20

proba

Embed Size (px)

DESCRIPTION

traballo de alumnos 2º de ESO

Citation preview

Page 1: proba
Page 2: proba

Observando con lupa as noticias 2

OBXECTIVOS DO ESTUDO

Estes estudo parte dunha proposta da profesora, e no seu desenrolo queremos

acadar os seguintes obxectivos:

Aprender estatística.

Traballar en grupo.

Participar no II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

Facer análise crítica da prensa: observar se a prensa comete erros

estatísticos, fixarse que tipo de vocabulario estatístico e que tipo de

gráficas usa, se hai manipulación na información ou non,...

Obxectivos educativos do estudo: desenrolar un proxecto cun grupo de alumnos e

alumnas que teñen unha grande capacidade de traballo, seriedade e gusto polo

rigor científico e unha gran creatividade.

Contribuír ao adquisición das competencias básicas neste grupo de alumnos, no

proxecto tócase a competencia en comunicación lingüística, competencia

matemática, competencia en tratamento da información, competencia social e

cidadá, pero os aspectos máis importantes para esta profesora é formar a estes

alumnos e alumnas como persoas responsables, críticas e reflexivas, que saiban

interpretar a información con claridade e con precisión e que dominen diferentes

linguaxes: gráfica, numérica, textual, visual para ser cidadáns máis cultos e polo

tanto máis libres.

DESCRICIÓN DA RECOLLIDA DE DATOS

Eliximos uns determinados xornais porque eran aos que tiñamos máis doado o

acceso xa que ás veces mercábanse nas nosas familias ou os podiamos coller no

instituto. Estes xornais son: El Correo Gallego, La Región, El Mundo, El País e La

Voz de Galicia.

Page 3: proba

Observando con lupa as noticias 3

Non fixemos unha mostraxe sistemática dado o custo que tería ter que mercar o

xornal nos días seleccionados e ademais a nosa interese neste proxecto non é

tanto cuantitativa se non máis ben cualitativa, interésanos máis ver que tipo de

erros aparecen que saber a frecuencia destes.

No grupo, cada un buscaba e seleccionaba noticias estatísticas no xornal,

analizándoas coa axuda dunha ficha que elaboramos xunto coa profesora (ANEXO

I). A primeira dificultade que atopamos foi diferenciar se as noticias eran

estatísticas, económicas ou demográficas.

Para analizar as noticias:

Fixemos unha lectura detallada da noticia. Nesta lectura frecuentemente

aparecía vocabulario estatístico, co cal decidimos ir construíndo un

apartado dedicado a este.

Analizamos as gráficas mirando o tipo de gráfica, a escala e se hai ou non

erros.

Analizamos as fontes dos datos, nas que atopamos multitude de organismos

como o INE, IGE e o Eurostat.

Analizamos tamén as táboas e os textos.

Estudamos a fondo 35 noticias, de catorce aparece a análise neste documento

pois nelas atopamos erros significativos que merecen a nosa atención e as outras

21 aparecen recollidas no ANEXO II .

Das 35 noticias, 30 son de estatística descritiva e 5 de estatística inferencial.

Ademais 3 pertencen ao xornal El Mundo, 7 a El Correo Gallego, 7 a El País, 9 a La

Voz de Galicia e 9 a La Región .

O tipo de gráfica máis utilizada é o diagrama de barras con 43, seguida das

poligonais con 26, 18 diagramas de sectores, 8 cartogramas, 6 pictogramas e 1

pirámide de poboación.

Page 4: proba

Observando con lupa as noticias 4

ANALISE ESTATÍSTICA E INTERPRETACIÓN DE RESULTADOS

Noticia na sección “Galicia”, páxina 12 do xornal, a 5 columnas e usa como fonte de datos IGE. Na noticia aparecen unicamente 3 táboas. Poñer unha gráfica nesta noticia axudaría moito a comprendela. Nas táboas de frecuencias hai un exceso de datos, posto que non é necesario separar por anos e tampouco indicar os datos de tantas comarcas, non existe gran variación polo tanto nin interesa, nin informa, só confunde. Tampouco ten sentido indicar ata as centésimas o 2’01%, demasiada precisión non significa mellor información e no título non se indica o tempo no que os fogares viven con menos de mil euros (un ano, mes, …)

El Correo Gallego 3 xaneiro de 2012

Ratio s80/20:

indicador de cohesión

social, que divide a renda

da poboación con niveis

superiores ao percentil 80

entre a renda da

poboación que está baixo

o percentil 20 .

