Upload
others
View
0
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
SETEMBRO
2 0 1 8
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE CAMBRE
OFICINA DE
PLANEAMIENTO S.A.
PROGRAMA DE TRABALLO
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE CAMBRE.
PROGRAMA DE TRABALLO. SETEMBRO 2018
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE CAMBRE.
PROGRAMA DE TRABALLO. SETEMBRO 2018
ÍNDICE PÁX.
1 . INTRODUCIÓN. PRIMEIRA DIAGNOSE. 1
2 . DIRECTRICES XERAIS. FORMULACIÓN INICIAL DE OBXECTIVOS. 19
3 . PERIODIFICACIÓN E CALENDARIO ESTIMADO DE FORMACIÓN DO PLAN. 26
3.1. CRONOGRAMA DE DESENVOLVEMENTO DO SERVIZO. 26
3.2. CALENDARIO ESTIMADO PARA A FORMACIÓN E TRAMITACIÓN DO PLAN. 29
4 . ENFOQUE METODOLOXICO DA FORMACIÓN DO PLAN XERAL. 32
5 . METODOLOXÍA DE DESENVOLVEMENTO DOS TRABALLOS DE REDACCIÓN 34
6. PROPOSTA METODOLÓXICA A RESPECTO DA PARTICIPACIÓN PÚBLICA 46
7. PROPOSTA METODOLÓXICA DA COORDINACIÓN INTERADMINISTRATIVA 49
8 . SISTEMAS DE PRODUCCIÓN DOCUMENTAL 51
1
1. INTRODUCIÓN. PRIMEIRA DIAGNOSE.
O termo municipal de Cambre, situado no fondo da Ría do Burgo e estruturado
territorialmente pola súa prolongación nas canles do río Mero e dos seus tributarios,
participa do continuo urbano da Área Metropolitana de A Coruña que se estende dende
a cidade central polos territorios municipais de Arteixo, Culleredo, Oleiros e Cambre,
situados na primeira coroa metropolitana, á que se incorporan Sada, Bergondo,
Betanzos, Carral e Abegondo na segunda coroa, atendendo á entidade territorial
delimitada polo Ministerio de Fomento no seu “Atlas Estadístico de las Áreas Urbanas”.
Este ámbito territorial, excluído o concello de A Coruña, ten a singular característica
dunha ampla experiencia de gobernanza compartida de servizos e iniciativas territoriais
mediante o Consorcio de As Mariñas.
Dende o punto de vista dos límites municipais, Cambre limita cos municipios de Oleiros
e Sada polo norte, Bergondo e Abegondo polo leste, Carral polo sur e Culleredo polo
oeste.
2
O sistema urbano galego está marcado pola polinuclearidade e pola inexistencia dunha
única cidade capaz de polarizar por si mesma o crecemento urbano rexional. O
resultado dun conxunto de cidades de tamaño medio e pequeno, ben implantadas no
territorio, estimula a necesidade de afondar nun relacionamento interurbano crecente
capaz de acadar a masa crítica urbana necesaria para xogar un papel relevante no
conxunto do Sistema Urbano Europeo. Unha experiencia de construción dunha cidade
de cidades como forma de metrópole do noroeste peninsular á imaxe doutros sistemas
urbanos compostos do Centro de Europa.
O proceso de urbanización galego apunta, tamén, formas urbanas novas distintas das
que coñecemos historicamente para a cidade. O fenómeno da difusión urbana no
territorio acada en Galicia unha expresión singular debido ao soporte dun territorio
densamente poboado e un asentamento disposto no extraordinario número de decenas
de miles de entidades de distinto tamaño desde os lugares e aldeas ata as vilas e
cidades.
Neste contexto, a área de A Coruña ten como principal característica a gran dimensión
do seu continuo urbano de media ou baixa densidade, que partindo da cidade central
densa estendeuse pola península de Oleiros-Sada cara ao leste, ao fondo da ría do
Burgo cara o sur nos territorios lindeiros de Cambre, Culleredo e Oleiros, e liñalmente
cara ao oeste en Arteixo, involucrando directamente na súa expansión, en maior ou
menor medida, aos dez municipios que a conforman. A cidade central desbordou
formando un conxunto dinámico e complexo, indicativo das novas tendencias na
distribución do desenvolvemento urbano e no concepto de cidade na escala rexional.
Neste conxunto destaca o continuo urbano de alta densidade que conforma a Ría do
Burgo, con prolongación cara a Vila de Cambre, que está chamado a constituírse nun
nodo de descentralización metropolitano, de rango supramunicipal, superando a función
exclusivamente residencial que ostentou en décadas pasadas.
A Área Metropolitana de A Coruña, integrada na Rexión Urbana Ártabra, é unha das
sete Áreas Urbanas galegas establecidas polas Directrices de Ordenación do Territorio
de Galicia aprobadas no ano 2011. A Rexión Urbana Ártabra xunto coa Área Urbana de
Santiago de Compostela, a Rexión Urbana das Rías Baixas coas áreas metropolitanas
Vigo-Pontevedra e o continuo urbano que configura a Ría de Arousa, conforman o
espazo territorial denominado Eixo Atlántico, vertebrado pola autoestrada AP-9 e a liña
ferroviaria de Alta Velocidade, que representa o espazo de maior crecemento e
dinamicidade no conxunto autonómico.
A característica máis destacada destas áreas urbanas ven constituída polos intensos e
continuados crecementos urbanos e demográficos que se produciron arredor das
3
cidades centrais, procesos que en moitos casos resultaron máis dinámicos que os delas
propias, e que xeraron amplos ámbitos difusos pero fortemente interrelacionados, con
crecementos urbanos que traspasan os límites municipais, cunha crecente mobilidade
interna e nos que se van configurando mercados únicos de vivenda, traballo e
actividades económicas, así como comportamentos sociais comúns e compartidos,
reforzando unha tendencia descentralizadora que, iniciada nos anos 70, veuse
intensificando nas últimas décadas.
Aínda que a planificación integrada da área metropolitana debe ser abordada por un
Plan Territorial Integrado dos previstos na lexislación de ordenación territorial e na
Directrices de Ordenación Territorial de Galicia, non en tanto o planeamento municipal
debe atender ás cuestións referidas ao seu ámbito territorial no marco de estudo da súa
contorna, procurando establecer determinacións que faciliten a configuración dun
sistema urbano equilibrado e policéntrico, máis integrado, sustentable, eficaz e atractivo,
poñendo en valor todas as súas potencialidades e elementos de interese. É neste
contexto, dinámico e complexo, onde se sitúa o territorio municipal de Cambre.
A Área Metropolitana de A Coruña tiña en 2016 unha poboación de 410.486 habitantes,
representando o 36,56% do total provincial, presentando un crecemento da poboación
desde 2001 a razón dunha media de 2.718 efectivos anuais (9,93%), por diante, en
termos absolutos, de calquera das restantes áreas urbanas galegas.
POBOACIÓN DA ÁREA METROPOLITANA DE A CORUÑA POR MUNICIPIOS. 2001-2016
2001 2011 2016
CAMBRE 19.262 23.815 24.141
A CORUÑA 236.379 244.295 243.978
ARTEIXO 23.306 30.605 31.239
CULLEREDO 22.348 29.345 29.638
OLEIROS 27.252 34.120 35.013
SADA 11.464 14.840 15.150
BERGONDO 6.223 6.630 6.656
BETANZOS 12.510 13.305 12.966
CARRAL 5.236 6.100 6.172
ABEGONDO 5.729 5.700 5.533
ÁREA METROPOLITANA DE A CORUÑA 369.709 408.755 410.486
PROVINCIA A CORUÑA 1.096.027 1.137.555 1.122.799
Fonte: Censos de Poboación 2001, 2011. Padrón Municipal de Habitantes 2016. Elaboración propia
4
Este crecemento demográfico elevou a densidade de poboación, sendo para o conxunto
da área metropolitana, excluído o municipio da cidade central, de 365,15 hab/km2 en
2016, situándose os municipios que conforman a área da Ría do Burgo -Oleiros,
Cambre e Culleredo- en valores moi superiores á media (801,21 hab/km2, 593,14
hab/km2 e 480,36 hab/km2 , respectivamente).
A poboación de Cambre representa o 6% do total da Área Metropolitana, amosando
unha significativa dinamicidade no período 2001-2016 (19.262 habitantes en 2001 e
24.141 habitantes en 2016) , comparable á do municipio de Oleiros, e moi superior á do
conxunto da Área Metropolitana. Compre sinalar que máis do 90% do incremento de
poboación rexistrado neste período, tanto no municipio de Cambre como no conxunto da
Área Metropolitana, corresponde á década dos 2000, rexistrándose no último quinquenio
unha importante retracción do crecemento demográfico, con taxas medias de
crecemento que pasaron do 20% no municipio e do 10% no conxunto da Área
Metropolitana, no período 2001-2011, a valores de incremento que non superan a taxa
do 0,50% no período 2011-2016 para o conxunto da Área Metropolitana, sendo para o
municipio de Cambre do 1,35%.
O forte aumento do volume poboacional dos concellos periféricos veu determinado polos
dous factores: os saldos positivos en canto ao crecemento vexetativo e o saldo
migratorio neto tanto en poboación de orixe estranxeira como, e moi especialmente, en
cambios residenciais de poboación de orixe noutros concellos da área metropolitana, en
concreto do municipio da cidade central.
Dende o punto de vista do crecemento residencial, e analizando os datos censuais da
década 2001-2011, cabe sinalar que o parque residencial da Área Metropolitana
incrementouse en 42.243 vivendas. Malia o importante incremento no número de
vivendas, na Área Metropolitana medrou o peso das vivendas principais, pasando do
70,57% do parque ao 73,95%; reducíuse en algo máis de dous puntos porcentuais a
proporción de vivenda baleira, -de 18,3% a 16,3%-, porcentaxe inferior á media galega
(18,6%); e diminuíu, igualmente, a proporción da vivenda secundaria, -do 11,0% ao
9,8% do parque-. Vale dicir que a meirande parte da produción de vivenda da década en
que se xerou a crise española identificada co boom inmobiliario, destinouse na Área
Metropolitana a atender á demanda de novos fogares acompañando á diminución do
tamaño familiar medio.
O municipio de Cambre, comportouse dun xeito similar incrementaándose a porcentaxe
de vivenda principal en algo máis de 1,5 puntos porcentuais, en detrimento da
porcentaxe de vivenda secundaria, que reducíu a súa proporción en 3 puntos
porcentuais (do 15,5% ao 12,5%), manténdose non obstante por riba da media do
5
conxunto da Área Metropolitana. A vivenda baleira representaba en 2011 o 15,9% do
parque residencial municipal, por debaixo da media do conxunto da Área Metropolitana
e lonxe das medias provincial e galega (ambalas dúas no 18,6%).
Malia este datos, analizado o crecemento residencial sobre a base da estatística de
construción de edificios do Ministerio de Fomento detéctase o impacto da crise
financeira de 2007 e a subseguinte caída da actividade, de modo que no período 2010-
2015 só se concederon no conxunto da Área Metropolitana 1.285 licenzas que
supuxeron unha variación do parque residencial de apenas 2.174 unidades, o que
representa menos do 9% do ritmo da década anterior. No municipio de Cambre si na
década do 2000 o parque incrementouse a unha media de 337 vivendas anuais, no
período recente a media non superou as 10 vivendas ao ano, na súa maioría de tipo
unifamiliar.
6
A nivel económico a Área Metropolitana de A Coruña ostenta unha posición privilexiada
tanto polo tecido empresarial que acolle, como polas excelentes condicións de posición
na fronte costeira atlántica e de accesibilidade rexional viaria e ferroviaria, accesibilidade
que se mellorará de xeito significativo nas súas conexións coa Meseta cando conclúa a
execución da liña ferroviaria de alta velocidade. A execución da autovía A-6 A Coruña
Madrid, supuxo o primeiro chanzo da conexión eficiente co resto do territorio nacional,
de xeito similar ao que supuxo nos anos 90 a posta en funcionamento da autoestrada
AP-9 respecto da conexión co territorio autonómico e con Portugal.
