica Verde (CCPV) é a seguinte:

A Compra e Contratación Publica Verde é un proceso mediante o que autoridades públicas e semipúblicas deciden adquirir produtos, servizos, obras e contratos nos sectores especiais1 cun impacto ambiental reducido durante o seu ciclo de vida en comparación cos produtos, servizos, obras e contratos nos sectores especiais coa mesma utilidade básica que se se

tivesen adquirido doutro modo

En definitiva a compra verde pódese entender como o proceso onde as consideracións ambientais están incluídas na definición do obxec-to do contrato, nas especificacións técnicas, nos criterios de selección e adxudicación e nas cláusulas de execución do contrato.

Deste modo os produtos ou servizos adquiridos, do mesmo xeito que ofrecen os niveis de calidade e de servizo esixidos presentan un im-pacto ambiental global reducido fronte a outros produtos e servizos coas mesmas características.

1. Sectores da auga, da enerxía, dos transportes e dos servizos postais.

Page 10: Libro linkado guia verde admon

10

Esta nova forma de comprar pretende establecer un crecemento máis sostible, creando riqueza e competitividade sobre a base dun servizo máis respectuoso co medio, de forma que os produtos e/ou servizos consumen menos recursos, teñen menos efectos e riscos para o me-dio.

Deste xeito as administracións públicas poden exercer unha grande influencia no entorno, xa que os contratos públicos representan unha porcentaxe elevada do produto interior bruto da Comunidade Gale-ga.

Page 11: Libro linkado guia verde admon

11

A Deputación de Lugo asume deste xeito a súa responsabilidade e ponse á cabeza na xestión do cambio a favor da Compra e Contrata-ción Pública Verde, entendido non só como a utilización de produtos “ecolóxicos”, senón como un concepto máis amplo, utilizando produ-tos máis eficientes durante a súa vida útil (por exemplo que consu-man menos enerxía ou recursos), produtos construídos para ter unha duración longa ou productos para os que se consideren criterios am-bientais na fase da súa eliminación final, e mesmo que fosen deseña-dos tendo en conta estes criterios.

As prácticas de Compra Verde, cun futuro máis que prometedor, su-poñen ademais un claro aforro en enerxía, custos de utilización e/ou xestión de residuos, ademais doutros beneficios tales como:

• Mellora da eficiencia.• Mellora da calidade de vida da comunidade.• Concienciación ambiental da comunidade.• Mellora da imaxe política.

En resumo, esta transformación dos procesos de compra e contra-tación fan que as Administracións Públicas dean coherencia á xes-tión dos recursos públicos, logran un maior impacto e efectividade na aplicación das políticas públicas, e convértense deste xeito nun referente de consumo responsable para a sociedade.

Page 12: Libro linkado guia verde admon

12

A publicación desta “Guía de Boas Prácticas na Compra Verde na Ad-ministración” ten como obxectivo final servir de axuda a calquera ins-titución comprometida co tema, que queira incorporar á súa xestión en todo ou en parte as directrices aquí expostas. Asemade, disponse dunha revisión de Autodiagnose que pode axudar a detectar áreas febles e fortes na Administración con respecto a este proceso, co con-seguinte efecto de mellora continua neste.

Esperamos polo tanto que esta Guía sexa útil e de axuda a todos aqueles que queiran iniciarse ou avanzar no apaixonante mundo da Compra Verde.

Page 13: Libro linkado guia verde admon

13

Page 14: Libro linkado guia verde admon

14

2. MARCO NORMATIVO

2.1. MARCO LEXISLATIVO: EUROPEO, ESTATAL, AUTONÓMICO E LOCAL

A Compra e Contratación Verde está integrada nas principais políticas a nivel europeo, como a Revisión da Estratexia de Lisboa e a Estratexia da Unión Europea para un desenvolvemento sostible. Así, o Tratado da Unión Europea do ano 1997 incorporou o “desenvolvemento sostible” como un obxectivo xeral que debe integrarse nas políticas e accións europeas, aínda que sen definir a forma de aplicalo á contratación pública.

Durante certo tempo existiu un baleiro no marco legal, ata que final-mente se desenvolveron dúas Directivas europeas de contratación pública que definen claramente como se poden integrar cláusulas ambientais nos contratos públicos:

• Directiva 2004/17/CE do Parlamento Europeo e o Consello, de 31 de marzo de 2004, sobre a coordinación dos procede-mentos de contratación de entidades que operan no sector da auga, a enerxía, o transporte e os servizos postais.

• Directiva 2004/18/CE do Parlamento Europeo e o Consello, de 31 de marzo de 2004, sobre a coordinación dos procedemen-tos de adxudicación dos contratos públicos de obras, subministra-cións e servizos, que admite expresamente a inserción de criterios sociais e ambientais na contratación pública.

Page 15: Libro linkado guia verde admon

15

Recentemente, publicouse o Regulamento (UE) 1336/2013 da Comisión, de 13 de decembro de 2013, polo que se modifican as directivas 2004/17/CE, 2004/18/CE e 2009/81/CE do Parlamento Europeo e do Consello no que concirne aos umbrais de aplicación en materia de procedementos de adxudicación de contratos.

Ademais das Directivas citadas, cabe mencionar a Directiva 2012/27/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 25 de outubro de 2012, relativa á eficiencia enerxética, pola que se modi-fican as Directivas 2009/125/CE e 2010/30/UE, e pola que se derogan as Directivas 2004/8/CE e 2006/32/CE. A incorporación destas Direc-tivas ao ordenamento estatal realízase coa publicación das novas leis de contratación pública:

• Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, que foi derrogada polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

• Lei 31/2007, de 30 de outubro, sobre procedementos de contra-tación nos sectores de auga, a enerxía, os transportes e os servizos postais.

Outras normas a citar en materia de Compra Verde relacionadas coas Administracións Públicas, son:

• Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se apro-ba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas.

Page 16: Libro linkado guia verde admon

16

• Orde MAM/2116/2007, de 10 de xullo, sobre requisitos e crite-rios ambientais a introducir nos pregos de cláusulas administra-tivas que rexan nos contratos do Ministerio de Medio Ambiente e os organismos públicos del dependentes.

• Orde PRE/116/2008, de 21 de xaneiro, pola que se fai público o Acordo de Consello de Ministros polo que se aproba o Plan de Contratación Pública Verde (PCPV) da Administración Xe-ral do Estado (AXE), os seus Organismos Públicos e as Entidades Xestoras da Seguridade Social.

• Lei 2/2011, de 4 de marzo, de Economía Sostible.

Ademais da lexislación xa mencionada ata o momento, a nivel auto-nómico cabe mencionar que en Galicia non existe normativa que re-gule e/ou promova a compra verde. Non obstante, constituíuse unha Comisión para a integración dos aspectos ambientais na contrata-ción pública.

A devandita Comisión elevou á Xunta Consultiva de Contratación, en setembro de 2010, unha proposta de inclusión que está a ser actual-mente revisada para a súa aprobación.

A nivel local tampouco existe normativa que regule e/ou promova a compra verde.

Os procesos de contratación están fortemente regulados polas leis de contratación pública

Page 17: Libro linkado guia verde admon

17

Todas as Administracións Públicas están obrigadas a respectar os principios do Tratado da Unión Europea durante os procesos de con-tratación, independentemente do tamaño destas ou do marco legal que as goberna (rexional, estatal ou europeo).

Os principios do Tratado máis relevantes a salvagardar na contrata-ción pública son:

• O principio de liberdade de movemento de mercadorías.

• O principio de liberdade para prover servizos.

• O principio de non discriminación.

• O principio de trato equitativo.

• O principio de proporcionalidade.

• O principio de transparencia.

Page 18: Libro linkado guia verde admon

18

2.2. CERTIFICACIÓNS, NORMAS, ESTÁNDARES, ETIQUETAS, SELOS E LICENZAS AMBIENTAIS APLICABLES

a. NORMAS, ESTÁNDARES E CERTIFICACIÓNS

Existen gran variedade de normas e estándares, relacionados con temas ambientais, que se poden utilizar de diversas formas para a Compra e Contratación Pública Verde. Aínda que todas elas son vo-luntarias, si se pode “premiar” aqueles provedores que dispoñan de-las nos pregos dos contratos que se liciten:

• UNE-EN ISO 14020:2002 Etiquetas ecolóxicas e declaracións am-bientais. Principios xerais.

• UNE-EN ISO 14025:2010 Etiquetas e declaracións ambientais. Declaracións ambientais tipo III. Principios e procedementos.

• UNE-EN ISO 14040:2006 Xestión ambiental. Análise de ciclo de vida. Principios e marco de referencia.

• UNE-EN ISO 14044:2006 Xestión ambiental. Análise de ciclo de vida. Requisitos e directrices. (ISO 14044:2006).

• UNE-EN ISO 14001:2004 Sistemas de xestión ambiental. Requisi-tos con orientación para o seu uso.

Page 19: Libro linkado guia verde admon

19

• Regulamento EMAS: Regulamento (CE) No 1221/2009 do Parla-mento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, relati-vo á participación voluntaria da organización nun sistema comu-nitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS).

Nas normas referentes aos sistemas de xestión (UNE-EN ISO 14001:2004 e Regulamento EMAS), mesmo se dispón dun apartado específico para a comunicación coas “partes interesadas externas”, nas que se inclúen os requisitos esixibles aos provedores en materia ambiental.

b. ETIQUETAS

Ao igual que no apartado anterior, existen numerosas etiquetas reco-ñecidas tanto en Europa como no resto do mundo, e queremos deixar constancia nesta Guía das máis significativas.

Page 20: Libro linkado guia verde admon

20

Recóllense a continuación as máis coñecidas:

Etiqueta Ecolóxica da Unión Europea: identifica de for-ma voluntaria produtos que teñen un impacto ambiental reducido, certificados oficialmente pola Unión Europea, Liechtenstein e Islandia. Para a concesión desta etiqueta téñense en conta os impactos asociados a:

- o uso dos recursos naturais e enerxía. - as emisións á atmosfera. - o auga e chan. - a deposición dos residuos. - o ruído e efectos sobre os ecosistemas.

Marca AENOR-Medio Ambiente: xestionada dende a Asociación Española de Normalización e Certificación. É unha marca de conformidade con normas UNE de cri-terios ecolóxicos, concebida para distinguir produtos que teñan unha menor incidencia no medio durante o seu ciclo de vida (ver exemplos en apartado anterior).

NF / Environment: marca xestionada por AFNOR (As-sociation Francaise de Normalisation) que certifica que un produto industrial ou de consumo cumpre as carac-terísticas de calidade definidas polas normas francesas, europeas e internacionais e que o produto ten un menor

Page 21: Libro linkado guia verde admon

21

impacto sobre o medio ambiente. Este distintivo ten na ac-tualidade definidos criterios para os seguintes produtos e servizos, entre outros: mobles, cartuchos de tinta de im-presión láser, bolsas de lixo, pinturas e vernices, sobres, absorbentes líquidos para solos, produtos de sinalización horizontal, cadernos, etc.

Milieukeur: ecoetiqueta oficial dos Países Baixos (den-de 1992) cuxo obxectivo é animar aos produtores e aos consumidores a favorecer un comercio respectuoso co medio ambiente. A certificación xestiónase pola organi-zación independente, Sitching Milieukeur (que é á súa vez o organismo acreditado nos Países Baixos para conceder a Etiqueta Ecolóxica Europea) e da que forman parte as or-ganizacións de produtores e consumidores, comercio mi-norista, goberno e expertos en medio ambiente. A marca Milieukeur pode aplicarse a produtos moi variados: cadei-ras, zapatos, plantas, flores, mobles, etiquetas adhesivas, etc.