Page 5: proba

Observando con lupa as noticias 5

Noticia na sección “Sociedad”, páxina 32 do xornal, a 5 columnas e usa como fonte de datos ISAA e Eurobarómetro. Na noticia aparece un cartograma e dous diagramas de liñas. No texto, aparecen demasiados nome de países, empresas, persoas… Centrámonos no 2º diagrama de liñas para facer a nosa análise. A 2ª gráfica ten mal a graduación do eixo X, non segue un intervalo fixo. Se se puxera correctamente a inclinación do último intervalo sería menos pronunciada e causaría outra impresión sobre os alimentos transxénicos.

El País 18 xaneiro de 2012

Barómetro: son estudos cunha

periodicidade fixa e

co obxectivo de

medir o estado da

opinión pública do

momento e os seus

cambios.

Page 6: proba

Observando con lupa as noticias 6

Noticia na sección “Análisis”, páxina 6 do xornal, a 5 columnas e usa como fonte de datos INE, AHE e Ministerio de Fomento. Na noticia aparece un diagrama de sectores, dous de barras e un lineal, así como numerosas táboas de datos. Centrámonos nos diagramas de barras e nas táboas. As táboas conteñen un exceso de datos de dubidosa interese para o cidadán, basease no prezo en euros por metro cadrado (€/m2) das vivendas en Galicia. Nela recóllense os datos rexistrados de dito prezo nos trimestres de 2010-2011 causando unha difícil compresión dela. As gráficas de barras deberían de ser a dúas columnas e deberían ter unha altura proporcional coa cantidade que están a representar. Os números non están redondeados e nas táboas aparecen mal tabulados. Se analizamos detidamente os datos comprobaremos que o prezo por trimestre varía en cantidades moi pequenas, é dicir, ten unha mínima progresión e ademais é unha barbaridade aproximar ata as décimas de euro.

El Correo Gallego 26 xaneiro de 2012

Euribor(European Interbank

Offered Rate) é un índice

publicado diariamente que

indica o tipo de rédito promedio

ao que as entidades financeiras

prestan diñeiro no mercado

interbancario do euro. O seu

valor emprégase como

referencia para préstamos,

hipotecas, estatísticas…

Page 7: proba

Observando con lupa as noticias 7

Noticia na sección “Economía”, páxina 31 so xornal, a 5 columnas e usa como fonte de datos Apple. Na noticia aparecen dous pictogramas e dous diagramas de liñas. Centramos a nosa análise no pictograma das mazás posto que non mantén unha proporcionalidade, está mal a escala e non redondea os números. Na noticia vense tamén erros coma que o título transmite ideas erróneas, quedaría mellor: “Apple aumenta sus ventas” e que nalgún tramo do texto hai demasiados nomes dificultando a súa compresión.

El Mundo 26 xaneiro de 2012

Pictograma: tipo

de gráfica estatística que

representa as frecuencias

mediante debuxos

referentes ao tema

indicado.

Page 8: proba

Observando con lupa as noticias 8

Noticia na sección “Sociedad”, páxina 43 do xornal, a 5 columnas e usa como fonte dos datos o Observatorio Europeo de drogas e toxicomanías. Na noticia aparece unha táboa e un diagrama de liñas. Centramos a nosa atención no diagrama de liñas porque nel hai varios aspectos que habería que mellorar para entender mellor a información. No diagrama de liñas superpoñen os datos e de Chipre só teñen datos desde 2 anos e por exemplo de Reino Unido fai un reconto desde 14 anos.

El País, 16 de novembro de 2012

O gráfico lineal: emprégase para

representar, mediante

unha ou varias liñas,

a evolución dunha

variable ao longo do

tempo.

Page 9: proba

Observando con lupa as noticias 9

Noticia na sección “Ourense”, páxina 17 do xornal, a 4 columnas e usa como fonte de datos INE. Na noticia aparecen unha pirámide de poboación, un pictograma e un diagrama de liñas. Nesta noticia atopamos un erro terrible: a pirámide de poboación está invertida, o que provoca unha compresión visual contraria á que realmente se desexa presentar. Hai demasiada precisión nas cifras citadas e o seu redondeo permitiría unha compresión máis rápida e eficaz.

