1
1 EXPRESIÓN ESCRITA. O CONTO Nun conto nárrase unha historia que lles sucede a uns personaxes, nun lugar e nun tempo concretos. NORMAS PARA ESCRIBIR UN CONTO Antes de empezar un conto tes que pensar e ter claro as seguintes cousas. 1. A idea: Pode ser un suceso estraño, como a desaparición do meu irmán, un feito máxico, coma conversión dun neno nun paxaro, ou unha aventura divertida a visita dun neno a un “ parque de atraccións”. Tamén pode ser un problema que se lle presenta de pronto a un dos personaxes; por exemplo, un neno descobre que os mobles da súa habitación desapareceron. 2. Os personaxes do conto: Os personaxes dos contos soen ser persoas ou animais; ás veces incluso son cousas que falan e compórtanse como se fosen persoas. Pode haber un bo e outro malo. 3. Lugar e tempo: O escritor debe explicar onde se realiza a acción, (Ex: No bosque, Nun castelo, Unha cidade perdida, no colexio, Nun pais encantado, Na praia, Nun parque de atraccións, Nun polideportivo, No cine, No patio, Na miña casa, No interior da terra, etc), e cando,é dicir, en que momento se realiza. (Ex: Nun pasado moi afastado/ Pola mañá/ Hoxe en día./ Hai cen anos/ Pola tarde./ Pola noite, etc) 4. O mapa do conto: Cando xorde o problema teño que pensar como se vai solucionar. Ou se pasan feitos máxicos que consecuencias van a ter. 5. A acción: Son as cousas que lles ocorre ós personaxes . Viven aventuras, teñen que superar probas difíciles, son enganados ou auxiliados por outros personaxes, reciben premios ou castigos. Os contos soen empezar e acabar dun xeito parecido. Podes utilizar algúns destes principios ou finais. Principios: Finais: Unha vez temos claro o anterior comezamos o conto: Partes do conto: 1. Introdución: é o comezo do conto, o escritor explica onde e cando comeza a acción e presenta a algún personaxe. 2. Nó: Unha vez feita a introdución o autor conta a historia, é dicir, todo o que sucede a acción. Por exemplo, primeiro conta o problema que se lle presenta a un personaxe e logo narra tódalas aventuras que levan á solución. 3. Desenlace: é o remate da historia, pode se-la solución ó problema que xurdiu inicialmente. Últimos pasos Unha vez rematado o conto temos que seguir estes últimos pasos: 1. Ler de novo o conto e comprobar se as oracións están ben explicadas. 2. Escribir correctamente tódalas palabras, valéndose, se é preciso, da axuda do dicionario. 3. Pon as maiúsculas e tiles debidas. 4. Mellora a puntuación , emprega: puntos, comas, a raia do diálogo, dous puntos... 5. Fai debuxos dos momentos máis interesantes do conto. 6. Preséntao axeitadamente e ponlle unha portada atractiva. Érase unha vez... O conto vai empezar así que pechade os ollos e poñédevos a escoitar... Nun país lonxe ... Érase que se era... Hai moitos, moitos anos... E colorín colorado, este conto está pechado cunha chave gardada na ponte dunha fada. Foron felices e comeron perdices. Isto é verdade e non minto, como mo contaron, cho conto. Acabouse o conto, levouno o vento e foise mar a dentro. Entón o galo cantou e este conto rematou

Normas Para Escribir Un Conto

  • Upload
    teri

  • View
    607

  • Download
    6

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Normas para escribir un conto en galego

Citation preview

Page 1: Normas Para Escribir Un Conto

1

EXPRESIÓN ESCRITA.

O CONTO Nun conto nárrase unha historia que lles sucede a uns personaxes, nun lugar e nun tempo concretos.

NORMAS PARA ESCRIBIR UN CONTO Antes de empezar un conto tes que pensar e ter claro as seguintes cousas.

1. A idea: Pode ser un suceso estraño, como a desaparición do meu irmán, un feito máxico, coma conversión

dun neno nun paxaro, ou unha aventura divertida a visita dun neno a un “ parque de atraccións”. Tamén

pode ser un problema que se lle presenta de pronto a un dos personaxes; por exemplo, un neno descobre

que os mobles da súa habitación desapareceron.

2. Os personaxes do conto: Os personaxes dos contos soen ser persoas ou animais; ás veces incluso son

cousas que falan e compórtanse como se fosen persoas. Pode haber un bo e outro malo.

3. Lugar e tempo: O escritor debe explicar onde se realiza a acción, (Ex: No bosque, Nun castelo, Unha

cidade perdida, no colexio, Nun pais encantado, Na praia, Nun parque de atraccións, Nun polideportivo,

No cine, No patio, Na miña casa, No interior da terra, etc), e cando,é dicir, en que momento se realiza.

(Ex: Nun pasado moi afastado/ Pola mañá/ Hoxe en día./ Hai cen anos/ Pola tarde./ Pola noite, etc)

4. O mapa do conto: Cando xorde o problema teño que pensar como se vai solucionar. Ou se pasan feitos

máxicos que consecuencias van a ter.

5. A acción: Son as cousas que lles ocorre ós personaxes . Viven aventuras, teñen que superar probas

difíciles, son enganados ou auxiliados por outros personaxes, reciben premios ou castigos.

Os contos soen empezar e acabar dun xeito parecido. Podes utilizar algúns destes principios ou finais.

Principios: Finais:

Unha vez temos claro o anterior comezamos o conto:

Partes do conto: 1. Introdución: é o comezo do conto, o escritor explica onde e cando comeza a acción e presenta a algún

personaxe.

2. Nó: Unha vez feita a introdución o autor conta a historia, é dicir, todo o que sucede a acción. Por exemplo,

primeiro conta o problema que se lle presenta a un personaxe e logo narra tódalas aventuras que levan á

solución.

3. Desenlace: é o remate da historia, pode se-la solución ó problema que xurdiu inicialmente.

Últimos pasos Unha vez rematado o conto temos que seguir estes últimos pasos:

1. Ler de novo o conto e comprobar se as oracións están ben explicadas.

2. Escribir correctamente tódalas palabras, valéndose, se é preciso, da axuda do dicionario.

3. Pon as maiúsculas e tiles debidas.

4. Mellora a puntuación , emprega: puntos, comas, a raia do diálogo, dous puntos...

5. Fai debuxos dos momentos máis interesantes do conto.

6. Preséntao axeitadamente e ponlle unha portada atractiva.

Érase unha vez...

O conto vai empezar así que pechade os ollos

e poñédevos a escoitar...

Nun país lonxe ...

Érase que se era...

Hai moitos, moitos anos...

E colorín colorado, este conto está pechado cunha chave

gardada na ponte dunha fada.

Foron felices e comeron perdices.

Isto é verdade e non minto, como mo contaron, cho conto.

Acabouse o conto, levouno o vento e foise mar a dentro.

Entón o galo cantou e este conto rematou