81
BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.1 MEMORIA DO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DE BIBLIOTECA NO IES ILLA DE TAMBO. CURSO 2013-4 Encargada da Biblioteca: Celia Sánchez Reboredo

Memoria biblioteca 2013 _14

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.1

MEMORIA DO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DE

BIBLIOTECA NO IES ILLA DE TAMBO.

CURSO 2013-4

Encargada da Biblioteca: Celia Sánchez Reboredo

Page 2: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.2

GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS

Este foi un curso complicado no que respecta á carga de traballo do profesorado. Os profesores

do equipo de biblioteca dispuñan de moi poucas horas sen clase no seu horario (como se verá no

apartado correspondente), así que o tempo que o equipo puido adicar a tarefas de catalogación e

dinamización diminuíu considerablemente. Os grupos foron moi numerosos e iso aumenta tamén

a nosa carga de traballo de corrección. Algúns dos obxectivos más ambiciosos, polo tanto,

quedaron incumpridos.

Despois do cambio profundo no que respecta ao posto que a biblioteca vai ocupando na

actividade cultural e formativa do centro, estamos nunha etapa de asentamento con poucas

novidades. Moitas veces, ao principio desta andadura como equipo de biblioteca, quixemos ser

os iniciadores de actividades varias nas que, as veces, non chegamos aos resultados apetecidos.

Pero cada vez máis nos decatamos de que moitas veces só temos que “estar dispostos a ver e

escoitar” as iniciativas dos departamentos e do alumnado para seren a súa máis importante

ferramenta para facelas medrar.

Resulta gratificante para os que traballamos na biblioteca ver como segue a aumentar o número

de usuarios e de préstamos Sobre todo, comprobamos como xa a dinámica da centralización das

compras de material bibliográfico e audiovisual a través da biblioteca está aceptada e mellora a

eficiencia do gasto. Pero aínda hai voces en contra do que consideran inxerencia no seu dominio.

Page 3: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.3

Por iso é de gran axuda a presenza do inspector corroborando a normativa sobre bibliotecas de

principio de curso e, por suposto, a propia nosmativa.

Aínda así, facemos unha valoración positiva do traballo feito. Sobre todo sentímonos moi

satisfeitos coa eficiencia conseguida pola organización do traballo.

Dunha forma natural e voluntaria os diversos compoñentes do equipo de biblioteca vanse

“especializando” en diferentes labores, como a xestión do préstamo (reserva de documento,

recuperación de documentos non devoltos, colocación...), a catalogación, a decoración e

mobiliario, as actividades de dinamización, o blog, a formación de usuarios. Tamén vemos moi

positivamente a relación con moitos departamentos no que se refire á organización de

actividades na biblioteca. Temos moito interese en achegar á biblioteca aos profesores menos

coñecedores dela, como primeiro paso para o fomento do uso entre o seu alumnado.

Pero, para ser concretos, pasamos a valorar o grao de cumprimento dos obxectivos propostos

para este curso nas “liñas prioritarias de actuación” que nos marcáramos o curso pasado.

Farémolo, con realismo, e a través da seguinte táboa comparativa entre os obxectivos e o

resultado:

Page 4: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.4

OBXECTIVOS

RESULTADO

EN RELACIÓN

COA

ORGANIZACIÓN E

XESTIÓN

Continuación da catalogación.

Catalogar os documentos dos

departamentos didácticos para

centralizar e difundir os recursos

existentes.

A catalogación continúa algo máis lenta

na biblioteca. Estamos comezando a

catalogación do material dos

departamentos

Abrir o préstamo aos pais e nais

Non se fixo, aínda que se lles presta a

través dos fillos.

Aumento de horario de apertura e uso

da biblioteca. achegar a máis

profesores á biblioteca para que eles

leven aos seus alumnos

Non se aumentou o horario por decisión

da dirección.

Este ano novos profesores fixeron

actividades na biblioteca.

Page 5: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.5

Elaboración de guías de lectura

adaptadas aos distintos niveis

Fixemos guías como os anos pasados

Adquisición de documentais

informativos e formativos, de escasa

presencia aínda na biblioteca.

Aínda estamos escasos de este tipo de

documentos

Revisión de subscricións periódicas da

biblioteca para unha mellor

adecuación ás necesidades do

alumnado e o profesorado.

Decidiuse continuar coas mesmas

subscripcións

D INAMIZ AC IÓN

DOS REC URSO S

DA BIBL IOTEC A,

INTEG RACIÓ N

NO CURRÍ CULO

E DE SE NVOLVE

MENTO D AS

Mantemento do blog actualizado

O blog está activo, en constante

actualización. Nel figuran as actividades

desenvolvidas pola biblioteca

http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.

com.es/

Page 6: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.6

COMPETENCI AS

BÁSIC AS DO

ALU MNADO

Maior publicidade das novidades entre

o profesorado.

O blog e os correos electrónicos

difunden as novidades entre o

profesorado.

Contactar máis cos departamentos

didácticos na organización das

actividades de dinamización da

biblioteca.

Cada curso conseguimos que haxa novos

achegamentos de departamentos. Este

ano: Filosofía, Física e Química, Ciencias,

especialmente.

Propoñer un tema común de traballo

interdisciplinar ao longo de todo o

curso: “A pesca”

O “problemático” inicio de curso co

aumento de alumnado por aula e de

horas de traballo impediuno totalmente.

Pero non abandonamos a idea

Page 7: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.7

EN RELACIÓN

Sesións iniciais para o alumnado

recentemente incorporado.

Cada curso facemos estas sesións de

formación de usuarios cos alumnos de 1º

de ESO e cos de 1º de Bacharelato (o

noso centro recibe moito alumnado

novo neste curso) con divulgación dos

servizos da páx. Web da biblioteca. Con

entrega de carnés e tríptico informativo.