Saldo migratorio: é a diferenza

entre o número de inmigrantes e o de

emigrantes nunha determinada zona

xeográfica.

La Región, 17 de xaneiro de 2012

Page 10: proba

Observando con lupa as noticias 10

Produto interior

bruto (PIB): é unha

medida que expresa o

valor monetario da

producción de bens e

servizos finais dun país

nun período

(normalmente un ano).

Noticia na sección “Galicia”, páxina 4 do xornal, a 5 columnas e usa como fonte de datos La Voz de Galicia. Na noticia aparece un pictograma no que nos centramos e que hai varios aspectos que están mal e son: Non redondean os números e nos debuxos das pás non se segue ningunha escala porque vese a simple vista que a pá pequena de Vigo (1,60) ocupa un superficie maior que pá grande de Lugo (1,71).

La Voz de Galicia, 10 de xaneiro de 2012

Page 11: proba

Observando con lupa as noticias 11

Noticia na portada, páxina 2, a 5 columnas(3 de texto e 2 de gráficas) e usa como fonte dos datos INE.

Na noticia aparece 3 diagramas de sectores, 3 de barras e 1 cartograma. Nesta noticia hai algúns erros:

Non indican cal das dúas últimas gráficas se refire á cidade e cal á provincia.

Na gráfica rompen unha barra. Non ten sentido mesturar na mesma gráfica os estranxeiros que viven en Ourense que teñen unha frecuencia pequena cos españois que viven en Ourense que teñen unha frecuencia moi grande. A solución dada rompendo a gráfica pensamos que non é correcta pois a imaxe non transmite os datos reais.

Non redondean os números, por exemplo di que viven 2701 alemáns en Ourense.

La Región, 14 de Xaneiro de 2012

crecemento vexetativo:

diferenza entre número de de

nacementos e número defuncións

Page 12: proba

Observando con lupa as noticias 12

A seguinte noticia atópase na parte de Economía, consta de 4 columnas e é de elaboración propia. Facemos fincapé nas gráficas debido a que provocan una confusión visual por estaren superpostas, deberían marcarse os anos nos eixes X e existe una contradicción entre titular e gráfica: No 2005 había aproximadamente uns 28 millóns de tarxetas de débito e uns 32 millóns de tarxetas de crédito, que en total suman 60 millóns de tarxetas. No 2011 había aproximadamente uns 27 millóns de débito e uns 42 millóns de crédito, que en total suman 69 millóns de tarxetas.

ERROS ATOPADOS

Confusión visual, gráficas superpostas.

Deberían marcas os anos no eixo X.

Contradicción entre titular e gráfica.

La Voz de Galicia, 9 xaneiro de 2012

Coeficiente de Gini: é un

indicador da desigualdade

económica dunha zona

xeográfica, ideada polo

estatístico italiano Corrado

Gini. Normalmente emprégase

para medir a desigualdade nos

ingresos.

Page 13: proba

Observando con lupa as noticias 13

A seguinte noticia aparece na portada da Región e ocupa dúas follas. Nesta aparecen 8 gráficas: 3 de sectores, 2 de barras e 3 lineais. Nesta noticia facemos fincapé na seguinte gráfica posto que non usa criterios homoxéneos na precisión de números, de pronto redondea ás centenas de miles de euro e de repente ás unidades de euro; non se indica a unidade na que se mide ( 6.047.121’55 que? ); non existe unha constante organización de maior a menor nos datos e finalmente hai algunhas categorías que se poderían reducir (renovación señalización e vallados diversos) xa que non é significativo que separen esas

pequenas cantidades.

ERROS

ATOPADOS

Usa criterios diferentes no redondeo das

cantidades.

Non se indica a unidade na que se

está medindo.

Non hai unha organización de

menor a maior nos

datos.

Poderíanse reducir

as categorías.

La Región 19 xaneiro 2012

Crecemento económico: é o aumento da

renda ou valor de bens e servizos finais producidos

por unha economía (xeralmente un país ou unha

rexión) nun determinado período.

Page 14: proba

Observando con lupa as noticias 14

números índice permiten estudar a

evolución dunha

variable ao longo

do tempo (ou

espazo).

A seguinte noticia pertence á sección de Sociedade, abarca cinco columnas no que se incluen 3 gráficas de barras. Baséanse en varias fontes: SCImago, Scopus, ISI, Thomson Reuters. Déstacamos esta noticia pola súa gran redacción na que se explican moitos tecnicismos pero nunha das gráficas resaltamos que se entendería moito mellor se se redondeasen as cantidades.

