85

memoria gt v0905055

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Memoria do grupo de traballo de Ponteareas 2010: elaboración de materiariais didácticos dixitáis para mellorar a competencia dixital

Citation preview

Page 1: memoria gt v0905055
Page 2: memoria gt v0905055
Page 3: memoria gt v0905055

1. Características do contexto no que se desenvolveu o proxecto ...................................... 3

2. Xustificación das variacións introducidas con respecto ao proxecto inicial ............. 5

3. Obxectivos acadados .................................................................................................................... 6

4. Programa de contidos e actividades ........................................................................................ 8

5. Metodoloxía ................................................................................................................................... 39

6. Organización de recursos humanos e materiais ................................................................ 40

7.

Page 4: memoria gt v0905055

IES de PonteareasLugar de Barral s/n36860-Ponteareas (Pontevedra)Tlfno.: 986 64 44 06-Fax: 986 64 43 97http://www.edu.xunta.es/centros/iesponteareas/

Page 5: memoria gt v0905055

3

O grupo de traballo: ”Elaboración de materiais didácticos dixitais para mellorar a competencia dixital” naceu da inquedanza e o interés polas novas tecnoloxías dos seus compoñentes, todos eles perteñecentes á plantilla de persoal docente do centro educativo IES de Ponteareas (Ponteareas). Este é un centro de nova creación inaugurado no curso académico 2009-10. Neste centro educativo se imparten estudos de Educación Secundaria Obrigatoria (1ª a 4º de E.S.O.). A cadro de persoal docente está formada por un total de 31 profesores e cun total de 225 alumnos (datos de matrícula ao inicio do curso 2009/10) correspondentes a:

• 1º E.S.O.: 71 alumnas/os.• 2º E.S.O.: 69 alumnas/os.• 3º E.S.O.: 55 alumnas/os.• 4º E.S.O.: 30 alumnas/os.

1. Características do contexto no que se desenvolveu o proxecto

Page 6: memoria gt v0905055

4

Situación inicial Ante a ausencia de presenza do novo centro educativo en internet (xa que a páxina web do centro en Web Dinámicas estaba en proceso de construcción), xurdiu a idea entre varios de nós de crear e dixitalizar material didáctico dende os departamentos e publicalo na rede como apoio complementario á materia impartida no aula e abrir así unha nova canle de comunicación. Pero, para facelo realidade, era necesario principalmente cumprir dous requisitos: o primeiro era obter a formación necesaria para poder levar á práctica este proxecto e en segundo lugar, unha organización e coordinación do traballo entre os docentes implicados creando canles de comunicación que propiciaran o traballo colaborativo entre nós e sacando proveito de todalas ventaxas que nos ofrecen as novas tecnoloxías.

Este grupo de traballo tiña, inicialmente, unha composición heteroxénea en canto a intereses e motivacións pero tamén a nivel de formación en cuestión de novas tecnoloxías. Ademáis, os integrantes do grupo de traballo pertenecen a distintos departamentos didácticos do centro: Ciencias Sociais, Ciencias Naturais, Educación Física, Linguas extranxeiras (inglés), Matemáticas, Educación Plástica e visual e Tecnoloxía.

Page 7: memoria gt v0905055

5

2. Xustificación das variacións introducidas con respecto ao proxecto inicial

Algúns dos contidos non se viron ca profundidade desexada, primando os intereses do grupo, por razóns lóxicas de tempo. POR ISO DECIDIMOS PRIORIZAR E CO SEGUNDO RELA TOR PROFUNDIZAR NOS BLOGS E WIKIS EN VEZ DE PROFUNDIZAR NA: AULA CESGA E PLATAFORMAS E-LEARNING (MOODLE, DOKEOS,….). Xa que a introducción éstes os poderíamos abordar entre os compoñentes do grupo.

O proxecto inicial, xa na sua concepción e fase de diseño, sufriu cambios referentes aos módulos de formación e ao seu contido: estimamos que estábamos a ser demasiado ambiciosos e a variedade na formación inicial dos compoñentes do grupo de traballo podía facer non acadar os obxectivos marcados. Unha vez foi aprobado o proxecto inicial e escomezamos as sesións co devenir da dinámica e ritmo de traballo do grupo eliximos priorizar sobre certas partes do proxecto.

Principáis variacións introducidas respecto ao proxecto inicialAs principais modificacións sobre o proxecto inicial foron as seguintes:

Modificacións Xustificación

• Módulo

• Módulo

• Módulo

Engadir este módulo pero centrándonos nas ferramentos de creación e edición de imaxe (edición de imaxes e retoque fotográfico: GIMP, INKSCAPE e IRFAN VIEW) dado a importancia que ten a edición e optimización de imaxes para o desenvolvemento do resto de contidos do grupo de traballo .

• Módulo formativo MULTIMEDIA:

Nas Suites ofimáticas (OPENOFFICE) centrámonos nas aplicacións para crear presentacións (IMPRESS) e follas de cálculo (CALC) porque estimamos como as aplicacións máis útiles para os nosos propósitos.

• Módulo formativo OFIMÁTICA: • Módulo formativo PÁXINAS WEB:

Eliximos como medio de comunicación e para amosar os contidos elaborados os BLOGS e WIKIS mellor cas PÁXINAS WEB, pola sua facilidade de uso e mantemento. Ademáis das suas aplicacións e uso educativo. Creando páxinas de proba..

