32
INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL INFORMACIÓN BÁSICA PARA TRABALLADORES OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIAL

OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

  • Upload
    hahanh

  • View
    217

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

INFORMACIÓN BÁSICAPARA TRABALLADORES

OS PRODUTOSQUÍMICOS

PERIGOSOS:SECTOR

INDUSTRIAL

Page 2: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

Entendemos por produtos químicos os elementos e os compostos químicos e as súas mesturas, sexan naturais ou sintéticos como é o caso dos que se obteñen nos procesos de produción.

Grazas a eles acadamos un maior benestar: melloramos a calidade e a produción dos alimentos, curamos enfermi-dades e gozamos de moitas das comodidades da vida actual.

Os produtos químicos son utilizados, producidos, elaborados.. en traballos moi diferentes: dende refinerías, obras de construción, fabricación de vehículos... ata na limpeza industrial e de edificios ou nas perruquerías.

Os produtos químicos poden ser perigosos xa que poden producir lesións e enfermidades ás persoas, danos materiais coas conseguintes perdas e tamén contaminar o medio.

Todos estes danos pódense evitar:

-Hai que saber que produtos son perigosos en cada traballo e coñecer cales son os perigos de cada un deles.

-Hai que usalos de maneira correcta: coas as medidas de prevención e protección necesarias. Máis escru-pulosamente cos produtos que sexan máis perigosos

Page 3: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

231917

28

30

26

25

16

1015

9

85

3

Edición: (Issga) Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. Xunta de Galicia

Autoría: Lucía Ferrón Vidán, técnica superior en Prevención de Riscos Laborais do Issga

Deseño e maquetación: Juli Molares

Santiago de Compostela, 2014

OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS...............................................................................................

DANOS: Para a saúde............................................................................................................. Incendio/explosión/medio.......................................................................................

COMO EVITAR OS DANOS: 1. Identifica o perigo Tipo de traballos ou tarefas......................................................................... Produtos químicos comercializados: etiqueta............................................. Produtos químicos comercializados: ficha de datos de seguridade............

2. Control da exposición Responsabilidades....................................................................................... Reducir o risco............................................................................................ Boas prácticas.............................................................................................. Embarazo e lactación...................................................................................

CANDO SE PRODUCE O DANO: Actuacións fronte a emerxencias 1 ......................................................................... Actuacións fronte a emerxencias 2.......................................................................... Accidente de traballo/enfermidade profesional......................................................

LEXISLACIÓN BÁSICA ..........................................................................................................................

INFORMACIÓN BÁSICA PARA TRABALLADORES

OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIAL

ÍNDICE

Page 4: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

CANDO SON USADOS SEN AS DEBIDAS PRECAUCIÓNS

TODOS ESTES DANOS PÓDENSE EVITAR

PODEN PROVOCAR ACCIDENTES COS CONSEGUINTES DANOS HUMANOS E MATERIAIS:

-Un incendio, unha explosión, un desprendemento ou fuga de gas tóxico, unha salpicadura dun produto corrosivo,...

3

PODEN PROVOCAR DANOS Á NOSA SAÚDE :

-Trastornos como irritacións, dores de cabeza...

-Enfermidades (do sangue, do sistema nervioso, dos pulmóns, do corazón, do fígado, dos riles, da pel...), algunhas delas moi graves.

-Tamén poden producir problemas de fertilidade ou afectar aos fillos que poidamos concibir.

PODEN PROVOCAR DANOS AO AMBIENTE:

-Contaminación da a auga, do aire, ou do solo.

Previr o risco químico é unha obriga empresarial pero os traballadores/as tamén xogades un papel fundamental, debedes de aplicar a cotío as boas prácticas no manexo destes produtos e participar activamente no deseño, establecemento e mantemento das medidas de prevención de riscos na vosa empresa.

Este documento informativo vai dirixido a vos, traballadores e traballadoras, e informa sobre:

QUE É O RISCO QUÍMICO COMO SE DEBE PREVIR O RISCO QUÍMICO

PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS:

Page 5: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

Cando os respiras: en forma de

gas, vapores, po, fumes, ou líquidos en forma de

espray. VÍA INHALATORIA

Cando pasan a través da túa pel: se

colles por exemplo un trapo empapado nun disolvente ou estás aplicando un produto en

aerosol que cae sobre a túa pel.

VÍA DÉRMICA

Ao tragalos: como

cando tocas superficies contaminadas e logo levas as mans á boca, ou cando tomas alimentos sen lavar antes as

mans. VÍA DIXESTIVA

AS IDEAS CLARAS

1. Os produtos que se venden poden ser perigosos. Podes sabelo pola súa etiqueta.

2. Podes levar tempo traballando cun produto que che está a prexudicar e non ter sínto-mas xa que algunhas enfermidades poden tardar ata 40 anos en manifestarse.

3. Os produtos naturais tamén poden ser perigosos como sucede co amianto, o po de sílice, o po de certas madeiras...

4. Aínda que xa teñas manexado moitos produtos sen te protexer, debes igualmente facelo xa para evitar enfermidades.

5. Se só traballas con produtos perigosos de vez en cando, debes protexerte igual. Un contacto ocasional pode ter tamén graves consecuencias.

6. Non debes fiarte do olor dos produtos. Poden ulir ben ou mesmo non ulir e ser igualmente perigosos.

4

Debes evitar que se produza este contacto para que non poidan penetrar no teu corpo ou o que é o mesmo DEBES EVITAR A EXPOSICIÓN

CONTACTO COS PRODUTOS

QUÍMICOS

DANOS PARA Á SAÚDE

Page 6: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

5

Algunhas veces os danos maniféstanse

DE INMEDIATO

PODEN ALTERAR MÁIS OU MENOS GRAVEMENTE A SAÚDE, ISTO VAI DEPENDER:

- Do tipo de produto: cada un pode producir danos diferentes e de diferente gravidade

- Da vía de penetración

- Da cantidade que penetre no corpo (concentración e tempo de exposición)

- Das características propias de cada persoa ou estado biolóxico (como é o embarazo)

- Unha queimadura por un produto químico (ácido clorhídrico, nítrico, sulfúrico, sosa...)

- Unha intoxicación aguda que pode producir diferentes síntomas: náuseas, vómitos, dor de cabeza, vertixe, dificultade para respirar, perda de consciencia, debili-dade... e incluso a morte como é o caso dunha intoxi-cación por respirar monóxido de carbono.

Algúns danos son REVERSIBLES e

podemos recuperarnos sen que queden

secuelas

- É o caso dunha irritación nos ollos, ou dunha dor de cabeza ou un mareo que desaparece ao non estar xa exposto...