Sesións de presentación da biblioteca

para o alumnado dos centros de

primaria adscritos ao noso IES

Neste caso as sesións so fan unha

alusión á CDU e á disposición da

biblioteca. É máis ben unha presentación

máis lúdica e atractiva

Elaboración de repertorios de páxinas

de internet con garantía.

Cada departamento aportou unha lista

de direccións recomendadas con

comentarios para guía dos traballos do

alumnado. Este directorio por

departamentos figura tamén no blog

Page 8: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.8

COA FORMACIÓN

DE USUARIOS E A

EDUCACIÓN

DOCUMENTAL

Guía de criterios para buscar

información fiable na rede elaborados

e divulgados pola biblioteca

Non foi posible facelo este curso. Figura

nos obxectivos do curso que ven.

EN RELACIÓN CO

FOMENTO DA

LECTURA E DO

PROXECTO

LECTOR DE

CENTRO

Brevísimas presentacións de libros nas

que colaboren profesores e alumnos

Fixéronse algunhas en relación con

lecturas científicas

Celebracións

Fixéronse moitas na biblioteca:

Halloween, Contra a violencia de xénero,

Dereitos humanos, Lembranza de García

Márquez, Día das letras galegas, Día do

libro, …

Premio Santillana á nosa biblioteca

Page 9: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.9

Actividades

A ciencia na biblioteca

A célula

Día da Poesía,

Torneo de Xadrez

Guías de lecturas

Proxeccións na biblioteca

Na sección de “Creación” do blog

publícanse traballos do alumnado que

destacan pola súa calidade

Feira de libros usados na Alameda de

Marín o 28 de xuño (actividade conxunta

dos centros de Marín)

http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.

com.es/

Premios aos mellores lectores.

Entregaranse ao final do curso

Page 10: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.10

Inclusión dos pais e nais que o desexen

no préstamo da biblioteca.

Non chegamos a facelo este curso.

Libros para pais e nais ( en

colaboración co departamento de

orientación) nas salas de titoría para

autopréstamo.

Temos algúns expostos nas salas de

visitas.

Page 11: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.11

HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO DA

BIBLIOTECA

Non son en absoluto suficientes as horas “oficiais” de dedicación á biblioteca por parte do

equipo. A persoa encargada da biblioteca é unha profesora que da dezasete horas de clase, así

que no horario só lle figuran cinco (5) horas de biblioteca. Pero son moitas máis as dedicadas aos

labores de xestión e de dinamización. Por sorte (ou quen sabe si por desgraza) hoxe é moito o que

se pode facer dende casa grazas ás TIC. E o mesmo podo dicir dos compoñentes do equipo, varios

deles dedican moitas máis das que figuran no seu horario. Estas son, en total, 19 horas. Delas,

sete (7) corresponden aos recreos. Así que para labores de dinamización e xestión só figuran 12

(aínda que –repito- a boa disposición do equipo as converte en moitas máis). A dirección do

centro dinos que é a Inspección educativa a que lle impide aumentar o número de horas de

dedicación á biblioteca, dadas as necesidades xerais do centro. Non é lugar este para discutilo ou

rebatelo pero é doade decatarse que a persistencia desta situación está a tirar polo chan o

traballo de anos e o entusiasmo de moitos.

Page 12: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.12

AS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS (EN RELACIÓN COA XESTIÓN

TÉCNICA, O FOMENTO DA LECTURA, E OUTRAS)

EQUIPAMENTO

Non hai moitas melloras no equipamento este curso porque estivemos empeñados na mellora na

accesibilidade na que, por fin, conseguimos a colaboración da dirección. A sala ten unhas

escaleiras de entrada que queremos modificar. Agora parece que a unidade técnica da Delegación

de Educación de Pontevedra porá mans á obra este verán. Cando as obras rematen teremos que

reformar os andeis, que precisan de unificación, e outros elemento. Pero todo está á espera desas

obras de accesibilidade.

Page 13: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.13

Seguimos insistindo na presenza de documentos en diferentes soportes, así como na utilización

dos ordenadores da biblioteca para actividades diversas.

Page 14: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.14

Como veremos no apartado das actividades, este ano a biblioteca puxo en marcha un campionato

de xadrez, para o que necesitou mercar taboleiros, fichas ,caixas para gardalas e un soporte para

colocar os taboleiros.

XESTIÓN

Temos completada a sinalización. Neste aspecto sempre tivemos especial interese porque

queremos unha biblioteca didáctica, que ensine aos nosos alumnos a moverse nas bibliotecas do

mundo. Os paneis das paredes teñen a misión de familiarizar ao alumnado coa CDU e servir de

guía na nosa biblioteca, sempre buscando a autonomía do usuario.

Page 15: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.15

Este curso, En xaneiro estivemos tamén interesados en dar saída aos documentos expurgados

que temos almacenados e sen uso. Puxémonos en contacto co Museo do Mar de Noia

A profesora de ciencias e tamén do equipo da biblioteca, Hortensia Fernández Lorenzo, levou a

Noia os fondos antigos de cando o noso centro fora Escola Náutico-pesqueira, os que foron moi

agradecidos polo director do Museo.

Page 16: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.16

Tamén elaboramos un documento no que constara a doazón que se pasou por rexistro e do que

queda copia na biblioteca. Este é un procedemento que seguiremos noutros casos de doazón de

fondos. Así o fixemos no mes de Abril cunha nova doazón de libros de texto para unha ONG de

Guatemala.

Page 17: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.17

Seguimos insistindo na importancia de que os fondos da biblioteca se sintan como posesión

común, un ben que é valioso e é necesario coidar. Carteis como este vense nas aulas perante o

curso. E, aínda que pareza mentira, van facendo efecto.