ANÁLISE CRÍTICA

Noticia moi ben redactada explicando tecnicismos.

Non se redondean os números da gráfica.

El País 26 outubro 2011

Page 15: proba

Observando con lupa as noticias 15

Esta noticia aparece no apartado de Sociedade, ocupa 3 columnas e contén unha gráfica. Facemos fincapé no texto posto que hai un exceso de datos que provoca unha tremenda confusión, hai un efecto ascensor (emprega na mesma frase maior que e menor que) e as iniciais que nombra non están definidas.

ANÁLISE

CRÍTICA.

Exceso de datos. Efecto ascensor. Non explica as

siglas empregadas.

La Voz de Galicia 11 xaneiro 2012

Page 16: proba

Observando con lupa as noticias 16

A seguinte noticia aparece En Portada, ocupa 2 columnas, contén oito gráficas e a súa fonte é o IGE. A noticia ten un exceso de gráficas, aportando unha información máis clara só con 3 delas. Nela aparecen cantidades moi longas, polo que os datos numéricos deberían estar

redondeados para facilitar a compresión e mellorar a súa interpretación.

ERROS

ATOPADOS.

Exceso de

gráficas.

Os datos numéricos deberían estar

redondeados.

La Región, 27 decembro 2012

índice de

crecemento: relación entre número

de maiores de 64 anos

e números de menores

de 20

Page 17: proba

Observando con lupa as noticias 17

Esta noticia fai parte do P2 (Mercado do traballo), consta de 2 columnas, un cartograma, 3 gráficos de barras e un pictograma. Con referencia ás gráficas deberían organizar os datos de maior a menor e principalmente no pictograma sería mellor aproximar cantidades, utilizar outro tipo de gráfica posto que esta non transmite a información nin clara, nin rápida. El Correo Gallego 12 febreiro 2012

ANÁLISE

CRÍTICA

Non ordenan os datos.

Non aproximan

datos.

O pictograma non é nin claro , nin

directo.

taxa de paro: cociente entre

poboación parada e

poboación activa

multiplicado por

cen

Page 18: proba

Observando con lupa as noticias 18

CONCLUSIÓNS E PROPOSTA DE MELLORA E AMPLIACIÓN

O estudo detallado das noticias seleccionadas no traballo, revelounos unha valiosa

información acerca do uso da estatística no xornalismo. Atopamos erros, tanto no

texto coma nas gráficas, nas táboas e sobre todo no uso dos números. O primeiro

que observamos é que hai pouca orixinalidade e variedade nas gráficas, as gráficas

son pouco coloridas, facendo que a noticia non chame tanto a atención. Pero o erro

máis grande en gráficas foi non respectar as escalas. Os pictogramas que usa a

prensa non son os clásicos co que é moi difícil que manteñan a proporcionalidade

das cantidades.

Atopamos unha gran inseguridade matemática no aspecto en que as cifras non se

redondean supomos que coa intención de transmitir unha maior precisión, pero

esta precisión case sempre é innecesaria e sen embargo dificulta a compresión, se

non se redondean os números é difícil asimilar as cantidades e finalmente provoca

que un non se entere moito da noticia. A información obtense do INE,

IGE,..organismos que fan os recontos pero a prensa é a que nos dá a coñecer eses

datos polo que estes deberían ser máis directos e comprensibles.

Algúns textos estaban mal redactados e contiñan demasiados datos. En moitas

noticias emprégase o “efecto ascensor” (aumentan e diminúen cantidades na

mesma frase). O uso do vocabulario nas noticias pareceunos correcto, pero moitos

tecnicismos tivémolos que buscar nos diccionarios e na internet porque eran

palabras pouco coñecidas.

Nas noticias que atopamos con táboas, a maioría non se entendían porque tiñan

moitos datos. Os números que aparecían nas táboas non se redondeaban e nalgúns

casos os números estaban mal tabulados.

Non atopamos signos de manipulación, polo que pensamos que os erros débense

máis, como di Josu Menzu, “á falta de habilidades matemáticas básicas e a un

Page 19: proba

Observando con lupa as noticias 19

temor reverencial aos números” que a unha intencionalidade de querer transmitir

ideas erróneas.