Outros danos son IRREVERSIBLES e o dano feito ao noso corpo queda xa

para sempre

- Unha queimadura importante por un produto corro-sivo, unha bronquite crónica por inhalar repetidamente vapores de amoníaco...

Outras veces aparecen de maneira

RETARDADA: dende uns días ata

decenas de anos despois de estar en

contacto co produto

- Normalmente despois de estar en contacto co produto químico de maneira repetida, moitos días e tempo durante a xornada laboral, como é caso da silicose nos traballadores da pedra por respirar po de sílice, ou do cáncer de pulmón por estar exposto a certos produtos con cromo utilizados por exemplo para o tratamento, limpeza e decapado de metais.

- Nalgúns casos, son consecuencia dunha exposición única, como é o caso de bronquites crónicas provocadas por ter inhalado un gas corrosivo.

DANOS PARA Á SAÚDE

Page 7: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

6

EXEMPLOS DE ENFERMIDADES/DANOS CAUSADOS POLOS PRODUTOS QUÍMICOS

ÓRGANO/SISTEMA AFECTADO

EFECTOS ALGÚNS AXENTES QUÍMICOS RELACIONADOS

CORAZÓN E SISTEMA CIRCULATORIO Anxina de peito/ infartos, arritmias

Derivados nitrados dos fenois (fabricación de pigmentos, síntese química...), antimonio e os seus compostos (fabricación de pinturas, vernices, cerámica....), percloroetileno, monóxido de carbono, tricloroetileno,...

SANGUE

Baixada dos niveis de glóbulos brancos (leucopenias), glóbulos vermellos (anemias)

Chumbo, benceno, gasolinas (certos compoñentes delas e dos seus fumes de combustión), éteres glicólicos (2- metoxietanol, 2- etoxietanol) usados como disolventes en tintes, esmaltes, pinturas...

Leucemia Benceno

APARELLO RESPIRATORIO

Asma,Neumonites alérxicas,Obstrución dos bronquios con dificultade respiratoria,Bronquite,Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)...

Isocianatos orgánicos (fabricación de poliure-tanos), po de madeiras, certos disolventes, formal-dehido, glutaraldehido, metais (aluminio, cadmio, cromo...), ácidos (ácido sulfúrico, nítrico..), bases (sosa, hidróxido cálcico ...), néboas de aceite (fluídos de corte), determinadas aminas (aromáticas e alifáticas), po de sílice, fibras de amianto...

RILES, VEXIGA, FÍGADO

Insuficiencias (renais, hepáticas, mal funcionamento destes órganos)...

Determinados metais pesados (chumbo, mercurio, cadmio, arsénico...) e os seus compos-tos, cloruro de vinilo, hidrocarburos haloxenados (diclorometano, percloroetileno, cloroformo,...), aminas aromáticas (como determinadas anilinas en colorantes, pigmentos, colorantes azoicos...), alcohois, compostos solubles de cromo (VI)...

SISTEMA NERVIOSO

Polineurite (diferentes síntomas como dificultade para andar ou formigueo e falla de sensibilidade, debilidade nas pernas...), tremores, alteracións do comportamento, síndrome parkinsoniana (síntomas similares á enfermidade de párkinson)...

Mercurio, chumbo, selenio e os seus compostos, manganeso e os seus compostos inorgánicos, óxido de etileno, estireno, acrilamida, certos disolventes orgánicos (hexano, butanol, metanol, metilisobutilcetona, benceno, tolueno, etilben-ceno, tricloroetileno, disolvente de stoddard..), fenol...

SISTEMA REPRODUTOR MASCULINO

Problemas de fertilidade, alteracións nos espermatozoides...

1 -cloro -2, 3–epoxipropano (epiclorhidrina), manganeso e compostos, mercurio e derivados, chumbo e os seus compostos inorgánicos, algúns ftalatos...

PEL E MUCOSAS Irritacións, feridas, eccemas...

Ácidos e bases, estireno, níquel e os seus compos-tos, determinados disolventes (tolueno, xileno, clorobenceno, e outros hidrocarburos haloxena-dos...), bifenilos policlorados (PCBs), resinas epoxídicas, formol, cemento, aceites e graxas minerais...

SISTEMA REPRODUTOR FEMININO

Problemas de fertilidade, abortos, baixo peso ao nacer, malformacións, retraso no desenvolvemento do neno...

Mercurio e derivados, chumbo e os seus compostos inorgánicos, 2- etoxietanol, 2- metoxietanol, N,N-dimetilformamida, óxido de etileno, algúns ftalatos...

Cáncer

Amianto, po de madeiras duras (cáncer nasal), níquel, cromo, arsénico, determinados derivados do petróleo, determinadas fibras cerámicas refractarias e fibras para usos especiais...

CáncerAminas aromáticas (en tintes, pigmentos, como aditivos...), cloruro de vinilo (fabricación de PVC)...

Page 8: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

EXEMPLOS DE SENSIBILIZANTES CUTÁNEOS: o látex, o níquel, os aceites de corte, o formaldehido (presente en colas, vernices e resinas... )

EXEMPLOS DE SENSIBILIZANTES RESPIRATORIOS: diferentes isocianatos (utilizados na fabricación de pinturas, de outros acabados, de poliuretano, como adhesivos..) fumes de soldadura de aceiros inoxidables...

AXENTES QUE DEBEN PREOCUPAR ESPECIALMENTE

C - canceríxeno: é calquera produto químico capaz de producir cáncer (tumor maligno ou neoplasia maligna).

M - mutáxeno: aquel que pode producir alteracións no material xenético (cromosomas) da persoa exposta, nalgúns casos está demostrado que esta alteración tamén se transmite aos fillos que poida concibir.

R - tóxico para a reprodución: o que pode alterar a función sexual ou a fertilidade de homes e mulleres, ou que poida ter efectos sobre o desenvolvemento dos descendentes (abortos, anomalías fetais...) e tamén o que ten efectos sobre a

lactación ou a través dela.

Como se indica máis adiante, hai que distinguir entre os axentes considerados CMR e os que tan só existe a sospeita xa que hai datos preocupantes pero as probas non son de todo concluíntes.

OS AXENTES CANCERÍXENOS, MUTÁXENOS E TÓXICOS PARA A REPRODUCIÓN CMR

OS PRODUTOS QUÍMICOS SENSIBILIZANTES

7

Son os que poden provocar reaccións alérxicas como rinite, asma, bronquite, eccemas, urti-carias de contacto, conxuntivite...

Unha porcentaxe importante de persoas ten a reacción cando entra en contacto con estes

produtos.

