32
A gaceta do IES Puga Ramón promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística Galega e patrocinada polo Proxecto Lector CURSO 2010-2011 Nº 1

PUGA ZETA Nº1

Embed Size (px)

DESCRIPTION

A gaceta do IES "Puga Ramón" promovida polo Equipo de Dinamización Linguística

Citation preview

Page 1: PUGA ZETA Nº1

A gaceta do IES Puga Ramón promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística Galega e patrocinada polo Proxecto Lector

CURSO 2010-2011 Nº 1

Page 2: PUGA ZETA Nº1

BENVIDA

Os que chegaron novos .......................... 2

ACTIVIDADES

Magosto e Samaín .................................. 3

Teatro: Pelos na lingua .......................... 4

Correlingua .............................................. 5

Pugafeira ................................................. 6

Educación Plástica .................................. 7

Goalball .................................................... 8

Expomates ............................................... 9

Intercambio coa Bretaña francesa ... 10

Servizo de Mediación ...........................11

CERTAMES E CONCURSOS

Alumnado premiado .............................. 12

REPORTAXE

Inmigrantes .......................................... 15

A NOSA CULTURA

Os nosos instrumentos ....................... 20

Os nosos bichos ................................... 21

Homenaxeado 2011: Lois Pereiro ...... 22

CIENCIA E TECNOLOXÍA

Seguridade na rede ............................ 23

Marie Curie .......................................... 25

O radio .................................................. 26

PASATEMPOS ..................................... 27

DESPEDIDA

Os que marchan ................................... 29

A primeira vez que pensamos en facer esta pequena revista, non imaxinabamos todo o que se nos viña enriba: falta de experiencia, pouco tempo, e o peor…estabamos sen un peso. Pero tiñamos ao noso favor moita ilusión, ganas de traballar, a inestimable axuda de todos os que colaborastes con nós e os marabillosos cartiños que nos cedeu o Proxecto Lector.

Pouco a pouco o noso proxecto foise perfilando e aquí podedes ver o resultado. Sabemos que é mellorable pero dádenos tempo para os próximos números.

Queremos agradecer a axuda de todos os que quixestes darnos esta oportunidade, porque sen a vosa colaboración esta gaceta non estaría hoxe nas vosas mans.

Tamén esperamos que sigades a colaborar con nós nas vindeiras edicións que, de seguro, seguirán a este primeiro número.

Esperamos que vos guste!

O Equipo de Dinamización Lingüística Galega

1

Page 3: PUGA ZETA Nº1

2

Page 4: PUGA ZETA Nº1

Durante o mes de novembro celebramos estas dúas festas tradicionais; pasámolo moi ben, comimos castañas, disfrutamos de diferentes xogos e repartimos os premios do concurso de cabazas.

A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

Contan que unha vez chegaron a un río unha brasa de carbón, unha palla e unha castaña e non sabían como atravesalo.

A castaña, que era moi lista, propuxo que como a palla era quen de aboiar na auga podería achegalas á outra beira. Entón a palla levou primeiro á castaña e logo volveu buscar a brasa de carbón.

Pero, cando estaban na metade do río, a palla sentiu que se queimaba coa calor da brasa e case sen querer fixo un movemento brusco, e dunha sacudida tirouna á auga.

Cando a castaña viu aquilo, deulle un ataque de risa tan grande que rebentou.

A palla chegou completamente chamuscada, e a brasa apagada e chorreando. Aínda que estaban enfadadas coa castaña, cando viron que estaba esnaquizada, compadecéronse e foron buscar un xastre para que a remendara.Como o xastre só tiña un anaco de tea dunha cor máis clara que o da pel da castaña, púxolle un remendo desa cor.

É por iso polo que todas as castañas teñen un anaquiño de pel máis claro.

3

Page 5: PUGA ZETA Nº1

O concello convidounos a ver esta obra de teatro no Fórum, liamos aos alumnos de 3º da ESO e alá fomos…Encantounos! e de paso coñecimos a Avelino González “Miñato”, que nos adicou un saúdo. Non ter pelos na lingua significa expresar o que se pensa; polo tanto, o contrario, ter pelos na lingua, significa " ter un obstáculo" para a nosa expresión mediante a palabra. A obra teatral titulada "Pelos na lingua" dirixida por Avelino González (que destaca polo seu papel na serie da TVG, “Padre Casares”, facendo de Miñato), cóntanos a situación de diglosia entre o galego e o castelán que hai na sociedade galega. Esta representación teatral trata de amosarnos a visión que teñen moitos galegos da súa propia lingua. A obra toca moitos dos prexuizos que moitos galegos teñen cara á súa propia lingua, tales como " co galego non te entenden en ningunha parte", "falar galego é cousa de pailáns", "falar galego é cousa de vellos".... e outros moitos. Esta obra ensínanos que os falantes somos os únicos, que sentíndonos orgullosos da nosa lingua, podemos conseguir que o resto do mundo a trate con respecto. Desde o meu punto de vista é unha comedia espléndida, tanto polo seu guión coma polos actores do grupo teatral “Talía”. Rotundamente,eu recomendo a obra.

Diego López Pombo, 3º ESO A

4

Page 6: PUGA ZETA Nº1

.

O correlingua arrincou en Santiago de Compostela o 2 de maio e rematou o día 15 do mesmo mes en Ourense tras percorrer 15 localidades. O noso centro estivo representado por 4º da ESO. Reivindicamos a nosa lingua e pasámolo en grande pero se nos fixo curto de máis.