Esta posición favoreceu a consolidación dun importante tecido empresarial, onde o peso
relativo do valor engadido bruto sectorial xerado polos municipios con maior poboación
da área metropolitana amosan unha interesante especialización territorial, na que
Cambre destaca pola presenza industrial. Así sobre o corredor que configurou a Estrada
7
Nacional VI, localízase o complexo industrial conformado polos polígonos industriais de
Cambre-Espíritu Santo e Bergondo, que se complementa co de Piadela en Betanzos,
tamén na Área Metropolitana. No corredor de Arteixo sitúase o conglomerado industrial
de maior peso formado pola Refinería e os Polígonos de A Grela-Bens e Sabón, a
reserva de Morás, aparte do de Pocomaco na Coruña ao que se engadiu recentemente
o de Vío como plataforma loxística dos dous portos coruñeses.
Por outra banda, historicamente as industrias situáronse de xeito orgánico nas
proximidades das principais vías ou en puntos estratéxicos, sendo o contorno da Ría do
Burgo un destes enclaves, con importantes empresas hoxe desaparecidas (Cross,
Bunge e Carnicosa) que deron lugar a agregacións que perviven formalizadas nos
lineais urbanos da estrada N-550, na AC-213 en Almeiras ata A Telva, ou os encraves
de O Temple. Na década anterior completouse a estrutura empresarial asociada ao
sistema da estrada N-550 co Polígono de Alvedro e no corredor asociado á estrada N-VI
coa execución de Parque Oleiros.
EMPRESAS CON SEDE SOCIAL EN GALICIA SEGUNDO ACTIVIDADE PRINCIPAL (CNAE 2009)
Fonte:IGE. Explotación do directorio de empresas e unidades locais. Elaboración propia.
A análise do tecido empresarial permite avalía os efectos da crise e a potencia das
empresas que se manteñen en Cambre e na área urbana. Segundo datos recollidos no
Instituto Galego de Estatística a Area Metropolitana de A Coruña perdeu no sexenio
2008 2014
nº empresas nº estimado
traballadores nº empresas nº estimado
traballadores
Cambre
Total 1.951 5.830 1.906 4.925
2 Industria, incluida a enerxía 196 1.498 191 1.024
3 Construción 380 1.222 326 704
4 Servizos 1.375 3.110 1.389 3.197
Área Urbana (10)
Total 36.272 110.459 34.255 88.425
2 Industria, incluida a enerxía 2264 16.770 2028 12.127
3 Construción 5778 18.960 4795 10454
4 Servizos 28.230 74.730 27.432 65.844
Provincia A Coruña
Total 87.567 249.254 83.211 201.020
2 Industria, incluida a enerxía 6.290 43.825 5.853 32.867
3 Construción 15.515 48.117 12.994 24.909
4 Servizos 65.762 157.313 64.364 143.245
Galicia
Total 210.007 601.443 198.707 475.398
2 Industria, incluida a enerxía 16.467 114.987 14.890 83.534
3 Construción 38.584 115.145 31.503 56.847
4 Servizos 154.956 371.312 152.314 335.017
8
2008-2014 o 5,6% das súas empresas, similar ás medias provincial e galega (5,0% e
5,4% respectivamente). Os efectos sobre o emprego foron significativos perdéndose
arredor do 20%. En Cambre o comportamento foi menos desfavorable visto que se
perderon o 2,3% das empresas e o 15,5% dos empregos estimados, o que da conta
dunha fortaleza relativa do tecido empresarial presente no municipio.
A Área Metropolitana ten unha accesibilidade fundamentalmente radial de acceso á
cidade central, sendo o municipio de Cambre territorio de paso tanto da estrutura axial
como transversal. Así a Autoestrada AP-9, principal conector do Eixe Atlántico, a
Autovía A-6 A Coruña-Madrid ou a liña férrea A Coruña-Infesta-Madrid ou Ferrol,
atravesan o municipio de leste a oeste, interseccionando a estrada N-550, que cruza o
municipio polo oeste de norte a sur, e o resto do viario menor. Ademais está proxectada
a prolongación da Vía Ártabra que desde a N-VI en Iñás enlazará coa autoestrada AP-9
e coa autovía A-6, que atravesará o municipio polo oeste en dirección norte-sur, cunhas
interseccións e trazas por definir.
Todo este sistema viario supón unha forte afección sobre o territorio municipal pero pola
contra ofrécelle unhas inmellorables condicións de accesibilidade que deben ser
completadas, potenciadas e aproveitadas. Nesta perspectiva, resulta decisivo apoiarse e
dotar de coherencia ás iniciativas procedentes da planificación territorial vixente, das
DOT, e da Planificación Sectorial ( Plan de Estradas-Plan MOVE, Plan de Accesibilidade
do Transporte Metropolitano, Plan Viario Comarcal,...), de forma que se poida establecer
un marco de referencia que permita a integración do transporte e os usos do solo,
identificando os puntos intermodais, de compactidade e densidade do desenvolvemento
urbano na escala metropolitana e, sobre todo, incrementando a conectividade co
transporte público, facilitando a accesibilidade sen desprazamentos, mediante a
proximidade urbanística de asentamentos e actividades, e mellorando a súa
accesibilidade a pé e en bicicleta.
Dende o punto de vista ambiental cómpre destacar a declaración como Reserva da
Biosfera de As Mariñas Coruñesas e as Terras do Mandeo, aprobada pola Unesco en
marzo de 2013, que inclúe no seu ámbito á totalidade dos termos municipais da área
Metropolitana (tamén o de Cambre), agás o municipio central de A Coruña, e que na súa
delimitación se estende ata o límite provincial de Lugo onde se encontra coa Reserva da
Biosfera de Terras do Miño, que a súa vez discorre ata os límites provinciais de Asturias
e León, propiciando unha potente articulación dun sistema ambiental de grande escala
coa cornixa cantábrica, máis aló da articulación funcional transrexional que producen as
infraestruturas, na perspectiva da valorización da excelencia ambiental dunha contorna
no noroeste peninsular de escala territorial continental ancorada ao fisterra atlántico.
9
A circunstancia de atoparse inserida nun ámbito de recoñecido valor ambiental de rango
mundial recomenda que dende o punto de vista metodolóxico non só se aborde a lectura
tradicional da Área Metropolitana dende a cidade central cara ao territorio circundante,
visión que acompaña á xénese do desbordamento metropolitano desde a cidade central
de orixe, senón que aquela deba completarse cunha lectura de fóra a dentro, do natural,
do territorial, ao urbano, valorando o papel que o territorio ten como soporte do ámbito e
garantía do metabolismo metropolitano, non só urbano. Un aspecto onde o territorio de
Cambre xoga un importante papel polo aporte ambiental que representa a penetración
ata o conglomerado urbano denso do fondo da Ría do sistema do Río Mero e os seus
tributarios cos seus vales e territorios servintes.
A valoración dos baleiros, en canto ligantes dunha área metropolitana fragmentada pero
continua, dispersa pero non difusa; a reflexión sobre a tensión pola superposición de dúas
mallas, a das infraestruturas e a da realidade polinuclear, con vontade de permanencia,
onde os aspectos referidos ao tratamento do solo rústico deben ir máis aló das limitacións
sectoriais convencionais establecidas na nova lexislación urbanística autonómica, son
aspectos que haberán de situarse no primeiro plano da análise, obrigados, no caso do
Termo Municipal de Cambre, pola súa propia realidade física e territorial.
Esta concepción alargada do papel do territorio municipal no territorio metropolitano e
rexional, introduce a necesidade de pensar na identificación das centralidades urbanas
no municipio de Cambre, dos corredores de actividade e do sistema de asentamentos
para establecer as determinacións de ordenación acordes á súa realidade e ao seu
inserimento metropolitano.
Neste senso, dende o punto de vista territorial o municipio de Cambre, cos seus 40,7
Km2 de superficie, localízase sobre a parte baixa da conca do Río Mero estendéndose
cara ao noroeste nunha estreita peza en contacto co fondo da Ría do Burgo entre os
municipios de Oleiros e Culleredo. O río Mero cruza o municipio de leste a oeste, unindo
o encoro de Cecebre coa Ría de Burgo, e pola súa conca recibe varios tributarios entre
os que destacan o río Valiñas, da Brexa e San Benito, mentres que polo norte discorre o
Rego da Gándara, presentando unha topografía suave en xeral a unha altitude inferior
aos 200 metros, con pendentes dominantemente menores do 10%.
10
A posición da Ría do Burgo, central na Área Metropolitana, ten un importante papel
vertebrador e converte ao territorio asociado nun espazo de oportunidade que ofrece
enormes posibilidades de fundir o sistema ambiental e o urbano aportando á metrópole
espazos de alto valor ambiental e paisaxístico, permitindo a formación dun sistema de
corredores ambientais continuos ata o centro mesmo da cidade da Coruña. As
posibilidades de relación metropolitana son enormes, estando abertas ao
11
establecemento de longos percorridos peonís ou para bicicletas lonxe dos corredores
viarios e en contacto co escenario que ofrece as mellores calidades paisaxísticas da
contorna, a Ría do Burgo e a Baía da Coruña. Neste sistema o Río Mero é un dos
elementos fundamentais ao permitir integrar no sistema un dos elementos naturais de
primeira orde cos que conta a Área Metropolitana, que é o espazo natural do Encoro de
Cecebre e os seus Salgueirais, incluídos na Rede Natura 2000, contando ademais con
outras categorías de protección ecolóxica e ambiental.
.
Complementariamente, é destacable o conxunto de bens patrimoniais de interese. Así,
localízanse no municipio varios bens arqueolóxicos, un na cabeceira municipal; dous
bens de interese cultural declarados, a Igrexa de Santa María de Cambre (Dec. 3.6.1931
e o seu contorno Dec 29/1998) e a Torre de Andeiro (Dec 22.04.1949 e Lei de
12
Patrimonio Cultural de Galicia), ademais dos hórreos e cruceiros (L.P.C.G.); a variante
de A Coruña da ruta inglesa do Camiño de Santiago, que cruza o municipio polo
extremo oeste de norte a sur -“Ao seu paso polo municipio de Cambre, o camiño
entraba por Ponte Alvedro, pasaba por Sigrás, Anceis e Venda de Altamira. Proseguía
por detrás da igrexa románica de Santiago de Sigrás, Sobrecarreira, Cabana, A Rocha,
Drozo e Anceis”-. Varias Igrexas como a do Temple, a románica de Sigrás,…; varios
Pazos como Drozo, Anceis, Cela,…
En canto ao sistema de asentamentos o municipio alberga 119 entidades identificadas
censualmente que se agrupan en 12 parroquias. Os asentamentos de maior peso
demográfico e de fasquía plenamente urbana son O Temple, O Graxal, Cambre e A
Barcala, urbanización exnovo executada a carón do río Mero tras o desenvolvemento do
correspondente Plan Parcial. Todos estes núcleos experimentaron un crecemento moi
significativo no período 2001-2016, dende o 11% de A Barcala ao 96% de O Temple,
dinamicidade que debe analizarse en profundidade co obxecto de dar cobertura ás
necesidades que require a poboación residente neles, que representa o 66% do total
municipal.
O núcleo de O Temple-O Graxal encástrase entre o bordo da ría do Burgo, a traza da
estrada N-VI e o núcleo de San Pedro de Nos no municipio de Oleiros. Está atravesado
pola estrada de titularidade autonómica AC-211, conexión entre a N-VI e O Burgo,
núcleo urbano de Culleredo situado na marxe esquerda da Ría, e co Aeroporto de
Alvedro. Ademais recibe o enlace da autoestrada AP-9 nas proximidades da Ponte do
Burgo. A súa estrutura presenta unha alta densidade edificatoria e un espazo público
escaso e reducido a un sistema viario nalgúns casos deficientemente tratado. A
recualificación do bordo litoral e das pequenas prazas interiores, o tratamento do
contacto coa estrada N-VI e a conexión peonil entre ambas marxes, a recualificación da
contorna do Rego da Gándara e do enclave industrial do Temple, son os principais retos
aos que se enfronta o instrumento de planificación municipal, sen esquecer neste ámbito
a presenza de dous elementos de interese patrimonial que, conformando un conxunto
de forte significación histórica e cultural, compre integrar no propio espazo urbano en
condicións axeitadas: a Igrexa do Temple e a Ponte do Burgo.
