6
QUEN É O TEU MALO FAVORITO A Biblioteca ofrécevos cada semana CINCO personaxes realmente malos. Deberedes votar entre eles o voso favorito, ben no taboleiro, ben no noso muro en Facebook .com/IESCelanova. Ao remate da campaña de animación, saberemos os que para vós son os mellores malos, é dicir, os peoriños. Declararemos o vencedor absoluto e sortearase entre os votantes un premio sorpresa que gardará relación coa temática. 1

Os cinco desta semana

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Malos malosos

Citation preview

Page 1: Os cinco desta semana

QUEN ÉO TEU MALO

FAVORITO

A Biblioteca ofrécevos cada semana CINCO personaxes realmente malos. Deberedes votar

entre eles o voso favorito, ben no taboleiro, ben no noso muro en Facebook .com/IESCelanova.

Ao remate da campaña de animación, saberemos os que para vós son os mellores malos, é dicir, os peoriños. Declararemos o vencedor absoluto e

sortearase entre os votantes un premio sorpresa que gardará relación coa temática.

1

Page 2: Os cinco desta semana

QUEN ÉO TEU MALO

FAVORITO

DORIAN GRAYé un personaxe de Óscar Wilde que

representa a corrupción moral. Posuíndo unha aparencia fermosa,

decide inmortalizar a súa beleza nun cadro, mais o cadro acaba por ser

un espello do seu interior corrupto e vai cambiando ata representar unha figura repulsiva como a alma do seu

modelo. 2

Page 3: Os cinco desta semana

QUEN ÉO TEU MALO

FAVORITO

DOUTOR MORIARTYé o antagonista de Sherlock Holmes.

Sen el, o detective non é ninguén. Cunha intelixencia semellante á do heroe, estimula a súa capacidade

dedutiva e anda a enredar continuamente desde o lado escuro

do delito.

3

Page 4: Os cinco desta semana

QUEN ÉO TEU MALO

FAVORITO

VOLDEMORTa peor ameaza para Harry Potter,

representa un poder maligno, eterno e invencíbel , que a duras penas é quen de esquivar o pequeno heroe.

Adopta todas as formas, coñece todos os segredos.

4

Page 5: Os cinco desta semana

QUEN ÉO TEU MALO

FAVORITO

TORQUEMADAAmigo de chamuscar conversos, bruxas

e relapsos. Condenou á fogueira a moitos, iso sí, en nome de Deus. Hai

maior perversidade?

5

Page 6: Os cinco desta semana

QUEN ÉO TEU MALO

FAVORITO

THE JOKERPor algunha razón, a risa desenfreada é algo que sempre se asocia co mal. Joker é unha

gargallada maligna que goza argallando bromas perversas, nas que o único a rir é o

propio Joker. Os malos posuídos pola ira son temibles, pero os desenfadados, non xa indiferentes á dor, senón sadicamente

brincallóns son peores.

6