O pasado 4 de maio os alumnos de 4º da ESO participamos no CORRELINGUA. Para os que non saiban de que se trata dicirlles que é unha actividade lúdico educativa en defensa do galego. O lema da actividade deste ano foi “En galego sempre somos", sinalando a importancia da lingua como mellor vehículo de expresión da nosa identidade colectiva e xa que logo, como medio de unión entre as galegas e galegos. O punto de encontro cos rapaces dos outros centros da comarca de A Coruña foi en Riazor, para despois marchar cara a Torre de Hércules. Durante o percorrido fomos bailando e cantando ao son dun grupo que nos acompañou e animou a continuar camiñando. E logo, cando chegamos á Torre, a FESTA DA LINGUA continuou coa actuación dun mago, a lectura dos manifestos e o concerto dun grupo de rapaces.

Antía Campos Suárez, 4º ESO A

5

Page 7: PUGA ZETA Nº1

No curso 2010-11 levouse a cabo a I feira de libros, cómics, videoxogos e peliculas no instituto. Visto o éxito obtido, a Pugafeira seguirá facéndose, coa vosa colaboración, nos seguintes cursos. Na biblioteca do instituto, en diferentes días ao longo do ano, durante os dous recreos, toda a comunidade escolar ten a oportunidade de cambiar os seus libros, películas (orixinais), videoxogos e cómics usados por novos títulos. Cada participante recibirá un ticket por exemplar que poderá cambiar por outro libro, cómic ou película e os exemplares non escollidos por ninguén serán devoltos aos seus donos.

¡APROVEITA A OCASIÓN! ¡TROCA! ¡NON MERQUES!

ESPERAMOS AS VOSAS SUXESTIÓNS E, POR SUPOSTO, A VOSA COLABORACIÓN PARA

VINDEIRAS EDICIÓNS.

6

Page 8: PUGA ZETA Nº1

Co gallo do día internacional contra a violencia, os alumnos de 4º da ESO fixeron unha serie de debuxos, con texturas e cor, tras o análise de imaxes e textos atopados en internet, “contra o maltrato”. Para celebrar o día dos Dereitos Humanos, os alumnos de 1º da ESO, debuxaron ollos xigantes onde plasmaron as distintas situacións de maltrato e escravitude do século XXI, tentando facer reflexións para que o espectador se sensibilice con estas inxustizas.

Os alumnos de 1º da ESO argallaron con óvalos e ovoides e os transformaron en personaxes e obxectos recoñecibles. Velaquí os resultados.

Os alumnos de 1º de ESO A fixeron un corto para a Mostra de Cine Periférico A Coruña 2011.

7

Page 9: PUGA ZETA Nº1

Os alumnos de 1º e 2º da ESO asistiron a unha demostración no pabillón do instituto deste deporte. Foi unha xornada que resultou tremendamente interesante á vez que divertida.

O Goalball é o único deporte paralímpico creado específicamente para persoas cegas e deficientes visuais, no que participan dous equipos de tres xogadores cada un. Baséase principalmente no sentido auditivo para detectar a traxectoria da pelota no xogo (que leva cascabeis no seu interior) e require, ademais, unha gran capacidade espacial para saber estar situado en cada momento no lugar máis apropiado, coa finalidade de coller ou lanzar a pelota.

Durante o partido, de 20 minutos totais de duración, cada equipo se sitúa nun lado da pista, xunto á portería. O obxectivo é, mediante o lanzamento coa man do balón, introducilo na portería do equipo rival. Calquera dos tres membros do equipo intentará que o balón non entre na portería. Todos os xogadores levan antifaces opacos para igualar a visibilidade de todos os participantes.

8

Page 10: PUGA ZETA Nº1

Os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO prepararon unha exposición para celebrar o Día Escolar das Matemáticas o 12 de maio. Unha exposición que, este ano máis que nunca é obra do noso alumnado. Bo traballo, rapaces..

Trátase dunha selección de selos emitidos por diversos países do mundo nos que aparecen personaxes ou contidos relacionados coas Matemáticas.

Os alumnos aportaron tamén unha folla de cálculo na que se reflicten os principais datos relativos aos países correspondentes e un panel onde se recollen biografías, anécdotas, curiosidades ou explicacións sinxelas sobre a personaxe ou sobre o concepto matemático que figura no correspondente selo.

9

Page 11: PUGA ZETA Nº1

C’est le deuxième voyage que je fais avec mes camarades en France. Nous avons visité Paris et nous avons aussi visité Vannes, c’est une très jolie ville. Cette année, nous n’avons pas visité le conseil de la ville parce Monsieur le Maire ne pouvait pas nous recevoir. Mon correspondant m’a fait visiter beaucoup d’endroits; la ville, le port, la plage…on s’entendait super bien. Nous sommes aussi allés à Quiberon et à Quimper. Il faisait très chaud là-bas. Le voyage à Paris a été très amusant mais le trajet en bus a été trop long. Nous avons visité la tour Eiffel, les Champs Elysées, Disney Land, Le musée du Louvre… La nuit à Paris est magnifique, c’est quelque chose d’impressionnant. Nous sommes aussi allés au Quartier Latin, c’est très grand et mouvementé. Ce voyage a été très amusant. On a bien rigolé et j´ai appris beaucoup de choses.