Normalmente a alerxia aparece despois de estar en contacto

varias veces.

Unha persoa sensibilizada a un produto padecerá os síntomas da alerxia con cantidades ínfimas del. Non poderá volver traballar con este produto se hai o mínimo contacto xa que poñerá

en perigo a súa saúde

Cando unha persoa xa ten a alerxia a un produto dise que

está sensibilizada.

Os efectos, na pel, ollos ou vías respiratorias poden aparecer repentinamente, ser ter sínto-

mas antes.

Se tes que traballar con eles debes evitar o contacto. Debes ser escrupuloso coas medidas de prevención das que se fala máis adiante

DANOS PARA Á SAÚDE

Page 9: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

OUTROS DANOS IMPORTANTES

8

Poden ser a causa DUN INCENDIO, COS CONSEGUINTES DANOS CAUSADOS ÁS INSTALACIÓNS E TAMÉN ÁS PERSOAS.

Cando están en forma de gas, de vapores, de po, poden provocar EXPLOSIÓNS cando se dan certas condicións. En determinadas industrias e procesos este risco débese controlar especialmente (normativa específica)

PODEN CAUSAR CONTAMINACIÓN DO MEDIO, tanto das augas (ríos e augas subterráneas) como do solo (leiras, pastos...) ou do aire (emisión de fumes de incineración sen tratar...)

OLLO coas incompatibilidade dos produtos ao almacenalos! Tamén ao manexar e almacenar os residuos!

Hai NORMATIVAS industriais sobre almacenamento de produtos químicos, sobre botellas e botellóns de gases a presión e sobre residuos que se deben cumprir

DANOS INCENDIO / EXPLOSIÓN / MEDIO

Page 10: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

DIFERENTES MANEIRAS NAS QUE PODEN APARECER

9

CANDO SE PRODUCEN EN FORMA DE PO, AEROSOIS, NÉBOAS, VAPORES OU FUMES E SON LIBERADOS AO AMBIENTE: en operacións de corte, lixado, triturado... de diferentes materiais; nos procesos de soldadura, ou no funcionamento de maquinaria e motores...

EN ACTIVIDADES RELACIONADAS:

- COA SÚA PRODUCIÓN: fabricación de colas verni-ces, pinturas, reactivos, lacas, disolventes, resinas, lubricantes, pegamentos...

- COA SÚA MANIPULACIÓN: aplicación de recubri-mentos, pinturas, vernices e todo tipo de acabados, preparación de mesturas, análises de laboratorio, soldaduras, fabricación de plásticos, de diferentes compoñentes industriais...

- COA LIMPEZA E MANTEMENTO DE LOCAIS, MAQUI-NARIA, RECIPIENTES...

NO ALMACENAMENTO, NO TRANSPORTE E NA ELIMINACIÓN E TRATAMENTO DE RESIDUOS, todas elas actividades sometidas a normativas especiais.

COMO EVITAR OS DANOS

1. IDENTIFICAO PERIGO

TIPOS DE TRABALLOSOU TAREFAS

Page 11: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

A ETIQUETA DUN PRODUTO COMPRADO É A PRIMEIRA FONTE DE INFORMACIÓN

MODELO DE ETIQUETA

10

Le a etiqueta con atención

Contén información básica para

identificar e utilizar correctamente un produto perigoso

- Danos para a saúde e para o medio- Instrucións sobre como almacenalo

e eliminalo- Como actuar en caso de que se

produza un accidente

Esta información é obrigatoria para

todos os produtos químicos perigosos

Tamén debe poñerse nos produtos que se

transvasan ou se volven envasar

Pictogramas de perigo que correspondan

Identificadores do produto

Cantidade

Nome, enderezo e núm.de teléfono

do provedor

ou provedores

Palabra de advertencia:“ATENCIÓN”

ou “PELIGRO”

Frases H : indicacións de perigo

Frases P: consellos

de prudencia

Nome da substanciaNº Índice: ...

Nome comercial ou denominación da mesturaIdentidade das substancias da mestura que contribúan a clasificala en determinadas clases de perigo

Cantidade nominal da substancia ou mestura (pode figurar noutro lugar do envase)

XX, S.A.R/ ACZ.Tel: ...

PELIGRO

Puede provocar cáncerSe sospecha que provoca defectos genéticosProvoca irritación ocular graveProvoca irritación cutáneaPuede provocar somnolencia o vértigoNocivo para los organismos acuáticos, con efectos nocivos

No manipular la sustanica antes de leer y comprender todas las instrucciones de seguridadEN CASO DE exposición manifiesta o presunta: Consultar a un médico.Evitar su llibración al medio ambiente

DEBES ENTENDER ESTA INFORMACIÓN

COMO EVITAR OS DANOS

1.IDENTIFICAO PERIGO

PRODUTOS QUÍMICOSCOMERCIALIZADOS: ETIQUETA

Debe vir como mínimo en castelán

Page 12: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

11

Nas etiquetaspoden aparecer 9 pictogramas

diferentes

Pretenden alertar dos perigos pero:

- Un mesmo pictograma pode usarse para diferentes perigos

- Hai perigos que non se repre- sentan con ningún pictograma

Debemos ler sempre as frases H para saber

todos os perigos dun produto

INFORMACIÓN DA ETIQUETA: OS PICTOGRAMAS DE PERIGO

PERIGOS FÍSICOS

Explosivo Inflamable Comburente Gas a presión Corrosivo para os metais

PERIGOS PARA A SAÚDE

Moi tóxico Afecta á saúdeCorrosivo para a pel /ollos

Pode provocar danos importantes á saúde

PERIGOS PARA O MEDIO

Dana a capa de ozono Perigoso para o medio

Pode haber emanacións de gases, vapores, fumes, po, néboas ou sprays durante o traballo que non teñen etiqueta e son igualmente perigosos. Deben ser tidos en conta na

avaliación de risco químico realizada pola empresa.

COMO EVITAR OS DANOS

1.IDENTIFICAO PERIGO

PRODUTOS QUÍMICOSCOMERCIALIZADOS: ETIQUETA

Page 13: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

12

SIGNIFICADO/OSPICTOGRAMA DE PERIGO

COMO EVITAR OS DANOS

1.IDENTIFICAO PERIGO

PRODUTOS QUÍMICOSCOMERCIALIZADOS: ETIQUETA

PERIGOS FÍSICOS

Gases a presión ( incluso gases seguros poden volverse perigosos cando están presurizados):- Gases contidos nun recipiente a presión: poden ser gases comprimidos, licuados (en estado líquido) ou disoltos (como o acetileno), poden explotar se se quentan- Gases licuados refrixerados: poden causar queimaduras ou lesións crioxénicas (debido ao frío)

Inflamables: produtos en forma de gas, aerosol, líquido ou sólido que poidan:- Quentarse espontaneamente- Inflamarse en contacto co aire ou por efecto da calor- Producir gases inflamables ao estar en contacto coa auga- Reaccionar espontaneamente (descompóñense xerando moita calor)

Explosivos: Produtos que poden causar unha explosión cando se quentan (por efecto dunha chama, unha faísca...)

