45
PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO IES URBANO LUGRÍS A CORUÑA

PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PROXECTO EDUCATIVO

DE CENTRO

IES URBANO LUGRÍS

A CORUÑA

Page 2: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

2

ÍNDICE

Datos centro 4

MARCO LEGAL 4

ASPECTOS XERAIS 7

I.- Ubicación e historia do centro 7

II.- Contorno socio-cultural 7

III.- Centro adscrito 8

IV.- Sinais de identidade 9

1.- Oferta educativa 9

2.- Itinerarios educativos de ESO e Bacharelato 10

3.- Organización do centro 12

4.- Recursos e instalacións 14

CONCRECIÓN CURRICULAR 15

I.- Aspectos xerais 15

1.- Valores, principios e fins 15

2.- Obxectivos xerais 17

3.- Adecuación dos obxectivos ao contexto socioeconómico

e cultural e ao alumnado 18

4.- Decisións xerais sobre a metodoloxía 25

5.- Contribución da etapa á consecución das competencias

Básicas 27

Page 3: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

3

6.- Criterios xerais do centro sobre a avaliación do

alumnado 29

7.- Criterios xerais sobre promoción e titulación 30

8.- Liñas xerais de atención á diversidade 32

9.- Criterios para introducir a educación en valores

nas distintas materias 35

10.- Criterios xerais do centro para a elaboración das

programacións 36

11.- Obxectivos e medios previstos para o desenvolvemento

do proxecto bilingüe 37

PLANS E PROGRAMAS

Proxecto lingüístico Anexo I

Proxecto lector Anexo II

Plan de integración das TIC Anexo III

Plan de atención á diversidade Anexo IV

Plan de orientación e acción titorial Anexo V

ORGANIZACIÓN DO CENTRO

Normas de organización e funcionamento Anexo VI

XESTIÓN ECONÓMICA 40

Page 4: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

4

Datos do centro

Denominación: Instituto de Educación Secundaria Urbano Lugrís

Enderezo: Avenida de Arteixo nº 128 15007 A Coruña

Código do centro: 15005269

Teléfono: 981 23 85 51

Fax: 981 15 40 66

Correo electrónico: [email protected]

Páxina web: http://www.edu.xunta.es/centros/iesurbanolugris/

MARCO LEGAL

• Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa. • Capítulo IV do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, (DOG, 9/8/1996, modificado

pola corrección de erros publicada no DOG 30/8/1996 e polos decretos 120/1998 e 7/1999).

• Orde do 1 de agosto de 1997. Puntos do 2 ao 9. • Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (BOE 4/5/2006) • Real Decreto 806/2006, de 30 de xullo, onde se establece o calendario de

aplicación da Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (BOE 14/7/2006). • Orde do 28 de xuño de 2010 pola que se modifican parcialmente as ordes do 1

de agosto de 1997, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento, do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e do 3 de outubro de 2000, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 7/1999, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias.

• Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88).

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

• Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG, 13/7/2007)

Page 5: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

5

• Orde do 6 de setembro de 2007, pola que se desenvolve a implantación da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 12/9/2007)

• Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Orde do 23 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na ESO na Autonomía de Galicia.

BACHARELATO

• Decreto 126/2008 do 19 de xuño polo que se establece a ordenación e o currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Orde do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobre esta etapa.

• Orde do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobre esta etapa.

• Orde do 25 de xuño de 2008 pola que se establece a relación de materias optativas do bacharelato, o seu currículo e se regula a súa oferta.

• Orde do 22 de abril de 2010 pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

• Orde do 28 de agosto de 1995 pola que se regula o procedemento para garantir o dereito dos alumnos de Educaci6n Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato a que o seu rendemento escolar sexa avaliado conforme a criterios obxectivos.

FORMACIÓN PROFESIONAL

• Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.

• Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

• Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

• Orde do 16 de xullo de 2002 pola que se regula a avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional específica de réxime xeral na Comunidade Autónoma de Galicia

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

• Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia

Page 6: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

6

OUTRA NORMATIVA A TER EN CONTA

• Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

• Orde do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

• Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

• Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais.(DOG, 30/01/03).

• Orde do 12 de maio de 2011 pola que se regulan as seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario.

• Real Decreto 132/2010, de 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria.

• Decreto 201/2003, do 20 de marzo, polo que se desenvolve a autonomía na xestión económica dos centros docentes públicos non universitarios. (DOG, 04/04/03).

• Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.

• Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.

Page 7: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

7

ASPECTOS XERAIS

I.- UBICACIÓN E HISTORIA DO CENTRO

O edificio foi construído no ano 1967, aínda que non foi entregado ata o ano 1975. No curso escolar 1975/76 o centro comeza a funcionar co nome de Instituto Politécnico Nacional de La Coruña, cunha matrícula de 1.099 alumnos e impartindo as especialidades de Formación Profesional de Automoción, Electricidade, Electrónica, Madeira e Metal. En 1977 e a petición do Claustro de Profesores, a Dirección Xeral de Ensinanzas Medias del Ministerio de Educación e Ciencia, aproba a nova denominación do centro: Instituto Politécnico Nacional "Diego Delicado Marañón"

No ano 1998, tanto o Claustro de Profesores como o Consello Escolar, aproban por maioría render unha pequena homenaxe ao pintor coruñés Urbano Lugrís, sendo a denominación actual: Instituto de Educación Secundaria Urbano Lugrís.

O IES Urbano Lugrís está situado no número 128 da Avenida de Arteixo da Coruña. A entrada posterior do centro esta na rúa Pintor Urbano Lugrís, no Polígono Industrial da Grela. Os alumnos que asisten ao noso centro a cursar ESO ou Bacharelato chegan do distrito Sagrada Familia-Os Mallos. O barrio dos Mallos inclúe os Mallos, Sardiñeira, Sagrada Familia, Vioño e Estación. É un dos barrios con máis poboación da cidade, de feito habitan nel o 15% da poboación coruñesa. Está situado nunha das entradas de A Coruña e rodeado polo Polígono Industrial de A Grela e a estación de Ferrocarril. A maior parte das casas foron construídas entre os anos 50 e 70, pero na actualidade construíronse novas urbanizacións.

II.- CONTORNO SOCIO-CULTURAL

Nos anos oitenta foi un barrio con moitos problemas de drogas e delincuencia e moi pobre a nivel social, económico e cultural, pero na actualidade vai avanzando moito en todos estes aspectos, debido fundamentalmente á construción destas novas vivendas, e á atención que vai poñendo o concello nel para favorecer o seu desenrolo, de feito moitas vivendas do barrio da Sagrada Familia estiveron ou están aínda inmersas nun plan de rehabilitación levado a cabo polo concello. A recuperación desta zona afecta non so aos inmobles senón tamén ao entorno dotado nos últimos tempos de zoas verdes, aparcadoiros, o Centro Cívico ou o novo Centro de Saúde.

A meirande parte da poboación desta parte da cidade é obreira e nos últimos tempos achegouse a esta zona da cidade moito inmigrante, de feito o barrio é o

Page 8: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

8

de máis poboación inmigrante da cidade. Isto fai que entre os nosos alumnos haxa bastantes de orixe estranxeiro, principalmente de nacionalidades sudamericanas. Nalgúns cursos da ESO a porcentaxe é de ata un 28%, sendo menor a súa incidencia nos ciclos de Formación Profesional, aínda que con carácter crecente nos últimos anos.

Por parte dos compañeiros non se dan problemas de rexeitamento, pero é normal que teñan algunha dificultade para integrarse nos hábitos e costumes do resto dos compañeiros, así como a integración na realidade académica que faise moi complicada.

Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria "Sagrada Familia" e no caso da educación post obrigatoria proceden ademais do resto da cidade e no caso dalgúns Ciclos Formativos doutros lugares da Comunidade Autónoma, dada a especificidade dalgúns ciclos que oferta o centro.

III.- CENTRO ADSCRITO

O IES Urbano Lugrís ten un centro de primaria adscrito, o CEIP Sagrada Familia.

A relación co centro adscrito é bastante fluída, procurando establecer xuntanzas ao longo do curso:

No mes de febreiro, antes de empezar o prazo de reserva de praza, faise unha xornada de portas abertas ás familias do alumnado de 6º de Primaria do centro adscrito. Nesta xornada se lles dá información acerca do instituto (ensinanzas que oferta, normas de organización e funcionamento, servizos complementarios, etc…) e tamén se lles fai un percorrido polas instalacións do centro.

Somos centro de referencia, a nivel administrativo dos centros:

- IES CALVO SOTELO DE La Coruña - CENTRO DE FORMACIÓN Y EXPERIMENTACIÓN AGRARIA DE

GUÍSAMO

Centro de Formación Agraria PIÑEIRAL Centro de Formación Profesional Agraria RUS CARBALLO Centro SANTIAGO APÓSTOL de Las Jubias Empresa Nacional SANTA BÁRBARA COLEGIO AZORÍN Escuela Familiar Agraria LA CARBALLEIRA Centro de Capacitación Agraria TEIJEIRO Centro de Formación Agraria EMILIA PARDO BAZÁN Escuela de Maestría Industrial APÓSTOL SANTIAGO de Santa Cruz

Page 9: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

9

IV.- SINAIS DE IDENTIDADE

1.- OFERTA EDUCATIVA No IES Urbano Lugrís, dado o seu carácter de centro de educación secundaria, conviven a ESO, o Bacharelato e polo que se refire ós Ciclos de Formación Profesional se ofertan ciclos de dúas familias: Electricidade e Electrónica e Mantemento e Servizos á Produción, todos eles en réxime ordinario, a excepción do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións, que se oferta na modalidade modular.