Anxo Azul alemán: sistema de ecoetiquetado pioneiro no mundo que utiliza como símbolo o Anxo Azul, empregado no Programa das Nacións Unidas para o Medio (PNMA), co termo etiqueta ecolóxica debaixo, e unha explicación de por que ese produto é ecolóxico.

Page 22: Libro linkado guia verde admon

22

Ecoetiqueta de Austria (Umweltzeichen): a ecoeti-queta foi deseñada polo artista austríaco Friedensreich Hundertwasser, e implementada polo Ministro de Medio Ambiente, Xuventude e Familia. Ao ser un membro da Unión Europea, promove a ecoetiqueta europea, pero a ecoetiqueta austríaca representa un dos instrumentos máis modernos e eficaces da política ambiental. O ratio de eficacia é moi alto xa que é un criterio que avoga pola transparencia máis absoluta. Por iso a credibilidade no mercado é moi alta e é un instrumento moi persuasivo á hora de orientar as decisións dos consumidores.

Cisne Nórdico noruego: os criterios ecolóxicos están baseados no ciclo de vida do produto, incluíndo criterios como o consumo de recursos naturais e enerxía, as emi-sións ao aire, auga e ao chan. Esta etiqueta ten unha es-pecial importancia na industria papeleira dos países nór-dicos xa que nos seus procesos de produción de pasta de papel seguen os criterios ecolóxicos impostos por este sistema de certificación. Esta pasta pode ser exportada despois a outros países como materia prima para produ-cir distintas calidades de papel. A inclusión desta ecoeti-queta na pasta de orixe asegura que se seguiron estritos controis ambientais, e que o impacto do produto final é ecoloxicamente tolerable.

Page 23: Libro linkado guia verde admon

23

Distintivo de Garantía de Calidade Ambiental: marca creada polo Departamento de Medio Ambiente da Gene-ralitat de Cataluña regulada para promover o deseño, a produción, a comercialización, o uso e o consumo daque-les produtos e servizos que favorezan a minimización de residuos ou a recuperación e reutilización dos subprodu-tos e as materias primas que conteñen e, tamén, dos que levan consigo un aforro de recursos, especialmente auga e enerxía.

Ecoetiqueta IPE: xestionada pola Asociación de Investi-gación Técnica da Industria Papeleira Española, Instituto Papeleiro Español - IPE. Esta etiqueta certifica papeis e car-tóns.

Punto Verde: garante que as empresas envasadoras están adheridas a un Sistema de Xestión Integrado (SIX). Atópanse nos envases que están diferenciados en tres grupos distintos dependendo do material con que están fabricados: envases de plástico, latas e envases tipo Brik (xestionados por Ecoembes); envases de cartón e papel (xestionados por Ecoembes); envases de vidro (xestiona-dos por Ecovidrio).

Forest Stewardship Council (FSC) ou Consello de Xes-tión Forestal: dispón dunha etiqueta de produto que per-mite aos consumidores recoñecer produtos que apoian a xestión sostible dos bosques.

Page 24: Libro linkado guia verde admon

24

Certificación Forestal Paneuropea (PEFC): nace como unha iniciativa voluntaria do sector privado forestal para a protección dos bosques de Europa.

Outras etiquetas relacionadas con sectores industriais es-pecíficos son:

Energy Star: é un programa da Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos creado en 1992 para pro-mover os produtos eléctricos con consumo eficiente de electricidade, reducindo desta forma a emisión de gas de efecto invernadoiro por parte das centrais eléctricas. É moi coñecido fóra de Estados Unidos porque o seu logotipo aparece no arrinque da maioría de placas nai dos ordena-dores persoais e nas etiquetas de certificados.

The Ecodeclaration-TED: é unha autodeclaración am-biental para produtos da tecnoloxía da información e da comunicación (coñecidos como equipos TIC) e electrónica de consumo.

O estándar TCO: desenvolvido pola Confederación sueca de profesionais, establece criterios para consumo enerxé-tico, ergonomía, emisións electromagnéticas, eliminación de substancias nocivas, mantemento, deseño, embalaxe, etc. (PCs, portátiles, monitores, teclados, impresoras, foto-copiadoras e fax).

Page 25: Libro linkado guia verde admon

25

Etiqueta Agricultura Ecolóxica: en cada Comunidade Autónoma existe un comité regulador que outorga e con-trola os produtos certificados, e en Galicia é CRAEGA. O distintivo é similar en todas as autonomías para facilitar a súa identificación polo consumidor. Entre as principais garantías que certifica encóntrase a non utilización de fer-tilizantes ou praguicidas de síntese, e no caso da gandería restrínxese o uso de medicamentos.

Agricultura ecolóxica (Unión Europea): este distintivo está deseñado para garantir que os produtos ecolóxicos que o consumidor adquire están producidos enteiramente conforme ao Regulamento en agricultura ecolóxica da UE, ou, no caso de alimentos importados, de acordo cunha serie de normas equivalentes cando non idénticas.

Made in Green: é unha marca e etiqueta creada polo Instituto Tecnolóxico Téxtil (Aitex, cuxa sede central em-plázase en Alcoi, Alacante) que garante que o artigo foi fabricado seguindo os criterios de produción que teñen en conta a saúde, o respecto ao medio e os dereitos sociais universais.

Estándares Öko-Tex 100 e Öko-Tex 1000: certifican a ausencia de substancias nocivas no proceso de produción de produtos téxtiles.

Page 26: Libro linkado guia verde admon

26

3. INTRODUCIÓN DE CRITERIOS AMBIENTAIS NO PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA

3.1. PRODUTOS DE PAPEL E CARTÓN

a. A QUE NOS REFERIMOS?

Esta sección engloba o papel de oficina utilizado para escribir, impri-mir e fotocopiar no día a día dunha oficina. Así mesmo, outros pro-dutos de papel como libretas, carpetas e sobres, tamén poden ser susceptibles de cumprir os requisitos ambientais expostos, pero non son obxecto desta sección.

O papel é un dos produtos máis empregados en moitas entidades, polo que é moi importante optimizar o seu consumo. Para iso, o pri-meiro é coñecer que tipos de papel existen no mercado, polo que a continuación se expoñen algúns termos referentes ás variedades existentes do papel de oficina:

• Papelnonreciclado: papel fabricado con máis do 70% de fibras de madeira, polo que pode ter un contido de fibras de papel recu-perado de ata un 30%. Ademais posúe axentes ópticos abrillanta-dores, que exercen un grande impacto sobre as augas residuais de proceso.

• Papelparcialmentereciclado: papel fabricado con máis do 30% de fibras de papel recuperado, aínda que cun contido total de fi-bras post-consumo inferior ao 65%.

Page 27: Libro linkado guia verde admon

27

• Papel100%reciclado: papel fabricado exclusivamente con fibras de papel recuperado (papel recollido de forma selectiva e fibras de recortes de fábricas de papel que non chegaron a utilizarse).

b. ASPECTOS AMBIENTAIS E CRITERIOS PARA OS PRODUTOS DE PAPEL E CARTÓN

O primeiro paso para minimizar os impactos ambientais asociados ao consumo de papel é controlar o consumo deste e, na medida do posible, reducilo.

Unha calidade destacable do papel é o seu alto grao de reciclabilida-de, polo que é un factor crítico incrementar a porcentaxe de utilización de papel reciclada en todos os produtos a nivel industrial.

O uso de papel 100% reciclado é a alternativa ambientalmente máis positiva, porque evita o consumo de produtos forestais, minimiza as emisións durante o proceso de fabricación e contribúe á xestión e recuperación de residuos.

Page 28: Libro linkado guia verde admon

28

Nas especificacións técnicas do prego de subministración de produ-tos de papel e cartón poden priorizarse, como requisitos ambientais, os seguintes aspectos:

• En primeiro lugar, materiais 100% reciclados, totalmente libres de cloro (TCF) e que no seu proceso de fabricación se tivese en conta o impacto ambiental en todo o seu ciclo de vida.

• Como segunda opción, o uso de papel de fibra virxe procedente de bosques certificados e totalmente libres de cloro (papeis FSC e TCF).

• Como terceira opción, papel libre de cloro elemental (ECF) con baixo impacto ambiental en todo o seu ciclo de vida.

As certificacións ambientais representan o modo máis eficiente de dispoñer de garantías de calidade ambiental na adquisición de produtos de papel e

cartón

Page 29: Libro linkado guia verde admon

29

ETIQUETA E INSTITUCIÓN

ETIQUETA ECOLÓXICA EUROPEAUnión Europea

ANXO AZULAxencia Federal do Medio Ambiente

e Insituto Alemán de Etiquetaxe

CISNE NÓRDICOConsello Nórdico

LOGO OFICIAL

MATERIA PRIMA

Madeira certificada (mínimo dun 10%), fibras recicladas ou outros Fibras 100% recicladas

Madeira certificada (minimo 20%). Fibras recicladas (minimo 75%) ou unha mistura entre fibras de madeira e recicladas

PROCESO DE BRANQUEO

Non se admite o uso do gas cloro (ECF)

Prohibidos branqueantes clorados e abrilantadores ópticos (TCF)

Non se admite o uso do gas cloro (ECF)

PROCESO DE PRODUCCIÓN

Cumprimento de criterios ambientais en augas residuais, emisións de CO2, S e NOx. .Consumo de enerxía e combustibles fósiles

Os criterios baseánse no ciclo de vida do produto e inclúen consu-mo de recursos naturáis, enerxía e emisións durante o proceso de producción

COMENTARIOS No caso de madeira, acreditación da xestión forestal sostible

Cumprimento das normas de durabilidade (máis de 100 anos) e de utilización en máquinas

Cando o papel con esta etiqueta é TCF o indica expresamente

Existen dous tipos de certificacións ambientais:

1. As ecoetiquetas oficiais, que se detallan no seguinte cadro (se se desexa máis información ver punto 2.2. da presente guía):

2. As etiquetas de xestión sostible de bosques, que certifican a xestión sostible da explotación forestal (se se desexa máis infor-mación ver punto 2.2 da presente guía):

• Forest Stewardship Council: garante o respecto de estritos criterios ambientais, sociais e económicos ao longo da cadea de fabricación.

Page 30: Libro linkado guia verde admon

30

No caso do FSC existen 3 opcións en función da porcentaxe de madei-ra certificada e de fibra reciclada:

• ProgrammefortheEndorsementofForestCerti-fication:promove a xestión sostible dos bosques para conseguir un equilibrio social, económico e ambiental destes. É unha etiqueta máis estendi-da, sobre todo a nivel europeo.