Comburentes: produtos en forma líquida, sólida, ou de gas que, xeralmente liberando osíxeno, poden provocar ou favorecer un incendio

Corrosivos para os metais: produtos que atacan ou destrúen os metais

Corrosivos para a pel e os ollos: provocan queimaduras na pel a lesións nos ollos se se produce o contacto

Moi tóxicos: produtos que poden intoxicar a unha persoa rapidamente, mesmo con pequenas doses, ao entrar en contacto coa pel, ou ao respiralos ou inxerilos. Poden chegar a provocar a morte

Produtos que poden afectar á saúde por un ou varios destes motivos:- Poden intoxicar a unha persoa pero a doses elevadas- Irritan os ollos, a pel ou as vías respiratorias- Poden provocar alerxias na pel (eccemas, urticarias...)- Son narcóticos: provocan somnolencia ou mareos

Produtos que poden provocar danos importantes á saúde porque teñen algunha/s das seguinte/s propiedade/s perigosa/s:

- Son canceríxenos: poden provocar cáncer- Son mutáxenos: poden provocar mutacións xenéticas nas células que nalgúns casos son herda- das polos fillos- Son tóxicos para a reprodución: afectan á fertilidade de homes e mulleres ou provocan abortos ou malformacións fetais- Son tóxicos xa que poden alterar o funcionamento de determinados órganos como o pulmón, o sistema nervioso..., nuns casos despois de estar exposto unha soa vez e noutros despois de repetidas veces- Presentan perigo por aspiración: produtos líquidos ou sólidos que de chegaren aos pulmóns (pola boca ou nariz, ou ao seren vomitados) poden danalos gravemente e poden incluso chegar a ser mortais- Son sensibilizantes respiratorios: poden provocar alerxias respiratorias (por exemplo asma)

PERIGOS PARA A SAÚDE

Danan a capa de ozono: poden destruír a capa de ozono da atmosfera

Perigosos para o medio: produtos que danan a vida acuática (peixes, crustáceos, algas, plantas acuáticas...)

PERIGOS PARA O MEDIO

Page 14: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

A ETIQUETA DOS CMR

13

Efectos probados (categoría 1A ou 1B)

Sospéitanse os efectos (categoría 2)

CCanceríxenos

MMutáxenos

RTóxicos para a reprodución

Efectos sobre a lactación ou a

través dela

PELIGROH350: Puede provocar cáncer

H350i: Puede provocar cáncer por inhalaciónH351: Se sospecha que provoca cáncer

ATENCIÓN

PELIGROH350: Puede provocar cáncer

H340: Puede provocar defectos genéticosH341: Se sospecha que provoca defectos

genéticos

Sen pictograma

Sen palabra de advertencia

H362: Puede perjudicar a los niños alimentados con leche materna

* O efecto poderá ser só para a fertilidade , ou só para o feto, ou estar probado para un destes efectos e só haber sospeita para o outro; isto poderase reflectir na indicación de perigo correspondente. Exemplo : “Puede dañar al feto. Se sospecha que

perjudica a la fertilidad”.

ATENCIÓN

PELIGROH350: Puede provocar cáncer

H360 *: Puede perjudicar la fertilidad o dañar al feto

H361*: Se sospecha que perjudica la fertilidad o daña al feto

ATENCIÓN

A ETIQUETA DOS SENSIBILIZANTES

Sensibilizantes respiratorios

Sensibilizantes cutáneos

SenSensibilizantes PELIGRO

H334: Puede provocar síntomas de alergia o asma o dificultades respiratorias en caso

de inhalación

H317: Puede provocar una reacción alérgica en la piel

ATENCIÓN

COMO EVITAR OS DANOS

1.IDENTIFICAO PERIGO

PRODUTOS QUÍMICOSCOMERCIALIZADOS: ETIQUETA

Page 15: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

Nota: as informacións que figuran nestas etiquetas danse a título indicativo. Deben ser modificadas ou

completadas cando sexa preciso atendendo ao regulamento CLP sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de

substancias e mesturas.

ALGÚNS EXEMPLOS DE ETIQUETAS

14

A etiqueta indícanos as se-guintes propiedades perigosas do tricloroetileno:

Puede provocar cáncerSe sospecha que provoca defectos genéticos Provoca irritación ocular graveProvoca irritación cutáneaPuede provocar somnolencia o vértigoNocivo para los organismos acuáticos, con efectos nocivos duraderosNo manipular la substancia antes de haber leído y comprendido todas las instrucciones de seguridadEN CASO DE exposición manifiesta o presunta: Consultar a un médicoEvitar su liberación al medio ambiente

Nº Índice: 602-027-00-9

XX, S.A.R/ ACZ..Tel:…

TRICLOROETILENO

PELIGRO

A etiqueta indícanos as seguintes propiedades perigosas do metanol:

Mantener alejado de fuentes de calor, chispas, llama abierta o superficies calientes. - No fumarLlevar guantes de protección/ prendas de protección EN CASO DE CONTACTO CON LA PIEL: Lavar con agua y jabón abundantesEN CASO DE exposición o malestar: Llamar inmediatamente a un CENTRO DE INFORMACION TOXICOLOGICA o a un médico Almacenar en un lugar bien ventilado. Mantener en lugar fresco

Líquido y vapores muy inflamables.Tóxico en caso de ingestión, contacto con la piel o inhalación

Provoca daños en los órganos.