Ensinanzas

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA 1º CICLO 1º - 2º CURSOS 2º CICLO 3º - 4º CURSOS

1º e 2º BACHARELATO CIENCIAS E TECNOLOXÍA

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA ARRANXOS E REPARACIÓN DE ARTIGOS TEXTILES E DE PEL

Centro de referencia: CIFP Paseo das Pontes ALOXAMENTO E LAVANDERÍA

Centro de referencia: CIFP Paseo das Pontes

CICLOS FORMATIVOS GRAO DENOMINACIÓN MEDIO • MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO

• INSTALACIÓNS de TELECOMUNICACIÓNS SUPERIOR • MANTEMENTO ELECTRÓNICO

• AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL (sección bilingüe autorizada no 1º e 2º curso)

• SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓN E INFORMÁTICOS (2 grupos)

• SISTEMAS ELECTROTÉCNICOS E AUTOMATIZADOS (sección bilingüe autorizada no 1º e 2º curso)

MEDIO (MODULAR) INSTALACIÓNS de TELECOMUNICACIÓNS

Page 10: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

10

2.- ITINERARIOS EDUCATIVOS DA ESO E BACHARELATO

1º ESO

Materias comúns : Ciencias da natureza. Ciencias sociais, xeografía e historia. Educación física. Educación plástica e visual. Lingua galega e literatura. Lingua castelá e literatura. Primeira lingua estranxeira (inglés). Segunda lingua estranxeira (francés). Matemáticas. Proxecto interdisciplinar.

Ademais deberán elixir entre: Relixión católica, Historia e cultura das relixións ou Atención educativa.

2º ESO

Materias comúns : Ciencias da natureza. Ciencias sociais, xeografía e historia. Educación física. Educación para a cidadanía e dereitos humanos. Lingua galega e literatura. Lingua castelá e literatura. Primeira lingua estranxeira (inglés). Segunda lingua estranxeira (francés). Matemáticas. Música. Tecnoloxías.

Ademais deberán elixir entre: Relixión católica, Historia e cultura das relixións ou Atención educativa.

3º ESO

Materias comúns : Bioloxía e xeoloxía. Ciencias sociais, xeografía e historia. Educación física. Educación plástica e visual. Física e química. Lingua galega e literatura. Lingua castelá e literatura. Primeira lingua estranxeira. Matemáticas. Música. Tecnoloxías.

Ademais deberán elixir entre: 1ª lingua estranxeira: Inglés ou Francés; Relixión católica, Historia e cultura das relixións ou Atención educativa.

Optativas (cursarase unha): 2ª lingua estranxeira Francés ou Obradoiro de iniciativas emprendedoras.

4º ESO

Materias comúns: Ciencias sociais, xeografía e historia. Educación física. Educación ético-cívica. Lingua galega e literatura. Lingua castelá e literatura. Primeira lingua estranxeira. Matemáticas A/B.

Ademais deberán elixir entre:

1ª lingua estranxeira: Inglés ou Francés;

Relixión católica, Historia e cultura das relixións ou Atención educativa.

Page 11: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

11

1.- Itinerario 1. Obrigatorias (cursaranse tres): Física e química, Bioloxía e Matemáticas B

2.- Itinerario 2. Obrigatorias (cursaranse tres): Cultura clásica, Informática e Matemáticas A ou B

3.- Itinerario 3. Obrigatorias (cursaranse tres): Tecnoloxía, Educación plástica e visual e Matemáticas A ou B

Optativas para os tres itinerarios . Cursaranse dúas entre: Bioloxía, Cultura clásica, Educación plástica e visual. Física e química, 2ª Lingua estranxeira; Francés, Informática, Música e Tecnoloxía.

1º BACHARELATO

A/o alumna/o cursará as materias comúns, as propias da modalidade e unha materia optativa de entre as que oferta o centro.

Materias comúns: Ciencias para o mundo contemporáneo. Educación física, Filosofía e cidadanía, Lingua castelá e literatura I, Lingua galega e literatura I,

Ademais deberán elixir entre Lingua estranxeira II: inglés ou Francés

Ademais deberán elixir entre: Relixión católica ou Atención educativa.

Modalidades:

1. Ciencias e tecnoloxía

Obrigatoria: Matemáticas I

Modais (cursaranse dúas): Física e química, Bioloxía e xeoloxía, Debuxo técnico I, Tecnoloxía Industrial I

2. Humanidades e ciencias sociais

Obrigatoria: Historia do mundo contemporáneo.

Modais: Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais I e Economía.

Optativas para ambas as dúas modalidades . Cursarase unha a escoller entre: Francés, Literatura Hispánica, Música e Tecnoloxías da información, ou calquera das modais da mesma ou doutra modalidade

2º BACHARELATO

Page 12: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

12

A/o alumna/o cursará as materias comúns, as propias da modalidade e unha materia optativa.

Materias comúns: Historia de España. Historia da filosofía, Lingua castelá e literatura II, Lingua estranxeira II. Lingua galega e literatura II.

Ademais deberán elixir entre Lingua estranxeira II: inglés ou Francés

Ademais deberán elixir entre: Relixión católica ou Atención educativa.

1. Ciencias e tecnoloxía

Obrigatoria: Matemáticas II

Modais (cursaranse dúas): Bioloxía, Ciencias da terra, Debuxo técnico II, Electrotecnia, Física, Química e Tecnoloxía industrial II

2. Humanidades e ciencias sociais

Obrigatoria: Xeografía

Modais (cursaranse dúas): Economía de empresa, Historia da arte, Literatura universal e Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais

Optativas para ambas as dúas modalidades: Cursarase unha a escoller entre: Francés, Literatura Hispánica, Tecnoloxías da información, ou calquera das modais da mesma ou doutra modalidade

3.- ORGANIZACIÓN DO CENTRO

ÓRGANOS DE GOBERNO

� Unipersoais: Directora, Vicedirectora , Xefe de estudios, de diurno e nocturno, e Secretario.

� Colexiados: Consello Escolar e Claustro de Profesores

ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE

� Departamentos didácticos por especialidade e familia profesional, con reunións periódicas sobre a materia que correspondan a cada departamento e seguimento da programación.

� Comisión de Coordinación Pedagóxica, integrada pola Directora, Xefes de estudios e Xefes de Departamento.

� Departamento de Orientación con funcións específicas nesta materia. � Equipos coordinadores de ciclos formativos. � Departamento de actividades extraescolares e complementarias. � Equipo de normalización lingüística.

Page 13: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

13

� Coordinadora de Formación en centros de traballo (FCT). � Coordinadora de Proxectos Europeos. � Coordinadora da Biblioteca escolar. � Coordinador da sección bilingüe. � Titorías.

ÓRGANOS DE PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO

� Xunta de Delegados � Consello Escolar

ÓRGANOS DE PARTICIPACIÓN DOS PAIS

Os país e as nais dos alumnos participarán na vida do centro a través dos seus representantes no Consello Escolar, á espera de que se constitúa a ANPA do instituto.

PERSOAL DO CENTRO

� PERSOAL DOCENTE

O equipo do centro está composto por 63 profesionais, na súa maioría definitivos no centro. Dos 63 profesores 1 é do corpo de catedráticos con destino definitivo no centro, 35 son de Ensino Secundario con destino definitivo, 7 son profesores de ensino secundario con destino provisional, 12 Profesores Técnicos de Formación Profesional con destino definitivo e 4 con destino provisional, 3 mestres e 1 profesora de Relixión, estes catro útlimos con destino definitivo no centro.

O equipo está distribuído nos seguintes Departamentos Didácticos :

- Artes Plásticas - Ciencias Naturais - Economía - Xeografía e Historia - Educación Física - Electricidade e Electrónica - Filosofía - Física e Química - Formación e Orientación Laboral - Francés - Inglés - Lingua castelá e Literatura - Lingua Galega e Literatura - Instalación e mantemento - Matemáticas - Música

Page 14: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

14

- Tecnoloxía - Relixión - Orientación

� PERSOAL NON DOCENTE

- 2 administrativas - 3 conserxes - 5 limpadoras (1 con media xornada) - 1 coidadora

4.- RECURSOS E INSTALACIÓNS

O centro divídese en tres plantas, cunha superficie de 4.024, 940 e 871 metros cadrados respectivamente. Tamén hai que engadir a superficie do pavillón e das pistas deportivas coas que conta o centro nun edificio anexo. O centro conta coas seguintes instalacións:

- Aulas (con equipos de audiovisuais) - Aulas-taller (con retroproxector) - Aulas de informática (con 15 ordenadores e conexión a internet) - Aula de internet (dotada polo Concello) - Laboratorios (Física, Química e Ciencias) - Aula de Música - Aula de audiovisuais - Aula de debuxo - Aula de Tecnoloxía - Pavillón de deportes - Pistas polideportivas - Biblioteca - Sala de Profesores - Sala de Titorías - Oficinas - Departamento de Orientación - Coordinación de emprego - Despachos de dirección - Conserxaría - Cafetería

Page 15: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

15

CONCRECIÓN CURRICULAR I.- ASPECTOS XERAIS

1.- VALORES, PRINCIPIOS E FINS

A escola, como institución de reprodución social, forma parte do proceso educativo polo que os adultos tratan de integrar aos discentes nos seus esquemas de valores, hábitos e actitudes, interiorizando as pautas e normas que rexen nas sociedades liberais. Pero ao mesmo tempo, a escola ten a posibilidade de se converter nun referente contra-hexemónico que dote ao alumnado das capacidades necesarias para ter opinións e criterios propios, por moi distintos que sexan aos imperantes.

