29
ADDENDA PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO CURSO 2015-16 IES DE SANXENXO

PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

ADDENDA PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO

CURSO 2015-16

IES DE SANXENXO

Page 2: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

2

Contenido

A. MEMORIA DEPARTAMENTO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CURSO 2014-15 3

B.- DECISIÓN DO CENTRO EDUCATIVO RESPECTO DA LINGUA EN QUE SE IMPARTIRÁN AS MATERIAS 25

C.-ACTIVIDADES DO EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PROPOSTAS PARA O CURSO 2015-16. 26

Page 3: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

3

A. MEMORIA DEPARTAMENTO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CURSO 2014-15.

ACTIVIDADE 1: Club de Lectura

Actividade Obxectivos que pretende cubrir

1 Contorno

2 Profesorado

3 Alumnado

4 Centro

Club de Lectura X X X X

Temporización Estado actual Departamentos implicados

Importe gasto Material

Todo o curso Realizado Dinamización Lingua Galega Biblioteca

800 € (posúe orzamento

propio)

Libros

No desenvolvemento desta actividade traballouse coa obra de Roberto Salgueiro. Un grupo de 4º ESO preparou a obra “Memorias de Helena e María” e outro grupo de 1º ESO preparou a obra “Valentino Rufini e Akil Pillabán de viaxe a Milán”. Estas obras foron representadas no Pazo Emilia Pardo Bazán o xoves 11 de xuño de 2015 coa presenza do autor das mesmas. Ó finalizar a representación fíxose entrega dos premios do X Certame Literario (Actividade 11 deste proxecto).

Page 4: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

4

ACTIVIDADE 2: Día Internacional das Persoas Xordas

Actividade Obxectivos que pretende cubrir

1 Contorno

2 Profesorado

3 Alumnado

4 Centro

Día Internacional das Persoas Xordas X X X X

Temporización Estado actual Departamentos implicados

Importe gasto Material

1º e 2º trimestre Realizado Dinamización Matemáticas Lengua Española Bioloxía e Xeoloxía Física e Química Grupo de traballo (PFPP)

120 € Conferencia, cartolina, cola, cinta adhesiva,…

Os alumnos de 1º ESO construíron un montón de palabras en galego, empregando o alfabeto dactilolóxico. Foron expostas nunha mesa na entrada do centro.

Un grupo de alumnos de Recreos Alternativos realizaron unha maqueta en 3D coa palabra “CEREBRO” en alfabeto dactilolóxico. Se ben a palabra elixida se escribe igual en galego e castelán, a elección fíxose pensando na Semana Cultural deste ano que levaba por título “A Percepción”.

O martes 24 de marzo, durante a Semana Cultural, organizouse un taller de lingua de signos para os alumnos de 1º ESO.

Page 5: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

5

A maiores, os alumnos de 1º ESO traballaron o alfabeto Braille e fixeron un panel de benvida en galego que se expuxo na entrada do centro, coa idea de lembrarnos tamén das persoas invidentes.

Page 6: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

6

ACTIVIDADE 3: Magosto e Samaín

Actividade Obxectivos que pretende cubrir

1 Contorno

2 Profesorado

3 Alumnado

4 Centro

Magosto e Samaín X X X X

Temporización Estado actual Departamentos implicados

Importe gasto

Material

5 de novembro Realizado Todos

100 € Premios para o concurso (vales actividades, pendrive), cartolinas, tóner, …

Pode verse unha ampla reportaxe na páxina do IES Sanxenxo (ficheiro adxunto)

(http://www.edu.xunta.es/centros/iessanxenxo/)

Page 7: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

7

ACTIVIDADE 4: Mes da Ciencia en Galego

Actividade Obxectivos que pretende cubrir

1 Contorno

2 Profesorado

3 Alumnado

4 Centro

Mes da Ciencia en Galego X X X X

Temporización Estado actual Departamentos implicados

Importe gasto Material

Novembro Realizado Dinamización Biblioteca Bioloxía e Xeoloxía Física e Química Matemáticas

0

Esta actividade comezouse realmente en outubro coa exposición dos premios Nobel de Física, Química e Fisioloxía ou Medicina. Fíxose un cartel, coa tradución ó galego, da mención que a Academia dos premios Nobel facía con cada unha das especialidades agasalladas. Xa no mes de novembro, os diferentes departamentos fixeron exposicións nos laboratorios de Ciencias (Bichos, experimentos variados), aulas de Matemáticas (xogos matemáticos) e Biblioteca. (Non recollemos imaxes destas exposicións: este foi un dos primeiros proxectos de Dinamización da Lingua e non nos decatamos de facer fotografías para adxuntar na memoria nin na páxina web). Tamén se realizou unha videoconferencia con Fernando Abilleira, enxeñeiro da NASA . Trátase dun científico con orixes galegas, se ben hai que mencionar que a videoconferencia houbo que realizala en castelán para evitar posibles dificultades de comprensión, debido a que o científico leva moito tempo vivindo en Estados Unidos. En vista do realizado, o título desta actividade podería renomearse como “Mes da ciencia en galego, e por galegos”.