Contido de madeiracertificada FSC

Contido de fibra reciclada

FSC PUROFSC 100% procedente de bosques xestionados adecuadamente

100% 0%

FSC ORIXE MIXTO

Procedente de bosques xes-tionados adecuadamente ou outros orixes controlados

70% 0%

Procedente de bosques xestionados, orixes controlados e fibras ou madeira reciclada

70% fibra certificada ou reciclada, cun míni-mo de madeira certificada do 10%

ou

> 90% fibra reciclada e o resto fibra certifi-cada FSC

Procedente de bosques xestionados adecuada-mente e fibras ou madeira reciclada

FSCRECICLADO

FSC 100% reciclado. Apoiando o uso responsa-ble dos recursos forestais

0% 100%

Page 31: Libro linkado guia verde admon

31

No caso do PEFC tamén existen 3 opcións:

Utiliza papel reciclado e non imprimas a non ser que sexa absolutamente

necesario

Contido de madeiracertificada PEFC

Contido de fibra reciclada

PROCEDENTE DE BOSQUES XESTIONADOS DE XEITO SOSTIBLE 100% 0%

PROMOVENDO A XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE 70% 0%

PROMOVENDO A XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE E O

RECICLAXE70%

Page 32: Libro linkado guia verde admon

32

3.2. MATERIAL ORDINARIO NON INVENTARIABLE DE OFICINA

a. A QUE NOS REFERIMOS?

O material ordinario de oficina é un grupo de produtos moi heteroxé-neo que abrangue un abano de produtos de baixo custo, entre os que figuran:

- Bolígrafos, rotuladores, lapis, gomas de borrar, correctores lí-quidos, pegamentos, etc.

- Bandexas para documentos, cartafoles, arquivadores, etc.

- Pegamento, fita adhesiva, etiquetas, etc.

- Cartuchos de tinta, tóner, CDs, pilas e baterías, etc.

O factor determinante na elección destes produtos adoita ser o prezo e, en moitas ocasións, a estética ou o deseño destes, sen ter en conta factores tan importantes como a súa composición, lugar de fabrica-ción, consumos asociados ao transporte, e propiedades como a du-rabilidade e reciclabilidade.

b. ASPECTOS AMBIENTAIS E CRITERIOS PARA O MATERIAL DE OFICINA

Os impactos ambientais asociados ao consumo dos materiais de ofi-cina están relacionados co uso de substancias químicas perigosas

Page 33: Libro linkado guia verde admon

33

dos plásticos, o uso de disolventes agresivos, metais pesados, com-postos orgánicos volátiles (COV´s), etc.

Ao igual que no caso do papel, o primeiro paso para minimizar os impactos ambientais asociados á adquisición do material de oficina, pasa polo consumo responsable.Nas especificacións técnicas do prego de subministración de mate-riais de oficina, poden priorizarse, como requisitos ambientais, os se-guintes aspectos:

• Produtos elaborados con materiais como o almidón de maíz, plásticos biodegradables, cartón reciclado, etc.

• Produtos elaborados con materiais reci-clados e cuxos componentes sexan re-ciclables.

• Obxectos cunha mínima embalaxe ou con envoltorios doadamente separables, para a súa posterior reciclaxe.

• Produtos mono-materiais e, preferible-mente de metal, debido á maior resisten-cia e durabilidade deste material.

• No caso de materiais de plástico, priorizar produtos cuxo envase sexa de polipropileno (PP) en vez de PVC.

Page 34: Libro linkado guia verde admon

34

• Produtos con ausencia ou baixo contido de substan-cias tóxicas ou perigosas, tales como disolventes orgá-nicos, cloroetileno ou tricloroetano.

• Evitar produtos lacados, e no caso de levar vernices e pinturas, deberán estar baseados en auga.

• No caso de produtos fabricados con madeira, que sexa procedente de explotacións forestais sostibles, como as certificadas polo selo FSC, PEFC ou similares.

• Evitar as mesturas de materiais a favor de obxectos dun único material (só papel, só metal etc.), para facili-tar a posterior reciclaxe.

Utiliza materiais de oficina de xeito responsable e produtos sostibles

medioambientalmente

Page 35: Libro linkado guia verde admon

35

Page 36: Libro linkado guia verde admon

36

3.3. MATERIAL INFORMÁTICO E OFIMÁTICO

a. A QUE NOS REFERIMOS?

O material informático e ofimático abrangue unha ampla gama de produtos, entre os que figuran ordenadores, fotocopiadoras, impre-soras, escáneres, fax, equipos multifunción, etc.

A maior utilización destes sistemas inflúe de forma directa na redu-ción do uso doutros recursos, como o papel. Por outro lado, o sector tecnolóxico é moi particular, xa que se caracteriza por ser moi cam-biante.

b. ASPECTOS AMBIENTAIS E CRITERIOS PARA O MATERIAL OFIMÁTICO

Un aspecto moi importante dos equipos ofimáticos é que son gran-des consumidores de recursos como a enerxía, o papel e a tinta.

A minimización dos impactos ambientais asociados ao consumo de equipos da tecnoloxía da información e a comunicación (equipos TIC) pasa por seguir algunhas pautas en materia de consumo responsa-ble, entre as que destacan 3 premisas:

- Alongar ao máximo a vida útil dos equipos dispoñibles.- Optimizar e racionalizar a adquisición de novos equipos.- Garantir a correcta xestión dos equipos e os consumibles ao final da súa vida útil.

Page 37: Libro linkado guia verde admon

37

Os aspectos técnicos a considerar dende un punto de vista ambien-tal no proceso de compra de material informático e ofimático, poden avaliarse en función de diferentes criterios.

Entre os devanditos criterios destacan: o consumo enerxético, as emisións acústicas, a súa composición (materiais), a súa durabilida-de e deseño para a súa posterior reciclaxe e, por último, a xestión dos propios equipos e as súas embalaxes como residuos.

Nas especificacións técnicas do prego de subministración de material informático e ofimático, pódense priorizar, como requisitos ambien-tais, os seguintes aspectos:

• Equipos co estándar Energy Star, xa que se trata de equipos enerxeticamente máis eficientes.

• Equipos con ecoetiquetas, como a TCO, a Etiqueta Ecolóxica Europea ou o Cisne Nórdico.

• Equipos que dispoñan da función dúplex para imprimir a do-bre cara e que poidan imprimir varias páxinas por folla.

• Aparellos que estean deseñados para unha áxil reparación e que ofrezan unha garantía mínima e dispoñibilidade de pe-zas de recambio durante un tempo determinado.

• Equipos en cuxa fabricación non se utilizase PVC, disolventes orgánicos nin colorantes que liberan aminas aromáticas car-cinoxénicas.

• Equipos doadamente reciclables ao final da súa vida útil, reducindo ao mínimo os elementos mixtos, como metais re-cubertos de plásticos.

Page 38: Libro linkado guia verde admon

38

• No que respecta á embalaxe dos equipos, priorizar aqueles que dispoñan dun mínimo de material reciclado.

• Equipos cuxa dispoñibilidade de pezas de reposto estean ga-rantidas durante un período de 5 anos despois da súa fabri-cación.

As certificacións ambientais representan un modo fidedigno de comprobar que os produtos TIC se fabricaron tendo en conta todo o seu ciclo de vida

ou que son eficientes enerxéticamente

Equipos como ordenadores, pantallas planas, impresoras e disposi-tivos multifunción poden levar etiquetas ambientais, cuxos criterios poden recollerse nas especificacións técnicas dos pregos de contra-tación para a subministración destes equipos.

Entre as principais etiquetas ambientais, destacan (se se desexa máis información ver punto 2.2 da presente guía) :

• Etiqueta Ecolóxica Europea: permite identificar produtos que foron fabricados tendo en con-ta o seu ciclo de vida. Certifica, entre outros produtos, ordenadores de sobremesa, portá-tiles, monitores de ordenador e televisores.

Page 39: Libro linkado guia verde admon

39

Merca na medida do posible material ofimático con etiqueta ambiental e recíclao

ao final da súa vida útil

• Anxo Azul: certificación alemá, cuxos crite-rios fan referencia a aspectos como o deseño e fin de vida, consumo de enerxía, emisións de ruído, capacidade de modernización e in-formación ao consumidor, entre outras cues-tións.

• Etiqueta Energy Star: indica que os equipos dispoñen de características de aforro de enerxía que lles permite pasar a un estado de repouso mentres non está a ser utilizado transcorrido certo tempo.

Page 40: Libro linkado guia verde admon

40

3.4. MOBILIARIO DE OFICINA E URBANO

a. A QUE NOS REFERIMOS?

Este termo abrangue un amplo elenco de produtos, entre os que des-tacan as mesas e cadeiras de traballo, seguido de armarios, estan-tes, butacas, cadeiras de brazos, biombos ou elementos auxiliares, como papeleiras, percheiros, etc.

A diferenza doutros aspectos recollidos nesta guía, a adquisición de mobiliario de oficina por parte da Administración pública ten carácter puntual, e dende un punto de vista ambiental, os impactos concén-transe máis nas fases de produción e refugallo, que na de uso.

b. ASPECTOS AMBIENTAIS E CRITERIOS PARA O MOBILIARIO DE OFICINA E URBANO

A estratexia para reducir os impactos ambientais asociados aos ele-mentos de mobiliario de oficina e urbano baséase nas 3 R: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR, é dicir:

- Adquirir únicamente os elementos necesarios.

- Reutilizar o mobiliario, na medida do posible.

- Xestionar de modo axeitado os residuos xerados do mobi-liario retirado, a través de xestores autorizados, que sepa-rarán os materiais dos elementos de mobiliario para a súa posterior revalorización.

Page 41: Libro linkado guia verde admon

41

Nas especificacións técnicas do prego de subministración de mobi-liario urbano e de oficina, as institucións públicas e outras entidades poden priorizar os seguintes aspectos ambientais, en función dos materiais empregados:

Para mobiliario de madera:

• Mobiliario fabricado con madeira certificada por unha organi-zación independente (FSC ou PEFC ou similar). Ademáis é impor-tante manter a Cadena de Custodia (trazabilidade da madeira certificada a través do proceso productivo). A madeira é un ma-terial renovable cun consumo enerxético no proceso de fabrica-ción inferior ao doutros materiais, como o aceiro ou o aluminio.

• Mobiliario exento de substancias químicas no tratamento das superficies, que debe efectuarse con produtos naturais.

• Mobiliario fabricado unicamente cun material, para facilitar o seu posterior reciclado.

• Fabricado en taboleiros clasificados como Clase E1 (contido de formaldehido <8 mg/100 g). Existen varias clases de emisións, correspondendo a clase E1, de menor emisión de produtos no-civos.

Page 42: Libro linkado guia verde admon

42

Para mobiliario fabricado maioritariamente por materiais metálicos e/ou plásticos, débese primar:

• Mobiliario fabricado con materiais reciclados e reciclables e exento de determinados compostos, como o PVC.

• Mobiliario en cuxo proceso de fabricación non se empregasen CFCs, HCFCs, tetracloruro de carbono, tricloroetano, nin outras substancias como o cromo, mercurio e chumbo.

Merca o mobiliario fabricado con materiais reciclados e fabricados sen sustancias

nocivas

3.5. DISPOSITIVOS PARA O AFORRO DE AUGA

a. A QUE NOS REFERIMOS?

Existen varios produtos no mercado para o aforro de auga, entre os que poden destacarse:

• Perlizadores: estreitan o paso de auga e incorporan aire, conse-guindo un aforro de auga e enerxía.

• Exectores: producen un chorro de auga gasificado, de modo que a auga sae con máis presión que os sistemas tradicionais.

• Stop&Go: trátase dun sistema cunha vara adaptada á billa, que ao exercer presión sobre ela, o chorro de auga detense de for-ma instantánea.