Iván Raña, Anais Pereiro e Fany Vázquez, 4º ESO

Todos os anos, algúns alumnos de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato, fan un intercambio a Francia con alumnos do Lyceé Saint François Xavier de Vannes, na Bretaña. Primeiro pasamos uns días en Vannes, na vila onde se atopa o Lyceé e despois vamos hacia París para pasar uns días incribles visitando a cidade, os seus fermosos monumentos e vivindo experiencias inesquecibles. Vannes é unha vila pesqueira moi bonita, que nos namorou a todos nada máis chegar. Acolleron moi ben a todos os alumnos españois, e nas clases tratáronnos como a un alumno francés máis. Iamos a clase cos nosos correspondentes e cando estas remataban saiamos todos os españois xuntos cos nosos correspondentes a pasar unha boa tarde no porto de Vannes. As familias tamén nos trataron moi ben. O fin de semana pasámolo con eles, coñecéndoos máis e falando para mellorar o noso francés. Visitamos Quimper, La Trinitaine, Quiberon, Rennes e Dinan; todas elas cidades moi bonitas e con moito encanto. Pasamos 5 días en familia e despois saímos cara París, onde pasamos 3 días impresionantes. Fomos á Torre Eiffel, ó Louvre, paseamos en barco polo Sena e fomos a Disneyland. Foi un gran intercambio. Chaque année, quelques élèves de 3º et 4º année de l’ESO et de 1º année du Bac, font un échange avec un lycée français, le Lycée Saint François-Xavier de Vannes, en Bretagne. L’échange est divisé en deux parties : d'abord nous passons quelques jours à Vannes, c’est la ville où est le lycée et après nous allons à Paris pour passer quelques jours incroyables en visitant la ville, ses jolis monuments et en vivant des expériences inoubliables. Vannes est une très jolie ville de pêcheurs, qui nous a conquis dès notre arrivée. Ils nous ont très bien accueillis, et dans les classes ils nous ont traités comme des élèves français. Nous sommes allés dans une classe avec nos correspondants et à la fin des cours, les Espagnols et les français allaient sur le port pour passer l’après-midi ensemble. Les familles nous ont aussi très bien traités. Le week-end nous le passons en famille, en les connaissant et en améliorant notre français. Nous visitons Quimper, La Trinitaine, Quiberon, Rennes et Dinan, toutes des villes très jolies et avec beaucoup de charme. Nous avons passé une semaine en famille et après nous sommes allés à Paris, où nous avons passé trois jours impressionnants. Nous avons visité la Tour Eiffel, le Louvre, la Seine en bateau mouche, et nous sommes allés à Disneyland. Ça a été un grand échange.

10

Page 12: PUGA ZETA Nº1

O servizo de mediación está integrado por alumnas, alumnos, profesoras e profesores, adicándose estes últimos a tarefas de coordinación e asesoramento. Desde aquí, quérenvos convidar á súa aula.

Somos 13 alumnos do instituto que, durante a nosa permanencia no Centro, decidimos colaborar na mellora da convivencia, intentando resolver conflitos que requiran da nosa mediación.

Neste curso organizamos unhas “XORNADAS SOBRE MEDIACIÓN DIALOGADA”, onde nos ensinaron estratexias de actuación para mediar nos conflitos. Tamén repartimos premios cos logotipos e os slogans.

Esperamos as vosas ideas e suxestións. Tamén podedes contar connosco para axudarvos a resover os problemiñas que poidan aparecer, xa sabedes que falando se entende a xente.

11

Page 13: PUGA ZETA Nº1

Aquí vos deixamos a relación dos gañadores de varios dos concursos que se celebraron este curso tanto no noso instituto coma fóra del. Noraboa a todos.

CONCURSO DE LECTURA organizado polo Proxecto Lector:

1º PREMIO: Adrián Martelo Martínez e José Manuel Pérez Pereira (1º ESO C) 2º PREMIO: Jeniffer Pereyra Príncipe (1º ESO A) 3º PREMIO: Duarte Oliveira Gómez (1º ESO C)

CONCURSO DE CARTAS DE SAN VALENTÍN organizado polo Proxecto Lector: 1º CICLO (1º e 2º DE ESO): 1º PREMIO: Laura García Pereiro (2º ESO A) 2º PREMIO: Alberto Fachado Baña (1º ESO C) 2º CICLO DE ESO E BACHARELATO: 1º PREMIO: Macarena López Mazzeo (1º BAC A)

CONCURSO DE POSTAIS DE SAN VALENTÍN organizado polo Proxecto Lector:

1º CICLO (1º e 2º DE ESO): 1º PREMIO: Jeniffer Pereyra Príncipe (1º ESO A) 2º PREMIO: Lucía Lesta Mellid (1º ESO A)

CONCURSO DE LOGOTIPOS PARA A BIBLIOTECA 1º PREMIO: Tatiana López Pombo (3º ESO A) 2º PREMIO: Claudia Otero Domínguez (4º ESO A) e Adrián Martelo Martínez (1º ESO C)

12

Page 14: PUGA ZETA Nº1

PREMIO “ATRÉVETE” do Concello de A Coruña para a difusión da cultura emprendedora PROXECTO GAÑADOR: “GALICIA SOBRE RUEDAS” Iván Espárrago Álvarez, Nicolás Sante Muñíz, Cristina Lameiro Alba, Sara Díaz Blanco e Pablo Morales Zas (3º ESO B) Podedes consultar o seu proxecto en: www.wix.com/galiciasobreruedas/galiciasobreruedas

CONCURSO “A QUÍMICA A TRAVÉS DO CÓMIC” organizado polo Colexio de Químicos de Galicia Claudia Otero Domínguez (4º ESO A): mes de setembro e mellor viñeta da ESO Esther Gómez Area: mes de marzo

CONCURSO “QUÍMICOS ILUSTRES”

1º PREMIO: Laura Rey Fernández (2º BAC A) e Alba Bérmúdez Pazos (1º BAC A) 2º PREMIO: Alejandra Fernández García (1º BAC A) 3º premio: Silvia Corral Mato (2º BAC B) Accésit: Maeve Soto Pérez (2º BAC A)

CONCURSO “SOMOS QUÍMICA PURA”

Accésits: Celia Barros García e Lara Fernández (2º ESO C)

13

Page 15: PUGA ZETA Nº1

CONCURSO DE CÓMIC “CONCILIAS” da Deputación de A Coruña

2º premio: Andrea Ponte (4º ESO B)