Os principios básicos da Lei orgánica de educación pódense resumir en lograr:

� Calidade de educación para todo o alumnado � Equidade que garanta a igualdade de oportunidades. � Esforzo compartido por todos os compoñentes da comunidade educativa.

A. FINALIDADES DE CADA ETAPA EDUCATIVA

Finalidades da ESO

A finalidade da educación secundaria obrigatoria consiste en lograr que o alumnado adquira os elementos básicos da cultura, especialmente en aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico; desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo; preparalo para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalo para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns e cidadás.

Finalidades do Bacharelato

O bacharelato forma parte da educación secundaria, na fase postobrigatoria e ten como finalidade proporcionarlle ao alumnado a formación, a madurez intelectual e humana, os coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia, así como capacitarse para o acceso á educación superior

Finalidades da Formación Profesional Básica

Ademais dos fins e obxectivos establecidos con carácter xeral para as ensinanzas de formación profesional, as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos profesionais básicos contribuirán a que o alumnado adquira ou complete as competencias do aprendizaxe permanente para facilitar a súa

Page 16: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

16

transición cara á vida activa ou favorecer a súa continuidade no sistema educativo.

Finalidades da Formación Profesional

A Formación Profesional preparará ao alumnado para a actividade nun campo profesional e facilitará a súa adaptación ás modificacións laborais que se poidan producir ao longo da vida, así como contribuír ao seu desenvolvemento persoal, ao exercicio dunha cidadanía democrática e á aprendizaxe permanente.

B. PLURALISMO E VALORES DEMOCRÁTICOS .

Confesionalidade

O noso centro maniféstase garante do principio de aconfesionalidade recollido na Constitución e polo tanto defínese como pluralista, tolerante e respectuoso con tódalas tendencias culturais, ideolóxicas e relixiosas que respecten e practiquen o respecto polos dereitos humanos

� A educación e a convivencia desenvolveranse nun marco de solidariedade, tolerancia e respecto á liberdade de cada quen, á súa personalidade e a as súas conviccións e culturas.

� O centro garantirá a liberdade de expresión a tódolos membros da comunidade educativa, dentro dun marco democrático, e fomenta as actividades complementarias e extraescolares planificadas e autorizadas por quen corresponda.

� Rexeitase calquera tipo de discriminación por razón de nacemento, educación, raza, sexo ou relixión

� Respectarase o principio de igualdade de dereitos e deberes para tódolos membros da comunidade educativa, sexan alumnos, profesores, pais ou persoal non docente.

Democratización

Afondarase na democratización do Centro potenciando a participación activa de todos os membros que integran a comunidade educativa.

Coeducación

No instituto practicarase unha educación para a igualdade, sen discriminacións por razón de sexo e superadora de mitos e tabús. Isto supón, por una banda, unha actitude do profesorado tendente a superar condutas que incidan nos papeis tradicionais de home e muller, e por outra, utilizar unha metodoloxía didáctica que proporcione aos alumnos e alumnas imaxes diversificadas e non convencionais dun e outro sexo.

Formación integral

Page 17: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

17

A formación do alumnado non debe limitarse a metas estritamente académicas, senón converterse nun obxectivo que partindo da súa situación concreta, así como do seu entorno socio-cultural, aspire a conseguir un desenvolvemento persoal, global e integrador.

C. LINGUA

O marco normativo no que ao emprego da lingua se refire queda lexislado no decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, “As linguas constitúen un elemento básico de identidade cultural e representan un valor fundamental de cohesión dunha comunidade. O artigo 3 da Constitución española establece, no seu punto 1º, que o castelán é a lingua oficial do Estado, e, no punto 2º, que as demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos, e sinala que a lingua é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección”.

Tendo presente que a cultura dun pobo ten na súa lingua o vehículo de expresión propio e a manifestación máis evidente da súa riqueza e da súa diversidade, o centro asume o cumprimento do decreto 79/2010, coidando que na vía administrativa e nas relacións coa comunidade se fagan na lingua propia de Galicia, como medio activo de contribuír á súa normalización dentro da comunidade.

D. MODALIDADE DE XESTIÓN INSTITUCIONAL.

O centro preconizará unha xestión participativa e democrática, real e efectiva, en tódolos estamentos que o compoñen, por medio dos seus organismos representativos, e favorecerá as relacións deste coas institucións do seu entorno. Esta xestión concretarase nas periódicas reunións establecidas para cada un dos órganos de goberno. E tamén vontade desta comunidade educativa impulsa as asociacións de alumnos e alumnas para fomentar o respecto ao pluralismo e aos valores democráticos.

2.- OBXECTIVOS XERAIS

Consonte as notas de identidade do centro, o instituto ten como obxectivos xerais:

a) Contribuír ao desenvolvemento integral dos alumnos e alumnas tanto no aspecto intelectual como no físico e humano, así como en todos os ámbitos: persoal, familiar, social, intelectual e profesional

b) Capacitar academicamente ao alumnado para posibilita-la súa incorporación ao mundo laboral ou a estudios posteriores. Tódalas etapas educativas impartidas no centro teñen unha dobre finalidade: a propedéutica (preparación para estudios posteriores ) e a terminal (consecución dun título académico).

Page 18: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

18

c) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, tanto de coñecementos científicos, técnicos, humanísticos, históricos e artísticos, así como o desenvolvemento de hábitos saudables, exercicio físico e o deporte, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal; así como formarse na prevención de conflitos e na súa resolución pacífica en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social

d) Asumir responsablemente os seu deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás outras persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática. Adquirir unha conciencia cívica responsable

e) Compensar as desigualdades sociais en canto ao acceso aos recursos educativos- culturais-formativos e fomentar as actividades de integración social por medio do aumento da oferta formativa, non só académica. O centro asume como obxectivo prioritario o papel de equilibrador de desigualdades sociais en canto ás posibilidades de acceso a cantas actividades académico-culturais lle sexa posible, xa que se considera a ensinanza integradora como un eixo clave das sociedades máis democraticamente evolucionadas.

f) Valorar, respectar a diferenza de sexos, razas e culturas e fomentar a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles e a non discriminación das persoas con discapacidade

g) Dominar, tanto na expresión oral coma na escrita, a lingua galega e a lingua castelá e coñecer e valorar a importancia do uso do noso idioma como elemento fundamental para o mantemento da nosa identidade, así como comprender e expresarse en máis dunha lingua estranxeira de maneira apropiada.

h) O desenvolvemento da capacidade do alumnado para regular o seu propio aprendizaxe, confiar nas súas aptitudes e coñecementos, así como para desenrolar a creatividade, a iniciativa persoal e o espírito emprendedor e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades

i) Adquirir unha preparación que permita utilizar eficazmente e con responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación

j) Procurar a proxección do centro cara ó exterior, e a súa relación con outras entidades.

3.- ADECUACIÓN DOS OBXECTIVOS AO CONTEXTO SOCIOECON ÓMICO E CULTURAL E AO ALUMNADO

Page 19: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

19

ESO

DECRETO 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3º.-Fins.

A finalidade da educación secundaria obrigatoria consiste en lograr que o alumnado adquira os elementos básicos da cultura, especialmente en aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico; desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo; preparalo para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalo para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns e cidadás.

Artigo 4º.-Obxectivos da educación secundaria obrig atoria .

A educación secundaria obrigatoria contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lles permita:

a) Asumir responsablemente os seu deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás outras persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas outras persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo, os comportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos.

e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes da información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado que se estrutura en distintas disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia.

Page 20: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

20

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexos, e iniciarse no coñecemento, a lectura e o estudo da literatura.

i) Comprender e expresarse en máis dunha lingua estranxeira de maneira apropiada.

j) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propia e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural, coñecer mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e sociedade galega ou a outras culturas do mundo.

k) Coñecer o corpo humano e o seu funcionamento, aceptar o propio e o das outras persoas, aprender a coidalo, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos do coidado e saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o ambiente, contribuíndo á súa conservación e mellora.

l) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

m) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e mellora e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

n) Coñecer e valorar a importancia do uso do noso idioma como elemento fundamental para o mantemento da nosa identidade.

