Upload
others
View
2
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
�1
Man
uel
M a r í a
Roteiro “Manuel María en Monforte de Lemos”
Relator: Xosé Martínez Rodríguez Monforte de Lemos, 10 de outubro de 2015
�2
Percorrido
1. Praza de Carude
2. Nosa Señora da Antiga - Colexio dos Escolapios - A Compañía
3. A Ponte Vella
4. O Convento de Santa Clara
5. Centro do viño
6. Inés de Castro
7. Igrexa da Régoa - Convento de Santo Domingo
8. Monte de San Vicente
9. Rúa do Cardeal
10. Monumento a Manuel María
Datos de interese para o roteiro.
Poemas para ler no roteiro
Fotogra3ías de espazos relativos ao roteiro
Información histórica ou cultural de interese.
�3
Carné de identidade
Eu son Manuel María. Nascín o ano 29, o 6 de outono, en Outeiro de Rei da Terra Chá. Son dunha casta rexa de labregos 3ideles á súa terra i ó seu Deus.
Agora son un namorado.
Eu son Manuel María, cantor da Terra Chá que algunhos din. Cantor da terra chá que leva un clavada nas entrañas, penso eu.
Eu son Manuel María, labrego con algo de poeta. Por eso gardo as albas no fondo dos meus ollos e ando de vagar o meu camiño e pídolles ás cousas a súa tenrura e aos homes pídolles verdade.
Non teño máis tarefa: son unha humilde folla que salaia na noite escura movida polo vento. Eu son Manuel María, un son tan só, lonxano e feble.
Documentos persoaes, 1958
Tarxeta de visita
Manuel María –xa o sabedes– é o meu nome feble, corto, esguío e tan desamparado que sempre o usei sen apelidos. Un nome humilde como a brisa que fai ondear as centeeiras, unha folerpiña de neve –un salouco só que o ar desfai– que non pode chegar ao chao sen derreterse. Un nome como tantos, sinxelo e do pobo. Polos Hortas apelídome Fernández, vella casta xunguida á terra dende sempre no meu Outeiro de Rei da Terra Chá. Por parte de nai son Teixeiro, familia de labregos, que aínda vive no vello casal de Vilanova, perto a Lugo, na parroquia que din de Sanamede. De neno prendeume o Miño coa súa música e puxo no meu corazón vellos cantares. Teño xa moitísimos anos repartidos en alegrías, tristuras e fracasos. Publiquei algús libros. Son casado. Levo barba entre cana para tapar o medo que, como un verme, roi o meu sosego. Procurador de o3icio. Gáñome a vida –e tamén o noxo e a desesperanza– coa miña profesión e outras tristezas. Agora vivo en Monforte para o que gusten, coidando o amor, a comprensión, a fe nos homes, na Terra e máis na fala. Carezo de títulos importantes. Non teño vocación para arquivar diplomas que son febles papeis –fume de nada– que sempre rematan no faiado irremisibelmente roídos polos ratos. Toda a miña ilusión é ir tirando. E se falo de min é para dicir que aínda estou vivo, sano e salvo.
Remol, 1970
�4
Eu nacín en Outono cando o sol é colleita total madurecida, plenitude cabal e ben cumplida, frorecido ronsel, morno remol.
En Outono a vida é doce e mol, esperanza longamente presentida, madurez xenerosa conquerida na loita da semente por ser frol.
Eu nacín en Outono cando o mundo é un froito dourado e en sazón, un soño melancólico profundo.
Para ti é, Outono, esta canción que a min me deixou no corazón un misterio vento vagamundo.
Poemas ao outono, 1977
�5
Praza de Carude 1Á praza de Carude dedicoulle un poema no Cancioneiro de Monforte de Lemos. Nel se capta a singularidade dese barrio, cun especial sentido do tempo, cunha arquitectura tradicional conservada en moitos casos, coa capela de San Lázaro e coa propia praza que foi eira.
A ermida é o que perdura dun antiquísimo hospital de leprosos que se remontan ao século XV. Conserva os típicos ocos labrados nas paredes de pedra nos laterais da porta de entrada.
Tamén tivo importancia a construción do Cárcere durante a ditadura de Primo de Rivera. O seu abandono levouno á ruína total.
�6
Canción da Praza de Carude
¡Ouh fermosa plenitude que me deslumbra e namora: miña Praza de Carude, cidadana e labradora…!
Ti escoitas emocionada ao Cabe, vello e cansado, ¡que che canta unha balada con verbas de namorado!
¡Nos teus vellos corredores o tempo dorme o seu sono entre paxaros cantores e as recolleitas do outono!
San Lázaro, na capela, está cuidando de ti: ¡nunca dorme, sempre vela e algunas veces sorrí!
Carude: ¡tés na lembranza o tempo en que fuches eira, un sagro ritmo de danza e a brisa da primavera…!
�7
Dende Carude dirixímonos á Compañía (Nosa Señora da Antiga, colexio dos escolapios).
Coñecido popularmente como o Escorial de Galicia, é un edi3icio de estilo herreriano dos séculos XVI-‐XVII, con dúas ás perfectamente simétricas e unha igrexa central cunha xenerosa cúpula rematada en lanterna. A súa construción foi iniciada polo cardeal Rodrigo de Castro no 1593. Actualmente, é o Colexio dos Padres Escolapios e alberga unha sobranceira pinacoteca na que as xoias máis prezadas son as obras de El Greco.
En relación a este espazo sinalamos cinco poemas dos trinta que compoñen en total o Cancioneiro de Monforte de Lemos. Son os titulados:
-‐ Cancionciña en lembranza da Festa das Reliquias, -‐ Cancionciña do reiseñor e a noitarega no Campo da Compañía, -‐ Colexio Nosa Señora a Antiga, -‐ O Cardeal don Rodrigo de Castro e -‐ Francisco Moure.
A Compañía 2
�8
Cancionciña en lembranza da Festa das Reliquias
Fun a Monforte, ai amor, ás Reliquias, que era maio: ¡o Cabe, tan encantador, baixaba feito un sabio!
A Monforte fun, meu ben, tras de lembranzas amadas: ¡só sentín pasar o tren e o rego das Malloadas…!
Subín triste a San Vicente e contemplei todo o Val: ¡qué paisaxe transcendente nun mundo tan natural!
Se houbo alguén que tivo verdade i ra pa i xón po las sagradas reliquias esa foi Catalina de la Cerda, esposa de Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos. Durante a súa etapa como virreina consorte de Nápoles chegou a xuntar, co favor do Papa Pablo V, máis 300 reliquias. Esa colección de supostos restos óseos de santos e mártires, así como de obxectos sagrados relacionados coa vida de Cristo, gárdase no Convento das Clarisas de Monforte, fundado en 1622 polo empeño e religiosidade de Catalina de la Cerda. No convento de clausura dormen restos que van desde anacos da cruz a leite da Virxe, pasando por anacos da Saba Santa, o sepulcro ou a columna da 3laxelación
�9
Cancionciña do reiseñor e a noitarega no campo da
Compañía
Ai, amiga e compañeira: ¡quén tivera a nosa sorte de escoitar, pola ribeira, ao reiseñor, en Monforte!
Ai, compañeira e amiga: ¡qué señardade labrega ten en Monforte a cantiga, tan triste, da noitarega!
Noitarega e reiseñor a cantar na Compañía: ¡o teu corazón, amor, con desacougo batía…!
Batía o teu corazón, o meu corazón tremaba: ¡se cantaba o reiseñor, a noitarega laiaba…!
�10
O cardenal Don Rodrigo de Castro
Rayos ciñe la luz, estrellas pisa xa da lúa e das neves coroado, festexado do orballo e máis da brisa, diamante centilante en luz broslado.
Era monfortino Rodrigo o Cardenal pese a nacer e vivir en terra allea: ¡pro era de lei, bó trigo candeal, alta torre de amor, marea plea…!
Deixou na ribeira do Cabe cantador unha poética lección de xeometría: a pedra dura foi liña. E foi amor. ¡Foi o Colexio que din da Compañía!
Agora, e sempre, xa de luz cinxido na nosa lembranza vive docemente. Ouh cardenal Rodrigo: ¡o tempo ido no teu soño está, feito presente!
Rodrigo de Castro Osorio, (Valladolid 5 de marzo de 1523 -‐ Sevilla 1600) foi Cardeal, bispo de Zamora, (1574 -‐ 1578) e da Diocese de Cuenca, ( 1578 -‐ 1581 ), arcebispo de Sevilla, (1581 -‐ 1600), membro do Consello de Estado de España e do Supremo Consello da Inquisición durante o reinado de Felipe II. Tío-‐avó de Pedro Fernández de Castro e Andrade, sétimo Conde de Lemos.
Auténtico home renacentista , considerado por moitos autores como o últ imo gran príncipe eclesiástico.