Page 8: memoria gt v0905055

6

Obxectivo Grado de consecución do obxectivo

A gran maioría dos obxectivos foron acadados agás nalgún caso que acadouse de forma parcial. Convén sinalar que de forma xeral o obxectivo primordial da formación e actualización nas novas tecnoloxías dos compoñentes foi acadado. Imos analizar brevemente o grao de consecución dos obxectivos.Grado de consecución dos obxectivos

3. Obxectivos acadados

• Contribuir ao desenvolvemento da competencia dixital dos profesores adquirindo e actualizando os seus coñecementos nas novas tecnoloxías.

• Experimentar ca edición básica de imaxe, video, animacións e son: alternativas de aplicacións de código aberto.

• Creación de documentación dixitalizada: documentos, follas de cálculo, bases de datos, PDF, presentacións,...e alternativas de aplicacións libres de código aberto.

• Coñecer e asimilar os principais recursos que aporta a web 2.0 para a súa utilización como recurso educativo.

• Coñecer os aspectos teóricos e prácticos básicos para a creación e deseño dun blog, páxina web, wiki,…

ACADADO: En diferente medida según diferencias individuais no ritmo de aprendizaxe e formación inicial.

ACADADO: non só con aplicacións de escritorio senon tamén con ferramentas web 2.0.

ACADADO: Dentro das capacidades individuias xeramos doumentación coa suite ofimatica de código aberto OpenOffice en diversos formatos para a súa publicación na web.

ACADADO: En diferente medida según diferencias individuais no ritmo de aprendizaxe.

ACADADO: Obtimos formación dos dous relatores sobre sobre a creación de blogs, páxinas web,… e levámolo á práctica.

Page 9: memoria gt v0905055

7

Obxectivos Grado de consecución do obxectivo

• Utilizar todas as posibilidades da web 2.0 e mediante un traballo cooperativo, para a creación de recursos educativos que poderán utilizarse na aula ou implementarse na páxina web do centro.

• Crear modelos estandarizados e Informatizar a documentación de organización do centro que deba estar a disposición de toda a comunidade educativa na páxina web do centro (programacións, reglamentos, proxectos educativos, comunicacións,..).

• Facilitar outras canles de comunicación ás familias co centro educativo.

• Confeccionar materiais para dinamizar, potenciar, compartir e intercambiar experiencias e recursos co resto da comunidade educativa a través das ferramentas web 2.0,...

ACADADO PARCIALMENTE: Este obxectivo aglutina todo o trabllo do grupo. Este é un proceso en constante renovación.

ACADADO: Dentro de cada ún dos departamentos didácticos do centro educativo e según as necesidades e prioridades dos mesmos.

ACADADO: todos os compoñentes do grupo crearon o blog ou páxina web, blog ou wiki. E implementronse na páxina do centro.

ACADADO PARCIALMENTE: O proceso de creación e publicación está en constante producción. Por valorar a súa consecución.

Page 10: memoria gt v0905055

8

Programa inicial

A programación inicial foi concebida da seguinte forma:

1. Optimización das contas de correo. 2. Ferramentas ofimáticas web 2.0 .3. Blogs, páxinas web e wikis colaborativas. 4. Creación básica dunha Wiki como espazo colaborativo e como recurso didáctico.

Programa final

Este programa sufriu varias modifcacións principalmente polos acordos e propostas do grupo de traballo sobre os contidos a desenvolver. O programa final, despóis de non poucos cambios, dividimolo por temática en 5 Bloques ou módulos de formación:

• As contas de correo: Configuración e optimización(etiquetas, grupos,...). O correo como almacenaxe e outras aplicacións alternativas (skydrive/Igoogle).• Edición Multimedia audiovisual: de imaxe, vídeo e son utilizando ferramentas multimedia web 2.0 e aplicacións de código aberto.• Ofimática: producción de documentos utilizando a suite ofimática de código aberto (OpenOffice) e ferramentas web 2.0..• Creación de páxinas web, blogs e wikis: como espazos colaborativos e como recurso didáctico.• Plataformas E-Learning e Aula CESGA.

4. Programa de contidos e actividades

Page 11: memoria gt v0905055

9

Concepción do proxecto

Page 12: memoria gt v0905055

10

PROGRAMA DE CONTIDOS E ACTIVIDADES DESENVOLVIDOS:

Page 13: memoria gt v0905055

11

2. Configuración dunha páxina de inicio con Gmail: iGoogle

1. Creación das contas de correo necesarias para a súa posterior uso cos distintos servizos web 2.0 (Youtube, Flickr, Issu,..) que utilizaremos ao longo do grupo de traballo:a) GMAIL. b) YAHOO!! Mail. c) WINDOWS Live.

CONCRECIÓN DO PROCESO SEGUIDO

A continuación descrbiremos máis detalladamente o proceso seguido no desenvolvemento do proxecto:

Page 14: memoria gt v0905055

12

Crear un grupo cos enderezos dos compoñentes do grupo de traballo.