Page 43: Libro linkado guia verde admon

43

b. ASPECTOS AMBIENTAIS E CRITERIOS PARA OS DISPOSITIVOS DE AFORRO DE AGUA

O consumo de auga depende de dous factores; por un lado, dos ele-mentos instalados e, polo outro, do modo de emprego por parte dos usuarios. É importante polo tanto informar e formar os usuarios no correcto funcionamento dos elementos, para poder optimizar o po-tencial de aforro.

Page 44: Libro linkado guia verde admon

44

Nos pregos de prescricións técnicas da subministración e/ou insta-lación de equipos consumidores de auga, as institucións públicas e outras entidades poden priorizar produtos con compoñentes recicla-bles e obxectos monomaterias, preferiblemente metálicos, debido á súa maior resistencia e durabilidade.

A continuación expóñense algunhas recomendacións, en función do tipo de dispositivos:

BILLAS:

• Billas con peche automático, temporizados mecánica ou electrónicamente, no caso de instalacións de nova cons-trución.

• Billas monomando eficientes con sistemas de apertura central en frío e tope intermedio.

• Tanto no caso das billas monomando, como nos tempori-zados, o caudal non debe exceder os 8 litros por minuto a unha presión entre 1 e 3 bares ou, no seu defecto, 9 litros por minuto a unha presión entre 3 e 5 bares.

• Instalación xeralizada de billas unicamente de auga fría en edificios destinados a oficinas, incorporando a achega de auga quente naqueles casos estritamente necesarios.

• Instalación de aireadores-perlizadores en caso de labores de mantemento, substituíndo os filtros ou difusores insta-lados na saída da billa.

Page 45: Libro linkado guia verde admon

45

INODOROS E URINARIOS:

• Sistemas de dobre interruptor que permiten escoller o vo-lume de descarga (3 ou 6 litros) en función do uso reali-zado. Esta tecnoloxía pode aplicarse tanto a cisternas en-caixadas como pegadas; pero cabe mencionar que debe ir acompañada de información para a súa correcta utiliza-ción por parte do usuario final.

• Urinarios con billas temporizados (mecánicos ou electró-nicos) nos servizos masculinos, activándose o sistema de descarga de forma individual para cada urinario.

DUCHAS:

• Billas termostáticas temporizadas no caso de duchas in-dividuais.

• Sistemas de auga quente premesturada cunha billa tem-porizada por ducha, no caso de duchas colectivas.

• Esparexedores de ducha que non superen os 10 litros por minuto con presións inferiores a 3 bares ou os 12 litros por minuto cando a presión se encontra entre 3 e 5 bares.

Page 46: Libro linkado guia verde admon

46

LAVALOUZAS E LAVADORAS:

• Equipos de lavado con sistemas mecánicos ou electró-nicos que eviten as fugas de auga, como válvulas anti-retorno, filtros de retención de obxectos, etc.

• Aparellos eficientes con sistemas que favorecen o afo-rro, como por exemplo sensores de turbiedade, que axustan os tempos de lavado, a cantidade de produto, e a temperatura necesaria, en función do grao de su-cidade.

Ao igual que noutros produtos, existen etiquetas ambientais que cer-tifican as billas e outros produtos de aforro de auga. A continuación móstranse as certificacións máis estendidas (se se desexa máis in-formación ver punto 2.2 da presente guía):

ETIQUETA : DISTINTIVO DE GARANTÍA DE CALIDADE AMBIENTAL CATALÁNPAÍS: ESPAÑA (CATALUÑA)DOGC 4150 (09/06/04). Produtos e sistemas que favorecen o aforro de auga.

Nesta categoría inclúense cinco subcategorías: billas e elementos de ducha, limitadores de caudal, váteres, dispositivos que aforran auga na descarga da cister-na do váter, e outros sistemas que favorecen o aforro de auga.Existen criterios xerais para todas as subcategorías respecto ao envase do produto, proceso de fabrica-ción, caudal, volume de descarga e aforro e informa-ción ao usuario.

Page 47: Libro linkado guia verde admon

47

Estes criterios poden recollerse nas especificacións técnicas dos pre-gos de contratación dos servizos de obra e dos servizos de mante-mento das institucións públicas e outras entidades.

Para aforrar auga instala dispositivos de control de billas, urinarios, duchas, etc.

3.6. CALEFACCIÓN E CLIMATIZACIÓN

a. A QUE NOS REFERIMOS?

Na elección do tipo e sistema de calefacción e climatización é fundamental a elección do combustible que se utilizará. Outro factor importante é a eficiencia enerxética do apa-rello escollido.

ETIQUETA : ANXO AZUL (BLUE ANGEL)PAÍS: ALEMANIARAL-UZ32 Cisternas aforradoras de auga.

ETIQUETA : ANXO AZUL (BLUE ANGEL)PAÍS: ALEMANIARAL-UZ44. Válvulas de cisternas aforradoras de auga.

Os requerimentos ambientais desta categoría refíren-se a caudais e aforros, información comprensible ao usuario sobre o funcionamento e nivel de ruído.

Os requerimentos ambientais desta categoría refíren-se ao deseño, caudal, nivel de ruído e instruccións de funcionamento e instalación.

Page 48: Libro linkado guia verde admon

48

O consumo de enerxía final dos edificios da Administración Pública distribúese entre usos térmicos e eléctricos. Neste sentido, este tipo de edificios consume unha grande cantidade de enerxía na súa fase de uso, ao teren que alcanzar a diario unha temperatura de confort, sendo de 250C en verán e de 220C en inverno.

Tanto os edificios existentes coma os edificios de nova construción están suxeitos á normativa relacionada con determinados aspectos vencellados á calidade enerxética da edificación e ao gasto enerxé-tico.

Entre as principais actuacións normativas a nivel nacional para edi-ficios de nova construción, destacan o Código Técnico da Edificación (CTE), o Regulamento para as Instalacións Térmicas dos Edificios (RITE), a Certificación Enerxética de Edificios (CEE) e a Inspección Técnica de Edificios (ITE).

b. ASPECTOS AMBIENTAIS E CRITERIOS PARA CALEFACCIÓN E CLIMATIZACIÓN

As principais actuacións a levar a cabo para minimizar os impactos ambientais asociados aos sistemas de calefacción e climatización dé-bense dirixir a maximizar a eficiencia enerxética dos edificios, fomen-tar o uso de fontes de enerxía localizada, así como garantir elevados niveis de eficiencia enerxética nos sistemas de calefacción, refrixera-ción, ventilación, auga quente e aparellos electrónicos.

Nos pregos de prescricións técnicas da subministración e/ou instala-ción de sistemas de calefacción e climatización, as institucións públi-cas e outras entidades poden priorizar os seguintes criterios ambientais:

Page 49: Libro linkado guia verde admon

49

RESPECTO A SISTEMAS DE CALEFACCIÓN

• Sempre é preferible un sistema de calefacción composto por unha única caldeira centralizada, polo seu maior rendemento.

• Caldeiras de alto rendemento enerxético, caldeiras de baixa temperatura ou caldeiras de condensación, que levan consigo menores custos de funcionamento e menores emisións.

• Posibilidade de instalación de paneis térmicos solares para a produción de calor, muros radiantes ou chan radiante, pola súa maior eficiencia enerxética.

• Caldeiras de biomasa, xa que o uso de biomasa nos sistemas de calefacción supón un balance neutro na emisión de CO2 e é un combustible máis barato e ecolóxico que os convencionais.

• En caso de non dispoñer de calefacción central, nin existir a po-sibilidade de instalar paneis térmicos ou caldeiras de biomasa, unha das opcións máis respectuosas co entorno son os quenta-dores de gas descentralizados.

Page 50: Libro linkado guia verde admon

50

Page 51: Libro linkado guia verde admon

51

RESPECTO A SISTEMAS DE AIRE ACONDICIONADO

Ao igual que no caso das caldeiras, os sistemas máis eficientes son os que dispoñen dunha única unidade centralizada que distribúe o frío a todos os lugares do edificio, xa que os aparellos de aire acondiciona-do individuais son menos eficientes enerxeticamente.

Entre os principais criterios a ter en conta na adquisición dos equipos de aire acondicionado cabe destacar:

• Aparellos de categoría A de eficiencia enerxética, segundo a Eti-queta Enerxética Europea.

• Bombas de calor, xa que serven tanto para refrixeración coma para calefacción.

• Aparellos de aire acondicionado con sistema Inverter incorpora-do. O control Inverter detecta cambios na temperatura interior e exterior, axustando en pouco tempo a temperatura interior, reducindo deste modo o consumo de enerxía en máis dun 30%.

• Aparellos con detectores de presenza incorporados que contri-búen a reducir o consumo enerxético.

É recomendable instalar elementos protectores, como persianas ou toldos para asegurar a eficiencia dos aparellos de aire acondiciona-do.

Utiliza aparellos de eficiencia enerxética contrastada para climatizar o edificio

Page 52: Libro linkado guia verde admon

52

3.7. PRODUTOS E SERVIZOS DE LIMPEZA

a. A QUE NOS REFERIMOS?

Na actualidade, os servizos de limpeza de gran parte da Administra-ción Pública son contratados a empresas externas, permitindo selec-cionar, deste modo, aquelas que adopten criterios de sostibilidade no desenvolvemento da súa actividade.

Son varios os factores que deben terse en conta dende un punto de vista ambiental no que respecta aos contratos de limpeza, xa que poden facer referencia tanto aos produtos empregados coma ao ser-vizo prestado por parte do persoal.

Neste sentido, son numerosas as entidades públicas que recollen nos pregos técnicos de contratación dos servizos de limpeza a esixencia por parte das empresas adxudicatarias de recoller de forma separa-da os residuos segregados en orixe.

b. ASPECTOS AMBIENTAIS E CRITERIOS PARA OS PRODUTOS E SERVIZOS DE LIMPEZA

Os principais impactos ambientais asociados aos produtos de limpe-za concéntranse no medio acuático debido á vertedura dos produtos químicos ás augas, afectando á biodiversidade da fauna acuática.

Page 53: Libro linkado guia verde admon

53

A minimización dos riscos asociados aos produtos de limpeza pasa pola redución do número de produtos empregados e pola substitu-ción destes por outros máis respectuosos ambientalmente.

Nas especificacións técnicas dos pregos para a contratación dos ser-vizos de limpeza, as institucións públicas poden incluír as seguintes recomendacións en materia de sostibilidade:

• Produtos de baixo impacto ambiental, con envases reci-clables e concentrados, na medida do posible.

• Bolsas de lixo fabricadas con materiais reciclados, com-postables ou coa etiqueta do Anxo Azul.

Ademais dos produtos empregados, nos servizos de limpeza empré-gase maquinaria, como aspiradoras, máquinas varredoras, hidrolim-padoras, etc. Os criterios neste ámbito debénse establecer en función de aspectos como os niveis de ruído xerados, o consumo de auga ou o consumo de enerxía, priorizando aqueles que empreguen menos recursos.

ECOLÓXICO

Page 54: Libro linkado guia verde admon

54

Para os servizos de limpeza existen varias certificacións ambientais oficiais para algúns produtos, entre as que cabe mencionar a Etiqueta Ecolóxica Europea, o Anxo Azul e o Cisne Nórdico.

Por último, no que respecta ao desenvolvemento ambiental do ser-vizo, as entidades públicas poden priorizar aquelas empresas que dispoñan dalgún Sistema de Xestión Ambiental (ISO 14001, EMAS) ou que calculasen a pegada de carbono (ISO 14064, ISO 14067) aso-ciada á súa actividade ou ao servizo prestado.