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO

1º premio: Alejandro Torrecilla (3º ESO C)

Accésit: Adrián Ferreira (3º ESO C)

CONCURSO DE LOGOTIPOS PARA MEDIACIÓN

1º PREMIO: Jennifer Pereyra Príncipe (1º ESO A) 2º PREMIO: Lucía Lesta Mellid (1º ESO A) 3º premio: Anais Pereiro (4º ESO B), Alexandre Picón (2º BAC C), Alejandro Matos e Luis Miguel Balseiro (3º ESO C)

CONCURSO DE LOGOTIPOS PARA DINAMIZACIÓN

1º PREMIO: Jennifer Pereyra Príncipe (1º ESO A)

CONCURSO CABAZAS organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística Galega

1º PREMIO: Paula Souto Cores (1º ESO B) 2º PREMIO: David Becerra López (1º ESO C) 3º premio: Martín Reino Doval (1º ESO C)

14

Page 16: PUGA ZETA Nº1

NOME: Xoán Vázquez

IDADE: 20 anos

TIPO DE SITUACIÓN: inmigrante legal.

Este relato que vou contar ocorreu tempo atrás, cara ao ano 1960. Xoán casou dous anos antes de marchar a Suíza. Medio ano despois deixou a súa cidade natal mentres a súa muller coidaba dos seus fillos. Traballou de albanel nunha empresa de Lausanne e mandaba diñeiro mensualmente á Coruña, xa que a súa muller non traballaba.

A súa viaxe foi dura e longa. Viaxou en tren ata Lausanne: A Coruña-Barcelona-Toulouse-Lyon-Lausanne. Xoán chegou a Lausanne dúas semanas despois de saír da Coruña nunhas condicións non moi boas: roubáronlle as maletas no tren en que viaxaba, estaba canso e desfeito por non poder estar coa súa familia. Non lle custou moito atopar traballo xa que o tío da prima do seu mellor amigo, que emigrara a Suíza había xa moitos anos, coñecía á secretaria do dono dunha empresa de albaneis. Esta migración era temporal, só o debido tempo para gañar un diñeiro e despois poder volver coa súa familia e ter un mellor nivel de vida e económico. Atopou un pequeno apartamento

que pagaba a duras penas. A xente estaba contenta co traballo que realizaba Xoán e pouco a pouco pasou o tempo e Xoán comezou a aprender francés e ascender no mercado laboral, chegando a ser nomeado o vicepresidente da empresa na que

traballaba. Pasou de case non poder pagar o seu apartamento a mercar un gran piso. Este suceso importante deulle unha volta á vida de Xoán e á da súa familia. Debido ao pouco diñeiro que gañaban na Coruña, Xoán decidiu que o mellor para el e para a súa familia era que quedaran a vivir en Suíza. No presente, Xoán e a súa muller, viven felices en Lausanne xunto cos seus fillos pero sempre co desexo de poder volver ver o mar da súa terra, A CORUÑA.

15

Page 17: PUGA ZETA Nº1

NOME: Constança Almeida

IDADE: 19 anos

TIPO DE SITUACIÓN: inmigrante ilegal

Constança acaba de cumprir os 19 anos e a súa familia está preparando unha viaxe que os vai a trasladar ata as Américas. A rapaza casou cun mozo algo maior ca ela e tiveron un fillo hai 3 anos. Constança está preocupada xa que a súa nai e o seu fillo quedarán en Maputo un tempo antes de ir a Brasil porque uns homes llo esixen. Dinlle que vai ir nun barco non moi grande cun camarote para ela soa, que non é moi espacioso pero que é suficiente para ela. En canto á comida, será baixa en calorías. O barco sairá dentro de 2 semanas e parará en Cidade do Cabo para coller a máis xente e levala ata Brasil. A sorpresa de Constança foi inesperada debido a que, efectivamente, o barco era pequeno pero en vez de levar persoas, transportaba droga; tiña un camarote reducido si, PORQUE ERA UNHA CAIXA!!! E a comida, completamente "baixa en calorías": NON LLE DABAN DE COMER!!! Despois de pasar uns días nestas condicións tan malas, chegaron a Brasil. Constança pensou que a súa tortura

xa rematara, pero a meteron nun camión con outras mulleres; As levaban a casas de "caciques brasileiros" para ser as súas escravas traballando nas súas terras día e noite. Ela tivo sorte, xa que conseguiu escapar e denunciou este problema. Hoxe en día

é unha famosa defensora dos dereitos dos inmigrantes e da muller, xa que tivo o valor de denunciar esta situación. Aínda que está moi orgullosa do que fixo, leva 15 anos sen ver ao seu fillo, por iso pregúntase se todo o que fixo é mais importante que ver como o seu neno se fai un home.

16

Page 18: PUGA ZETA Nº1

NOME: Dejan Banovic

IDADE: 25 anos

TIPO DE SITUACiÓN: refuxiado.

O que vou contar ocorreu, máis ou menos, cara ao ano 2000. O protagonista desta historia chámase Dejan, un home que vivía na rexión serbia de Kosovo. El nacera alí e criou a súa familia tamén en Kosovo. Dejan estaba traballando como limpabotas nas rúas do barrio onde vivía, e residía nunha casa moi pequena, que era o que se podía permitir pagar. Non tiña un nivel económico alto pero era quen de manter a súa familia. A xente apreciábao moito e un amigo conseguiulle un traballo mellor. Pero cando Dejan comezou a mellorar o seu nivel de vida, Kosovo quería ser independente, pero Serbia non o quixo permitir,por iso comezaron os bombardeos da OTAN. Desgraciadamente, unha das bombas alcanzou a súa casa e non lle quedou máis remedio que escapar cos seus parentes. Fuxiron a Albania, concretamente a un campo de refuxiados que había en Tirana. O ACNUR instaurou un campamento na capital de Albania, onde non só fuxiron Dejan e a súa familia:

