Upload
others
View
0
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Portonovo, 25 de xaneiro de 2013.
Estimados pais/nais:
Poñémonos en contacto con vós para informarvos do próximo desfile de Entroido que o colexio organiza todos os anos. O tema elixido nesta ocasión é Asia, e o segundo ciclo de E.P. escolleu representar un “Teatro Chinés”.Para iso, dividiremos os nenos/as en diferentes caracterizacións:
• Malabaristas de cintas (7).• Malabaristas prato chinés (10).• Pallasos (8).• Malabaristas Ninjas (15).• Dragón (8).• Abandeirados (2).
A asignación dos personaxes faise en función dos gustos do neno e do material/disfraz previo do que dispoñen en moitos dos casos. A nosa intención é facervos gastar o mínimo diñeiro posible.
Na seguinte folla encontraredes o personaxe asignado ao voso fillo/a, con indicacións, imaxes e prezo estimado nos lugares nos que preguntamos.
O desfile é o venres 8 de febreiro, polo que vos pedimos a maior axilidade posible á hora de confeccionar/xuntar o disfrace.
As titoras do 2 ciclo.
Malabarista de cintasUtilizarán accesorios de ximnasia rítmica, con fondo de camiseta e leggins ou malla longa (teñen
que ser de bastante abrigo, non coma na foto que engadimos, manga longa e pernas longas), todo en
negro, co pantalón bombacho de gasas rosas e lilas. O pelo irá recollido para atrás nun moño alto e
a cara pintada de branco, cos ollos rasgados. No moño poden levar un lirio rosa ou branco. As cintas
de rítmica serán de cores (xa as teñen e entre elas foron repartindo, senón poderedes encontralas en
Gooby).
Pallasos
Levarán roupa negra (mallas, camiseta manga longa) por baixo de dous pares de medias de raias de
cores. Ás da parte de arriba farémoslles un burato no medio das pernas para meter a cabeza e outro
ó final dos pés para facer as mangas (camiseta igual que o pantalón). Os tutús laranxas, se non os
podedes conseguir das nenas que van a ximnasia rítmica, son simplemente dúas tiras de tul laranxa
cunha goma nun extremo para facer frunce ou tamñen se vende no Todo a 100 EuroSanxenxo, na
Avenida do Progreso. O gorro farémolo cunha cartulina amarela e pintarémoslle lunares vermellos,
podendo poñerlle un pompón vermello na punta. Os cóbados e os xeonllos levan uns engadidos que
faremos no cole (e vos mandaremos antes do día).
Completaremos o atuendo cunha flor branca.
Medias: Mitos Sanxenxo. 2,50€/par (2 pares)
Malabaristas disco chinésLevarán roupa negra (mallas, camiseta manga longa) e un gorro branco de piscina que pintaremos
de cores no cole (é importante que nos traiades o gorro o antes posible para poder comezar a
facelos). A continuación, levarán cintas de cores nas bonecas, por riba dos xeonllos e ó redor do
pescozo, duns 30 centímetros de lonxitude, para que ó moverse, se movan tamén as cintas creando
un efecto precioso.
Malabaristas Ninjas
Os malabaristas ninjas irán disfrazados de ninjas e farán demostracións de axilidade e marcialidade.
Na aula faremos estrelas ninjas para que lancen durante o desfile. Roupa negra, carapucha que lle
tape todo menos os ollos e cinto ninja ou de judo.
DragónVestidos de negro con pantalón largo pegado (tipo leggins) e camiseta negra (ben abrigados por
debaixo), levarán nas pantorrillas e nas bonecas frecos feitos con plástico en amarelo e vermello
para simular as pernas do dragón.