Asúmense os obxectivos xerais que para a Educación Secundaria se establecen no Decreto e nos currículos e disposicións sobre as mesmas. As concrecións dos currículos de cada departamento recóllense en documentos independentes para cada un deles, incluíndo estes o tratamento de temas transversais. Non obstante, engadimos de acordo coas finalidades e principios establecidos anteriormente, os seguintes obxectivos e prioridades de actuación para esta etapa:

1.- Crear entre os noso os alumnado as bases de ensinanza e aprendizaxe sólidas, dotarlles dos coñecementos, instrumentos e valores necesarios para

Page 21: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

21

proseguir con éxito a súa formación académica e profesional, e poñerlles en disposición de insertarse na vida social de forma activa e responsable, todo isto con vistas a:

� Lograr que los alumnos que comezan os seus estudos no instituto acaben a ESO e obteñan o título de graduado en educación secundaria, reducindo a porcentaxe dos que abandonan prematuramente os estudos.

� Proporcionar aos alumnos con risco de abandono dos estudos antes de finalizar a ESO a formación e orientación necesaria para que, cos recursos dispoñibles, o labor titorial e a orientación psicopedagóxica, poidan acceder a outros modos de escolarización.

� Conseguir que a meirande parte do noso alumnado, estean en condicións de cursar con éxito e finalizar os estudos de bacharelato no noso centro ou unha formación profesional de grado medio.

2.- Desenvolver e fomentar entre o alumnado, a través de todos os medios ao alcance do instituto, particularmente a práctica docente, a acción titorial e a acción directiva, as actitudes e os valores do esforzo, o traballo e o estudo por un lado, a disciplina e o respecto ás normas de convivencia, por outro.

3.- Potenciar e levar a cabo aquelas actividades complementarias e extraescolares que amplíen e enriquezan a formación académica do alumnado, poñéndolle en contacto directo coas manifestacións culturais e artísticas máis relevantes.

4.- Fomentar cos medios ao alcance do centro e polas vías propias da vida escolar a participación e a colaboración dos pais en todo aquilo que contribúa á instrución e formación dos seus fillos. É decisivo e fundamental o papel da familia na consecución da meirande parte dos obxectivos expostos.

BACHARELATO

DECRETO 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Principios e finalidade.

O bacharelato forma parte da educación secundaria, na fase postobrigatoria e ten como finalidade proporcionarlle ao alumnado a formación, a madurez intelectual e humana, os coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia, así como capacitarse para o acceso á educación superior.

Artigo 3º.-Obxectivos.

Page 22: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

22

O bacharelato contribuirá a desenvolver nas alumnas e nos alumnos as capacidades que lles permitan:

a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade.

b) Consolidar unha madurez persoal e social que lles permita actuar de maneira responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.

c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades existentes e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas con discapacidade.

d) Reforzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para aproveitar eficazmente as aprendizaxes e mais como medio para o desenvolvemento persoal.

e) Dominar, tanto na expresión oral coma na escrita, a lingua galega e a lingua castelá.

f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.

g) Utilizar eficazmente e con responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación.

h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social.

i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as habilidades básicas propias da modalidade de bacharelato elixida.

j) Comprender os elementos e procedementos fundamentais dos métodos científicos e da investigación. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto do medio natural e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.

k) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, autoconfianza e sentido crítico.

Page 23: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

23

l) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o sentido estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural.

m) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social e impulsar condutas e hábitos saudables.

n) Reforzar actitudes de respecto e de prevención no ámbito da seguridade viaria.

o) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.

Asúmense os obxectivos xerais que para o Bacharelato que se establecen no Decreto e nos currículos e disposicións sobre as mesmas. As concrecións dos currículos de cada departamento recóllense en documentos independentes para cada un deles, incluíndo estes o tratamento de temas transversais. Non obstante, engadimos de acordo coas finalidades e principios establecidos anteriormente, os seguintes obxectivos e prioridades de actuación para esta etapa:

1.- Favorecer e potenciar a autoformación.

2.- Favorecer o acceso permanente á unha información actual e de calidade.

3.- Incrementar as posibilidades de formación continua e para a vida actual e futura.

CICLOS FORMATIVOS

DECRETO 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.

Artigo 2º.-Finalidade da formación profesional.

1. A formación profesional comprende un conxunto de accións formativas que capacitan para o desempeño cualificado das profesións, o acceso ao emprego e a participación activa na vida social, cultural e económica.

2. No ámbito do sistema educativo ten por finalidade preparar o alumnado para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que se poidan producir ao longo da vida, así como contribuír ao seu desenvolvemento persoal, ao exercicio dunha cidadanía democrática e á aprendizaxe permanente.

Ademais, na preparación das persoas cobrará singular importancia a transmisión de actitudes e normas para un desempeño profesional respectuoso co medio, cumpridor coa normativa de seguridade e prevención de riscos

Page 24: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

24

laborais, e fortalecedor da calidade e da mellora continua da súa actividade, e do espírito emprendedor.

Así mesmo, dirixirase a conseguir o desenvolvemento integral da persoa á marxe dos estereotipos e dos papeis en función do sexo, o rexeitamento de toda forma de discriminación e a garantía dunha orientación académica e profesional non condicionada polas diferenzas sexuais.

Artigo 3º.-Obxecto das ensinanzas de formación prof esional .

1. As ensinanzas de formación profesional teñen por obxecto conseguir que os alumnos e as alumnas adquiran as capacidades que lles permitan:

a) Desenvolver a competencia xeral correspondente á cualificación ou cualificacións obxecto dos estudos realizados.

b) Comprender a organización e as características do sector produtivo correspondente, e os mecanismos de inserción profesional.

c) Coñecer a lexislación laboral, e os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais.

d) Aprender por si mesmos e traballar en equipo, así como formarse na prevención de conflitos e na súa resolución pacífica en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.

e) Traballar en condicións de seguridade e saúde, e previr os posibles riscos derivados do traballo.

f) Desenvolver unha identidade profesional motivadora de futuras aprendizaxes e adaptacións á evolución dos procesos produtivos e ao cambio social.

g) Afianzar o espírito emprendedor para o desempeño de actividades e iniciativas profesionais.

h) Lograr as competencias relacionadas coas áreas prioritarias referidas na Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional.

i) Facer realidade a formación ao longo da vida e utilizar as oportunidades de aprendizaxe a través de distintas vías formativas para manter a actualización nos ámbitos social, persoal, cultural e laboral, conforme as súas expectativas, as súas necesidades e os seus intereses.

2. Así mesmo, a formación profesional fomentará a igualdade efectiva de oportunidades entre homes e mulleres para accederen a unha formación que permita calquera tipo de opcións profesionais, así como o seu exercicio.

Page 25: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

25

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

Artigo 2. Finalidade e obxectivos da formación profesional bá sica.

Ademais dos fins o os obxectivos establecidos con carácter xeral para as ensinanzas de formación profesional, as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos profesionais básicos, segundo o artigo 40.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, contribuirán, ademais, a que o alumnado adquira ou complete as competencias da aprendizaxe permanente para facilitar a súa transición cara á vida activa ou favorecer a súa continuidade no sistema educativo.

Obxectivos que perseguimos:

1.- A inserción laboral dos alumnos.

2.- A recuperación para o sistema educativo regrado daqueles alumnos que amosen capacidade e interese na continuidade académica.

3.- A formación na responsabilidade para o traballo como medio para lograr a inserción laboral ou a madurez suficiente para a continuidade académica

4.- A formación dunha imaxe persoal satisfactoria e adecuada ás posibilidades de desenvolvemento persoal de cada alumno.

5.- A valoración do traballo e da formación como os mellores bens para o desenvolvemento de cada un deles na vida.

4.- DECISIÓNS XERAIS SOBRE A METODOLOXÍA

A opción didáctica que defendemos fainos optar por unha liña metodolóxica variada pero sempre dentro dos métodos interactivos, é dicir, naqueles que se fundamentan no predominio da actividade do alumno que reelabora os coñecementos por medio da interacción cos outros compañeiros e compañeiras e co docente. Polo tanto prevalecerán estratexias metodolóxicas cun enfoque globalizador.

O centro intentará, como liña xeral común, desenvolver unha educación en valores e unha formación integral para o alumnado do centro, traballando cara ao desenvolvemento do espírito crítico e reflexivo, a capacidade de discusión e de decisión e unha actitude participativa, dentro da diversidade de ritmos evolutivos e de capacidades intelectuais, dando importancia tanto á formación humana como á adquisición de técnicas e contidos básicos, preparándoos para a convivencia e, en fin, dando tanta importancia á formación humana como á preparación académica que lles permita adquirir contidos, técnicas e estratexias cara a completar a súa formación no futuro. A actividade educativa e docente terá, por tanto, como obxectivo desenvolver no alumnado o afán de

Page 26: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

26

coñecemento, a capacidade de análise da realidade, a busca de informacións obxectivas, o espírito crítico e reflexivo e a capacidade de decisión

Estimularase a investigación, a participación activa na aprendizaxe, a adquisición de coñecementos e a sistematización científica, de cara a unha utilización práctica, evitando a desconexión entre esta e a teoría. Fortalecerase a aprendizaxe interdisciplinar en todos os contidos que o currículo permita, procurando que os departamentos se coordinen para este fin e para organizar actividades extraescolares e complementarias.