13
O núcleo de A Barcala presenta pola súa banda unha desconexión territorial importante,
dada a súa condición de urbanización exnovo sobre a base dun Plan Parcial desenvolto
nun ámbito desligado dos centros urbanos. A formación da senda peonil asociada á
canle do Río Mero entre o Burgo e o Encoro de Cecebre mellorou en parte a súa
deficiente conexión, que con anterioridade só era posible a través da estrada de
titularidade autonómica que a conecta co centro de Cambre e co Temple, pero que
carece da axeitada sección para o acceso peonil ou de vehículos de transporte
alternativo en condicións de seguridade.
14
A Vila de Cambre pola contra conta cun centro de relevante valor ambiental na contorna
da súa Igrexa Románica, que xunto coa Casa Rectoral e coa Alameda conforman un
ámbito estancial e de valor patrimonial de primeira orde, que se ve fortemente afectado
polos fluxos de tráfico rodado de paso. A Vila de Cambre foi medrando por suma de
actuacións en xeral desligadas e precisa dunha análise que permita dotala da estrutura
urbana que se bota a faltar, recualificando o seu espazo público onde se requira,
procurando o seu complemento mediante actuacións puntuais, e buscando alternativas
ao tráfico de paso.
15
Neste esquema, o espazo urbano do fondo da Ría do Burgo, alongado ata a Vila de
Cambre, haberá ser quen de ostentar un novo liderado na Área Metropolitano, acollendo
ademais dos espazos residenciais, novas actividades económicas e servizos urbanos de
cidade, como novo centro de referencia e descentralización na Area Metropolitana de A
Coruña.
O resto dos núcleos do territorio deben ser analizados cun alcance propositivo,
prevendo actuacións que poñan en valor o seu patrimonio edificado, algún de singular
interese (pazos, hórreos, casas,…), incorporando as medidas e intervencións que
permitan a súa relación cos centros urbanos de servizo de modo eficiente, e procurando
na medida do posible a integración das numerosas infraestruturas lineais que atravesan
e fragmentan o territorio municipal, para permitir a continuidade territorial, a
permeabilidade ecolóxica e a súa accesibilidade.
16
Respecto da actividade empresarial no territorio municipal destaca polo seu porte o
Polígono de Espíritu Santo, que xunto co de Bergondo e o corredor da estrada N-VI,
configuran o principal foco de actividade ao leste da área metropolitana. Ademais,
apoiándose sobre a traza da estrada AC-213, formalízase outro corredor de actividade
económica, en parte compartido co municipio de Culleredo e colindante co Parque
Empresarial de Alvedro. Por último, existen outros dous enclaves industriais no territorio
municipal, no Temple e na Vila de Cambre, o de Graduil no contorno da estrada DP-
1704. O Plan Xeral haberá de ordenar as actuacións necesarias para recualificar as
súas infraestruturas e servizos, atendendo aos perfís de especialización que teñen
acadado cada un dos espazos produtivos, e contemplar as intervencións que resulten
necesarias para desenvolver as potencialidades que presentan na perspectiva da súa
aportación ao proxecto de consolidación do fondo da Ría como espazo de
descentralización de funcións económicas urbanas e do emprego da Área
Metropolitana.
Desde o punto de vista urbanístico, como instrumento de ordenación integral do
municipio, o Plan Xeral de Ordenación Municipal vén a substituír ás Normas
Subsidiarias de Planeamento Municipal de 1994 que constitúen o planeamento vixente
no municipio de Cambre. Este planeamento redactouse co obxecto de adaptar as
anteriores Normas Subsidiarias de 1986 tanto á realidade do momento como á
normativa que entrara en vigor, singularmente a Lei do Réxime do Solo e Regulación
Urbana de 1992, a Lei de Costas e o seu Regulamento e a Lei de Patrimonio Histórico
Español. Concibidas como un instrumento regulador do vivo desenvolvemento
inmobiliario da época, nunca foron contempladas como un instrumento integral de
ordenación territorial, concentrándose no establecemento de aliñacións e ordenanzas
dos núcleos urbanos de O Temple e Cambre, modificando os usos anteriormente
implantados, delimitando reservas para solos aptos para urbanizar co fin de atender á
demanda de vivendas unifamiliares que se estaba empezando a producir, e a garantir a
posibilidade de ampliación do Polígono de Espíritu Santo nese momento en execución.
Así identificaron 26 unidades de actuación nos núcleos urbanos, que alimentaron o
proceso de desenvolvemento e alteración da estrutura urbana ata a actualidade, e coa
vontade de incorporar solos públicos aos núcleos densos, ben como espazos libres ou
ben como dotacións públicas. Algunhas destas unidades desenvolvéronse producindo
un efecto positivo no sentido de lograr espazos públicos de calidade, como na contorna
da Igrexa de Cambre, ou grandes pezas dotacionais no Temple, aínda que con
solucións de edificación lucrativa nalgúns casos de excesiva volumetría. As
urbanizacións de vivendas unifamiliares desligadas que xurdiron en certas áreas do
territorio municipal non colaboraron na conformación dunha estrutura urbanística
ordenada.
17
Xunto coa análise do planeamento vixente, presentan especial relevancia para a
ordenación municipal aquelas incidencias de carácter sectorial que xeran afeccións
sobre o territorio municipal, tanto as derivadas das servidumes aeronáuticas, como as
das estradas de rango supramunicipal pero tamén as de titularidade provincial ou
municipal, as asociadas aos corredores infraestruturais de transporte de enerxía
eléctrica, as derivadas da inundabilidade e a protección do dominio hidráulico, ou as
afeccións en materia de costas.
18
Pola súa parte a coordinación co planeamento dos municipios limítrofes resulta
imprescindible, tanto con Oleiros, cun Plan Xeral recentemente adaptado, como co Plan
Xeral de Culleredo nas últimas fases da súa tramitación, con Bergondo coas súas
Normas Subsidiarias de 1992 atopándose en fases iniciais a redacción dun Plan Xeral,
con Carral, cun Plan Xeral aprobado inicialmente en marzo de 2016, con Abegondo cun
planeamento adaptado á Lei 2/2010 que foi anulado por Sentenza firme do Tribunal
Supremo, ou en menor medida con Sada, que conta cun Plan Xeral de recente
aprobación.
19
2 . DIRECTRICES XERAIS. FORMULACIÓN INICIAL DE OBXECTIVOS.
Nas condicións de contexto presentadas no apartado anterior, a necesidade de
redacción dun novo documento de planeamento urbanístico de ámbito municipal
xustifícase tanto pola desadecuación das vixentes Normas Subsidiarias de Planeamento
Municipal ao actual marco socio económico e territorial tanto municipal como da propia
área metropolitana de A Coruña, como pola súa obsolescencia técnica e normativa tras
vinte e tres anos de vixencia, e todo isto en relación aos seguintes aspectos:
- A desadecuación ao marco legal urbanístico, que está establecido na actualidade
pola Lei 2/2016, de 10 de febreiro, de Solo de Galicia, polo seu Regulamento,
aprobado por Decreto 143/2016, de 22 de setembro, así como polo Real Decreto
Lexislativo 7/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de
Solo e Rehabilitación Urbana, complementado pola Lei 21/2013, de 14 de decembro,
de avaliación ambiental, que obriga ao planeamento municipal a someterse ao
procedemento nela establecido. En canto á lexislación sectorial, o planeamento debe
adaptarse a aquela de incidencia territorial en materias como de costas, estradas,
ferrocarril, augas, con atención á inundabilidade, servidumes aeronáuticas, enerxía
eléctrica e de gas, ou do patrimonio cultural coa recente Lei 5/2016.
- A necesidade dunha lectura coordinada na escala do conxunto da Área Metropolitana
de A Coruña, inserida na Rexión Urbana Ártabra, á luz das determinacións
establecidas nas Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia, e incorporando
os escenarios para a superación dos efectos orixinados pola crise. Nese marco, a
recualificación e a diversificación de usos ou especialización dos espazos de
actividade presentes no termo municipal e o seu completamento, preséntase como
un obxectivo subsumido no da recuperación e diversificación da base económica e,
con elas, do emprego.
- O desenvolvemento das políticas públicas definidas na lexislación de rehabilitación,
rexeneración e renovación urbanas, que identifica nas tramas urbanas consolidadas
o terreo no que se haberá de librar a batalla principal da sostibilidade. Buscando a
confluencia das necesidades imperiosas de recuperación urbana do nodo bipolar da
Ría do Burgo, -no que Cambre debe apostar por obter a súa cota de liderado e de
desenvolvemento -, coas políticas europeas emerxentes ao respecto.
- A promoción dunha estratexia de recuperación urbana e funcional dos centros
urbanos de O Temple, A Barcala e Cambre combinando as accións de rexeneración
e renovación urbana, coas de reforma interior de espazos que presenten un don de
oportunidade (contorno da Igrexa do Temple, pezas de remate entre a autoestrada e
20
o Temple a carón do CEIP, contorno da estación de ferrocarril e do Castro,….) e
mesmo o desenvolvemento de actuacións de completamento do tecido urbanizado.
- O impulso dun proceso de reurbanización e rehabilitación das tramas densas de O
Temple que eleve os estándares de calidade e impulse a mellora da eficiencia
enerxética, a accesibilidade e a habitabilidade das edificacións e dinamice o espazo
público da peza urbana máis poboada e activa das últimas décadas, con especial
atención á mellora da fronte costeira cara á Ría, á reutilización dos actuais espazos
entre as edificacións e o Paseo marítimo, e a recualificación dos espazos produtivos.
- Axilizar o desenvolvemento de pezas estratéxicas ambientais e de conexión, como as
relacionadas coa posible transformación da infraestrutura ferroviaria, pulando pola
reutilización da estación para implantar un sistema de transporte metropolitano
alternativo.
- Estender o proceso de recualificación ao conxunto do sistema de asentamentos de
base rural que xogan un papel de singular importancia no proceso de reequilibrio do
territorio municipal,
- Establecer as previsións dirixidas a garantir unha política estable en materia de
vivenda de protección pública, que ademais aborde a incorporación do parque de
vivenda pública de protección xa existente ás oportunidades que se presentan no
marco da lexislación vixente en materia de rehabilitación, renovación e rexeneración
urbana.
- A consolidación de iniciativas de relevancia para o desenvolvemento económico, en
base ás excelentes cualidades de accesibilidade e posición que presenta o termo
municipal respecto dos principias eixes infraestruturais rexionais viarios, onde o
Polígono empresarial de Espíritu Santo, constitúe un dos motores de
desenvolvemento económico e de localización de actividades da Area Metropolitana,
analizando a especialización dos asentamentos empresariais de O Temple, Graduil e
A Telva en base á posición que ocupan no territorio e no contorno urbano supralocal.
- Favorecer iniciativas de relevancia para o desenvolvemento urbanístico sustentable
do municipio en base á posta en valor e á recuperación dos seus excepcionais
recursos ambientais, culturais e patrimoniais, con especial atención ao tratamento
dos bordos asociados ao sistema hídrico que articula o territorio municipal,
establecendo medidas e propostas para a minimización dos riscos de inundación
detectados, así como a implementación de medidas que melloren a mobilidade,
fundamentalmente dirixidas a incorporar medios de transporte alternativos.
21
- A potenciación de iniciativas que consoliden o papel da Vila de Cambre e o espazo
urbano da Ría do Burgo como nodos de servizo, con propostas dirixidas a mellorar e
cualificar a súa oferta dotacional, sen esquecer o papel que lle corresponde ao actual
sistema de núcleos do territorio, que coa súa orixe en xeral de carácter histórico máis
vinculada ás actividades primarias no territorio, deviñeron espazos mixtos de acollida
de actividades residenciais e tamén de outras actividades económicas compatibles.
- Consolidar un sistema ambiental de carácter territorial articulador que propicie a
valorización da súa excelencia, a xestión sostible e o desfrute social dese rico
patrimonio, integrando as determinacións que deveñen da plasmación no territorio
municipal das previsións dos instrumentos supramunicipais como o Plan de
Ordenación do Litoral e aqueloutras a prol de poñer en valor as condicións
ambientais de interese amparándose nos corredores fluviais que definen os ríos
Mero, da Gándara e Valiñas.
- Producir unha revisión das determinacións urbanísticas vixentes á luz dos criterios
que sustentan o marco xurídico da “Ley del Suelo”, incorporando a avaliación
ambiental estratéxica e o conxunto de innovacións normativas e técnicas acaecidas
no que vai de século.