Utiliza produtos de limpeza con envases reciclables e na medida do posible, con

certificación medioambiental

ETIQUETA ETIQUETA ECOLÓXICA EUROPEA

ANXO AZUL(Alemania)

CISNE NÓRDICO(países nórdicos)

LOGO OFICIAL

PRODUTO DELIMPEZA

PAPEL HIXIÉNICO

PAPEL SECA MÁNS

XABÓN DE MÁNS

BOLSAS DE LIXO

Page 55: Libro linkado guia verde admon

55

3.8. EQUIPOS DE ILUMINACIÓN

a. A QUE NOS REFERIMOS?

A iluminación representa gran parte do consumo eléctrico en moitos edificios públicos e a variedade de dispositivos de iluminación que contribúen a diminuír o consumo enerxético é moi ampla.

Por outro lado, a normativa de obrigado cumprimento na Unión Euro-pea no que respecta a deseño, fabricación e instalación de luminarias interiores e exteriores, contribuíu a reducir o consumo e, polo tanto, as emisións asociadas á iluminación. Entre as normas a mencionar neste eido, destacan:

• Real Decreto 1890/2008, de 14 de novembro, polo que se aproba o regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior e as súas instrucións técnicas.

• Regulamento (CE) nº 245/2009 da Comisión, de 18 de marzo de 2009, polo que se aplica a Directiva CE 2005/32 no relativo aos requisitos de deseño ecolóxico para lámpadas fluorescentes sen balastros integrados, para lámpadas de descarga de alta intensidade e para balastros e luminarias que poidan funcionar coas devanditas lámpadas.

• A Norma Europea UNE-EN 12464-1:2012, respecto á ilumina-ción dos lugares de traballo en interiores, define os parámetros recomendados para os distintos tipos de áreas, tarefas e activi-dades.

Page 56: Libro linkado guia verde admon

56

• A Directiva 2002/96/CE do Parlamento Europeo e do Con-sello, do 27 de xaneiro de 2003, sobre residuos de aparellos eléctricos ou electrónicos, ten como obxectivos reducir a cantida-de dos residuos e a perigosidade dos compoñentes, fomentar a reutilización dos aparellos e a valorización dos seus residuos e de-terminar unha xestión adecuada tratando de mellorar a eficacia da protección ambiental.

b. ASPECTOS AMBIENTAIS E CRITERIOS PARA OS EQUIPOS DE ILUMINACIÓN

Entre os principais impactos ambientais asociados aos equipos de iluminación figuran o consumo enerxético e as emisións de CO2 aso-ciadas ao proceso de fabricación e tempo de vida dos aparellos. Por outro lado, a xeración de residuos ao final da súa vida útil é outro dos aspectos ambientais que máis incide no entorno.

Nas especificacións técnicas dos pregos para a adquisición dos equi-pos de iluminación, as institucións públicas e outras entidades deben considerar algúns aspectos relacionados coa eficiencia da ilumina-ción, como:

• Usos das instalacións (réxime de utilización, grao de aproveita-mento da luz natural, etc.)

• A eficiencia enerxética dos compoñentes (lámpadas, equipos auxiliares).

• Mantemento (limpeza, reposición de lámpadas).

Page 57: Libro linkado guia verde admon

57

Entre as tecnoloxías dispoñibles actualmente para iluminación efi-ciente, poden priorizarse as seguintes:

• Lámpadas de descarga.• Tubos fluorescentes.• Lámpadas fluorescentes compactas (lámpadas de baixo

consumo).• Lámpadas fluorescentes sen electrodos.• Lámpadas de vapor de mercurio a alta presión.• Lámpadas de haloxenuros metálicos.• Lámpadas de haloxenuros metálicos cerámicos.• Lámpadas de vapor de sodio a baixa presión.• Lámpadas de vapor de sodio a alta presión.• Lámpadas de tecnoloxía LED.• Temporizadores e detectores de presencia.

Así mesmo, de entre as certificacións ambientais para equipos de iluminación, destacan a Ecoetiqueta Europea e a etiqueta Energy Star.

Ten en conta que a menor enerxía é a que non se consume

Page 58: Libro linkado guia verde admon

58

3.9 VEHÍCULOS E COMBUSTIBLES

O sector do transporte é un dos sectores que máis contribúe ás emi-sións de Gases de Efecto Invernadoiro a nivel nacional. As insti-tucións públicas e outras entidades contribúen á emisión de gases contaminantes coa adquisición dos vehículos que necesitan para o desenvolvemento da súa actividade, polo que deben exercer un papel pedagóxico ante a sociedade en materia de mitigación de emisións.

Para impulsar a compra verde de vehículos é preciso cumprir as esixencias legais actuais, ademais de ter en consideración determi-nados niveis de ruído e niveis de emisión de gases refrixerantes dos sistemas de climatización.

Así, coa entrada en vigor da Directiva 2009/33/CE do Parlamen-to Europeo e do Consello Europeo de abril de 2009 perséguese pro-mover a adquisición de vehículos de transporte por estrada limpos e enerxeticamente eficientes.

a. ASPECTOS AMBIENTAIS E CRITERIOS PARA OS VEHÍCULOS

Entre os principais impactos ambientais asociados aos automóbiles destacan as emisións de CO2 e doutros gases como os óxidos de ni-tróxeno. Neste sentido, a Directiva do Parlamento Europeo e do Con-sello Europeo do 23 de abril de 2009, mencionada anteriormente, or-dena aos poderes adxudicadores, ás entidades adxudicadoras, e a determinados operadores, que consideren os impactos enerxético e ambiental durante a súa vida útil.

Page 59: Libro linkado guia verde admon

59

As emisións de CO2 dos vehículos dependen do tipo de carburante que se empregue e, por suposto, do consumo, tal como queda reflec-tido nas etiquetas oficiais que recollen os valores medios de consumo (litros/quilómetro) e de emisións de CO2 (gramos de CO2/quilómetro).

Nas especificacións técnicas dos pregos para a adquisición de vehí-culos, as institucións públicas e outras entidades poden priorizar de-terminados criterios, que se expoñen a continuación:

• Esixir unha clasificación enerxética mínima, priorizando aqueles vehículos que leven aparellados menores emisións de CO2.

• Uso de biodiésel, en mesturas menores ao 30%, en vehículos existentes.

• Vehículos que empreguen bioetanol como combustible, que mesturado coa gasolina permite reducir as emisións contami-nantes nos motores de combustión.

• Vehículos eléctricos, híbridos, ou de hidróxeno, aínda que estas tecnoloxías non están moi estendidas a día de hoxe.

Segundo datos da Axencia Internacional da Enerxía, o uso do biodiésel permite aforrar entre o 45% e o 75% das emisións de

CO2 equivalente, en comparación co diesel normal

Page 60: Libro linkado guia verde admon

60

Existen varios factores relacionados cos vehículos sobre os que se pode incidir para mitigar o impacto ambiental, fundamentalmente, os pneumáticos e os aceites lubricantes de motor. Polo que as ins-titucións públicas e outras entidades poden valorar certos aspectos relacionados con estes factores, para promover a adquisición de ve-hículos e combustibles máis eficientes. Entre os aspectos a valorar, poderían priorizar:

• Rodas cun índice de resistencia á rodadura baixo, que levan asociadas menores emisións de ruído.

• Aceites lubricantes de baixa viscosidade, ao presentar un po-tencial de redución de emisións de CO2 dun 2,5%, segundo un estudo da Comisión Europea.

• Aceites lubricantes que conteñen aceites base rexenerados.

Ao igual que noutros ámbitos, a etiquetaxe ambiental constitúe unha ferramenta eficiente para valorar o impacto ambiental dos vehículos no momento da súa adquisición.

O Real Decreto 837/2002, de 2 de agosto, polo que se regula a información relativa ao consumo de combustible e ás emisións de CO2 dos turismos novos que se poñan á venda ou se ofrezan en arrendamento financeiro en territorio español, establece dúas etiquetas relativas ao consumo de vehículos:

• Unha etiqueta obrigatoria, que debe ser levada por todos os ve-hículos nun lugar visible, indicando o consumo de combustible e as emisións de CO2.

Page 61: Libro linkado guia verde admon

61

• Unha etiqueta voluntaria, que inclúe o consumo de combustible, as emisións de CO2 e unha clasificación por consumo compara-tivo do coche. Así, os vehículos que consumen menos combusti-ble que a media clasifícanse coas letras A, B e C e coa cor verde. Os modelos que consumen ratios de combustible próximos á media, son clasificados coa letra D e cor amarela; e en cor ver-mella clasifícanse os vehículos que máis consumen, pertencen-do ás clases E, F e G.

Ademais das etiquetas informativas, existen certificacións ambien-tais oficiais para varios produtos empregados en vehículos, como pneumáticos (Anxo Azul e Cisne Nórdico) e aceites lubricantes (Distin-tivo de Garantía de Calidade Ambiental da Generalitat de Cataluña).

Merca, na medida do posible, vehículos eléctricos, e se non cun baixo consumo de

combustible

Etiqueta obrigatoria Etiqueta voluntaria

Marca/Modelo:Tipo de Carburante:

CONSUMO OFICIAL:(SEGUNDO O DISPOSTO NA DIRECTIVA 80/1268/CEE)

Tipo de Conducción L/100Km

En cidade

En estrada

Media ponderada

EMISIÓNS ESPECÍFICAS OFICIAIS DE CO2(SEGUNDO O DISPOSTO NA DIRECTIVA 80/1268/CEE)

g/km

O consumo de combustible e emisións de CO2 non só de-penden do rendimento do vehiculo, tamén inflúen o com-portamento ao volante e outros factores non técnicos. O CO2 é o principal gas de efecto invernadoiro responsable do quentamento do planeta

Page 62: Libro linkado guia verde admon

62

3.10. CONTRATOS DE SERVIZOS

Os contratos de servizos engloban todos aqueles contratos que te-ñan como obxecto a xestión dun servizo público, sendo na práctica unha concesión administrativa para lograr que a Administración poi-da xestionar indirectamente, mediante contrato, os servizos da súa competencia.

En concreto, nos contratos de servizos podemos incluír, entre outros, os seguintes: compra indirecta de produtos mediante a contrata-ción dun servizo (por exemplo, leasing de coches ou fotocopiadoras, contratos que inclúen mantemento e reposición de consumibles) ou mediante a contratación de servizos que inclúan o uso de produtos funxibles, ferramentas, maquinarias e persoal (por exemplo, a con-tratación do servizo de limpeza de edificios, mantemento urbano, ilu-minado, etc.) ou servizos de asesoría e consultoría.

Realmente, no obxecto dun contrato de servizos, calquera dos órga-nos de contratación gozan, en xeral, dunha gran liberdade para elixir o que desexan realizar. Por iso, dispoñen dunha ampla marxe para incluír consideracións relacionadas coa Compra verde, sempre que iso non distorsione o mercado (importante ter en conta unhas certas salvagardas fundamentadas na loita contra a discriminación, liber-dade de prestación de servizos e libre circulación de mercadorías).

E en todos os contratos de servizos podénse incluír parámetros am-bientais nos pregos de condicións de diferentes xeitos:

• A niveis de prescrición, é dicir, de obrigado cumprimento ou ben con carácter adicional, como mellora voluntaria por parte do li-citador.