O seu espírito inquedo lévao a viaxar: Flandes, Portugal, Francia, Italia, Alemaña; viaxes nos que se fai cun importante patrimonio artístico, a maior parte do cal vai atesourando na cidade de Monforte de Lemos.
É moi criticado polo seu gusto polo boato e a suntuosidade. Sucédense custosas partidas de caza, e gran número de criados, ademais do gusto polo luxo e as obras de arte. Sente unha grande afección pola Cetrería. Xorden así mesmo críticas no Arcebispado de Sevilla, ao rodearse exc lus ivamente de cr iados e colaboradores galegos.
T a m é n d e s t a c a p o l a s ú a xenerosidade e humanismo; crea unha residencia para mozas en s i t u a c i ón d i 3 í c i l , l o i t a p o l a humanización do trato nas prisións, axuda ao clero empobrecido, á construción e mellora de templos, hospitais e asilos, ademais de exercer de mecenas das artes.
�11
Colexio de Nosa Señora a Antiga
Colexio de Nosa Señora a Antiga: ¡a liña é luz, beleza pura, claridade con ritmo de cantiga, harmonía, contención: arquitectura!
Ouh cardenal Rodrigo: a obra túa é xeometría, espacio, forte mastro, sobriedade –calculada e núa– e blasón inmorrente dos de Castro.
Aí está o gran retablo. A madeira por Francisco de Moure traballada. ¡Ahí está, enteira e verdadeira, a realidade vivida e a soñada…!
Ollade a gran praza. E contemplade o colexio: é luz petri3icada. Aí está a harmonía, a claridade na liña herrerián aprisionada.
O seu fundador foi o cardeal Rodrigo de Castro. O colexio foi Real Seminario de Estudos a ta 1773 e xerme da Universidade, ostentando ata sete cátedras nun momento en que apenas estaban implantadas na provincia. Primeiro foi rexentado polos sesuítas. A Pragmática Sanción de 1767 expulsou a estes de España e eliminou os símbolos que recordasen a súa estancia no país, o cal se pode constatar observando o espazo en branco que deixou o seu escudo tras ser retirado do retablo de Francisco de Moure. A mediados do século XVIII pasou a mans da Familia de Alba, que o cedeu en 1873 aos Padres Escolapios.
�12
Francisco de Moure
Francisco de Moure: o teu afán foi darlle á madeira luz e vida. A beleza é precisa como pan. ¡A beleza soñada e conquerida!
A beleza da 3lor, do ar, da neve. A beleza eterna, núa, feiticeira. A beleza da liña e do releve. ¡A beleza da gubia na madeira!
A beleza que fuxe con por3ía. A beleza que é preciso domear. A beleza sutil da luz do día. A beleza que cómpre eternizar.
Xenial Francisco de Moure, creador dun universo de albas e solpores. ¡Francisco de Moure, máxico escultor do gozo da alegría e a dor das dores!
Francisco de Moure (Santiago de Compostela, c. 1595 -‐ Monforte de Lemos , 1636) fo i un e s cu l to r manierista e barroco.
Moi novo trasladouse a Orense, onde descubriría por medio do seu avó materno, canteiro de profesión, a súa vocación artística. Viaxou a Castela, onde coñeceu os traballos de artistas que deixaron unha fonda pegada nel, como Berruguete e Juan de Juni. Os seus comezos foron como aprendiz de Alonso Martínez, en Ourense. En 1598 comezou a traballar como escultor independente, realizando a escultura de San Roque da catedral de Orense.
Na súa primeira etapa destacan os retablos das igrexas de Sandiáns e de San Pedro das Maos (Ourense). Máis adiante realizaría obras como o San Mauro da Catedral de Ourense, o retablo da igrexa de Beade en Ribadavia, e cinco retablos para o convento de Samos. Xa en Lugo, realizaría a súa obra máis importante, o coro da Catedral de Lugo. Tras 3inalizar o coro lucense, foi contratado en Monforte de Lemos para a realización do retablo da capela maior do colexio dos xesuítas, o Colexio da nosa Señora da Antiga, obra de espectacular envergadura, en tamaño e calidade artística, que non podería rematar, pois en Monforte sorprenderíalle a morte en 1636, sendo o seu 3illo Francisco quen 3inalmente remataría a monumental obra.
�13
O fundador O Colexio foi fundado polo Cardeal don Rodrigo de Castro, 3illo da III Condesa de Lemos dona Beatriz de Castro e do Conde don Álvaro de Osorio. A 3igura do Cardeal tivo gran relevancia ao longo do século XVI: foi conselleiro de goberno de Felipe II e Felipe III, ademais de arcebispo de Sevilla e protector de grandes escritores e artistas.
O ediJicio e a súa fundación O colexio, de traza herreriana, foi e d i 3 i c a d o p o r d i f e r e n t e s arquitectos, uns xesuítas e outros segrares. O plano primitivo foi trazado polo xesuíta Andrés Ruiz e Veremundo Resta, aínda que que os planos de3initivos foron retocados por Andrés Ruiz e o propio Cardeal.
As obras iniciáronse en abril de 1593 e foron interrompidas por diversos motivos, así tiveron que
ser terminadas, tal e como están hoxe, polos Padres Escolapios. Estas obras foron 3inanciadas co diñeiro da venda do cadro de Van der Goes en 1910. Así se xusti3ica a presenza do escudo das Escolas Pías no claustro, xunto co dos Condes de Lemos, a casa de Alba e o do Cardeal.
O claustro é de estilo dórico con columnas acanaladas e friso decorado con triglifos e metopas. En cada lado da parte superior hai cinco 3iestras sobre as cales hai un óculo, menos nas do medio que teñen encima un escudo dos xa citados. Na parte superior ao lado da Igrexa hai valiosos exemplares pertencentes á antiga biblioteca, entre os que se atopan varios incunables.
Desde o claustro accédese á Igrexa e ás escaleiras que dan acceso ás actuais clases de Secundaria.
�14
O museo O museo é unha pequena sala que anteriormente foi utilizada como sancr i s t í a . Deb ido ao seu reducido espazo non alberga gran cantidade de obras, o que non impide que as que alí se atopan sexan de gran calidade.
Entre outras hai dúas obras de El Greco: A Aparición da Virxe co neno a San Lorenzo ou San Francisco e Frei León meditando sobre a morte. A pinacoteca fórmana tamén cinco táboas de Andrea del Sarto: San Pedro, San Xoán Bautista, Santa Inés, Santa Margarita e Santa Catalina.
Á parte destas obras hai dous óleos da escola compostelá (O
Xuízo Final e A Morte) e un retrato do Cardeal por Francisco Pacheco.
Nas vitrinas laterais destacan varios obxectos do Cardeal: un Cristo cerimonial que presidía a misa, unha luva con bordados en 3ío de ouro procedente da tumba do Cardeal, varios documentos de gran valor histórico (Libro de cetrería, de don Pedro López de Ayala; Fortalitium Fidei, de Alonso de la Espina; a Crónica de Don Enrique III "el doliente", tamén de Pedro López de Ayala; o Libro de l a s s e n t e n c i a s , d e P e d r o Lombardo; un libro de copias notariais con temas sobre a fundación do colexio e o mosteiro de Santa Clara; e Crónicas de reyes de Castilla).
�15
A escaleira monumental Chama a atención esta escaleira pola súa amplitude (3 metros de anchura) cos seus chanzos dunha soa peza, en pedra de granito tan compacto que pese ao moito tránsito ao que estiveron sometidos non se nota ningún desgastar.
A escaleira consta de tres tramos sen aparente punto de apoio para o central, que se sostén grazas a un xogo de forzas que actúan mediante uns arcos apoiados en potentes muros.
A igrexa Pertence ao chamado estilo xesuítico, inspirada no Gesú de Roma, igrexa nai dos xesuítas. A planta é de cruz latina cos brazos pouco desenvolvidos.
A nave central está composta por unha bóveda de medio canón, adornada con casetóns e d e s c a n s a n d o s o b r e u n entaboamento xónico, cun friso que está labrado cunha sinxela cenefa.
Aos lados ábrense ocos para deixar sitio ás 3iestras que deixan pasar abundante luz. No
punto máis alto, sen contar a cúpula, a altura é de 20, 80 m.
A cúpula de media laranxa está sostida por catro arcos torais, nas súas pechinas descansan catro anxos que sosteñen o anagrama de Xesús e o escudo do Cardeal. Nas paredes da c ú p u l a p o d e n v e r s e o s deterioros ocasionados polo terremoto de Lisboa (1755). Esta cúpula termina nunha elegante lanterna de 4 m con seis grandes 3iestras. O diámetro interno é de 10 m e o total de 11,80 m.
�16
O p r e s b i t e r i o , d e f o rma rectangular ten 9,25 m de ancho e 6,20 m de fondo, levantándose 0,75 m sobre o chan da igrexa. As naves laterais teñen unha galería superior pechada e capelas intercomunicadas con abertura á nave central a través de tres arcos 3lanqueados por pilastras compostas que terminan en c a p i t e i s c o r i n t i o s m o i traballados.