Por outra banda a ordenación territorial supramunicipal representa o marco onde
encaixar as propostas de ordenación municipal de Cambre. Neste senso son de
destacar as determinacións que deveñen das Directrices de Ordenación do Territorio
(DOT) e do Plan de Ordenación do Litoral (POL).
No que se refire ás D.O.T., a Rexión Urbana Ártabra na que se insire Cambre está
formada polas áreas urbanas das cidades de A Coruña e Ferrol, conexionadas pola
densa rede de núcleos intermedios. Estes núcleos constitúen nodos fundamentais para
desempeñar un papel de referencia e identidade no contexto da Rexión Urbana Ártabra,
e están chamados a acoller o futuro crecemento en ámbitos integrados física e
funcionalmente, co gallo de corrixir os efectos do crecemento espontáneo e
desarticulado que experimentou nas últimas décadas. Neste contexto o espazo urbano
asociado á Ría do Burgo, e prolongado cara ao interior ata a Vila de Cambre, é o
primeiro no que despregar estas determinacións.
22
23
Pola súa parte o Plan de Ordenación do Litoral, que afecta parcialmente ao territorio
municipal na zona asociada á Ría do Burgo, inclúe Cambre no Sector Ría da Coruña da
unidade do Golfo Ártabro, identifícando unha única unidade paisaxística, asociada ao
Esteiro do Mero, e distinguindo a zona de asentamento fundacional do Temple fronte a o
desenvolvemento periférico que supón A Barcala. A incidencia das súas determinacións
é limitada polo ámbito ao que afecta, pero inicia o corredor ecolóxico asociado aos regos
da Gándara e o Mero.
Por último terán tamén incidencia sobre a Área Metropolitana, entre outros, os seguintes
Instrumentos de Ordenación Territorial:
24
. Plan Hidrolóxico Galicia Costa, de especial relevancia no referido ao bo estado e á
axeitada protección das masas de auga así como ao establecemento de medidas en
aras a paliar os efectos das inundacións e secas.
. Plan Sectorial de Ordenación de Áreas empresariais da Comunidade Autónoma de
Galicia, que identifica o ámbito do Polígono Industrial de Espíritu Santo (Cambre,
Sada) así como os Plans de sectorización impulsados por promotores individuais
(Plan de Sectorización (Erzana, S.L.) e Plan de Sectorización SAU-13 (Comercial
F3), para un total de 11 Ha).
. Plan Sectorial da Rede viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros,
Bergondo e Sada onde o planeamento debera establecer a reserva para a execución
da conexión da vía Ártabra, Vial 13 desde a N-VI ata a A-6.
25
. Plan Director do Aeroporto de A Coruña.
Da análise anterior, non cabe máis que concluír a necesidade de producir unha reflexión
en relación ás circunstancias de toda índole que concorren no termo municipal,
analizando as súas fortalezas e debilidades, a desadecuación do vixente planeamento
respecto do marco legal actual, a evolución da problemática urbanística dun municipio
encadrado na Rexión Urbana Ártabra, na contorna dinámica asociada á Ría do Burgo, a
consolidación de iniciativas infraestruturais de relevancia para o seu desenvolvemento
urbanístico e económico, e a consolidación dunha importante área industrial de rango
supralocal en óptimas condicións de accesibilidade, o que xustifica, por sí, a propia
necesidade de redacción do planeamento municipal a través dun instrumento máis
ambicioso que o vixente, en canto á definición das iniciativas de ordenación e xestión
urbanística e territorial, un instrumento non subsidiario senon propia e integramente
planificatorio: un Plan Xeral de Ordenación Municipal para Cambre.
26
3 . PERIODIFICACIÓN E CALENDARIO ESTIMADO PARA A FORMACIÓN DO PLAN.
3.1. CRONOGRAMA DE DESENVOLVEMENTO DO SERVIZO
Se presenta a seguir o Cronograma de desenvolvemento dos traballos técnicos a
realizar polo equipo redactor, presentando os prazos parciais de execución establecidos
para as sucesivas entregas documentais da redacción que se contemplan no Prego de
Cláusulas Administrativas Particulares da licitación, que implementan co seu contido
prestacional o servizo. Os prazos teñen carácter de máximo e inclúen: os traballos dos
técnicos do equipo coa secuencia das sucesivas aportacións en atención ás
especialidades e funcións de cada un, os traballos de posterior coordinación e
supervisión documental e control de calidade, seguidos dos traballos auxiliares de
delineación, tratamento cartográfico e de textos e, por último, os traballos de
reprodución e edición.
No apartado seguinte detallarase a descrición de prazos completa, incluíndo o prazo
estimado para a tramitación dos documentos correspondentes a cada fase, co que
testar a adecuación aos prazos previstos no Prego de Cláusulas Administrativas
Particulares que rexen a contratación do servizo de redacción do Plan Xeral de
Ordenación Municipal de Cambre.
1º Prazo: Programa de Traballo. Prazo de execución 1 mes.
O prazo comezou o día seguinte ao de sinatura do contrato e remata coa entrega do
documento de Programa de Traballo.
2º Prazo: Elaboración do Borrador do Plan e Documento Inicial Estratéxico. Prazo de
execución 6 meses.
Comeza o día seguinte ao de recepción polo contratista da aprobación polo órgano de
contratación do programa de traballo presentado e remata coa entrega do Borrador do
Plan e do Documento Inicial Estratéxico.
O Borrador do plan haberá de estar ao contido detallado no art. 145 do Regulamento da
Lei do Solo, con determinacións na escala 1:2000, cara a un trámite de consulta ao
órgano competente en materia de urbanismo que suple ao informe previo á aprobación
inicial, formalmente suprimido na Lei 2/2016 de solo de Galicia (L.S.G.). As
determinacións do borrador requirirán dun nivel de elaboración do Plan Xeral moi
próximo ao do documento de aprobación inicial.
27
O Documento Inicial Estratéxico, pola súa parte axustarase ao establecido no artigo 18
da “Ley 21/2013” de avaliación ambiental.
O trámite subseguinte iniciarase coa elevación ao órgano ambiental de ambos
documentos, conxuntamente cunha solicitude de inicio da avaliación estratéxica
ordinaria. Interesa destacar que neste trámite ambos documentos serán obxecto de
coñecemento e debate público no trámite de consultas do órgano ambiental a través da
súa páxina web. Os interesados poden participar neste trámite de consulta trasladando
as suxerencias que consideren oportunas.
3º Prazo: Elaboración do Estudo Ambiental Estratéxico e do Plan Xeral de Ordenación
Municipal para aprobación inicial. Prazo máximo 7 meses.
Comeza o día seguinte ao de recepción polo contratista do Documento de alcance do
estudo ambiental estratéxico formulado polo Órgano Ambiental e remitido ao Concello, e
remata coa entrega do Documento para aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación
Municipal que incluirá o Estudo Ambiental Estratéxico.
O Estudo Ambiental Estratéxico (EAE) haberá de elaborarse acompañando á redacción
do Plan e atendendo aos criterios contidos no Documento de alcance, e os seus
contidos incidirán nas determinacións do Plan.
A versión inicial do Plan Xeral, ademais do cumprimento documental do que establece o
articulado da Lei e do Regulamento (arts. 58 e 59 da L.S.G. e Sección 2 do Capítulo III
do Título II do Regulamento), deberá adaptar as súas propostas e determinacións aos
Informes que emita o órgano competente en materia de urbanismo e calquera outro que
se emita durante o trámite ambiental de consultas, ademais de corrixir as eivas que se
detecten no Documento de alcance.
O trámite de consultas do Documento Inicial Estratéxico e do Borrador do Plan permitirá
previsiblemente coñecer as directrices de certas administracións no referido a temas de
relevancia máxima, que no caso de Cambre se relacionan singularmente coas
expectativas respecto da rede viaria e ferroviaria e os complementos e conexións
previsibles.
A versión inicial do Plan Xeral, conxuntamente co seu EAE, someterase ás
administracións que deben informar con carácter previo a aprobación inicial e que en
Cambre comprende as materias de estradas do Estado, de ferrocarril, de servidumes
aeronáuticas e acústicas, de costas .
28
4º Prazo: Entrega dos Informes ás alegacións presentadas no trámite de información
pública e presentación da proposta do Plan e, no seu caso, da modificación
do estudo ambiental estratéxico tomando en consideración as alegacións
formuladas, as consultas realizadas e os informes sectoriais emitidos. Prazo
de execución 3 meses.
Comeza o día seguinte ao de recepción polo contratista do conxunto das alegacións
presentadas no trámite de información pública, dos informes sectoriais emitidos e do
resultado das consultas remitidas polo órgano autonómico competente en materia de
urbanismo. Remata coa entrega do Informe de resposta ás alegacións, dos Informes de
resposta e cumprimentación dos informes sectoriais e dos resultantes das consultas, e
coa presentación da Proposta do Plan co estudo ambiental estratéxico modificado que
incorpore aqueles, para a súa elevación ao órgano ambiental co obxecto de obter a
Declaración Ambiental Estratéxica que rematará o proceso de Avaliación Ambiental
Estratéxica do Plan Xeral.
5º Prazo: Entrega da reparación das deficiencias detectadas polo órgano ambiental
na proposta do Plan ou no expediente remitido. Prazo de execución 1 mes.
Comeza o día seguinte ao de recepción polo contratista do requirimento municipal para
efectuar a reparación das deficiencias e remata coa entrega da documentación de
reparación.
6º Prazo: Presentación do Plan Xeral de Ordenación Municipal para aprobación
provisional coa incorporación do contido da Declaración Ambiental
Estratéxica e presentación do extracto do art. 82 da Lei 2/2016, de solo de
Galicia. Prazo de execución 2 meses.
Comeza o día seguinte ao de recepción polo contratista da Declaración Ambiental
Estratéxica formulado polo Órgano Ambiental e remitida ao Concello, e remata coa
entrega do Documento para aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación
Municipal que incorporará o contido da Declaración Ambiental e a presentación do
extracto previsto no art. 60.12. co contido establecido no art. 82.2. da Lei 2/2016 e
indicando as medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da
aplicación do Plan.
29
7º Prazo: Corrección das deficiencias requiridas pola Consellería competente para a
aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Prazo de
execución 1mes.
Comeza o día seguinte ao de recepción polo contratista do requirimento municipal para
efectuar a corrección das ditas deficiencias e remata coa entrega da documentación de
corrección.
8º Prazo: Realización das correccións, modificacións e elaboración dun Documento
Refundido, que se precisen se a Consellería competente aprobara
definitivamente o Plan con condicións ou o aprobara parcialmente. Prazo de
execución 1 mes.
Comezaría, de ser o caso, o día seguinte ao de recepción polo contratista da resolución
autonómica e remataría coa entrega da documentación corrixida e modificada ou do
Documento Refundido.
3.2. CALENDARIO ESTIMADO PARA A FORMACIÓN E TRAMITACIÓN DO PLAN.
O cadro resumo que se recolle ao final deste apartado, integra o cronograma de
desenvolvemento do servizo, co inserimento dos prazos de elaboración dos traballos
que se detallou no apartado anterior, na duración fixada para o contrato no prego de
cláusulas administrativas particulares que rexe a presente licitación, considerando os
prazos estimados para a tramitación nas distintas fases das establecidas na cláusula 26
do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares.
Na primeira fase, tras da sinatura do contrato, procedeuse á elaboración do Programa
de Traballo. Á maior brevidade, o Concello solicitará da Consellería competente en
materia de urbanismo toda aquela documentación que considere necesaria para a
redacción do Plan Xeral, achegada polos diferentes departamentos da Administración
autonómica (art. 60.1 L.S.G.). Presentado á administración municipal, o Concello
analizará, avaliará e se pronunciará sobre o Programa de Traballo, estimándose para
este proceso un prazo anterior ao vencemento dos 2 meses desde a sinatura do
contrato.
Trasladada a resolución do órgano de contratación sobre programa, coa que comeza a
segunda fase, o equipo redactor recollerá a información urbanística para a diagnose da
situación e elaborará o Borrador do Plan e Documento Inicial Estratéxico, no prazo de 6
meses. Producida a súa entrega, elevaranse ambos documentos, acompañados dunha
solicitude de inicio da avaliación ambiental (art. 60.2,3 L.S.G.) ao órgano ambiental que
30
desenvolverá o trámite de consultas do Borrador do Plan e a posterior formulación do
Documento de Alcance do estudo ambiental estratéxico, no prazo de 4 meses. Estímase
así a duración total desta fase en 10 meses.