Page 63: Libro linkado guia verde admon

63

• Sobre diferentes elementos, referidos ás empresas, aos fabri-cantes e os seus distribuidores, aos produtos ou ao conxunto do servizo.

• En diferentes momentos, como por exemplo na definición do obxecto do contrato, das especificacións técnicas, dos criterios de selección, etc.

Podemos incluír criterios ambientais no obxecto do contrato, ou nas especificacións técnicas, xa que nelas inclúense requirimentos míni-mos que deben cumprir todos os licitadores, como por exemplo nor-mas técnicas, etiquetas ecolóxicas, e criterios en materia de Compra Pública.

Todos eles, constitúen importantes fontes de información ao elaborar unha especificación e poden incluírse directamente nos documentos de licitación. Non se pode esixir, non obstante, que os licitadores es-tean rexistrados conforme a unha etiqueta ecolóxica concreta.

eco

Page 64: Libro linkado guia verde admon

64

RESUMO:

• Posibilidade de incluir sempre nos pregos de condi-cións parámetros ambientais, que poden ser:

- De obrigado cumprimento

- Con carácter adicional

- Como mellora voluntaria por parte da empresa que licita

• Estes parámetros ambientais poden aparecer tanto no obxecto do contrato, nas especificacións técnicas ou na adxudicación do contrato.

• As especificacións técnicas deben ser claras, concisas, compresibles e avaliables.

• Se se incorpora aos pregos unha norma, aparecerá acompañada das palabras “ou equivalente”.

• Tamén poden aparecer nos pregos determinados re-quisitos dunha norma (por exemplo da ISO 14001:2004, pódese pedir política ambiental, avaliación de impac-tos, etc.)

• Poden aparecer criterios que exclúan a aqueles pro-veedores que infrinxiran a lexislación ambiental.

• Por último, se os criterios ambientais aparecen na adxu-dicación dos contratos, deben tamén estar anunciados nos pregos de contratación, e deben ser específicos e obxectivos (por exemplo esixir medidas de aforro de consumos, esixir que se recicle ou reutilice a embalaxe utilizada, etc.)

Page 65: Libro linkado guia verde admon

65

a. IMPACTOS AMBIENTAIS NOS CONTRATOS DE SERVIZOS

Nunha primeira etapa é necesario realizar unha avaliación das nece-sidades reais, e para elo, é conveniente realizar un estudo dos princi-pais impactos ambientais que levan consigo os contratos de servizos. Aínda que poidan variar considerablemente en función dos servizos prestados, de xeito xeral, establécense os seguintes:

• Coñecementos técnicos e cualificacións do persoal para execu-tar o contrato de forma respectuosa co medio.

• Produtos/materiais utilizados na prestación do servizo.• Procedementos de xestión existentes para minimizar o impacto

ambiental do servizo.• Enerxía e auga consumidas e residuos xerados na prestación

do servizo.

b. ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS AMBIENTAIS

Unha vez analizados os impactos ambientais relacionados cos ser-vizos prestados, recoméndase incluír no obxecto do contrato unha mención específica relacionada con este tema. Deste xeito o licitador, ten claro dende o principio o obxectivo final, e que o comportamento ambiental forma parte do contrato. Por exemplo:

Contratación relativa á xestión dun servizo de fotocopiadoras respetuosas co medio ambiente

Page 66: Libro linkado guia verde admon

66

As especificacións técnicas ambientais perseguen, de xeito xeral, dúas funcións principais:

• Describen o contrato ao mercado para que as empresas poidan decidir se é de interese para elas. Deste modo, axudan a deter-minar o nivel de competencia.

• Ofrecen uns requisitos cuantificables con respecto aos que é posible avaliar as ofertas e constitúen os criterios de cumpri-mento mínimos. Se non son claras e correctas darán lugar, ine-vitablemente, á presentación de ofertas inadecuadas. As ofer-tas que non cumpran as especificacións técnicas terán que ser rexeitadas.

As especificacións técnicas refírense sempre aos servizos que se vaian contratar, e nunca ás capacidades xerais e/ou aptitudes do lici-tador. Deben de ser claras, concisas, comprensibles e ser avaliables no seu cumprimento. Estas especificacións deben aparecer de xeito transparente no propio prego.

Page 67: Libro linkado guia verde admon

67

Fonte: Manual sobre Contratación Pública Ecolóxica. Comisión Europea.

Tamén podemos axudarnos de normas técnicas ambientais (por exemplo Normas Europeas (EN) e incluílas nos pregos de condicións. Desta forma, poderemos definir dunha forma máis clara o obxecto do contrato.

UN MINISTERIO ESTONIO APLICA ESPECIFICACIÓNS ECOLÓXICAS Á LIMPEZA

O Ministerio de Medio Ambiente de Estonia convocou unha licita-ción relativa aos servizos de limpeza que incluíu o seguinte nas súas especificacións técnicas:

• Os servizos de limpeza prestaranse conforme á norma ISO 14001 ou equivalente

• Todas as bolsas de plástico serán biodegradables• Os residuos separaranse (envases, residuos orgánicos, etc.)• O papel hixiénico e as toallas de man dun sólo uso estarán

feitas de papel reciclado

Logrouse unha diminución de case 10 % con respecto aos custos do servizo relativos ao contrato anterior, ao que se aplicaran as mesmas especificacións técnicas.

Page 68: Libro linkado guia verde admon

68

Sempre hai que ter en conta as seguintes premisas:

• Cando se fai referencia a unha norma, a devandita referencia debe ir acompañada das palabras «ou equivalente», de xeito que aquelas empresas non certificadas pola norma en cuestión pero que posúan outros elementos de proba (por exemplo e segundo sexa o caso, informe de ensaio dun organismo certi-ficado, informe de proba dun fabricante, etc.), poden optar ao contrato e deberán ser tidas en conta polos órganos de contra-tación.

As Directivas Europeas tamén permiten a utilización de especifica-cións funcionais ou baseadas no rendemento, de xeito que se des-criba o obxectivo desexado e os resultados previstos (por exemplo: cantidade, calidade, fiabilidade, etc.) Esto provoca un aumento da in-novación, creatividade e calidade das solucións que pode propoñer o licitador.

c. SELECCIÓN DE PROVEDORES E/OU CONTRATISTAS

Para avaliar a capacidade dun provedor ou dun contratista, pódese ter en conta tanto a experiencia como as competencias específicas en relación con aspectos ambientais pertinentes para o obxecto do contrato.

Do mesmo xeito, tamén se poderán establecer criterios para excluír a aqueles provedores / contratistas que infrinxisen a lexislación am-biental, como por exemplo a través da utilización dos seguintes crite-rios:

Page 69: Libro linkado guia verde admon

69

• Se se condenou á empresa ou a un dos seus representan-tes por participación nunha organización delituosa, corrup-ción, fraude ou branqueo de capitais (artigo 54 da Directiva 2004/17/CE e artigo 45 da Directiva 2004/18/CE), supón a exclusión obrigatoria.

• Que fose condenado en sentenza firme por calquera delito que afecte á súa moralidade profesional.

• Se se comproba que cometeu graves infraccións contra as normas profesionais.

Pero, que se pode entender como grave infracción contra as normas profesionais? Por exemplo, no caso de que exista unha lexislación ambiental nacional e se cometa un incumprimento. Polo que se debe ter claro que se non existe este incumprimento de lexislación, non pode utilizarse o criterio anterior.

Finalmente, poderase seleccionar un provedor / subcontratista a par-tir do coñecemento da súa capacidade técnica ambiental (capacida-de de redución de consumo eléctrico e/ou de combustible, minimiza-ción dos seus residuos, etc.) A evidencia pódese atopar nos rexistros de contratos levados a cabo (débese indicar claramente as probas que se deben facilitar e a información que se considera oportuna).

O seguinte paso lévanos á ADXUDICACIÓN DOS CONTRATOS. Para iso debemos, novamente, establecer criterios que avalíen a calidade das ofertas e dos custos. Débese establecer sempre a condición “economicamente máis vantaxosa”, deste xeito pódense ter en conta tanto criterios económicos como doutro tipo, por exemplo ambientais.

Page 70: Libro linkado guia verde admon

70

Corresponde á Administración determinar os criterios de adxudica-ción, seguindo as seguintes premisas:

• Os criterios de adxudicación deben estar vencellados ao obxecto do contrato, incluíndo a ponderación dos criterios, se a houbese; ou ben a importancia destes, normalmente indi-cados en orde decrecente.

• Os criterios de adxudicación non deben conferir unha li-berdade de elección ilimitada, polo que é necesario que pro-porcionen unha base obxectiva para distinguir entre as diferen-tes ofertas, sendo ademais o suficientemente específicos.

• Os criterios de adxudicación debéronse anunciar ante-riormente, expoñéndoos no anuncio da contratación ou nos pregos de condicións.

• Os criterios de adxudicación non son criterios de selec-ción, por exemplo, os devanditos criterios de adxudicación non poden estar relacionados ou coa experiencia previa dos licita-dores ou coa súa capacidade técnica e/ou financeira.

Page 71: Libro linkado guia verde admon

71

Page 72: Libro linkado guia verde admon

72

d. APLICACIÓN DE CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN MEDIOAMBIENTAIS

Expoñeremos neste apartado diversos métodos que se poden seguir na aplicación dos criterios de adxudicación ambientais.

Temos neste punto que distinguir entre un requisito mínimo (especifi-cación) ou unha preferencia (criterio de adxudicación).

A ponderación outorgada a cada criterio de adxudicación determina a influencia que ten na avaliación final e en consonancia co anterior, se nas especificacións se impoñen uns requisitos ambientais rigoro-sos, estes reciben unha ponderación inferior na avaliación e vicever-sa.

Para establecer estes criterios pódense utilizar calquera das normas, guías, etiquetas, etc. expostas no presente documento, xa que todas elas adoitan incorporar un elevado número de criterios ambientais dispostos a ser utilizados (por exemplo, unha opción consiste en uti-lizar criterios establecidos nas normas, guías, etiquetas, etc. como requisitos mínimos nas especificacións e, posteriormente, conceder puntos adicionais, durante a fase de avaliación, aos produtos ou ser-vizos que cumpran varios dos criterios incluídos nas devanditas nor-mas, guías, etiquetas, etc.)

Así mesmo, e do mesmo xeito, pódense utilizar criterios dos sistemas de xestión ambiental expostos no apartado correspondente da pre-sente Guía.

Page 73: Libro linkado guia verde admon

73

e. CLÁUSULAS CONTRACTUAIS

Outra opción da que se dispón é a de incluír cláusulas contractuais, o cal non poden ser tomadas nin como especificacións técnicas nin como criterios de adxudicación, polo que non se lle pode esixir ao licitador que demostre a súa capacidade de cumprimento durante o proceso de contratación; se ben é imprescindible que se inclúan nos pregos, xa que o licitador debe coñecer as súas obrigas no devandito momento.

As cláusulas de contratación deben, polo tanto, estar vencelladas ao obxecto do contrato. É conveniente establecer bonificacións por bo rendemento e sancións por incumprimento.

Pódense poñer numerosos exemplos que ilustren este punto, e entre os máis utilizados pódense citar os seguintes:

• Esixir que as entregas se realicen fóra do horario punta de trá-fico.

• Esixir que recicle / reutilice toda a embalaxe do material que subministre.

• Esixir información sobre as cantidades de CO2 que se emiten durante o desenvolvemento do contrato.

