22
5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO RÍADA DE LIBROS CON MIRADA PERIODÍSTICA

Ríada de libros prensa

Embed Size (px)

DESCRIPTION

DOSSIER DE PRENSA DO ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA NO PROXECTO RIADA DE LIBROS

Citation preview

Page 1: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

RÍADA DE LIBROS

CON MIRADA

PERIODÍSTICA

Page 2: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Saída ao río Sar O día 26 de novembro 5º A e 5º B fixemos unha saída a un tramo

do río Sar.

O meu grupo foi primeiro a observar insectos.

Déronnos unha rede e tiñamos que remover na auga para ver se

colliamos algún.

Arriba había unha mesa con bandexas nas que se metían os

insectos que cazamos.

Despois fomos ao grupo de observación das árbores, cada vez

que viamos unha árbore nova tiñamos que buscar a folla nun

libro.

Vimos:carballos, edras, salgueiros, bidueiros, freixos, ameneiros,

unha herba tintureira, e unha falsa acacia.

Vimos tamén dous paxaros: o petirroxo e o corvo mariño real.

Por último collimos unha mostra de auga, comprobamos o PH o

nitróxeno e o osíxeno.

Page 3: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Saída ao río Sar

O martes 26 de novembro, os alumnos de 5º de Primaria do

colexio Agro do Muíño fomos de excursión ao río Sar. Antes de

saír, a profesora deunos unhas fichas para cubrir. Logo baixamos

e fomos camiñando ata o río.

Cando chegamos, a nosa guía Patricia díxonos que estiveramos

calados para que os animais non se espantaran.

A continuación fixemos equipos para analizar o estado do Sar.

Uns recolleron follas, outros insectos e invertebrados, outros

observaban anfibios e aves e por último outros recollían auga do

río en tubos.

Máis tarde merendamos á beira do río e algúns fomos con

Patricia a coñecer máis vexetación do arredor. Con Patricia

aprendemos que a falsa acacia é unha especie invasora.

Finalmente collimos auga nun bote, e metímola en tubos máis

pequenos para analízala.

Primeiro, enchimos dous botes ata o borde. Logo outro ata a

metade , e metímolles dúas pastillas a cada un, para saber o PH,

o osíxeno e o nitróxeno disolto.

O resultado non o sabemos, pero esperemos que esté san!

Page 4: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Charla sobre os problemas do rio Sar O venres ,7 de marzo, tivemos unha charla na biblioteca

sobre os problemas do río Sar. Un señor de 63 anos foi o

encargado de darnos a charla. Comezou explicándonos o

estado do Sar o que agora mesmo, teno pésimo. Logo

ensinounos dúas botellas na que unha contiña auga

mineral e a outra auga do río Sar.

Atopamos unha gran difereza entre unha e outra, xa que

a auga do rio era dunha cor castaña e con moita

suciedade no fondo, mentres que a outra era

transparente e sen ningún resto de terra.

Díxonos que o Sar tiña esa cor polos vertidos que tiramos

nós polo váter, polo lixo, polo fregadeiro...

Despois falamos sobre unha folla de preguntas que nos

fixera para saber como estaba o Sar nos tempos dos

nosos pais e avós.

Moitos dos nenos dixeron que daquela podíase pescar,

bañarse, beber e lavar a roupa nas súas beiras. Mentres

que agora a súa auga está moitísimo máis contaminada.

Ademais explicounos o que debemos facer para que non

todo o que tiramos acabe no rio. Díxonos que o aceite

que usamos para cociñar hai que metelo nuns botes de

Page 5: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

cristal e logo tiralo no punto limpo, tamén que os

medicamentos caducados hai que levalos á farmacia, que

o aceite dos coches é mellor cambialo no taller…

A continuación mezclou a auga do Sar con: lexía,

augarrás, xabón para lavar a louza, medicamentos e

champú. Ao final ensinounos unhas fotos e vídeos

dalguns sumidoiros pretos do río aos que desbordáballe a

auga e os vertidos que levaban.

¡Aprendimos moito e pasámolo moi ben!

Page 6: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

VISITA Á DEPURADORA

O mércores, 26 de marzo, fomos de excursión á Estación

Depuradora de Augas Residuais(EDAR). Saímos do colexio e

fomos andando ata ela. Alí estaba esperándonos Patrícia, a

responsable de medioambiente de Ames, e dous señores. Os

seus nomes eran Pepe e Pablo. Ao entrar dividímonos en 5ºA

e 5ºB. Pepe foi o encargado de explicar ao noso grupo, e

Pablo o de 5ºB. Nós dirixímonos ata a sala de control da

depuradora, na que Pepe explicounos moitas cousas.