O traslado do Documento de Alcance ao equipo redactor dará inicio á terceira fase, coa
redacción do Estudo Ambiental Estratéxico e da Versión Inicial do Plan (7 meses). Á
entrega deste documento haberán de solicitarse o informe dos servizos técnicos e
xurídicos municipais e os informes previos recollidos na lexislación sectorial, axustando
o Plan a eles no Documento de Aprobación Inicial, para o que se estima un prazo de 3
meses, elevando así a 10 meses a duración prevista desta fase.
A cuarta fase comeza coa Aprobación Inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal
polo Pleno da Corporación seguida da publicación, información pública, solicitude e
emisión de informes sectoriais e de consultas (art. 60.6,7,8 da L.S.G.), para o que se
estima un prazo de 5 meses. Remitidos ao equipo redactor as alegacións formuladas, as
consultas realizadas e os informes sectoriais emitidos, procederase no prazo de 3
meses ao informe individualizado ás alegacións, e á resposta e cumprimentación dos
informes sectoriais e de consultas; e elaborarase a Proposta do Plan tomando en
consideración o resultado das alegacións formuladas, das consultas realizadas e dos
informes sectoriais, incorporando as modificacións que resulten necesarias tanto na
documentación do Plan como no estudo ambiental estratéxico nel incluído. A fase
conclúe coa entrega da documentación dos informes ás alegación, aos informes
sectoriais e aos das consultas realizadas e do Documento de Proposta de Plan para a
formulación da Declaración Ambiental Estratéxica. A duración estimada da fase elévase
así a 8 meses.
A quinta fase comeza coa elevación ao órgano ambiental do Documento de Proposta
do Plan xunto co expediente completo de avaliación ambiental para que formule a
Declaración Ambiental Estratéxica. No prazo de 1 mes o órgano ambiental analizará o
expediente e os efectos significativos da aplicación do Plan no medio ambiente, instando
ao Concello a subsanación das deficiencias que puidera detectar. De ser o caso, no
prazo de 1 mes desde o seu coñecemento o equipo redactor reparará as deficiencias de
carácter técnico e estímase que no mesmo prazo o Concello subsanará as de carácter
administrativo.
Recibida a documentación completa, o órgano ambiental formulará a Declaración
Ambiental Estratéxica no prazo de 2 meses, procedendo á súa publicación no DOG e na
sede electrónica do órgano.
31
Trasladada ao equipo redactor, este incorporará ao Plan Xeral as determinacións da
Declaración Ambiental Estratéxica, producindo no prazo de 2 meses o Documento para
Aprobación Provisional e o extracto previsto no art. 60.12 co contido establecido no art.
82.2 da L. S. G. Tras a súa presentación, prevese un prazo de 3 meses para a emisión
dos informes técnico e xurídico municipais e para o desenvolvemento das actividades e
actos preparatorios que permitan a Aprobación Provisional polo Pleno (art.60.13 L.S.G.).
A duración total desta fase, incluída a tramitación, estímase en 9 meses.
A sexta fase comeza coa Aprobación Provisional do Plan Xeral de Ordenación
Municipal polo Pleno da Corporación para a que se estima o prazo de 1 mes. O
Documento aprobado provisionalmente remitirase para emisión dos informes sectoriais
previos á aprobación definitiva que se prevé estean emitidos no prazo de 3 meses.
Igualmente elevarase, conxuntamente co expediente dilixenciado, á Consellería
competente en materia de urbanismo, que examinará no primeiro mes a integridade do
proxecto e, de apreciar algunha deficiencia, requirirá a súa emenda. Prevese o prazo de
1 mes para, de ser o caso, corrixir as deficiencias requiridas pola Consellería ás que se
refire o art. 60.14 L.S.G. A Consellería competente resolverá sobre a aprobación
definitiva do Plan Xeral en 3 meses. Prevese o prazo de 1 mes para, de ser o caso,
realizar as correccións e modificacións ou elaborar o Documento Refundido que se
precisen se a Consellería competente aprobara definitivamente o Plan con condicións
ou o aprobara parcialmente. Documentación precisa tras a aprobación definitiva do Plan
Xeral, coa que se concluirán os traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación
Municipal de Cambre. A duración desta fase estimase, así, en 9 meses.
O cronograma que se presenta encaixa axustadamente no prazo total de duración do
contrato, previsto na cláusula 4 do Prego de cláusulas administrativas particulares en
catro anos. Dada a complexidade da tramitación do plan urbanístico, o exercicio de
periodificación que representa esta estimación de calendario, haberá de servir para o
seguimento e a xestión polo órgano de contratación da prerrogativa de suspensión do
prazo de duración do contrato prevista nesa cláusula cando resultase precisa durante a
tramitación da redacción do PXOM.
CRONOGRAMA PARA A FORMACIÓN E TRAMITACIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE
ME
S
FASE 1 FASE 2 FASE 3 FASE 4 FASE 5 FASE 6
9 11ª Etapa: Programa de Traballo
10 2Resolución sobre o Programa de Traballo
11 3
12 4
1 5
2 6
3 7
4 8
5 9
6 10
7 11
8 12
9 13
10 14
11 15
12 16
1 17
2 18
3 19
4 20
5 21
6 22
7 23Pleno Aprobación Inicial
8 24
9 25
10 26
11 27
12 28
1 29
2 30
3 31
Elevación ao órgano ambiental da Proposta. Comprobsción documental
4 32
5ª Etapa: Reparar deficiencias documentación ambiental
5 33
6 34
7 35
8 36
9 37
10 38
11 39
12 40Pleno Aprobación Provisional
1 41
2 42
3 43
4 44
7ª Etapa: Corrección deficiencias requiridas CMAOT
5 45
6 46
7 47
8 488ª Etapa: Documento Final
2018
Aprobación definitiva
Informes sectoriais definitivos. Elevación a CMAOT e comprobación integridade do
proxecto
2022
AN
UA
LID
AD
E
3ª Etapa: Estudo Ambiental Estratéxico e Versión inicial do Plan
Informes previos e a súa cumorimentación
Información Pública, Informes sectoriais e de consultas
4ª Etapa: Informe a alegacións, a informes sectoriais e consultas.
Proposta de PlanXeral para Declaración Ambiental Estratéxica.
Formulación Declaración Ambiental Estratéxica (DAE).
2ª Etapa: Borrador Plan e Documento Inicial Estratéxico
2019
2020
2021
Consultas trámite ambiental
Prazos propostos para redacción de documentación
Prazos estimados para tramitación
6ª Etapa: Incorporar DAE. Doc. Aprobación Provisional
Informes municipais. Actuacións e actos preparatorios da Aprobación Provisional
Documento Alcance
32
4 . ENFOQUE METODOLOXICO DA FORMACIÓN DO PLAN XERAL.
Dende a concepción metodolóxica proposta polo equipo redactor para a elaboración do
traballo, esta debe aspirar a unha relación íntima coa administración municipal, cos seus
distintos servizos técnicos e cos responsables políticos, de modo tal que a Asistencia
Técnica chegue a constituírse nun reforzo técnico puntual da estrutura municipal para
acadar un obxectivo concreto pero excepcional na actividade ordinaria do Concello: a
elaboración e tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
A elaboración do Plan Xeral constitúe un proceso de profundo calado político e técnico
onde a Administración municipal exercita unha competencia das que presentan maior
capacidade de incidencia na realidade do Municipio, o que require da confluencia
coordinada de actuacións técnicas, administrativas e políticas por parte do Concello, e
precisa da aportación de directrices e da adopción de acordos polos órganos
corporativos. A mobilización dos medios técnicos, administrativos e políticos en
congruencia coa importancia deste proceso é, daquela, máis que unha necesidade,
unha condición para responder con éxito ao reto que se aborda.
Da áxil e rigorosa resposta a este reto do conxunto da organización municipal vai
depender decisivamente tanto o cumprimento dos obxectivos temporais da operación de
redacción e tramitación do Plan Xeral como a máis axeitada resposta do Plan non só á
problemática urbanística senón tamén á mellor resposta municipal para a súa posterior
execución.
Por outra parte, a condición do Plan Xeral como instrumento de ordenación integral do
territorio municipal; a súa dimensión normativa e reguladora de obrigado cumprimento
non só para os particulares senón tamén para as outras administracións públicas; as
súas determinacións que afectan a ámbitos de actuación e mesmo a ámbitos
competenciais doutros organismos; a dimensión programadora do Plan que require dun
marco de compromisos de actuación non só municipais senón fundamentalmente tamén
das outras administracións e mesmo dos particulares; determinan a importancia do
relacionamento áxil e eficiente: en primeiro lugar coas administracións públicas, na súa
función de axentes con incidencia competencial, administrativa ou investidora no
territorio, nalgún dos ámbitos derivados das determinacións do planeamento urbanístico;
en segundo lugar, e de ser o caso, cos posibles axentes urbanizadores privados,
capaces de acadar compromisos de actuación susceptibles de incorporarse á
planificación urbanística e á súa programación.
Recabar e acadar das administración públicas información sobre as súas regulacións
propias e sobre as súas previsión de intervención con incidencia urbanística e territorial,
33
a partir do momento de redacción do Plan, constitúe unha tarefa inicial non sempre
facilitada pola ausencia de anticipación planificatoria da actuación territorializada a
medio e longo prazo. Poñer en común obxectivos, concertar determinacións con
incidencia nos seus ámbitos competenciais e conseguir compromisos de execución no
marco da programación do Plan Xeral constitúen unha tarefa posterior decisiva para
acadar un grao de operatividade na execución do Plan e, previamente, unha tramitación
áxil da súa aprobación, dependente da confluencia dos múltiples informes sectoriais a
solicitar durante a súa tramitación, que expresarán a coordinación interadministrativa
acadada nas determinacións do Plan Xeral.
O desenvolvemento das Fases previstas nos Pregos de condicións ten que ter por
obxecto prever a correcta e coordinada intervención dos diferentes axentes coincidentes
no proceso de elaboración do Plan Xeral, con referencia ás actuacións propias da
asistencia técnica e ás fases de tramitación previstas para o seu desenvolvemento, e
con especial atención á coordinación coa administración municipal, incluída a comisión
informativa municipal que se designe para o seguimento do Plan, á que se asistirá á
solicitude da súa Presidencia.
34
5 . METODOLOXÍA DE DESENVOLVEMENTO DOS TRABALLOS DE REDACCIÓN
O contido material de determinacións e documentos do Plan Xeral de Ordenación
Municipal acomodarase ao establecido na Lei 2/2016 de 10 de febreiro de solo de
Galicia e no seu Regulamento aprobado polo Decreto 143/2016, de 22 de setembro, e
incorporando, así mesmo, aqueles outros que son necesarios en función das
disposicións regulamentarias e de refundición coa lexislación xeral; e todo iso, de acordo
cos Pregos de Prescricións Técnicas que rexen a presente licitación.
Dado que o Prego de Prescricións Técnicas establece con detalle os documentos a
elaborar e que o contido dos Plans Xerais está na actualidade pormenorizadamente
regulamentado, o obxecto deste apartado é o da presentación dun perfil de proposta
ordinal e sistemática dos documentos, que resulte expresiva da metodoloxía de
desenvolvemento da redacción do Plan.
Información Urbanística e Diagnóstico.
Está concibido como un documento analítico de toda a realidade municipal desde os
distintos puntos de vista ambiental, urbanístico e sectorial de incidencia, co fin de
detectar a situación municipal para concluír un correcto diagnóstico da problemática
máis significativa, sobre o que apontoar a ordenación urbanística que se propoña no
Plan.
A primeira actuación deberá consistir en solicitar da Consellería competente en materia
de urbanismo a documentación que considere necesaria para a redacción do Plan Xeral,
conforme ao establecido no artigo 60.1 da Lei do Solo de Galicia. Igualmente, se
recompilará aquela información municipal e das diferentes administracións sectoriais de
diverso rango para formalizar un documento da Información Urbanística completa que
abordará todas as variables de incidencia, e que se irá enriquecendo no proceso de
elaboración do Plan.
