60
Remuiños 2011-12 Contidos [02] Editorial [04] Arte na escola (E.I. 3 anos) [07] Joan Miró (E.I. 4 anos) [10] Wassily Kandinsky (E.I. 5 anos) [12] O noso colexio (1º E.P.) [14] A aventura de Lois [16] Plantamos freixos (2º E.P.) [18] Trabalinguas (3º E.P.) [21] Valentín Paz Andrade - Letras Galegas 2012 [22] Entrevista a Nina [24] A nosa biblioteca [26] As nosas conmemoracións [32] Orlas de grupo [36] Membros do C.E.I.P. Esteiro [37] Educación Fisica [38] Ata sempre! (6º E.P.) [42] Conto do peón e da peona (5º E.P.) [44] A.D. Esteiro [45] O Xogo Popular [46] Grupo Tripitrape [48] ANPA [50] Saídas Escolares [54] Relixión Católica [57] A biblioteca de Óscar [58] Relixión Evanxélica [60] Entrevista a Molly Lincoln

Remuiños 2012 - Nº27

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista escolar do ano académico 2011-2012

Citation preview

Remuiños 2011-12

Contidos[02] Editorial [04] Arte na escola (E.I. 3 anos) [07] Joan Miró (E.I. 4 anos) [10] Wassily Kandinsky (E.I. 5 anos) [12] O noso colexio (1º E.P.) [14] A aventura de Lois [16] Plantamos freixos (2º E.P.) [18] Trabalinguas (3º E.P.) [21] Valentín Paz Andrade - Letras Galegas 2012 [22] Entrevista a Nina [24] A nosa biblioteca [26] As nosas conmemoracións[32] Orlas de grupo[36] Membros do C.E.I.P. Esteiro [37] Educación Fisica[38] Ata sempre! (6º E.P.)[42] Conto do peón e da peona (5º E.P.) [44] A.D. Esteiro [45] O Xogo Popular

[46] Grupo Tripitrape[48] ANPA [50] Saídas Escolares [54] Relixión Católica

[57] A biblioteca de Óscar[58] Relixión Evanxélica

[60] Entrevista a Molly Lincoln

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

Os balances requiren distancia e quen subscribe está lonxe de aportar serenidade a este tempo de desacougo. A educación non foi

retirada da axenda política mediante un gran pacto de Estado e, dese xeito, seguimos a

estar presentes día si e día tamén nas cabeceiras dos noticiarios deste curso que remata. Precisamos con máis necesidade que nunca dun acordo maioritario que nos aparte do balbordo lexislativo. Un acordo que estableza as liñas vermellas que nunca se deben traspasar; un acordo que non esqueza a doutrina dos últimos anos relativa aos beneficios do ensino individualizado; un acordo que sinta como propia a idea, simple idea, de que investir en educación é investir en futuro; un acordo que recoñeza o que moitos escribiron anteriormente de que o ciclo de Educación Infantil ten carácter educativo e, por tanto, non é unha gardería onde estabular aos nenos e nenas que xa cumpriron tres anos; un acordo, para rematar e non continuar cun listado interminable de agravios, que poña en valor o traballo realizado polo profesorado, abocado a permanecer no burato da sospeita (non traballamos, cobramos demasiado..., en definitiva, somos uns parásitos).! Precisamos ser cribles. Dirixirnos ao alumnado e ás familias coas boas sensacións que produce dialogar con aquel que nos respecta e non alberga dúbidas sobre a profesionalidade da nosa proposta, sen deixar de lado a crítica saudable.

! Requirimos maior rigor e control, na práctica educativa, dos estamentos correspondentes da administración. O correo electrónico deixou de ser unha ferramenta de comunicación para converterse no único fío umbilical que nos une, pero tamén na fosa que nos afasta.! Esiximos que os dereitos da lingua galega non se queden nos papeis e nas boas intencións (houbo unha redución neste capítulo das tres cuartas partes no orzamento con respecto a hai dous anos. ¡300€ para estimular o seu uso!).! Necesitamos que a nosa propia administración crea en nós: na escola pública; a que é de todos e para todos, a que non ten outras miras que a educación dos nenos e nenas deste país.

! En clave interna, o colexio dotouse dunha ferramenta imprescindible para garantir un camiño ordenado na súa convivencia diaria, o Regulamento de Réxime Interno. O documento afronta dun xeito exhaustivo todas as frontes de conflito no que se pode ver inmersa a comunidade escolar. O Regulamento convértese nun marco onde exercer as liberdades propias e colectivas axustándose a unha visión pluralista e respectuosa co diferente propia dunha escola pública de inicios do século XXI.! O dinamismo do centro escolar viuse sustentado nos proxectos que, curso tras curso, seguen a converter ao CEIP Esteiro nun lugar especial. En principio, entramos nun reducido número de colexios galegos con Contrato-Programa; varios rapaces de 3º e 4º de Educación Primaria foron recompensados coa presenza dunha mestra, María Jesús, especialmente dedicada ao programa, cun horario propio e cuns recursos específicos. Continuamos coa inmersión na lingua inglesa coa Sección Bilingüe nas matemáticas de 6º de EP e coa presenza de Molly Lincoln, unha auxiliar de conversa que veu desde a costa

2

Un balance en t empos d if í c i l e s .

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

Remuiños 2011-12

leste dos EEUU para trasladar o seu don natural, a lingua inglesa, aos nenos e nenas do grupo que se nos vai. A colleita do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares continuou a dar froitos coa mellora do centro, nos aspectos lingüísticos, na Avaliación de Diagnóstico. Tamén desexo anunciar a clara posibilidade de que para o próximo curso escolar o centro dispoña dunha Aula Abalar; o proxecto enviado para dotar a 5º e a 6º de EP dun ordenador por rapaz/a será unha realidade que volverá a poñernos na compaña de centros escolares que se nos adiantaron por mor de decisións administrativas cuestionables (concesión unilateral para os centros concertados ferroláns no seu primeiro ano e, pagamento oneroso por parte do colexio de todos os arranxos técnicos necesarios para a concesión, no segundo ano). ! E, xa que falamos de futuro, desexo lembrar a toda a comunidade educativa que o colexio vaise embarcar nos próximos cursos escolares a un obxectivo urxente: ás matemáticas. Os resultados da Avaliación de Diagnóstico non foron satisfactorios (os internos do colexio, tampouco) e, por iso, tomouse a decisión de que a escola viva inmersa nun ambiente de números. Dentro de dous cursos avaliaremos os esforzos realizados nesta área.

! Un dos maiores activos do colexio é a estabilidade do profesorado. As novidades veñen a apuntalar un proxecto global e continuado no tempo por uns profesionais a quen quero darlles as miñas máis especiais grazas. Os verdadeiros protagonistas do escolar, con independencia do alumnado, son os mestres que día a día fan un esforzo de traballo e de cariño ao oficio difícil de atopar. Con eles, o traballo de dirección faise sinxelo.! Iso si, perdemos un dos activos con maior antigüidade do colexio, perdemos a Gloria. Que a fortuna acompañe na próxima etapa da súa vida profesional a quen tanto fixo para que este lugar fora "o mellor colexio do mundo". ! Tampouco podo deixar no esquecemento os esforzos da nova directiva da ANPA. O colexio conta co seu apoio leal e crítico. Esta dirección agradece o seu interese por renovar obxectivos e por tratar de conseguir un maior apoio das familias nuns tempos de escepticismo ou de comodidade.