Nº Índice: 603-001-00-XXX, S.A.R/ ACZ..Tel:…

METANOL para cromatografía en fase líquida

PELIGRO

SE QUERES COÑECER MÁIS DEBES CONSULTAR A FICHA DE DATOS DE SEGURIDADE (FDS): -Debe proporcionala o provedor xunto co produto -É obrigatoria para todos os produtos perigosos que se venden a un profesional -Os traballadores deben poder acceder a elas

COMO EVITAR OS DANOS

1.IDENTIFICAO PERIGO

PRODUTOS QUÍMICOSCOMERCIALIZADOS: ETIQUETA

- Canceríxeno- Sospeitoso de ser mutáxeno - Irritante para os ollos e a pel- Tóxico para o sistema nervioso

(somnolencia e vértixe)- Perigoso para o medio

- Inflamable - Toxicidade aguda (por vía

dixestiva, dérmica e inhala-toria)

- Danoso para determinados órganos

Page 16: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

A FICHA DE DATOS DE SEGURIDADE (FDS), UN FOLLETO CON MÁIS INFORMACIÓN

15

Está dirixida aos usuarios profesionais. Entrégasenos a primeira vez que recibimos o produto

Debe vir en castelán e con data de cando se fixo ou revisou (emisión e revisión)

O seu contido está establecido pola normativa (Regulamento REACH)

Contén información moi importante para identificar mellor os perigos do produto e para o seu correcto manexo e almacenamento: seccións 2, 3 e 7

Indícanos como actuar ante unha vertedura accidental: sección 6, e ante un incendio: sección 5

Danos as pautas dos primeiros auxilios: sección 4

Debe actualizarse cando haxa novidades importantes (nova información sobre os perigos, sobre como controlar os riscos, ...)

Se cambia durante un ano dende que se recibiu o produto, o provedor deberá darnos a nova FDS actualizada

1. Identificación da substancia ou a mestura e da sociedade ou a empresa

2. Identificación dos perigos

3. Composición/información sobre os compoñentes

4. Primeiros auxilios

5. Medidas de loita contra incendios

6. Medidas en caso de vertedura accidental

7. Manipulación e almacenamento

8. Controis de exposición/protección individual

ANEXOS: escenarios de exposición cando proceda

9. Propiedades físicas e químicas

10. Estabilidade e reactividade

11. Información toxicolóxica

12. Información ecolóxica

13. Consideracións relativas á eliminación

14. Información relativa ao transporte

15. Información regulamentaria

16. Outra información

DEBE CONTER ESTAS 16 SECCIÓNS

COMO EVITAR OS DANOS

1. IDENTIFICAO PERIGO

PRODUTOS QUÍMICOSCOMERCIALIZADOS: A FDS

Page 17: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

TODOS TEMOS A NOSA FUNCIÓN

16

O EMPRESARIADO:

- Evitar que os seus empregados sufran accidentes e enfermidades causadas polo traballo- Levar adiante o Plan de prevención, que toda empresa debe ter, no que debe figurar o risco químico. O plan dirá

como evitar danos aos traballadores actuando sobre os factores de risco como son os axentes químicos perigosos, o po, os fumes...

- Avaliar os riscos que non se poidan evitar: identificar todos os produtos químicos (non só os comprados) e facer un estudo, realizado por un técnico de prevención, para saber se poden afectar aos traballadores e en que medida poden afectalos

- Informar aos traballadores dos riscos do seu traballo e formalos correctamente sobre como previlos- Actuar inmediatamente cando os riscos sexan moi importantes, e reducir sempre os riscos ao mínimo posible coas

medidas preventivas necesarias- Dar a coñecer o Plan de prevención e facilitarllo aos representantes dos traballadores

- Actuar dun xeito responsable cumprindo coas instrucións e a formación recibida para non se prexudicar a si mesmos ou a outras persoas..

- Usar correctamente as máquinas, aparatos, equipos, ferramentas, produtos químicos...- Usar as proteccións colectivas e individuais que puideran ser necesarias segundo as instrucións recibidas- Informar ao xefe e aos responsables da prevención na empresa de calquera anomalía ou situación que consideren que pode supoñer un risco para o persoal traballador

O PERSOAL TRABALLADOR:

COMO EVITAR OS DANOS

2. CONTROL DAEXPOSICIÓN

RESPONSABILIDADES

Page 18: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

ACTUACIÓNS BÁSICAS PARA REDUCIR O RISCO: 1

17

- Evitar o uso dos produtos perigosos, pensar sempre se é posible non usalos ou senón substituílos por outros que non sexan perigosos ou que o sexan en menor medida

- Utilizar sistemas pechados; mecanizar ou automatizar as tarefas de maior risco: cabinas pechadas, rede de canalizacións para subministrar produtos, toma de mostras mecanizada, pesado automático, lavado automático...

SOBRE O PRODUTO QUÍMICO

- Evitar stocks innecesarios, reducir ao mínimo os produtos químicos presentes- Illar determinados postos de traballo- Cantos menos traballadores manexen produtos perigosos mellor será!- Reducir ao mínimo tempo posible as tarefas con risco- Establecer controles de acceso e sinalización en determinadas zonas- Usar equipos e métodos de traballo seguros- Correcto mantemento dos equipos (seguir as instrucións do subministrador/ instalador)- Instrucións por escrito para as tarefas de maior risco

SOBRE A ORGANIZACIÓN DO TRABALLO

COMO EVITAR OS DANOS

2. CONTROL DAEXPOSICIÓN

REDUCIR O RISCO

MANUAL DE INSTRUCCIONES

LA SIERRA CIRCULAR DE 7 1/4"

ESTE MANUAL CONTIENE INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE LA SEGURIDAD, OPERACIÓN, MANTENIMIENTO Y ALMACE-NAMIENTO DE ESTE PRODUCTO. ANTES DE USARLO, LEA Y COMPRENDA TODAS LAS PRECAUCIONES, ADVERTENCIAS,INSTRUCCIONES Y ETIQUETAS DEL PRODUCTO. DE LO CONTRARIO PODRÍA SUFRIR LESIONES GRAVES O CAUSAR DAÑOSMATERIALES.

Page 19: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

ACTUACIÓNS BÁSICAS PARA REDUCIR O RISCO: 2

OUTRAS ACTUACIÓNS BÁSICAS

18

- Control da contaminación ambiental: . Sistemas de ventilación . Extraccións localizadas (cabinas, campás localizadas...) ou . Equipos pechados

- Instalaranse en función do que diga a avaliación de riscos

MEDIDAS TÉCNICAS:

Formar ao traballador sobre os riscos do seu traballo e sobre como evitalos; debe incluír como usar e manter correctamente os equipos de protección colectiva (extraccións, campás...) e individual (EPI).

A FORMACIÓN:

O Servizo de vixilancia da saúde da empresa, que conta con especialistas en Medicina e Enfermería do Traballo, farache as probas e exames de saúde necesarios para saber, o máis axiña posible se un produto químico pode estar afectando á túa saúde. Para traballar con determinados produtos é obrigato-ria esta vixilancia. Se estiveches exposto a produtos canceríxenos na túa empresa pero xa non o estás deberante seguir vixiando a saúde. Se deixas de traballar na empresa ou xubílaste, tes dereito a continuar o seguimento no Sistema Nacional de Saúde (en Galicia o SERGAS), se fose preciso por un médico especialista. Esta vixilan-cia post-ocupacional facilita a detección precoz da enfermidade, a cobertura médica e o recoñecemento como enfermidade profesional se esta aparecese.Lembra: os datos médicos están sometidos a segredo profesional!

