19
PROXECTO LINGÜÍSTICO INTRODUCIÓN A lingua, como afirma o Decreto 79/2010 do 20/05/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, é un elemento imprescindible de identidade cultural, que representa o valor e a unión e cohesión dun pobo. Tamén no Estatuto de Autonomía defínese o galego como lingua propia de Galicia, dispoñéndoa, xunto ao castelán, como linguas oficiais de Galicia, que todos teñen o dereito de coñecer e empregar. Tendo en conta isto, debemos ser conscientes da importancia que adquire a escola para este fin; expandindo o uso do galego máis alá da propia clase de lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional. Conseguir iso é un dos obxectivos principais deste Proxecto Lingüístico de Centro (PLC), planificar e levar a cabo un uso normalizado e dinámico da nosa lingua no CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas. Para logralo é importante o traballo en equipo por parte de todos os membros da comunidade educativa, seguindo unhas pautas establecidas polo equipo de dinamización da lingua, a través deste proxecto e dos distintos proxectos de fomento que se elaboran cada curso. Todo guiado pola presente lexislación para que o uso das dúas linguas oficiais de Galicia sexa similar e o seu desenvolvemento equitativo. Para a elaboración do PLC tomamos como referencia o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia publicado o martes, 25 de maio de 2010 no nº 97 do Diario Oficial de Galicia para a súa aplicación en todos os centros docentes. Neste decreto establécese que o PLC debe abarcar os seguintes contidos: As linguas que se deben empregar nas áreas, materias, módulos ou ámbitos de coñecemento distintos dos sinalados nos artigos 4 a 12 deste decreto. Os criterios para determinar cal é a lingua predominante da contorna. Medidas de reforzo e apoio para o correcto uso da lingua a nivel escolar e educativo que axuden a acadar os obxectivos establecidos na lei. Medidas a tomar co alumnado que non ten dominio da lingua e así axudarlle a seguir o ensino de forma axeitada. Este decreto baséase no marco lingüístico establecido pola Constitución española de 1978 e polo Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Ademais,

PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

PROXECTO LINGÜÍSTICO

INTRODUCIÓN

A lingua, como afirma o Decreto 79/2010 do 20/05/2010 para o plurilingüismo

no ensino non universitario de Galicia, é un elemento imprescindible de

identidade cultural, que representa o valor e a unión e cohesión dun pobo.

Tamén no Estatuto de Autonomía defínese o galego como lingua propia de

Galicia, dispoñéndoa, xunto ao castelán, como linguas oficiais de Galicia, que

todos teñen o dereito de coñecer e empregar.

Tendo en conta isto, debemos ser conscientes da importancia que adquire a

escola para este fin; expandindo o uso do galego máis alá da propia clase de

lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en

diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional.

Conseguir iso é un dos obxectivos principais deste Proxecto Lingüístico de

Centro (PLC), planificar e levar a cabo un uso normalizado e dinámico da

nosa lingua no CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas.

Para logralo é importante o traballo en equipo por parte de todos os membros

da comunidade educativa, seguindo unhas pautas establecidas polo equipo de

dinamización da lingua, a través deste proxecto e dos distintos proxectos de

fomento que se elaboran cada curso. Todo guiado pola presente lexislación

para que o uso das dúas linguas oficiais de Galicia sexa similar e o seu

desenvolvemento equitativo.

Para a elaboración do PLC tomamos como referencia o Decreto 79/2010, do

20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

publicado o martes, 25 de maio de 2010 no nº 97 do Diario Oficial de Galicia

para a súa aplicación en todos os centros docentes. Neste decreto

establécese que o PLC debe abarcar os seguintes contidos:

As linguas que se deben empregar nas áreas, materias, módulos ou

ámbitos de coñecemento distintos dos sinalados nos artigos 4 a 12

deste decreto.

Os criterios para determinar cal é a lingua predominante da contorna.

Medidas de reforzo e apoio para o correcto uso da lingua a nivel escolar

e educativo que axuden a acadar os obxectivos establecidos na lei.

Medidas a tomar co alumnado que non ten dominio da lingua e así

axudarlle a seguir o ensino de forma axeitada.

Este decreto baséase no marco lingüístico establecido pola Constitución

española de 1978 e polo Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Ademais,

Page 2: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

desenvolve a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística, no relativo

ao uso do galego no ensino nos niveis non universitarios, e a Lei Orgánica

2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística, de

conformidade coas disposicións precedentes, garante a igualdade do galego e

do castelán como linguas oficiais de Galicia.

O artigo 14 desta lei indica que, ao remate do ensino obrigatorio,

garantirase a igualdade de competencia lingüística nos dous idiomas oficiais.

Nesta mesma liña, e desde unha perspectiva máis global, tamén se pronuncian

a Carta europea de linguas rexionais e minoritarias de 1992, ratificada polo

goberno do Estado español en 2001, e o Plan xeral de normalización da lingua

galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en setembro do

2004.

