18

Click here to load reader

Programacion Hª Bach

Embed Size (px)

DESCRIPTION

historia bacharelato

Citation preview

Page 1: Programacion Hª Bach

PROGRAMACIÓN

HISTORIA- 2º BACH.

2008-09. IES MARÍA SARMIENTO

DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

Page 2: Programacion Hª Bach

- 1 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

ÍNDICE

1. PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN ................... ...........................................2

2. OBXECTIVOS XERAIS............................... ............................................................2

3. CONTIDOS..............................................................................................................4

3.1. BLOQUES DE CONTIDOS

3.2 EXPLICITACIÓN DOS CONTIDOS, SECUENCIACIÓN E TE MPORALIZACIÓN4

3.3. INCLUSIÓN DA UNIDADE VII: ACTITUDES, VALORES E NORMAS11

4 . METODOLOXÍA E RECURSOS ......................... .................................................13

5. AVALIACIÓN...................................... ...................................................................14

5.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

5.2. PROCEDEMENTOS

5.3. BAREMACIÓN

5.4. AVALIACIÓN DE PENDENTES

6. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES ... .................... ..17

Page 3: Programacion Hª Bach

- 2 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

1. PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN Para comezar debemos indicar que na elaboración desta programación tivemos que empregar a programación marco elaborada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, coas novidades incorporadas a partires deste ano, así como as directrices marcadas polo Seminario Permanente encargado da coordinación do traballo docente neste nivel, debido ó peculiar deste curso que ó estar sometido a un exame de selectividade, dá pouco marxe á improvisación ou variación deste programa. Así remitirémonos a estas programacións no tocante ás consideracións previas sobre a disciplina e no tocante ós obxectivos , pronunciándonos dun xeito máis particular no referente á secuenciación do curso presente, fixándonos sobre todo nos contidos distribuídos en cada avaliación e os criterios de avaliación empregados, que estarán nunha boa medida encamiñados para a preparación do futuro exame de Selectividade ó que terán que enfrontarse os alumnos do presente curso.

Page 4: Programacion Hª Bach

- 3 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

2. OBXECTIVOS XERAIS � Comprender que a interpretación do pasado e o resultado de proxectar sobre

este os nosos propios condicionamentos ideolóxicos, éticos e culturais do presente.

� Descubri-los procesos e mecanismos básicos que rexen o funcionamento da dinámica histórica, empregando este coñecemento para a mellor comprensión das sociedades actuais

� Distinguir e valora-los signos permanentes dos procesos de transformación e cambio nas diferentes etapas históricas, analizando secuencialmente o nacemento dos problemas, as diferentes tentativas de solución e a súa pervivencia nos nosos días.

� Identificar e analiza-las interrelacións existentes entre os feitos económicos, sociais, políticos e culturais que condicionan a traxectoria histórica de España e de Galicia, así como o papel que os individuos e os grupos desempeñan nela, asumindo que a súa evolución é o resultado de complexos e longos procesos de cambio que se proxectan no futuro.

� Adquirir unha visión de conxunto da evolución histórica de España e de Galicia, situando este proceso no contexto europeo e mundial.

� Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espacio, os feitos, personaxes, problemas, etapas e procesos máis significativos e relevantes do devir histórico, común e diverso, de España e de Galicia.

� Expresar razoadamente ideas propias sobre os aspectos esenciais da evolución histórica de España e de Galicia.

� Consolidar actitudes e hábitos de tolerancia e solidariedade entre os diversos pobos de España, respectando e valorando positivamente os aspectos comúns e as diferencias, tendo en conta a posibilidade de pertencer de maneira simultánea a máis dunha identidade colectiva.

Page 5: Programacion Hª Bach

- 4 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

3. CONTIDOS.

3.1 Bloques de contidos I. AS RAICES HISTÓRICAS

I.1: Os inicios do poboamento peninsular I.2 A Hispania romana. Gallaecia. I.3 A Península Ibérica na Idade Media: Al-Andalus. I.4 A Península Ibérica na Idade Media: os reinos cristiáns.