! Remato co desexo de que aqueles que marchan nunca deixen de lembrar con agarimo o seu paso polos corredores e aulas do colexio; que o verán se transforme para todos nun tempo de verdadeiro lecer, incluíndo no descanso a compaña de libros, eses amigos que dan unha forma definitiva á tarefa comezada na familia e continuada na escola. A todos, un bo verán!

José Carlos Bellido Herrero

Director

3

Remuiños 2011-12

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

Ana Aneiros

Ang

el M

orat

e

And

rea

Sant

ana

Ana Guillen

Naia

FilgueiraAnairi Jimenes

Arte na Escola

Educación

Infantil

3 anos

4

Remuiños 2011-12

5

Lola SilvarMelany

Zamorano Laur

a P

erna

s

Lois R

ey

Alejandro

Monteiro

Noa

Rod

rigu

ez

Láza

ro F

erná

ndez

Marcos Gabarris

Sofi

a Dur

án

Sara Ruiz

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

Dan

iela

Cas

tro

6

Dila

ila G

abar

ris

Lara

Prida

Cat

alin

a M

ayob

re

Carla Santiago

Laura Galfout

Aurelio Oca

Helen

a M

erlá

n

Sara Romero

Remuiños 2011-12

7

Educación

Infantil

4 anos

Adrián Pena

Adrián Romero

Antón García

Chris

tian

Gaba

rris

Cloe Filian Daniela JaneiroDaniella González

Adriana Gómez

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

8

Elisabeth Lorenzo

Gadiel Gabarris

Inés Díaz Robles

Ism

ael F

erra

dás

Lola

Tov

al

Manuela López

Mario MascaróMoisés Durillo

Mateo Gómez

Remuiños 2011-12

9

Mouad Touijar

Nago

re G

arcí

a

Rebeca Maceiras

Rita Aneiros

Sergio DopicoTamirat López

Xoel

Gon

zále

z

Nayala Mayobre

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

10

Educación

Infantil

5 anos

Remuiños 2011-12

11

Com

posic

ion

VIII

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

1º Educación Primaria

O noso

colexio

Our school

12

Remuiños 2011-12

Nuestro

colegio

13

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

Había unha vez un neno chamado Lois ao que lle gustaba moito xogar ás aventuras. Un díá xogando no parque co seu can, o can escapou e meteuse nun bosque máxico. Lois seguiuno pero sen saber que o bosque era máxico.

14

A AVENTURA DE LOIS

No bosque o can atopou un lobo que falaba como os humanos e o can deuse conta de que el tamén podia falar. Os dous xuntos empezaron a camiñar polo bosque e atoparon a Lois que se sorprendeu moito ao ver que falaban.

O lobo contoulles que no bosque había criaturas fantásticas con poderes máxicos e que alí todos os animais falaban coma os humanos e presentoulles a todas as criaturas que habitaban o bosque.

1

2

3

Remuiños 2011-12

15

As criaturas fantásticas contáronlles que no bosque había un lado malvado onde vivían uns seres malvados que se metían con eles e botábanlles feitizos para convertelos en seres monstruosos. Ademais se entraban no lado malvado xa non podían saír del.

Cando chegaron á casa, Lois

contoulle a súa nai o que lles

acontecera, pero ela pensou

que era un invento de Lois. A

Lois non lle importou porque

vivira a súa mellor aventura.

Lois pensou que as criaturas

fantásticas poderían vencer aos

seres malvados cos seus poderes

máxicos e díxolles como facelo

e así foron capaces de vencer

aos seres malvados e o bosque

pasou a ser un lugar tranquilo.

As criaturas máxicas déronlles

as grazas e dixéronlles como

voltar a casa.

4

5

6

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

2

316

Os nenos e nenas de

2º plantamos freixos

1

4

2º Educación Primaria

Remuiños 2011-12

17

5

6

7

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

18

3º Educación Primaria

DO QUEIXO NON CHE ME

QUEIXO

Do queixo non che me queixo,

que o queixo ben che me sabe;

quéixome de quen o vende,

que non mo deixa de balde.

TEÑO UNHA OVELLA

Teño unha ovella

pelia,

melia, peluda, pelada,

e polo seu lombo

arrepenpenicada.

Pariu os seus fillos pelid

os,

melidos, peludos, pelados,

e polo seu nome

arrepenpenicados.

CORCHETE QUE ESTÁS

NA CORCHETACorchete que estás na corcheta,

desencorchetácheste xa?

O desencorchetador

que te desencorchete

bo desencorchetador será.

Trabalinguas

TEÑO UNHA CAPATeño unha capatallada,

golada,repicallada.

UNHA VELLA MUFELLA

Unha vella mufella mufella

fifirifella de mi carantella

tivo un fillo mufillo mufillo fifirifillo

de mi carantillo.

Mandouno á caza mufaza mufaza

fifirifaza de mi carantaza.

Trouxo un coello mufello mufello

fifirifello de mi carantello.

Botouno ó canizo mufizo mufizo

fifirifizo de mi carantizo.

Remuiños 2011-12

19

!"#$%&&&&'(!"#$%

!)*+,&&-./)*+,0

1,23&4,2)*+,

4,2)*+,&4,235

(&,&67.&*,*&+)83

9/)*+,&-./)*+,&

4,23&4,2)*+,

4,2)*+,&4,23

:7*&-3),&;.&23-<3

=.&8,<3&>>.&<,43?

NA PONTE DE LUGONa ponte de Lugo Hai un lobo rubioRoendo un loro rubio¡Roe ,lobo rubio,Roe nese Loro rubio !

GANCHO REVIRAGANCHOGancho reviraganchoQue tanto reviragancheaches

Deixa que te desreviraganchee

Con este desreviraganchiño que teñoPara desreviraganchear

Ganchos reviragancheadosNas ramas do Carballo.

UNHA POLDRA PARDA PETRA

Una poldra parda petra, trouxo un poldro pardo preto.Dixo a poldra parda petra ó poldriño pardo petro: - Trepa pouco, poldro pardo petro,trepa pouco…!

NAI E FILLA FORON A

MISA

Nai e filla foron a misa;

ni pisa palla ;

palla pisa filla.SE AS MIÑAS GUEDELLAS

Se as miñas guedellas

se me enguedellaron ,

enguedelladas

non deben de estar.

Desenguedelládemas,

desenguedelládemas,

se as podedes

desenguedellar.

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

20MARAGATO PATO

Maragato pato,Fillo dunha chincha.Cando o galo canta,o maragato rincha.

SEI DUN NIÑO

Sei dun niñoDunha cecigaciña

Que con cinco cecigaciños está¿Como faremos para desencecigañizar

á cecigaciña dos cinco cecigaciños?O desencecigaciñador

Que a desenceciñebo desencecigaciñador

será.

!"#$ %$&$

!'( )*+(á, )-./*0 +'1' 2-3 /4 53+' 6'1'7%'((*, 53+' 6'1',!3+' 6'1', 6'((*7

SE VOU A BUEUSe vou a Bueu nun bou vou .Se non vou a Bueu nun bou non vou.

UNHA CUNCA DE SALUnha cunca de sal arrasada quen a desarrasará?O desarrasador que a desarrasebo desarrasador será.

Remuiños 2011-12

21

Valentín Paz Andrade, nado no barrio pontevedrés de Lérez o 23 de abril de 1898 e falecido en Vigo o 19 de maio de 1987 foi un xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista. Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas.

Foi un dos impulsores da empresa Pescanova. En varias ocasións

sufriu persecución polas súas actividades e crenzas políticas.