Igualmente abordarase a análise dos instrumentos de ordenación territoriais de
incidencia: Directrices de Ordenación do Territorio, Plan de Ordenación do Litoral, Plan
Sectorial Hidroeléctrico das concas hidrográficas Galicia Costa, Plan Sectorial de
implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Xunta de Galicia xestionadas
por RETEGAL, Plan Sectorial da Rede viaria de A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre,
Oleiros, Bergondo e Sada, Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia, Plan Auga
de Abastecemento de Galicia, Plan Hidrolóxico Galicia Costa, Plan de Seca, Plan
Territorial de Emerxencias de Galicia, Plan Director de Rede Natura 2000, etc.
Igualmente analizarase o planeamento vixente nos concellos limítrofes, incluso as súas
35
expectativas e os instrumentos en curso de redacción ou modificación. Ente outras
afeccións sectoriais de incidencia no territorio haberá de prestar unha especial atención
pola súa singular relevancia as existentes e previstas en materia de inundación, de
costas, de estradas e ferrocarril, do servizo aeroportuario, de protección patrimonial.
Complementariamente realizarase un recoñecemento territorial directo, abordando a
lectura cartográfica e fotogramétrica en profundidade cun acopio de campo exhaustivo,
que permita identificar as particularidades do territorio, os seus sinais de identidade, os
espazos de interese ou os que presentan degradación, as perspectivas visuais, os
elementos desconformes e os singulares, ...
Dende o punto de vista socioeconómico, a análise abordará as características
demográficas, sociais, económicas, de vivenda, ...; a análise das dotacións e servizos
municipais e dos espazos libres e as zonas verdes, así como a infraestruturación dos
sistemas viarios e dos servizos urbanísticos, para detectar insuficiencias e plantear
propostas de resolución.
Por último, a análise do planeamento municipal vixente debe permitir abarcar o
coñecemento das carencias que presenta, a evolución do seu desenvolvemento e a
problemática de instrumentos aprobados con dificultades para ser executados.
A axeitada elaboración da Información Urbanística permitirá establecer unha diagnose
para cada un dos temas de incidencia, concluíndo na identificación dos problemas a
abordar e a ter en conta desde o punto de vista da ordenación territorial e urbana.
Deste modo, o diagnóstico da situación urbanística municipal terá por finalidade principal
servir de base á definición dos obxectivos, criterios e solucións xerais da ordenación, a
partir da elaboración da información urbanística. A tal efecto será un documento
analítico e intencionado, referido como mínimo aos seguintes aspectos:
- A avaliación das circunstancias, ámbitos e tendencias xerais do desenvolvemento
municipal, tanto desde o punto de vista físico como socioeconómico e demográfico,
así como as súas expectativas e relacións cos territorios de contorna e de influencia.
Cambre dentro da Área Urbana e como parte do centro urbano da Ría do Burgo,
como foco nodal intermedio, con excelentes condicións de accesibilidade e cunha
densidade que esixen a superación da sesgo como cidade dormitorio para convertelo
nun nodo con funcionalidade urbana plena, cunha oferta dos servizos e dotacións
que sexan precisos en condicións adecuadas.
36
- O estudo do medio rural e do modelo de asentamento poboacional, identificando
cales dos núcleos teñen máis dinamicidade, como Brexo-Lema, e a súa estruturación
axeitada. Paralelamente procurarase a identificación e caracterización das áreas e
elementos vinculados á protección do territorio, como elementos máis salientables,
entre os que destacan o centro urbano da Vila de Cambre asociado á Igrexa-
Reitoral, a Alameda, os castros do municipio, a traza do Camiño de Santiago e as
valgadas asociadas ao sistema hídrico, coa do río Mero, que parte do Encoro de
Cecebre, incluído na Rede Natura 2000, sen esquecer que todo o territorio está
incluído no ámbito da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e as Terras do
Mandeo.
- A descrición e avaliación dos antecedentes do planeamento urbanístico xeral e local
que configuran a situación herdada, coa análise das vixentes Normas Subsidiarias,
do seu nivel de desenvolvemento e detección dos principias problemas xurdidos. En
base ao desenvolvemento de pezas previstas nas Normas Subsidiarias obtivéronse
terreos para novos equipamentos como o Centro de Saúde, a Gardería e a Casa da
cultura Vila Concepción no Temple, as áreas libres e o auditorio ao aire libre da Vila
de Cambre, e nos ámbitos dos solos urbanizables a súa execución foi acompañada
da cesión de espazos públicos e áreas dotacionais que serven aos veciños do seus
propios ámbitos.
- A avaliación dos proxectos, iniciativas e políticas sectoriais en presencia, nos
aspectos dos servizos infraestruturais, comunicacións, transporte, solo, vivenda,
equipamentos e medio ambiente, así como das posibilidades do seu encadeamento e
coordinación cos obxectivos da política urbanística municipal. Así, dadas as
condicións que presenta Cambre de paso e conector da Cidade central co territorio
exterior, semella prioritario abordar un achegamento ás administracións con
competencia en materia de estradas e ferrocarrís, coa intención de compasar as
propostas do Plan coas que poidan prever os organismos respectivos. Igualmente, a
abordaxe dos problemas de inundabilidade que sofren os terreos da contorna do río
Mero deben ser postos en evidencia desde as primeiras fases de recoñecemento e
diagnose, para poder chegar a ofrecer solucións de ordenación acaídas ás recentes
modificacións lexislativas que orientan as condicións de diminución de riscos.
- A cualificación e cuantificación dos déficits e das características dos equipamentos
sociais urbanos e territoriais existentes e previstos e da totalidade dos sistemas
infraestruturais, valorando o esforzo municipal das últimas décadas por ampliar a
cobertura de redes infraestruturais así como de dotacións de proximidade aos
núcleos de poboación. Cambre presenta unha excelente calidade ambiental sobre a
que implementar a ampliación do seu sistema de zonas verdes e espazos libres. O
37
sistema asociado ás canles fluviais, fundamentalmente Mero-Valiñas, que xa acolle o
paseo fluvial desde a ría do Burgo ata o encoro de Cecebre, permite a localización de
parques lineais de bordo, nos que garantir, na medida do posible, o mantemento da
súa naturalidade, e dos corredores de mobilidade peonil e ciclista existentes.
A elaboración documental desta fase require unha gran capacidade de síntese de toda a
información multidisciplinar e lexislación sectorial de incidencia na redacción do
planeamento municipal, para producir un documento capaz de asentar as bases sobre
as que apoiar a ordenación urbanística municipal, formulando as alternativas requiridas
pola vixente lexislación ambiental e seleccionando aquela que mellor resolva os
requirimentos que dimanan da propia realidade territorial de Cambre.
Borrador de Plan e Documento Inicial Estratéxico.
Realizado o diagnóstico da situación urbanística municipal, o Borrador de Plan deberá
centrarse nunha presentación das cuestións relevantes da ordenación que debe situar
con claridade os elementos de debate en torno aos obxectivos, condicionantes e
oportunidades, que emerxeran da elaboración da proposta de Borrador de Plan. Na
escala de síntese haberán de establecerse as determinacións globais fundamentais e de
estrutura xeral do modelo de ordenación, incluso a clasificación do solo indicando os
principios e as xustificacións da delimitación do solo urbano, conforme ao contido
documental establecido no artigo 145 do Regulamento da Lei do solo.
O Borrador é un documento fundamental no proceso de redacción. Arredor del debe
producirse o debate público que sustente unha proposta suxerinte e mobilizadora do
consenso en torno ao Plan Xeral. A ampliación de contidos documentais que terá o
Borrador ao amparo do establecido polo Regulamento da Lei do Solo de Galicia, poderá
constituír un punto de partida da participación cidadá moi singular, que permitirá un
achegamento a demandas específicas en relación ao Plan dentro da propia tramitación
ambiental. Neste sentido, o Borrador formularase co arroupe propositivo necesario,
apuntando os elementos dunha estratexia urbanística que afiance o papel de Cambre no
seu ámbito urbano e na Área metropolitana.
O Borrador de Plan abarcará entre outros os seguintes aspectos e determinacións:
a. Partirá do diagnóstico da situación urbanística que se incorporará a este documento.
b. Definición de obxectivos e criterios de ordenación, en base ao diagnóstico realizado.
38
c. Solucións xerais de ordenación, comprendendo:
- Identificación da estrutura xeral da ordenación do territorio municipal con
expresión dos sistemas xerais de comunicación e de infraestruturas básicas,
equipamentos sociais e zonas verdes do sistema xeral e o establecemento das
clases e categorías de solo, identificando os ámbitos de solo urbano non
consolidado e os de solo urbanizable, neste último caso xustificando a súa
delimitación de conformidade co establecido no Regulamento da Lei do solo.
- Análise da definición propositiva da morfoloxía básica da ordenación a adoptar,
con expresión das solucións xerais que deben atender ás peculiaridades de
Cambre.
- Propostas para a ordenación do modelo de asentamento poboacional, cos
complementos que sexan do caso por requirimento legal.
- Establecemento das reservas mínimas de solo para vivenda protexida.
d. Tratamento de Equipamentos e Dotacións Urbanísticas.
e. Criterios para a formación da Normativa Urbanística que se elaboren á luz das
novidades lexislativas e da experiencia administrativa municipal.
f. Criterios de xestión e de programación que permitan, no seu caso, a negociación de
compromisos investidores das Administracións, para o posterior establecemento dun
programa de actuación coherente co modelo de desenvolvemento proposto.
g. Avaliación das propostas e das alternativas formuladas.
h. Xustificación da coherencia do Plan cos instrumentos de ordenación do territorio con
incidencia en Cambre, particularmente Directrices de Ordenación do Territorio, Plan
de Ordenación do Litoral, Plan Director da Rede Natura 2000, Plan Hidrolóxico
Galicia Costa e Mapas de inundabilidade, Plan Sectorial da Rede viaria da Coruña,
Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Bergondo e Sada. Igualmente, xustificación do
cumprimento da normativa sectorial.
i. Memoria xustificativa de adaptación ao ambiente e á paisaxe.
39
Simultaneamente, o documento de Borrador acompañarase do Documento Estratéxico
Inicial de conformidade coa concepción e contidos que para este documento establece o
artigo 18 da Lei 21/2013 de avaliación ambiental, e en concreto os seguintes:
a. Obxectivos de planificación.
- Descrición dos obxectivos xerais e específicos que se pretenden acadar co
planeamento.
b. Alcance, contido e ámbito territorial.
- Delimitación dos ámbitos territoriais tanto de execución como de afectación do
planeamento.
- Función do planeamento con descrición da problemática á que pretende dar
resposta.
- Marco normativo e lexislación que dá amparo ao planeamento.
- Alcance e contido do planeamento e profundidade coa que se vai a acometer a
redacción, establecendo alternativas, tipos de medidas incluídas e aproximación
para os efectos previsibles.
c. Diagnose da situación actual.
- Presentación xenérica da situación actual, con aproximación aos tipos de
elementos que teñen implicacións sobre o planeamento ou sobre os que este ten
implicación, así como a súa vulnerabilidade.
d. Incidencia sobre plans sectoriais e territoriais concorrentes.
- Plans e directrices xerais e sectoriais relacionadas, con indicación dos efectos
previsibles sobre elementos estratéxicos do territorio.
e. Proteccións impactos ambientais.
- Efectos ambientais previsibles.
f. Desenvolvemento previsible do Plan.
A documentación escrita complementarase co nivel planimétrico acorde a esta fase no
que se desenvolvan a nivel propositivo os aspectos máis significativos da ordenación e
aqueles outros necesarios para permitir a súa análise ambiental e urbanística, para o
seu informe no trámite de consultas pola administración urbanística con competencia
para a súa aprobación definitiva e polas demais administracións e entidades
consultadas, e que posibilite a apertura dunha reflexión e debate participativo,
administrativo e cidadá.
40
Como mellora documental singular nos documentos que conleven períodos de
Información Pública e no Documento final o Plan Xeral de Ordenación Municipal
superporase á ortofoto aérea actualizada que facilitará a lectura cartográfica e a
comprensión do alcance da ordenación en relación ao soporte físico existente.
A formación documental desta fase require unha axeitada capacidade de análise da
realidade territorial, procurando dar resposta aos retos que plantea a ordenación dun
municipio da Área Urbana de A Coruña. Para elo deberá formularse hipóteses de
desenvolvemento acordes á función que lle corresponde no seu marco territorial. O
tratamento de múltiples datos socioeconómicos e demográficos permitirá a formulación
de hipóteses razoables, sobre as que asentar a proposta de desenvolvemento
municipal.