Neste sentido, é necesario reforzar a dimensión comunicativa do galego

en relación con contextos vivos, facilitarlle ao alumnado unha oferta educativa

que o axude a percibir a utilidade da lingua e que o capacite para o seu uso

correcto e eficaz, erradicando especialmente o seu emprego sexista en todos os

ámbitos e respectando, así mesmo, a situación sociolingüística en que se

enmarca cada centro.

Ademais, a realidade social europea en que vivimos, nun contexto de

globalización e de mobilidade laboral, sitúanos nun espazo internacional de

plurilingüismo; que enriquece intelectual e culturalmente ao alumnado, ademais

de axudarlles na inserción laboral, na mobilidade, nos estudos superiores…

Esta nova realidade esixe un marco educativo que atenda esta

necesidade social, posibilitando a capacitación efectiva do alumnado nas dúas

linguas oficiais e nunha ou varias linguas estranxeiras, seguindo para iso o marco

delimitado pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que establece

como un dos seus fins a capacitación para a comunicación nas linguas oficiais e

nunha ou varias linguas estranxeiras.

Ademais de todo o nomeado anteriormente, teremos en conta a realidade

do noso centro, dos nosos alumnos e alumnas e da súa situación.

LEXISLACIÓN

Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE), publicada no Boletín Oficial do Estado o 10 de decembro de 2013.

Page 3: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.

Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia e instrucións para a aplicación do decreto tras os pronunciamentos e sentenzas do TSXG.

Decreto 124/2007 (DOG de 29 de xuño)

Plan Xeral para a Normalización da Lingua Galega (22/09/04)

Carta Europea de linguas rexionais e minoritarias de 1992 (ratificada polo goberno do Estado español en 2001).

Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación.

Consello escolar de Galicia

O CENTRO EDUCATIVO

O C.E.I.P. Fermín Bouza Brey está situado no casco urbano da vila de

Ponteareas, da que procede todo o alumnado de Infantil e parte do de Primaria,

que se completa con nenos e nenas dalgunhas parroquias: Areas, Xinzo, Arnoso,

Moreira, Angoares e unha pequena parte de Cristiñade (o barrio da Porteliña).

Neste curso 2.020-2021 contamos a comezo de curso, cun total de 375 alumnas/os matriculados.

A maior parte do noso alumnado ten o castelán como lingua materna e,

os que teñen o galego como lingua nai, proceden maioritariamente do rural.

Pero debemos destacar que é o castelán a lingua que predomina como

primeira opción á hora de dirixirse os pais e nais aos fillos, a pesar de que moitas

parellas falen o galego entre eles.

A situación do idioma galego no entorno segue a ser claramente diglósica

. Se ben é certo que o noso alumnado está en contacto cotiá coa lingua galega

de diferentes xeitos, as familias educan aos nenos e nenas maioritariamente en

castelán, independentemente de que os ascendentes sexan galego-falantes.

É interesante o feito de que a gran maioría dos nosos alumnos e alumnas

estean en contacto diario coa lingua, ben escoitando aos seus pais entre eles,

ou ben escoitando aos seus avós e avoas con quen pasan moito tempo. Algo

menos do que normalmente pasaban debido á situación actual da COVID-19.

Tristemente afirmamos que hai unha ruptura de transmisión

interxeracional do galego.

É tamén relevante o uso do castelán para dirixir escritos ao colexio,

familias que falan habitualmente o galego, utilizan o castelán para dirixirse aos

Page 4: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

mestres e mestras, así coma outros servizos básicos; como se o galego quedase

relegado a un segundo plano.

É interesante o dato de que a actitude dos alumnos e alumnas non é, en

ningún caso, pexorativo cara ao galego; escóitano e compréndeno sen

dificultade pero o seu uso é practicamente nulo.

Tamén queremos destacar o feito de que moitos nenos galegofalantes,

procedentes case todos do rural, perden o uso da lingua, unha vez que comezan

a escola; debido, sen dúbida, ao pouco uso por parte dos seus compañeiros e

compañeiras. Non podemos afirmar que exista, no Fermín Bouza Brey, ningún

neno monolingüe en galego.

Neste sentido, debemos propoñernos como obxectivo do traballo

lingüístico no centro, acadar que estes nenos e nenas non perdan a oralidade

por culpa da situación sociolingüística que atopan ao chegar á escola.

Ademais contamos con alumnado inmigrante, procedente de varios

países (uruguaios, arxelinos, arxentinos…) e doutras comunidades españolas

que coñecen e se expresan máis en castelán que en galego.