Na súa obra, ademais doutros escritores galegos , influiu moitísimo Castelao.

Participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi membro da Real Academia Galega.

Colaborou con moitos xornáis e revistas. Tivo unha vida longa e activa moi comprometida coa nosa terra.

Escribiu ensaios literarios, históricos e económicos , nos que reflectiu a súa preocupación polo progreso de Galicia. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros.

Como poeta formou parte da Xeración de 1925.

Utilizou a lingua galega durante toda a súa vida para a obra poética e narrativa. Para os ensaios o castelán ata 1975 e o galego desde entón.

Algunhas obras son:•“Castelao na luz e na sombra”•“Galiza labra a súa imaxe”•“Sistema económico da pesca en Galicia”•“Sementeira do vento”•“Cen chaves de sombra”

Letras Galegas 2012

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

Onde naciches? En Ferrol.

De pequena, a que te querías dedicar na vida? Ao que me dediquei, ser mestra.

Onde realizaches os teus estudos? Aquí, en Ferrol. Pero non había moitos lugares onde estudar, só a Escola de Maxisterio, por iso fíxenme mestra.

Que libros che gustaban cando eras pequena? Antes había poucos libros. Gustábame moito “Os viaxes de Gulliver” e “A illa do tesouro”. Tamén empecei a ler moi axiña aos clásicos. O “Quixote” divertíame moito aínda que non entendía case nada das cousas que dicía. Ía moito á biblioteca municipal que estaba no segundo andar do concello.

Cantos anos tiñas cando empezaches de mestra? Vinte, ía facer os vinte e un.

Cantos anos traballaches de mestra? Corenta, comecei aos vinte e prexubileime aos sesenta.

Que che impulsou a ser directora? A verdade é que foi por casualidade, pero como era a que máis experiencia tiña, elixíronme.

Os profesores aprenden algo dos alumnos? Si, moitas cousas. Tamén se aprende dos fillos ou dos netos. Todos os días apréndese algo e todos aprendemos de todos. Eu aínda teño cousas queaprender.

Se volveses comezar a túa vida de novo, escollerías a mesma profesión? A verdade é que si. Aínda que tamén me gusta cociñar, fágoo moitas veces para a miña familia. O que non me gusta é fregar, iso fano eles.

Sentíaste cómoda no traballo? Moito.

Algunha vez enfadácheste tanto con alguén que o expulsaches?

Si, e máis dalgunha vez. Se alguén molestaba na clase mandábao a biblioteca ata que se relaxase. Para iso tiña moi mal xenio.

Por que decidiches ser mestra? Porque a miña familia non tiña moito diñeiro e non puiden ir a estudar en Santiago de Compostela. Ademais, iso era o que eu quería.

Que che gustaba mais, ser profesora ou directora? Mestra, sen ningunha dúbida.

Na túa vida de profesora,en cantas escolas estiveches? En poucas, non me movín moito. A primeira foi cerca de Santiago. Fun alfabetizadora de adultos. Despois destináronme a Doroña. Alí estiven trece anos. Finalmente vin para Ferrol.

En que ano viñeches a esta escola? No1984, cando o meu fillo tiña dous anos. Despois funme ao instituto Sofía Casanova.

Quen vos fostes para o instituto? Conchita, Esperanza, Mariluz, Xela e eu. A pobre Mariluz morreu, Xela está xubilada e Esperanza xunto con Conchita seguen traballando.

Gustouche ser directora desta escola? Si, foi a escola na que estiven mais a gusto. Tamén estiven moi ben no instituto Sofía Casanova.

22

EntrevistaNina, a primeira directora do colexio, veu visitarnos.

Detrás dos seus lentes hai uns bonitos ollos marróns.

Ten o pelo castaño e rizado. Todos tivemos unha

primeira impresión: parece unha muller amable e alegre.

Remuiños 2011-12

Que cursos dabas cando estabas na escola? Fun titora de quinto e sexto, din lingua castelá e literatura en sexto, sétimo e oitavo. Dinlle clases ao meu fillo que estudaba aquí e agora están os meusnetos.

Levábaste ben co claustro de profesores da escola? Si, moi ben, e tamén discutíamos. Cada quen tiña o seu punto de vista. Eramos compañeiros por riba de todo.

Hai algunha cousa da escola que che guste agora mais que antes? Si, moitas. Está moito mellor dotada: tedes comedor, intercambios internacionais nos que veñen persoas francesas e doutros países...

Actualmente na escola, hai algún profesor que tamén estaba cando erasdirectora? Paréceme que Loli Criado, a que está en Educación Infantil e Gloria. Os demais eran da miña idade e nos prexubilamos como Marisé e Lourdes, a de Lingua Inglesa.

Que é o que botas máis de menos da escola? A verdade é que estou moi a gusto prexubilada. Ao mellor o traballo cos compañeiros, o contacto cos nenos; bótanse moitas cousas de menos. Pero foiunha etapa da miña vida que xa pasou, agora téñoa chea de outras cousas.

En que ano te xubilaches? No 2007.

Se puideras volver a escola, volverías? Por que? A traballar, non; de visita, por suposto. Agora teño a miña vida moi chea de cousas novas. Ademais, xa son moi vella para pelexar con vós.

Que fas agora? Matriculeime na Universidade Sénior, seguín estudando; vou a clases de filosofía, dietética e nutrición. Tamén axudo á miña filla cos tres netos, van comer á miña casa. Encántame viaxar e, sobre todo, gústame ler.

Tes fillos? Si, dous: unha filla e un fillo, que se leva con ela doce anos.

Houbo algún mestre na familia? Non, ningún. O meu pai era topográfico en Bazán e a miña nai era ama de casa.

Cantas profesións tiveches na vida? Só esta. A de mestra e nada máis.

Gústache ler? Que libro ou autor nos recomendarías? Moitísimo. Recomendaría todos os libros que vos divirtan e vos gusten. Como “O señor dos aneis”, “As crónicas de Narnia”... Todo ese tipo de libros que xaempezastes a ler.

Tes algunha afición especial? Gústame moito ler, viaxar cando podo, tamén me gusta facer calceta, porque me relaxa.

Gustaríache traballar noutra cousa? Se tivese que elixir outra profesión gustaríame cociñar.

Gustaríache ter aprendido tocar algún instrumento? Si, iso é unha cousa que me gustaría. Pero antes non había conservatorios como agora. Fun a clases de salón, gustábame moito e encantaríame tocar algún instrumento, posiblemente o violín. O meu fillo tocou o saxofón. Por certo, que balbordo facía cando estaba aprendendo! Chegou a tocar moi ben. Estaba na banda de Narón.

Tivemos pasado un bo rato cunha persoa que nos pareceu capaz e entusiasta; que segue a ter gañas de aprender, de facer cousas novas e, por enriba de todo, de vivir a vida.