Na fase de borrador os documentos deben establecer con claridade, sobre o diagnóstico
realizado, os obxectivos que se perseguen e a ordenación que permitirá alcanzalos, cun
nivel de detalle que permita a emisión de Informe da Consellería competente en materia
de ordenación do territorio. Para elo será determinante o manexo de bases de datos, a
lectura planimétrica e da fotografía aérea, a exploración da información urbanística
múltiple, e o coñecemento profundo de lexislación urbanística e sectorial para formar un
documento completo e coa calidade axeitada para sentar as bases do ordenamento
municipal.
Documento de Plan Xeral.
. Estrutura documental da información urbanística
Partindo dos elementos descritivos e informativos producidos anteriormente,
completarase de darse o caso da identificación de aspectos ou temas de relevancia
nos que profundar. Este apartado cubrirá como mínimo os temas enumerados no
artigo 133 do Regulamento da Lei do Solo de Galicia e no Prego de Prescricións
Técnicas.
Analizarase tematicamente o Estudo do Medio Rural, o Modelo de Asentamento
poboacional, identificando aqueles núcleos que por posición, función e tipoloxías
teñan características urbanas, e a identificación e caracterización das áreas e
elementos vinculados á protección do territorio. A parte escrita da información
complementarase con aquela outra gráfica, de planos en escalas adecuadas, que
recollerán os distintos aspectos da mesma, e que en todo caso terán os contidos
previstos no Prego de Prescricións Técnicas.
41
Pola súa parte, o Modelo de Asentamento Poboacional constitúe un documento
independente onde se ensamblará nun conxunto de textos, fichas e planos toda a
información e a ordenación dos núcleos rurais do Termo Municipal.
. Estrutura do documento de ordenación
Conterá a documentación esixida polo artigo 58 da Lei 2/2016 e pola sección 2ª do
Capítulo III do Título II do Regulamento da Lei do Solo (Decreto 143/2016),
incorporando as determinacións complementarias derivadas do Prego de Condicións
Técnicas. O documento igualmente incluirá o Estudo Ambiental Estratéxico (EAE),
elaborado de conformidade co Documento de Alcance que o órgano ambiental lle
remita ao Concello, para os efectos da avaliación ambiental estratéxica do Plan.
. Documentación planimétrica
A documentación escrita compleméntase co nivel planimétrico acorde a esta fase, co
alcance e pormenor establecido no Prego de Prescricións Técnicas e na lexislación
urbanística, a partir da cartografía analítica facilitada polo Concello de Cambre, así
como da dispoñible recompilada noutras administracións.
Nas distintas fases entregarase en formato dixital a planimetría requirida polas
administracións sectoriais para a emisión dos informes preceptivos, xeralmente en
formato .pdf ou vectorial se así o requiren.
Os planos de ordenación do Documento Refundido Final presentaranse debidamente
dixitalizados para a súa incorporación ao sistema de información xeográfica
municipal.
Avaliación ambiental estratéxica, a súa incidencia metodolóxica
A avaliación ambiental é un instrumento indispensable para a protección do medio, por
canto permite incorporar os criterios de sustentabilidade na toma de decisións
estratéxicas do Plan urbanístico.
O réxime xurídico aplicable está regulado na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de
avaliación ambiental, recolléndose na Lei 2/2016 a obriga da simultaneidade dos
procesos urbanístico e ambiental na redacción do Plan Xeral. A Lei ambiental establece
as bases que deben rexer a avaliación ambiental dos plans, programas e proxectos que
poidan ter efectos significativos sobre o medio ambiente, garantindo un elevado nivel de
protección ambiental, co fin de promover un desenvolvemento sustentable, mediante:
42
a) a integración dos aspectos medio ambientais na elaboración e na adopción,
aprobación ou autorización dos plans, programas e proxectos.
b) a análise e a selección das alternativas que resulten ambientalmente viables.
c) o establecemento das medidas que permitan previr, corrixir e, no seu caso,
compensar os efectos adversos sobre o medio ambiente.
d) o establecemento das medidas de vixilancia, seguimento e sanción necesarias para
cumprir coas finalidades desta lei.
De acordo coa referida lei, os principios que guían a avaliación ambiental son, entre
outros: protección e mellora do medio ambiente; acción preventiva e de cautela;
prevención, corrección e compensación dos impactos sobre o medio ambiente; principio
“quen contamina paga”; participación pública, desenvolvemento sustentable e
integración dos aspectos ambientais na toma de decisións.
Para acadar a integración efectiva da sustentabilidade no planeamento urbanístico, a
avaliación ambiental debe formar parte de todo o proceso de estudo, análise e diagnose
do territorio dende as súas fases iniciais, e constituír unha ferramenta que oriente a
toma de decisións de carácter estratéxico que implica a elaboración do Plan.
Neste contexto, semella acaído realizar, no proceso de redacción do Plan Xeral de
Ordenación Municipal de Cambre, un enfoque metodolóxico coherente co procedemento
de avaliación ambiental estratéxica que incorpore, dende as fases iniciais da
planificación, criterios de sustentabilidade na toma de decisións, e sexa quen de
fornecer un documento inicial coas características e especificacións contidas na Lei
21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, preceptiva para o Plan Xeral de
Ordenación Municipal.
Na súa redacción aplicaranse un conxunto de metodoloxías coordinadas que garantan a
sustentabilidade do Modelo Territorial proposto e unha eficiente avaliación ambiental.
Entre elas, a metodoloxía de análise e diagnóstico da contorna, a metodoloxía de
planificación, e a metodoloxía específica de elaboración do estudo estratéxico
ambiental. Xa que logo, a elaboración do instrumento de planificación e a súa avaliación
ambiental concíbese nunha secuencia de etapas na que os aspectos ambientais vanse
integrando no proceso, empregando as metodoloxías de interpretación da contorna e de
planificación, á que suceden as fases da comprobación efectiva da integración (1ª
Fase), e da análise dos efectos significativos no medio ambiente que se puideran derivar
da aplicación do plan (2ª Fase).
43
A Fase preliminar oriéntase á análise obxectiva da contorna e á análise do plan coas
técnicas propias da planificación estratéxica, e permite fornecer os diferentes
documentos que compoñen a versión inicial do instrumento de planificación.
O estudo das características do territorio e a análise dos vectores ambientais, a
identificación dos elementos estratéxicos e das potencialidades produtivas, e a
identificación dos riscos naturais e tecnolóxicos, serán as ferramentas básicas para a
análise e diagnose ambiental do municipio.
A análise do Plan implicará a determinación do ámbito de influencia e das relacións cos
plans concorrentes, a medición de indicadores de planeamento, a definición de
obxectivos xerais e específicos, a determinación do marco estratéxico de referencia e a
definición de obxectivos ambientais, e o estudo de escenarios e propostas, e culminará
coa formulación do Modelo Territorial do Plan.
AVANCE DOS INSTRUMENTOS DE PLANIFICACIÓN CONCORRENTES
• Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda 2012-2024.
• Plan Estratéxico de Infraestruturas de Transporte (PEIT) 2005-2020.
• Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica (Plan Move).
• Plan Director de Mobilidade Alternativa de Galicia.
• Plan Sectorial de aparcamentos disuasorios ligados ao fomento do transporte
público e da viaxe compartida nos ámbitos Metropolitanos de A Coruña, Ferrol,
Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense (PSAD).
• Plan Director do Aeroporto da Coruña.
• Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia.
• Plan Galego de Vivenda 2015-2020. RehaVita.
• Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020.
• Plan de Ordenación do Litoral de Galicia.
• Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia.
• Plan de conservación da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) en
Galicia.
• Plan de recuperación da Escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L. subsp. lusitánica Steinbacher) en Galicia.
• Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa.
• Plan Auga de Abastecemento de Galicia. Plan Auga.
• Plan de Seca da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa.
• Plan sectorial hidroeléctrico das concas hidrográficas de Galicia Costa.
• Plan galego de acuicultura.
• Platerga: Plan Territorial de Emerxencias de Galicia.
44
• Plan sectorial eólico de Galicia.
A definición de obxectivos xerais e específicos, a determinación do marco
estratéxico de referencia e a definición de obxectivos ambientais, a medición de
indicadores de planeamento, e o estudo de escenarios e propostas, culminará coa
realización da proposta de Modelo Territorial.
AVANCE DO MARCO ESTRATÉXICO DE REFERENCIA
• Directrices de Ordenación do Territorio.
• Plan de Acción da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
• Plan de Acción da Axenda 21 Local do Concello da Coruña.
• Plan de Acción da Axenda 21 Local do Consorcio As Mariñas.
• Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña.
• Estratexia da Paisaxe de Galicia.
• Estratexia Galega de Sustentabilidade Ambiental.
• Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia.
• Estratexia Galega para a Conservación e o Desenvolvemento Sostible da
Diversidade Biolóxica.
• Programa marco galego fronte ao cambio climático.
• Estratexia de desenvolvemento sustentable.
• Estratexia española de cambio climático e enerxía limpa. Horizonte 2007-2012-
2020.
• Plan nacional de adaptación ao cambio climático.
• Estratexia española de ambiente urbano.
• Estratexia española de mobilidade sustentable.
• Plan estratéxico do patrimonio natural e da biodiversidade.
• Estratexia española de calidade do aire.
• Estratexia territorial europea (ETE).
• VI Programa de acción en materia de medio.
• Convenio europeo da paisaxe (CEP) (2000).
• Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU.
• Convenio sobre a Diversidade biolóxica (CDB).
Na 1ª Fase de avaliación realizarase a análise da coherencia do plan (obxectivos,
elementos e criterios estratéxicos...), procederase á xeración e avaliación de diferentes
alternativas razoables e técnica e ambientalmente viables, incluíndo a información
cartográfica pertinente para a súa análise, valorarase a integración ambiental do plan e
o grao de adecuación do Modelo Territorial proposto á problemática territorial e
45
ambiental identificada, e aos principios de sustentabilidade, avaliarase o nivel de
efectividade na resolución dos problemas ambientais e, finalmente, valorarase a modo
de síntese, o balance ambiental do Modelo Territorial, que no caso de estimarse como
non positivo, determinará unha reformulación do instrumento de planificación e a súa
nova avaliación.
A identificación e caracterización de efectos significativos sobre o medio, o deseño de
medidas de integración ambiental e sustentabilidade, e o establecemento dun plan de
seguimento ambiental (que incluirá un sistema de Indicadores de Seguimento e Control
que permitirá avaliar a evolución do instrumento de planificación), corresponderán á 2ª
Fase de avaliación.
Correspondendo co primeiro nivel do procedemento administrativo de avaliación
ambiental estratéxica, a secuencia temporal de tarefas concatenadas remata coa
redacción do Estudo Ambiental Estratéxico (EAE), axustando os seus contidos ás
determinacións do Documento de alcance para a avaliación ambiental estratéxica do
PXOM, formulado polo órgano ambiental.
Durante o trámite de Información Pública e solicitude de Informes Sectoriais tras a
aprobación inicial, o órgano ambiental emitirá Informe sobre a calidade do EAE, que de
requirir axustes ou complementos, incorporaranse ao Documento que se elevará para o
ditado da Declaración Ambiental Estratéxica coa que rematará a tramitación ambiental
do Plan Xeral de Cambre.
46
6. PROPOSTA METODOLÓXICA A RESPECTO DA PARTICIPACIÓN PÚBLICA
A dimensión pública do Plan Xeral, a súa incidencia nas condicións de vida da
poboación, no desenvolvemento da actividade económica e social, e mesmo na
regulación do uso do solo, require da atención aos procesos de participación social, dos
cidadáns e dos particulares, previstos na lexislación.
Tipificados nos procesos de Información Pública, a concepción das exposicións do Plan,
e a análise das propostas, suxestións e alegacións formuladas nelas, constitúen
momentos onde o Plan Xeral acada expresión pública como obxecto colectivo sometido
ao debate e consideración do conxunto dos cidadáns e como norma de obrigado
cumprimento con incidencia en concretos intereses privados e públicos. Os medios e os
modos de presentación municipal da súa proposta urbanística deberán aspirar a
transmitir a natureza colectiva do proxecto, a súa relevancia social e económica, a súa
condición técnica e reguladora e a súa dimensión cultural e ambiental.