1. Experimentación cas opcións das contas de corrreo e optimización das mesmas:a) EduXunta.

Page 15: memoria gt v0905055

13

Optimización do correo de Gmail: uso de etiquetas, temas, configuración,…

2. Experimentación cas opcións das contas de corrreo e optimización das mesmas:

a) GMAIL. b) YAHOO!! Mail. c) WINDOWS Live.

Page 16: memoria gt v0905055

14

Utilización de Skydrive coa nosa conta en Hotmail como almacenaxe para os nosos documentos.

3. Utlización da conta de correo como espazo de almacenaxe para os nosos arquivos: subimos arquivos a nosa carpeta Pública:

a) Skydrive.

Page 17: memoria gt v0905055

15

Estas foron as aplicacións empregadas para a edición de imaxes dixitalizadas utilizadas , posteriormente, na cabeceira do blog, páxina web, posts,… e nos documentos ofimáticos xerados.

1. Introducción aos distintos formatos de imaxe. Manexo de distinta aplicacións de código aberto e/ou gratuitas para a creación/edición de imaxes e tratamento de fotografía dixital:a) O Gimp. b) Inkscape. b) Irfanview. c) Photoscape.

Aplicacións de Deseño gráfico

GIMP: Edición de imaxe e fotografía.http://www.gimp.org/

INKSCAPE: Aplicación de gráficos vectoriais.http://www.inkscape.org/

IRFANVIEW: Optimización e presentacións.http://www.irfanview.com/

PHOTOSCAPE: Sinxelo programa de retoque.http://www.photoscape.org/2. Profundizamos na edicion dixital de imaxe para inxerilas despóis nos nosos documentos e porteriormente

xeramos imaxes como iconas e logotipos dos Departamentos, e sacamos fotografías do cento e das saidas

O Gimp

Page 18: memoria gt v0905055

16

O Gimp é unha aplicación de edición de imaxe dixital da que se pode atopar unha versión portable.

• Área de traballo. Menús e bararas flotantes. Caixa de ferramentas. Configuración.

• Ferramentas de debuxo, capas, pinceis,…

• Creación de iconas e logos para os departamentos e de retoque de imaxes fotográficas.: Axustes e filtros.

• O guardado dos arquivos nos distintos formatos de imaxe.

3. Optimización das imaxes por lotes: para convertilos a outros formatos e baixar o tamaño sen perder resolución, visiblemente, a varios arquivos de imaxe á vez.

Irfanview

Page 19: memoria gt v0905055

17

Optimización de arquivos de imaxe por lotes con Irfanview. Na súa páxina está dispoñible unha versión portable para levar no noso pendrive.

Utilización dun programa sinxelo multiproposta como o Photoscape para aplicar efectos fotográficos de aspecto profesional de xeito doado. Existe unha versión portable na sua páxina.

4. Aplicacións de retoque fotográfico.

Photoscape

Page 20: memoria gt v0905055

18Estas foron os servizos web empregados para a almacenaxe de imaxes dixitalizadas. Dándose Creando contas nestes servizos, subindo fotos e compartíndoas co resto do grupo.

1. Utilización dos servizos web 2.0 como alternativa ás aplicacións de escritorio ou portables: utilización destes servizos para a almacenaxe e edición de arquivos audiovisuais: imaxe, vídeo e son para posteriormente usalos na creación das páxinas, blog e wikis.

Flickr: Almacén e xestión da nosa colección de fotografías.http://www.flickr.com/

ImageShack: Alamacén e xestión de imaxes.http://imageshack.us/

Picasa: Servizo de Google de xestión de galerías e álbums de fotografías. http://picasaweb.google.com/

Photobucket: Outro servizo de almacenaxe de imaxes.http://photobucket.com/

Page 21: memoria gt v0905055

19

Aplicacións web 2.0: almacenaxe de imaxe

2. Utilización dos servizos web 2.0 como alternativa ás aplicacións de escritorio ou portables: utilización destes servizos para a edición de arquivos de imaxe e fotografía.

Pixelr: Editor de imaxes tipo Gimp online.http://www.pixlr.com/editor/

Picnik: Editor de fotografías.http://www.picnik.com/appclean

Photoshop Express: Servizo de Adobe que ofrece un Photoshop para a web. https://www.photoshop.com/

Outros: Outros servizos de edicióon de imaxes como: Fotoflexer, Pixer.us, Resizem, …

Page 22: memoria gt v0905055

20

Estas foron os servizos web empregados para a almacenaxe de imaxes dixitalizadas. Dándose Creando contas nestes servizos, subindo fotos e compartíndoas co resto do grupo.

Aplicacións web 2.0: edición de imaxe

3. Utilización de servizos para a almacenaxe e edición de arquivos audiovisuais de vídeo para a creación e implementación nos nosos blogs, páxinas e wikis.

Aplicacións web 2.0: almacenaxe de vídeo

Page 23: memoria gt v0905055

21

Estas foron os servizos web empregados para a almacenaxe de vídeos para usalos nas páxinas web, blogs e wikis.

Youtube: Almacén de vídeos e canal de vídeo propio.http://www.youtube.com/

Vimeo: Alamacén de vídeo en HD.http://vimeo.com/

Dailymotion: Servizo similar a Youtube. http://www.dailymotion.com/

Outros: Outros servizo de almacenaxe de vídeos.