Das capelas laterais caben destacar a do Santo Cristo, obra do escultor italiano Valerio Cioli (autor das estatuas da tumba de Miguel Anxo); feito de mármore dunha soa peza menos os brazos, foi encargado por Felipe II para o Escor ia l , pero rexe i touno
a r g u m e n t a n d o q u e e r a d em a s i a d o m u s c u l o s o e regaloullo ao Cardeal.
Tamén hai que mencionar a capela das reliquias, de estilo Barroco, na que se recollían numerosas reliquias traídas polo Cardeal das súas viaxes a Roma. A maioría foron roubadas durante as tres invasións n a p o l e ó n i c a s q u e s u f r i u Monforte durante a Guerra de Independencia. Consérvanse o Lignum Crucis do Cardeal, con dous fragmentos da Bera Cruz e unha espiña da coroa de Cristo.
�17
O retablo (19,85 m x 8,9 m) é obra de Francisco Moure, e está dedicado na súa maior parte á Virxe María. Foi encargado polos padres xesuítas o 16-‐11-‐1625. Consta de dous zócolos e tres corpos superpostos acabados por tres escudos, dous coas armas do cardeal e o do medio l i so , que debeu a loxar o anagrama dos xesuítas.
As principais imaxes esculpidas son o nacemento da Virxe, San I g n a c i o d e L o y o l a , a Anunciación, Visitación á súa curmá Santa Isabel, a Virxe da Ant iga , a C i rcunc is ión , o ostensorio acabado por un pequeno grupo escultórico que
representa o sacri3icio de Isaac e a Adoración dos Reis.
Nos pedestais das columnas aparecen esculpidos os catro e v a n x e l i s t a s e n o s intercolumnios que forman os zócolos superiores están as catro virtudes cardinais.
Á esquerda do altar atópase a estatua orante do Cardeal, única obra en bronce do escultor italiano Juan de Bolonia. Baixo esta estatua atópase o corpo momi3icado do Cardeal, tal e como se comprobou en 1942. En fronte da estatua, do outro lado do altar está un cadro da Virxe da Antiga, que o Cardeal tiña no seu oratorio en Sevilla.
�18
O cadro de Van der Goes Este cadro, que hoxe se atopa nunha capela lateral da igrexa, é unha copia do orixinal que se encontraba no mesmo lugar. A súa autenticidade foi descuberta polo crítico de arte monfortino Antonio Méndez Casal. A dirección do colexio creu necesario vendelo para poder restaurar o que xa estaba construído e terminar o colexio tal e como se atopa hoxe.
Nun primeiro momento o cadro foi ofrecido a Patrimonio Nacional, que se declarou sen fondos para compralo, polo que se pediu permiso para sacalo a pública poxa. O cadro foi adxudicado ao Kaiser-‐Friedrich-‐Museum de Berlín, por unhas 1.263.000 pesetas baixo a condición de mandar unha copia do orixinal.
Hugo Van der Goes naceu en Gante h. 1440 – e morreu en Auderghem, en 1482. Foi un pintor 3lamenco, da pintura gótica do século XV. É pouco o que se sabe sobre a súa vida. Entrou no gremio de artistas en 1467. As primeiras informacións sobre este pintor sitúano nos anos 1460 en Bruxas onde colabora coa decoración nas festas en honor das vodas do duque de Borgoña, Carlos o Temerario. Máis tarde foi elixido decano do gremio, desempeñando este cargo desde 1473-‐4 ao 18 de agosto de 1475. Xa en vida gozou
de ampla fama, tendo encargos tanto dos burgueses como da aristocracia. Estivo igualmente empregado polo goberno da cidade como pintor de estandartes e outras pinturas temporais.
Ao sufrir enfermidade mental, retirouse como irmán ao mosteiro Rodeklooster, preto de Bruxelas ao redor de 1478 coa esperanza de curarse da súa depresión. Non interrompeu completamente a súa actividade, pois é por esta época cando realizou a súa Morte da Virxe.
�19
Avenida de Santa ClaraA Ponte Vella 3
Dende A Compañía, dirixímonos ao Parque dos Condes onde collemos cara ao paseo do río e ao chegar a este tomamos dirección á Ponte Nova. Ao chegar a ela cruzámola e pasamos á outra beirarrúa para volver coller o paseo do río e chegar á Ponte Vella. Río Cabe e a Ponte Vella son protagonistas de dous poemas do Cancioneiro de Monforte de Lemos:
-‐ Poemiña do río Cabe e -‐ Canción da Ponte Vella.
A tradición di que é de orixe romana. O que sabemos é que foi reedi3icada polo mestre Pedro Rodríguez Ramberde a 3inais do século XVI. Ten seis arcos semicirculares, dous deles cubertos por reformas posteriores. Nos seus amplos arcos centrais poden lerse diversas marcas de canteiros. Nun dos seus lados, está o Museo de Arte Sacra das Madres Clarisas e noutro, a entrada na zona comercial da zona vella. Desde el pode accederse aos paseos polas ribeiras do Cabe.
�20
Poemiña do río Cabe
Ouh Cabe, meu río Cabe, marmurador e riseiro, ¡tés a tenrura da ave, pasas cantor e lixeiro!
Mandou a estrela da sorte que espallaras a cidade. ¡Cándo pasas por Monforte vas cheo de vanidade…!
¡Non lle temes ao castelo, as pontes non te domeñan! ¡Sigues, ufano e sinxelo, sen soltas que te deteñan!
¡Corres lixeiro, xentil e sen deixar de cantar! ¡Nas augas fondas do Sil sigues camiño do mar…!
Ouh Cabe, meu río Cabe, transparente e xogoral: ¡o teu marmurio suave é a cantiga do Val…!
Canción da Ponte Vella
A Ponte Vella, ¡ai amiga!, é un soño namorado. O Cabe, baixo os seus arcos, vai silandeiro e pasmado.
Baixo os seus arcos o Cabe vai pasmado e silandeiro e re3lexa nas súas ondas o soño máis verdadeiro.
O soño máis verdadeiro de cantería e pureza, ¡coa consistencia da pedra e o inefábel da beleza!
…e o inefábel da beleza que se sente e non se sabe: ¡na maxia da Ponte Vella sobor das ondas do Cabe!
�21
Rúa Santa Clara, s/n -‐ 27400 Monforte
O Convento de Santa Clara 4
Convento de Santa Clara
Mosteiro recollido das Clarisas no que a luz é lenta e moi suave: ¡o tempo remansado perde as prisas e escoita, quedo, marmurar ao Cabe!
Para unha banda tés a Ponte Vella, o Campo de San Antón ao outro lado. ¡O tempo vai arando, dura rella, o tempo vai facendo o seu furado!
¡E ti sempre calado e recollido! ¡Ti sempre pechado e silandeiro! ¡A ti non che importa o tempo ido, tampouco te preocupas do vindeiro!
As túas campanas rezando soedás, chamando aos menceres e a serán, ¡saudando o nacemento das mañás, chorando polas tardes que se van!
Practicamente a carón da Ponte Vella atópase o Convento de Santa Clara. A el está dedicado o poema “Convento de Santa Clara”. Destaca neste convento, fundado polos VII condes de Lemos e vicerreis de Nápoles (Pedro Fernández de Castro e Catalina de la Cerda e Sandoval) no século XVII o seu magní3ico Museo de Arte Sacra que conta cunha gran colección de arte italiana dos séculos XVI e XVII e con destacadísimas obras de Gregorio Fernández: un Cristo Xacente e unha Inmaculada.
�22
Reliquias Nos séculos XVI e XVII, posuír unha reliquia signi3icaba ter unha forza especial fronte ao adverso. Despois do Concilio de Trento, as reliquias e o que representaban tomaron máis importancia aínda, e a súa posesión chegou a ser unha especie de obsesión. Nob re s , r e l i x i o s o s e r e i s de sv iv í anse por a cadar e acumular reliquias que chegaron a constituír coleccións de arte m a r a b i l l o s a s , x a q u e normalmente son preservadas en valiosos obxectos fabricados para tal 3in, como a que os condes depositaron no convento das Madres Clarisas de Monforte.
Moi ao gusto da época son os r e t a b l o s -‐ r e l i c a r i o q u e multiplicaban nichos e ocos para poder colocar neles o maior número de reliquias. Tamén proli feran os denominados bustos parlantes, chamados así porque lle amosan ao espectador o tipo de reliquia que aloxan.
Desde 1610 a 1616 don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos ostentou o cargo de Vicerei de Nápoles. Tanto a cidade como o reino de Nápoles, eran nesta época un activo foco cultural, con fermosos xardíns, palacios e coleccións de arte, no que se cultivaban a música, o teatro e a poesía.