23

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

24

! Una ano máis a Biblioteca do noso centro remata o curso escolar con resultados positivos, tanto por parte do uso que os usuarios fan dela, como do apoio e a satisfacción amosada por outros sectores da nosa comunidade educativa. Este ano púxose en marcha, entre outras medidas, unha iniciativa que nos axudou a resolver o problema dos aparellos informáticos, que consistiu en formar a un grupo de alumnos de sexto curso para que se encargasen de telos ao día (DVD e ordenadores). Os resultados foron realmente espectaculares xa que , a partires da súa posta en marcha , todo funcionou correctamente. Noraboa polo traballo a Mihai, Emma, Candela, Alex, Sam e Flor, e grazas pola seriedade e responsabilidade que sempre amosastes no desempeño do voso labor. Tamén queremos agradecer a Víctor Varela, o profesor de inglés, por encargarse da formación destes alumnos e botarlles unha man cando as cousas se complicaban máis alá dos seus coñecementos. Tamén hai que destacar a colaboración e o bo traballo desempeñado polos alumnos do terceiro curso de primaria, xunto con algúns alumnos de cuarto, que este ano foron “Axudantes da Pescadora de Historias”. Entre os seus labores diários, ademáis de atender ao préstamo e devolución de libros na hora do recreo, encargáronse de manter os libros en orde nos andeis; de revisar o estado dos mesmos; de axudar aos máis pequenos cando precisaban axuda... sempre amosando moita responsabilidade e interese. Noraboa a Lucía, Héctor, Jorge, Aimar, Mario, Nicole, Gloria, Uixa, Alejandro e Laura. Grazas a todos eles e esperamos que o próximo ano continúen con nós como ate o de agora.

Con respecto ás actividades realizadas hai que sinalar que non foron todas as desexadas, porque o equipo da biblioteca non puido dispor do tempo que lle adicaba en anos anteriores, debido ao novo horario de tarefas do profesorado. Salientamos, entre outras, o Día das Bibliotecas Escolares, actividade na que participou todo o centro e que adicamos á figura do noso moi querido escritor e mestre ferrolá, Antón Cortizas. Queremos ademáis facer pùblica a súa participación xenerosa desinteresada, xa que veu dous días traballar co noso alumnado, dende a etapa de educación infantil ate sexto de primaria, levando a cabo contacontos e obradoiros de poesía. Grazas, Antón, por ser un defensor da escola pública e amosalo sempre que tes ocasión. Asemade, cómpre resaltar a inestimable colaboración de Iago, profesor de apoio aos

grupos minorizados e mestre na arte da papiroflexia que, os xoves na hora de ler, levou a cabo divertidos e animados contacontos por tódalas aulas do centro. Dende aquí aproveitamos para darlle as g razas púb l i camente e animalo a que o próximo ano escolla de novo o CEIP Esteiro e nos volva deleitar coas súas historias.

Outra actividade con nome propio, A Semana do Libro, adicámoslla este ano a Roald Dahl co fin de que tódolos nenos, dende infantil ate os maiores, coñeceran a obra deste extraordinario autor de literatura infantil e xuvenil. Nestes momentos estamos a piques de rematar as actividades arredor desta ilustre figura. Non podemos esquecer que, en educación infantil, as Mochilas dos Tesouros seguen a ter unha gran acollida, tanto por parte das familias, como dos nenos. Agradecemos, por tanto, a colaboración de pais e nais, así como as suxerencias de mellora que nos aportan a través dos cadernos de bitácora. Grazas a todos.

A Pescadora de Historias

A nosa Biblioteca

GRAZAS AOS MEMBROS DO EQUIPO DA BIBLIOTECA POLAS IDEAS APORTADAS, POLAS SÚAS SUXERENCIAS E A COLABORACIÓN PRESTADA AO LONGO DE TODO O CURSO; ASÍ COMO TAMÉN AO EQUIPO DIRECTIVO, POLO SEU APOIO CONSTANTE.

Remuiños 2011-12

25

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

26

As nosa

s

conm

emora

cións Samain!

Remuiños 2011-12Día do

Deporte

2011

27

C.E.I.P. Esteiro - FerrolDia do Peon

Nadal

28

Remuiños 2011-12

Día da Paz

Entroido29

C.E.I.P. Esteiro - FerrolLetras Galegas

& Día do Libro

30

Remuiños 2011-12

31

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

Alex ArmánAntón BahamondeDavid BujonesCarlos Daniel Castro

Paula DíazNuno Xavier Do Rego

Carme FernándezSuevia FernándezGonzalo Fernández

Lucas FreireDiego GabarrisAbraham GarcíaAntón IglesiasConcepción Jimenes

Hugo JoveAarón LópezAntón LorenzoLuna LorenzoMario LoureiroDavid MartínAlejandro MartínezJesús MerloValeria MonteroPaula NietoAlexa Gianinna Rodríguez

Claudia Villares

32

Ana AneirosDaniela CastroSofía DuránLuis Lázaro FernándezNaia FilgueiraDilaila GabarrisMarcos René GabarrisLaura GalfoutAna GuillénAnairi JimenesCatalina MayobreHelena MerlánAntonio Alejandro MonteiroÁngel MorateAurelio OcaLaura PernasNerea PicosLara PridaLois ReyNoa RodríguezSara RuizAndrea Benigna SantanaCarla SantiagoLola SilvarMelany Zamorano

Rita AneirosInés Díaz-RoblesSergio DopicoMoisés DurilloIsmael FerradásCloé Yngebor FiliánChristian GabarrisAntonio Gaadiel GabarrisAntón GarcíaNagore GarcíaMateo GómezAdriana GómezXoel GonzálezDaniella GonzálezDaniela JaneiroManuela LópezTamirat LópezElisabeth LorenzoRebeca MaceirasMario MascaróNayala MayobreAdrián PenaAdrián RomeroMouad TouijarLola Toval

4º Educación Infantil

5º Educación Infantil

6º Educación Infantil

Remuiños 2011-12Paula AbellaInés AguadoPaula BarrosAdrián BoadoDaniel CastroMiguel CebreiroMarcela ClosaAinhoa DíazDaniel DiazDaniela DominguezLaura Wan FachalCarlos GarcíaRaúl LeiraNoel MorenoUxío Constantino MuñizAinhoa PortaNuno ReyMartina Xia RicoPablo RodríguezÁlvaro RodríguezLucía RuizMireia SalazarLara SánchezPablo Aníbal SantanaMariola Ventura

1º Educación Primaria

33

2º Educación ! ! Primaria Juan de la Fuente

Pedro de la FuenteJesús DíazArón EstévezManuel FreireNazaret GabarrisMiguel GuillénPablo LageAbraham LópezMiguel Yeray LópezNicolás Jon LópezAarón MartínezÓscar MartínezAdrián MayobreMiguel MerloMarcos MorateCarla NeciosupLara NietoEzequeil PáezNatalia Andrea PalacioJavier Andrés PereiraKatia SalazarLucas SilvarAranzazu SomoanoNerea Zaragoza

Ainoa BecerraNicole Melissa CloughVerónica CribeiroThais DíazJosé Alexandre DíazMichelle DopicoEsmeralda FernándezCarmen GiménezLaura JaneiroGloria LópezDaniel LópezRúben Tiago MonteiroAimar MorenoJoseph Alexis Rodríguez

Alejandro SánchezHéctor José SantanaLydia SotoUxía SueirasLucía TovalMario VeigaJorge VeigaNicole Juliana Zamorano

3º Educación Primaria

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

Antía AneirosLydia ArribíSofía BarbadilloIago Díaz-GarzónÁlvaro Gustavo FiliánCarlos FreireAlberto Giménez

Alina IdiartFrancisco IglesiasFiana Leilía LamasMaría LópezCarmen MaldonadoDaniel MariñoMiguel Ángel Martín

Seraida MorenoLúa PardoJosé Miguel RicoMarta RodríguezKevin Alexander RomeoRubén David Sánchez

34

Adela ArdaoAlmudena BastidaCelia Bouza¡ngela CalvoLuis Xavier Do RegoCandela DoradoPablo DoradoLaura Fernández