Promoveranse hábitos de respecto, orde e disciplina, necesarios para realizar este labor, e crear un ambiente óptimo para o estudo e a convivencia. O principio do esforzo, que resulta indispensable para lograr unha educación de calidade, débese aplicar a todos os membros da comunidade educativa. Cada un deles terá que realizar unha contribución especifica.

Para unha adecuada integración do alumnado ao mundo cada día máis complexo e competitivo das novas tecnoloxías, farase un esforzo específico na adecuación dos medios dixitais dispoñibles e no aumento das actividades que capaciten aos alumnos para o seu uso.

A colaboración na aprendizaxe, a axuda mutua e a participación en traballos e actividades comúns, fomentarán unha actitude cooperativa e solidaria fronte ao exceso de competitividade persoal.

Nos Ciclos Formativos:

1. A metodoloxía para utilizar na formación profesional específica tratará de forma globalizada os contidos científicos, tecnolóxicos e organizativos asociados ás súas ensinanzas, e integrará a teoría e a práctica, de xeito que se promova no alumnado unha visión global e coordinada dos procesos produtivos nos que deberá intervir como profesional.

2. As ensinanzas para as persoas adultas organizaranse cunha metodoloxía flexible e aberta, baseada na autoaprendizaxe, e adaptada ás súas condicións, capacidades, necesidades, e aos seus intereses persoais, que lles permita a conciliación da aprendizaxe con outras actividades e responsabilidades.

3. Nestas ensinanzas prestaráselles unha atención adecuada ás persoas con discapacidade, no relativo ás condicións de accesibilidade e cos recursos de apoio necesarios en cada caso.

Con carácter xeral en todas as ensinanzas:

Cada departamento didáctico establecerá na súa programación as características metodolóxicas propias de cada materia ou módulo, indicando as especificidades de cada nivel se o houber.

Page 27: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

27

No caso de haber Adaptacións Curriculares os departamentos afectados indicarán para cada alumno a metodoloxía de forma individualizada en cada documento de ACI que houber.

Igualmente corresponde a cada departamento organizar as medidas de atención á diversidade para os alumnos concretos destinatarios das mesmas: atención a alumnos coa materia pendente, plan específico para repetidores, atención fóra de horario a alumnos concretos

Nas programacións citadas teranse en conta os seguintes CRITERIOS DE CARÁCTER XERAL:

1. A utilización dunha metodoloxía actual e adecuada ás características propias de cada materia. 2. A utilización de métodos absolutamente respectuosos coas características individuais de cada alumno, dado que a metodoloxía é en si mesma a mellor fonte de transmisión de valores. 3. A formación nos métodos de traballo máis eficaces propios de cada disciplina por medio da utilización deses métodos nas clases, coa finalidade de dotar ó alumno de instrumentos para a propia autoformación nun futuro inmediato. 4. A maior utilización posible das TIC en cada materia ou módulo segundo o indicado na introdución. 5. A toma de conciencia de que a metodoloxía e o mellor instrumento para educación en valores; de que é, inevitablemente, a mellor maneira de transmitir os valores do profesor aínda de forma non consciente por parte deste. Este feito obríganos a todos os profesores a facer unha opción explícita da metodoloxía a empregar nas clases e en todas as relacións persoais cos alumnos.

5.- A CONTRIBUCIÓN DA ETAPA Á CONSECUCIÓN DAS COMPE TENCIAS BÁSICAS

(Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia Competencias básicas)

Unha posible definición de competencia básica podería ser a capacidade de poñer en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diversos, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas. O concepto de competencia inclúe tanto os saberes como as habilidades e as actitudes e vai mais alá do saber e do saber facer, incluíndo o saber ser ou estar.

A incorporación de competencias básicas ao currículo permite poñer o acento naquelas aprendizaxes que se consideran imprescindibles desde unha formulación integradora e orientada á aplicación dos saberes adquiridos. De aí o seu carácter básico. Son aquelas competencias que debe desenvolver un mozo ou unha moza ao finalizar o ensino obrigatorio para poder lograr a súa

Page 28: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

28

realización persoal, exercer a cidadanía activa, incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.

A inclusión das competencias básicas no currículo ten varias finalidades: integrar as diferentes aprendizaxes, tanto as formais, incorporadas ás diferentes áreas ou materias, coma as informais e non formais; permitirlle a todo o alumnado integrar as súas aprendizaxes, poñelas en relación con distintos tipos de contidos e utilizalas de xeito efectivo cando lle resulten necesarias en diferentes situacións e contextos, e orientar o ensino, ao permitir identificar os contidos e os criterios de avaliación que teñen carácter imprescindible e, en xeral, inspirar as distintas decisións relativas ao proceso de ensino e de aprendizaxe, á metodoloxía, á organización dos centros educativos, ás relacións persoais e á participación de toda a comunidade educativa.

Coas materias do currículo preténdese que todas as alumnas e os alumnos alcancen os obxectivos educativos e, consecuentemente, que adquiran as competencias básicas. Con todo, non existe unha relación unívoca entre o ensino de determinadas materias e o desenvolvemento de certas competencias. Cada unha delas contribúe ao desenvolvemento de diferentes competencias e, pola súa vez, cada unha das competencias básicas alcanzarase como consecuencia do traballo en varias materias.

Ao seren as competencias un elemento organizador van ter influencia non só nos contidos e na avaliación senón tamén na metodoloxía.

O traballo nas materias do currículo para contribuír ao desenvolvemento das competencias básicas débese complementar con diversas medidas organizativas e funcionais, imprescindibles para o seu desenvolvemento. Así, a organización e o funcionamento dos centros e das aulas, a participación do alumnado, as normas de réxime interno, o uso de determinadas metodoloxías e recursos didácticos, ou a concepción, organización e funcionamento da biblioteca escolar, entre outros aspectos, poden favorecer ou dificultar o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, á análise do contorno físico, á creación, á convivencia e á cidadanía ou á alfabetización dixital. Igualmente, a acción titorial permanente pode contribuír de modo determinante á adquisición de competencias relacionadas coa regulación das aprendizaxes, o desenvolvemento emocional ou as habilidades sociais. A planificación das actividades complementarias e extraescolares pode reforzar o desenvolvemento do conxunto das competencias básicas.

No marco da proposta realizada pola Unión Europea, e de acordo coas consideracións que se acaban de expoñer, identificáronse oito competencias básicas:

1. Competencia en comunicación lingüística.

Page 29: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

29

2. Competencia matemática.

3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.

4. Tratamento da información e competencia dixital.

5. Competencia social e cidadá.

6. Competencia cultural e artística.

7. Competencia para aprender a aprender.

8. Autonomía e iniciativa persoal.

6.- CRITERIOS XERAIS DO CENTRO SOBRE AVALIACIÓN DO ALUMNADO

Os criterios de avaliación das materias son o referente para valorar o grado de adquisición das competencias básicas e de consecución dos obxectivos. Temos como referencia o establecido na normativa:

� ESO: Decreto 133/2007 do 5 de xuño pola que se regulan as ensinanzas da ESO.

� Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia

� Bacharelato: Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato.

� Formación Profesional: Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

� Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia

Os procedementos, técnicas e instrumentos de avaliación de cada materia ou módulo estarán indicados nas programacións didácticas de cada departamento.

Previamente á sesión de avaliación todos os profesores deberán ter pasadas as súas cualificacións ao programa XADE para que poidan ser examinadas polo titor previamente á sesión para preparar mellor a mesma. Será a Xefatura de Estudos a que marque en cada caso a data e hora límite para introducir as notas na aplicación informática.

A sesión de avaliación será convocada pola xefatura de estudios, presidida polo titor/a, e contará coa asistencia de todo o Equipo Docente que imparta clase no grupo e da persoa responsable do Departamento de Orientación.

Page 30: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

30

Queda ao criterio unánime da Xefatura de Estudios e titor aprazar a sesión de avaliación pola non asistencia dalgún ou dalgúns profesores.

Se despois dalgunha avaliación final, ordinaria ou extraordinaria, houbese algunha modificación na cualificación dalgún alumno/a por erro, reclamación, ou reconsideración dalgún profesor, o xefe de estudios convocará de novo ao equipo docente se despois de notificarlle esta circunstancia ao resto do profesorado do mesmo, algún deles desexase que se reconsidere a situación do alumno/a.

A sesión de avaliación estará encamiñada ó análise do conxunto do grupo, de casos individuais, e de toma de decisións para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe do grupo e de cada alumno en particular.

Os criterios xerais sobre a avaliación:

� A avaliación será continua polo que implica un seguimento das adquisicións do alumnado co fin de detectar dificultades no momento en que se producen e adoptar as medidas necesarias.

� Terá carácter formativo e orientador e será diferenciada segundo as distintas materias do currículo.

� Debido ao carácter continuo a asistencia a clase faise necesaria. � Perda do dereito a avaliación continua:

Nos ciclos formativos a perda da avaliación continua ven regulada na normativa.