Page 18: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.18

A informatización do préstamo co programa Meiga contribuíu poderosamente a aumentar o

movemento de fondos na comunidade escolar. O alumnado está xa moi afeito aos novos usos. O

programa permite levar ademais un rexistro de morosos, un servizo de reserva dende casa e facer

estatísticas sobre lectores e lecturas de diversos tipos.

Page 19: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.19

Seguimos a facer uso das posibilidades da rede para optimizar o funcionamento do equipo de

biblioteca sen recorrer a reunións longas fora de horario. Comunicamos entre os membros do

equipo da biblioteca todas as novidades diarias na xestión ( listas de morosos na devolución de

libros, cambios nas normas que non funcionan ben, reservas de libros, acordos de catalogación,

dúbidas variadas)

Segue a facerse un grande esforzo de catalogación, como se pode comprobar na nosa páxina web:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PED081”

Page 20: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.20

DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA

Seguimos insistindo en dar novas

de todo o que ocorre na biblioteca

para que, os que nunca a visitan

teñan noticia dela. Xa falamos da

importancia de facerse notar na

vida do centro.

A biblioteca ten que estar presenten a vida do centro, ten que facerse notar. Por eso, fixemos

avisos aos correos dos profesores de noticias interesantes no entorno da biblioteca. Cada pouco

tempo facémoslles chegar un novo enlace coas novas do blog.

Page 21: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.21

Como a introdución dun taboleiro de xadrez e un reloxo na sala de lectura tivo un enorme éxito,

propuxémonos mercar tamén libros sobre o xogo en diferentes niveis, así como xogos de xadrez

para o ordenador.

Page 22: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.22

Para abastecer a demanda crecente de taboleiros, mercamos varios deles e un soporte, así como

unhas caixas para as fichas.

Page 23: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.23

Xa no mes de Decembro empezamos os preparativos para o que sería o I Torneo de Xadrez do IES

levado cabo na biblioteca coa colaboración do profesor de Filosofía José Manuel Lodeiro. O

torneo tivo unha moi ampla participación de alumnos de todos os niveis e se celebrou durante os

xoves e venres dende xaneiro hasta abril.

Mesas preparadas para o torneo

O xadrez fixo que o alumnado frecuentase a biblioteca moitísimo máis. A competición foi moi

seguida polos máis pequenos e tamén polos maiores, sempre menos proclives a estar na

biblioteca.

Page 24: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.24

O torneo en marcha

Page 25: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.25

FORMACIÓN DE USUARIOS

Xa é costume que no primeiro trimestre do curso, os profesores do equipo de biblioteca leven a

cabo sesións informativas sobre o funcionamento da biblioteca centrado nos seguintes apartados:

1. A CDU nesta e noutras bibliotecas.

2. Como atopar un documento na sala

Page 26: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.26

3. Buscas na páxina web

4. Utilidades da páxina web

Fixemos un horario, coincidindo con titorías da ESO e con clases diversas en Bacharelato para que

a cada curso lle correspondese, polo menos, unha sesión de visita informativa á biblioteca.

Page 27: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.27

Para acompañar á explicación é para usar con todo o alumnado novo en anos vindeiros, o equipo

de biblioteca deseñou un tríptico informativo sobre a disposición da biblioteca e as buscas na

páxina web de Meiga. Nesta visita a cada alumno entrégaselle este tríptico informativo.

Page 28: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.28

Page 29: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.29

As comunicacións ao claustro de profesores das novas da biblioteca teñen un resultado moi

notable: o aumento do préstamo a profesores. É un pequeno paso que, sen embargo, nos parece

decisivo, porque o coñecemento dos fondos da biblioteca por parte do profesorado é

imprescindible para achegar a biblioteca ao resto da comunidade escolar.

A difusión do uso da páxina Meiga de fondos da biblioteca segue a ser para nos unha prioridade.

Como nos parece unha pena que os usuarios non se beneficien dos medios ao seu alcance para

consultar dende casa e para ser máis autónomos na busca de información, nos cursos pasados

ideamos un concurso de preguntas que só se podían responder consultando a páxina web.

No curso pasado comezamos a facer sesións de presentación da biblioteca e un primeiro

achegamento ao seu funcionamento para uns novos usuarios: os alumnos dos centros de primaria

do noso entorno que, na meirande parte, serán alumnado do centro o curso que ven.

Page 30: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.30

Alumnos de 6º de Primaria do CEIP A Laxe coñecendo a Biblioteca do IES

EDUCACIÓN PARA A COMPETENCIA EN INFORMACIÓN

Nos cursos anteriores solicitamos a colaboración dos departamentos para facer unha selección

de direccións de Internet que nos, desde a biblioteca podamos aconsellar ao alumnado para os

seus traballos. Este directorio, feito polos profesores do centro, témolo recollido no noso blog. As

direccións enviadas polos departamentos tamén están nos marcadores ou favoritos dos

ordenadores da biblioteca.

http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/search/label/DIRECCIONES%20DE%20INTER%

C3%89S

E tamén fixemos un cartel anunciador, sempre na idea de difundir os avances da biblioteca.

Page 31: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.31

O 50% dos estudantes de secundaria entrevistados por Rutgers Univesity sinalaron que non vían nada

censurable en copiar os seus traballos de Internet. O 90% dos estudantes creen que quen plaxia nunca é

atrapado ou amoestado. Esta é unha idea contra a que a biblioteca quere loitar. Por iso recomendou aos

compañeiros profesores algunhas ferramentas de uso libre, que axudan a detectar os traballos plaxiados

como Google Scholar ou The Plagiarism Checker… A lista completa pódese consultar no noso blog

FOMENTO DA LECTURA

Page 32: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.32

Ao rematar o curso pasado imprimiuse no centro un libro feito por alumnos de primeiro de ESO

coa profesora de Lingua castelá (a encargada da biblioteca) a base de contos construídos

tomando como base unha noticia e lustrados cos seus propios debuxos. A versión virtual está no

blog e a impresa quedo una biblioteca.