Page 8: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

8

Page 9: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

9

ACTIVIDADE 5: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Actividade Obxectivos que pretende cubrir

1 Contorno

2 Profesorado

3 Alumnado

4 Centro

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

X X X X

Temporización Estado actual Departamentos implicados

Importe gasto Material

25 novembro Rematado Dinamización Orientación Lingua Galega Tecnoloxía Biblioteca Actividades complementarias

20 € Tóner, fotocopias, premios (pendrive, invitación para actividades)

Entre outras actividades, realizouse un concurso de mensaxes con formato tuit contra a violencia de xénero. Na páxina web do centro recóllese o texto dos tuits finalistas así como un videoclip feito polos alumnos e alumnas autores deses tuits.

Page 10: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

10

ACTIVIDADE 6: Panxoliñas no centro de DÍA

1 Contorno

2 Profesorado

3 Alumnado

4 Centro

Panxoliñas no Centro de Día X X X

Temporización Estado actual Departamentos implicados

Importe gasto Material

19 de decembro Realizado Dinamización Música

0 €

Nas fotografías non aparecen os anciás por non parecer apropiado. Para os alumnos e o profesor de Música foi unha experiencia extraordinaria, polo cariño amosado polos anciás e a dirección do centro DÍA.

Page 11: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

11

ACTIVIDADE 7: Día escolar da Non Violencia e a Paz

1 Contorno

2 Profesorado

3 Alumnado

4 Centro

Día Escolar da Non Violencia e a Paz X X X X

Temporización Estado actual Departamentos implicados

Importe gasto Material

30 xaneiro (aprazado ó 2 de febreiro por mal tempo)

Realizado Dinamización Lingua Galega Tecnoloxía Orientación Lingua Inglesa Música Bioloxía Física

70 € Botella de helio, globos, bobinas de cordel.

Todo o centro participou, escribindo mensaxes de paz en galego (permitiuse que nalgún caso se fixeran en inglés e castelán cando os titores eran de dita materia e dadas as características da celebración). Editouse un videoclip que pode verse na páxina do centro.

Page 12: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

12

ACTIVIDADE 8: Entroido

1 Contorno

2 Profesorado

3 Alumnado

4 Centro

Entroido X X X X

Temporización Estado actual Departamentos implicados

Importe gasto

Material

13 de febreiro Rematado Todos

100 € Premios para os concursos (pendrive, vales para actividades escolares), cartolinas, papel de cores, plásticos, cola, pintura,…

Pode verse unha ampla reportaxe na páxina do IES Sanxenxo (http://www.edu.xunta.es/centros/iessanxenxo/).

Resultou unha actividade moi bonita posto que a maioría do claustro estaba implicado, e máis da metade do

profesorado disfrazouse e acompañou ó alumnado.

Page 13: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

13

ACTIVIDADE 9: Día Internacional da Muller

1 Contorno

2 Profesorado

3 Alumnado

4 Centro

Día Internacional da Muller X X X X

Temporización Estado actual Departamentos implicados

Importe gasto Material

8 de marzo Realizado Dinamización Lingua Galega

0 €

A continuación achegamos copia da conmemoración, que foi enviada a todo o alumnado do centro.

Page 14: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

14

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

(8 DE MARZO de 2015)

IES SANXENXO Dende o IES Sanxenxo informámolos do seguinte:

Actos previstos para o luns, 9 de marzo (dende as 12:25 ata as 14:55): - Presentación do Día da Muller Traballadora (alumnas de 4 ESO B).

- Presentación en Power Point realizada por David Landín (4 ESO A): “As mulleres e a Informática” .

- Entrevistas con mulleres traballadoras da zona: pendente de confirmación.

- Visualización de (fragmentos) da película “A condesa rebelde” baseada na vida de Emilia Pardo Bazán,

e traballo dunha unidade didáctica relacionada con dita película.