Boa proba da importancia deste reino para a Coroa española é que, segundo documentos da época, podían calcularse nuns 3 .000 .000 de ducados , os ingresos procedentes das Indias, e de 3.150.000 o que producía Nápoles. Durante a súa estancia en Nápoles, os condes e, en especial a condesa, realizarán xestións perante a Santa Sede para que lles autorice a trasladar un número importante de reliquias a España, ordenando realizar inventario de todas as que puidesen ser susceptibles de traslado.
�23
Carta da Condesa de Lemos a don Fernando Andrade, axente do reino de Nápoles en Roma (Archivo Histórico Nacional, Leg. 3.344.)
“Quedo muy contenta con el breve que Su Santidad me ha concedido para sacar Reliquias de Roma y desta Ciudad, pero no quiero dar gracias a V. m. del trabajo que le ha costado hasta que ponga esta gracia en perfecion, yo deseo que la licencia de Su Santidad se estienda por todo este Reyno para que no nos falten en todas partes Reliquias; si esta segunda petición no tuviere inconvenientes de consideración estimare en mucho que V. m. haga ofQicios de mi parte
con Su Santidad y Nepote de manera que nos la concedan.
Acá no tenemos noticia de los Cardenales y personas que tienen en essa Corte Reliquias y assi sera acertado que V. m. me embie memoria de los que son, para que yo vea a quienes se les puede pedir. No escrivo esta noche al Sr. C a r d e n a l B u r g h e s i o e n agradecimiento de las Reliquias que me embio porque me hallo muy cansada, harelo con la primera estafeta y entretanto sírvase V. m. de darle las gracias de mi parte. Dios guarde á V. m, como puede”
�24
En Napóles a 5 de Junio I.613. P. La Condesa de Lemos y de Andrade.
Na biogra3ía escrita por sor María de la Concepción de San Francisco, monxa do convento monfortino de Santa Clara titulada Memoria sobre la vida de doña Catalina de la Cerda y Sandoval, podemos ler: “…estaban en aquel tiempo poseídos de una santa avaricia por esa inapreciable riqueza, hasta tal extremo que un Sumo PontíQice llegó a llamar festivamente a Sor Catalina (la séptima condesa) ladrona de relicarios…“
Á morte de don Pedro, herdou os seus títulos e fortuna o seu irmán e sucesor, e deixou os seus bens libres, en usufruto, á súa
muller dona Catalina quen, un ano despois, ingresaría no convento das Madres Clarisas de Monforte, como Sor Catalina de la Concepción, falecendo no 1642.
Monforte de Lemos conta, na actualidade, cun dos Museos máis importantes de Arte Sacra de España, o máis completo e valioso museo de arte italiana dos séculos XVI e XVII de Galicia. A fundación do convento das Madres Clarisas, 3inanciada polos Condes, traerá engadida a doazón desta colección privada que, non só está composta por pezas de orixe italiana, se non tamén por obras de incalculable valor de artistas españois, como o famoso Cristo Xacente ou a Inmaculada do escultor Gregorio Fernández
�25
Centro do viño 5Cruzamos a Ponte Vella e seguimos o percorrido pola praza doutor Goyanes para coller despois pola rúa do Comercio onde se atopa o Centro do Viño, no edi3icio que fora hospital do Arrabal ou de Sancti Spiritus e posteriormente de 1821 a 2001 Casa do Concello. Actualmente alberga a O3icina Municipal de Turismo, as dependencias do Consello Regulador da Ribeira Sacra e o Centro do Viño da Ribeira Sacra que ofrece unha atractiva visión desta zona xeográ3ica tomando como 3ío condutor o viño.
O viño e os viñedos teñen especial protagonismo na Ribeira Sacra á que pertence o Concello de Monforte de Lemos xunto con outros vinte situados nas beiras do curso 3inal do Sil ou do curso medio do Miño en case todos os casos e pertencentes ao sur de Lugo e ao norte de Ourense.
Tres composicións do Cancioneiro de Monforte de Lemos xiran ao redor do mundo do viño:
-‐ Canción da vendima, -‐ Pandeirada do Amandi e -‐ Cancionciña aos viños do Val de Lemos.
Merece a pena pasear devagar pola rúa do Comercio e a praza doutor Goyanes tamén cheas de historia.
Rúa Comercio, 6, 27400 -‐ Monforte de Lemos, Tel. 982 10 53 03 info@centrovino-‐ribeirasacra.com
�26
Canción da vendima
Chegou setembro dourado e a uva está en sazón. ¡A uva ten madurado e agarda a recolección!
A uva é un milagre puro que remata sendo viño. ¡A uva é un sol maduro, tentador e pequeniño! A uva é moi delicada e ama ao sol e ás canciós!
Porque a vendima é un mito de fondo senso pagán. ¡A vendima é o gran rito en louvor de Baco e Pan!
Rapazas do Val de Lemos, o tempo ledo chegou: ¡cantaremos e aturuxaremos que a vide xa madurou!
Pandeirada do Amandi
Nobres viños de Doade, de Santiorxo e de Pinol: ¡sangue da terra, verdade e toda a forza do sol!
Viño de Lobios, xentil, prenda do meu paladar: ¡tés a música do Sil e os misterios do luar!
Meu viño de Amandi: aroma de delicados sabores ¡que visitaches en Roma aos grandes emperadores!
Que viños os de Sober, 3lor da Ribeira Sagrada: ¡de tan gustoso beber que non se lle iguala nada!
Cancionciña aos viños do Val de Lemos
Nobres viños monfortinos nados no medio do Val: ¡sodes acedos e 3inos, sodes o viño cabal!
Viños de Amandi, Doade, de Vilachá e Sober: ¿hai maior felicidade que a de podervos beber?
¡Soio quero por bebida un viño puro e paisán, pois ten a xusta medida que precisa a sede humán!
�27
Inés de Castro 6
Inés de Castro
Inés de Castro, doce e namorada, está lonxe Monforte de Alcobaça. ¡Ouh Inés de Castro, a malfadada: o amor de verdade nunca pasa!
¡Ouh sinxela Inés, garza real! ¡Ouh apaixonada Inés, a dolorida! ¡O verdadeiro amor sempre é leal! ¡O verdadeiro amor é toda a vida!
O amor é anceio, luz, arela. O amor, por ti, acada eternidade. Don Pedro non acouga, sempre vela, que o amor, ouh Inés, é a verdade.
A vida non ten senso sen amor. A vida non vale nada sen tenrura. ¡O amor vence á morte e máis á dor e o amor é sempre o que perdura!
Dende o Centro do Viño continuamos o percorrido pola praza de España, outra vía histórica de Monforte o mesmo ca o doutor Teijeiro. Nesta rúa atópase a Praza de Abastos e neste edi3icio con3lúe a rúa doutor Teijeiro coas de Bailén chamada en tempos medievais do Peso e coa de Inés de Castro, a ilustre muller 3illa do señor de Lemos Pedro Fernández de Castro o da Guerra que foi no século XIV raíña de Portugal despois de morrer e que protagonizou unha grande historia de amor co príncipe e logo rei Pedro de Portugal. Esta historia tivo un abundante tratamento artístico e literario a nivel internacional e tamén Manuel María lle dedica no Cancioneiro de Monforte de Lemos a composición “Inés de Castro”.
�28
Inés de Castro Inés de Castro (comarca da Limia, 1325 -‐ Coímbra, 7 de xaneiro de 1355). Nobre galega, pertencente á poderosa Casa de Castro, emparentada cos primeiros reis de Castela, 3illa de Pedro Fernández d e C a s t r o , primeiro señor xurisdiccional de M o n f o r t e d e L e m o s e d e Aldonza Lorenzo de Valladares. Foi media-‐irmá de Fernán Ruiz de Castro, III Conde de Lemos e de Juana de Castro e irmá de Alvar Pérez de Castro «o Vello». Inés foi amante do infante Pedro de Portugal (logo rei Pedro I de Portugal). Repudiada polos nobres portugueses, a súa unión con Pedro e os seus 3illos foron considerados ilexítimos e iso atraeulle o repudio do rei Alfonso IV de Portugal e os nobres, que culminou no seu asasinato. De xeito póstumo foi declarada esposa de Pedro e polo tanto raíña de Portugal despois de morta.
Na vida de Inés de Castro hai dúas partes moi distintas: a lenda, que transmitiu o seu nome a todos os pobos, e a historia real, que todas as investigacións da escola moderna non puideron aínda dilucidar por completo. Ignórase a época precisa do nacemento de Inés, e non se sabe tampouco onde tivo este lugar. O seu pai, Pedro Fernández de Castro, primeiro Señor de Monforte de Lemos, precursor da saga do Condado de Lemos e neto do rei Sancho IV de Castela, pertencía a
unha das familias máis antigas e ilustres de Galicia; a súa nai, Aldonza L o r e n z o d e Va l l a d a r e s , e r a descendente do rei Alfonso VI de Castela.