Primeiro explícounos o que era unha depuradora. Díxonos

que era un lugar onde chegaban as augas residuais das nosas

casas, onde logo unhas máquinas depurábana ata deixala

“limpa” e levábana ata o río Sar. Logo díxonos en que

consistía o ciclo urbán da auga. Comeza no río, logo as

plantas potabilizadoras que a limpan para que a podamos

usar, a continuación as nosas casas e de alí ata a depuradora

na que ao final depuraban as augas residuais e ao final

tirábana no río Sar.

A continuación explicounos o proceso de depuración das

augas residuais dende que chegan ata que terminan no río.

Primeiro separaban os componentes sólidos máis grandes e

logo os pequenos. Despois as graxas e areas. A continuación

pasaba a un tanque biolóxico onde unhas bacterias comían os

compoñentes orgánicos. Ao acabar de explicarnos Pepe

díxonos que saíramos para ver todos os sitios por onde

pasaba o auga dende o principio ata o final. Cando saímos

Page 7: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

ulía todo fatal e descubrimos que a maior parte do olor era o

lodo e os sólidos máis grandes. Despois grazas a un cono

medimos o lodo que había no tanque biolóxico e deu 500. Ao

final dimos unha volta polo que máis nos gustara.

PASÁMOLO XENIAL!!!!!

Lucía González Arribas

Page 8: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Visita á Aula de Natureza O venres, 21 de febrero de 2013, os

alumnos de 5º fomos á Aula de Natureza en

Ameixenda.

Cando chegamos, Patricia, a monitora, estaba

esperándonos, entramos á aula e díxonos que

íamos a elaborar unha maqueta do río Sar,

dixonos que os nenos de 6º xa fixeran a

primeira parte da maqueta e que nos íbamos a

facer a segunda parte. Despois de explicarnos o

que iamos a facer dividíronnos en grupos.

O grupo 1 quedouse abaixo, raspando a

maqueta para facer o terreo e os outros foron

arriba a debuxar nun papel especial as

montañas, os afluentes….

Despois fixemos unhas casas con plastilina,

pero mentras uns grupos facian as casas outros

marcaban os afluentes na maqueta.

Logo deixáronnos xogar dez minutos, e

merendamos.

Page 9: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Cando acabamos fixemos unhas montañas

con porispán.

Nós tiñamos pensado acabar a maqueta,

pero resulta que se elabora entre varios cursos,

empezou sexto, nós continuamos e agora os

do ciclo de Educación Infantil teñen que

acabala.

Pasámolo xenial, foi unha experiencia

estupenda, gustounos moito traballar en grupo

ese día, foi moi divertido, dounos un pouco de

pena ter que volver ao colexio.

Page 10: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

VISITA AO MUNCYT E AO ACUARIO Hoxe, 28 de marzo do 2014, os nenos de 5º e 6º do Agro

do Muíño fomos á Coruña a ver o museo Muncyt e o

Acuario de Fisterra.

Saímos as 10:00 do colexio e voltamos as 19:30.

Cando chegamos á Coruña, tivemos que ir dar un paseo

porque xa había visita no museo . Fomos camiñando un

camiño no que se vía as pequenas olas e merendamos.

Despois cando entramos no museo déronnos as entradas

e deixamos as mochilas nun carro de metal.

O primeiro que nos ensinaron foron dous robots que nos

deron a benvida ao museo. Despois fomos a unha sala e o

noso monitor, Paulo, fíxonos varias preguntas como unha

busca do tesouro. A continuación subimos 6 pisos para

ver a parte dianteira dun avión, un dos seus catro

motores e unha ala. Ao final da visita fomos a unha sala

onde fixemos un experimento para ver que substancias

flotaban na auga.

A continuación fomos a un comedor a comer os nosos

bocadillos.

Cando acabamos de comer, subimos ao autobús e fomos

para o acuario.