veciños, amigos, etc. Chegaron ao campo de refuxiados facendo autostop, polo que chegar a Tirana levoulles un tempo. Viaxaron en camións, que a maioría das veces levaban animais. Xa no campo de refuxiados, tiñan unha tenda de campaña algo pequena pero podían

arranxarse. No campo de refuxiados tiñan como pasatempo xogar ao fútbol. Dejan xogara de pequeno pero o deixara. Entre os refuxiados había un olleador de fútbol, e gustoulle como xogaba. Este home tiña contactos e facilitoulle a fichaxe nun pequeno equipo coñecido. Dejan chegou a ser un gran xogador de fútbol. Hoxe en día, Dejan é unha especie de embaixador que traballa para ACNUR. É unha gran persoa e doa o seu soldo aos refuxiados. Tamén organiza partidos benéficos para a axuda destas persoas que necesitan asilo noutros países. En ocasións, o deporte é unha axuda para escapar de situacións que non son favorables e que, a maioría das veces, sempre rematan cun final feliz.

17

Page 19: PUGA ZETA Nº1

NOME: Afonso Lamas

IDADE: 40 anos

TIPO DE SITUACIÓN: exiliado.

Isto ocorreu 80 anos atrás. Afonso e mais os seus pais emigraron a Arxentina cando era pequeno, pero volveu tempo despois a Galicia. De cativo comezou a interesarse polo debuxo e pola lectura. Preto dos 20 anos, publicou o seu primeiro libro. Non tivo moita repercusión, por iso creou tiras cómicas e columnas para un periódico de Galicia durante un tempo, aínda que seguía escribindo libros. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, sen chegar a exercer o seu oficio. Unha obra que reclamaba os dereitos dos cidadáns da súa terra levouno ao éxito. Mentres estivo en Galicia despois de estudar a carreira residiu na Coruña. Alí formou parte dunha das Irmandades da Fala. Grazas a isto, formou parte do Partido Galeguista e foi un dos pioneiros do Estatuto de Galicia. Coa chegada da Guerra Civil, Afonso deixou de escribir durante un tempo para loitar coma o resto da xente. Foi unha figura do

bando que apoiaba á república. Coa chegada de Franco ao poder, o único que puido facer foi escapar do país. Chegou a Bos Aires en barco, nunhas boas condicións, xa que podía pagar a primeira clase. Xa na Arxentina, fundou un dos máis

famosos centros galegos do mundo, o de Bos Aires. Afonso, no exilio non deixou de escribir e protestar polo que lle pertencía a Galicia. Foi o mellor amigo de Castelao en Arxentina. Aínda que xuntos loitaron por Galicia, xuntos tamén desexaron volver a Galicia, un desexo que de vivos, non conseguiron cumprir.

18

Page 20: PUGA ZETA Nº1

NOME: Adze Ngo

IDADE: 15 anos

TIPO DE SITUACiÓN: inmigrante forzoso.

Camerún, 1750. Nos bosques de Yaounde reina a tranquilidade, pero non por moito tempo. Adze, coma tódolos días, está recollendo uns amorodos. De súpeto, escoita movemento tras os arbustos. Non lle dá importancia, sempre hai animais merodeando entre a vexetación. Algo se abalanza sobre Adze. O noso protagonista intenta escapar pero recibe un forte golpe na cabeza. Abre os ollos. Intenta moverse. Algo llo impide. Mira ao seu redor. Centos de nenos están amontoados en filas. Detrás da súa cabeza hai un burato. Vese o mar. Escóitanse voces. Un home os vixía. Pasan varios días. Os nenos non proban bocado. O home que os vixía os saca do lugar onde estaban. Viaxaran nun barco. O novo lugar onde Adze chega é precioso. Encántalle. Non sabe o que lle espera. Unha serie de homes levan aos nenos a unha gran mansión. Ían ir traballar para un home que traballaba co algodón. Miles de nenos

traballan nuns inmensos terreos cheos de algodón. Adze traballa de sol a sol sen descanso. O seu "amo" está moi contento polo traballo que fai Adze día a día. Pasa o tempo. O neno que xa non é tan neno sería un dos mellores escravos que tiña o seu "dono". Co

tempo, Adze Ngo xa deixaría de ser Adze Ngo, pasaría a ser John Orleans. Isto débese porque, grazas a isto, conseguiría a cidadanía estadounidense.

John conseguiu integrarse na sociedade e traballar como albanel na construción das casas das persoas de clases baixas sen recursos. A súa axuda foi moi valiosa, como un sabor doce para o padal, ese sabor doce que deixaban os amorodos que el tomaba en Camerún.

Diego López Pombo, 3º ESO A

19

Page 21: PUGA ZETA Nº1

A gaita é un instrumento de vento que consiste nun tubo preformado (punteiro), provisto de cana e inserido dentro dun odre, que é a reserva de aire. O aire entra no odre (fol) a través dun segundo tubo, que ten unha válvula que impide a saída do aire provisto polos pulmóns do gaiteiro. Este comprime co seu brazo o odre para manter a saída de aire con son (tempero).

As gaitas adoitan dividirse en dous grandes grupos, segundo a morfoloxía básica do punteiro melódico, cilíndrico ou cónico, e o tipo de cana ou lingüeta vibrante que produce o son, que pode ser simple ou dobre. Estas diferenzas son realmente importantes pois representan dúas maneiras moi distintas da produción e modulación do son.

Non se sabe exactamente cando apareceu a gaita, aínda que se conservan pinturas e gravados do Antigo Exipto nas que se representan a músicos tocando un instrumento moi semellante á gaita actual. Os antigos gregos coñecían a gaita (askaulos) e entre os antigos romanos a gaita (tibia utricularis) era o instrumento da infantaría romana, que tamén tocaba o emperador Nerón.