Page 33: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.33

O libro, que está na biblioteca contén, como pode verse,

noticias, o conto sobre a noticia e a súa correspondente

ilustración.

Como xa adiantábamos na anterior memoria, no último domingo de xuño de 2013 participamos,

xunto con todos os centros de Marín, na II Feira do libro usado, promovida polo IES Mestre

Landín. É un acontecemento con moitísimo éxito no que tamén colabora o concello e que ten

lugar na Alameda de Marín. De nove neste mes de xuño (o día 28) volveremos a facer unha nova

edición con máis colaboración dos país e nais.

Page 34: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.34

Page 35: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.35

Este ano tivemos moito empeño en participar na difusión da lectura científica, un aspecto que

nos preocupa dende hai tempo. Xa nos cursos pasados procuramos aumentar os fondos das

seccións 5 e 6, especialmente no que se refire á divulgación. Tamén fixemos esforzos por darlles

publicidade entre o alumnado e o profesorado.

Page 36: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.36

Por outra banda, un dos profesores de Física do centro é un entusiasta divulgador científico con

algúns premios de recoñecemento a este labor. Constantino Armesto é autor de ensaios de

divulgacion científica que contan con prestixiosos premios:

Armesto, Constantino:Por los senderos de la ciencia, (Madrid, Celeste,

1995.Premio Prisma Casa de las Ciencias de La Coruña de Divulgación Científica

1994)

Armesto, Francisco y Armesto, Constantino: El enigma de la esfinge, Alzira,

Bromera Universidad de Valencia, 2000. (Premio Europeo de Divulgación

Científica Estudi General Universidad de Valencia 1999)

Armesto, Francisco y Armesto, Constantino: Supervivencia o suicidio, Madrid,

Alianza, 2004.

Page 37: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.37

Armesto, Constantino: “Un planeta azul”, Valencia, Universidad de Valencia,

2009.

(Premio Vicent Andrés Estellés de narrativa científica de la Universidad de

Valencia Estudi General 2008)

Así que lle propuxemos facer unhas charlas breves de presentación dos que el consideraba os dez

millores libros de divulgación científica. Fixemos un horario de cursos axeitado ás horas libres do

profesor (o que non é fácil) e montamos unhas conferencias entusiastas con proxección e

exposición de documentos relacionados co tema.

Page 38: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.38

Page 39: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.39

O profesor elaborou unha lista comentada deses dez imprescindibles da divulgación

científica que está no noso blog e que foi moi comentada no IES.

Unha das páxinas da presentación da lista no blog

Celebramos a Semana Contra violencia sexista en colaboración co Concello de

Marín. Repartimos lazos violeta e proxectamos unha presentación en ppt que está

no blog. Como sempre, fixemos un cartel e unha exposición do material da

biblioteca en relación co tema.

Page 40: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.40

Neste curso as nosas posibilidades de preparar actividades diminuíron moito pero tamén é certo

que, cada vez máis, a biblioteca é un apoio importante para as actividades promovidas polos

diferentes departamentos. Porque neste curso vimos moi necesaria, como xa dixemos, a

colaboración coas iniciativas dos departamentos, sen que sexa sempre necesario levar a iniciativa

de tales actividades.

Así o departamento de inglés tivo moito interese en divulgar a través do blog a historia do

Halloween.

Page 41: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.41

O departamento de galego tamén quixo ofrecer a través do blog un vídeo do samaín feito polo

IES de Porto do Son. O mesmo podemos dicir da colaboración permanente co Equipo de

Normalización Lingüística. Facémonos eco das súas actividades e as aproveitamos para poñer na

biblioteca en exposición o material relacionado con ela.

Tamén o profesor de Matemáticas con destino provisional no centro, Carlos Magariños,

colaborou coa Biblioteca facendo publicidade dalgún libro de divulgación matemática para os

máis pequenos. Tamén foi quen premiou aos máis pequenos polos seus éxitos con chapas de “Ler

ciencia na biblioteca”, facendo delas un preciado tesouro.

Nas dúas últimas semanas de decembro puidemos visitar na Biblioteca, unha exposición de

diversas maquetas de células, realizadas polos alumnos e alumnas de 3º ESO, seguindo as

indicacións da súa profesora, Paula Conde.

Page 42: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.42

Nesta exposición vimos os diferentes tipos de células, a súa estructura, e a morfoloxía dos

orgánulos. Tamén se proxectaba unha presentación sobre o tema. Como sempre, aproveitamos

para mostrar os fondos da biblioteca (vídeos, libros) en torno ao tema.

Page 43: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.43

A presentación sobre o tema pode verse no blog. Proxectábase aos grupos de alumnos que iban

ver a exposición.

O alumnado fixo imaxinativas “maquetas” de diversos tipos de células

Page 44: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.44

E non podemos esquecer que o blog da biblioteca é tamén un lugar de publicación dos traballos

literarios do alumnado cando acadan un grao notable de calidade.

Unha das iniciativas “propagandísticas” que xa ven dos cursos pasado na difusión de novidades da

biblioteca foi a de proxectar durante os recreos breves presentacións audiovisuais, a modo de

spots publicitarios, sobre as máis recentes novidades da ou sobre algún libro relacionado con

acontecementos culturais sinalados.

Page 45: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.45

Así, os profesores de biblioteca fixeron interesantes presentacións sobre Beatles, PyonYang

(cómic sobre Corea do Norte); sobre a poesía española, sobre Orgullo y prejuicio, Jane Austen, ...

Todos pódense ver na páxina de suxestións do noso blog.