4. Utilización de servizos web 2.0 para a edición de arquivos de vídeo. Cortar e unir fragmentos de vídeo, conversión de formatos, transiciones,… e todo isto na “nube”.

Cellsea: Editor libre de vídeo online.http://www.cellsea.com/

Jay cut: Editor de vídeo online pode inxerirse dentro dun website. http://jaycut.com/

Aditall: Servizo para a edición rápida e sinxela de vídeo online. http://www.aditall.com/

Outros: Outros servizos de edición de vídeos como: Vidavee, Aviary , …

Aplicacións web 2.0: edición de vídeo

Page 24: memoria gt v0905055

22

Con estes servizos poderemos editar e preparar os nosos vídeos para subilos aos nosos espazos na rede ou empregalo como recurso no aula.

5. Utilización de servizos para a almacenaxe e edición de arquivos audiovisuais de són para a creación e implementación como podcast ou para crear audio para vídeo,....

mp3cut: Servizo web para a edición sinxela dos arquivos mp3.http://mp3cut.net/

Vozme: Texto a voz online.http://vozme.com/

Aviary Mina: Plataforma de aplicacións de edición multimedia online. http://aviary.com/tools/myna

Media-Convert: Servizo de conversión de arquivos multimedia e documentos a outros formatos. Entre eles os arquivos de son.

http://media-convert.com/conversion/

Aplicacións web 2.0: edición de son

Page 25: memoria gt v0905055

23

Aplicacións para a edición sinxela de arquivos de audio online.

1. Introducción á suite ofimática OpenOffice: aplicacións, instalación e configuración, solucións portables da aplicación,….

Aplicacións de OpenOffice

Page 26: memoria gt v0905055

24

OpenOffice: a suite ofimática de código aberto con todalas aplicacións. En Portable apps.com pódese descargar unha versión portable (usb).

IMPRESS: Presentacións.

CALC: Follas de Cálculo.

DRAW: Ferramenta de debuxo.

WRITER: Documentos de texto.

BASE: Base de datos.

2. Manexo e uso da aplicación CALC da suite OpenOffice.

Aplicacións de OpenOffice

Page 27: memoria gt v0905055

25

Calc: é unha aplicación de OpenOffice para crear follas de cálculo.

• O área de traballo.

• As barras. Configuración das barras de ferramentas.

• Conceptos básicos. Celdas. Filas. Columnas. Rango de datos. Celda activa.

• Operacións basicas: operadores +, - , /, *, %. Botón suma. Asistente de funcións. Gráficas. Crear follas de cálculo e compartilas co resto grupo.

3. Manexo e uso da aplicación IMPRESS da suite OpenOffice.

Aplicacións de OpenOffice

• O área de traballo. Configuración das barras de ferramentas. O panel de tarefas.

• Ferramentas de debuxo.

• Crear diapositiva. Insertar nela unha imaxe, un vídeo, un son, unha taboa, un gráfico, unha ligazón.

• Configurar a a presentación. Inxerir obxetos. Animación/interacción de obxetos. Plugins. Crear presentacións para compartir cos membros do grupo.

Page 28: memoria gt v0905055

26

Impress: é unha aplicación de OpenOffice para crear presentacións.

1. Utilización das ferramentas web 2.0 ofimáticas: Creación de documentos empregando as distintas aplicacións ofimáticas: (máis adiante veremos outros servizos adicados a darnos almacenaxe para estes documentos e facilitan e melloran o xeito de inxerilos nos nosos blogs,páxinas web, wikis,…)

a) Google Docs

Page 29: memoria gt v0905055

27

Edición dun arquivo de texto en Google Docs.

2. Utilización das ferramentas web 2.0 ofimáticas: Creación de documentos empregando as distintas aplicacións ofimáticas.b) Zoho.

Page 30: memoria gt v0905055

28

Elaboración dunha presentación en Zoho Show.

3. Utilización das ferramentas web 2.0 ofimáticas:c) View Docs Online: subimos documentos xerados .

Page 31: memoria gt v0905055

29

View Docs Online un portal para visualizar os documentos.

1. Despóis de crear meterial dixitalizado teremos que publicalo. Os medios elixidos son as páxinas web, os blogs ou as wikis. Para as páxinas web utilizaremos o programa KOMPOZER

Páxinas web

• Introducción á linguaxe HTML e plantillas CSS.

• Creación de contas en hostings gratuitos.

• Introducción a Kompozer. Aplicación de codigo aberto para o deseño de páxinas web que permite a comprensión e aprendizaxe do código HTML.

• Conceptos básicos para a creación dunha páxina web. Creación dunha páxina web sinxela de proba.

Page 32: memoria gt v0905055

30

Kompozer é unha aplicación de código aberto para a creación de páxinas web. Tamén se pode atopar unha versión portable deste programa.

2. Creación de páxinas web

Aloxamento e creación de Páxinas web

Page 33: memoria gt v0905055

31

A páxina web do Departamento de EF aloxada en Google Sites.

Servizos para crear páxinas web online:

Google sites: Integrado ca conta Google menos flexible coutras opcións pero máis sinxelo.

http://sites.google.com/

Wix: Servizo para crear e aloxar unha páxina web de aspecto profesional en flash.

http://www.wix.com/

1. Creación dos Blogs dos Departamentos onde inxerir toda a documentación creada en fases anteriores do proxecto. Os blogs como recurso didáctico e como canle de comunicación.