O tratamento da información pública na formación e tramitación do Plan Xeral debe
plantearse en función das diferentes fases de elaboración, e dos diferentes destinatarios
da mesma, tendo presente o obxectivo municipal de superar a formalidade legal de ter o
documento a disposición dos cidadáns que desexen esta información, para facilitar e
fomentar a participación cidadá.
Durante a elaboración do planeamento municipal dous son os momentos especialmente
abertos á participación pública, establecidos pola lexislación urbanística e ambiental, e
os dous teñen moi diferente contido. A proposta de tratamento da información pública
pretenderá dar resposta a ambos os dous.
O trámite de información e participación pública do documento de Borrador de Plan, do
xeito en que o concibe a vixente Lei 21/2013 de avaliación estratéxica, ten unha
importancia singular dado que comprende todas as actuacións necesarias para difundir
un documento que conterá as directrices e obxectivos xerais do Plan, partindo do
diagnóstico da situación, expresando a estrutura territorial básica, e unha primeira
ordenación detallada co nivel documental establecido no artigo 145 do Regulamento da
Lei do solo, e que posteriormente debe axustarse en función do resultado do trámite de
consultas e o ditado do Documento de Alcance por parte do órgano ambiental.
Destinado a suscitar a participación mediante a presentación de suxestións no período
da súa información pública para consultas e a favorecer a formulación das directrices
municipais orientadoras do traballo de redacción do Plan, o Borrador de Plan debe
presentar dun xeito sintético tanto o diagnóstico de situación onde se aborde a
47
problemática máis significativa dende o punto de vista urbanístico, como as liñas e
criterios fundamentais da ordenación urbanística proposta, entre elas a clasificación
básica de solo, que debe situar con claridade os elementos de debate en torno aos
obxectivos, condicionantes e oportunidades.
A formulación da información pública do Borrador do Plan debe ir nesa liña de fomento
da participación cidadá e dos axentes sociais, acompañando á súa publicación a través
da páxina web do órgano ambiental, mediante a utilización, entre outros, dos medios
electrónicos municipais como vehículo privilexiado para facer chegar as súas liñas
mestras, para difundir contidos e propostas ou elaboración de enquisas; ou a selección,
de ser o caso, de material para a súa difusión nos medios periodísticos e de
comunicación de maior difusión local. Todo isto máis aló da obrigada disposición ao
público do documento establecida no artigo 19.3 da Lei 21/2013. Nesta fase proponse o
apoio do equipo redactor para a selección de material a difundir e, de ser o caso,
programación de reunións explicativas aos diferentes axentes sociais.
En canto ao trámite da participación pública no documento do Plan Xeral tras a súa
aprobación inicial, este ten un carácter diferente. A participación xa ten un dobre
interese, por unha parte segue sendo un instrumento de acción pública con incidencia
nas condicións de vida da cidadanía, pero por outra parte desprega a totalidade da súa
capacidade reguladora para definir as condicións de uso do solo, incidindo polo tanto de
forma moi directa naquel segmento da poboación que igualmente presente a condición
de titular do solo.
É esta duplicidade de intereses, a cidadá e a do titular do solo, a que debe condicionar o
tratamento da información pública desta fase. En primeiro lugar dando apoio técnico
suficiente para orientar e fomentar a formulación de alegacións da cidadanía que o
estime oportuno; en segundo lugar para explicar as últimas consecuencias do proxecto
urbanístico unha vez asentadas as bases na fase anterior.
Neste sentido propóñense as seguintes accións:
- Realización dunha Exposición do documento do Plan Xeral onde, xunto coa mostra
completa do documento para os efectos de formulación de alegacións, se poidan
mostrar dun xeito didáctico, tanto as liñas mestras do proxecto urbanístico como os
seus principais obxectivos e solucións de ordenación.
- Programación de reunións explicativas sobre o contido e alcance do Plan aos
diferentes axentes sociais, de considerarse de interese no ámbito municipal.
48
- Selección de material para a súa difusión nos medios periodísticos e de
comunicación de maior difusión local.
- Utilización dos medios electrónicos municipais como vehículo para difundir as
determinacións do Plan, os proxectos que contempla e as expectativas de mellora
das condicións de vida que abre á cidadanía.
O conxunto de accións que anteriormente se expresan poden ser ampliadas no marco
de coordinación entre o equipo redactor e a administración municipal, en función das
circunstancias que poidan xurdir nas diferentes fases de tramitación.
49
7. PROPOSTA METODOLÓXICA DA COORDINACIÓN INTERADMINISTRATIVA
A formación do Plan Xeral de Ordenación Municipal require dun proceso de
coordinación das distintas variables de incidencia, entre elas as que derivan de todas as
competencias que polas distintas lexislacións veñen atribuídas ás diferentes
administracións. Deste modo, o proceso de comunicación con ditas administracións
require dun esforzo de acompañamento e traslado das determinacións aos documentos
do Plan sen vulnerar as competencias que correspondan a cada administración.
Así durante a fase de información urbanística, ademais de solicitar da consellería
competente en materia de urbanismo que dea traslado de canta documentación se deba
ter en conta para a redacción do plan achegada polos distintos departamentos da
Administración Autonómica, haberá de solicitarse, igualmente, aquela información de
relevancia das administracións estatais en materia de costas, ferrocarrís, aeroportos ou
estradas.
Durante o trámite de consultas atenderanse todos os informes e suxerencias que
planteen as distintas administracións con competencia en dito trámite. A continuación
solicitaranse os informes sectoriais establecidos con carácter previo á aprobación inicial
nas distintas lexislacións sectoriais, que no caso de Cambre coinciden cos referidos a
costas, estradas, ferrocarril, servidumes acústicas de aeroporto e das estradas,
servidumes aeroportuarias. A redacción do documento pretenderá a observación de
todos os preceptos legalmente establecidos, co gallo de non establecer determinacións
que sexan contrarias ao marco regulador.
En determinados casos antes e en xeral tras a aprobación inicial, o Plan Xeral de
Ordenación Municipal debe someterse á consideración das diversas administracións
sectoriais de incidencia. Este proceso constitúe o segundo elemento de comunicación e
de coordinación mediante os informes sectoriais sobre o documento aprobado
inicialmente. A atención especial irá dirixida á xestión das incidencias que se deriven
das relacións coas Administracións Sectoriais (singularmente coa administración do
Ministerio de Fomento en materia de aeroportuaria, atendendo á singularidade do
inserimento na contorna urbana do Aeroporto de Alvedro, así como en materia
ferroviaria e de estradas; coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
no relativo á dimensión ambiental, á competencia de estradas, en materia de costas, e á
súa intervención urbanística vinculante para aprobación definitiva; con Augas de Galicia
en relación ao ciclo da auga, a protección do dominio hidráulico e aos efectos da
inundabilidade; coa Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria en
materia de patrimonio cultural, e coas restantes administracións con competencias
incidentes), tanto no que se refire á participación nos contactos necesarios para
50
contrastar os criterios de ordenación, como na avaliación e cumprimentación dos
informes que emitan na tramitación do plan.
Para o efecto, o equipo redactor prestará o necesario asesoramento ao Concello, coa
asistencia ás reunións requiridas e coa emisión de informes para a cumprimentación das
correccións ou emendas instadas polas distintas administracións.
51
8. SISTEMAS DE PRODUCCIÓN DOCUMENTAL.
Os sistemas para a produción da documentación do Plan Xeral, independentemente da
súa presentación nos soportes dixitais e de impresión en papel, terán os seguintes
formatos:
- Documentación tipo texto: Memoria, Normativa, ...
Formato Word 2007 (*.docx). Microsoft Office Professional
- Bases de datos, ficheiros:
Formato Filemaker 10 (*.jp7).
- Táboas e follas de cálculo:
Formato de follas de datos excel 2007 (*.xlsx). Microsoft Office Professional
- Documentación fotográfica
Cámara dixital. Resolución mínima 1 cm/pixel.
Formato de imaxe JPEG.
- Planos e información vectorial:
Formato Microstation (*.dgn) e formato Shape (*.shp).
- Documentación reproducible do documento:
Formato Adobe Acrobat 9.0 (PDF) (formato portátil de documentos).
Estes formatos de produción da información dixital permiten a súa incorporación a
calquera Sistema de Información Xeográfica a elaborar mediante software específico.
Conforme ao establecido no Prego de prescricións técnicas o soporte no que se
entregará a documentación do Plan Xeral será tanto en formato papel como en formatos
dixitais sobre soporte físico DVD-R ou CD-R, estes últimos coas especificacións que a
continuación se detallan:
- Textos:
Formatos Word 2007 (*.docx) ou 2003 (*.doc).
- Bases de datos e ficheiros:
Formatos Filemaker 10 (*.fp7) exportable aos seguintes formatos, segundo necesidades:
. Texto separado por comas ou tabuladores (*.CSV, *.tab).
. Folla de datos excel (*.xls *.xlsx).
. Formato de datos Access (*.mdb).
- Táboas e follas de cálculo:
Formatos Excel 2007 (*.xlsx) ou 2003 (*.xls).
52
- Documentación fotográfica:
Formato JPEG.
- Planos e información vectorial:
Formato Microstation (*.dgn) exportable a Autocad (*.dwg) ou (*.dxf) e formato
Shape (*.shp).
- Toda a documentación no seu formato de presentación definitiva a efectos de
posibilitar e facilitar a súa reprodución, difusión e impresión, sen perda de calidade:
Formato Adobe Acrobat 9.0 (*.pdf) (formato portátil de documentos).
Da documentación de cada unha das fases e etapas en que se desenvolverán os
traballos, entregaranse o número de copias necesarias para cada un dos trámites de
aprobación do Plan Xeral nos termos establecidos no Prego de Prescricións Técnicas e
na lexislación en vigor.
Aspectos cartográficos
O soporte cartográfico que servirá de base para a redacción do Plan Xeral de
Ordenación Municipal de Cambre, será o facilitado polo Concello para tal fin, podendo o
equipo redactor realizar pequenos axustes se foran precisos, ou modificacións recollidas
en outras cartografías oficiais de detalle susceptibles de ser superpostas.
Un axeitado instrumento cartográfico no que reflectir as determinacións do Plan Xeral
coa axeitada calidade e nivel de detalle, constituirá unha ferramenta imprescindible para
desenvolver as tarefas de planificación e xestión.
A aproximación cartográfica vai permitir non só unha precisión na análise e na
ordenación, tanto do medio rural, dos seus núcleos e do territorio municipal extensivo,
como do solo urbano, senón que fará posible o obxectivo de valorización ambiental do
conxunto municipal e de ordenación, para a súa potenciación, dos espazos urbanos e
do conxunto dos núcleos que conforman o modelo de asentamentos do sistema
parroquial, e instrumentar os mecanismos para acadar, de ser o caso, unha posterior
xestión e gobernanza do territorio a través dun Sistema de Información Xeográfica,
acordes cos tempos e cos compromisos.
Debido ao gran volume de información que se debe manipular nos traballos que se
incorporan ao proceso de planeamento a escala municipal (tratamento de datos,
información cartográfica de grandes ámbitos, estudo e incorporación de infraestruturas
existentes, etc.) a plataforma informática que se empregará para a súa elaboración será
53
Microstation de Bentley Systems, que permite tanto o tratamento de grandes volumes de
información dixital como a sinxela importación de datos gráficos, alfanuméricos e
fotogramétricos xeorreferenciados indispensables á hora da toma de decisións propias á
do planeamento urbanístico.
Co obxecto de atender ás demandas das distintas administracións realizarase unha
conversión da documentación ráster e vectorial mediante a utilización do sistema de
información xeográfica na plataforma de ESRI co programa ARCGIS v.10 Arceditor.
Sendo esta unha das plataformas dixitais elixidas pola maioría das institucións directa
ou indirectamente vinculadas cos procesos urbanísticos -Xunta de Galicia, SITGA,
Instituto Geográfico Nacional- facilítase a incorporación de datos cartográficos e físicos
editados por ditas administracións (cartografía 1:5.000 da Xunta de Galicia, información
catastral, ...). Deste xeito os planos poderanse facilitar en formato dgn xeorreferenciado
e formato ESRI Shapefile (*.shp) segundo as instrucións técnicas sobre a información
xeográfica elaboradas pola Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental co fin de
poderse incorporar a calquera ferramenta dixital de xestión urbanística.