Infancia Nada se sabe sobre os seus primeiros anos; suponse que debeu ser educada na capital de Galicia, no palacio de don Juan Manuel, duque de Peña3iel e marqués de Villena, pois parece probado que viviu con Constanza Manuel, 3illa do duque e prima súa, a cal, logo de negarse varias veces a c on t ra e r ma t r imon i o , decidiu casar con Pedro, in fante de Por tuga l e posteriormente rei.
Viaxe ao reino de Portugal As dúas mozas abandonaron a corte de Peña3iel en 1340, e Inés residiu en Lisboa ou Coímbra en calidade de dama parente, e engade a tradición que, no instante da súa chegada á corte de Alfonso IV o Bravo, excitou unha viva paixón no corazón do infante herdeiro Pedro. Inés de Castro, amada apasionadamente polo herdeiro do trono portugués, e vivindo a esposa lexítima deste, era de moi nobre estirpe para tomar ostensiblemente o título de prostituta real do infante; pero o certo é que os amores de Inés e de Pedro propiciaron os celos de C o n s t a n z a , a c a l m o r r e u a consecuencia do parto do futuro herdeiro, Fernando, o 13 de novembro de 1345. A partir desta época os lazos que se formaron entre Inés e o infante tomaron un carácter moi distinto do que habían ter durante a vida de Constanza.
�29
Inés tivo varios 3illos do infante:
• Alfonso (1346), morto ao pouco de nacer;
• Beatriz (1347-‐1381), quen se casou co infante Sancho de Castela, 3illo de Alfonso XI de Castela e conde de Alburquerque e Haro;
• Juan de Portugal (1349-‐c. 1396, duque de Valencia de Campos, esposo de María Tél lez de Meneses, 3illa de Martín Alfonso Téllez de Meneses;
• Dionisio (1354-‐1397).
Princesa de Portugal Nove anos logo da morte da esposa lexítima de Pedro I, casou este coa que fora durante tanto tempo a súa amante, santi3icando a súa unión ante o b i spo da Garda e da l gúns servidores; pero se a unión foi bendicida, ningún documento puido presentarse que o probase; nada especi3icou os dereitos que adquirían a nova esposa e os seus 3illos, e n ingunha das tes temuñas do matrimonio, nin o mesmo príncipe, cando chegou a ocupar o trono, puideron asignar unha data precisa a aquel matrimonio clandestino que debía dar unha raíña a Portugal.
Asasinato En 1355, Alfonso IV o Bravo trasladara a súa corte a Montemor-‐o-‐Velho, cando varios personaxes in3luentes, inimigos da familia Fernández de Castro, persuadiron ao rei de que era preciso diminuír as pretensións daquela casa poderosa que se facía temer case tanto en Castela coma en Portugal, e que o medio máis seguro de conseguilo era quitarlle a vida a Inés, que ía subir ao
trono de Portugal. Os principais instigadores deste atentado foron tres señores in imigos dos Castro , chamados Alonso Gonçalvez, Pedro Coelho e Diego López Pacheco.
Dubidou o rei, pois vía por unha banda o perigo do seu neto o 3illo de Constanza, (Fernando) e por outra banda consideraba acción cruel matar a unha muller inocente de toda culpa. Sexa disto o que for, o certo é que o rei aproveitou un día en que o infante Pedro organizara unha cacería, e dirixiuse secretamente ao Mosteiro de Santa Clara, próximo á Quinta das lágrimas en Coímbra. Cando Inés soubo a chegada do seu sogro o rei, e as súas intencións, rodeouse dos seus 3illos e saíu a esperar ao monarca, a quen soubo conmover con bágoas e súplicas. Marchaba xa o rei, cando algúns cabaleiros que con el ían para presenciar a morte de Inés, entre eles Gonçalvez, Coelho e López Pacheco, suplicáronlle que lles enviase a matar a Inés, e non debeu opoñerse o rei, posto que estes cabaleiros entraron onde estaba Inés e matárona a puñaladas.
�30
Vinganza, lenda e realidade Terrible foi a vinganza de Pedro, pero antes de dala a coñecer, debe dicirse aquí a parte novelesca da historia de Inés de Castro, a lenda admitida pola tradición, pero non probada pola historia. Chegou o infante a ocupar o trono, e din que, mandando exhumar o cadáver de Inés, sentouna no trono, facéndoa coroar e obrigando así aos cortesáns a que lle rendesen os honores debidos a unha raíña. O cronista Fernando López nada di sobre esta exhumación e esta f an tá s t i c a c e r imon ia . A l gúns historiadores supoñen que a orixe desta lenda pode ser o costume que en Portugal había de bicar a man do cadáver dos reis, ou tamén de que nos séculos XIV e XV as e3ixies dos reis, modeladas en cera, se colocaban sobre o túmulo funerario, e tal vez esta e3ixie de Inés fose colocada por Pedro no trono, obrigando que á súa imaxe, e non ao seu cadáver, se rendesen as homenaxes. Dos tres instigadores da morte de Inés, Pedro Coelho e Álvaro Gonçalves expiaron dun modo terrible o seu crime; ao primeiro foille arrincado o corazón polo peito, e ao segundo por detrás; e Pacheco puido escapar a Francia e perdeuse o seu rastro.
Amor eterno Suntuosos foron os funerais que se lle 3ixeron a Inés; o seu corpo foi depositado en Alcobaça nunha tumba de mármore branco, cunha e3ixie coroada que Pedro 3ixera preparar de antemán, e preto da cal 3ixo erixir a súa propia sepultura. Dispuxo que os catafalcos se tocasen os pés: quería que o día da resurrección, ao
levantarse, a súa primeira imaxe que contemplara fose a de Inés.
A descendencia de Inés non ascendeu directamente ao trono, pero contraeu alianzas con todas as familias reinantes en Europa, en especial a súa 3illa Beatriz. Desta desprendeuse unha gran descendencia materno-‐l i n e a l , c u n s s o b e r a n o s q u e posteriormente serían famosos: en primeira xeración os seus 3illos, en segunda, a 3illa de Beatriz, Leonor de Alburquerque, raíña de Aragón; en terceira xeración, Alfonso V de Aragón, María de Aragón (raíña de Castela), Xoán II de Aragón, Enrique de Aragón, Leonor de Aragón (raíña de Portugal) e Pedro de Aragón, conde de Alburquerque; en cuarta xeración, Enrique IV de Castela, Alfonso V de Portugal, Fernando de Avís, duque de Viseu, Leonor de Portugal e Aragón (emperatriz xermánica) e Xoana de Portugal (raíña de Castela); en quinta xeración, Maximi l iano I de Habsburgo , Kunigunde de Habsburgo (duquesa de Baviera) e Xoana a Beltranexa; en sexta xeración, Guillermo IV e Luís X, duques de Baviera.
�31
Igrexa da RégoaConvento de Santo Domingo 7
Ascendemos agora pola histórica rúa Bailén. Ao 3inal desta xiramos á dereita e pouco despois á esquerda seguindo o noso percorrido agora pola rúa Santo Domingo que discorre paralela á muralla da que vemos ao pasar por esta rúa as Torres do Cárcere Vello e despois a Torre de Santo Domingo. Dende ela podemos baixar cara á esquerda para ver a igrexa e o convento de Santo Domingo fundados polos VII condes de Lemos no século XVII. Podemos lembrar a grande 3igura do VII conde de Lemos, gran monfortino e protector de importantes escritores como Lope de Vega, Cervantes, Góngora e Quevedo entre outros. A Pedro Fernández de Castro dedícalle Manuel María a composición “Don Pedro Fernández de Castro, VII conde de Lemos” incluída no Cancioneiro de Monforte de Lemos.
�33
Don Pedro Fernández de Castro VII Conde de Lemos
¡Pedro Fernández de Castro, meu señor! ¡Ouh nobre e humilde misia Catalina: que depositache en Monforte o teu amor de muller, de galega e… monfortina!
Don Pedro de Castro, 3lor de 3idalguía, que aló na Nápoles, leda e mariñeira, abriuse en ti, como unha luz, a poesía da túa cidade, ausente e feiticeira.
Argensolas, Lope, Góngora, Cervantes… A vida sen fantasía é triste, escura: ¡cómprennos as verbas máis amantes para que xurda a beleza nidia e pura!
Cando perdiche soños e privanza e apareceu a desgracia, a mala sorte: ¡Galiza foi para ti unha esperanza e amache, como nunca, ao teu Monforte!
Don Pedro Fernández de Castro, Andrade e Portugal (Monforte de Lemos, 1576 -‐ Madrid, 1622); VII Conde de Lemos, IV Marqués de Sarria, V Conde de Villalba, III de Andrade e Grande de España de primeira clase. Coñecido habitualmente como "O Gran Conde de Lemos", foi Presidente do Consello de Indias, Vicerrei de Nápoles, Presidente do Consello Supremo de Italia, comendador da Orde de Alcántara, e famoso estadista e diplomático. Embaixador extraordinario en Roma e Alguacil Maior do Reino de Galicia. Home de saúde fráxil, refuxiouse en Monforte para recuperarse das súas crises; destacou polas súas calidades como estadista, como intelectual e mecenas, consolidando a tradición na familia dos Castro, honrada tamén polo seu tío Rodrigo de Castro; recórdaselle tamén pola súa loita en favor dos dereitos do Reino de Galicia.