Blogs

Page 34: memoria gt v0905055

32

• Elixir a plataforma para o Blog.

• Creación de contas en Blogger. Creación do blog dos departamentos didácticos do centro.

• A configuración e o deseño do blog.Creación de entradas. Inxerir os contidos creados e incorporar novos: documentos, imaxes, videos,…Crear gadgets nas barras laterais. Pestañas.

• Uso educativo do blog. Trucos de blogger e consellos HTML.

Creación dos blogs dos departamentos: o blog de CCNN, Bioloxía e Xeoloxía.

O blog do departamento de CCSS, Xeografía e Historia na páxina web do centro coa imaxe creada para o departamento.

2. Utilizar os gadgets e a imaxe identificativa de cada Departamento para dotar a todos os blos do centro unha imaxe corporativa común. Implementar estes materiais na páxina web do centro.

Page 35: memoria gt v0905055

33

1. Utilización das wikis como recurso educativo complementaria á materia impartida no aula.

• As wikis.

• Creación de contas en Wikispaces.

• Creación dunha wiki de proba. Administración da wiki. Crear páxinas. Creación de discusiones. Engadir contido: imaxes, vídeos, documento, ligazóns,….Deseño da wiki

• Conceptos básicos para a creación dunha wiki. Creación dunha páxina web sinxela de proba. Uso didáctico das wikis.

Wikis

Page 36: memoria gt v0905055

34

A wiki para o aula.

2. Experimentación cas wikis. Elaboración dunha wiki do Departamento ( opcional).

Wikis

Page 37: memoria gt v0905055

35

A wiki do departamento to de E.F.

1. Coñecer as principais plataformas que dan soporte ás aulas virtuais. Probar as versión de proba dalgúns deles, manuais, videotutoriais,...

Aulas virtuais

Page 38: memoria gt v0905055

36

Introducción ás aulas virtuais: Moodle, Dokeos, Claroline, Ilias,..

Moodlehttp://moodle.org/

Dokeoshttp://www.dokeos.com/

As principais plataformas para as aulas Virtuais:

Iliashttp://www.ilias.de/

Clarolinehttp://www.claroline.net/

Aula Cesga é unha contorna para a formación, traballo en equipo e experiencias de innovación e investigación na educación. .

• Coñecer a Aula CESGA.

http://aula.cesga.es/

Page 39: memoria gt v0905055

37

Datas de execución do programa final A continuación resumiremos a programación final do grupo de traballo e os contidos e actividades desenvolvidas nas seguintes datas:

4. Programa de contidos e actividades

Data Actividades desenvolvidas

Page 40: memoria gt v0905055

38

5. Metodoloxía

A metodoloxía que se pretende seguir basarase nos seguintes aspectos:

• Da individualización ao traballo en grupo.• Da directividade ao descubrimento.• Da receptividade ao activismo.• Utilización de métodos indutivos ou dedutivos.

En todo momento estaremos abertos a novas propostas e liñas de traballo de cara á celebración das xuntanzas de traballo. Nalgunhas sesións específicas, a formación estará a cargo de persoas especializadas alleas ao proxecto: “relator”.

• Relator : LAURA FIGUEIREDO

• Relator: JOSE LUIS ROJAS

Sinalar e agradecer tamén a calidade das intervención e o material e recursos entregados polos relatores.

A forma básica de traballo será, nun primeiro momento, o descubrimento guiado pola persoa que máis domine a parte dun módulo de formación a desenvover. O curso terá un carácter eminentemente práctico combinado con algunhas partes das sesións teóricas.

Page 41: memoria gt v0905055

39

No referente á organización e xestión dos recursos adicados no desenvolvemento das sesión do grupo de traballo tíñamos que procurar formación externa e necesaria para a evolución do mesmo. En canto aos recursos materiais dispusemos das instalacións do IES de ponteareas.A/ Recursos Humanos Os recursos humanos previstos foron a comparecencia de dous relatores para dúas temáticas diferentes. A continuación resumimos os contidos da docencia obtida en cada unha das intervencións :

DATA: 10/03/2010 HORAS: 15:00 - 19:00 DURACIÓN: 4 horas

CONTIDOS: Linguaxe HTML: Marcadores.Taboas, listas e citas. Contenedores. Manexo do editor KOMPOZER: Área de traballo e modos. Correo electrónico nunha páxina. Estructura páxina web. Ligazóns nunha imaxe. Taboas, listas e citas. Elementos Multimedia. Introducción aos estilos en cascasda CSS: Sintaxis básica. Conceptos básicos:estilo de fonte, cor de fondo,etc.Como relacionar a plantilla CSS a nosa páxina.