• Esixir medidas de aforro de consumos eléctricos e/ou de auga mentres dure o desenvolvemento do contrato.

Page 74: Libro linkado guia verde admon

74

A comprobación das cláusula pode chegar a ser unha tarefa ardua que é necesario realizar de xeito minucioso, polo que se propoñen os seguintes métodos de supervisión:

• Que o provedor envíe periodicamente probas do cumprimento.

• Que a Administración realice as súas propias comprobacións durante o desenvolvemento do contrato coma se dunha audito-ría ou inspección se tratase.

• Que a tarefa anterior sexa realizada por un terceiro, subcontra-tado, de xeito externo.

Page 75: Libro linkado guia verde admon

75

3.11. CONTRATOS DE OBRAS

Enténdese por contrato de obras o celebrado entre a Administración e un empresario cuxo obxecto sexa a construción / renovación /repa-ración / conservación / adecuación / demolición de bens de natureza inmoble, tales como estradas, mobiliario urbano, etc.

Existen diversas opcións para integrar os aspectos ambientais nos contratos realizados pola Administración, en todas as fases, tanto no desenvolvemento dos proxectos técnicos coma na execución de obras novas ou de rehabilitacións, na elección de materiais, xestión ambiental, na execución das obras, etc.

O comentado no punto anterior relativo ao contrato de subministra-cións tamén é aplicable aos contratos de obras, dado que estes son un caso particular dun contrato de subministración. Por esta razón neste punto amósanse distintos exemplos específicos que se poden incluír nos contratos de obras, utilizando as 3 fases principais que ten unha obra:

• Deseño• Execución (Construción / Demolición)• Uso e/ou mantemento

Page 76: Libro linkado guia verde admon

76

a. DESEÑO

Os proxectos deben considerar os recursos dispoñibles onde se vai realizar a obra, condicións climáticas, características xeográficas, etc., de xeito que se teñan en conta, por exemplo, as seguintes con-sideracións:

• Coidado da vexetación existente.• Adaptación do proxecto ás características xeográficas do ám-

bito.• Protección das augas da zona.• Evitar a contaminación acústica.• Protección do impacto visual que a construción leva consigo.• Deseño da obra de maneira que se aproveiten os recursos de

enerxía solar, por exemplo, que se dispoñen.• Incorporación de medidas de aforro enerxético e de auga no

edificio.• Posibilidade de uso de enerxías renovables.• Establecer sistemas de recollida / reutilización de residuos.

Page 77: Libro linkado guia verde admon

77

b. EXECUCIÓN (CONSTRUCIÓN / DEMOLICIÓN)

O primordial nesta fase é a posta en práctica das consideracións es-tablecidas na fase de deseño anterior, engadindo nesta etapa a for-mación que deben dispoñer os profesionais que executan o proxecto.

Establécense neste punto as seguintes consideracións:

• Establecemento no Plan de Calidade da obra das medidas toma-das en canto a, por exemplo, aforro enerxético, de auga, ruído, integración na paisaxe, coidado do entorno, etc.

• Utilización de materiais na obra co menor impacto ambiental po-sible.

• Establecemento de criterios de eficiencia enerxética na constru-ción (prestando especial atención á iluminación).

• Establecemento dun plan xeral de xestión dos residuos que prio-rice a reutilización / reciclaxe destes durante a obra (por exemplo dos restos de pedras, terras, etc. para facer taludes).

• Existencia dun método selectivo de recollida de residuos.

c. USO E/OU MANTEMENTO

Os criterios que se definan neste punto deben garantir o uso axeitado para as condicións establecidas durante o deseño e construción da obra, de xeito que se obteñan os mellores resultados durante o uso coas medidas tomadas:

• Comprobación dos sistemas de control de optimización dos re-cursos enerxéticos (luz, auga, climatización, ventilación, etc.)

• Comprobación do cumprimento do establecido no Manual de uso e mantemento do edificio (ou documento similar).

Page 78: Libro linkado guia verde admon

78

Page 79: Libro linkado guia verde admon

79

4. BOAS PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS INTEGRADAS NO PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA

Descríbense a continuación, de xeito esquemático e mediante fichas, 3 exemplos de Boas Prácticas Ambientais que esperamos sirvan como exemplo do bo facer da Administración:

• CONCELLO DA FONSAGRADA

• CONCELLO DE LUGO

• DEPUTACIÓN DE LUGO

Page 80: Libro linkado guia verde admon

80

QUEN:

CONCELLO DA FONSAGRADAPRODUTO / SERVIZO:No Concello da Fonsagrada, coa finalidade de aumentar os niveis de calidade de vida e de prestación de servizos aos habitantes do concello, inaugurouse o pasado mes de xullo de 2013 o novo edificio que albergará a Casa Consistorial.

Dentro do mesma encontrase a instalación do sistema de clima-tización da Casa Consistorial para o cal preveuse a unha instala-ción consistente nunha caldeira de biomasa para usos térmicos.

Esta actuación supón polo tanto un efecto exemplarizante dende a administración local ao respecto do fomento do sector da bio-masa e a creación de emprego.

ASPECTOS TÉCNICOS E AMBIENTAIS:Os criterios ambientais introducidos a nivel de compra son os se-guintes:• Utilización dun recurso renovable non contaminante de orixe

autóctona en contraposición co emprego de combustibles de orixe fósil moito máis contaminantes que ademais supoñen unha dependencia enerxética do exterior, aforrando na factu-ra enerxética e favorecendo a eliminación de xeración de CO2.

Page 81: Libro linkado guia verde admon

81

INDICADORES ASOCIADOS:• % aforro (en euros) na factura da calefacción.

POSTA EN ESCEA:Para levar a cabo esta iniciativa, o Concello da Fonsagrada subs-cribiu un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo co obxecto de aforrar na factura enerxética, dotando de subministro de enerxías renovables a edificios municipais. Esta e outras actua-cións deste tipo están a ser financiadas ao 80% pola Unión Euro-pea a través do programa LugO2 da Deputación de Lugo.

ESTRATEXIA A SEGUIR:• Utilización de recursos renovables.• Minimización do impacto ambiental.• Aforro na factura enerxética.

LOGROS:• Niveis moi baixos de contaminación ambiental.• O uso da biomasa tamén contribúe a limpeza dos mon-

tes polo que se reduce o risco de incendios.• Aforro anual ao Concello dun 40% na factura da calefac-

ción, ademais de evitar a emisión anual de 24 toneladas de CO2 á atmosfera.

Page 82: Libro linkado guia verde admon

82

QUEN:

CONCELLO DE LUGOPRODUTO / SERVIZO:Compromiso na inclusión nos Pregos de Prescricións Técnicas para a adquisición de diversos consumibles de criterios de com-pra verde.

ASPECTOS TÉCNICOS E AMBIENTAIS:Entre os criterios ambientais introducidos nos Pregos para a ad-quisición de consumibles, como por exemplo no papel, destacan:• Etiqueta ecolóxica europea na aptitude do uso. • Certificación Anxo Azul, Cisne Branco, FSC 100% reciclado

no referido ao contido de fibra reciclada.• Certificación Anxo Azul e declaración con certificado para ao

orixe das fibras.• Etiqueta ecolóxica da UE e certificación Cisne Nórdico para a

prohibición das sustancias perigosas.• Certificación Anxo Azul para os criterios de ausencia de clo-

ro, ou utilización de axentes blanqueantes ópticos.Tamén establecense recomendacións no método de presenta-ción das ofertas, como por exemplo a impresión en doble cara da documentación ou a posibilidade de realizar menor número de entregas de material para reducir a cantidade de embalaxe xerada.

POSTA EN ESCEA:O Concello de Lugo, como entidade responsable co desenvolve-mento sostible, considera a incorporación de criterios ambientais nos Pregos de Prescricións Técnicas para a adquisición de diver-sos consumibles, entre os que figuran papel para fotocopiadoras, papel para impresión, carpetas de expediente, sobres.

Page 83: Libro linkado guia verde admon

83INDICADORES ASOCIADOS:• % de Pregos de Prescricións Técnicas que consideren criterios

ambientais.• % de Pregos de Prescricións Administrativas que consideren

criterios ambientais.• % de produtos e servizos respectuosos co medio empregados

polo persoal do Concello de Lugo.• % de propostas presentadas a doble cara polos licitadores.• Nº entregas de material de oficina/período de tempo.

ESTRATEXIA A SEGUIR:• Esixencia de determinados criterios respectuosos co medio ás

empresas licitadoras na adquisición de consumibles.• Ampliación de familias de produtos e servizos que consideren

criterios sostibles.

LOGROS:• Obrigatoriedade de incorporar os requisitos ambientais na

compra de determinados produtos, como o papel, por parte dos distintos departamentos do Concello de Lugo.

• Obrigatoriedade de utilizar o papel e os seus derivados de xei-to que o seu aproveitamento sexa máximo.

• Reducción do consumo de papel na presentación de ofertas por parte dos licitadores, mediante a impresión a doble cara.

Page 84: Libro linkado guia verde admon

84

QUEN:

DEPUTACIÓN DE LUGOPRODUTO / SERVIZO:A Deputación de Lugo, a través do Proxecto LugO2 Provincial, co-financiado nun 80% por fondos FEDER, ten como obxectivo fun-damental o desenvolvemento da provincia de Lugo, a través da posta en valor dos recursos naturais dispoñibles, a sensibilización ambiental de habitantes e visitantes, a mellora da eficiencia ener-xética e a busca dun modelo económico sostible dende o punto de vista ambiental.

Dentro deste Proxecto, destácase a actuación que se está a levar a cabo ao respecto da subministración e instalación de equipamen-tos para a mellora da eficiencia enerxética en edificios públicos e instalacións de iluminación pública en concellos da provincia de Lugo, para así reducir o consumo enerxético, conseguir un aforro económico e diminuír as emisións de CO2 á atmosfera.

Con medidas coma esta a Deputación de Lugo continua coa súa actuación de asistencia aos concellos para seguir no proceso de aforro e de mellora da xestión enerxética municipal ao facilitar a posta en marcha doutras accións que si necesitan dunha inversión e que traen consigo unha redución do custes enerxéticos así como das emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera.

Actualmente son 37 os concellos da provincia que, de xeito volun-tario, se sumaron a este Plan Enerxético da Deputación: O Incio, A Fonsagrada, Abadín, Cervantes, Pol, Samos, Pedrafita do Cebrei-ro, Negueira de Muñiz, Barreiros, Rábade, A Pontenova, Baralla, O Valadouro, Navia de Suarna, A Pastoriza, Meira, Láncara, Traba-da, O Vicedo, A Pobra do Brollón, Becerreá, Viveiro, Riotorto, Ribas de Sil, Guntín, Monterroso, Ribadeo, Monforte de Lemos, Guitiriz, Portomarín, Sarria, Palas de Rei, Xove, Sober, Quiroga, Friol e Cas-troverde.

Page 85: Libro linkado guia verde admon

85

INDICADORES ASOCIADOS:• % aforro (en euros) na factura eléctrica dos concellos.• Nº de auditorías enerxéticas realizadas pola Deputación.• % de concellos que implantan as medidas descritas.

ASPECTOS TÉCNICOS E AMBIENTAIS:Os criterios ambientais introducidos son os seguintes:• Mellora da xestión enerxética.• Redución do consumo, o que supón un aforro económico.