Para as ensinanzas do bacharelato terase en conta o seguinte: Criterios para a perda do dereito á avaliación continua do alumnado de Bacharelato:

1º apercibimento: cando as faltas sumen o dobre das horas lectivas semanais dunha materia ou ámbito. Por exemplo:

- Materias de 4 ou máis sesións semanais: 8 faltas sen xustificar. - Materias de tres sesións semanais: 6 faltas sen xustificar - Materias de dúas horas: 4 faltas sen xustificar. - Materias de unha hora: 2 faltas sen xustificar.

2º apercibimento ao mesmo número de faltas.

3º apercibimento á seguinte falta sen xustificar.

7.- CRITERIOS XERAIS SOBRE PROMOCIÓN E TITULACIÓN

A.- Criterios de titulación para 4º ESO

Page 31: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

31

Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 17º.-Título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

1. O alumnado que, ao terminar a educación secundaria obrigatoria, alcanzase as competencias básicas e os obxectivos da etapa obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

2. O alumnado que supere todas as materias da etapa obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Da mesma maneira, poderán obter o devandito título as alumnas e alumnos que rematasen o cuarto curso con avaliación negativa nunha ou dúas materias, e excepcionalmente en tres, sempre que o equipo docente considere que a natureza e o peso destas no conxunto da etapa non lles impediu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

Tras a proba extraordinaria se retomará a proposta de titulación, e pódense dar as seguintes circunstancias:

a. Serán propostos para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria os alumnos/as con todas as materias aprobadas .

b. Serán propostos para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria os alumnos/as cunha materia suspensa sempre que non se constate o abandono* da mesma.

c. Serán propostos para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria os alumnos/as con dúas materias suspensas sempre que:

� Non se constate o abandono dalgunha delas. � Non sexan Lingua Castelá e Literatura ou Lingua e Literatura Galega e Matemáticas e teñan unha nota igual ou inferior a un 3 en ambas as dúas.

d. Serán propostos para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria os alumnos/as con tres materias suspensas sempre que:

� Non se constate o abandono dalgunha delas. � Non teña Lingua Castelá e Literatura ou Lingua e Literatura Galega e Matemáticas e teñan unha nota igual ou inferior a un 3 en ambas as dúas. � Se acorde, por unanimidade, entre os membros da Xunta avaliadora.

En casos excepcionais, e sempre por unanimidade da Xunta avaliadora, un alumno/a poderá propoñerse para a obtención do t ítulo aínda que se dean as circunstancias antes expostas.

Page 32: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

32

*Considerarase abandono dunha materia cando se dean as seguintes circunstancias:

� Faltas reiteradas de asistencia sen xustificar ou ter manifestado un alto nivel de absentismo na súa asistencia durante o curso escolar.

� Actitude negativa ou pasiva do alumno/a na clase, non participando no desenvolvemento da sesión, aínda que asista regularmente a clase.

� Non realizar habitualmente as tarefas propostas para clase. � Entregar os exames en branco ou acadando nos mesmos

cualificacións ínfimas ou a non presentación ás probas extraordinarias de setembro.

� Non entregar os traballos requiridos para a avaliación da materia.

O/a profesor/a comunicará aos pais ou titores legais o abandono da materia con datos documentais (partes de clase, amoestacións por escrito das faltas de asistencia sen xustificar.)

B.- Criterios de titulación para Bacharelato.

Segundo instrúe a normativa ao respecto:

1. Obterá o título de bacharel o alumnado que curse satisfactoriamente o bacharelato en calquera das súas modalidades. Este título terá efectos académicos e laborais.

2. Para obter o título de bacharel será necesario ter avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos desta etapa.

C.- Criterios de titulación para Ciclos Formativos.

Segundo instrúe a normativa ao respecto:

1. Para a obtención do título de técnico ou de técnico superior cumprirá acreditar a superación de todos os módulos profesionais de que conste o correspondente ciclo formativo, así como cumprir os requisitos de acceso a el.

2. Os títulos de técnico e técnico superior teñen carácter oficial e validez académica e profesional en todo o territorio do Estado; acreditan as cualificacións profesionais, as unidades de competencia incluídas no título e a formación que conteñen.

3. A superación dun ciclo formativo de grao medio dará dereito á obtención do título de técnico que corresponda. A superación dun ciclo formativo de grao superior dará dereito á obtención do título de técnico superior correspondente.

D.- Criterios de titulación para Formación Profesio nal Básica

Page 33: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

33

O alumno ou a alumna que supere un ciclo de formación profesional básica obterá o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas. Para a obtención do título o alumno/a terá que superar a totalidade dos módulos.

8.- LIÑAS XERAIS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O obxectivo educativo fundamental é conseguir que todas as persoas acaden o máximo desenvolvemento persoal e social posible.

Isto supón garantir unha igualdade efectiva de oportunidades a todo o alumnado, e polo tanto require un esforzo especial no caso do alumnado que presenta necesidades educativas especiais, dificultades específicas de aprendizaxe, altas capacidades intelectuais, incorporación tardía ao sistema educativo ou condicións persoais ou de historia escolar moi desfavorable.

A atención deste alumnado con necesidade específica de apoio educativo deberá axustarse aos principios de normalización de servizos e inclusión, flexibilidade na resposta educativa e accesibilidade á mesma, prevención e atención personalizada, equidade e igualdade de oportunidades (Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio).

Tendo en conta que partimos do recoñecemento das diversidades existente e pretendemos que as diferenzas non se convertan en desigualdades e desvantaxes entre o alumnado debemos procurar que o alumnado teremos como referente básico a permanencia na aula ordinaria e como eixe principal de coordinación na resposta educativa a este alumnado a persoa titora, que contará coa colaboración dos distintos profesionais, realizando un traballo interdisciplinario e de equipo.

Como obxectivos xerais para levar adiante propoñemos:

- Impulsar a implicación das familias para mellorar a autonomía e o esforzo no alumnado e a mellora da convivencia no centro contando coa súa participación.

- Procurar en todo o alumnado o dominio oral e escrito das dúas linguas oficiais e vehiculares da nosa Autonomía.

- Valorar a educación como medio para desenvolverse, persoal, social e profesionalmente.

- Favorecer unha integración escolar e persoal efectiva nas súas aulas de referencia, cos compañeiros e profesorado, e no centro educativo en xeral.

- Participar en todas as actividades complementarias e extra - escolares co seu grupo - clase.

- Coñecer o manexo das Técnicas da Información e Comunicación para poder aplicalas na vida ordinaria.

- Fomentar o hábito lector como medio de aprendizaxe de coñecementos e experiencias alleas e como gozo persoal.

Page 34: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

34

- Acadar o dominio das técnicas instrumentais básicas. - Potenciar o coñecemento e dominio das linguas estranxeiras. - Aprender a desenvolver as habilidades sociais mínimas (comunicativas,

de responsabilidade, auto - estima etc..) para conseguir unha axeitada integración na comunidade escolar e no seu futuro laboral.

Descrición das actuacións, medidas e/ou programas p ara atención á diversidade

O centro escolar para dar resposta educativa á diversidade:

a/ Tomará as decisións e adoptará as medidas que optimicen a acción educativa para que o alumnado acade as competencias e obxectivos das diferentes ensinanzas (ESO, Bacharelatos, Ciclos Formativos).

b/ Deseñará e poñerá en práctica accións preventivas e de detección tempera do alumnado para garantirlle un tratamento personalizado e acorde a súa realidade.

c/ Concretará e desenvolverá nas decisións de carácter pedagóxico, organizativo e de xestión a atención a este alumnado (horarios, recursos materiais e persoais ….).

d/ Desenvolverá medidas e actuacións de tipo curricular, relacional e organizativo para promover a convivencia, a non discriminación e o respecto polas diferenzas (a través da titoría con talleres, actividades complementarias, extra - escolares …).

e/ Optimizará a organización e recursos do centro para atender a todo o alumnado e particularmente ao alumnado con n.e.a.e. (facilitando desdobre de grupos, agrupamentos flexibles, recuperacións, reforzos ….).

f/ Potenciará a acción titorial e orientadora de todo o profesorado mediante reunións de coordinación entre profesorado dun mesmo grupo, co departamento de orientación, coa xefatura de estudos ….

g/ Promoverá a implicación das familias no proceso educativo do alumnado convocando xuntanzas grupais cos respectivos titores, facilitando entrevistas persoais co profesorado e manténdoas informadas permanentemente (de forma telefónica, mediante circulares etc …)das incidencias que se produzan e afecten aos seus fillos, fillas ou titorandos.

h/ Impulsará a participación do profesorado en actividades de formación e innovación, así como o intercambio de experiencias no ámbito da atención á diversidade.

Page 35: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

35

9.- CRITERIOS PARA INTRODUCIR A EDUCACIÓN EN VALORE S NAS DISTINTAS MATERIAS

No centro, ademais de planificar o desenvolvementos de temas transversais, apréndense valores e actitudes. O instituto facilita o contexto idóneo para compartir opinións, cumprir normas, solucionar problemas, xa que diariamente se teñen moitas experiencia sociais e de interacción. Estas experiencias son a base para ir adquirindo valores, habilidades para resolver problemas e estratexias sociais.