II. O ANTIGO RÉXIME.

II.1 Os Reis Católicos: a construcción do estado moderno. II.2 A España do século XVI. II.3 A España do Barroco. II.4 O século XVIII: os primeiros Borbóns.

III. A DESESTRUCTURACIÓN DO ANTIGO RÉXIME E AS ORIXES DO ESTADO

LIBERAL.

III.1 Crise do Antigo Réxime. III.2 A construcción do Estado liberal. III.3 As grandes transformacións socioeconómicas.

IV. O RÉXIME DA RESTAURACIÓN.

IV.1 As bases do réxime. IV.2 A crise da Restauración. IV.3 Os desequilibrios económicos e sociais.

V. REPÚBLICA E GUERRA CIVIL

V.1 A IIª República. V.2 A Guerra Civil

VI. DICTADURA E DEMOCRACIA.

VI.1España durante o franquismo. VI.2 A España democrática.

VII. ACTITUDES, VALORES E NORMAS

Page 6: Programacion Hª Bach

- 5 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

3.2 EXPLICITACIÓN DOS CONTIDOS, SECUENCIACIÓN E TEM PORALIZACIÓN PRIMEIRA AVALIACIÓN

UNIDADE I. AS RAICES HISTÓRICAS

A. OBXECTIVOS:

• Coñecer e valorar o noso pasado. • Fomentar actitudes de respecto co patrimonio artístico e histórico. • Entender o proceso de cambio nas sociedades humanas. • Mellorar a comprensión do tempo histórico.

B. CONTIDOS: I.1: Os inicios do poboamento peninsular

o O proceso de hominización da península ibérica: novos achados. Os primeiros poboadores de Galicia.

o Os pobos prerromanos. A cultura castrexa. I.2 A Hispania romana. Gallaecia.

o O proceso de romanización. Especial atención ó caso galego. o O reino suevo. A monarquía visigoda.

I.3 A Península Ibérica na Idade Media: Al-Andalus.

o Evolución política e organización económica e social. o A presencia musulmana en Galicia. o Reinos de Taifas e a conquista de Granada. o Cultura e arte.

I.4 A Península Ibérica na Idade Media: os reinos cristiáns.

o A formación dos reinos peninsulares. Modelos de repoboación. o Galicia e a monarquía astur-leonesa. O reino de Galicia. o A organización política. As institucións. o Etapas da reconquista. o A expansión marítima no Mediterráneo e no Atlántico. As illas Canarias. o O feudalismo. Economía e sociedade. o A crise dos séculos XIV e XV. O exemplo galego: vida urbana e conflictos

sociais. As revoltas irmandiñas. o Unha cultura plural. O Camiño de Santiago. Manifestacións artísticas.

C ACTIVIDADES

• Actividades diarias: o Explicación do profesor tendo como base o libro de texto. o Análise conxunto das láminas , gráficas ou mapas que acompañen o texto. o Realización de comentarios de texto co material do libro ou aportado polo

profesor. • Actividades de avaliación:

Page 7: Programacion Hª Bach

- 6 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

o Corrección e puntuación sobre os traballos realizados na clase ou encargados polo profesor.

o Realización de probas obxectivas (exames) sobre a materia explicada.. D METODOLOXÍA ESPECÍFICA:

• Explicación do profesor • Realización de tarefas (Resolución de problemas)

E AVALIACIÓN:

• Coñece-la evolución histórica do territorio. • Ser capaz de extraer información dun texto histórico ou doutra fonte

documental. • Saber expresarse e poder desenrolar un determinado tema.

RECURSOS ESPECÍFICOS • Libro de texto 2º Bacharelato. Historia de Baía edicións.

UNIDADE II. O ANTIGO RÉXIME.