Alejandro FrancoRaquel GabarrisSofía GarcíaMateo GarcíaXela GonzálezMarta GuillénLuis LageLaura López

Alejandro MerlánIván MonteroAarón Benigno ParedesSara PenaEstela Ru RicoAlejandro RodríguezGiovanni VarelaJuan Manuel Veiga

5º Educación Primaria

4º Educación Primaria

Remuiños 2011-12

35

Migu

el Ca

bana

Jona

than C

astro

Cand

ela C

losa

Kylie

-Che

fa Cl

ough

Janir

e Delg

ado

Sabe

la Di

azJo

sé R

amón

Dom

ingo

Desir

ee In

grid

Filián

Rubé

n Fra

nco

Aitan

a Frie

iroAl

icia G

onzá

lezCl

audia

Gra

nde

Desir

ée M

aría

Jimén

ezAl

bert

Laga

res

Juan

Lage

David

Lópe

zAl

exan

der L

ucas

Lópe

zDa

vid M

ejuto

Eric

Gabr

iel M

irand

aNa

yara

Mor

eno

Flore

ncia

Belén

Orte

ga

Inés P

ereir

aGa

briel

a Rod

rígue

zSa

muel

Gabr

iel S

ánch

ezEm

ma S

eoan

ePa

tricia

Sixto

Miha

i Tar

an

6º E

duca

ción

Prim

aria

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

Mari Ana cris Loli Víctor SandraMolly

36

ana

Claustro de ProfesoresC.E.I.P. Esteiro

loli bea lola rosa cuchi gonzalo Benigno

José Carlos mercedes merce Gloria Loli

cristina Iago

Profesores Substitutos

jorge

A.D. Esteiro

M. luísa elena irene rita Miguel Silvia Natalia

Consello Escolar Anpa

Antonio Pili Miluca mar

Persoal non docente

Elvira Isabel mónica

Servizo de comedor

Remuiños 2011-12

37

Xogando ao atletismo co Segundo Ciclo en Santa Icía.

ADEMAIS DAS SESIÓNS ESPECÍFICAS ESTE ANO

PARTICIPAMOS NAS SEGUINTES ACTIVIDADES:

Ciclismo no Terceiro Ciclo.

Educación F

sica

Actividades de orientación e triatlón con quinto curso.

ia

W

P

V

I

O

n

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

38

A T ADende que cheguei a este colexio tiven unha titora, Cuchi, que foi para min unha profesora fantástica. Teño que admitir que tiven moita sorte ao tocarme unha clase así. Por fortuna, o ano que ven, tócame ir ao mesmo instituto ao que irán a meirande parte dos meus compañeiros, así que non terei que despedirme deles; pero a quen botarei en falta será á miña titora. Juan

Neste breve escrito quero dicir que cando deixe

o colexio non somentes vou botar de menos aos

meus compañeiros, senón tamén aos profesores

que me deron clase e tamén aos que non.

Quero dar as grazas á miña profesora, Cuchi,

por ser tan boa no seu traballo e por estar

sempre ao meu lado. Patricia

Estes nove anos que pasei neste colexio

van ser inolvidables, porque vou botar

moito en falta aos meus compañeiros:

David López, David Mejuto, Alex, Mihai,

Sam, Eric... , e aínda que algúns de nós

seguiremos xuntos na ESO uns cantos

anos máis, espero que non nos perdamos

de vista e sigamos unidos como agora.

Tamén botarei moito de menos aos nosos

profesores, en especial a miña titora, Cuchi,

á que lle teño moitísimo cariño. Sei que me

vai ser moi difícil separarme dunha profe

coma ela.

Albert

Estes nove anos xuntos foron moi bonitos

e agradables; tamén houbo momentos

moi excitantes, como cando me disfracei

de Brancaneves, ou cando cantei o Día

da Música. Recordarei con agarimo a tódolos meus

compañeiros, sobre todo a Emma,

Candela, Flor e Inés; e non me olvido de

Uxía e dos nosos profesores: Cuchi,

Gonzalo, Mercedes e Víctor.

Nayara

Levamos desde segundo coa mesma profesora, botareina de menos, ainda que fose moi mandona.Tamén levo con case todos os meus compañeiros desde os tres anos; ainda que se foron

Hakim, Uxía, José Antonio, Miguel Ángel e Sergio, aos

que boto moito de menos neste momento da despedida.

Recordo, como algo especial, o día que viñeron as persoas do colectivo ASPANAES e fixemos unha actividade chamada “Ponte no seu lugar” que consistía

en coñecer o que era unha discapacidade física ou visual.

David Mejuto.

Aínda que pensei que sería fácil dicirlle adeus a este colexio, estou vendo que é difícil e doe,

porque cada un de nós deixamos bos e malos recordos, días inolvidables..., todos deixamos

algo. Ademais nunca estiven nun colexio no que todos os nenos foran tan bos compañeiros e os

profesores tan divertidos.

Recordo aqueles días nos que Emma e máis eu, no recreo, colliamos os zancos para practicar e

conseguir o másters. Espero que esta amizade que temos na clase, ao chegar ao instituto, non

se rompa. Grazas a todos por facer que nunca chegue a esquecer os meus días aquí.

Desirée Jiménez

Remuiños 2011-12

Para min, a primaria, foron nove anos nos que aprendín a escribir, a ler,

e outras cousas máis que na vida vanme servir de moito.

Vin doutro colexio hai dous anos, pero aínda recordo cando cheguei a

este e os amigos que fixen en pouco tempo; tamén cando aprendín a

andar en bici.

Quérome despedir enviando un bico e un abrazo aos mestres que me

ensinaron tantas cousas ( Cuchi, Víctor, Gonzalo, José Carlos...) e

tamén aos meus amigos, que me axudaron no bo e no malo: Emma,

Candela, Inés, David Mejuto, Mihai, Alex, Kylie, etc, ¡son tantos!

Un bico de chocolate.

Sabela

39

S E M P R E !

Creo que este colexio é o mellor do mundo e seguro

que o botarei moito de menos. Nunca esquecerei a

moitas persoas desta clase como Patri e David Mejuto,

que non estarán no meu instituto e que pode que non

as volva a ver. Tampouco esquecerei a Víctor, Cuchi,

Loli, Lourdes, Carina e Gonzalo porque son os mellores

profes do mundo. Aitana

Vou botar moito de menos este colexio, mais aìnda non me

imaxino canto, porque sei que nunca vou atopar outro cole coma

este. Son tantos os recordos agradables que gardo que, se

alguén me preguntase, non sabería por onde comezar. Recordo

aqueles días de primavera nos que recollíamos margaridas e

xogabamos a xogos populares, mais o mellor deles foi o daquel

día de fin de curso, cando me entregaron o meu máster e

supermáster no xogo dos zancos.

