23
12 do 12 de 2012 ás 12 Recitando a Celso Emilio Ferreiro

O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Caderniño sobre a vida e obra de Celso Emilio Ferreiro e os poemas seleccionados para a súa lectura o 12 do 12 de 2012 ás 12h.

Citation preview

Page 1: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

12 do 12 de 2012 ás 12

Recitando a Celso Emilio Ferreiro

Page 2: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO
Page 3: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

O 4 de xaneiro deste ano 2012, cumpríronse 100 anos do

nacemento en Celanova (Ourense) dun escritor e político

galeguista, que estivo sempre coa xente e a xente canda el e

que levou en todo momento a Galicia e a nosa lingua no seu

corazón. Acabando xa este ano, e como homenaxe final, en

moitos colexios e institutos galegos o día 12 do 12 do 2012

leranse poemas deste grande poeta galego

UN POUCO SOBRE A SÚA VIDA

A súa familia traballaba no comercio e tiña terras e

propiedades no campo. O seu pai era galeguista e de aí lle ven

en parte a Celso Emilio a defensa de Galicia e da nosa lingua

tan presentes ao longo da súa vida.

Page 4: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Xa de mozo coñeceu en Ourense a moitos intelectuais galeguistas

de renome (Otero pedrayo, Vicente Risco, López Cuevillas, Castelao..).

Nesta época empezou a publicar poemas (“Cartafol de poesía” xunto a

Xosé Velo) e tamén a desenvolver una grande actividade social e

política constituíndo as “Mocedades Galeguistas de Celanova” e

participando na constitución da “Federación de Mocedades

Galeguistas”.

Ao estoupar a guerra civil Celso Emilio é chamado a filas cos

mozos da súa quinta e enviado á fronte de Asturias. Liquidada a

guerra en Asturias é destinado a Transmisións no edificio da

Telefónica de Oviedo onde, dun xeito casual en 1938, coñece a

Moraima, con quen casará máis adiante e con quen terá catro fillos:

Luís, Xosé María, Isabel e Xabier.

Page 5: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Nun permiso en Celanova fala criticamente nunha tasca sobre o

novo réxime e unha veciña denúnciao ás autoridades do lugar, de xeito

que pasa catro días e tres noites nunha cela do mosteiro de San

Rosendo. O gobernador militar de Ourense ordena a súa execución,

que non se cumpre grazas a influencias de carácter familiar: aí nacerá

o seu coñecido poema “Longa noite de pedra”, que logo lle daría o

título ao libro homónimo.

Á conclusión da guerra retorna a Celanova e exerce con Velo

Mosquera a docencia na súa vila, iniciando por libre estudos de

Dereito e Maxisterio.

Celso Emilio Ferreiro oposita e gaña o posto de secretario e logo

de xefe de Xustiza na Fiscalía de Taxas de Pontevedra, onde traballou

entre 1941 e 1950. Esta será a época na que escribirá poemas, contos

e artigos, integrarase intensamente na vida cultural da cidade e

frecuentará os faladoiros do Carabela e do Imperial, entre outros.

En 1941 publica o seu poemario castelán Al aire de tu vuelo,

singular libro de noivado con poemas amorosos escritos dende 1938.

Tamén en 1947, en Edicións Céltiga publica Bailadas, cantigas e

donaires.

Page 6: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

En outubro de 1949 obtén o título de procurador dos tribunais e

en setembro de 1950 marcha a Vigo a exercer como tal. Alí

compaxinará o seu traballo de procurador co de accionista nunha

oficina de seguros sociais primeiro e co de director dun obradoiro de

fotogravado despois.

Integrarase intensamente na vida cultural da cidade e frecuentará os

faladoiros do Carabela e do Imperial, entre outros.

Page 7: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Publica Voz y voto (1955) e tamén O soño sulagado (1955).

En 1962 publica Longa noite de pedra poemario co que se

consagra como poeta pois o seu recoñecemento foi unánime tanto por

parte dos lectores coma da crítica.