A VIXILANCIA DA SAÚDE:

Uso dos equipos de protección individual (EPI) cando non se poida controlar a contaminación correcta-mente mediante medidas técnicas: máscaras respiratorias, roupa imper-meable, lentes de seguridade...

SOBRE O TRABALLADOR:

- Prohibido comer, beber, fumar e gardar comida nos lugares de traballo

- Lavado de mans- Limpeza regular de equipos e supeficies- Recoller inmediatamente os derrames

(método previsto)- Actuar inmediatamente se hai unha

fuga (método previsto)- Métodos seguros para desfacerse

dos residuos

MEDIDAS HIXIÉNICAS:

COMO EVITAR OS DANOS

2. CONTROL DAEXPOSICIÓN

REDUCIR O RISCO

Page 20: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

QUE PODO FACER EU PARA REDUCIR O RISCO?

19

Le con atención as etiquetas dos produtos e respecta os consellos de manipulación do fabricante.

ANTES DE COMEZAR A TRABALLAR:

DURANTE O TRABALLO (1):

Se a eficacia é similar, escolle sempre o produto menos perigoso dos que tes á túa disposición.

Utiliza a roupa de traballo e os EPI, se é o caso, que che fosen entrega-dos para determinadas tarefas.

Verifica que están dispoñibles os medios de primeiros auxilios e emerx-encia (alarmas, extintores, fontes lavaollos, duchas...).

Debes entender e cumprir as instrucións de traballo e seguridade que recibiches.

Manexa os produtos con precaución. Respecta as normas e procedemen-tos de traballo e as instrucións de seguridade.

Se tes que transvasar un produto, etiqueta o novo envase.

COMO EVITAR OS DANOS

2. CONTROL DAEXPOSICIÓN

BOAS PRÁCTICAS

Page 21: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

QUE PODO FACER EU PARA REDUCIR O RISCO?

20

DURANTE O TRABALLO (2):

Os produtos químicos poden ser incompatibles, non os mestures sen coñecemento. Podes provocar un accidente ou unha intoxicación.

Usa os EPI se son necesarios (máscaras respiratorias, guantes, monos de traballo...): deben ser do teu talle, debe darchos o empresario. Mantennos en bo estado e cámbiaos cando o precisen.

Indícalle ao teu superior os problemas e dificultades do traballo e as reparacións que haxa que facer.

Limpa o teu posto de traballo se é necesario. Non deixes por aí tirado o material, os produtos, os panos mollados ...

Non comas, bebas, nin fumes cando traballes cos produtos químicos. Non leves ningún obxecto nin tampouco as mans á boca.

Lava sempre as mans ao rematar a xornada de traballo ou cando fagas un descanso. Tamén cando quites os guantes.

Copyright European Chemicals Agency

COMO EVITAR OS DANOS

2. CONTROL DAEXPOSICIÓN

BOAS PRÁCTICAS

Page 22: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

Non leves a roupa de traballo a lavar a casa; debes cambiala e levala a limpar regularmente segundo estea previsto na empresa.

Usa as proteccións colectivas (cabinas, campás de extracción...) dispoñibles para cada tarefa. Debes seguir as instrucións de mantemento e alertar aos teus superiores se sospeitas mal funcionamento.

Protexe a túa pel: usa os guantes adecuados seguindo as indicacións que recibiches. Non deixes sen cubrir partes do corpo cando apliques ou se produzan produ-tos en spray ou haxa contaminantes en forma de po fino no aire.

QUE PODO FACER EU PARA REDUCIR O RISCO?

21

DURANTE O TRABALLO (3):

Copyright European Chemicals Agency

NON DUBIDES EN DAR A TÚA

OPINIÓN SOBRE A CORRECCIÓN DAS MEDIDAS PREVENTIVAS

SUXIRE AS MELLORAS QUE

RAZOABLEMENTE CREAS POSIBLE

APLICAR!

TI ES QUEN MELLOR COÑECE

OS RISCOS DO TEU TRABALLO

COMO EVITAR OS DANOS

2. CONTROL DAEXPOSICIÓN

BOAS PRÁCTICAS

Page 23: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

QUE PODO FACER EU PARA REDUCIR O RISCO?

22

Non amontoes produtos e material no teu posto de traballo! Podes provocar un accidente e unha intoxi-cación.

Autor: Instituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo

ALMACÉN DE PRODUTOS QUÍMICOS E RESIDUOS

Recolle os produtos que non uses e almacénaos seguindo as normas da empresa.

Evita facer traballos que produzan faíscas ou calor (esmerilar, soldar, amolar...) cerca dos lugares de alma-cenamento de produtos.

Os residuos químicos perigosos debes manipulalos coas mesmas precaucións que os produtos químicos perigosos. Deben ser clasificados correctamente.Cumpre as instrucións recibidas!

COMO EVITAR OS DANOS

2. CONTROL DAEXPOSICIÓN

BOAS PRÁCTICAS

Page 24: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

23

O persoal traballador en idade fértil deben ser informado no caso de que o seu posto de traballo poida xerar riscos para a reprodución e a maternidade.DEBERÁ RECOLLERSE NA AVALIACIÓN DE RISCOS!

A normativa de prevención indica unha serie de substancias que poden afectar ao embarazo ou á lactación natural e outras ás que de ningunha maneira poderá haber risco de exposición nestes períodos.

Puede provocar cáncer Puede provocar cáncer por inhalaciónSe sospecha que provoca cáncerPuede provocar defectos genéticosSe sospecha que provoca defectos genéticosSe sospecha que perjudica la fertilidad Se sospecha que daña al feto Se sospecha que perjudica la fertilidad. Se sospecha que daña al feto

• Mercurio e derivados• Medicamentos antimitóticos (citotóxicos)• Monóxido de carbono• Axentes químicos de coñecida absorción a través da pel , frases H: Nocivo en contacto con la piel Tóxico en contacto con la piel Mortal en contacto con la piel

Substancias etiquetadas coas seguintes frases H

Outros compostos que poden entrañar risco para a saúde da embarazada e para o feto

PODEN INFLUÍR NEGATIVAMENTE

COMO EVITAR OS DANOS

2. CONTROL DAEXPOSICIÓN

EMBARAZO E LACTACIÓN

Page 25: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

24

Determinados produtos poden afectar á fertilidade de homes e mulleres: se estás exposto a produtos quími-cos e estás a ter problemas para concibir un fillo deberíasllo dicir ao médico do traballo para que te aconselle.