Como todos os anos fixemos dende a biblioteca recomendacións de lecturas para nadal

O profesor de PROI desenvolveu perante este primeiro trimestre un traballo na biblioteca coa

colección de Revistas National Geographic, onde o alumnado “buceaba” na percura duns datos

previamente sinalados polo profesor sobre un tema predefinido.

Page 46: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.46

Na mesma liña de divulgación científica na que neste curso insistimos bastante, solicitamos para

Febreiro 2014, á Fundación Barrié, unha exposición de fotografía artística de tema científico:

INVESTIGARTE.

Page 47: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.47

Page 48: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.48

Os alumnos puideron vela na biblioteca. O entusiasmo despertado polas fotografías

contempladas levou a algúns dos alumnos de segundo de bacharelato a participar no concurso

correspondente a este ano 2014.

E unha das fotos presentadas por unha alumna gañou o concurso:

Page 49: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.49

Como xa se fixera no ano anterior, o departamento de Lengua Castellana e Literatura, a

biblioteca e o departamento de plástica prepararon dende xaneiro unha actividade en relación co

21 de Marzo: Día da Poesía. Na primeira fase seleccionáronse versos moi descritivos, axeitados

para o que se pretendía, en colaboración co departamento de Plástica.

Cada un dos alumnos das clases de plástica de 4º de ESO e 1º de Bacharelato escolleu os versos

que lle inspiraran e fixo a súa interpretación artística deles. O formato unificouse para facer unha

exposición temática sobre a poesía.

Page 50: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.50

Page 51: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.51

O resultado foi unha enorme exposición que encheu o instituto e que recibiu visitas de pais e

loanzas de todos. E, o que é mellor, moveu a algúns alumnos e alumnas á curiosidade pola

poesía.

Page 52: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.52

Tras moitos meses de competición de xadrez, o 30 de Abril celebrouse a final do campionato de

xadrez á que asistiron os compañeiros dos finalistas como público. As xogadas proxectábanse na

pantalla da biblioteca

Page 53: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.53

A biblioteca é tamén vía de contacto co mundo, por eso queremos facernos eco das

conmemoracións e festas culturais. De paso, aproveitamos cada unha para facer publicidade do

noso material relativo a elas:

E, como sempre que hai exposicións, unha mesa de material da biblioteca de todo tipo

(películas, cómic, libros en distintas linguas...) en relación co tema.

Page 54: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.54

Vai medrando o número de profesores que optan por dar as súas clases

na biblioteca. É ilustrativo sinalar que, dadas as carencias deste centro en recursos TIC, a

biblioteca estase a converter na zona da “modernidade en novas tecnoloxías” o cal –

entendemos- é unha boa maneira de fomentar a integración da cultura dixital e a cultura impresa.

Page 55: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.55

En colaboración co Departamento de Orientación iniciamos o curso pasado un camiño de

achegamento da biblioteca aos pais. Con esta finalidade fixemos unha primeira actuación que

consistiu en deixar nas salas de recepción de pais libros onde se tratan algúns dos problemas mais

comúns da convivencia cos adolescentes e que poden ser de utilidade para nais e pais. De novo

puxemos un cartel animando ao autopréstamo.

Page 56: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.56

Por último, aínda estamos desenvolvendo actividades das que non temos constancia gráfica en

colaboración con Normalización Lingüística, co departamento de Lingua castelá e co de

Educación Plástica.

Como todos os anos, na última semana do curso, a biblioteca concederá premios aos mellores

lectores. Tamén se farán recomendacións de lecturas para as vacacións e préstamo de verán.

Este próximo 28 de Xuño (domingo pola mañá) os centros de Marín (por iniciativa do IES Mestre

Landín) celebraremos na Alameda a II FEIRA DO LIBRO USADO, seguindo o procedemento que se

explica no tríptico.

Page 57: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.57

GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE

EDUCATIVA

O blog da biblioteca está espertando moita participación no alumnado e nos distintos

departamentos. Significativa é a inclusión de enlaces cos blogs de profesores e materiais de

algúns departamentos, co que pouco a pouco estase a converter nunha ferramenta útil para os

traballos do alumnado e a preparación das súas materias.

Como xa dicíamos na memoria do ano anterior, o IES Illa de Tambo está formado por

profesores en xeral pouco dados a cambios, son embargo valora moi positivamente os avances

que se ven na biblioteca e quere, cada vez máis, contribuír a eles. Temos que reseñar a

participación do departamento de plástica , a colaboración con Normalización e a colaboración

habitual dalgúns profesores non pertencentes ao equipo da biblioteca (filosofía, inglés,

matemáticas). O claustro felicitou polo seu traballo repetidamente ao equipo de biblioteca, como

figura nas actas correspondente. Cada vez máis profesores veñen impartir as súas clases á

biblioteca. Así ocorre con algúns profesores de Filosofía, Matemáticas, Economía, Ciencias (máis

reseñables por ser menos habituais ate agora). É ilustrativo sinalar que, dadas as carencias deste

centro en recursos TIC, a biblioteca estase a converter na zona da “modernidade” o cal –

entendemos- é unha boa maneira de fomentar a integración da cultura dixital e a cultura impresa.

Page 58: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.58

Tamén estamos presentes no Consello Escolar e na CCP onde sempre facemos algunha

alusión ás novidades da biblioteca.

GRAO DE INTEGRACIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA NOS

PROCESOS DE ENSINANZA E APRENDIZAXE DAS DIVERSAS ÁREAS

DO CURRÍCULO

A biblioteca ten a aspiración de facerse imprescindible para o desenvolvemento dos programas

de todas as materias pero é difícil que os hábitos cambien bruscamente. Tradicionalmente a

biblioteca víase máis asociada ás asignaturas de “letras”. E nestas materias non é xa necesario

subliñar a cada vez máis forte e estreita relación coa biblioteca na súa práctica cotián. Pero o

equipo da biblioteca ten moi claro que pode facilitar e apoiar igualmente o traballo educativo

nas disciplinas científicas ou técnicas, así que xa dende o curso pasado propuxémonos mercar

novo material informativo e de lecer (cómic, divulgación, xogos) relacionado con ese mundo.