6. Organización de recursos humanos e materiais

Relator: LAURA FIGUEIREDO

Page 42: memoria gt v0905055

40

DATA: 6/05/2010 HORAS: 15:30 - 19:30 DURACIÓN: 4 horas

CONTIDOS: A web 2.0. O uso educativo dos Blogs. Exemplificacións de Blogs educativos.Blogger en Escritorio. Trucos CSS e HTML (II). Máis gadgets: foros, chats, podcast,etc. Creación de WIKIS: Creación da Wiki. Qué é unha wiki?. Uso didáctico das wikis. *

Relator: JOSE LUIS ROJAS

(*) Os contidos a abordar polo segundo relator foron modificados porqué estimamos máis interesante e útil profundizar neses aspectos.B/ Recursos Materiais

As instalacións e materiais dispoñibles no horario do grupo de traballo foron:

Aula de informática: implementada coa seguinte dotación:• 14 ordenadores con conexión a internet .• Posto central con conexión a internet e máis a un canón dixital para amosar o seu esccritorio.• Pizarra, rotuladores e borrador.

Aula de audiovisuais: cun televisor, pizarra dixital e cun canon dixital mais un reproductor DVD. En caso de que fose necesario tamén dispoñíamos da biblioteca do centro.

Ademáis do uso do material funxible ordinario:-Folios e bolígrafos.-Pendrive: personalizado de cada un dos compoñentes do grupo (PDA virtual) coas aplicación portables e

recursos que utilizaremos no transcurso do proxecto.

6. Organización de recursos humanos e materiais

Page 43: memoria gt v0905055

41

7. Temporalización

1413433TOTAL

14514, 21, 283, 10, 17, 243, 10, 2413, 20, 27

Nº de díasmayoabrilmarzofebreiroxaneiromércores

Calendario: un día/semana con sesionesde 3 h. cada día 2009-10

1413433TOTAL

14514, 21, 283, 10, 17, 243, 10, 2413, 20, 27

Nº de díasmayoabrilmarzofebreiroxaneiromércores

Calendario: un día/semana con sesionesde 3 h. cada día 2009-10

Page 44: memoria gt v0905055

42

A temporalización das sesións do grupo de traballo especificase a continuación:

Calendario inicial

As modificacións sobre o calendario están xustificadas por cambios por saídas complementarias ou extraescolares que non tiñan datas fixas dalgúns dos compoñentes do grupo, tamén nas datas concidentes ou próximas as avaliacións (24 de marzo) ou xuntanzas do claustro decidimos modificar estas datas por outras da nosa conveniencia.

Horario inicial Os mércores : 16:00 h.-19:00 h. (3 H.)

Calendario final

Horario final Os mércores : 15:30 h.-18:30 h.(3 H.). Agás a formación recibida polos relatores (4 H.).

Os aspectos a avaliar serán: análise e valoración das produccións do grupo, da docencia recibida, da súa repercusión na práctica educativa, da metodoloxía empregada, o grao de satisfacción do grupo, as propostas de mellora e outros aspectos relevantes. As ferramentas de avaliación serán: postas en común, enquisa e custionario.Procesos de Avaliación

8. Procesos e criterios para a avaliación do proxecto

Indicadores Avaliación do grupo

Page 45: memoria gt v0905055

43

Os aspectos a avaliar foron os seguintes:

a. Valoración global do deseño do proxectob. Nivel de cumprimento dos obxectivos propostosc. Análise e valoración da produción do grupod. Valoración da docenciae. Metodoloxía empregadaf. Grao de satisfacción do grupo de traballo realizado e da súa dinámica internag. Logros e incidencias do proxecto no centroh. Propostas de mellora e de continuidade do traballo

As ferramentas de avaliación empregadas:

Indicadores a, b, c: Posta en comúnIndicador d: Enquisa (a elaborada polo CEFORE)Indicador e, f: CuestionarioIndicador g, h: Posta en común

Boa ou moi boa. Bo ou moi bo. Boa. Aínda que mellorable. Boa ou moi boa. Boa. Moi boa.

Boa. Varias propostas.

CONCLUSIÓNS FINAIS Como conclusións finais temos claro que é fundamental a revisión e actualización de coñecementos constante, pero con máis razón no referente ás novas tecnoloxías. Os avances e evolución da rede arroxan unhas cifras sorprendentes (preto de 1 billón de páxinas indexadas por Google, 10 millóns de entradas na Wikipedia, 100 millóns de vídeos de YouTube que se ven cada día, 130 millóns de blogs na blogosfera, 3 millóns de twitts en Twitter diariamente,… E a lista vai en aumento).

Tomando consciencia deste feito creemos que os docentes poden convertirse en axentes promotores das novas tecnoloxías: xa que éstas, inxeniosamente empregadas, poden convertirse nun bo aliado no aula como elemento motivador para os alumnos, pero tamén como elemento de utilidade para a súa actividade académica. Nesta mesma dirección atopamos ao longo do discorrer do grupo certos servizos web, aplicacións portables e plataformas de aulas virtuais certamente útiles e cun gran potencial tamén para a súa aplicación no aula.

Tamén animamos a utilizar os blogs e wikis como recursos educativos nos que os alumnos poden convertirse en colaboradores e publicar os seus traballos ou inclusive crear os seus propios blogs e páxinas web.

E como non, tamén convidarvos a que probedes o cambio de ser docentes meramente transmisores de contidos elaborados por outras, a docentes creadores dos nosos propios materiais didácticos... E que mellor medio e de máis alcance que internet para compartilos con toda a comunidade educativa.

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

Page 46: memoria gt v0905055

44

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

Propostas de mellora

• Seguir traballando na implementación de contidos elaborados nas nosas páxinas web,blogs e wikis creadas.