A. OBXECTIVOS: • Coñecer e valorar o noso pasado. • Fomentar actitudes de respecto co patrimonio artístico e histórico. • Entender o proceso de cambio nas sociedades humanas. • Mellorar a comprensión do tempo histórico. • Comprender o funcionamento do Estado Moderno a partires do seu

xurdimento no s. XVI. • Coñecer a importancia e transcendencia que o descubrimento e colonización

de América tiveron para a historia de España e da humanidade. B. CONTIDOS: II.1 Os Reis Católicos: a construcción do estado moderno.

a. Unión dinástica. Conquista do Reino Nazarí de Granada e incorporación do reino de Navarra..

b. O programa centralizador en Galicia: o sometemento da nobreza galega e o control do clero.

c. A proxección exterior. O descubrimento de América. II.2 A España do século XVI.

o O Imperio de Carlos V e a Monarquía Hispánica de Filipe II. o O modelo político dos Austrias. O goberno e a administración de América. o O impacto do descubrimento en Galicia.

II.3 A España do Barroco.

o O sistema de Westfalia –Pirineos: ocaso da hexemonía dos Habsburgo. Crise interna.

o Mentalidade, cultura e arte no Século de Ouro. O Barroco en Galicia.

Page 8: Programacion Hª Bach

- 7 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

o A representación política de Galicia. A “Junta del Reino” e a cuestión do voto en Cortes.

II.4 O século XVIII: os primeiros Borbóns.

o Cambio dinástico: as reformas internas. o Poboación, economía e sociedade en Galicia. A consolidación da fidalguía. o A política exterior. América. o A práctica do despotismo ilustrado: Carlos III.

C: ACTIVIDADES

• Actividades diarias: o Explicación do profesor tendo como base o libro de texto. o Análise conxunto das láminas , gráficas ou mapas que acompañen o texto. o Realización de comentarios de texto co material que haxa no libro ou

aportado polo profesor. • Actividades de avaliación: o Corrección e puntuación sobre os traballos realizados na clase ou

encargados polo profesor. o Realización de probas obxectivas (exames) sobre a materia explicada..

D METODOLOXÍA ESPECÍFICA:

• Explicación do profesor • Realización de tarefas (Resolución de problemas)

E AVALIACIÓN:

• Coñece-la evolución histórica do territorio. • Ser capaz de extraer información dun texto histórico ou doutra fonte

documental. • Saber expresarse e poder desenrolar un determinado tema.

F RECURSOS ESPECÍFICOS Libro de texto 2º Bacharelato. Historia de Baía edicións. SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE III. A DESESTRUCTURACIÓN DO ANTIGO RÉXIME E AS ORIXES

DO ESTADO LIBERAL. A. OBXECTIVOS:

• Coñecer e valorar o noso pasado. • Fomentar actitudes de respecto co patrimonio artístico e histórico. • Entender o proceso de cambio nas sociedades humanas. • Mellorar a comprensión do tempo histórico. • Comprender o funcionamento do noso sistema político actual por

comparación cos sistemas políticos do pasado

Page 9: Programacion Hª Bach

- 8 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

B. CONTIDOS: III.1 Crise do Antigo Réxime.

o Os factores causais da crise. o Guerra e Revolución. Galicia na Guerra de Independencia. o As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812. o Absolutismo e liberalismo. A emancipación da América española.

III.2 A construcción do Estado liberal.

o A oposición ó sistema liberal. A cuestión dinástica e as guerras carlistas. A cuestión foral.

o Isabel II: a organización do Réxime liberal. O Estado dos moderados e o seu labor.

o Galicia nos inicios do réxime liberal. Carlismo e provincialismo. o O Sexenio democrático (1868-1874). O republicanismo en Galicia.

III.3 As grandes transformacións socioeconómicas.

o Revolución liberal e cambio agrario: As desamortizacións. O caso galego. o O proceso de industrialización. As grandes pautas rexionais. o A estructura social. As orixes do movemento obreiro. o Os cambios ideolóxicos e culturais.

C: ACTIVIDADES

• Actividades diarias: o Explicación do profesor tendo como base o libro de texto. o Análise conxunto das láminas , gráficas ou mapas que acompañen o texto. o Realización de comentarios de texto co material que haxa no libro ou

aportado polo profesor. • Actividades de avaliación: o Corrección e puntuación sobre os traballos realizados na clase ou

encargados polo profesor. o Realización de probas obxectivas (exames) sobre a materia explicada..