Aínda que os achegamentos por parte de algúns departamentos aínda son escasos, non caemos

no noso empeño.

Pero non solo é necesario mercar novo material impreso. Hoxe o alumnado busca a

información na rede, e nos constatamos que nas súas buscas carecen moitas veces de criterio

para discernir a validez ou a fiabilidade da información á que acceden. Démonos conta tamén de

que nin sequera saben buscar en profundidade a mellor información que poden obter

Page 59: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.59

gratuitamente en internet. Por iso fixemos este curso un directorio por departamentos que

desexamos continuar no curso que ven cunha sinxela guía de busca.

A idea de propoñer dende a biblioteca un proxecto interdisciplinar non se materializou este ano,

pero queremos insistir nela o curso que ven para que faga da biblioteca o verdadeiro centro da

comunidade escolar. Desta maneira tamén potenciamos o achegamento da biblioteca ao

currículo das materias aparentemente alonxadas de ela.

Como o ano anterior fíxose esforzo en cubrir, dende a biblioteca, as necesidades dos alumnos do

Programa de Diversificación Curricular.

Aínda que non quero pecar de optimista e que sei que –como xa dixen- as formas de ensino non

cambian dun día para outro, a biblioteca xa está presente como posibilidade educativa para

moitos profesores e departamentos. Neste curso aumentamos o uso da biblioteca en relación

coas titorías da Eso, as clases de Filosofía, algunhas clases de agrupamentos, Educación plástica,

Tecnoloxía e Economía.

Page 60: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.60

AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO ÁMBITO DE BIBLIOTECA

ESCOLAR NAS QUE PARTICIPOU O PROFESORADO

Celia Sánchez Reboredo participou nos ENCONTROS DOS CENTROS DO PLAN DE MELLORA DE

BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012/2013 (1ª- 7ª CONVOCATORIAS) Encontros do Plan de mellora de

bibliotecas escolares o día 8 de marzo de 2013

A AVALIACIÓN REALIZADA

Como a avaliación do traballo do equipo da biblioteca non debe facela só o propio equipo , dado o

evidente perigo de parcialidade, baseamos a avaliación en tres diferentes indicadores obxectivos:

en primeiro lugar nos datos estatísticos que nos proporciona o propio programa Meiga, como

veremos de seguido. E despois, nos resultados das enquisas dos profesores e do alumnado.

Page 61: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.61

1. CATALOGACIÓN

FONDOS CATALOGADOS A 31/05/14: 7813

catalogados %

01/09/2009 a 31/08/2010 1692 21,66

01/09/2010 a 31/08/2011 3281 41,99

01/09/2011 a 31/08/2012 1154 14,77

01/09/2012 a 31/05/2013 1013 12,97

01/06/2013 a 31/05/2013 673 8,61

TOTAL 7813 100,00

Page 62: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.62

1.2. OUTROS DATOS E CONCLUSIÓNS

1. A catalogación leva un ritmo máis lento co do curso anterior

A diferencia cos cursos anteriores explícase porque:

- hai menos horas de dedicación á biblioteca

- ao comezo, a catalogación tiña prioridade; agora estanse a facer outras moitas actividades

2. Nestes momentos, está completa o case completa a catalogación das seguintes seccións:

0 OBRAS XERAIS

1 FILOSOFÍA

2 RELIXIÓN

Page 63: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.63

3 CIENCIAS SOCIAIS

4 PRODUCCIÓN PROPIA

5 CIENCIAS EXACTAS Y NATURAIS

8 LINGÜÍSTICA. LITERATURA

o Están bastante avanzadas as de:

6 CIENCIAS APLICADAS

7 ARTE. MÚSICA. DEPORTES. ESPECTÁCULOS

9 XEOGRAFÍA. HISTORIA. BIOGRAFÍAS

o E falta moito por facer nos

FONDOS UBICADOS NOS DEPARTAMENTOS

3. A este ritmo, pódese calcular que necesitaremos aínda un ano para acabar de catalogar todos os

fondos da biblioteca, e outro para os dos departamentos.

2. PRÉSTAMO

2.1. NÚMERO TOTAL DE PRÉSTAMOS POR CURSO ACADÉMICO

Hai que ter en conta que nos cursos 10-11 e 11-12 contabilízase o préstamo do mes de xullo para

o verán, o cal non ocorre co curso actual.

Page 64: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.64

préstamos % incremento

01/09/2009 a 31/08/2010 0

01/09/2010 a 31/08/2011 290

01/09/2011 a 31/08/2012 611 10,69

01/09/2012 a 31/05/2013 1010 65,3

01/09/2013 a 31/05/2014 1013 0

Page 65: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.65

2.2. NÚMERO TOTAL DE PRÉSTAMOS POR MATERIA (comparativa curso 12-13/ curso 13-14)

Os datos son necesariamente aproximados, porque hai moitos fondos que están catalogados en

varias materias ao mesmo tempo. Solo se recollen as materias máis frecuentes ou significativas.

nº.prestamos nº.prestamos

materia c.12-13 c.13-14

1. lit. juvenil en español 214 201

2. lit. en español 123 139

3. lit. xuvenil en galego 177 116

4. lit. en galego 50 88

5. cómic 102 80

6. lit. en inglés 93 55

7. lit. traducida al español 55 53

8. filosofía 21

9. francés 10 23

10. CD. DVD. Vídeos 8 5

11. Ciencia 6 4

Page 66: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.66

2.3. USUARIOS DO SERVIZO DE PRÉSTAMO (de 01/09/13 a 31/05/14) Porcentaxe de alumnos/as usuarios de préstamo por grupos e niveis en relación co total de alumnos de cada grupo e nivel