Foi un importante mecenas de grandes escritores da súa época, como Lope de Vega (quen pasou ao seu servizo como secretario), Luís de Góngora (na súa obra hai múltiples sonetos e poemas dedicados ao conde ou á cidade de Monforte) ou Miguel de Cervantes, quen lle dedicou a súa obra Los trabajos de Persiles y Sigismunda, a segunda parte do Quijote, as Novelas ejemplares, e as Comedias y entremeses, ademais dos irmáns Argensola, e de Quevedo.
�34
Camiños de Sefarad Ao redor destes espazos, aínda q u e n o n t e ñ e n q u e v e r directamente co noso autor, si podemos visitar outros puntos vinculados aos xudeus.
Antes que de xudería, e ao 3ío d a s ú l t im a s a c h e g a s d o investigador Felipe Aira Pardo, en Monforte de Lemos hai que falar de zonas de ámbito xudeu, por non atoparse na vi la m e d i e v a l u n b a r r i o exclusivamente habitado por hebreos, senón máis ben rúas e prazas nas que vivían familias xudías e cristiás indistintamente. Aínda así, a vella poboación intramuros, onde habitaron a maioría dos xudeus na Idade Media, constitúe por si mesma un espazo cargado de misterio, onde abundan as referencias a unha pequena comunidade cuxo recordo permanece indeleble a través de documentos, lendas e elementos arquitectónicos como os trabuleiros, que forman parte da mesma esencia comercial desta localidade.
Percorrer os diferentes 3itos relacionados cos xudeus e conversos de Monforte é tamén descubrir paso a paso unha boa p a r t e d a h i s t o r i a d e s t a poboación, refundada en 1104. Segundo un documento perdido do que se conservan citas anteriores, foi o 10 de abril de 1104 cando o conde Fruela Díaz e a súa esposa, a condesas dona
Estefanía Sánchez, mandan establecer unha nova poboación aos pés do Castro Dactonio, en terreos doados polo abade do mosteiro de San Vicente, dando t a m é n p e r m i s o p a r a a celebración de feiras e mercados para o abastecemento da poboación. Ata o século XVI, a cidade alta foi o lugar preferente onde se sucederon as diferentes culturas que conformaron a historia común de Monforte, pero a part ir desta data , coincidindo coa estabilidade do novo estado creado polos Reis Católicos, a maior parte da poboación foise instalando progresivamente ao longo da chaira pola que discorre o río Cabe, o que propiciou que o tempo se detivese nesta data na parte máis alta da cidade.
A primeira noticia documental sobre a presenza xudía na zona da futura Monforte de Lemos é un documento de 915 no que se menciona a un tal Ismael, xudeu, habitante da cidade. Antes desa data, as primeiras noticias rela-‐
�35
cionadas cos xudeus de Galicia son o século IV, época na que son vinculados coa act ividade c o m e r c i a l . D u r a n t e a dominación sueva, a tolerancia relixiosa deste pobo favoreceu a súa presenza , fac i l i tou a convivencia entre as distintas confesións de modo que houbo matrimonios entre xudeus e cristiáns, e 3ixo posible as relacións. A principios do século VII, co reinado de Sisebuto, e en cumprimento dos preceptos do I I I C o n c i l i o d e To l e d o , d e c r e t o u s e u n e d i t o d e expulsión de todos os xudeus do reino visigodo que non se bautizaron. Moitos xudeus fuxiron a buscar protección e terras entre o pobo veciño dos francos e outros permaneceron na península rec ib indo o bautismo e cedendo así ás presións dos visigodos. Morto Sisebuto, os xudeus que se b a u t i z a r o n v o l v e r o n a o xudaísmo, o que trouxo consigo unha época de fricións sociais e p e r s e cu c i ón s . Po r i s o , a principios de 637, volveuse mandar o cumprimento dos c a n o n s d o c o n c i l i o e prescr ibiuse con carácter obligatorio que: “No se diese posesión del reino a ninguno antes que expresamente jurara que no daría en favor en manera alguna a los judíos, ni aún permitiría que ninguno que no
fuese cristiano pudiese vivir en el reino libremente”.
Coas persecucións, a bonanza e prosperidade de Monforte viuse interrompida, pero a expulsión non alterou moito a demogra3ía da comunidade xudía de Galicia, dado o escaso número de xudeus que habitaban en Galicia. Os m u s u l m á n s t a m p o u c o cambiaron as cousas tras a invasión, que non foi moi efectiva e durou moi poucos anos. Os xudeus seguíronse o c u p a n d o d a a c t i v i d a d e comercial e da práctica da medicina en mosteiros, hospitais e hospederías ao longo do C a m i ñ o d e S a n t i a g o . A intolerancia almohade 3ixo que Galicia se convertese nun destino apetecible para os xudeus do sur, que atoparon aquí unha terra apartada dos centros de poder e sen con3litos. Neste sentido, as xuderías de Gal ic ia , como no caso de Estremadura, tiveron máis sorte que as xuderías castelán-‐aragonesas e os obstáculos que periodicamente entorpeceron a c o nv iven c i a n on 3 i xe ron aparición en Monforte.
Ao longo do século XIV, distintos señores de Lemos tiveron en postos de con3ianza e cargos importantes a elementos da comunidade xudía.
�36
Tras as matanzas de 1391 en Castela e Aragón, Monforte d e b e u a u m e n t a r a s ú a poboación cos xudeus fuxidos doutras xuderías peninsulares en busca de acol l ida . Ao contrario do sucedido no resto da península, os galegos do século XIV, avasalados pola nobreza local, non viron aos xudeus como inimigos, inmersos como estaban en movementos sociais de tipo antiseñorial que se resolverían 3inalmente nas r e v o l t a s i r m a n d i ñ a s d e 1467-‐1469.
Os xudeus, aínda que tiveron barrio propio non situaron nel a súa sinagoga, así como o resto de instalacións comunais, co consentimento do Concello. Monforte foi unha das vilas galegas de maior poboación xudía. Como noutros lugares, os xudeus monfortinos non tiveron a obriga de habitar nun barrio determinado e a súa presenza esténdese pola cidade. Malia iso, t iñan local izados os seus edi3icios comunais na zona da Rúa da Falagueira, A Rúa Vella, A Zapatería (hoxe Travesía do Cárcere Vello), a Praza do Açougue (Praza da Pescadería) ou a Rúa dos Ferreiro (hoxe parte da Praza de España).
A tendencia dos xudeus foi habitar nunha aba do monte, cara ao castelo e o mosteiro de San Vicente do Pino, nunha relación clásica que se deu na
Idade Media entre xudeus, señores feudais e casas abaciais. A xudería primitiva puido estar situada, como di a tradición, na Calexa, hoxe rúa de Abelardo Baanante, no antigo arrabal, xunto ao Concello, punto desde o que se ascende á parte alta ou zona monumental amurallada da cidade.
Tras a expulsión de 1492 a maior parte dos xudeus que non qu i xe ron c onve r t e r s e a o cristianismo exiliáronse en Portugal ata 1496 cando se produce o edito de expulsión dese país. Isto supuxo que moitos xudeus retornasen á veciña Galicia, iso si, convertidos ao cristianismo pero na súa maioría, de xeito falso. Foi entón cando comezou un longo período que abarca desde o século XVI ao XVIII, séculos nos que a Inquisición se cebou en moitas familias de xudeus conversos ou cristiáns novos asentados en Galicia, procesados por seguir 3ieis aos principios da relixión mosaica. Aínda que Juan de Gaibor, secretario do II Conde de Lemos, se converteu ao cristianismo para evitar a expulsión en 1492, algúns dos membros da súa familia serán p e r s e gu i do s s e gundo un documento da Inquisición de Santiago do ano 1580, e algúns deles axustizados.
�37
A Calexa. Rúa de Abelardo Baanante Xunto á Igrexa de Santa Mariña da Régoa, partindo da pequena praza que forma o outeiro, xorde a rúa Abelardo Baanante , d u r a n t e m o i t o t e m p o identi3icada pola rúa principal da xudería; tamén chamada da Calexa e rúa Nova (outra nomenclatura habitual, xunto á da Cruz, na substitución de referencias xudías), comunica directamente coa Ponte Vella, e na súa parte alta mostra un interesante conxunto de casas de construción popular que se l e va n t a ro n s o b r e o u t r a s anteriores, que acollían ás familias hebreas no ano 1462.
A Calexa é un dos lugares da cidade na que está documentada presenza xudía.