Cando chegamos o primeiro que fixemos foi ir ver as

focas e tivemos que esperar un rato porque no acuario

Page 11: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

tamén había visita e xogamos. Cando entramos

atendeunos unha guía chamada Raquel. O primeiro que

vimos foi un banco de besugos e despois fomos a un

corredor onde nos explicaron que no inverno en Galicia

houbo un temporal moi forte no que o acuario estivo

inundado. A continuación fomos ver moitos peixes uns

de piscifactorías , outros de auga doce e outros de auga

salgada. Despois fomos a responder unhas preguntas que

nos deran os profesores sobre o acuario. Antes de

marchar fomos a unha sala que estaba 2 metros debaixo

da auga a ver un tabeirón toro que medía 3 metros, entre

outros moitos peixes.Chamábase Gastón e tiña 17 anos.

Cando volvemos ao colexio fomos vendo a película de

Tadeo.

!!!!PASÁMOLO XENIAL E FOI MOI DIVERTIDO¡¡¡¡¡

Page 12: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

ESTUDO DO RÍO SAR

Page 13: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

DATOS XERAIS

Buscamos información na aula virtual do Centro

NACEMENTO: O río Sar nace en Meixonfrío ( Santiago de Compostela ) a 300 metros de altura. CURSO: Pasa polas parroquias compostelás de Sar, Conxo e

Laraño. Continúa por Bugallido e Ortoño (Ames) e

os Ánxeles (Brión) e en Iria Flavia (Padrón)

AFLUENTES:

Pola dereita : Sarela, Fontecova, Roxos, Riamonte Rois e

Senín.

E pola esquerda: Vilar, Esparille e Costaneira.

DESEMBOCADURA: O río Sar desemboca no río Ulla en Iria Flavia ( Padrón)

O RÍO DOS NOSOS AVÓS

Recollemos información das enquisas realizadas no

Centro polo profesor Patiño.

QUE COUSAS PODÍAN FACER OS NOSOS AVÓS NO

RÍO SAR? Podían beber auga, lavar a roupa , bañarse e

pescar.

Page 14: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

QUE COUSAS PODEMOS FACER NÓS? Ningunha das cousas que facían os nosos avós posto

que o río está moi contaminado e se facemos algunhas

destas cousas poderiamos enfermar.

COMENTA AS DIFERENZAS Moitas, porque cando os nosos avós eran pequenos

podían facer moitas cousas no río , pero nós non

podemos posto que agora o río está moi contaminado ,

podían disfrutar moito máis do río.

SITUACIÓN ECOLÓXICA DO RÍO SAR

Resumimos a ficha elaborada a partires da saída de

inspección ao río

ESTADO DA AUGA: Cor turbia, Cando fixemos a visita comprobamos que tiña moitos bichiños que indican que está moi i contaminada , ten moito lixo no seu interior.

Page 15: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

ESTADO DO BOSQUE DE RIBEIRA: Deficiente porque hai algunhas árbores propias do

bosque de ribeira, pero en xeral está en moi mal

estado.Abunda a falsa acacia que é unha especie invasora.

Nun panel informativo lese :

”O estreito bosque de ribeira está moi deteriorado,

aparecendo maiormente substituído polas algarrobas,

unha especie invasora de orixe norteamericana propiade

solos fondos e húmidos.

Nos escasos lugares mellor conservados hai salgueiros,

ameneiros, freios e bidueiros.. En Sisalde vese algunha

fraga de carballo mesturada con castiñeiros.”

Page 16: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Tamén pon “O BOSQUE DE RIBEIRA É FUNDAMENTAL NA

CONSERVACIÓN DOS RÍOS”

ESTADO DA FAUNA E FLORA: Non hai moita fauna posto que o río está moi

contaminado,

Aínda viven algunhas especies propias de augas limpas ,

como a rata de auga, a londra ou a garza real., pero cada

vez en menos cantidade.Tamén veñen andoriñas na

Page 17: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

primavera.

O día que fixemos a visita collemos un tricóptero, que,

según nos explicou a guía, é un pequeno invertebrado

propoi de augas limpas e que xa non acostuma haber.

Aparecen especies invasoras, como o visón americano ou

a tartaruga de florida que fan desaparecer as especies

autóctonas porque compiten polo alimento.

Da pesca, xa non hai lampreas nin troitas, según lemos

nun cartel informativo, só quedan anguías.

Na zona da Amaía hai cultivos de millo e prados..

Lemos no panel informativo “ Nas ribeiras destaca a

vexetación herbácea como as persicarias, indicadoras dun

elevado estado de contaminación orgánica . Metidas na

auga medran espadanas e outras especies de zonas

húmidas” Vimos edras e herba tintureira.