Grupo total alumn. usuarios % usuarios

1º eso-A 29 17 58,62

1º eso-B 30 13 43,33

1º eso-C 29 19 65,52

1º ESO 88 49 55,68

2º eso-A 21 11 52,38

2º eso-B 18 10 55,56

2º eso-C 23 17 73,91

2º ESO 62 38 61,29

3º eso-A 23 3 13,04

3º eso-B 22 12 54,55

3º eso-C 18 9 50,00

3º ESO 63 24 38,10

4º eso-A 29 21 72,41

4º eso-B 18 11 61,11

4º eso-C 9 8 88,89

4º ESO 56 40 71,43

Page 67: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.67

ESO 269 151 56,13

1º bac-A 27 10 37,04

1º bac-B 28 7 25,00

1º bac-C 31 11 35,48

1º bac-D 15 5 33,33

1º BAC 101 33 32,67

2º bac-A 32 21 65,63

2º bac-B 30 10 33,33

2º bac-C 31 8 25,81

2º BACH 93 39 41,94

BACH 194 72 37,11

ESO+BACH 463 223 48,16

Alumnado ESO por grupos (porcentaxe de usuarios)

Alumnado BACHARELATO por grupos (porcentaxe de usuarios)

Page 68: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.68

Alumnado ESO y BACHILLERATO por curso e nivel (porcentaxe de usuarios)

Page 69: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.69

Porcetaxe usuarios/non usuarios do servizo de préstamo por curso y nivel

Page 70: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.70

Page 71: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.71

2.4. USUARIOS DO SERVIZO DE PRÉSTAMO (de 01/09/13 a 31/05/14) Porcentaxe de alumnos/as usuarios de préstamo por grupos e niveis en relación co total usuarios do préstamo

Grupo usuarios %

1º ESO 49 21,97

2º ESO 38 17,04

3º ESO 24 10,76

4º ESO 40 17,94

ESO 151 67,71

1º BAC 33 14,80

2º BACH 39 17,49

BACH 72 32,29

TOTAL ESO+BACH 223 100,00

Page 72: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.72

2.5. USUARIOS DO SERVIZO DE PRÉSTAMO (COMPARATIVA) Porcentaxe de alumnos/as usuarios de préstamo por grupos e niveles en relación co total de alumnos de cada grupo e nivel. Curso 11-12: de 01/09/11 a 31/05/12 Curso 12-13: de 01/09/12 a 31/05/13 Curso 13-14: de 01/09/13 a 31/05/14

NIVEL curso 11-12 curso 12-13 curso 13-14 variación

1º ESO 47,22 44,78 55,68 10,90

2º ESO 16,13 35,29 61,29 26,00

3º ESO 55,00 30,36 38,10 7,74

4º ESO 39,34 48,28 71,43 23,15

TOTAL ESO 39,61 39,76 56,13 16,37

1º BAC 22,62 28,97 32,67 3,70

2º BACH 28,24 30,12 41,94 11,82

TOTAL BACH 25,44 29,47 37,11 7,64

TOTAL ESO+BACH 33,96 35,31 48,16 12,85

Page 73: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.73

2.6. CONCLUSIÓNS

Houbo menos taballo de catalogación

O préstamo mantense prácticamente igual

(b) A porcentaxe de usuarios (en relación co total de alumnos) incrementouse

(c)Parece que podemos interpretar que medrou o número de usuarios pero cada un levou menos

documentos.

(e) Aproximadamente dous de cada tres alumnos/as que utilizaron o préstamo neste curso pertencen á

ESO; e solo un de cada tres, ao bacharelato

(f) O cálculo de préstamo por materias é aproximado (dado que hai moitos documentos incluídos en varias

materias), pero é evidente que a inmensa maioría do que se presta son libros de literatura (sobre todo,

xuvenil) nas distintas linguas (sobre todo, castelá e galego). A sección de cómic, sen embargo, acada niveis

de préstamo equiparables ou superiores aos de outras materias “literarias”

Page 74: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.74

ENQUISA SOBRE HÁBITOS DOS PROFESORES CON REFERENCIA Á BIBLIOTECA

Para que a contesten todos os profesores do centro no mes de novembro e outra vez no mes de xuño para

poder observar, no seu caso, as diferenzas:

Vas cos teus alumnos á biblioteca

Si

Non

Poucas veces

Con frecuencia

Coñeces a disposición dos documentos na biblioteca do centro

Si

Non

Moi pouco

Bastante ben

Usas a páxina web da biblioteca

Si

Non

Moi pouco

Con frecuencia

Podes opinar sobre a composición dos fondos da biblioteca

Están ben

Están anticuados

Hai distribución descompensada entre información e ficción

Presenta carencias en …….

Page 75: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.75

Tes collido en préstamo algún libro da biblioteca

Si

Non, nunca

Asegúraste de que recomendas aos teus alumnos lecturas que poidan atopar na biblioteca

Si, sempre

Ás veces

Non nunca

Esta pequena enquisa a principio de curso e ao final pode darnos mostra de certos cambios nos hábitos dos

profesores con respecto á biblioteca. Agora temos os resultados da de principio de curso, falta a do final De

paso, pode servir para que algúns deles reflexionen sobre a necesidade de coñecer mellor a biblioteca.

ENQUISA SOBRE HÁBITOS DOS ALUMNOS CON REFERENCIA Á BIBLIOTECA

Pasarase a todos os alumnos do centro no mes de novembro e outra vez no mes de maio para poder

observar, no seu caso, as diferenzas:

Vas á biblioteca?

Si

Non

Poucas veces

Con frecuencia

Page 76: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.76

Coñeces a disposición dos documentos na biblioteca do centro?

Si

Non

Moi pouco

Bastante ben

Coñeces a páxina web da biblioteca?