• Profundizar no conocemento das aulas virtuais: a ensinanza a distancia usando plataformas como moodle, drupal,..

Consellos para a creación de grupos de traballo sobre a a mesma temática De a cara ao plantexamento de cursos, seminarios e grupos de traballo a desenvolver cunha temática semellante:

Ser práctico coa temporalización e priorizar os contidos: máis vale pouco é ben que tentar abarcar demasiados contidos.

Empregar os servizos na “ nube” (web2.0): sen ter en conta as aplicacións portables, é o mellor xeito de ter os nosos documentos, vídeos, favoritos de internet,… sempre dispoñibles tendo tan só unha PC con conexión a internet.

Profundizar: con este grupo de traballo descubrimos ferramentas baseadas nas novas tecnoloxías que nos soaban moi de lonxe pero que agora estamos polo menos preparados para afrontalos con outros coñecementos.

Practicar e deixar de lado o caderno de notas: no campo das novas tecnoloxías coma noutros campos eminentemente prácticos e imprescindible practicar e experimentar coas aplicacións e ferramentas traballadasdas nas sesións. Este é un camiño, necesario, que hay que pasar a pé.

Tendencias: e complexo estar ao día nesto das novas tecnoloxías. Pero é un paso necesario: actualizarse e especializarse naquelo que nos interesa pode ser unha boa inversión nas TICs.

Page 47: memoria gt v0905055

45

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

Materiais Elaborados

A continuación describiremos detalladamente os materiais elaborados:

• Documentación publicada nos blogs, páxinas web e wikis.• As páxinas web,blogs e wikis dos departamentos.• A PDA virtual do grupo de traballo e manual de uso.• As sesións de traballo con todo material editado nun DVD interactivo máis en internet nun blog.

Continuidade do grupo de traballo

Liñas de traballo futuras quedan abertas como poderían ser:- Inxerir toda a documentación xerada en aulas virtuais (con moodle).- Elaboración de material multimedia enfocado á edición de vídeo e son como recurso educativo (animación, stopmotion,…)- Actividades interactivas en Jclic.

Page 48: memoria gt v0905055

46

Ademáis subiremos parte do material creado (documentación, imaxes e fotos,…) á páxina web do centro:

http://www.edu.xunta.es/centros/iesponteareas/

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

1. Documentación publicada nos blogs, páxinas web e wikis. Amosamos a continuación exemplicacións da documentación elaborada/dixitalizada polo grupo de traballo e que está dispoñible nos distintos canles de communicación elixidos: blogs dos departamentos, páxinas web do centro ou wikis.

Materiais Elaborados

Programacións didácticas. Apuntes. Cadernos e fichas. Exames.

Page 49: memoria gt v0905055

47

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

1. Documentación publicada nos blogs, páxinas web e wikis. Ademáis desta documentación amosamos exemplos de contidos dixitáis publicados.

Materiais Elaborados

Galerías de imaxes. Vídeos.

Page 50: memoria gt v0905055

48

Imaxes. Proxectos de aula.

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

2. As páxinas web,blogs e wikis dos departamentos. A continuación listamos as páxinas webs, blog e wikis creados.

Materiais Elaborados

Blog do Departamento de CCNN, Bioloxía e Xeoloxía:http://departamentobioloxiaexeoloxia.blogspot.com/

Blog do Departamento de Matemáticas:http://www.matesiesponteareas.blogspot.com/

Blog do Departamento de CCSS, Xeografía e Historia:http://ccssiesponteareas.blogspot.com/

Blog do Departamento de Educación Física:http://efiesponteareas.blogspot.com/

Page 51: memoria gt v0905055

49

Blog do Departamento de Educación Plástica:http://plasticagtproba.blogspot.com/

Blog do Departamento de Tecnoloxía:http://tecnoloxiadoiesdeponteareas.blogspot.com/

Blog do Grupo de Traballo do IES de Ponteareas:http://bloggtponteareas.blogspot.com/

Blog do Departamento de linguas extranxeiras-Inglés:http://inglesdoiesdeponteareas.blogspot.com/

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

Materiais Elaborados

Blog do Departamento de CCNN, Bioloxía e Xeoloxía:http://departamentobioloxiaexeoloxia.blogspot.com/

Page 52: memoria gt v0905055

50

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

Materiais Elaborados

Blog do Departamento de CCSS, Xeografía e Historia:http://ccssiesponteareas.blogspot.com/

Page 53: memoria gt v0905055

51

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

Materiais Elaborados

Blog do Departamento de Educación Física:http://efiesponteareas.blogspot.com/

Page 54: memoria gt v0905055

52

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

Materiais Elaborados

Blog do Departamento de linguas extranxeiras-Inglés:http://inglesdoiesdeponteareas.blogspot.com/

Page 55: memoria gt v0905055

53

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

Materiais Elaborados

Blog do Departamento de Matemáticas:http://www.matesiesponteareas.blogspot.com/

Page 56: memoria gt v0905055

54

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

Materiais Elaborados

Blog do Departamento de Educación Plástica:http://plasticagtproba.blogspot.com/

Page 57: memoria gt v0905055

55

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

Materiais Elaborados

Blog do Departamento de Tecnoloxía:http://tecnoloxiadoiesdeponteareas.blogspot.com/