A gaita non só existe nos países celtas, senón que a súa área de expansión abrangue gran parte de Europa e mesmo chega a África e Asia. Os investigadores sitúan a súa orixe nas frautas, ás cales se lles engadiu un fol (bolsa de aire) para aliviar o esforzo pulmonar do músico, conseguindo ao mesmo tempo un son continuo e ininterrompido.

Parece ser que en Galicia xa había gaitas seis séculos antes de Cristo. Segundo algúns historiadores, os beneditinos empregaban a gaita nas igrexas rurais substituíndo ao órgano e os gaiteiros usábana para facer fortuna no estranxeiro. Galicia foi o centro de gaitas máis importante de Europa na Idade Media debido á chegada incesante de peregrinos a Santiago de Compostela, unha das capitais espirituais do Cristianismo. A gaita tamén era un instrumento empregado pola alta sociedade, tal e como se pode comprobar nas miniaturas que ilustran as Cantigas de Santa Maria de Alfonso X o Sabio.

Lucía Lesta Mellid e Jeniffer Dayane Pereyra Príncipe, 1ºESO A

20

Page 22: PUGA ZETA Nº1

Cada vez son máis as especies que viven ameazadas ou que se atopan en perigo de extinción. Este é o caso da píntega rabilonga, unha especie autóctona de Galicia.

NOME COMÚN: Saramaganta galega, salamántiga rabilonga, píntega rabilonga.

NOME CIENTÍFICO: Chioglossa lusitanica

GRUPO: Anfibios.

MORFOLOXÍA: Cabeza pequena, morro arredondado e ollos moi grandes e saltóns. Corpo estreito e alongado, patas moi pequenas (con catro dedos nas dianteiras e cinco nas traseiras). Mide entre 12 e 14 cm, dos que dous tercios corresponden á cola. Pel lisa e de cor castaña, ten dúas liñas douradas lonxitudinais que lle recorren todo o lombo e que se unen nunha soa cando chegan á cola. DIETA: Come presas moi pequenas que captura coa lingua: arañas, moscas, mosquitos (os seus preferidos), larvas de insectos, escaravellos e ourugas de mariposa.

REPRODUCIÓN: A femia fai as postas no verán por necesitar temperaturas altas e abundante humidade para reproducirse. Aparéase en terra ou en augas superficiais e pon de 12 a 17 ovos que esconde en furados fondos.

CURIOSIDADES: É un animal de vida nocturna. A cola sérvelle para acumular reservas (o seu grosor varía ao longo do ano) e para distraer aos inimigos (despréndese dela cando se sinte en perigo). As femias que perderon o rabo non poden reproducirse ata que o rexeneren.

HÁBITAT: Vive en pequenos cursos de auga con corrente feble, con vexetación de brións e fentos. Non adoita habitar a máis de 1.000 m de altitude e tamén é pouco frecuente en piñeirais, eucaliptais e toxais.

DISTRIBUCIÓN XEOGRÁFICA: Especie endémica de Galicia (excepto no SE de Ourense), Asturias e norte de Portugal.

VULNERABILIDADE: Especie considerada vulnerable (en perigo) polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas e pola Lista Vermella da IUCN.

CAUSAS DE PERIGO DE EXTINCIÓN: A súa mortalidade está producida principalmente por causas humanas (contaminación dos ríos, talas masivas dos bosques, seca de regatos, pressenza de minicentrais nos ríos…). Tamén ten depredadores (lontra, armiño, píntega común, cobra de río…) PLANS DE RECUPERACIÓN: Está protexida polo convenio de Berna e en Portugal polo Proxecto Life. Este ano a Consellería de Medio Ambiente detivo a construción dunha estrada por atopar unha colonia destes animais.

21

Page 23: PUGA ZETA Nº1

Lois Sánchez Pereiro naceu en Monforte de Lemos en 1958.

Con dezasete anos marchou co seu irmán a Madrid, onde realizou estudos de tradución.

En Madrid, colaborou con Manolo Rivas, Antón Patiño e Xavier Seoane na publicación de Loia, da que só se publicaron catro números.

A principios dos oitenta regresou á cidade de A Coruña onde exerce de xornalista ao tempo que se integrou no colectivo De amor e desamor. Tamén deixou constancia das súas publicacións na revista Luzes de Galiza.

En 1991 apareceu a primeira das súas dúas únicas obras publicadas en vida Poemas.

En 1995 editouse Poesía última de amor e enfermidade.

Ademais Lois Pereiro púxolle letra ás melodías do grupo punk Radio Océano, que o seu irmán lideraba.

O 17 de maio de 1996 faleceu en A Coruña, enfermo de sida debido á súa adición á heroína e vítima dun envenenamento por aceite de colza adulterado. Curiosamente este mesmo día coñeceuse a sentenza deste proceso.

Ese mesmo ano o seu irmán, Xosé Manuel, fixo que saíra á luz Poemas para unha Loia, e dun ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia a partir das composicións da época madrileña de Lois, e xa publicadas na revista Loia.

Tamén deixou oito capítulos dunha novela inacabada, Náufragos do paradiso, publicados na revista que fora dirixida por Manolo Rivas, Luces de Galiza.

Jeniffer Dayane Pereyra Principe e Pablo Penela Alarcón, 1º ESO A

22

Page 24: PUGA ZETA Nº1

Os alumnos de Informática de 4º da ESO asistiron a unhas xornadas de Seguridade na rede da man do seu profesor. Aquí quedan algúns consellos sobre o uso das redes sociais.