Para mellorar este traballo deberíamos facer unha mostraxe e facer unha análise

máis profunda de cada noticia buscando documentación relacionada noutros

medios e comparando como diferentes medios tratan a mesma noticia.

DOCUMENTACIÓN

Wikipedia

IGE e INE

http://www.ine.es/explica/explica_pasos_estadistica_atractiva.htm

http://www.ine.es/explica/explica_pasos_tipos_graficos.htm

http://www.ige.eu/estatico/educacion/

Documental: “El lenguaje de las gráficas” da serie Mas por menos, de Antonio

Pérez

Conferencia "Periodismo con números para gente de letras" de Josu Menzo

Una guía para escribir sobre números. Naciones Unidas. Comisión Económica

Para Europa.

Una guía para presentar estadísticas. Naciones Unidas. Comisión Económica

Para Europa.

AUTORES DO TRABALLO

Florina Valentina Medrea

Lucía Del Río

Guillermo Álvarez

Vicente Bascoy

Alumnos e alumnas de 2º ESO do IES Otero Pedrayo de Ourense

Profesora: Conchi González Otero

Page 20: proba

Observando con lupa as noticias 20

ANEXO I

TITULAR

NOME XORNAL:

Data noticia:

Páxina:

Fonte da noticia:

Sección:

Número columnas noticia:

Fonte dos datos:

TIPO NOTICIA

ESTATÍSTICA DESCRIPTIVA ESTATÍSTICA INFERENCIAL

GRÁFICAS

SECTORES BARRAS LINEAL CARTOGRAMA PICTOGRAMA PIRÁMIDE

Tipo de gráficas:

Numero de gráficas que aparecen

TÁBOAS

NUMERO DE TÁBOAS QUE APARECEN

Análise uso de números: redondeo, decimais, separadores números grandes... Análise uso de conceptos estatísticos Análise das gráficas Análise do texto: usa demasiados números, mezcla cantidades subir e baixar ( efecto ascensor) Análise de titular: Comentario valorando a noticia:

ANEXO II

Outras noticias analizadas pero que non están recollidas neste documento 1. Los gallegos esperan una media de 93,4 días para poder operarse. La voz de Galicia, 28 outubro 2011 2. Una casa para una nueva vida. La región, 25 de novembro de 2011 3. Las cúpulas de la banca ganaron un 50% más que hace años. La voz de Galicia, 26 de outubro de 2011 4. El trabajo es salud : El Correo Gallego, 6 de novembro de 2011 5. La CEOE propone congelar dos años los salarios y un contrato de crisis. El país, 6 de xaneiro de 2012 6. La crisis dispara la desigualdad de ingresos entre los españoles. El país, 31 de outubro de 2012 7. Abocados a un cambio de modelo. La voz de Galicia, 5 de novembro de 2011 8. La mayoría absoluta está al alcance de PP y el PSOE perdería 50 diputados. La región 15 de novembro 2011 9. Andalucia dirime su fituro el 25 de marzo. El Pais 12 de xaneiro de 2012 10. La nueva legislatura, medidas del ejecutivo. El mundo 26 de xaneiro de 2012 11. El popular reorganiza su cúpula par abordar la integración del Pastor.La Voz de Galicia 1 novembro 2011 12. La mayoría de los concellos gallegos encarnan 2012 sin nuevos presupuestos El correo Gallego 2 xaneiro de

2012 13. Lenovo supera a Dell como segundo fabricante de PC. El país 19 de outubro de 2011 14. Un plan para los mayores. La voz de Galicia, 6 de otubro de 2011 15. Blanco dice que su marcha nada tiene que ver con otros asuntos. El mundo 26 de novembro de 2011 16. El 80% de los españoles cree que hay mucho fraude fiscal. La región 30 de novembro de 2011 17. Cinco mil parados más en diciembre llevan a Galicia a superar los 258 000. El correo Gallego 4 de xaneiro

2012 18. La tasa anual de IPC gallego se situó en octubre en el 3,1%. Laregion 15 de decembro de 2011 19. Galicia logro en el 2011 la segunda mayor inversión histórica en AVE. La voz de Galicia 12 de xaneiro de

2012 20. Casi diez mil gallegos emigraron durante los últimos tres años. El correo Gallego 6 de novembro de 2011 21. El gobierno sube los impuestos y recorta 8900 millones para reducir el déficit. La región 31 decembro 2011