Finalmente, quero dar as grazas a toda a xente que me ensinou

durante todos estes anos e tamén ao cole en xeral. Emma

Cando penso que este é o último curso no colexio recordo aquelas mañás coa profesora, os recreos cheos de nenos e nenas, e a alegría destes sete anos. Non quixera irme porque este sitio é parte de min,

pero sei que a vida continúa e teño que seguir adiante. A verdade é que non podo expresar neste

papel todo o tempo que estiven aquí. Recordo aquela vez que me disfracei de pescadora e cando fumos ás illas Cies; tamén cando fixen de Ratita Presumida naquela obra de teatro tan graciosa, recordo tantas cousas...Inés

Este colexio é o mellor , para o meu gusto, e agora que marcho

creo que o vou botar de menos xa que nos anos que estiven aquí

coñecín a xente boa , aprendín moito e fixen moitos amigos. Algún

parentes meus pregúntanme sempre si este colexio é bo para levar

aos seus fillos , e a miña nai e máis eu dicímoslles que “este colexio

é o mellor e que estamos moi satisfeitas con el”. Vaime costar

moito separarme del e botarei moítisimo de menos a Cuchi, aos

compañeiros que non vaian ao Sofía, e a todos os profesores do

colexio. Nestes anos ocurríronme moitas anécdotas, unha delas foi

cando , en 2º de primaria, gañei un concurso de debuxo que me

fixo moita ilusión, por iso a recordo con especial agarimo.

Para rematar despídome de todos os nenos e profesores e

espero que o pasedes tan ben coma eu.

Viva Esteiro!

Claudia

Botarei moito de menos este colexio, pero sobre

todo aos meus compañeiros e á miña profesora,

aínda que tamén ao resto dos profesores que me

deron clase ao longo da miña vida escolar neste

centro.

Para min, este colexio é o mellor do mundo por

todos eses “días especiais” como o Día da

Música, o Día do Peón, etc. Nunca esquecerei

estes nove anos.

Samuel

Nesta pequena nota dispóñome a despedirme de tódolos profesores e profesoras que me deron clase durante a primaria; sempre os recordarei, así como tamén aos meus compañeiros e compañeiras. Quero darlle as grazas a Cuchi, a miña titora, por preocuparse de min. Tamén quero rematar este escrito dicindo que recordarei sempre a este colexio coma o mellor de tódolos colexios. José Ramón.

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

40

Todos estes anos que levo no colexio paseinos disfrutando

cos meus compañeiros e estudando, pero dentro de

pouco empezarei a ESO (que será máis difícil) e, polo tanto,

terei que esforzarme máis. Sei que botarei de menos aos meus amigos e amigas e a

tódolos profesores cos que pasei todos estes anos; tamén

recordarei os bos momentos que vivín aquí, pero ningún

coma o día que cheguei a este colexio.

Grazas, Ceip Esteiro, por estar aí sempre que o precisei; e

grazas tamén, de maneira moi especial, a Lourdes e a

Marisé.

Janire

Este ano toca despedirse dos meus

compañeiros e da miña gran

profesora, Cuchi, que estivo comigo

desde segundo. Ela ensinoume e

rifoume, e con ela tamén rin. Vaia

onde vais levareina no meu corazón

á ela, tamén a tódolos meus

compañeiros.

Eric

Para min irme do colexio vai ser

moi difícil, porque teño moitos

amigos desde hai nove anos e

tamén, porque lle teño moito

cariño ao cole e aos profes, aos

que recordarei toda a vida, pero

sobre todo á miña titora Cuchi.

A pesares de deixar o cole,

teño moita sorte porque vou ir

ao mesmo instituto ca os meus

compañeiros, así que estou

tamén moi contento.

David L.

Grazas aos meus compañeiros actuais e antigos (Uxía, Sofía, Jorge, Alberto,

Fernando, Hakim, José Antonio, Sergio e Miguel) este colexio foi para min

moi especial. Gustaríame despedirme de tódolos profesores, sobre todo de Cuchi,

Lourdes, Marisé, Carina, Loli, Mercedes, Víctor e Gonzalo. Cuchi foi a nosa

profesora durante cinco anos e con ela rimos, choramos..., pero ela sempre

estaba alí cando a necesitábamos. Loli, ti tamén nos acompañaches a

moitos de nós e nunca te olvidarei, así como tampouco olvidarei a Carina e a

Lourdes. E por último, Antonio, recordareite sempre porque es coma o sol nun día frío

de inverno, porque sempre me ofrecías un sorriso que me duraba toda a

mañá. Eres o “superconserxe”. Miguel

Sempre te lembrarei, colexio, porque me fixeches rir e porque

me fixeches chorar. Sempre lembrarei cando nas túas longas

escaleiras tentaba, sen conseguilo, amarrar os meus zapatos;

cando aprendín a táboa de multiplicar entre resoplos; cando

aprendín a escribir; a bailar o peón; a camiñar en zancos...

porque os teus mestres me axudaron sempre. Por isto, e por

moitas cousas máis, sempre te recordarei, colexio de Esteiro.

Alicia

Levo neste colexio desde os tres anos e estou moi agradecida a algúns profesores, en

concreto a Cuchi, Marisé, Víctor e Cristina que me apoiaron en todo momento.

Vou botar moito de menos as clases de Cuchi; as palabras raras de Víctor , en inglés,

que eu non comprendía; as sumas e restas de Marisé; e os libros de historias bíblicas de

Cristina. Botarei moito de menos ao colexio Esteiro, nunca xamais o olvidarei.

Desirée Filián

Colexio Esteiro, ¡canto te vou botar en falta! Recordo o

día que te coñecín, xuño do 2006 e, agora que

marcho, sinto que extrañarei as túas clases azuis,

amarelas, rosas... nas que estiven todos estes anos;

as túas escaleiras grises, que subín e baixei tódolos

días; extrañarei os xogos populares que engalanaban a

diario os teus corredores; pero, sobre todo, botarei de

menos a forma na que facías que os teus profesores

nos quixeran e aceptaran tal como eramos.

Ceip Esteiro, quérote. Flor

Remuiños 2011-12

41

Este colexio foi parte da miña familia porque nel cuidáronme como miña nai e meu pai e vou botar moito de menos aos meus amigos: Inés, Alex, Kylie, Sam, Sabela, Mihai e Emma; tamén a Cuchi, que foi a miña mellor mestra, así como a Víctor, Lourdes, Mercedes e Gonzalo. Conservarei moitos recordos deste cole, sobre todo o día que gañei o concuso da exposición de “Alicia no País das Marabillas”; tamén cando fumos ás illas Cíes en barco. Dame moita lástima deixar o colexio, pero sempre o levarei no meu corazón. ! Candela

Nestes dez anos, no colexio de Esteiro,

ensináronme a escribir, a falar mellor, a xogar...

Aemais destas cousas tan extraordinarias, tamén

houbo momentos malos e difíciles, por exemplo

cando algúns dos meus compañeiros tivéronse que

ir a outro colexio, por motivos persoais.

Non esquecerei nunca aos meus compañeiros e

aos meus profesores e, en especial, aqueles tres

días que pasamos en Manzaneda no curso 2011.

Rubén

Este colexio formou parte da miña vida

durante dez anos e non podo crer que

chegue xa a hora de marchar. Botareino

moito de menos e, aínda máis, aos meus

compañeiros.

Gardo moi bos recordos nel, como

cando gañei un ordenador portátil; ou

cando xogamos un partido de fútbol os

alumnos contra os mestres, non o

olvidarei nunca.

Espero que a xente traia aos seus fillos a

este colexio, porque non hai ningún

semellante.

Gabriela.

Os dous anos que pasei neste colexio foron marabillosos, os mellores de primaria. Cando cheguei aquí todos me

trataron como se fósemos amigos de toda a vida, sobre todo unha das miñas mellores amigas, Inés, que non

paraba de falar. O tempo que estiven aquí servíume para coñecer e aprender moitas cousas e, sobre todo, unha moi especial:

os xogos populares que, a meiranda parte deles, non coñecía. Tamén experimentei sensacións novas, como a

emoción de ver tocar aos meus compañeiros o Día da Música, que nunca se celebrara no meu anterior colexio.