O feito de que os nosos alumnos e alumnas apenas usen o galego para

expresarse de forma espontánea, fai que debamos reflexionar sobre a

necesidade de traballar, fomentar e normalizar a nosa lingua. Para iso

elaboraremos actividades de reforzo nas distintas épocas do curso, facendo uso

da lingua en todas as actividades de lecer que se desenvolvan; como

complemento ao seu uso nas distintas materias que deben ser impartidas en

galego. Será con este “reforzo” co que intentaremos acadar esa dobre

competencia nas dúas linguas que establece o Decreto.

Os obxectivos por tanto que guiarán o noso Proxecto Lingüístico serán:

a) Acadar, por parte do noso alumnado, a competencia lingüística propia do seu

nivel nas dúas linguas oficiais.

b) Valorar a cultura do seu entorno e aprender a usar o galego como lingua de

comunicación normal.

c) Facer a toda a comunidade educativa partícipe na normalización do uso da

lingua galega, para acadar un bilingüismo harmónico pleno.

d) Establecer unha serie de actividades co obxectivo de contribuír a darlle

vitalidade e prestixio social á lingua máis desfavorecida , no noso entorno .

e) Frear o cambio lingüístico que se establece cando nenos e nenas

galegofalantes chegan ao colexio.

Page 5: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

f) Fortalecer o uso da lingua e reducir a inseguridade que algúns senten ao usala,

tanto na fala coma na escrita.

g) Potenciar a capacitación para a comunicación na lingua estranxeira (inglés e

francés).

h) Valorar e respectar as linguas que aportan os alumnos e alumnas

estranxeiros; enriquecéndonos culturalmente.

i) Desenvolver actividades complementarias que melloren a competencia e

calidade do uso do galego.

k) Fomentar o uso da lingua nas entrevistas cos pais e nais por parte dos mestres

e mestras.

No contexto docente, o uso do galego é axustado á lei, usándoo nas áreas que

así está establecido e en actividades complementarias; así como en circulares a

familias e todo o relativo a nivel administrativo.

MEDIDAS ADOPTADAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO

PROXECTO LINGÜÍSTICO:

EDUCACIÓN INFANTIL:

(Artigo 5 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino

non universitario de Galicia)

1. Na etapa de educación infantil, o profesorado usará na aula a lingua materna

predominante entre o alumnado, ben que deberá ter en conta a lingua do

contorno e procurará que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o

coñecemento da outra lingua oficial de Galicia dentro dos límites da etapa ou

ciclo. No caso de contornos castelán falantes, o uso do galego será, como

mínimo, igual á da lingua castelá. Fomentarase a adquisición progresiva do

galego, de xeito que o alumnado adquira unha competencia que lle permita

comunicarse en galego.

2. A lingua materna predominante do alumnado será determinada polo centro

educativo de acordo co resultado dunha pregunta que se efectuará aos pais,

nais, titores/as ou representantes legais do alumno/a antes do comezo do curso

escolar acerca da lingua materna do seu fillo ou filla.

Page 6: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

3. Atenderase de xeito individualizado o alumnado tendo en conta a súa lingua

materna.

4. Cada centro educativo deberá facer constar no seu proxecto lingüístico as

actividades e estratexias de aprendizaxe empregadas para que o alumnado

adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento das dúas linguas oficiais.

Consultadas as familias a comezo do curso 2020-2021, determínase

que a lingua materna predominante no noso entorno é o castelán . Pero

despois de que o Tribunal Superior de Galicia anulara o carácter vinculante

desta enquisa, non será determinante para establecer a lingua na que se

impartirán as clases na educación infantil do noso centro, pero trataremos

de facer un reparto equitativo.

Establécense estratexias de iniciación do galego en actividades coma:

PSICOMOTRICIDADE.

INFORMÁTICA (aínda que non existen moitos recursos en galego adaptados á Educación Infantil).

RUTINAS: asemblea, día da semana...

HORA DO CONTO, Recitado de poesías, trabalinguas, cancións...

CELEBRACIÓNS DAS FESTAS TRADICIONAIS.

A lingua estranxeira inglés, ofrécese ao alumnado de E. I. en sesións dunha hora semanal, desde os 3 anos, seguindo o Plan de Anticipación posto en marcha hai xa varios anos no noso centro.

Utilizarase de maneira equilibrada o galego e o castelán (50% das materias

do currículo para cada unha delas).

EDUCACIÓN PRIMARIA:

(Artigo 6 o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino

non universitario de Galicia).

1. Garantirase a adquisición da competencia lingüística propia da etapa e

do nivel nas dúas linguas oficiais de Galicia.

2. As materias de lingua impartiranse no idioma de referencia.

3. Impartirase en galego a materia de Coñecemento do medio natural,

social e cultural, e en castelán a materia de Matemáticas.