Outras actividades (nas que solicitamos a colaboración do alumnado e familias): Exposición fotográfica Como parte dos actos previstos para a celebración do Día da Muller Traballadora o luns 9 de marzo no IES Sanxenxo, preténdese facer unha exposición de imaxes que amosen o papel activo das mulleres en diferentes oficios e traballos (aínda que moitos deles non fosen recoñecidos como tales durante moito tempo). Departamentos organizadores: Dinamización da Lingua, Lingua Galega, Biblioteca. Obxectivo: Os alumnos, alumnas, nais e pais que desexen colaborar poden enviarnos fotos nas que se vexa a mulleres da familia traballando, coa idea de amosar a realidade da nosa contorna. Poden ser fotos recentes ou ser fotos das fotos que teñades nun álbum familiar (estas serían as máis interesantes, sobre todo se son de hai anos). Data de entrega: as fotos serán entregadas antes do mércores día 4 de marzo. Xeito de entrega:

- As fotos enviaranse ó seguinte enderezo de correo electrónico: [email protected]

Ou pódenas traer os alumnos/as ó centro nun pendrive.

- As fotos serán nomeadas do seguinte xeito (para poder organizalas mellor):

curso do alumno/a−nome e apelido do alumno/a−número de foto (só se entrega máis dunha) −parentesco

entre a persoa da foto e o alumno/a

Exemplo (alumno que entrega 2 fotos): Exemplo (alumno que entrega 1 foto):

1ESO-Luís Pimentel-1-avoa 3ESO-Xurxo Mariño-tía

1ESO-Luís Pimentel-2-nai

Enquisa sobre os traballos da muller na nosa comarca Coa pretensión de analizar a evolución do papel da muller no ámbito laboral da nosa comarca nos últimos anos, faremos unha enquisa para a que necesitaremos os seguintes datos (preguntade na casa): Parentesco (nai/avoa/bisavoa), lugar de nacemento, data de nacemento e oficio.

Grazas pola colaboración.

Page 15: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

15

Marisé Domínguez Bouzada (modista) foi a muller invitada para falar do seu traballo. Previamente visualizouse unha entrevista feita por Fernando Búa (alumno de 1ºESO) á súa avoa (Peregrina (Gina) Bouzada Montes), unha costureira das de antes, e nai da invitada (Marisé). A entrevista (audio) pode escoitarse na páxina web do centro, e pode lerse na revista escolar. É de destacar a calidade humana e profesional de Gina. Merece a pena escoitala.

Fíxose unha exposición fotográfica amosando a mulleres de familiares dos membros da comunidade escolar en diferentes actividades laborais.

Tamén se realizou unha enquisa sobre os traballos das mulleres da nosa comarca nos últimos 100 anos. Para iso requeriuse a participación de todo o alumnado do centro. Analizáronse preto de 300 enquisas con case 1000 datos. A análise e interpretación das enquisas pode lerse nun excelente artigo escrito pola profesora Moncha Neira, de Lingua Galega, e publicado na revista escolar.Este argigo será subido proximamente á páxina web. A xeito de resumo amósase o seguinte gráfico.

Page 16: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

16

ACTIVIDADE 10: Semana cultural

1 Contorno

2 Profesorado

3 Alumnado

4 Centro

Semana cultural X X X X

Temporización Estado actual Departamentos implicados

Importe gasto Material

23-27 de marzo Realizado Todos

1000 € Obradoiros, autocares-transporte

Trátase dunha actividade interdisciplinar na que participaron tódolos departamentos. O Departamento de Dinamización implicouse no fomento da realización de cartaces en galego.

Page 17: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

17

Pode verse máis información na páxina web e na revista escolar.

ACTIVIDADE 11: Celebración do X Certame Literario

1 Contorno

2 Profesorado

3 Alumnado

4 Centro

Celebración do X Certame Literario X X X X

Temporización Estado actual Departamentos implicados

Importe gasto Material

Pendente de decidir

Realizado Dinamización Lingua Galega

600 € Autocares-transporte, tóner, fotocopias, papel.

No certame literario, ademais do alumnado propio do noso centro, participou tamén alumnado do Colexio Plurilingüe Abrente, CEIP Nantes, CEIP Portonovo e CEIP Florida.