Agora toca despedirse. É un pouco duro e tamén alegre á vez; alegre, porque pasarei a unha nova etapa da miña

vida escolar; duro, porque vivín moitas cousas boas neste colexio. Botarei moito de menos a Cuchi, que é para

min unha das mellores profes que tiven durante estes seis anos; e tamén aos compañeiros que non irán comigo

ao Sofía Casanova. Kylie

Pasaron os anos e chegou o momento da despedida e teño que dicir que todo este

tempo que levo no colexio serviume para aprender; para facer novos amigos e rir todos

xuntos; e moitas cousas máis. ! Recordo perfectamente cando fun un dos primeiros en

ser “axudante da biblioteca”, iso facíame moita ilusión; tamén cando fixemos unha obra de

teatro e eu interpretei a Garabanciño.Gustaríame dar as grazas a Cuchi, porque sempre me apoiou en tódolos momentos, nos

bos e nos difíciles; tamén a tódolos profesores que me deron clase: Víctor, Gonzalo,

Mercedes, Lourdes, en fin, a todos. Tamén me gustaría darche as grazas, Esteiro, por

facer que ao longo de todos estes anos sempre me sentira a gusto e feliz.

Alex

Levo desde os cinco anos no Ceip Esteiro, que é o mellor colexio , así como

tamén o son os meus compañeiros.

Cando me vaia vou botar de menos aos

meus amigos, porque eu ireime a outro

instituto, aínda que a algúns deles vereinos pola rúa . Entre os recordos que gardo, creo que

non vou olvidar un deles, o día que gañei

o máster e o supermáster no xogo do

peón. Botareite moito de menos, Ceip Esteiro,

aínda que virei facerche unha visita de

cando en vez. Jonathan

Recordarei este colexio porque nunca olvidarei aos

meus profesores sobre todo a Cuchi, a miña titora,

que sempre desexou todo o mellor para min e para

tódolos meus compañeiros.

Tampouco olvidarei os xogos populares cos que

tanto disfrutei nos recreos, como o peón, os

zancos, o diábolo, etc, e será inesquecible o día que

gañei a final do xogo da petanca.

Mihai

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

! Hai

moito tempo, nunha illa lonxana esquecida do mundo vivían un peón e unha peona. El era intrépido, valente e fachendoso. Ela era divertida, idealista, intelixente e moi forte xa que estaba feita de

madeira de xúcaro. Estaban moi namorados e gustáballes bailar xuntos. Cando o

facían sentíanse felices mentres lucían ás súas vivas cores.

Un día, rodando e rodando pola illa, apareceu un corvo que lles dixo:

- Os meus corviños necesitan alguén con quen xogar; así que

vou levar a un dos dous. Cal dos dous quere vir?

- Eu –dixo a peona- que teño madeira de xúcaro e son máis forte ca ti, derrotareite co meu ferrón.

- Ti non me podes gañar nin en soños –dixo o corvo.

- Ten coidado, meu amor! –dixo o peón.

Despois duns minutos de intensa loita o corvo derrotou á peona, mentres que o peón subía a unha árbore para caer por sorpresa enriba do corvo. Pero chegou tarde; o corvo esquivou o

golpe e levou á peona ao seu niño.

O niño estaba no alto dunha montaña.

Era dunha cor amarela clara, grande e cheo de plumas. Nel había tres corviños pequerrechos, negros como o carbón e cun aspecto menos amenazador que o seu pai. Cando viron á peona alegráronse de ter un xoguete para divertirse, pero a peona non estaba para xogos. Triste, ferida, cansa e aínda mareada o único que desexaba era estar co seu namorado na súa casa.

Pasaron tres días. Estaba recuperada. Intentou escapar, pero o pai sempre estaba alerta.

42

Conto do Peón e da Peona

Remuiños 2011-12

Os corviños pedíanlle que bailase e que xogase con eles. Como lles tiña pena aceptábao. Bailaba e bailaba continuamente.

- Sabes facer máis trucos?

- Por suposto, pero estou moi cansa.

Mentras tanto o peón buscaba unha forma de salvar á súa namorada. Unha mañá preguntoulle o peón ao seu amigo o señor Diábolo:

- Sabes de alguén que poida axudarme?

- Axudarte, para que?

- Un corvo atrapou á miña namorada e a levou ao cumio dunha montaña.

- Tes diante de ti a axuda. Encantaríame vivir nas alturas. Non hai cousa máis bonita que cando me lanzan polo aire. Convenceremos ao corvo para que me leve a min e deixe libre á peona.

E así o fixeron. O peón lanzou ao señor Diábolo con todas as súas forzas cara ao cumio da montaña.

Afortunadamente aterrou no niño e así falou co pai:

- Veño a proponerte un trato. A peona baixa e eu quedo aquí xogando cos corviños. Quero quedarme porque me gustan moito as alturas.

O corvo aceptou a proposta que lle ofreceu o señor Diábolo e deixou libre á peona.

Cando o peón veu á peona alegrouse moito de que o plan do señor Diábolo tivera funcionado. Ao final, volveron bailar felices para o resto das súas vidas.

E colorín colorado, os peóns

seguen bailando.

! ! 5º de Educacoin Primaria

43

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

Como representante da A.D.

Esteiro, quero agradecer ás nais e pais a confianza depositada en nós. Grazas polos madrugones de fin de semana, que sabemos que son moi duros.

Grazas ao colexio polo seu apoio incondicional.

Grazas a C.B. Irmandiños, porque sen eles esta aventura non sería posible e sobre todo, a Alex, Daniel e David, os adestradores, que son os que transmiten aos nenos e nenas, esa ilusión polo deporte.

A todos nos gusta gañar, e non o saboreamos moito esta tempada, pero quedamos co bo ambiente que hai nos equipos, a ilusión, o esforzo, e o traballo en grupo, das nenas e nenos da A.D.Esteiro.A todos, Grazas.

Jorge Rodríguez Seco.A.D. Esteiro.

44

A.D. Esteiro

Remuiños 2011-12

Un ano máis os xogos populares ocuparon unha grande cantidade do tempo de lecer e actividades dos nen@s. Aquí vai unha mostra deles:

45

O Xogo Popular

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

! Como moitos sabedes “O Tripitrape” é o nome do noso Grupo de Teatro. Este curso preparamos e representamos dúas obras: unha de títeres titulada “Os piratas e o tesouro da Sereíña” no Día da Paz e “A ratiña feroz” no Día das Letras Galegas.

“OS PIRATAS E O TESOURO DA SEREÍÑA”

Dous piratas , Medias Longas e Albóndega, atópanse cunha serea. Esta dálles un mapa dun tesouro coa condición de que a leven con eles na viaxe, pero os piratas non a queren levar. Un tempo despois a sereíña disfrázase dun malvado pirata chamado Pata Choca e faise co control do barco. Medias Longas e Albóndega decátanse do engano , pero aínda así a deixan ir con eles. Cando chegan á illa descobren que non hai ningún tesouro e que o que máis importa é a amizade.

46

Tripitrape

grupo de teatro

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

Remuiños 2011-12

“A RATIÑA FEROZ” ( Gloria Sánchez)

Esta historia comeza cando a Ratiña atopa unha moeda de chocolate. Vai á tenda e , cando quere mercar algo, o tendeiro ve que a moeda non é de verdade e cómea.

