13
O frautista de Hamelin

O flautista

  • Upload
    espin

  • View
    465

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O flautista

O frautist

a de

Hamelin

Page 2: O flautista

GRAZAS A Roque, Iñaki,María, Ismael,Sergio,Borja,

Brais,Gonzalo e Samuel polo moito que me aprendestes.

Page 3: O flautista

Había unha vez un pobo onde a xente vivía tranquila. Os agricultores traballaban terreos  nos que  plantaban o que necesitaban para comer eles e o seu gando. Os comerciantes tiñan tendas nas  que vendían os produtos que os artesáns fabricaban. Había avogados e xuíces que se encargaban de que os cidadáns  foran   respectados por todos.

Page 4: O flautista

Todos vivían felices ata que un día apareceu un andazo. A peste das ratas. Aqueles roedores metíanse por todas partes , consumían toda a comida , roían nas roupas, nas casas, andaban por todas partes .Eran tantas que ata os gatos marcharon do pobo porque non eran quen de asustalas.. Había ratas de todas as cores …………………

Page 5: O flautista

Os cidadáns acudían ao concello cada día para lle reclamar ao alcalde e aos concelleiros que buscaran unha solución para aquel desastre que os levaba cara a ruína.

Page 6: O flautista

• Os rapaces non podían ir a escola pois os ratos comían os libros e todos os materiais ..

Page 7: O flautista

• Os médicos tiñan que pasar a consulta subidos das mesas xa que as ratas enchían o chan . E así os traballadores daquel marabilloso Hamelin tiñan que facer quendas polas noites para coidar das ferramentas do traballo.

Page 8: O flautista

• O carniceiro pasaba a noite prendendo o lume preto da carne pois se non as ratas so lle deixaban os osos.

Page 9: O flautista

Por aquelas terras de Alemaña andaba un frautista. Era un home estraño. Oíu as novas de Hamelin e presentouse diante do alcalde .- “Señor eu son quen de libralo deste andazo ” díxolle ao alcalde.O alcalde púxose tan contento que non reparou no prezo. O Frautista tiña o poder de embobar aos que escoitaban a súa música , de tal xeito que empezou a tocar uns sons axeitados para os ratos e estes seguirono ata o río , onde pereceron afogados.

Page 10: O flautista

Unha vez rematada a faena o frautista presentouse diante do alcalde e reclamou o seu.O alcalde que non medira o prezo decatouse de que non podía pagar. O frautista sentiuse estafado e marchou alporizado. Cando chegou a noite volveu pero esta vez non tocaba a música dos ratos , se non que tocaba a música que embobaba aos nenos.

Page 11: O flautista

E así foi como o frautista enganado castigou as xentes de Hamelin.

Page 12: O flautista

PENSAR Que imaxinas que fixo o frautista cos

nenos?- Como pensas que actuou o alcalde?

Foi responsable ou irresponsable?- Pensas que o alcalde podía ter outra

forma de solucionar o problema?

Page 13: O flautista

•ENTENDER

• A quen lle reclama a xente?• Por que llo din a esa persoa?• Como se elixe esa persoa?• En que edificio traballa?• Cantos oficios diferentes aparecen no

conto?• Que solucións darías para solucionar este

problema?