Se estás embarazada ou aleitando ao teu fillo comuní-callo canto antes á empresa. De correres risco o empresario deberá:

- Eliminar aquelas tarefas que supoñan risco no teu posto- Ou ofrecerche outro posto sen risco e co mesmo salario- Se non o houber poderaste beneficiar da baixa por risco durante o embarazo ou a lactación. Esta baixa non ten custe para o empresario

Puede perjudicar la fertilidad Puede dañar al fetoPuede perjudicar la fertilidad. Puede dañar al fetoPuede perjudicar la fertilidad. Se sospecha que daña al fetoPuede dañar al feto. Se sospecha que perjudica la fertili-dadPuede perjudicar a los niños alimentados con leche materna

Chumbo e os seus compostos, na medida en que sexan susceptibles de ser absorbidos polo organismo humano.Substancias CM que non teñan asignado un valor límite ambi-ental (VLA) no documento de valores límite do INSHT (táboa 2):

http://goo.gl/FVfhlI

Substancias etiquetadas coas seguintes frases H

Outros compostos

NUNCA PODERÁ HABER EXPOSICIÓN

COMO EVITAR OS DANOS

2. CONTROL DAEXPOSICIÓN

EMBARAZO E LACTACIÓN

Page 26: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

PROTEXER E ALERTAR

25

- Usar canto antes os medios de extinción: extintores. BIEs..., para apagar un incendio incipiente se é razoable-mente posible

- Apagar subministro eléctrico, activar bloqueos de seguri-dade como portas, activación de alarmas... segundo o previsto nas normas de emerxencia

- Pechar as canalizacións de gas se as houber

SE SE PRODUCE UN INCENDIO:

- Desaloxar ao persoal da zona afectada

- Utilizar a protección respiratoria necesaria antes de entrar no lugar no que se produciu

- Ventilar - Pechar as conducións de gases se as houber

NO CASO DUNHA PERSOA QUE SOFRE ASFIXIA OU SÍNTOMAS DE INTOXICACIÓN

ACTIVAR O PLAN DE EMERXENCIA OU AS ACTUACIÓNS PREVISTAS NAS NORMAS DE EMERXENCIA

- Premer as alarmas ou facer as chamadas necesarias para:

. Evacuar o persoal que sexa preciso, . Atender aos posibles feridos e . Utilizar todos os medios de extinción que sexan necesarios, internos e externos (112)

ACTUACIÓNS FRONTE A EMERXENCIAS 1CANDO SE PRODUCE O DANO

Page 27: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

SOCORRER

26

- PROXECCIÓNS LOCALIZADAS: Lavar a zona afectada con auga abundante durante polo menos 15 min. Se se derramou sobre a roupa débese quitar mentres se lava

- PROXECCIÓNS IMPORTANTES OU REPARTIDAS SOBRE GRAN PARTE DO CORPO: Usar a ducha de seguridade, lavar polo menos 15 min. Retirar a roupa e todo o que estivese en contacto co produto químico (lentes, reloxos, aneis...)

- PROXECCIÓNS AOS OLLOS: Utilizar a fonte lavaollos, lavar os ollos con auga polo menos 15 min. e forzando a apertura das pálpebras; en ausencia de fonte usar un frasco para lavado de ollos

- DESPOIS DE LAVAR CON AUGA IR AO MÉDICO: se é posible

coa FDS do produto

PROXECCIÓN DUN PRODUTO QUÍMICO:

- Sacar canto antes á persoa do lugar contaminado

- Pode ser necesario facerlle o boca a boca (RCP) (persoas adestradas)

- Contactar cun médico en seguida, se é posible coa FDS

- Non darlle alimento nin bebida nin medicación se non é por prescrición médica

- Colocar de lado ao afectado por se fose vomitar

ASFIXIA OU INTOXICACIÓN POR INHALACIÓN:

En contados casos pode non ser adecuado botar auga: ollo co que diga a etiqueta e a FDS!

ACTUACIÓNS FRONTE A EMERXENCIAS 2CANDO SE PRODUCE O DANO

Page 28: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

- O tratamento é diferente segundo o tóxico inxerido- Chamar ao Servizo de Emerxencias Toxicolóxicas (91 562 04 20) e proporcionarlle a información da FDS- É moi importante a axuda médica rápida

INTOXICACIÓN DIXESTIVA:

- Lavar só a zona afectada con auga abundante polo menos durante 15 min. Evitar arrefriar ao queimado- Non quitar roupas nin nada que estea pegado á pel- Nunca botar pomadas, cremas ...só auga- Se a queimadura é importante cubrila con panos limpos humedecidos e acudir a un centro sanitario

QUEIMADURAS POR CALOR:

A maior complicación que se pode presentar é unha parada cardiorrespiratoria. Precisas recoñecela e saber facer aREANIMACIÓN CARDIO PULMONAR (RCP)

RCP

SECUENCIA2 insuflacións de aire por cada 30 compresións cardíacas.

RITMO100 compresións cardíacas por minuto.

Comprobe periodicamente o estado do paciente.

1º Determine a consciencia do accidentado movéndoo e falándolle. Se responde, a non ser que estea en perigo, déixeo na posición na que o atopou.

2º Se non responde, abra o canal respiratorio tirando da cabeza cara atrás e cara arriba e comprobe que respira. No caso de que respire, colóqueo en posición lateral.

3º Se non respira, avise a emerxencias e inicie RCP.

4º Comece coas compresións cardíacas, intercalando insuflacións de aire nos pulmóns do accidentado.

27

SOCORRER

ACTUACIÓNS FRONTE A EMERXENCIAS 2CANDO SE PRODUCE O DANO

Consultas médicas porintoxicaciones yemegencias toxicológicas

91 562 04 20 24h

Page 29: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

ACCIDENTE DE TRABALLO

28

- O empresario deberá dar parte á entidade coa que ten contratadas as continxencias profesionais (na maior parte dos casos unha Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, en diante, a Mutua):

. Nos 5 días do mes seguinte se foron accidentes sen baixa.

. Nun prazo de 5 días se o accidente foi con baixa médica.

. Comunicación urxente (en 24 h): cando é un accidente grave, ou mortal, ou afectou a máis de 4 traballadores. - É obrigatorio facelo usando un parte electrónico: aplicación Delt@ (xestionada polo ministerio con competencias en traballo).

- A comunicación electrónica é a forma de facer oficial o accidente de traballo, xa que pon en marcha as comunicacións a todos os implicados, e de facer posible as prestacións sanitarias e indemnizacións que poidan derivar del.