A Ratiña enfádase co tendeiro e este lle regala un lazo. A Ratiña sobe ao balcón para deixarse admirar polos mozos: un porco, un burro e un galo. Ningún deles lle parece axeitado. Pasado un tempo, chega un Rato co que decide casar. Van para a casa e a Ratiña, como ten que ir a un recado, vaise. O Rato queda cociñando e , por un fatídico erro, cae dentro da ola. Cando chega a Ratiña ve a comida e, claro, cómea , comendo tamén ao seu Rato.

Carmen Maldonado OrdóñezFiana Lamas Rodríguez e Carlos Freire Zaragoza 5º Curso de Primaria

Remuiños 2011-12

47

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

Xa rematamos outro curso máis, e queremos

mostrarvos o que ao longo deste curso a nova

directiva da ANPA fixemos para mellorar e facerlles o curso máis

agradable aos nosos fill@s. O máis visible do noso traballo son as festas , pero detrás hai moito máis :

-Tramitación da compra dos chandals do colexio.

- Tramitación das fotografías de fin de ciclo.

-Tramitación para poñer actividades para nen@s e para pais para o curso que vén.

-Tramitación de subvencións da Deputación para a actuación de Nadal e para as actividades extraescolares.

-Doazón de dous netbooks para a aula de informática do cole, (grazas á subvención concedida).

-Tramitación para conseguir patrocinador para a Festa do Deporte con agasallos para os nen@s.

-Poñer en funcionamento o banco de libros grazas á idea dunha nai.

-Apoiar á Federación de ANPAS para conseguir que o Concello o curso que ven nos poña as actividades que os nosos fill@s demandan, (obxectivo cumprido).

-Representación da ANPA no Consello Escolar.

-Subvención para as excursións de fin de curso dos soci@s.

- Organización e reparto da churrascada de fin de curso ( subvención para os soci@s).

-Chocolatada para todo o colexio en Nadal, na que temos en conta a todos os nen@s alérxicos do colexio traendo para eles o necesario.

-Facendo gardas cando os nen@s están nas actividades, nas que contamos coa escasa axuda dalgún pai desinteresado. (GRAZAS).

Como cada ano a ANPA encargouse da festa de Nadal na que nesta ocasión tivemos a actuación do mago Martín Varela, que é o novo colaborador da TVG, isto foi posible grazas á subvención que a anpa tiña concecida pola deputación para unha actuación en Nadal, e os trámites feitos coa empresa para poder conseguilo e que todo saíra tan ben.

Nenos e maiores o disfrutamos. Aquí temos a mostra dunha rapaza que tivo a oportunidade

de actuar con él. Tamén, puidemos contar coa visita de Papa Noel que recolleu as cartas dos rapaces.

Despois, disfrutamos dunha boa merenda, grazas a participación dos pais no xa tradicional concurso de tartas, no que levaron un lote navideño de premio dúas tartas, unha ao mellor sabor e outra á mellor presentación. Tamén, os rapaces tiveron o seu protagonismo co concurso de postais navideñas, no que todos levaron un detalle por participar e os gañadores de cada categoría, que o xurado composto por

48

ANPA

Remuiños 2011-12

profesores elixiu, levou un xoguete. As postais gañadoras foron estas.

Premio E. infantil

Premio 4º,5º,6º

Premio 1º,2º,3º

! O martes 20 de decembro, todo o colexio puido disfrutar dunha gran chocolatada con churros, que como ben sendo tradición no cole, é a anpa quen se encarga desta, correndo con tódolos gastos e este ano incluso conseguindo que o Paxe Real visitara os nen@s para recoller ás súas cartas para os Reis Magos, xa que o Concello non conseguiu falar con eles para

que nos visitara.

Despois chegou a festa do Entroido, onde todos puidemos desfrutar dunha degustación de doces típicos destas datas, bebidas e de animadoras.

Na festa houbo un concurso de disfraces onde os gañadores foron :

Gañadora E.I Gañadora 1º,2º,3º Gañadora 4º,5º,6º

PARA OS PAIS TAMÉN TIVEMOS PREMIO

Mellor disfraz Gañadora do sorteo dun

día pensión completa no Hotel Spa Katiuska

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, AOS SOCIOS POLA SÚA AXUDA E ESTE ANO AOS NON SOCIOS POR COLABORAR COS GASTOS DAS FESTAS CO PAGO DA SÚA ENTRADA.

49

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

Saídas

Escolares

Educación Infantil

50

Remuiños 2011-121 Ciclo E.P.

51

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

2 Ciclo E.P.

52

Remuiños 2011-12

3 Ciclo E.P.

53

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

Relixión Católica

54

Remuiños 2011-12

55

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

Rumano Inglés Francés Galego Castelán

56

A Semana Santa Ferrolana

Traballamos unha cancion da Semana Santa en varios idiomas.

Remuiños 2011-12

57

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

!

!

58

Relixión Evanxélica

!

!

!MARCOS, ANAIRI,

MELANY, LAZARO, SARA,

MARCOS E DILAILA

(4º DE EI)

CLOE, GAADIEL E CHRISTIAN (5º DE EI)

DANI, CARLOS,

AINHOA E MIREIA

(1º PRIMARIA)

NATALIA, NAZARET,

JESÚS E KATIA

(2º PRIMARIA)

!

DIEGO E CONCEPCIÓN (6º DE EI)

Remuiños 2011-12

59

!

!

!

ESMERALDA, NICOLE, JOSÉ E MICHELLE

(3º E 4º PRIMARIA)

RAQUEL E AARÓN

(4º DE PRIMARIA)

ÁLVARO E SERAIDA

(5º DE PRIMARIA)

!

!

!

FLOR, NAYARA,

DESI FILIÁN E

DESI JIMÉNEZ

(6º DE PRIMARIA)

¡¡¡BOA ENTRADA NO INSTITUTO!!!

C.E.I.P. Esteiro - Ferrol

How old are you?I’m twenty three years old.

Where do you live in he United States?In Maine, in a town called Freeport.

In what parts of the United States have you been?In 47 states, not in Alaska or Hawaii.

What are the differences between the schools in Spain and the schools in the United States?They are very similar, but they have lunch at school and they play a sport for school.

Did you work at schools in the United States?No, when I was at university I volunteered teaching Spanish.

Do you like your job?I really enjoy it.

Do you know people in the USA that did what you are doing?Yes, I have a friend in Maine that had a job in Ferrol, in Canido. What a coincidence!

Where did you study?At Middlebury College in the state of Vermont, near Maine.

Why did you choose Spain?Because when I was at university, I went to La Rioja for a year, I wanted to return.

Why did you go to La Rioja?Because I was studying Spanish at university and to speak a language it’s important to live in that country for some time.

Did you work at other places in Galicia?No, I didn’t.

What is your favourite thing here?The food, the landscape and the people.

What do you like the least?I don’t like that shops are closed on Sundays.

Do you like our typical celebrations? Yeah, I do think Spain has a lot of traditions. They’re interesting.

Do you like the popular games we play at school? Would you like to learn some of them?I would like to learn and I like the museum too.

Do you like the headmaster and the secretary from our school?Yes, everyone here is very friendly.

What is your favourite thing at school?The students.

With which class do you like working the most?The maths class in 6th grade.

What thing do you like the least from school?Getting up early, but there is a coffee machine; VERY NICE!!!

Do you miss your family?Yes, I do. I talk to my sister every day.

!"#$#% &'()á"*)

+,,%

-*'%(*+

#(.*/0#*1*2

34

5%(67%6* %88#8.%(.

60

9'""4

5#($'"(