Rúa Falagueira -‐ Ant iga sinagoga Fronte a dúas casas, e apenas identi3icable polas pedras ben cortadas do lintel do portón, é o lugar onde en varios documentos se sitúa a Torá dos xudeus, seguramente a sinagoga. Aínda se conserva parte dos muros e as d ú a s c o va s q u e e s t a b a n integradas no conxunto, unha das cales foi relacionada co micvé ou baño ritual dos xudeus, aínda que actualmente o lugar está moi afectado polo paso do tempo. Un pouco máis adiante, un novo edi3icio se levanta no ángulo que separa a rúa da Rúa Vella, hoxe completamente abandonada e que, como o seu nome indica, é unha das máis antigas da cidade; de feito, xa se chamaba así no século XII.
A documentación, coincidindo coa tradición popular, sitúa a sinagoga na
rúa Falagueira. En fronte estaba o Concello, trasladado posteriormente á rúa Comercio e situado na actualidade
no Campo de San Antonio.
�38
Casas dos Gaibor
Os Gaibor, a familia xudía e despois de conversos máis importante de Monforte, viviron
nunhas fermosas casas de pedra, aínda conservadas, situadas entre a praza da Pescadería e o comezo da rúa Falagueira (no último tramo da rúa Falagueira, o primeiro se atendemos á numeración, concretamente nos números 1 e 3) . Os seus membros s e r í an g randes comerciantes, e ocuparían cargos de relevancia no Concello ou emparentarían despois no século XVII, cos Ponce de León e Somoza. A estes novos apelidos corresponden os escudos da fachada, incorporados con posterioridade aos inmobles, xa que os cristiáns novos non podía lucir escudo propio, salvo raras excepcións. O xudeu Juan de Gaibor, secretario do II conde de Lemos, é o primeiro membro desta familia de sólida raíz hebrea citado pola Inquisición, ao que seguiría despois o seu
3illo, Jorge de Gaibor, bautizado con idade avanzada.
A morte de Jorge de Gaibor está relacionada cunha popular historia de conversos, coñecida como o caso do Cristo das A z o u t a s , p e r f e c t am e n t e documentada pola Inquisición d e S a n t i a g o e n 1 580 . O testemuño dun dos seus criados, unido ao feito de que se atopase ao seu 3illo, Juan, cun cruci3ixo e unhas azoutas, serviu de base para a acusación de que o recentemente converso gastaba as súas noites en azoutar a unha imaxe de Cristo cruci3icado. Apelado polo Santo Tribunal, a sede estaba entón en Valladolid, durante a viaxe sentiuse moi doente, tendo que regresar precipitadamente á súa casa de Monforte, onde morreu aos poucos días.
N o M u s e o A r q u e o l ó x i c o Provincial de Ourense exponse unha valiosa lápida, procedente de Monforte, que corresponde á capela que os Gaibor fundaron a comezos do século XVI no convento franciscano de San Antonio de Padua, onde tiñan o panteón familiar os Condes de Lemos, e que indica que baixo ela xacían Juan de Gaibor e Jorge de Gaibor, veciños e rexidores desta vila.
�39
O Cristo das azoutas e da coada Entre os escarnios e inxurias máis coñecidos na historia monfortina atópase o Cristo das Azoutas e o Cristo da Coada, a súa existencia está documentada ata a invasión napoleónica da cidade. Frei Jacobo de Castro, cronista da Orde Franciscana, coincidindo coa súa visita ao convento monfortino de San Antonio no século XVIII, deixou noticia da existencia de dúas curiosas pezas alí custodiadas. Di:
“Una de ellas estando azotándola unos judíos en su infame sinagoga dio voces llamando al padre guardián, quien [...] guiado de aquella lastimosa voz [...] se entró en la sinagoga y recobrando la imagen [...] tuvo tiempo para dar cuenta a un ministro del Tribunal, quien prendió y castigó a los judíos, y depositó la imagen en este convento (se reQiere al de San Antonio). En cuanto a dos imágenes de Cristo muerto bien cruciQicado que en este convento se tienen con especial veneración de la estatura de una tercia [...] uno con el título de La Colada y este está en la Sacristía con las demás reliquias y el otro con el título de Azotes está en la celda guardianal con una estatua de San Antonio de estatura pequeña [...] Es tradición que una vil mujer la entró en una caldera de colada, que estaba hirviendo, deseando [...] borrar la hermosura de la
imagen [...] Por más que sudó y afanó la proterva mujer en supultar en lo profundo de la caldera la imagen, ésta se subía a la superQicie de la colada. No se ejecutó esta execrable maldad con tanta cautela que no se hiciese publica; y averiguada fue presa y castigada la mujer por el Santo OQicio [. . .] Sucede con esta santísima imagen una cosa bien portentosa y es que, siendo fácil abrir la caja en que está cerrada y colocada no es posible abrirse por más vueltas que se den a las llaves, si dentro de la sacristía se halla algún judío. ”
Rúa dos Ferreiros, Praza de España Desde o lugar onde estivo a porta da Zapatería ata a veciña praza de España, apenas hai uns pasos. A parte alta desta peculiar praza organizada a partir dunha serie de escalinatas que salvan o desnivel, estivo habitada na Idade Media por artesáns xudeus.
�40
A Torre da Homenaxe A maxestosa torre da Homenaxe, o principal elemento do castelo que coroa desde hai máis de setecentos anos o monte de San Vicente, é un dos símbolos identi3icados e co monte forte que lle dá nome á cidade. Desde o alto deste magní3ico bastión dos séculos XIII-‐XIV é posible establecer un interesante punto de iniciación no mundo dos xudeus conversos, tratando de resolver o enigma do signi3icado das estrelas de Salomón (o Selo de Salomón, as cinco puntas que representan os cinco libros do Pentateuco, símbolo coñecido en Galicia como cruz de Trasgo) que se localizan entre os signos lapidarios e as marcas de canteiro dos seus sillares.
Estas marcas localízanse na parte máis antiga da Torre da Homenaxe, do século XIV, na cara leste.
A Porta Nova A máis monumental das dúas que se conservan no antigo trazado medieval. A porta, que foi reconstruída entre 1470 e 1486 polo I conde de Lemos sobre outra anterior, destruída polos Irmandiños en 1467, c o n s e r va o s s e u s s i g no s lapidarios medievais, e está presidida de novo polos escudos dos condes hereditarios e perpetuos. Intramuros, ao abrigo desta porta que pechaba a vila ao leste, existiu un núcleo de casas
xudías cuxas herdeiras hoxe son unhas coloristas edi3icacións que conservan as balconadas e corredores de madeira típicos da zona.
�41
Porta da Pescadería Tamén chamada da Alcazaba, a porta da Pescadería comunicaba a cidade vella co río Cabe, e é un dos accesos que nos séculos pasados tivo maior importancia na vida diaria de Monforte. A praza da Pescadería, xunto á que s e s i t ú a , c h a m o u s e tradicionalmente praza do Azougue, en referencia ao azougue ou mercado que existiu aquí durante moito tempo.
Porta da Zapatería A rúa Pescaderías percorre o adarve da muralla e conecta máis adiante coa rúa Zapatería, onde vivían no século XV familias xudías. A rúa Zapatería foi coñecida desde a segunda metade do século XIX ata hai uns anos, como do Cárcere Vello, en referencia á prisión do distrito xudicial de Monforte que estivo aquí instalada desde a segunda metade do XIX ata a segunda década do XX; despois, as dependencias do cárcere foron reconvertidas en o3icinas da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra. No mesmo edi3icio do torreón apréciase o arranque dun a rc o , p e r t en c en te á primitiva porta da Zapatería, da que se teñen not ic ias en documentos dos séculos XIII-‐XIV. As referencias máis antigas da presenza de xudeus na vila monfortina poden remontarse a o s é c u l o X , c a n d o n u n d o c um e n t o d o a n o 9 1 5 menciónase a un tal "Ismael judila”.
�43
Dende o convento volvemos á Torre de Santo Domingo e ascendemos cara á esquerda. Pouco despois de pasar diante da cabeceira da igrexa aparece á nosa dereita unha das portas da muralla medieval de Monforte, a hoxe chamada da Alcazaba (antes das Pescaderías ou Carnicerías). Nada máis pasala un camiño á esquerda lévanos ao monte de San Vicente.
Monte de San Vicente 8
No Cancioneiro de Monforte de Lemos en relación con San Vicente do Pino inclúense tres composicións:
-‐ Monte de S. Vicente do Pino, -‐ Sonetiño a Santa Ana coa virxe e o neno, na eirexa do mosteiro de San Vicente do Pino e
-‐ Don Luis de Góngora.
�44
Monte de San Vicente do Pino
¡Triloxía da pedra cara á altura: a vella Torre, o Pazo e o Mosteiro! San Vicente do Pino anda á procura de subir e subir e ser luceiro.