D METODOLOXÍA ESPECÍFICA:

• Explicación do profesor • Realización de tarefas (Resolución de problemas)

E AVALIACIÓN:

• Coñece-la evolución histórica do territorio. • Ser capaz de extraer información dun texto histórico ou doutra fonte

documental. • Saber expresarse e poder desenrolar un determinado tema.

F RECURSOS ESPECÍFICOS Libro de texto 2º Bacharelato. Historia de Baía edicións.

UNIDADE IV. O RÉXIME DA RESTAURACIÓN.

Page 10: Programacion Hª Bach

- 9 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

A. OBXECTIVOS: • Coñecer e valorar o noso pasado. • Fomentar actitudes de respecto co patrimonio artístico e histórico. • Entender o proceso de cambio nas sociedades humanas. • Mellorar a comprensión do tempo histórico. • Comprensión do fenómeno da emigración e inmigración analizando as súas

causas e consecuencias. B. CONTIDOS: IV.1 As bases do réxime.

o O sistema canovista: a Constitución de 1876 e a quenda pacífica. o O funcionamento real do sistema: caciquismo e fraude electoral. As grandes

familias políticas de Galicia. o Prosperidade económica. o A oposición ó sistema. Rexionalismo e nacionalismo. O caso galego. o A evolución do movemento obreiro. o A liquidación do imperio colonial: Cuba.

IV.2 A crise da Restauración.

o O reinado de Afonso XIII. o Rexeneracionismo e revisionismo político. o A dictadura de Primo de Rivera. o O campo e os seus problemas. A industria. o A evolución do movemento obreiro. Agrarismo. o Economía e nacionalismo en Galicia.

C: ACTIVIDADES

• Actividades diarias: o Explicación do profesor tendo como base o libro de texto. o Análise conxunto das láminas , gráficas ou mapas que acompañen o texto. o Realización de comentarios de texto co material que haxa no libro ou

aportado polo profesor. • Actividades de avaliación: o Corrección e puntuación sobre os traballos realizados na clase ou

encargados polo profesor. o Realización de probas obxectivas (exames) sobre a materia explicada..

D METODOLOXÍA ESPECÍFICA:

• Explicación do profesor • Realización de tarefas (Resolución de problemas)

E AVALIACIÓN:

• Coñece-la evolución histórica do territorio. • Ser capaz de extraer información dun texto histórico ou doutra fonte

documental. • Saber expresarse e poder desenrolar un determinado tema.

Page 11: Programacion Hª Bach

- 10 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

F RECURSOS ESPECÍFICOS Libro de texto 2º Bacharelato. Historia de Baía edicións. TERCEIRA AVALIACIÓN

UNIDADE V. REPÚBLICA E GUERRA CIVIL

A. OBXECTIVOS:

• Coñecer e valorar o noso pasado. • Fomentar actitudes de respecto co patrimonio artístico e histórico. • Entender o proceso de cambio nas sociedades humanas. • Mellorar a comprensión do tempo histórico. • Adoptar posturas críticas ante a opción de resolver coa violencia os

problemas de convivencia, analizando os efectos devastadores das guerras e máis das guerras civís.

B. CONTIDOS: V.1 A IIª República.

o A caída da monarquía.As forzas políticas e sociais. o A constitución de 1931 e o bienio reformista. o A evolución política na II República. o Os nacionalismos na IIª República. O Estatuto galego de 1936. o A cultura española e galega desde os inicios da Idade de Prata ata 1936.

V.2 A Guerra Civil

o A sublevación militar. O alzamento en Galicia. o Evolución política das dúas zonas. o A internacionalización do conflicto.

C: ACTIVIDADES

• Actividades diarias: o Explicación do profesor tendo como base o libro de texto. o Análise conxunto das láminas , gráficas ou mapas que acompañen o texto. o Realización de comentarios de texto co material que haxa no libro ou

aportado polo profesor. • Actividades de avaliación: o Corrección e puntuación sobre os traballos realizados na clase ou

encargados polo profesor. o Realización de probas obxectivas (exames) sobre a materia explicada..

D METODOLOXÍA ESPECÍFICA:

• Explicación do profesor • Realización de tarefas (Resolución de problemas)

E AVALIACIÓN: • Coñece-la evolución histórica do territorio.