Déixame adiviñar. Ti es usuari@ de polo menos unha rede social. Conectas como mínimo unha vez a semana e revisas as mensaxes. Ademais sobes fotos e comentas as dos teus contactos. As redes socias están dando moito de falar, moitas das veces para ben, pero as veces saen noticias negativas. Do mesmo xeito que cando estás fora da casa non lle das as túas cousas a descoñecidos, é moi importante que tomes precaucións para non deixar os teus datos ao alcance de calquera.Pero para tomar precaucións, antes debes saber cales son os riscos a evitar. Fagamos un resumo dos mais importantes:

A pesar que non teñas ningunha conta, pode haber alguén suplantándote (e típico facerse pasar por un famoso para cometer fraude).

Poden conseguir o teu contrasinal. A partir dela poden cambiala e apoderarse da conta e os teus datos e contactos.

Lee todas as condicións cando te das de alta. Por exemplo, é común que os teus contidos publicados pasen a pertencer os propietarios da rede.

Ten en conta que para servidores no estranxeiro aplícase a lei do país correspondente.

Revisa a configuración para asegurarte de que contidos son públicos ou privados.

Coidado cas herdanzas nas propiedades do publicado (o que ve o amigo do amigo do amigo do amigo …).

No teu perfil pode haber datos importantes que permiten chegar ata a porta da túa casa. Revisa a súa publicidade.

Comproba o custo do servizo. Por exemplo en Facebook© o alta é gratis, pero a baixa non.

Comproba que podes borrar os contidos que xa non queres na rede. Exemplo: en moitas redes ocultan os ficheiros cando pensas que os borras. Para borralos de verdade tes que pagar.

Ter en conta que todo o que sobes a rede en certo modo xa non é privado.

Tes as mesmas responsabilidades na rede que na realidade, polo que podes denunciar e ser denunciado. Exemplo: podes ter problemas por subir unha foto na que sae alguén sen permiso, por difamar, …

23

Page 25: PUGA ZETA Nº1

Unha vez vistos os perigos, é o momento de tomar precaucións:

Ler detidamente todas as condicións da alta

Permitir o acceso so a contactos directos.

Evitar datos concretos.

Non facer caso a sistemas de promoción: puntos, premios, ...

Deixar coma privados os datos do teu perfil.

Cambiar con frecuencia o contrasinal. Ademais non debe ser demasiado sinxelo.

Asegurarte de que nas túas fotos non saen terceiras persoas.

Non subir fotos das que te poidas arrepentir no futuro, por distante que o vexas.

Dar preferencia a servizos nacionais que obedezan a leis españolas (tipo Tuenti©) fronte a estranxeiras (tipo Facebook©), nas que é mais difícil intervir.

Non adicarlle demasiado tempo. A auténtica vida social está fora da rede.

Tapa ou desconecta a cámara web se a tes. Tamén o micrófono.

Aínda tomando precaucións podes ter algún problema ou coñecer a alguén que o teña. Isto pode axudarte:

Pedir asesoramento os teus pais canto antes, ou ao propio centro.

Se suplantan a túa identidade podes recuperala reclamando. Este proceso é mais lento e difícil nas páxinas aloxadas no estranxeiro.

Se sofres difamación podes reclamar e incluso pedir compensación ou a toma de medidas contra a orixe da difamación.

Lembra que é posible que se atopas unha foto túa colgada sen permiso pode ser por algún dos teus contactos. Non saques conclusións rápidas.

24

Page 26: PUGA ZETA Nº1

Marie Curie foi unha muller pioneira no campo da radioactividade. Tamén foi a primeira persoa que recibiu dous premios Nobel e a primeira profesora daa Universidade de París. Este ano cúmprese o centenario do outorgamento do seu Premio Nobel de Química científica .

Marja Skłodowska naceu o 7 de novembro de 1867 en Varsovia, onde viviu ata os 24 anos, que se trasladou a París.

En 1893 licenciouse en física como número un da súa promoción. Ao ano seguinte tamén se licenciou en matemáticas, sendo a segunda da súa promoción.

Casou co físico francés Pierre Curie e foi nai de Ève Curie e de Irène Joliot-Curie (que tamén gañou o Premio Nobel, xunto co seu marido Frédéric Joliot-Curie).

En 1903 recibiu o Premio Nobel de Física en recoñecemento aos seus extraordinarios traballos sobre os fenómenos radiactivos.

Marie e Pierre estudaron a pecblenda, que tiña a curiosa propiedade de ser máis radioactiva que o uranio que se extraía dela. A explicación lóxica foi supoñer que contiña anacos dalgún elemento moito máis radioactivo que o uranio.

Tamén descubriron que o torio podía producir radioactividade. Tras varios anos de traballo constante, a través da concentración de varias clases de pechblenda, illaron dous novos elementos quimicos. O primeiro foi nomeado como polonio en referencia ao seu país nativo e o segundo radio debido á súa intensa radioactividade.

En 1911 recibiu o Premio Nobel de Química polo descubrimento dos elementos radio e polonio e o illamento do radio.

Marie Curie morreu en 1934 despois de quedar cega, a consecuencia das radiacións ás que estivo exposta polos seus traballos.

Bárbara Fernández López (1º BAC A)

25

Page 27: PUGA ZETA Nº1

O Radio está presente de forma natural no medio ambiente en cantidades moi pequenas. Os niveis deste elemento no noso entorno poden incrementar como resultado das actividades humanas; así liberamos Radio ao medio ambiente cando queimamos carbón e outros combustibles.

Hoxe en día temos suficiente información sobre este elemento e sobre a súa manipulación, pero durante anos estivo considerado coma un sinónimo de progreso e foi manipulado sen ningún tipo de precaución ata que se descubriu que a exposición prolongada a él provocaba serios danos á saúde.

O radio é un elemento químico da táboa periódica. O seu símbolo é Ra e o seu número atómico, 88.