ENFERMIDADE PROFESIONAL OU CAUSADA POLO TRABALLO

- Cando o médico do servizo de prevención ou o do Sistema Nacional de Saúde (en Galicia o Servizo Galego de Saúde, SERGAS) teña a sospeita dunha doenza causada polo traballo nunha revisión médica, débello comunicar á Mutua, se a empresa non ten Mutua, ao INSS a través da web de Saúde Laboral da administración sanitaria: http://goo.gl/5epoAC

- É o médico da Mutua, na maioría dos casos, ou o do INSS (se a empresa contratou coa Seguridade Social as contin- xencias profesionais) quen debe tramitar o recoñecemento legal da enfermidade usando obrigatoriamente a aplicación electrónica CEPROSS da Seguridade Social (ten un prazo de 10 días dende o diagnóstico).

- A última decisión sobre o recoñecemento legal da enfermidade correspóndelle ao INSS.

Nota: Cando se trata de determinadas empresas que son colaboradoras, é dicir, asumen elas mesmas a protección das contin-xencias profesionais, o servizo médico de empresa debe pasarlle a información, nun prazo de 3 días dende que se diagnostica a enfermidade, á Mutua ou ao INSS, segundo corresponda, para que a tramiten.

ACCIDENTE DE TRABALLO / ENFERMIDADE PROFESIONALCANDO SE PRODUCE O DANO

Page 30: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

DEBES SABER:

Tratamento médico-farmacéutico e terapéutico totalmente

gratuíto

Se provoca baixa laboral, cobrarás o 75

% da túa base reguladora de

cotización e nalgúns casos o 100 % se o recolle o convenio

Non é necesario un período mínimo de cotización para ter

dereito ás prestacións por incapacidade

Tes dereito a indemni-zación se o accidente ou

a enfermidade che deixa secuelas...

29

Podes reclamar se non estás de acordo

cos servizos e prestacións da Mutua na oficina virtual https://www.ovrmatepss.es

//virtual/ ou no teléfono 902 112 651

Algunhas enfermidades, poden

tardar ata 10, 20, 30 ou 40 anos en aparecer. Aínda que non

traballes xa na empresa ou esteas xubilado segue sendo enfermidade

profesional e debe tramitarse como tal. A vixilancia da saúde

post-ocupacional facilita o recoñecemento

legal

Cando se producen danos á

saúde o empresario debe revisar a avaliación de riscos e as medidas de prevención

e, se fose necesario , melloralas. É obrigatorio

investigar as causas

Tamén podes reclamar se,

por exemplo, non te recoñecen a enfermidade como profesional, neste

caso na Dirección provincial do INSS

Cando oaccidente/enfermidade

é debida a falta de medidas preventivas tamén se

penaliza á empresa. Pódeche ter que indemnizar (recargo

de prestacións)

Se te atopas mal e dubidas

de que poida ter relación co traballo, débesllo dicir ao teu médico de cabeceira; se

cres que é unha enfermi-dade profesional vai ao

médico da Mutua

Os danos á saúde por accidentes de traballo e enfermidades profesionais teñen un tratamento diferente que os accidentes e enfermidades comúns, por exemplo:

ACCIDENTE DE TRABALLO / ENFERMIDADE PROFESIONALCANDO SE PRODUCE O DANO

Page 31: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)

Regulamento CE 1907/2006 do Parlamento Europeo e do

Consello, do 18-12-2006, relativo ao rexistro, a

avaliación, a autorización e a restrición das substancias e

preparados químicos (REACH) DOUE L 396 do 30-12-2006 (e

posteriores modificacións) http://goo.gl/AS5sWe

Lei 31/1995, do 8 de novem-bro, de prevención de riscos laborais. BOE núm. 269 do

10/11/1995.

Regulamento (CE) nº 1272/2008 do Parlamento Europeo e do Consello do

16 de decembro de 2008 sobre clasificación, etiquetaxe e envasado

de substancias e mesturas, e polo que se modifican e derrogan as Directivas

67/548/CEE e 1999/45/CE e se modifica o Regulamento (CE) nº

1907/2006. DOUE L L353 do 31-12-2008 (e posteriores modificacións)

http://goo.gl/AGmIKB

Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención. BOE núm. 27 do

31/01/1997.

Real decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os

riscos relacionados coa exposición a axentes canceríx-enos durante o traballo. BOE

núm. 124 do 24/05/1997.

Real decreto 374/2001, do 6 de abril sobre a protección da saúde e

seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes

químicos durante o traballo. BOE núm. 104 do 01/05/2001.

Real decreto 681/2003, do 12 de xuño, sobre a protección da

saúde e a seguridade dos traballadores expostos aos riscos derivados de atmos-feras explosivas no lugar de traballo. BOE núm. 145 do

18/06/2003.

Real decreto 2060/2008, do 12 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de

equipos a presión e as súas instrucións técnicas comple-mentarias. BOE núm. 31 do

05/02/2009.

Real decreto 379/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento de

almacenamentode produtos químicos e as súas

instrucións técnicas complementarias MIE APQ-1, MIE APQ-2, MIE APQ-3,

MIE APQ-4, MIE APQ-5, MIE APQ-6 e MIE APQ-7.BOE núm. 112 do

10/05/2001.

Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contamina-

dos. BOE núm. 181 do 29/07/2011.

Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se estable-cen as disposicións mínimas

de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores de equipos de traballo (BOE

núm. 188 do 07/08/1997).

Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de

seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de

equipos de protección individual (BOE núm. 140 do 12/06/1997).

Decreto 171/2010, do 1 de outubro, sobre plans de

autoprotección na Comuni-dade Autónoma de Galicia.

DOG núm. 203 do 21/10/2010.

ORDE TAS/2926/2002, do 19 de novembro, pola que se establecen novos modelos

para a notificación dos accidentes de traballo e se

posibilita a súa transmisión por procedemento electrónico.

BOE núm. 279 do 21/11/2002.

Real decreto 1299/2006, do 10 de novembro, polo que se aproba o

cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social e se

establecen criterios para a súa notificación e rexistro. BOE núm. 302

do 19/12/2006.

ORDE TAS/1/2007, do 2 de xaneiro, pola que se establece o modelo de parte de enfermidade profesional, se ditan normas para a súa elaboración e transmisión e se crea o correspondente ficheiro de datos persoais.BOE núm. 4 do

04/01/2007.

Actualizado a novembro de 2014Podes descargar este documento en http://issga.xunta.es

30

LEXISLACIÓN BÁSICA

Page 32: OS PRODUTOS QUÍMICOS PERIGOSOS: SECTOR INDUSTRIALissga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentac... · Dexeneración do tecido do pulmón (silicose, asbestose...)