Page 12: Programacion Hª Bach

- 11 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

• Ser capaz de extraer información dun texto histórico ou doutra fonte documental.

• Saber expresarse e poder desenrolar un determinado tema.

F RECURSOS ESPECÍFICOS Libro de texto 2º Bacharelato. Historia de Baía edicións.

UNIDADE VI. DICTADURA E DEMOCRACIA. A. OBXECTIVOS:

• Coñecer e valorar o noso pasado. • Fomentar actitudes de respeto co patrimonio artístico e histórico. • Comprender os valores da democracia en oposición as formas da dictadura. • Entender o proceso de cambio nas sociedades humanas. • Mellorar a comprensión do tempo histórico.

B. CONTIDOS: VI.1España durante o franquismo.

o Fundamentos ideolóxicos e sociais do réxime franquista. o Evolución política e conxuntura internacional. o A oposición ó Réxime. A oposición armada e a oposición política en Galicia. o As transformacións socioeconómicas e os cambios sociais e culturais.

VI.2 A España democrática.

o A transición política. A Constitución de 1978 e o Estado das Autonomías. o A transición política en Galicia. O Estatuto galego. o Economía e sociedade na España actual. o Os gobernos democráticos e a integración en Europa. Galicia no marco

español e europeo. C: ACTIVIDADES

• Actividades diarias: o Explicación do profesor tendo como base o libro de texto. o Análise conxunto das láminas , gráficas ou mapas que acompañen o texto. o Realización de comentarios de texto co material que haxa no libro ou

aportado polo profesor. • Actividades de avaliación: o Corrección e puntuación sobre os traballos realizados na clase ou

encargados polo profesor. o Realización de probas obxectivas (exames) sobre a materia explicada..

D METODOLOXÍA ESPECÍFICA:

• Explicación do profesor • Realización de tarefas (Resolución de problemas)

E AVALIACIÓN: • Coñece-la evolución histórica do territorio.

Page 13: Programacion Hª Bach

- 12 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

• Ser capaz de extraer información dun texto histórico ou doutra fonte documental.

• Saber expresarse e poder desenrolar un determinado tema.

F RECURSOS ESPECÍFICOS Libro de texto 2º Bacharelato. Historia de Baía edicións.

3.3. INCLUSIÓN DA UNIDADE VII: ACTITUDES, VALORES E NORMAS

1. Adopción dunha postura crítica e de rigor ante as distintas fontes de producción do coñecemento histórico.

2. Promove-lo interese polo coñecemento crítico de sociedades e culturas diversas, tanto históricas como actuais, e a súa percepción como elementos enriquecedores da existencia colectiva da humanidade.

3. Fomentar un sentimento positivo de pertenza a unha Comunidade nacional (Galicia) , a un Estado histórico (España) e a unha cultura europea e universal dende posicións solidarias e respectuosas con outras Comunidades, Estados e culturas.

4. Consolidar actitudes e hábitos de tolerancia e solidariedade entre os diferentes pobos de España, respectando e valorando positivamente os aspectos comúns e diferenciais e a pertenza simultánea a máis dunha identidade colectiva.

5. Fomento do compromiso activo, responsable e consciente coa paz, a democracia e os dereitos humanos e sensibilidade fronte ós problemas derivados das situacións de desigualdade.

Actitudes

Unidades 1 2 3 4 5

I II III IV V VI

Page 14: Programacion Hª Bach

- 13 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

4. METODOLOXÍA E RECURSOS Como xa se foi desenvolvendo en cada unidade a forma básica de traballo partirá sempre da explicación do profesor acompañada do traballo coas fontes documentais que este considere necesarias que serán as que aparecen no libro de texto ou outras aportadas polo docente. Como neste curso temos coma horizonte as probas de acceso á Universidade, seguiremos en canto a metodoloxía unha forma de traballo que nos permita acadar, nun grao aceptable, o obxectivo de que os alumnos saiban compoñer un tema a partires dunas fontes documentais concretas, o coñecido como “composición de texto”. Para acadar este obxectivo será necesario traballar durante o curso dun xeito reiterativo co que é o comentario de texto en primeiro lugar para poder chegar ó remate do curso cun certo dominio da devandita composición de texto. Evidentemente se nos fará imprescindible un traballo intenso na realización e corrección de comentarios de texto, sobre todo co grupo de bacharelato tecnolóxico, xa que este grupo conta có hándicap de non teren realizados comentarios de texto no curso anterior, mentres que os alumnos de humanidades xa teñen unha certa pericia nesta tarefa. a) Como recurso principal, empregaremos, polo anteriormente dito, o libro de texto de Baía edicións, que se implanta neste curso 2006-07, así coma outras fontes documentais seleccionadas polo profesor. b) Por outro lado para a comprensión dos temas serán necesarios outra serie de recursos:

o Mapa de España. Non podemos construír un coñecemento sobre este marco xeográfico de España se temos problemas á hora de situar poboacións, rexións, accidentes xeográficos,...

o Imaxes. Diapositivas, fotografías, debuxos, planos, tanto do libro de texto como procedente doutras fontes, aportados polo profesor, buscados polos alumnos, consultados en Internet ou na biblioteca. Consideramos que o uso de imaxes axuda a fixar coñecementos, sobre todo cando se trata de estudiar un marco temporal e cultural tan dilatado, dende a prehistoria ata a actualidade.

o Gráficas, mapas históricos ou temáticos,...

No marco do fomento da lectura darase un listado de libros que non serán obrigatorios senón de lectura voluntaria.

Page 15: Programacion Hª Bach

- 14 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

5. AVALIACIÓN 5.-1.- CRITERIOS

o Recoñece-los criterios valorativos propios da nosa época nas diferentes interpretacións do pasado.

o Comprende-los trazos esenciais da sociedade española e galega actual a partir da identificación dos procesos e mecanismos básicos que rexen o funcionamento da dinámica histórica.

o Recoñecer na realidade actual as posibles pervivencias do pasado. o Análise da interrelación causal entre os diferentes factores que condicionan a

traxectoria histórica de España e de Galicia. o Relaciona-los procesos e acontecementos propios da historia de España e de

Galicia cos correspondentes ós ámbitos europeo, hispanoamericano e internacional.

o Caracteriza-las grandes etapas do pasado histórico de España e Galicia, destacando as súas achegas básicas e sinalando os seus aspectos comúns e diversos.

o Coñecer e analiza-Ios procesos, feitos e personaxes máis relevantes da historia de España e de Galicia, situándoos cronoloxicamente dentro dos diferentes ritmos de cambio e permanencia.

o Obtención e valoración crítica de información relevante procedente de diferentes fontes e emprego dela para a emisión dun xuízo razoado sobre os aspectos esenciais da evolución histórica de España e de Galicia.

o Apreciación de actitudes de tolerancia, relativismo crítico e respecto á realidade plural e multiforme que caracteriza as sociedades actuais.

5.-2.- PROCEDEMENTOS a) O traballo diario será avaliado polo profesor de varios xeitos:

o Actitude na clase: participación, colaboración, comportamento,... o Realización das tarefas asignadas polo profesor: comentarios de texto,

procura de información,... o Corrección das devanditas tarefas cunha nota numérica que sumará ou

restará das probas obxectivas (exame). b) O principal elemento na avaliación será o exame, que tentará acomodarse ó tipo de exame que haberá na proba de selectividade. Este exame consta dunha serie de documentos cos que o alumno deberá construír un tema, polo cal faise necesario que o alumno sexa capaz de amosar as seguintes habilidades: • Capacidade comprensiva do alumno con respecto ó proceso histórico : causas e

consecuencias dos feitos históricos. • Capacidade sintética do alumna á hora de expoñe-los seus coñecementos. • Capacidade discursiva tanto no fondo como na forma na exposición dos

coñecementos que posúe o alumno.

Page 16: Programacion Hª Bach

- 15 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

5.3.- BAREMACIÓN

As puntuacións son numéricas coas especificacións dictadas oficialmente (non existirán decimais) e de acordo coa normativa aprobada polo departamento. 1. Exames escritos e/ou orais, traballos de investigación individuais ou grupais, e

calquera outra proba que o profesor poida considerar en función dos temas tratados. Contribuirá nun 90% á cualificación final.

2. Traballo na aula que incluirá actividades de lectura, visionado de películas e documentais, elaboración de materiais dentro do Plan TIC, o caderno do traballo diario, elaboración de mapas, exposición de temas, visitas e actividades sobre as mesmas, .... Contribuirá nun 10% á cualificación final. Inclúense neste apartado os rexistrados do profesor referentes a comportamento, participación, atención, laboriosidade, interese, voluntariedade, ...

A baremación completa non se apricará:

o Sen a presentación do caderno de traballo e, se os houbera, os traballos obrigatorios que así se sinalen

o Con cualificación inferior a 3 puntos en calquera dos dous apartados (exames e traballo)

o En caso de que o alumno teña copiado nalgún exame. ESPECIFICACIÓNS

- Os exames e/ou probas escritas poderán ir seguidas da correspondente contrastación oral sempre que o profesor o considere oportuno, por exemplo se hai sospeita de que un alumno teña copiado. Esta proba oral se realizará nun prazo non superior aos catro días despois da dita proba escrita.

- Ortografía: terase en conta en tódolos materiais escritos, os erros especialmente graves (como uso de maiúsculas ou confusión b/v) restarán puntuación, a 0,1 cada un e ata un máximo de 1 punto por actividade.

- O alumno que non se teña presentado o día de exame só terá a opción de facer ese exame na recuperación. Só se exceptúan desta norma os casos excepcionais.

- No caso de que un alumno sexa encontrado copiando nalgunha proba ou exame será eliminado automaticamente da mesma, tendo que recuperala na avaliación seguinte de xeito que:

a) Se copia nun exame suspenderá a avaliación e terá que face-la recuperación da dita avaliación.

b) Se copiase nun exame de recuperación, suspenderá esa recuperación e terá polo tanto que presentarse ó exame de suficiencia en xuño.

c) Se copia no exame de xuño será enviado directamente á convocatoria de setembro.

d) Se, por último, copiase nese exame de setembro tería a asignatura suspensa ata o vindeiro curso

Page 17: Programacion Hª Bach

- 16 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

- Recuperación. Haberá probas de recuperación por exame ou exames en cada período de avaliación, e probas especiais de recuperación de avaliacións a finais de curso para aqueles alumnos que teñan pendente máis dunha avaliación

- Para aprobar a materia é preciso aprobar as tres avaliacións. En setembro o exame incluirá todos os contidos do curso e a cualificación obtense exclusivamente da nota do exame.

- A nota final non será media aritmética senón media ponderada, arredondeada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior

- Faltas de orde graves, impuntualidade, carencia reiterada do material preciso, poderán restar puntuación da nota da avaliación, ata un máximo de 1 punto, segundo as anotacións do profesor.

En canto ás ausencias á clase, aplicarémo-las medidas recollidas no decreto sobre dereitos e deberes dos alumnos é os acordos que se fixen no RRI. As ausencias reiteradas e non xustificadas poden ocasionar a perda do dereito á avaliación continua. En tal caso presentarase exclusivamente á proba de suficiencia e/ou á de setembro e non se aplicará a baremación arriba indicada Hai que recordar que ó ser a avaliación continua en calquera das avaliacións se poderá preguntar ou traballar con contidos das avaliacións anteriores.

5.4.- AVALIACIÓN DE PENDENTES Os alumnos coa materia pendente do curso anterior poderán presentarse por avaliacións ou ben acudir exclusivamente á convocatoria extraordinaria do mes de maio, segundo o acorde o alumno implícao e o profesor que imparta a materia. A cualificación terá en conta exclusivamente o resultado da ou das probas realizadas.

Page 18: Programacion Hª Bach

- 17 -

PROGRAMACIÓN DE HISTORIA. BACHARELATO.

6.-ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Non se fixa ningunha pero acordaranse visitas en función das actividades, exposicións, conferencias,.. que poidan xurdir ó longo do curso e sexan de interese no marco curricular da materia.

Tamén se pode considerar como actividade complementaria ó fomento da lectura indicado anteriormente.