Page 18: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

18

Page 19: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

19

ACTIVIDADE 12: Día das Letras Galegas

1 Contorno

2 Profesorado

3 Alumnado

4 Centro

Día das Letras Galegas X X X X

Temporización Estado actual Departamentos implicados

Importe gasto Material

15 de maio (pendende de confirmar)

Realizado Dinamización Lingua Galega Extraescolares

200 € Material de oficina

Conmemorouse o Día das Letras Galegas facendo unha homenaxe a Filgueira Valverde. Fíxose unha exposición de cartaces do homenaxeado e o alumnado traballou coas Unidades Didácticas. A maiores, o instituto convertiuse nunha “cidade las letras galegas” con Rúas, Ruelas, Prazas, e Casas. As Rúas (corredores) facían referencia a diferentes etapas na historia da Lingua Galega, e as Casas (aulas) homenaxeaban a unha selección de autores galegos.

Page 20: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

20

Unha vez asignadas as Rúas coas Casas, os departamentos de Lingua Galega, Extraescolares e Dinamización elaboraron máis de 20 fichas con actividades para que os alumnos (en parellas) tiveran que xogar a detectives e atopar certo autor, completar un texto dos que aparecían nos carteis das casas,… Todo isto estaba orientado a que os alumnos tiveran que percorrer a maior parte dos autores seleccionados e distribuídos por todo o centro. Participou nesta actividade todo o alumnado de 1º e 2º ESO (o alumnado de 3º e 4º ESO tiña actividades previstas fora do centro). Resultou unha actividade moi atractiva. Os carteis cos nomes das casas e rúas permaneceron no centro ata final de curso.

Page 21: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

21

Page 22: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

22

ACTIVIDADE 13: Revista Aquelar

1 Contorno

2 Profesorado

3 Alumnado

4 Centro

Revista Aquelar X X X X

Temporización Estado actual Departamentos implicados

Importe gasto Material

Todo o curso Realizado Dinamización Biblioteca Lingua Galega Tecnoloxía

1700 € Impresión da revista

Este ano editouse o número 14 da Revista do IES Sanxenxo. Trátase dun exemplar de 96 páxinas que se imprime e se entrega como agasallo a tódolos membros da comunidade escolar.

Page 23: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

23

ACTIVIDADE 14: Videoconferencia da presentación da película en lingua galega “A Esmorga”

1 Contorno

2 Profesorado

3 Alumnado

4 Centro

Videoconferencia presentación “A Esmorga”

X X

Temporización Estado actual Departamentos implicados

Importe gasto Material

19 de novembro Feito Dinamización Biblioteca Lingua Galega

0 €

O IES Sanxenxo participou, xunto con outros centros, na videoconferencia de presentación da película “A Esmorga”.

Page 24: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

24

ACTIVIDADE 15: Elaboración de carteis e anuncios a favor da Lingua Galega

1 Contorno

2 Profesorado

3 Alumnado

4 Centro

Elaboración de carteis e anuncios a favor do galego

X X X

Temporización Estado actual Departamentos implicados

Importe gasto Material

Todo o curso Realizado Dinamización Biblioteca Grupo de traballo (PFPP) Persoal de limpeza

40 € Cartolinas, tóner, papel, cola, pinceis, palillos…

No cartel amósase un caldeiro cheo de moléculas de auga feitas con papel de aluminio, palillos e cinta de cores. Un grupo de alumnos e alumnas de Recreos Alternativos construíu preto de 80 moléculas de H2O, aprenderon a composición, xeometría e propiedades da auga, así como o código de cores para representar os diferentes átomos que constitúen as moléculas. A interpretación da maqueta deixámoslla a aqueles que lean estas liñas (non queremos estragar a maxia dunha metáfora). Os que participamos na elaboración deste proxecto quedamos moi, moi satisfeitos. Debemos destacar especialmente a colaboración das señoras da limpeza, coidando a boa conservación da maqueta ó permitirnos crear un “charco” nun curruncho á entrada do centro. Estaba prevista a realización doutros carteis deste tipo, pero o inicio do segundo proxecto coincidiu coa data na que se nos comunicaba a denegación do diñeiro do proxecto de Dinamización. Desanimámonos totalmente e decidimos aparcar as ideas para mellores momentos.