Si

Non

Moi pouco

Bastante ben

Podes opinar sobre a composición dos fondos da biblioteca?

Están ben

Están anticuados

Hai distribución descompensada entre información e ficción

Presenta carencias en …….

Tes collido en préstamo algún libro da biblioteca?

Si

Non, nunca

Page 77: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.77

PREVISIÓNS DE FUTURO

1. En relación coa organización e xestión

o Ampliación das horas de traballo na biblioteca. Ademais de esto, despois da visita

do inspector neste curso, quedou claro que deberemos ter una hora de reunión

semanal do equipo.

o Compra de libros electrónicos para préstamo.

o Habilitar wifi na sala para uso dos alumnos.

o Elaboración de guías de lectura adaptadas aos distintos niveis.

o Adquisición de documentais informativos e formativos, de escasa presencia aínda

na biblioteca.

o Revisión de subscricións periódicas da biblioteca para unha mellor adecuación ás

necesidades do alumnado e o profesorado.

o Abrir o préstamo aos pais e nais.

o Continuación da catalogación. Catalogar os documentos dos departamentos

didácticos para centralizar e difundir os recursos existentes.

2. En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración

no tratamento do currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas

do alumnado.

o É necesario publicitar máis os recursos (sobre todo para aqueles que non van nunca á

biblioteca). Instalaremos unha pantalla na entrada con presentacions de promoción das

novidades que van chegando.

o Sistema de máis participación para compras

Page 78: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.78

o Levar todos os documentos de organización do centro (Reglamento de réximen interno,

Programacións didácticas…) á biblioteca en soporte papel e en soporte informático.

o Colaboración cos departamentos. É necesario aínda achegar a máis profesores á

biblioteca para que eles leven aos seus alumnos en horas de clase. Cada ano queremos

conseguir que alomenos un novo departamento teña una actividade en relación coa

biblioteca (neste curso foron ciencias, plástica, física e filosofía).

o Especial atención aos titores para que algunha das clases de titoría leven aos alumnos á

biblioteca.

o PROXECTO COMÚN: Aínda que xa o tiñamos como obxectivo o curso pasado e non foi

posible lévalo a cabo, pensamos tentalo de novo para este curso. Trátase de propoñer un

tema común de traballo interdisciplinar ao longo de todo o curso, para o que a biblioteca

aporte os materiais, o espazo, a coordinación e o calendario. O tema podería estar

relacionado co entorno (Marín) e ter fácil incardinación co currículo. A proposta dende a

biblioteca podería ser : “A pesca”

o BIBLIOTECA COMO CENTRO CULTURAL: Animar aos alumnos e profesores a expoñer os

seus traballos, recursos multimedia, aínda que non sexan meramente académicos, na

biblioteca.

o Facer exposicións temáticas que permitan “airear” e difundir documentos en torno a un

aspecto que atinxa a varios departamentos

o Continuación do torneo de xadrez iniciado neste curso

o Facer una promoción activa do libro/autor do mes.

o SECCIÓNS BLOG: Continuar seccións do blog que animan á participación como a que leva

a etiqueta de “Creación.” Continúa vixente o propósito de iniciar una sobre propostas de

Page 79: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.79

lectura e outra sobre recopilación e dixitalización de documentos que conteñen a

historia do Instituto que é xa moi longa (máis de 50 anos)

3. En relación coa formación de usuarios e o acceso á información (educación document

Sesións iniciais para o alumnado novo: 1º de ESO e 1º de Bacharelato co seguinte contenido:

o Aprendizaxe da búsqueda en biblioteca

o Divulgación dos variados servizos da páx. web da biblioteca.

o Sesións de entrega de carnés e tríptico informativo.

o Concursos sobre datos da páx. Web. da biblioteca: O biblioconcurso

o Seguir na difusión dos repertorios de páxinas de internet con garantía xa elaborados

polos departamentos en colaboración coa biblioteca e que poden verse no noso blog.

o Quedou pendente do curso pasado a elaboración dunha guía sinxela de criterios para

buscar información fiable na rede.

4. En relación co fomento da lectura e do proxecto lector de centro.

o Mellorar o sistema de participación nas compras de modo que aínda sex amáis

aberto aos desxos e as necesidades dos usuarios.

o Introducción de libro electrónico

o Inclusión dos pais e nais que o desexen no préstamo da biblioteca.

o Concurso de vídeo ou fotografía sobre lecturas.

Page 80: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.80

o E continuamos a insistir nas actividades que xa veñen de anos anteriores

o Conmemoracións diversas: aniversarios de obras ou escritores, día da poesía, día

dos dereitos humanos, mes do libro, as letras galegas….

o Premios aos mellores lectores.

o Exposicións e autopréstamo fóra da biblioteca.

o Brevísimas presentacións de libros nas que colaboren profesores e alumnos.

o Libros para pais e nais ( en colaboración co departamento de orientación) nas

salas de titoría para autopréstamo.

Outras actuacións:

o Mellora da accesibilidade. As obras levaránse a cabo ao final deste curso.

o Como a biblioteca ten que ser tamén o núcleo da documentación sobre o propio

centro, os seus documentos internos, a súa historia, os materiais elaborados no

centro ...iniciaremos unha sección no blog con esta finalidade

o Modificacións na pantalla de proxeccións. Mellora do sonido

o Cambio de armarios despois das obras de mellora da accesibilidade

o Apertura da wifi aos usuarios

Page 81: Memoria biblioteca 2013 _14

BIT (BIBLIOTECA ILLA DE TAMBO) p.81

PRODUCIÓN DE MATERIAIS

Moitos dos documentos producidos este curso pola biblioteca van mostrados nas imaxes desta memoria. A

totalidade deles queda recollida no blog:

http://bibliotecaiesilladetambo.blogspot.com.es/