POSTA EN ESCEA:Atendendo ás necesidades detectadas polos técnicos da Depu-tación de Lugo a través de auditorías enerxéticas efectuadas nos concellos, estanse a efectuar contratacións conxuntas de equipa-mento enerxético para os concellos a través dun Acordo Marco dende a 1ª Central de Compras da provincia, que permite unha racionalización e optimización do gasto público.ESTRATEXIA A SEGUIR:• Minimización do impacto ambiental.• Aforro na factura enerxética.• Aforro no consumo eléctrico.LOGROS:• Mellora no ámbito da eficiencia enerxética, así como un im-

portante aforro económico para as arcas municipais (custe 0 en estudos de auditoría – custe 0 en implantación de mello-ras – e redución da factura enerxética debido a mellora da eficiencia enerxética nas instalacións obxecto de actuación).

• A importancia das instalacións do alumeado público é incluso tal que nalgúns concellos poden supor ata o 90% da enerxía eléctrica consumida e ata 60% da partida orzamentaria dos consumos enerxéticos dun concello.

• Residuos segregados o que permite a súa reutilización / reci-claxe nos casos que sea posible e en todo caso facilita o pro-ceso.

• Implantación de equipamentos de maior rendemento, o que supón menor gasto enerxético, o que fai que se acaden afo-rros enerxéticos de ata un 50% nas zonas de actuación.

Page 86: Libro linkado guia verde admon

86

5. AUTODIAGNOSE

Co obxectivo de facilitar a implementación da Compra e Contratación Pública Verde (CCPV) nas institucións públicas, a continuación presén-tase unha autodiagnose que cada entidade pode realizar para ava-liar o seu grao de responsabilidade en materia ambiental.

É importante establecer o nivel de partida, para fixar obxectivos a cur-to e medio prazo, no que respecta a compra sostible e xestión de provedores.

O seguinte modelo de autodiagnose pódese adaptar a cada situa-ción concreta engadindo e/ou eliminando todo aquilo que se consi-dere necesario, polo que non debe tomarse como un modelo único.

Para que sexa máis visual, establecéronse diferentes niveis de desen-volvemento e implantación da Compra e Contratación Pública Verde, caracterizado segundo as seguintes cores:

Escaso nivel de desenvolvemento

Nivel básico de desenvolvemento

Nivel avanzado de desenvolvemento

Page 87: Libro linkado guia verde admon

87

1. EXISTE UNHA POLÍTICA NA QUE SE CONTEMPLE O COMPROMISO DA ORGANIZACIÓN COA SOSTIBILIDADE?

Escaso nivel de desenvolvemento

Nivel básico de desenvolvemento

Nivel avanzado de desenvolvemento

2. NO CASO DE QUE EXISTA UNHA POLÍTICA DE CCPV, COMUNÍCASE TANTO A NIVEL INTERNO COMO A NIVEL EXTERNO?

Escaso nivel de desenvolvemento

Nivel básico de desenvolvemento

Nivel avanzado de desenvolvemento

Page 88: Libro linkado guia verde admon

88

3. EXISTEN PROCEDEMENTOS ESTANDARIZADOS EN MATERIA DE COMPRA E CONTRATACIÓN PÚBLICA VERDE?

Escaso nivel de desenvolvemento

Nivel básico de desenvolvemento

Nivel avanzado de desenvolvemento

4. DEFINÍRONSE CRITERIOS AMBIENTAIS PARA DETERMINADOS GRUPOS DE PRODUTOS?

Escaso nivel de desenvolvemento

Nivel básico de desenvolvemento

Nivel avanzado de desenvolvemento

Page 89: Libro linkado guia verde admon

89

5. EXISTE UN EQUIPO ESPECIALIZADO E FORMADO EN MATERIA MEDIOAMBIENTAL QUE SUPERVISE TODAS AS ACTIVIDADES DE COMPRA E CONTRATACIÓN?

Escaso nivel de desenvolvemento

Nivel básico de desenvolvemento

Nivel avanzado de desenvolvemento

6. NO CASO DE QUE NON EXISTA UN EQUIPO ESPECIALIZADO, IMPÁRTESE FORMACIÓN BÁSICA SOBRE A INTEGRACIÓN DE CRITERIOS AMBIENTAIS ÁS PERSOAS INVOLUCRADAS NOS PROCESOS DE CCPV?

Escaso nivel de desenvolvemento

Nivel básico de desenvolvemento

Nivel avanzado de desenvolvemento

Page 90: Libro linkado guia verde admon

90

6. GLOSARIO DE TERMOS

• Aforro de enerxía: defínese como a optimización do consumo enerxético, co fin de reducir o uso de enerxía, obtendo os mesmos resultados finais.

• Análise do Ciclo de Vida (ACV): estuda todos os impactos de todas as fases do produto, dende a extracción das súas materias primas, ata o final da vida útil do produto, pasando polos residuos intermedios e as entradas de auga e enerxía no proceso de pro-dución.

• Balastro: elemento de reactancia indutiva que está constituído por unha bobina enrolada sobre un núcleo de chapas de aceiro.

• Biomasa: materia orgánica orixinada nun proceso biolóxico, es-pontáneo ou provocado, que se pode empregar como fonte direc-ta ou indirecta de enerxía.

• CO2 equivalente: é unha forma de indicar o potencial de quen-tamento atmosférico dun gas de efecto invernadoiro en com-paración co do dióxido de carbono ou CO2. Cada gas de efecto invernadoiro ten un potencial diferente de quentamento e unha persistencia diferente na atmosfera.

Page 91: Libro linkado guia verde admon

91

• Compostos Orgánicos Volátiles (COV’s): compostos orgánicos volátiles (tendencia a pasar a estado gasoso) nas condicións par-ticulares de uso, normalmente a temperatura e presión ambiente. Existen COV’s de distintos graos de perigosidade para a saúde e o medio. Os máis perigosos para a saúde son o benceno, o cloroeti-leno ou cloruro de vinilo (monómero do PVC, que é policloruro de vinilo) e o 1,2 dicloroetano.

• Ecoetiqueta: etiqueta outorgada por un organismo de prestixio que acredita que un produto en concreto cumpre os criterios eco-lóxicos definidos polo devandito organismo para esa clase de produto.

• Gases de efecto invernadoiro (GEI): gases cuxa presenza na atmosfera contribúe para o efecto invernadoiro. Os máis impor-tantes están presentes na atmosfera de xeito natural, aínda que a súa concentración pode verse modificada pola actividade huma-na. Eses gases contribúen máis ou menos de forma neta para o efecto invernadoiro pola estrutura das súas moléculas e, de forma substancial, pola cantidade de moléculas do gas presentes na at-mosfera. Os gases de efecto invernadoiro primarios da atmosfera terrestre son o vapor de auga (H2O), o dióxido de carbono (CO2), o óxido nitroso (N2O), o metano (CH4) e o ozono troposférico (O3). O protocolo de Kioto contempla os seguintes GEI aos que aplica limitación de emisións: CO2, CH4, N2O, HFC (hidrofluorocarbonos), PFC (perfluorocarbonos) e SF6 (hexafluoruro de xofre).

Page 92: Libro linkado guia verde admon

92

• Mitigación: intervención humana para reducir as fontes e emi-sións de gases de efecto invernadoiro ou incrementar e potenciar os sumidoiros destes.

• Policloruro de vinilo (PVC): plástico tamén chamado cloruro de polivinilo, formado por cadeas cuxos monómeros (partes que se repiten) son moléculas de cloretileno.

• Polipropileno (PP): plástico pertencente ao grupo das poliolenas, con moitas aplicacións. Ten gran resistencia contra diversos sol-ventes químicos, así como contra álcalis e ácidos.

• Reciclable: produto con capacidade para ser reciclado ao final da súa vida útil. Ten que ver coa súa composición, inexistencia de substancias tóxicas e perigosas, identificación de materiais e facilidade de separación de compoñentes. Os produtos poden presentar distintas porcentaxes de materiais reciclables na súa composición.

• Reciclado: material proveniente de produtos que finalizaron a súa vida útil e non remataron como residuos senón como materia prima para un novo produto. Os produtos poden presentar distin-tas porcentaxes de materiais reciclados na súa composición.

Page 93: Libro linkado guia verde admon

93

• Sistema de Xestión Ambiental: proceso cíclico de planificación, implantación, revisión e mellora dos procedementos e accións que leva a cabo unha organización para realizar a súa actividade garantindo o cumprimento dos seus obxectivos ambientais.

• Certificación: acción e efecto de facer constar por escrito unha realidade feito por quen teña fe pública o atribución para elo.

• Cadena de Custodia (CdC) dos productos forestais: defínese coma o seguemento dos productos forestais (madeira, papel, cor-tiza, resinas,etc) durante as distintas fases do proceso productivo e a súa posterior comercialización, para poder asegurar a traza-bilidade dos productos forestais dende o bosque ata o consumi-dor final.

• Vehículo híbrido: vehículo de propulsión alternativa movido por enerxía eléctrica proveniente de baterías e, alternativamente, dun motor de combustión interna que move un xerador.

Page 94: Libro linkado guia verde admon

94

7. BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA

7.1. BIBLIOGRAFÍA

• Compras Verdes. Compra y Contratación Pública Verde en Ara-gón. 2º Catálogo de criterios, productos y proveedores. Autor: Dirección General de Calidad Ambiental y Cambio Climático. Gobierno de Aragón.

• Guía para una Contratación Pública Sostenible. Autor: Red Navarra de Entidades Locales hacia la Sostenibilidad (Rede NELS) y Gobierno de Navarra.

• Manual Práctico de Compra y Contratación Pública Verde. Autor: Gobierno Vasco y Sociedad Pública de Gestión Ambiental IHOBE.

• Guía de Compras Sostibles. Proxecto ENECO. Autor: Nexos.

• Manual de Compra Verde da Universidad de Salamanca. Autor: Universidad de Salamanca y Junta de Castilla y León.

• Compra y Contratación Pública Verde para el uso eficaz de los re-cursos naturales y económicos. Autor: Gobierno Vasco y Sociedad Pública de Gestión Ambiental IHOBE.

Page 95: Libro linkado guia verde admon

95

• Adquisiciones ecológicas. Manual sobre contratación pública eco-lógica. 2ª edición. Autor: Comisión Europea.

• Agenda local 21. 2009-2016. Compra pública y gestión ambiental de la Administración Pública. Autor: Ayuntamiento de Arrasate / Mondragón.

• Compra verde pública de productos industriales gráficos. Autor: Aido Instituto Tecnológico.

• Guía carpe de compra responsable. Ciudades europeas por el consumo responsable. Autor: Eurocities.

• Comunicación de la comisión al Parlamento Europeo, al Consejo, al Comité económico y social europeo y al Comité de las regiones. Contratación pública para un medioambiente mejor. Autor: Comisión Europea.

• La contratación de productos y servicios con criterios ambientales. Seminario del Gobierno de Aragón. Autor: Gobierno de Aragón.

Page 96: Libro linkado guia verde admon

96

7.2. WEBGRAFÍA

• www.crana.org

• www.productosostenible.net

• www.ihobe.net

• www.idae.es

• www.ecodes.org

• www.ceroco2.org

• http://ec.europa.eu/environment/gpp

• www.compraverde.org

• http://europa.eu

Page 97: Libro linkado guia verde admon
Page 98: Libro linkado guia verde admon
Page 99: Libro linkado guia verde admon
Page 100: Libro linkado guia verde admon