Upload
nguyenphuc
View
218
Download
2
Embed Size (px)
Citation preview
Organiza e patrocina
Colabora
Fotografía: Kake e Croma
Depósito Legal: C 2671-2004
Imprenta Provincial
A Coruña, 2008
O Certame de Pintura Concello de Cambre cumpre este ano as súas vodas de prata.
Non cabe dúbida de que para un concello coma o noso isto supón un esforzo económico importante, pero o feito de poder establecer unha cita anual de tanta relevancia artística, durante vinte e cinco anos consecutivos é moi enriquecedor para todos.
O poder mostrar aos cidadáns e cidadanas de Cambre durante estes anos as tendencias pictóricas máis innovadoras e o devir da arte contemporánea, compensa esforzos.
Na presente edición, como nas anteriores, aparecen representadas un conxunto de alternativas plásticas que marcan o panorama artístico do momento e reflicten de maneira clara o noso presente. É de destacar, quizais máis que nunca, a especial calidade das obras presentadas, o que deu lugar á extraordinaria mostra que conforma este catálogo, froito dunha escrupulosa selección de entre as 240 obras recibidas. Precisamente por ser esta unha edición que marca unha etapa de especial significado, convocouse un premio tamén especial, de 10.000 euros, ademais dos dous que xa viñan sendo habituais, un primeiro dotado con 8.000 euros e un segundo con 4.000 euros.
Para a árdua tarefa de establecer a selección e premios, contamos, como ven sendo unha constante, cun xurado de ben recoñecido prestixio dentro das artes plásticas, aos que agradezo moi sinceramente desde estas páxinas o seu labor profesional e desinteresado.
O meu agradecemento asimesmo ao comité organizador, á Deputación Provincial pola edición deste catálogo, e a todas as persoas, que dunha ou outra forma, contribuíron a que este certame se levase a cabo.
A miña noraboa máis sincera aos artistas seleccionados e premiados.
Só me queda desexar e agardar que o Certame de Pintura Concello de Cambre logre tamén celebrar as súas vodas de ouro.
Cambre, novembro de 2008
ANTONIO VARELA SAAVEDRAAlcalde de Cambre
Píntase desde dentro. Desde dentro de un, e desde dentro do que se pinta.Rafael Dieste
Cando Xosé Cobas, “alma mater” do Certame de Pintura concello de Cambre, me chamou para pedirme unha colaboración neste catálogo, púxome nun compromiso. Sobre que vou escribir? Porque a versión persoal dun membro do xurado xa está magnificamente descrita na XXII convocatoria, igual ca os estudos do termo Certame nas súas diversas acepcións realizadas por distintos partícipes en anos anteriores.
Non obstante creo que sería axeitado facer un breve repaso a esta dilatada traxectoria dunha das máis consolidadas citas artísticas do país grazas ao labor realizado por D. Antonio Varela Saavedra e o seu equipo de colaboradores.
Ao longo das sucesivas convocatorias até chegar á XXV edición, os espectadores puideron admirar na sala de Exposición da Biblioteca Central numerosas construcións plásticas de carácter moi diverso tanto polas técnicas empregadas coma polo formato das mesmas. Mediante presenzas moi distintas deséxase incidir nun dos aspectos esenciais da arte actual, o predominio da pictoricidade de carácter bidimensional, porque estas obras, á marxe das modas, reflicten o verdadeiro e histórico triunfo da pintura. Pretenden deste xeito, loitar contra o predominio dunha arte fría, repetida e efémera tan aplaudida nesta época de crise, ao amosar os testemuños duns artistas marcados pola paixón de pintar.
Ao mesmo tempo, os tratamentos e os enfoques innovadores dos traballos presentados ao longo destes vinte e cinco anos, levan a reflexionar sobre os influxos, análises e investigacións que os máis relevantes artistas europeos e americanos exerceron sobre o desenvolvemento e comprensión da arte contemporánea.
En difinitiva, o Certame de Pintura de Cambre fundaméntase na categoría artística dos membros dos seus xurados, na modernidade das distintas personalidades que formulan nas súas propostas desde a primeira convocatoria en 1984 as máis avanzadas linguaxes e discursos expresivos, e no público, que lle corresponde rematar coa súa mirada este proceso creador.
JOSEFINA CERVIÑO LAGOUniversidade da Coruña
COMPOSICIÓN DO XURADO
Roberto González FernándezPintor
Josefina Cerviño LagoProfesora de arte contemporáneo na Universidade da Coruña
Concha JerezArtista interMedia e profesora na Facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca
Guillermo Pérez VillaltaPintor
Agustín Ibarrola Goiocoecheaescultor e pintor
OBRA SELECCIONADA
José Carlos Matos Bugallo
O boicoteado ingreso de Turquía na UE100x100Allariz (Ourense)
Almudena Rodríguez Del Pozo
Judith162x160Madrid
Jesús Pizarro Cañamero
Norte y sur150x150Mérida (Badajoz)
Antonio Palazón Molina
Contraste II150x120Cieza (Murcia)
Berta Ares Rodríguez
Gravitacións imaxinarias I100x100Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
María Rodríguez Piñeiro
S/T (Unha palabra túa bastará para sanarme)100x100Vigo (Pontevedra)
José Luis Pastor Calle
Homo periódico (Serie las lógicas de la información)120x120Almagro (Ciudad Real)
David Canosa Barreiro
Desde el corazón100x90A Coruña
Ana María Sánchez GonzálezAguas do mundo164x132Madrid
PREMIO EXTRAORDINARIO
Jorge Juan Vázquez Carmona
Trama Pi150x145A Coruña
SEGUNDO PREMIO
Mónica Santos Godoy
Sentido100x100A Coruña
ACCÉSIT
Xosé Teiga (Xosé Guerra Teiga)
Laberinto100x160Santiago de Compostela (A Coruña)
Simón Pacheco
En-Entre165x93Vigo (Pontevedra)
Klaus Ohnsmann
Kitchen 164x110Becerril de la Sierra (Madrid)
Dolores Gálvez
Desplegar las alas130x130Pontevedra
Luis Alberto Romero Hernández
La primera mentira100x100Soria
Manuel Bouzo Bouzas
La reconstrucción de los paisajes (Kashi)130x162Madrid
Lola Berenguer Suárez
Once del doce140x140El Ejido (Almería)
PRIMEIRO PREMIO
Dolores López Polo
Sen título120x98A Coruña
Xurxo Alonso
Xardín de Portorrego (Colección Aldemunde)150x150Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
José Manuel Vela Caballero
Pintor con cerdo150x150Pozuelo de Alarcón (Madrid)
ACCÉSIT
Fernando Arenaz Búa
Gena Rowlands (Da serie miradas)90x117Cambados (Pontevedra)
Jesús Nieto Pantoja
Hamburgo97x146Madrid
Cora Vidal Fernández
Oitenta e tres horas e vinte nove minutos100X100A Cañiza (Pontevedra)
Modesto Pérez Arias
Home of the brave100x92A Coruña
José Antonio Pérez Esteban
El encuentro III160X120Alginet (Valencia)
Miguel García Cano
Montañas del Sur XVI (El silencio)120x120Valencia
Pablo Giráldez Río (O Pastor)
Corvo120x120Redondela (Pontevedra)
María Victoria Rodríguez Soler
Duo seraphim100x130Poio (Pontevedra)
David Méndez Alonso
Remember Cervantes162x146Pontevedra