Page 25: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

25

B.- DECISIÓN DO CENTRO EDUCATIVO RESPECTO DA LINGUA EN QUE SE IMPARTIRÁN AS MATERIAS

1º ESO

Castelán Galego Inglés Francés

Lingua Castelá (4h) Matemáticas (5h) EPV (2h) EF (2h)

Lingua Galega (4h) Bioloxía (4h) CCSS (3h) LEC (1h) Valores/Rel (1h)

Inglés (3h) 2º idioma (2h)

TOTAL 13 HORAS TOTAL 13 HORAS TOTAL 3 TOTAL 2 HORAS

2º ESO

Castelán Galego Inglés Francés

Lingua Castelá (3h) Matemáticas (4h) Tecnoloxías (3h) EF (2h) Rel/At. ed. (1h)

Lingua Galega (3h) CCNN (3h) CCSS (3h) E. Cidadanía (2h) Música (2h)

Inglés (3h) 2º idioma (2h)

TOTAL 13 HORAS TOTAL 13 HORAS TOTAL 3 TOTAL 2 HORAS

3ºESO

Castelán Galego Inglés Francés

Lingua Castelá (3h) Matemáticas (4h) Tecnoloxías (2h) Música (2h) EPV (2h) EF (2h)

Bioloxía (2h) CCSS (3h) Lingua Galega (3h) Obradoiro I.E. (2h) F.Q. (2h) CuCa (2h) Valores/Rel (1h)

Inglés (3h) 2º idioma (2h)

TOTAL 15 HORAS TOTAL 15 HORAS TOTAL 3 HORAS TOTAL 2 HORAS

4º ESO

Castelán Galego Inglés Francés

Lingua Castelá (3h) Matemáticas (3h) Música (3h) F/Q (3h) Plástica (3h) Tecnoloxía (3h) At. Ed. (1h)

Lingua Galega (3h) EF (2h) Bioloxía (3h) CCSS (3h) Ética (1h) Latín (3h) Informática (3h) Relixión (1h)

Inglés (3h) 2º idioma (3h)

TOTAL 19 HORAS TOTAL 19 HORAS TOTAL 3 HORAS TOTAL 3 HORAS

Page 26: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

26

En todos os cursos, fomentarase que na hora de titoría (non incluída no cómputo porque non é unha materia) se empregue a lingua galega por ser un momento idóneo para que os alumnos falen entre eles nun idioma que non teñen como lingua habitual de relación entre iguais. Igualmente, nas aulas de inglés, daráselle preferencia á lingua galega cando non sexan factibles as explicacións teóricas na lingua estranxeira .

C.-ACTIVIDADES DO EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PROPOSTAS PARA O CURSO 2015-16.

As actividades programadas polo Departamento de Dinamización estarán relacionadas

maioritariamente coa temática seleccionada este curso para a semana cultural, que leva por título

“A importancia do xogo na educación”. Entre as actividades previstas están as seguintes:

1º TRIMESTRE:

Club de lectura

Esta actividade que se comezará no primeiro trimestre, realizarase durante todo o curso.

Nesta actividade preténdese que os alumnos realicen a lectura dunha selección de textos en

galego. Posteriormente, cada dúas ou tres semanas realizarase unha reunión os martes entre as

xornadas de mañá e tarde para comentar a obra traballada. O obxectivo final será manter unha

charla-coloquio co autor ou autora da obra, para coñecelo persoalmente e facer unha posta en

común dos aspectos máis destacables da peza literaria.

Gaceta informativa do IES Sanxenxo.

Preténdese elaborar unha gaceta con información lúdica, social, científica e cultural sobre

aspectos relacionados coa vida do instituto. A extensión da gaceta sería dunha folla tamaño A3 e

tería periodicidade quincenal.

Premios Nobel (5-12 outubro).

Nesta actividade farase un seguimento do anuncio dos premios Nobel, cunha tradución ó

galego das mencións ós premiados.

Magosto e Samaín.

-Asaranse castañas.

-Farase un concurso gastronómico, outro de decoración de cabazas e outro literario.

-Farase un concurso de karaoke no que os alumnos participantes traducirán ou

versionarán en galego algunha das cancións máis coñecidas. Preténdese que teñan carácter

Page 27: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

27

humorístico e poden ir acompañadas de coreografías. O xurado terá en conta a orixinalidade da

letra, a coreografía e incluso o vestiario.

VII Día da ciencia en galego (data por determinar).

-Expoñeranse no taboleiro de Dinamización lingüística traballos de alumnos da ESO nos

que se mencionen achegas ou citas de científicos notables dos ámbitos de Matemáticas, Física,

Química, Bioloxía e Xeoloxía.

-Expoñeranse maquetas de experimentos científicos desenvolvidas por alumnos de

Recreos Alternativos, as realizadas por alumnos en cursos anteriores, ou incluso as realizadas por

profesores que queiran aportalas. Estas maquetas estarán relacionadas preferentemente co tema

da Semana Cultural deste curso académico (“A importancia do xogo na educación”), e irán

acompañadas dunha breve explicación en galego do seu funcionamento e da súa relevancia

científica.