Page 58: memoria gt v0905055

56

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

2. As páxinas web,blogs e wikis dos departamentos. A continuación listamos as páxinas webs, blog e wikis creados:

Materiais Elaborados

Page 59: memoria gt v0905055

57

Wiki do Departamento de Educación Física:http://efiesponteareas.wikispaces.com/

Páxina web do Departamento de Educación Física:http://efiesponteareas.blogspot.com/

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

3. A PDA virtual do grupo de traballo e manual de uso. A PDA virtual pretende ser unha ferramenta multiuso que pódese levar nunha usb. Está contén aplicacións portables: de creación de paxinas web, ofimáticas, edición de vídeo, audio e imaxes, entre outras. Tamén posúe outras ferramentas: reloxio, calculadora, calendario, caderno de notas,… Adxúntase un corto manual de uso desta aplicación nos Anexos da memoria.

Materiais Elaborados

Page 60: memoria gt v0905055

58

A aplicación PDA Virtual en funcionamento.

Manual de uso da aplicación.

9. Conclusións: logros e incidencia no centro

4. As sesións de traballo con todo material editado nun DVD interactivo máis en internet nun blog. Amosamos a continuación exemplicacións da documentación elaborada/dixitalizada polo grupo de traballo e que está dispoñible nos distintos canles de communicación elixidos: blogs dos departamentos, páxinas web do centro ou wikis.

Materiais Elaborados

Page 61: memoria gt v0905055

59

Material publicado na web e máis no DVD interactivo.

10. Anexos

Manual de uso da aplicación Accederemos á interfaz da aplicación executando o arquivo PDA.exe. Uns instantes despóis reproducirase a pantalla completa unha animación que explica gráficamente o uso desta aplicación. Se facemos clic voltaremos ao noso escritorio e aparecerá a PDA.

I. Manual de uso da PDA Virtual

I. Partes do dispositvo.II. Menú de inicio: os meus documentos.III. Aplicacións web 2.0.IV. Ferramentas do dispositivo. V. Aplicacións portables.

Page 62: memoria gt v0905055

60

Manual básico de uso.

10. Anexos

I. Partes do dispositvo

I. Manual de uso da PDA Virtual

Page 63: memoria gt v0905055

61

10. Anexos

II. Menú de inicio: os meus documentos

I. Manual de uso da PDA Virtual

Page 64: memoria gt v0905055

62

10. Anexos

III. Aplicacións web 2.0

I. Manual de uso da PDA Virtual

Page 65: memoria gt v0905055

63

10. Anexos

IV. Ferramentas preinstaladas no dispositivo.

I. Manual de uso da PDA Virtual

Page 66: memoria gt v0905055

64

10. Anexos

V. Aplicacións portables

I. Manual de uso da PDA Virtual

Page 67: memoria gt v0905055

65

10. Anexos

Autores:

I. Manual de uso da PDA Virtual

Page 68: memoria gt v0905055

66

10. Anexos

COLABORACIÓN CO MONOGRÁFICO DA REVISTA “Vicus”: Colaboración ca revista “vicus” co modelo cuberto en formato din A-4. cos apartados requiridos: título, Membros, Coordinador e Asesor e centro sede do proxecto, así como os obxectivos, contidos e descripción do grupo de traballo.

Page 69: memoria gt v0905055

67

GRUPO DE TRABALLO

I.E.S. de Ponteareas

GRUPO DE TRABALLO: GT(V0905055)

Título: “Elaboración de materiaisdidácticos dixitáis para mellorar a

competencia dixital”

Page 70: memoria gt v0905055

TÍTULO“Elaboración de materiais didácticos dixitais para mellorar a competencia dixital”

Coordinador/a:Luis Miguel Quinteiro López

Centro sede:IES de Ponteareas. Ponteareas

Asesor/a:José Ricardo Otero Landín

Obxectivos: Elaborar e

comunicar materiais didácticos dixitáis utilizando as ferramentas web 2.0

Deseñar e crear un blog, páxina web ou wiki como canle de comunicación

Coñecer a edición multimedia e ofimática con aplicacións de código aberto

Texto e unha foto en formato dixital:

Na sociedade actual na que vivimos, cada vez máis tecnolóxica e dixital, parécenos imprescindible que nos centros educativos, os profesores, se convirtan nuns dos elementos promotores e impulsores das novas tecnoloxías. Ademáis, éstas usadas adecuadamente pódense converter nun recurso didáctico motivador e dinamizador na ensinanza e facilitador da labor docente. Pero isto supón unha formación continua dos docentes e máis no caso das novas tecnoloxías. E éste é o obxectivo principal que persegue este grupo de traballo: a formación e actualización dos seus compoñentes para mellorar a súa competencia dixital.

Contidos: Configuración

do correo-e. Creación de

blogs, páxinas web e wikis

Manexo de aplicacións ofimáticas de código aberto

Edición Multimedia

Aulas virtuais e Aula Cesga

Membros do grupo:Margarita Beiro González, Luisa Conde Estévez, José Luis Davila Souto, Laura Grandal González, Álvaro Pérez Cancelas, Iván Rivera Pérez, Jacinto Antonio Saavedra López.

Page 71: memoria gt v0905055