A educación en valores aparece a través dos seguintes temas transversais:

Tema transversal Criterios Educación moral e cívica

Fomentar entre o alumnado actitudes de respecto de cara a todas as persoas, independentemente da súa opinión, crenza, raza ou sexo, actitudes de tolerancia, pluralismo, respecto por un mesmo e rexeitamento das inxustizas, favorecendo a convivencia, o diálogo e a solidariedade Fomento dun clima democrático e comportamentos tolerantes Promoción de pensamiento crítico Promoción de habilidades que favorezan o diálogo e o debate Razoamento moral

Educación para a paz

Construír e potenciar unhas relacións pacíficas entre os alumnos e a comunidade educativa en xeral. Empatía e perspectiva social Dereitos Humanos Tolerancia Respecto polas normas

Educación para a igualdade de oportunidades entre os sexos

Consolidar hábitos non discriminatorios, corrixindo prexuízos sexistas e promover a adquisición de habilidades e recursos para realizar tarefas. Empatía e perspectiva social Promoción de compromiso e cooperación Equidade Traballo con grupos mixtos e heteroxéneos

Educación ambiental

Promoverase o respecto, coidado e promoción do medio ambiente, facilitando a comprensión e valoración dos procesos que se dan na Natureza e as relacións do ser humano con ela. Responsabilidade Protección do medio ambiente Proxectos de conservación y recuperación Espírito crítico Compromiso

Educación sexual Pretenderase que os alumnos alcancen unha información sexual suficiente e científica e consoliden, como actitudes básicas, a aceptación do propio corpo e a naturalidade no

Page 36: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

36

tratamento de temas relacionados coa sexualidade, os hábitos de hixiene e o respecto ás diferentes manifestacións da mesma. Autocoñecemento

Educación para a saúde

Fomentar actividades que estimulen no alumnado hábitos saudables e costumes sans.

Educación para o consumidor

Promoveranse accións polas que o alumnado filtre a información recibida, de forma consciente, crítica, responsable e solidaria, así como as decisións consecuentes para a compra de bens e servizos, tendo en conta os valores persoais, a utilización de recursos e as consideracións ecolóxicas adecuadas. Procesos críticos e reflexivos Responsabilidade

Educación vial Fomentarase a adquisición de condutas e hábitos de seguridade vial. Inculcar actitudes de respecto polas normas Responsabilidade Priorización de actuacións seguras Evitar riscos

10.- CRITERIOS XERAIS DO CENTRO PARA ELABORACIÓN DA S PROGRAMACIÓNS

Os decretos polo que se establece o currículo da ESO (D. 133/2007), o Bacharelato (D. 126/2008) e a Formación Profesional (D. 114/2010) entenden por currículo o “conxunto de competencias básicas, obxectivos, contidos e métodos pedagóxicos e criterios de avaliación”.

� Bloque das competencias e dos obxectivos: - Contribución da materia ao logro das competencias básicas (só

na ESO). - Os obxectivos:

� Obxectivos xerais da etapa � Obxectivos establecidos para cada curso

� Bloque dos contidos e relación de unidades didácticas. - Os contidos - Secuencia e temporalización.

� Criterios de secuenciación. � Bloque da metodoloxía:

- Os métodos pedagóxicos (decisións metodolóxicas: agrupamentos, tempos, espazos, materiais e recursos didácticos).

- Os materiais curriculares e os recursos didácticos. � Bloque da avaliación:

- Os criterios de avaliación. - Os mínimos esixibles.

Page 37: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

37

- Os procedementos e instrumentos de avaliación. - Os criterios de cualificación. - O programa de reforzo e recuperación de materias/módulos

pendentes ou das partes non superadas.

A estes bloques que definen o currículo hai que engadir:

� As medidas de atención á diversidade. � As actividades complementarias e extraescolares. � O tratamento e fomento da lectura. Proxecto lector � O tratamento e fomento das TIC. � A contribución ao plan de convivencia.

Ademais outros puntos temos que contemplar

� A acreditación dos coñecementos previos para 6 materias de 2º bacharelato (Física, Química, Electrotecnia, Bioloxía, Ciencias da Terra e Antropoloxía)

� Procedementos para avaliar a propia programación e a propia práctica docente

� Constancia de información ao alumnado.

11.- OBXECTIVOS E MEDIOS PREVISTOS PARA O DESENVOLVEMENT O DO PROXECTO BILINGÜE.

O centro conta con dúas sección bilingües autorizadas no módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora para os cursos de Sistemas electrotécnicos e automatizados e Automatización e robótica industrial.

Non sendo necesario insistir nos obxectivos xenéricos (mellorar a competencia lingüística do alumno, facilitar a súa mobilidade laboral...), xa que todos eles forman parte do proxecto de seccións bilingües, cabe destacar aqueles aspectos que o emprego bilingüe do módulo de EMPRESA E INICIATIVA EMPRENDEDORA pretende acadar:

� Aumentar a competencia lingüística do alumnado nunha lingua estranxeira, na súa cuádrupla perspectiva de escoitar entendendo, falar, ler e escribir referido a circunstancias cotiás no ámbito empresarial. Implica, indirectamente,

- Fomentar as competencias lingüísticas e culturais que faciliten a construción dun espazo común europeo.

- Facilitar a mobilidade e a realización de estadías formativas e a FCT no estranxeiro.

- Impulsar entre o alumnado a obtención da acreditación como mínimo do nivel B1 de inglés do marco europeo de referencia de linguas.

Page 38: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

38

� Mellorar a competencia en tecnoloxías de información e comunicación (TIC) do alumnado en lingua inglesa.

� Impulsar a mellora na formación do alumnado : a familia profesional á que pertencen os ciclos formativos con sección bilingüe, electricidade e electrónica , caracterízase por dispor de unha grande parte do seu material técnico en inglés , e aínda que o inglés técnico non vai ser o obxecto do módulo, a impartición de EIE dun xeito bilingüe permitirá aos alumnos reforzar moitas construcións gramaticais ou expresións que puideran ter esquecidas, expresións gramaticais, construcións verbais (phrasalverbs), e incluso vocabulario que si que lles poderán ser de utilidade para a comprensión dos manuais técnicos.

� Conseguir o desenvolvemento da iniciativa emprendedora do alumnado nunha sociedade do século XXI caracterizada pola globalización, mobilidade e internacionalización da información.

� Conseguir unha mellora das competencias sociais do alumno:

- Da competencia comunicativa , superando barreiras lingüísticas, tanto en comunicación oral como escrita, tanto na propia lingua coma na lingua estranxeira mediante o seu uso no contexto aberto dunha materia non lingüística.

- Da capacidade de traballo en equipo , xa que o obxectivo do módulo é a elaboración dun proxecto empresarial que os alumnos teñen que desenvolver en grupos.

- Da capacidade empática do alumnado ao ter que se esforzar por comprender aos compañeiros que á súa vez teñen problemas de expresión nunha lingua á que non están acostumados.

Page 39: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

39

PLANS E PROGRAMAS

PROXECTO LINGÜÍSTICO

PROXECTO LECTOR

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC

PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

PLAN DE ORIENTACIÓN E ACCIÓN TITORIAL

ORGANIZACIÓN DO CENTRO

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

Page 40: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

40

XESTIÓN ECONÓMICA

I.- RECURSOS DOS QUE DISPÓN O CENTRO

O principal recurso co que conta o centro para os gastos de funcionamento é a dotación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do Fondo Social Europeo.

Pero o centro conta con outros recursos para o obtención de ingresos:

Recursos derivados da instalación do centro (ingresos para cubrir os gastos do uso das instalacións deportivas, ingresos de cesión de aulas para a celebración de cursos, ...) e dos xerados pola actividade da cafetería e do servizo das fotocopias para o alumnado (onde basicamente se busca cubrir os gastos polos servizos prestados).

Recursos complementarios: as principais accións para a obtención de recursos complementarios consisten na presentación de proxectos para a obtención de axudas destinadas a proxectos específicos (Concurso GaliciaSkills, SpainSkills, Erasmus, Clubs de Bibliotecas escolares, Siempre Fp, Contratos Programa, Normalización Lingüística, ...)

II.- PROXECTO DE XESTIÓN ECONÓMICA

Cada ano natural elaborase o Proxecto de xestión económica tendo en conta os obxectivos específicos contemplados na Programación Xeral Anual e no Proxecto de dirección, así como as aportacións e peticións dos diferentes sectores que integran a comunidade educativa (alumnado, claustro de profesores, pais/nais/titores responsables, persoal non docente) e seguindo as directrices acordadas no Consello Escolar.

No mes de marzo, cando a Consellería de Cultura, Educación e O.U. comunica aos centros educativos as cantidades correspondentes para gastos de funcionamento e as cantidades asignadas para as ensinanzas cofinaciadas pola Consellería e o F.S.E., e tendo en conta las premisas fixadas no parágrafo anterior, elabórase o Proxecto de Presuposto e de Xestión económica, onde se establecen e se concretan as cantidades asinadas a cada uno dos capítulos.