En 1966 emigra a América como única posibilidade por ser

perseguido polas súas ideas políticas. Alí foi Secretario de Cultura da

Irmandade Galega de Caracas (Venezuela) onde realizou un importante

labor a favor de Galicia e da súa lingua.

Pero en 1968 é expulsado por una nova directiva que gañou unas

eleccións fraudulentas. Así comenzou un percorrido laboral que o levou

dun traballo a outro: profesor de gramática castelá, coorector nunha

imprenta… pero estes oficios os perde rápidamente pois os directivos

da Irmandade Galega seguen acosándoo.

Obtén a cidadanía venezolana en marzo de 1969 e logra en 1970

acceder ao posto de corrector de estilo no Gabinete de Prensa da

Oficina Central de Información do entón presidente Rafael Caldera.

Page 8: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Algúns directivos da Hermandad chegan a filtrar a xornais

galegos a falsa noticia da súa morte e do seu fillo, que foi así

anunciada por La Región o 25 de marzo de 1970. Como reacción, Celso

Emilio publica Viaxe ao país dos ananos (1968), que na súa primeira

parte constitúe un ataque a eses emigrantes enriquecidos e

envilecidos.

Ese mesmo ano publica en Caracas Cantigas de escarnio e

maldecir, asinado polo seu pseudónimo satírico Arístides Silveira. E

máis adiante Os autentes (1973), subtitulada Novas cantigas de

escarño, cun introito, sete gómitos e unha náusea final, folleto da

autoría de Alexis Vainacova —outro dos seus pseudónimos.

Page 9: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Estes poemas nos que Celso facía una dura crítica dos galegos que

esqueceran a súa terra e a súa língua fixo de Celso Emilio un dos

poetas preferidos entre os cantautores que, comezaban a aparecer en

Galicia, tendo un papel destacado na chamada “Nova Canción Galega” o

que contribuíu a difundir aínda máis a súa poesía.

En 1973 retorna da emigración e afíncase en Madrid, como

redactor da revista Tribuna Médica. Tamén foi Director da Aula de

Cultura na sección de Literatura Galega do Ateneo de Madrid.

Page 10: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Colaborou no xornal ABC entre outros e publicou Onde o mundo

se chama Celanova, poema no que fala dos seus sentimentos de amor

pola súa terra e os recordos da súa infancia, como paraíso perdido.

Tamén publica A taberna do Galo, Curros Enríquez: Obra poética

completa, Cemiterio privado e supervisou a edición dos primeiros

volumes das súas Obras Completas.

Afiliouse ao Partido Socialista Galego (PSG) e presentouse como

candidato nas eleccións de 1977 pola coalición Candidatura

Democrática Galega. Non saiu elexido por un escaso milleiro de votos.

Ao pouco tempo afiliouse ao PSOE coa esperanza de intervir no seu

proceso de galeguización.

Durante unas vacacións en Vigo, o 30 de agosto de 1979 morreu

como consecuencia dun derrame cerebral. Poucos días despois

apareceu publicado o seu último libro: O libro dos homenaxes.

En 1989 dedicóuselle o Día das Letras Galegas, o que promoveu a

publicación de abondosos estudos sobre a súa obra e a súa vida.

Page 11: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

OS NOSOS

POEMAS

Page 12: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Poema en silenzo

-Dorna feituca do berce

a navigar polo ceo…

-Chsss

Silenzo,

que vai espertar o neno.

Educación Infantil

Page 13: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

O neno

Había un lume aceso

na casa dos avós.

agora ben comprendo

que o lume eramos nós.

O pai que contaba

unha historia medoñenta.

A nai surría, pois

a historia n-era certa.

Afora nos camiños

refungaba o corisco.

Unha irmá preguntaba

polos probes de Cristo.

O vento neboeiro

agallopaba a chaira

¿Onde estan esta noite

Os que non teñen casa?

O bosco era un misterio

rumoroso e lonxano.

O irmau máis pequeño

preguntaba calado.

Agora é xa un home

e sigue preguntando.

1º de Educación Primaria

Page 14: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Canción

O vello cantaba

unha lembranza.