Page 7: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

4. Cada centro educativo, segundo o procedemento establecido no

regulamento de centros, decidirá a lingua en que se impartirá o resto de

materias de cada curso, garantindo que as materias en galego e en castelán

se distribúen na mesma porcentaxe de horas semanais, sen prexuízo do

disposto no capítulo IV (sobre a impartición de materias en linguas

estranxeiras). Este proceso realizarase cada catro cursos escolares.

Distribución horaria das materias:

1º CURSO:

En Lingua galega En Lingua castelá En Inglés

4 sesións LG 4 sesións LC 2 sesións

L.E.

5 sesións C Sociais

e C.da Natureza

5 sesións MATE

2 sesións de EF 2 sesións de E. A.

1sesión REL ou

AE

2º CURSO:

En Lingua galega En Lingua castelá En Inglés

4 sesións LG 4 sesións LC 2 sesións

L.E.

4 sesións COÑEC. 5 sesións MATE

2 sesións REL ou

AE

2 sesións de E. A.

2 sesións de EF

Page 8: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

3º CURSO:

En Lingua galega En Lingua castelá En Inglés

4 sesións LG 4 sesións LC 3 sesións

L.E.

5 sesións C.

Sociais e C. da

Natureza.

4 sesións MATE 1 sesión de

E.A.

1sesión REL ou

AE

1 sesións de E. A.

2 sesións de EF 2 sesións de E:F.

4º CURSO:

En Lingua galega En Lingua castelá En Inglés

4 sesións LG 4 sesións LC 3 sesións

L.E.

4 sesións COÑEC. 4 sesións MATE 1 sesión

E.A.

2 sesións REL ou

AE

1 sesións de E. A.

2 sesións de EF

5º CURSO:

En Lingua galega En Lingua castelá En Inglés

4 sesións LG 4 sesións LC 3 sesións

L.E.

5 sesións C.

Sociais e C. da

Natureza

4 sesións MATE

1 sesións REL ou

AE

2 sesións de E. A.

Page 9: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

2 sesións de EF

6º CURSO:

En Lingua galega En Lingua castelá En Inglés En

francés

3 sesións LG 3 sesións LC 3 sesións

L.E.

1

sesión

4 sesións COÑEC. 4 sesións MATE

2 sesións REL ou

AE

2sesións de E. A.

2 sesións de EF

NOTA: Na área de Educación Física, utilizaranse a lingua galega e castelá

indistintamente, para achegarse ao equilibrio en horas de docencia en ambas

linguas.

O noso colexio traballa, desde hai uns anos, coas Seccións Bilingües, impartindo

a materia de plástica, en terceiro e cuarto, en lingua inglesa, e a libre

configuración de sexto, en lingua francesa, esta última desde o ano pasado.

Para que os alumnos e alumnas poidan participar no programa de Seccións

Bilingües, o centro debe contar coa autorización dos seus pais ou titores legais.

PRIMEIRO DE PRIMARIA:

No 1º curso de primaria conflúe alumnado escolarizado desde E.Infantil

no noso centro maioritariamente castelán-falante , co procedente do Colexio

Rural Agrupado “CRA Picaraña” maioritariamente galego-falantes.

Para a introdución e desenvolvemento das técnicas instrumentais de

lecto-escritura adaptarase a metodoloxía á lingua materna predominante na aula

, para isto, nas entrevistas cos pais e nais preguntaremos cal é a lingua máis

usada na casa. Coidarase a atención individualizada naquel alumnado que teña

coma lingua materna a non maioritaria.

Page 10: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

Irase ampliando o uso da lingua galega ,dun xeito progresivo. Farase a

“hora de ler” e realizarase o mesmo tipo de actividades en ambas linguas, para

intentar equilibrar a competencia no uso de ambas linguas.

En lingua estranxeira impártese o inglés , fixando como obxectivo iniciar unha

competencia básica no uso do idioma.

2º,3º,4º,5º e 6º DA PRIMARIA:

Nestes cursos de Primaria cando se trata de desenvolver as técnicas

instrumentais adquiridas nas etapas anteriores , procuraremos insistir en lograr

un nivel de igual competencia nas dúas linguas oficiais , tanto na expresión

escrita como na expresión oral , atendendo especialmente á lingua galega , xa

que se observa un nivel de competencia moi por debaixo do castelán.

En canto á Lingua estranxeira, seguirase a metodoloxía que capacite ao

alumnado na competencia para desenvolverse con soltura , utilizando un

vocabulario axeitado que o capacite para unha comunicación elemental.

Tanto nas producións escritas coma orais procúrase a participación activa

en representacións, cancións, recitados, dramatizacións, interaccións dirixidas...

MEDIDAS DE APOIO E REFORZO PARA UN CORRECTO USO LINGÜÍSTICO

ESCOLAR E EDUCATIVO FOMENTANDO O PLURILINGÜÍSMO:

- Fomentarase o uso oral e escrito das diferentes linguas que se imparten no centro.

- Intentarase equiparar o material bibliográfico, fonográfico, multimedia…nas diferentes linguas : castelán , galego e inglés.

- Poñerase a disposición do profesorado o material inventariado.

- Proporcionaráselles aos membros da comunidade educativa información

sobre as actividades, actos e institucións culturais relacionadas co seu contorno lingüístico e animaráselles a participar nelas, nos vindeiros anos, posto que este ano non haberá actividades nin actos culturais presenciais; polo que trataremos de buscar os mesmos de forma virtual.

Page 11: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

- Animarase aos membros de toda a comunidade educativa a empregar o galego nas distintas actividades escolares que se desenvolvan durante o curso... por ser a lingua oficial máis desfavorecida no noso contorno.

- Traballaranse distintos aspectos da cultura tradicional e recompilarase información no entorno familiar e cultural, valorizando o respecto do noso patrimonio material e inmaterial.

- Participarase en actividades complementarias que xurdan durante o curso a prol das dúas linguas oficiais, así como na lingua estranxeira, inglés.

- Reforzarase a lecto-escritura nas diversas linguas superando as eivas de materiais editados en galego ( revistas, libros, cómics).

- Usaranse as TIC como recurso de apoio e reforzo das diferentes áreas e

potenciarase o uso das dúas linguas oficiais, así como o Inglés utilizando programas didácticos axeitados. Recomendaremos para que usen na súa casa, posto que tememos que o curso poida non rematar de forma presencial.

- Realizaranse actividades de animación á lectura : comentaranse as obras

de autores casteláns e galegos da actualidade coa finalidade de fomentar a lectura e ampliar o coñecemento cultural e artístico da nosa terra. Este ano, polo menos, non nos vai visitar ningún autor, debido ao protocolo COVID activado para todo o curso.

- Mochila viaxeira: este ano cambiaremos a dinámica da mochila viaxeira,

cada neno e nena terá a súa propia, elaborando o seu propio caderno de bitácora, ao non poder compartir libros nin material.

- Club de lectura: con profesorado voluntario e gardando a distancia de

seguridade, realizaranse sesións de lectura comentada de libros nas dúas linguas oficiais. O alumnado participante neste club deberá mostrar un interese especial cara a lectura.

Page 12: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

CRITERIOS PARA DETERMINAR A LINGUA PREDOMINANTE NO

CONTORNO:

Observación directa:

- Uso da lingua oral entre os alumnos e alumnas dentro e fóra da aula.

- Reunións cos pais e nais dos nosos alumnos e alumnas.

- Uso do galego nos escritos que dirixen as familias á escola.

Observación indirecta:

- Enquisas ao alumnado e ás familias que permitan coñecer que idioma utilizan a cotío en diferentes contextos.

Nas titorías observamos que cada vez é máis común o uso do galego por

parte das familias, algo que antes era pouco habitual, a pesar de que os mestres

e mestras usaran o galego; as familias respondían en castelán. Parece que isto

está cambiando.

MEDIDAS ADOPTADAS PARA ALUMNADO INMIGRANTE:

Na actualidade, no noso centro, temos un número bastante elevado de

alumnado inmigrante, procedente tanto doutras comunidades españolas

(Canarias, Cataluña ou Castela) como doutros países ( Romanía, Uruguai,

Portugal, Brasil, Malasia, Arxelia…); e, aínda que algúns destes alumnos e

alumnas levan varios anos no noso país, seguen a presentar dificultades, sobre

todo, no uso cotiá do galego. É, en ambos casos coñecen en maior e menor grao

o castelán.

Este grupo de alumnos e alumnas precisan dunha atención específica que lles

permita alcanzar unha correcta competencia comunicativa nas dúas linguas

oficiais da nosa Comunidade Autónoma. Isto é, sen dúbida, fundamental para

esquivar o fracaso escolar.

Sabendo que poden solicitar a exención da lingua galega segundo a Orde do 10

de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio,

para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á

exención da materia de lingua galega; pero sendo tamén conscientes de que isto

Page 13: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

é pan para hoxe e fame para mañá, debemos poñer en práctica unha serie de

medidas complementarias; que dun xeito ou doutro, axuden a alcanzar os nosos

obxectivos.

Estas medidas complementarias serán levadas a cabo polo profesorado do

centro, aplicando os protocolos que establece a lei e usando as horas das que

dispoña o claustro para poder desenvolvelo.

1.- Ao carecer o Centro dun programa específico de inmersión

lingüística, o alumnado inmigrante intégrase nas aulas correspondentes, á

espera de ser avaliado o seu grao de coñecemento dalgunha das linguas oficiais.

2.- Avaliación pola comisión pedagóxica da necesidade de solicitar

profesores para apoio lingüístico.

3.- Determinación pola orientadora do centro, da necesidade de recibir

unha atención específica , ou no seu caso unha adaptación da programación

para o logro paulatino das competencias lingüísticas nas linguas oficiais.

4.- Apoio individualizado na aula do titor ou titora, utilizando no inicio da

súa escolarización preferentemente unha das linguas cooficiais onde se sinta

con máis soltura o alumno/a e progresivamente introducilo no uso das demais

linguas do currículo .

-5.-Fomentar a súa integración e interacción co grupo-clase.

No caso de descoñecemento total das dúas linguas oficiais da nosa

Comunidade Autónoma, adoptaranse as seguintes medidas: a creación dunha

aula de integración lingüística ou aula de acollida na que recibirían unha atención

específica que será, simultánea á escolarización nos grupos ordinarios conforme

ao nivel e á evolución da súa aprendizaxe.

Corresponde ás administracións educativas adoptar medidas singulares

naqueles centros que resulte necesaria unha intervención educativa

compensatoria ( Lei orgánica 2/2006 de 3 de maio (LOE)(BOE4-5-2006), artigos

79 e 81.

PLAN DE ACOLLIDA A ALUMNADO ESTRANXEIRO

Page 14: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

Debido á existencia de alumnos e alumnas estranxeiros que temos no noso

colexio, marcamos uns obxectivos tanto pedagóxicos, coma educativos, coma

de convivencia que queremos acadar para lograr un ambiente seguro e cómodo

no centro escolar.

Entre eles podemos destacar:

Conseguir que o alumnado que ven ao noso colexio sinta que está nun

lugar seguro e respectuoso cara ás identidades e liberdades de cada

ser individual.

Afianzar valores coma a liberdade, a xustiza, a igualdade, a tolerancia,

a responsabilidade, o respecto, a diversidade, a cooperación, a

solidariedade, o respecto pola natureza, respecto polo traballo dos

demais ou a creatividade de cada un.

Minimizar ao máximo as desigualdades que, inevitablemente, existen

entre os alumnos e alumnas, que ninguén xulgue a ninguén por

crenzas, nacionalidade, lingua, cultura, relixión, tradicións ou

alimentación.

Crear un espazo libre de prexuízos.

Cada vez que un alumno ou alumna estranxeiro chegue ao colexio, e presente

a necesidade de aprender a lingua como paso previo, é importantísimo que se

tomen decisións rápidas no ámbito lingüístico, asegurando o éxito a nivel

académico e o éxito na inclusión do alumno/a na aula.

Nun caso así, e de acordo coa Orde do 20 de febrero de 2004 pola que se

establecen as medidas de atención específica ao alumnado procedente do

estranxeiro, porase en práctica o protocolo; polo que, o proceso de incorporación

ao centro estará precedido dun diagnóstico que informe ao profesorado das

necesidades persoais que o alumno/a teña. Valoraranse as:

Necesidades sociais

Necesidades psicolóxicas, referentes á autoestima ou afectividade.

Necesidades sobre as competencias lingüística, cultural e curricular

Seguimento do “Plan de acollida a alumnado estranxeiro” da Xunta de Galicia,

que inclúe o seguinte protocolo:

Aprendizaxe intensiva do castelán e, progresivamente, do galego

durante cando menos un trimestre, coa asistencia a determinadas

clases que requiren menor competencia lingüística (Educación Física,

Educación Plástica, aquelas nas que se utilice sistematicamente as

TIC…), onde se garanten espazos comúns de socialización desde o

primeiro momento.

Page 15: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

Asumirán o papel de axentes de inmersión lingüística intensiva:

o O profesorado de Pedagoxía Terapéutica (que, ao mesmo

tempo, proporcionará o soporte emocional que necesita este

alumnado).

o Un alumno que actuará de acompañante (compañeiro/a de

clase) durante un tempo.

Ao mesmo tempo, procurarase que estes alumnos non estean illados

e participen en todo aquilo que sen necesidade de expresión oral ou

escrita poidan intervir con niveis nulos ou básicos de coñecemento do

idioma (actividades artísticas, de música…).

Tamén nestes momentos iniciais de escolarización é importante valorar

xa a súa propia lingua, polo que o profesorado de PT achegaralle por

escrito ao resto de profesorado implicado as fórmulas de presentación

básicas: saúdo, benvida, etc., no idioma de orixe do alumno.

En canto á documentación que se lles proporciona inicialmente, tanto

a eles como ás familias, farase no idioma de orixe (horario do alumno,

información sobre o sistema educativo, sinalización das dependencias

do centro…).

Debemos fomentar unha actitude positiva cara á lingua, que a vexan como

unha riqueza engadida ao proceso ensino-aprendizaxe e non como unha

dificultade máis.

Tamén nos resulta interesante que estes alumnos e alumnas estranxeiros

participen nas actividades complementarias usando a súa propia lingua,

amosándonos curiosidades da mesma e facéndolles ver que a valoramos

como riqueza cultural. Pensamos que isto é moi importante.

Isto pode axudar a fomentar a idea de respecto e comprensión con respeto

ao que é diferente ao noso, poñendo en práctica do que sempre falamos,

da diversidade e do respecto como valores únicos. Debemos aproveitar

esta situación para consolidar un ensino inclusivo baseado nos pilares da

interculturalidade.

Page 16: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

ACTIVIDADES DINAMIZADORAS DA LINGUA GALEGA:

Antes de afondar nas diferentes actividades que queremos realizar ao longo

deste período, queremos remarcar a excepcionalidade deste curso académico,

que xunto coa segunda parte do curso pasado, obrigounos a refacer e

replantexar todo o planificado. O estado de alarma decretado o 13 de marzo de

2020, debido ao COVID-19, polo que se suspenderon as clases presenciais en

todo o territorio nacional, fixo que tiveramos que adaptar as actividades á nova

situación.

A situación actual, de ensino presencial, non normalizou as cousas, posto que o

protocolo obriga a levar máscara, non facer traballos en grupo, desinfectar todo

o material que se usa entre alumno e alumno e manter distancia de seguridade;

polo que todas as actividades que plantexemos este curso vanse adaptar á nova

situación. Situación que, por outra banda, non sabemos hasta cando vai seguir.

Desde hai anos os equipos de Dinamización da Lingua galega, Biblioteca

e Actividades complementarias chegaron ao acordo de traballar conxuntamente

na proposta de actividades dinamizadoras da lingua galega ao longo do curso

escolar; este ano non será diferente, traballaremos en conxunto, a pesar de que

as actividades complementarias serán de menor incidencia, e as de biblioteca

serán cunhas características moi peculiares debido á obriga de desinfección de

todo o material que se usa.

Así e todo, seguiranse propoñendo actividades a través do blog da

biblioteca, www.bibliobrey.blogspot.com e desde o blog de dinamización da

lingua galega www.ferminbouzabrey.blogspot.com ; onde tamén seguiremos

expoñendo todos os traballos realizados polos nosos alumnos e alumnas.

Coas actividades que propoñemos, ademais de conseguir un uso

normalizado da lingua galega, queremos dignificala e valorala como se merece.

A continuación facemos unha exposición das actividades a desenvolver:

Exposicións didácticas ao longo do curso que teñen que ver coas actividades que existen no entorno do alumnado e que responden a actividades cíclicas anuais: a vendima, o millo, os froitos de outono, a mata, a castaña, as alfombras... este traballo este ano será plantexado como individual debido á situación. Pero as exposicións faranse de igual modo nos corredores do colexio.

Obradoiro de libros: elaborar libriños que recollan actividades propias da cultura galega, actividades que implican ás familias na transmisión e conservación da mesma

Festa das cabazas ou calacús colaborando co departamento de inglés para mostrar as semellanzas ou diferenzas coa festa do “Halloween”.

No mes dos calacús celebramos un certame de relatos de medo onde o alumnado recolle contos tradicionais ou ben inventa relatos que le diante doutros compañeiros e compañeiras.

Page 17: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

Transmisión e fomento da oralidade en lingua galega a través da escenificación de conxuros e contos de medo do alumnado dos cursos quinto e sexto para o alumnado de terceiro e cuarto, aproveitando contos tradicionais, polo mes de novembro.

Celebración do Magosto no patio do colexio: cada nivel encárgase de asar castañas, formando unha fogueira co bullo aportado polo alumnado , usando o xeito tradicional de asado desta zona.

Realización de actividades lúdicas lingüísticas (xogos, pasatempos,

adiviñas, etc.)

Certame de contos de Nadal.

Dia da Paz : traballos de murais e slogans pacifistas . Celebración no patio de todo o colexio do día da paz coa exposición de slogans ou peticións elaborados nas aulas e que serán en lingua galega. Se non se pode facer a celebración no patio os slogans e traballos expoñeranse de todos os xeitos.

Actividades lúdicas de carácter cooperativo e canción elixida para a celebración anual desta data, cantada á vez por todo o conxunto do alumnado, no patio do colexio, se pode ser, e senón cada clase na súa aula, facendo despois unha montaxe para compartir non medios audiovisuais.

Celebración da festa tradicional do Entroido. Colaboración das familias, aínda que este ano non haberá a elaboración de sobremesas típicas. Elaboración de disfraces nas aulas para que cada nivel forme a súa comparsa. Invención de coplas por parte do alumnado do ciclo superior para levar a cabo despois do desfile de comparsas o xuízo ao meco.

Realización de traballos previos nas aulas sobre un tema global que elixido ao comezo de curso polos tres departamentos, normalmente desenvólvese durante o 2º e terceiro trimestre , culminando cunha exposición que recolle o conxunto de traballos nos diferentes cursos.

Implicación das familias na pescuda de información sobre diferentes temas: toponimia da zona, plantas mediciñais, refráns, aportación de fotografías etc.

Semana das Letras Galegas: Nesta semana ten especial relevancia ao autor/a homenaxeado e dáse a coñecer a súa vida e obra a través da exposición que dun traballo cooperativo que previamente se prepara en diferentes cursos sobre a súa persoa. Ademais da elaboración da unidade didáctica que envía a Xunta de Galicia.

Gozar dunha xornada de xogos populares para coñecer e divulgar a existencia dos mesmos.

Outra actividade dinamizadora no uso da lingua galega e que ten moito éxito entre o noso alumnado é a MOSTRA DE TEATRO ( este ano será a 10ª Mostra de teatro) que ao longo do mes de maio no noso centro a pesares das dificultades de espazo que estamos tendo, se leva a cabo . Este ano queda pendente das condicións que se dean durante o curso, pero as expectativas non son moi alentadoras. Consiste na representación de varias obras de teatro que distintos

grupos de alumnas e alumnos preparados polos seus titores , realizan

para outros grupos de alumnos. Normalmente as familias poden acudir

Page 18: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

para ver aos seus fillos e fillas, pero este ano queda totalmente

descartado.

A Semana do Cine realizámola durante o mes de maio proxectando películas en galego para que o noso alumnado poda ir coñecendo as producións feitas ou dobradas ao galego que normalmente non poden ver a través da T.V. Este ano todo iso farase nas aulas, cada curso na súa aula.

Colaboracións ao longo do curso con diferentes entidades: Abanca, Asociacións culturais e ecoloxistas da zona, EDLG do concello, etc. que promovan a lingua e cultura galega, este ano non haberá desprazamentos nin ao auditorio nin a ningún outro sitio, pero se a oferta é telemática aí estaremos facendo uso dela.

Participación nas campañas de difusión e promoción do galego

organizadas polo noso concello: exposición de alfombras no Corpus,

entroido, concursos de poesía, exposicións…

Concienciación de entidades e institucións locais para fomentar o

emprego da lingua nos seus escritos e actividades.

Tratar de intercambiar experiencias con outros centros educativos tanto do noso Concello como de fora del.

Irase creando unha fonoteca e mediateca de materiais en lingua galega para que o alumnado coñeza a riqueza das producións feitas en galego.

Como se observa que hai menos materiais didácticos multimedia

editados en galego que nas outras linguas (castelán e inglés) ,

procuraremos a través do blog e páxina web do colexio dar a coñecer e

incentivar o uso de programas informáticos en lingua galega que vaiamos

coñecendo, para que o alumnado e as familias aprecien que a lingua

galega é unha lingua actual , moderna que se emprega nas novas

tecnoloxías.

Potenciar o uso das TIC no uso da lingua galega para que o alumnado a perciba como unha lingua actual que pode usar sen complexos en todas as áreas do saber. Introducirase, este ano máis que nunca, ao alumnado no uso do correo

electrónico , elaboración de documentos word, power point sobre

temas propostos, aula virtual, videochamadas… algo fundamental se

volvemos sufrir un novo confinamento.

Utilizarase a lingua galega oral e escrita por parte do centro, tanto nas relacións que se manteñan coas administracións territoriais e locais e demais entidades públicas galegas, en todos os documentos oficiais, comunicacións e escritos ás familias como indica a Lei Orgánica do 3 de maio do 2006 de Educación.

Page 19: PROXECTO LINGÜÍSTICO · 2021. 7. 15. · lingua. Xa que, un pleno dominio da mesma, acádese cando se utiliza en diversos ámbitos, facendo que se converta nunha lingua funcional

Organización de charlas para dignificar e prestixiar o galego en todos os eidos.

Difusión de información ao profesorado sobre materiais didácticos,

lingüísticos e pedagóxicos existentes, que permitan un incremento da

docencia en lingua galega: publicacións, películas, CD, etc.

Organización de campañas orientadas á desaparición dos prexuízos lingüísticos: slogans, carteis…

Proporcionaremos información sobre a normativa que regula o uso da lingua.

Promoción e sensibilización sociolingüística do galego (murais, concursos de visibilización do EDLG, enquisas, proxectos de sensibilización das linguas minorizadas, participación no Correlingua, etc.).

Difusión dos nosos traballos a través do noso blog.

Promoción das competencias básicas en galego, en lectura, escritura e expresión oral, mediante a elaboración de redaccións, murais, exposicións orais…

Promoción da lectura en galego polo día do libro.

Club de lectura para promover o gusto pola lectura en lingua galega.

Actividades tendentes a demostrar a viabilidade do galego noutros ámbitos, como o científico, o xudicial, o audiovisual, o musical, etc.

Estarán en galego todos os carteis, letreiros, avisos, notas, mensaxes…

O galego será de uso obrigado en todas as actividades organizadas polo centro.