Este proxecto pretende facerse en colaboración coa Biblioteca.

Día Internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro)

Aínda están sen fixar as actividades concretas.

Cine Musical.

-Esta actividade vai dirixida a alumnos/as de 3º e 4º ESO e levarase a cabo no mes de

decembro.

Panxoliñas no centro de Día.

Un grupo de alumnos preparará unha serie de pezas musicais (preferentemente

composicións galegas) que serán interpretadas no Centro de Día que existe a carón do noso

Instituto.

2º TRIMESTRE:

Día da non violencia escolar e da Paz (30 de xaneiro).

Farase unha actividade que involucre a todo o alumnado. O curso pasado realizouse un

lanzamento de globos con mensaxes de paz. A actividade deste curso está pendente de decidir.

Celebración do entroido.

Page 28: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

28

-Haberá baile e concurso de disfraces e tamén un concurso gastronómico. O tema deste

ano aínda está por concretar, pero estará relacionado co Proxecto Interdisciplinar adicado á “A

importancia do xogo na educación”.

-Farase un concurso de coplas de entroido que recitarán os alumnos e estará aberto a

tódolos cursos que queiran participar.

Día dos namorados (14 de febreiro):

-Realizarase un concurso de cantigas de amigo entre os alumnos, que deberán entregar

por escrito durante a semana anterior.

Día Internacional da Muller (8 de marzo):

-Lectura de textos coa muller como protagonista e exposición de traballados realizados

polos alumnos acerca de mulleres relacionadas coa cultura galega.

-Verase un vídeo no recreo relacionado coa polémica sobre o descubrimento da

estreptomicina e como a un dos descubridores (unha muller) se lle pide que renuncie ós dereitos

da patente por ser muller e estar predestinada a casarse e ter que deixar a investigación. Despois

de ver o vídeo establecerase un breve coloquio ó respecto. Esta celebración poderase relacionar

co día mundial da tuberculose (24 de marzo).

-Exposición de presentacións feitas por alumnos de 4º ESO sobre as achegas feitas por

mulleres científicas. Estas presentacións faranse para os alumnos de 1º ESO.

Día mundial da auga (22 de marzo):

-Tendo en conta a relación de Galicia coa auga, farase un concurso-exposición de fotos

relacionadas con Galicia e a auga en calquera das súas manifestacións ou estados (choiva, neve,

ríos, regatos,…). As fotos levarán un título-eslogan en galego e pretenderán concienciar da

necesidade de conservar un ben que para nós é relativamente abundante e saudable, pero que

non sucede o mesmo noutras partes do mundo.

3º TRIMESTRE

Celebración do XI certame literario :

A data está por determinar.

Celebración do día do libro:

Page 29: PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO PRO… · ACTIVIDADE 8: Entroido 1 Contorno 2 Profesorado 3 Alumnado 4 Centro Entroido X X X X Temporización Estado actual Departamentos implicados

29

Actividades pendentes de concretar.

Conmemoración do Día das Letras Galegas (17 de maio):

-Recitado de poemas ou textos breves de homenaxeados nas Letras Galegas.

-Exposición de cantigas ou historias de xente maior recompiladas polos alumnos. A

exposición será por escrito ou audiovisual segundo a información que poidan acadar os alumnos

de 4º ESO implicados.

Presentación de vídeos dobrados ó galego:

-Neste proxecto preténdese dobrar ó galego (voz e/ou subtítulos) diferentes vídeos de

características científicas ou literarias coa pretensión de difundir o galego como lingua de

comunicación artística e científica.

Semana cultural (14-18 de maio):

-Realización de talleres, conferencias, e actividades nas que se invitarán, entre outros, a

familiares do alumnado do centro.

Revista Aquelar.

-Incluirase na revista o material de mellor calidade realizado ó longo do curso.

Día da xente do mar (25 de xuño):

-Dado as características de vila mariñeira que ten Portonovo, e as influenzas tanto culturais

e económicas que vencellan Galicia ó mar e á xente que traballa nel, resulta preciso adicarlle un

tempo e un espazo no centro. Dado que o día previsto coincide co final de curso, poderá

adiantarse a celebración, na que se invitará a algún mariñeiro ou mariscadora (ou ambos a ser

posible) a darlles unha charla ós alumnos do centro, na que expliquen o seu traballo e o seu xeito

de vida. Daráselle preferencia a persoas que sexan familiares directos de alumnos do centro.