O mozo cantaba

unha esperanza.

O neno cantaba

unha loubanza.

Pobo meu: pois que cantas,

érguete i anda.

1º de Educación Primaria

Page 15: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Coromoto

A mulata Coromoto

é un remuíño musical,

arpas de vento na fala,

ritmo de bongó no andar,

maracas de grau centeo

baixo da brusa a tremar.

Coromoto vén coa lúa,

co sol, Coromoto vai,

pois Coromoto está feita

de luz e de escuridá.

Nos ollos de Coromoto

escondeuse a señardá

dunha cousa que ela nunca,

ela nunca saberá.

La luna busca la sombra

y no la puede encontrar

porque la sombra se esconde

detrás de la madrugá.

2º de Educación Primaria

Page 16: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

XANEIRO 1972, II

Cando quero vivir

digo Moraima.

Digo Moraima

cando semento a espranza.

Digo Moraima

e ponse azul a alba.

Cando quero soñar

digo Moraima.

Digo Moraima

cando é noite pechada.

Digo Moraima

e ponse a luz en marcha.

Cando quero chorar

digo Moraima.

Digo Moraima

cando a anguria me abafa.

Digo Moraima

e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir

digo Moraima.

Digo Moraima

cando a mañá é crara.

Digo Moraima

e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer

non digo nada.

E mátame o silencio

de non dicir Moraima.

3º de Educación Primaria

Page 17: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

EU EN TI

Eu xa te busquei

cando o mundo era unha pedra intaita.

Cando as cousas buscaban os seus nomes,

eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei

no comezo dos mares e das chairas.

Cando Dios procuraba compañía

eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei

cando soio a voz do vento soaba.

Cando o silenzo chamaba polas verbas,

eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei

cando o amor era unha folla branca.

Cando a lúa namoraba as outas cumes,

eu xa te namoraba.

Sempre,

dende a neve dos tempos,

eu, na túa ialma.

4º de Educación Primaria

Page 18: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

MARÍA SOLIÑA

Polos camiños de Cangas

a voz do vento xemía:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

Nos areales de Cangas,

Muros de noite se erguían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

As ondas do mar de Cangas

acedos ecos traguían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

As gueivotas sobre Cangas

son os de medo tecían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

Baixo os tellados de Cangas

anda un terror de agua fría:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

4º de Educación Primaria

Page 19: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

DEITADO FRENTE AO MAR

Lingoa proletaria do meu pobo,

eu fáloa porque sí, porque me gosta,

porque me peta e quero e dame a gaña;

porque me sai de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ao ver tantos patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sin raíces

que ao pór a garabata xa nan saben

afirmarse no amor dos devanceiros,

falar a fala nai,

a fala dos abós que temos mortos,

e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos do lingoaxe,

remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bos que sofren longo

Page 20: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,

non falo pra os ruis e poderosos,

non falo pra os finchados,

non falo pra os valeiros,

non falo pra os estúpidos,

que falo pra os que agoantan rexamente

mentiras e inxusticias de cotío;

pra os que súan e choran

un pranto cotidián de volvoretas,

de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas

de tódolos que sofren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,

berce da miña estirpe,

Galicia, dóce mágoa das Españas,

deitada rente ao mar, ise camiño...

5º de Educación Primaria

Page 21: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

TI E MÁIS EU

(Non falemos dos bobos

que todo o adeprenden nos libros.

Non falemos dos parvos

con cara de domingo;

nin dos sapientes memos,

nin dos túzaros listos,

nin do eterno mal gusto

dos probes novos ricos.)

Falemos de ti e min

xa que vivimos.

Ti i eu nos ventos

e nos solsticios.

Ti i eu nos bosques

e nos ríos.

Ti i eu, historia

de corpos nidios.

Ti i eu, saudade

de álbores íntimos.

Ti i eu sin tempo

polo tempo que imos.

Ti i eu cantando,

chorando e rindo.

6º de Educación Primaria

Page 22: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO
Page 23: O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO