6
Cra Coristanco-Santa Comba PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 17 DE ABRIL DO 2020 HORARIO ACTIVIDADE 09:00 Aséome e preparo o meu almorzo 10:00 Lóxica - Matemática: Matemáticas na cociña 11:00 Aséome e preparo o miña merenda 12:00 Xogo libre/xogo só 13:00 Arte - Interdisciplinar: Bastonciños con arte 14:00 Aséome e axudo a preparar a comida e poñer a mesa AS ACTIVIDADES PROPOSTAS SON FLEXIBLES E VOLUNTARIAS

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 17 DE ABRIL DO 2020 · 2021. 3. 11. · CRA de Coristanco – Santa Comba Despois escribimos os números e os signos de suma e resta nun papel,

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 17 DE ABRIL DO 2020 · 2021. 3. 11. · CRA de Coristanco – Santa Comba Despois escribimos os números e os signos de suma e resta nun papel,

Cra Coristanco-Santa Comba

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 17 DE ABRIL DO 2020

HORARIO ACTIVIDADE

09:00 Aséome e preparo o meu almorzo

10:00 Lóxica - Matemática:

Matemáticas na cociña

11:00 Aséome e preparo o miña merenda

12:00 Xogo libre/xogo só

13:00 Arte - Interdisciplinar:

Bastonciños con arte

14:00 Aséome e axudo a preparar a comida e poñer a

mesa

AS ACTIVIDADES PROPOSTAS SON FLEXIBLES E VOLUNTARIAS

Page 2: PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 17 DE ABRIL DO 2020 · 2021. 3. 11. · CRA de Coristanco – Santa Comba Despois escribimos os números e os signos de suma e resta nun papel,

CRA de Coristanco – Santa Comba

MATEMÁTICAS NA COCIÑA!

Nesta actividade xogaremos cos números e con útiles que seguro que tedes

na vosa cociña.

MATERIAIS:

- Papel, lápis, pinzas da roupa, rotuladores ou ceras.

- Culleres, grafos, coitelos, tesoira.

- Garavanzos, fabas ou lentellas.

- Espaguetes e macarróns.

- Unha ola, escumadeira e un pano.

- Bandexa do forno.

1º. Na primeira actividade, collemos un papel e facemos o contorno da tesoira,

culler, garfo e coitelo.

Despois de facer o contorno, introducimos catro ou cinco útiles de cada un nunha

cunca. Colocamos os contornos recortados na mesa e colocamos cada utensilio no

contorno correspondente.

2º. Facemos SERIES cos coitelos, garfos, culleres. Podemos comezar por alguna

serie sinxela (dous cóitelos, dous garfos) e pouco a pouco facendo series máis

complexas. Podemos introducir tamén garavanzos, pipas ou lentellas.

Page 3: PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 17 DE ABRIL DO 2020 · 2021. 3. 11. · CRA de Coristanco – Santa Comba Despois escribimos os números e os signos de suma e resta nun papel,

CRA de Coristanco – Santa Comba

Despois escribimos os números e os signos de suma e resta nun papel, e podemos

facer sumas e restas.

Para os menos e nenas de PRIMARIA podemos xogar tamén a facer series

empregando DECENAS.

3º. Na seguinte actividade colleremos unha cunca, unha escumadeira, espaguetes

e macarróns. Colocamos un trapo no fondo da cunca e seguidamente colocamos

na parte superior a escumadeira.

Traballaremos a motricidade fina introducindo os macarróns polos espaguetes.

Unha variante sería introducir os macarróns e xogar a sumar (dous macarróns e

dous macarróns).

Page 4: PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 17 DE ABRIL DO 2020 · 2021. 3. 11. · CRA de Coristanco – Santa Comba Despois escribimos os números e os signos de suma e resta nun papel,

CRA de Coristanco – Santa Comba

4º. Na derradeira actividade, empregaremos a bandexa do forno. Para comezar

pegaremos os números feitos anteriormente e as pinzas da roupa.

Nesta actividade podemos xogar a introducir lentellas ou garavanzos nas culleres

segundo o número que se corresponda ca pinza.

Tamén podemos facer sumas e restas do mesmo xeito.

Ou facer agrupacións xogando coas cantidades. Por exemplo: 1 coitelo, 3 culleres

e 7 garfos.

Xogade moito cos números e mandade fotos para ver o resultado!!

Page 5: PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 17 DE ABRIL DO 2020 · 2021. 3. 11. · CRA de Coristanco – Santa Comba Despois escribimos os números e os signos de suma e resta nun papel,

CRA de Coristanco – Santa Comba

BASTONCIÑOS CON ARTE

Que traballamos?

ARTE LECTO-ESCRITURA LÓXICO-MATEMÁTICA

E MOITAS COUSAS MAIS…

As cores A creatividade

A expresión plástica

O trazo As letras O nome

A direccionalidade

As formas xeométricas Os números

A suma e a resta

Atención Concentración

Memoria

EXPLICACIÓN DA ACTIVIDADE:

En primeiro lugar, precisamos bastonciños de algodón e rotuladores de cores. Deixaremos que o neno/a coloree a punta dos bastonciños das cores que queira.

A continuación, proporémoslle que elabore figuras xeométricas como o triángulo, cadrado, rectángulo, rombo, estrela…tentando que coincidan as cores das puntas dos bastonciños, para facelo máis complicado… Se o neno está en 4 anos xa pode poñer algúns números. E se está en 5 anos, pode tentar usar os bastonciños para facer sumas e restas

Despois, tamén podemos pedirlle que tente usar os bastonciños para escribir algunhas letras, ou mesmo, o seu nome, ou algunha mensaxe ou debuxo.

Page 6: PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 17 DE ABRIL DO 2020 · 2021. 3. 11. · CRA de Coristanco – Santa Comba Despois escribimos os números e os signos de suma e resta nun papel,

CRA de Coristanco – Santa Comba

Algo moi divertido, pode ser colocar os bastonciños da forma que queiramos nunha folla e intentar debuxalo no papel, ou viceversa., un adulto pode debuxar unha forma no papel mentres que o neno/a intenta colocar os bastonciños seguindo o modelo.

Por último, podemos xogar co neno/a facendo un dominó. E a divertirse!!!!