Como pautas subxacentes en todo o Proxecto de xestión económica están as seguintes: equilibrio (os gastos nunca poderán supera aos ingresos),

Page 41: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

41

atención prioritaria aos gastos necesarios para o normal funcionamento do centro (Enerxía eléctrica, auga, calefacción, ...), sostenibilidade (busca de solucións que permitan aforrar no consumo das diferentes partidas como enerxía eléctrica, calefacción, comunicacións, fotocopias, papel, ...), mantemento e mellora das instalacións do centro, e atención das necesidades de materiais e de actividades formuladas polos diferentes sectores da comunidade educativa.

O proxecto de presuposto responde ás esixencias emanadas da LOE (art. 123) e da Lei 8/1987 do 25 de novembro do 1987 (D.O.G. DO 20-01-88) pola que se establece a autonomía e xestión económica dos centros públicos non universitarios e da orde do 12 de xaneiro do 1998, (D.O.G. do 21-01-88), pola que se regulamenta a aprobación e xustificación dos gastos de funcionamento dos citados centros. O decreto 201/2003, do 20 de marzo, polo que se desenvolve a autonomía no xestión económica nos centros docentes públicos non universitarios, establece, na súa disposición transitoria, a vixencia da orde de 12 de xaneiro de 1998.

O que pretende e conseguir o obxectivo de distribuír os “INGRESOS” entre os diferentes capítulos que comprende o presuposto de “GASTOS” e encargar a execución do citado gasto a cada un dos elementos ós que lle corresponda (dirección, extensión cultural, secretaría, departamentos, ciclos, etc...) de conformidade coas disposicións establecidas pola Consellería.

A xustificación da partida correspondente ao Fondo Social Europeo (F.S.E.) faise de conformidade coas disposicións establecidas pola Consellería.

O Proxecto de presupostos comprende os seguintes apartados

A) PRESUPOSTO DE INGRESOS.

B) PRESUPOSTO DE GASTOS.

C) NORMAS PARA A EXECUCIÓN DOS GASTOS.

D) APROBACIÓN, CONTROL E EXECUCIÓN DO PROXECTO DE PRESUPOSTO.

1.- PRESUPOSTO DE INGRESOS

I. Créditos concedidos pola Consellería de Educación para gastos de funcionamento.

II. Créditos concedidos pola Consellería de Educación e F.S.E. para G. F. de Ensinanzas Cofinanciadas (Info, Mod e PCPI) e M.O.R.A.

III. Outros Ingresos (derivados do uso das instalacións, fotocopias,...)

Page 42: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

42

IV. Remanente do ano (anterior) que se incorpora ao exercicio

2.- PRESUPOSTO DE GASTOS

Os gastos que se poden realizar con cargo ó presuposto de ingresos, deberán incluírse nalgún dos capítulos que compoñen os presupostos de gastos, que son os seguintes:

I. Arrendamentos. II. Reparación, mantemento e conservación. III. Material de oficina: papelería, imprenta, fotocopias, subscricións.. IV. Subministracións:

A. Subministración do edificio, Biblioteca, Extensión Cultural, Departamentos, Ciclos.

1. Auga. 2. Electricidade. 3. Calefacción. 4. Material de limpeza. 5. Desratización. 6. Material sanitario. 7. Biblioteca: xornais, libros, publicacións, etc... 8. Extensión Cultural: actividades extraescolares, deportivas, culturais, visitas, etc... 9. Departamentos didácticos: Plástica, Formación e Orientación Laboral, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía- Xeoloxía, Lingua Castelá, Lingua Galega, Francés, Inglés,Relixión, Xeografía e Historia, Educación Física, Música, Tecnoloxía, Filosofía, Aula Informática, Electricidade- Electrónica e Mantemento, Departamento de Orientación.

B. Subministración Ciclos F.S.E.: V. Comunicacións.servizos telefónicos, servizos postais, etc... VI. Transporte. VII. Traballos realizados por outras empresas. VIII. Primas de seguros. IX. Tributos. X. Axudas de custo e locomoción. XI. Gastos diversos. XII. Mobiliario e utensilios inventariables. XIII. Outros materiais inventariables.

3.- NORMAS PARA A EXECUCIÓN DO GASTO

A adquisición de material ou contratación dun servizo con cargo a este presuposto, axustarase ás seguintes normas:

1. As peticións deben realizarse antes do 11 de novembro de cada ano

Page 43: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

43

2. Os “peticionarios” (xefes de departamento, dirección, secretaría, encargados dos gastos dos ciclos e outros...), solicitarán ao Director/a ou ao Secretario/a a adquisición do material ou a contratación do servizo que se precise.

3. Os xefes de departamentos das familias profesionais poderán asignar un único profesor por ciclo encargado do gasto de cada ciclo, que exercerá de coordinador da xestión do gasto asignado a cada ciclo formativo.

4. O Director/a ou o Secretario/a autorizará que se efectúe a compra ou que se contrate o servizo, sempre que a petición sexa de acordo coas normas que fixa a Delegación Provincial de Educación e o presente proxecto.

5. A recepción do material realizarana os peticionarios. O citado material deberá vir acompañado da correspondente nota de entrega, debidamente valorada e, unha vez revisada, terá que ser asinada polo peticionario e entregada ó Secretario/a.

6. O pagamento das facturas realizarao o Secretario, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

1. A compra estivo autorizada. 2. O material foi recibido 3. A factura ten tódolos requisitos esixidos:

i. Número, NIF do provedor, selo e sinatura do provedor. ii. Dirixida a: I.E.S. “Urbano Lugrís” N.I.F. Q-6555274-G.

Avda. de Arteixo, 128 .15007 A Coruña

4.- APROBACIÓN, CONTROL E EXECUCIÓN DO PROXECTO DO PRESUPOSTO

APROBACIÓN: Corresponde ó Consello Escolar a aprobación do proxecto do presuposto do centro e das contas xustificativas que se elaborarán ó remate do exercicio, segundo o Decreto do 10 de abril (D.O.G. de 18-04-1986) e a normativa actualizada pola Consellería de Educación e O.U..

CONTROL: Corresponde, así mesmo, ó Consello Escolar o control do cumprimento das liñas xerais do presente proxecto.

A Comisión Económica resolverá todos aqueles problemas que puidesen aparecer como consecuencia da execución do Proxecto do Presuposto e cando o considere oportuno, poderá reunirse con carácter extraordinario tantas veces como sexa convocada polo seu presidente ou por pedimento da maioría dos seus membros.

EXECUCIÓN: Corresponde ó equipo directivo, xefes de departamentos e encargados dos gastos dos ciclos a execución directa daquelas partes do gasto que corresponde á súa área de xestión, de acordo coas normas que establece o presente proxecto.

Page 44: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

44

FUNCIÓNS: Son funcións do Director/a e o secretario/a: Autorizar as compras, efectuar os pagos e presidir a Comisión Económica.

III.- FUNCIONAMENTO DA COMISIÓN ECONÓMICA

Composta polo Director/a do Centro, o Secretario/a, un docente, un alumno/a e un pai/nai de alumno/a elixidos por cada un dos sectores.

Realizará as funcións de control económico e as que o Consello lle encomende. Entre outras serán:

a) Asesorar ó Director/a do Centro nos asuntos de materia económica que o precisen.

b) Autorizar pequenos trasvases de partidas orzamentarias ata una contía de 1500 euros.

c) Autorizar partidas adicionais a fin de ano.

d) Autoriza a venda de chatarra, mobilario e maquinaria obsoleta.

e) Informar ao Consello Escolar sobre os temas que lles encomenden e colaborar con el nas cuestións da súa competencia.

f) Colaborar co Secretario/a na elaboración do proxecto de orzamento do Instituto e da execución do mesmo, para a súa aprobación polo Consello Escolar.

IV.- XUSTIFICACIÓN DE GASTOS

Cada ano natural, ao finalizar o exercicio (no transcurso do mes de xaneiro) elabórase a Conta de Xestión do Presuposto do ano anterior, sométese a avaliación e aprobación do Consello Escolar .

Esta xustificación faise a través da aplicación informática na web da Xunta, Xecocentros, e seguindo as directrices fixadas pola Consellería. Ademais elabórase unha conta xustificativa independente para cada partida finalista recibidas da Consellería. O resto das partidas presupostarías e as correspondentes ao F.S.E., son xustificadas ante os organismos correspondentes seguindo as súas instrucións e os requisitos establecidos por cada un deles.

De todas as partidas presupostarias, gárdanse e arquívanse os documentos xustificativos dos gastos e dos pagos dos mesmos, que están sempre a

Page 45: PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO - edu.xunta.gal IES... · faise moi complicada. Os alumnos que cursan a ESO proceden maioritariamente do centro adscrito de Educación Infantil e Primaria

PEC IES Urbano Lugrís

45

disposición da comunidade educativa para a súa consulta e dos órganos de control e xestión das diferentes entidades oficiais, tamén para a súa consulta o auditoría. Estes órganos de control realizan auditorías periódicas de los gastos realizados polo centro.