MALAS PRÁCTICAS QUE ENFERMAN O RÍO

Buscamos información na aula virtual

Enumera cinco malas prácticas e as consecuencias delas no río:

Presencia de vertidos directos autorizados e

Page 18: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

vertidos ilegais.

Residuos de medicamentos de uso habitual.

Residuos de produtos procedentes dos cultivos.

Residuos de metais pesados propios da industria.

Residuos sólidos como neumáticos,zapatos, restos

de pañais, compresas...

Page 19: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

A AUGA QUE CONSUMIMOS

Explica o Ciclo Urbano da Auga

Para ter auga para beber na nosa casa e no noso colexio

o primeiro que facemos é recoller a auga da natureza. A

auga natural encóntrase nos ríos, no mar ou nos

acuíferos. Conducimos el auga da natureza ata as

plantas de potabilización.

1º POTABILIZACIÓN

A auga da natureza non se pode beber. Para poder beber

esta auga hai que potabilizala na planta de potabilización.

A auga de chega a través de uns condutos, a fan pasar por

unhas rexas para filtrala de follas, ramas, pedras e outros

obxectos. Enseguida lle añaden un pouco de cloro, o cloro

é o seu mellor amigo... é como o xabón e serve para

limpiala de microbios. Despois pasa por uns filtros moi

finos, que ao pasar a auga por alí e queda moi limpa . A

auga está limpa, pero aínda non se pode beber, entón lle

añaden un pouco de cloro a auga, para que viaxe con ela

por todos los condutos sen ningún microbio.

2º. DEPURACIÓN A auga residual chega á planta depuradora. Para limpar a auga realizamos un proceso chamada depuración. Separamos as cousas que contaminan a auga, como aceites, restos de comida, papel, ... Para facelo, deixamos

Page 20: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

a auga sucia reposando nunhas balsas de maneira que as cousas máis pesadas que leva a auga caen ao fondo.

Despois facemos pasar a auga por outras balsas onde viven uns microorganismos que se comen toda a suciedade. Esta auga depurada podémola volver a utilizar para outras cousas

3ºRECICLAXE

A auga depurada podémola utilizar para regar os xardíns de vosas cidades ,os campos, apagar incendios ...

POTABILIZAR E DEPURAR

QUE É UNHA PLANTA POTABILIZADORA? Dise potabilizadoras ao conxunto de estruturas nas que

se trata a auga de maneira que se volva apta para o

consumo humano.

COMO FUNCIONA? Existen diferentes tecnoloxías para potabilizar a

auga, pero todas deben cumprir os mesmos principios:

Combinación de barreiras múltiples (diferentes

etapas del proceso de potabilización) para alcanzar

baixas condicións de resgo.

Tratamento integrado para producir o efecto esperado.

Page 21: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Tratamento por obxectivo (cada etapa del tratamento ten unha meta específica relacionada con algún tipo de contaminante).

QUE É UNHA PLANTA DEPURADORA? Unha depuradora é unha a instalación onde a auga sucia se somete a un proceso no que, por combinación de diversos tratamentos físicos, químicos e biolóxicos, se consegue eliminar as suciedades producidas polos homes. COMO FUNCIONA? A auga sucia se verte ao sumidoiro por industrias e zoas

urbanas. A auga chega a la estación depuradora a

través de un sistema de colectores. O tratamento iníciase

no bombeo de entrada.

Unhas rexas de desbaste reteñen a sucidade sólida máis grosa. A operación repítese con filtros máis espesos, que reteñen os restos máis finos. O tratamento continúa e acaba no descarnador-desengraxador onde, por procesos mecánicos, se funden as areas e flotan as graxas. Logo se aporta á auga a cantidade necesaria de osíxeno para que as bacterias fagan a limpeza dos restos biolóxicos

A continuación añádese cloro para que las bacterias desaparezan.

A auga xa limpa retorna á natureza e continúa o seu ciclo.

Page 22: Ríada de libros prensa

5º E.P. C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

SACO AS MIÑAS CONCLUSIÓNS Nós, os nenos de 5º fomos visitar un tramo do río Sar que está na rede Natura 2000, neste tramo, o río estaba moi contaminado e a nosa monitora, fixo un experimento , cunhas pastillas e coa auga do Sar para ver se o río estaba contaminado, e en efecto estaba contaminado.

Alejandro Guillermes.