CARACTERÍSTICAS:

É de cor branco, pero ennegrécese coa exposición ao aire.

Coñécense 13 isótopos (catro naturais e 9 artificiais). O máis importante é o Ra-226 que ten un período de semidesintegración de 1602 anos.

É un elemento moi radioactivo, un millón de veces máis ca o Uranio.

É luminescente e da unha cor azul pálida.

As exposicións a altos niveis deste metal poden causar fractura de dentes, anemia e cataratas. Cando a exposición é moi prolongada pode causar cancro e incluso a morte.

É asimilado como calcio polo noso corpo e depositado nos ósos, onde a radiactividade degrada a médula ósea e pode facer mutar as células.

APLICACIÓNS:

Hai moitos anos usábase nas pinturas luminiscentes para facer reloxos. Máis de cen pintores morreron a causa da radiación.

Úsase mesturado co berílio como fonte de neutróns .

O cloruro de radio úsase en mediciña para tratar certos tipos de cancro.

A unidade de radioactividade o curio esta baseado na radioactividade do radio-226

O radio emprégouse nos anos 30 na medina e tamen se mezclaba con pastas dentales, chicles, cremas y una infinidad de cosas más.

HISTORIA:

1898: Marie Curie e o seu marido Pierre descubren o radio. Atópano nunha variedade da uraninita do norte de Bohemia.

1902: Marie Curie e André Debierne aislan o elemento mediante un proceso de electrólise.

1936: prepárase sintéticamente o radio E. É o primeiro elemento radiactivo que se consegue nun laboratorio.

Christian Grille Blanco, 3º ESO C

26

Page 28: PUGA ZETA Nº1

AS OITO DIFERENZAS

SOPA DE LETRAS: Atopa o nome de sete autores aos que se lles adicou o Día das Letras Galegas.

O U G M I J S A P L V S L R O P X S P L T V T T B L P U I R T I N V I C E N T E R I S C O S O B L S P M S L P P Ñ V D S C N C V T S B D L V S E Ñ C A V O U A V M C R Ñ M T I S V L F V R B S O T M M O L R D F I Z O R H E T S V S D T O T N A E N O L H R E S S N S C M O V M E S L I M V L V L H V Ñ K S K Y V B M S T O A R L N O R P O R S T F Z V P T O M T D S L T A T C Ñ S B T S N Q V D C Ñ L O I S P E R E I R O U M T R

27

Page 29: PUGA ZETA Nº1

ENCRUCILLADO

4↓ 1↓

1→

3→ 3↓

2↓

4→

5↓

5→

2→

Horizontais:

1. Astro mais importante do noso sistema solar.

2. Que non para quieto.

3. Regordecho, robusto.

4. Árbore de madeira dura e folla perenne.

5. Animal autóctono galego que vive nos ríos e que se atopa en perigo de extinción.

Verticais:

1. Actor galego gañador de tres “Premios Goya”.

2. Chuvia en forma de xeo.

3. Río pequeno e pouco caudaloso.

4. Verdura para facer o caldo galego.

5. Aldea de Pontevedra a onde asisten os fieis en peregrinación para ver á Virxe.

Ana López Arcay, Jeniffer Dayane Pereyra Principe, Pablo Fonte González e Pablo Penela Alarcón.

28

Page 30: PUGA ZETA Nº1

O 20 de maio celebramos a festa de graduación dos alumnos de 2º de Bacharelato. Deixámosvos aquí un fragmento do seu discurso de despedida. É difícil relatar en poucas palabras o noso paso polo instituto e expresar as vivencias de seis anos nunhas liñas. A nosa historia, a historia de 64 mozos, comeza unha mañá o 21 de setembro do 2005. Cada un de nós chegabamos cheos de temores pero ilusionados, pois comezábamos unha nova etapa nas nosas vidas. No salón de actos, o momento máis tenso, fomos chamados e distribuídos cada un á súa respectiva clase, onde comezaría o noso primeiro día, o primeiro día dos nosos seguintes seis anos. Os días pasaron e os compañeiros, profesores, corredores e aulas que nos eran descoñecidos convertíronse en habituais, comúns e familiares. Sen sabelo, fóronse creando vínculos, que co paso dos anos se convertiron en fortes e imprescindibles. (…) Se temos que facer balance destes 6 anos, sen dúbida quedámonos cos nosos 64 compañeiros e todos os que nos foron deixando polo camiño. Moitas grazas, mozos, porque a pesar de ser tantos e tan diferentes soubemos comprendernos e convivir xuntos. Sempre recordaremos bos momentos coma a nosa festa de carnaval, os días previos á súa preparación, todas as excursións que fixemos, resaltando Salou, Andalucía e os intercambios a Francia e, en xeral, o día a día. Obviamente, non todo foi un camiño de rosas e chegar ata aquí tamén tivo o seu esforzo pero esta é a nosa recompensa, a nosa festa, porque nola merecemos. Polo tanto, poñemos fin a este discurso dando grazas aos profesores, por saber ensinarnos pero, sobre todo, por ternos axudado, comprendido, soportado; en definitiva, por ser para nós, ademais de profesores, persoas que contribuíron a que chegaramos ata aquí. Desexamos que garden un grato recordo da nosa xeración e pedimos disculpas por se nalgún momento non nos comportamos correctamente. Tamén queremos dar unha vez máis as grazas aos nosos compañeiros, porque somos moi afortunadas de habelos coñecido e estamos moi orgullosas deles. Esperamos e desexamos que isto non remate aquí, que o día de hoxe non sexa un adeus e tan só un ata logo. Moitas grazas.

Rocío Balseiro e Maeve Soto, 2º de Bacharelato A

29

Page 31: PUGA ZETA Nº1
Page 32: PUGA ZETA Nº1