A Torre é un mastro que vixía, unha reliquia viva do pasado, un inútil garda da campía e un vello soldado licenciado.
O Pazo é o pasado que se vai senlleiro, triste, indiferente, que esbroa calado, sen un ¡ai! e morre sen remedio, lentamente.
O Mosteiro, en loita coa idade, é a lenda da coroa queimadora, vella historia de conde e de abades e lema dos bieitos: “Ora e labora”.
Sonetiño a Santa Ana coa Virxe e o Neno no colo, na eirexa do
mosteiro de San Vicente do Pino
¡Qué 3igura tan xentil! ¡Que aire de labradora tan claro como unha aurora e ao mesmo tempo souril!
A doce brisa de abril, pequeniña e cantadora, Santa Ana, miña señora: ¡move a túa louca monxil!
O teu corazón é niño de tenrura, de consolo, de desbordado cariño…
Eres amor, doce arrolo: ¡tés a Filla e o Netiño acochadiños no colo…!
A igrexa de San Vicente presenta moitos atractivos no seu interior como o retablo m a i o r, o d a V i r x e d e Monserrat ou a imaxe de Santa Ana, a Virxe e o Neno. O templo é protagonista de grandes celebracións locais como a Festa do San Brais (3 de febreiro) e as que se fan na honra á patroa de Monforte a Virxe de Monserrat (o martes de Pascua, o 27 de abril e o 15 de agosto día grande das Festas Patronais de verán).
�45
Don Luis de Góngora
Aquel gran cordobés de grave porte, poeta de tan extrema perfección: veu a Galicia, demorou en Monforte e 3íxolle a Monforte unha canción.
Góngora escribiu 3inos louvores do gran Conde de Lemos para acadar sinecuras, prebendas e favores… ¡Logo volveu contra nós o seu cantar!
Volveu contra Galiza a súa carraxe. O seu profundo ollar resplandecente non quixo penetrar nesta paisaxe, nesta terra de nós, na nosa xente.
Pro o seu cabal soneto monfortino é luceiro tallado que fulgura; astro senlleiro, nidio, diamantino; alta torre de luz: ¡beleza pura!
Llegué a este Monte fuerte, coronado De torres convecinas a los cielos, Cuna siempre real de tus abuelos, Del Reino escudo, y silla de su estado.
El templo vi a Minerva dedicado, De cuyos geométricos modelos, Si todo lo moderno tiene celos, Tuviera invidia todo lo pasado.
Sacra erección de príncipe glorioso, Que ya de mejor púrpura vestido Rayos ciñe de luz, estrellas pisa.
¡Oh, cuánto deste monte imperioso Descubro! Un mundo veo. Poco ha sido, Que seis orbes se ven en tu divisa.
Luis de Góngora foi un importante escritor da época dourada da l i t e ra tu ra c a s te l á . Visitou Galicia e parou en Monfor te onde estaba o seu protector o VII conde de Lemos. Á n o s a c i d a d e dedicoulle este soneto.
Os poemas aos que alude Manuel María nos que Góngora fala mal de Galicia “Volveu contra Galiza a súa carraxe” son estas décimas satíricas de 1609 pero máis feroz aínda é o soneto, que se lle atribúe, dedicado a Galicia
�46
Pálido sol en cielo encapotado, mozas rollizas de anchos culiseos, tetas de vacas, piernas de correos, suelo menos barrido que regado;
campo todo de tojos matizado, berzas gigantes, nabos 3ilisteos, gallos del Cairo, búcaros pigmeos, traje tosco y estilo mal limado;
cuestas que llegan a la ardiente esfera, pan de Guinea, techos sahumados, candelas de resina con tericia;
papas de mijo en concas de madera, cuevas profundas, ásperos collados, es lo que llaman reino de Galicia.
Hai unha serie de composicións dedicadas a Monforte, en xeral, e ao Val de Lemos. Dadas as privilexiadas vistas que se teñen dende o monte de San Vicente da cidade e do propio Val de Lemos pode ser este un lugar moi ben acaído para ler estas composicións e falar dalgúns lugares e motivos signi3icativos que aparecen nelas.
En concreto as dedicadas a Monforte son:
-‐ Madrigal a Monforte, -‐ Poema á cidade de Monforte de Lemos e -‐ Pequena guía lírica de Monforte de Lemos.
¡Oh montañas de Galicia cuya (por decir verdad) esperusa es suciedad, cuya maleza es malicia!, tal, que ninguno cudicia besas estrellas, pudiendo, antes os quedáis haciendo desiguales horizontes; al 3in, gallegos y montes, nadie os dirá que os ofendo.
�47
Madrigal a Monforte
Monforte 3lor dun cantar feito de luz e alegría. ¡E toda a noite a ruar no Campo da Compañía!
Monforte do meu amor que levo no corazón: ¡eu son o teu rondador no Campo de San Antón!
Monforte doce ferida dos meus soñares inquedos. ¡E toda a noite perdida na rúa dos Abeledos!
Monforte luz namorada do meu soñar verdadeiro. ¡E toda a vida gañada na Praciña do Piñeiro!
Poema á cidade de Monforte de Lemos
¡Ouh Monforte de Lemos, terra miña, curruncho para vivir, para morrer, auga limpa, brisa que aloumiña, plenitude da luz do noso ser…!
En San Vicente subes á altura: a Torre do Homenaxe é o pasado; o Mosteiro, a airosa arquitectura; o Pazo, un vello soño derrubado.
O Val é a túa compaña verdadeira. O Val é a túa compaña sempre 3iel. ¡O Cabe a marmular pola ribeira e a neve aínda na Serra do Caurel!
En Santa Clara a campaña chama ao día. ¡Ramberde, Os Chaos e o reboredo! ¡Praza Principal! ¡Vella Xudería na que se atopa vivo o vello medo!
¡Prazas do Piñeiro e do Cantón! ¡Tecelás, Abeledos, Pena e Arrabal! ¡Campos da Compañía e San Antón! ¡Qué beleza máis fonda e tan total!
Rúa do Cardeal, ancha e complida, máxico corazón, lugar cotiano. Pedra de luz en liña 3lorecida: ¡Convento monfortino e herreriano!
Ouh Monforte de Lemos, meu destiño, paradiso soñado e verdadeiro: ¡ti serás sempre o meu camiño que non quero aprender outro vieiro!
�48
Pequena guía lírica de Monforte de Lemos
Do Monte de San Vicente o Val de lemos é a terra máis fermosa e transcendente.
* * *
A alta Torre do Homenaxe en anceio ascensional. ¡Monforte faille de paxe; de peana, todo o Val!
* * *
¡Ouh nobre pazo dos Castro: semellas un aguia ferida ollado dende eiquí abaixo!
* * *
Nas Claras hai un tesouro que vale o ouro e o mouro.
* * *
Nos grecos do Convento, ¡a alma 3íxose luz e a carne trocouse vento!
* * *
No Campo da Compañía a 3lor ensina pureza e a pedra xeometría.
* * *
Rúa Roberto Baamonde: ¡naces no meu corazón, pérdeste quén sabe onde!
* * *
As illas do Club Fluvial,
que beleza tan cabal, ¡semellan algo irreal! ¡Se algún soño se me perde ídeo buscar a Ramberde…!
* * *
Vella e nobre Xudería: ¡aínda estás agardando que te vexa a luz do día!
* * *
Gran rúa do Cardenal: ¡para pasear ensoños es o lugar ideal…!
* * *
Na rúa dos Abeledos circulan ventos do campo cos seus cantares labregos.
* * *
A Porta Vella pasei ¡e atopei un misterio que nunca revelarei!
* * *
Ouh rúa dos Tecelás: ¿qué tear pode tecer as túas escuras soidás?
* * *
A vella rúa do Conde: ¡un fondo misterio ten, un vello segredo esconde!
* * *
¡É pola Ponte dos Picos onde se laia o Regueiro e cantan os mazaricos!
�49
* * *
O Cabe, na Ponte Vella, non sei que demoño di pro algo nos aconsella.
* * *
Cruceiro de San Antón: ¡a pedra 3íxose prego e logo o prego, canción!
* * *
Nobre rúa do Arrabal: ¡ben se coñece ao andarte que fuches a principal!
* * *
Na longa rúa da Pena: ¡hai unha sombra que chama e unha lembranza que acena!
* * *
A Praciña da Estación, ¡é unha sala de agarda que espera pola ilusión!
* * *
Regueiro das Malloadas: ¡as augas de hoxe non levan as vellas coitas pasadas!
* * *
Vello Cantón de Balén: ¡se ollache bailar a lúa, non viche pasar o tren!
* * *
Na Praciña do Piñeiro os meus soñares perdín: ¡van por doutor Teixeiro desembocar ao Morín!
* * *
Pequena rúa da Estrela: ¡soio un soño pequeniño pode caber xusto nela!
* * *
Señora de Monserrat, divina de tan humana: ¡amas a xente galega por seres ti Catalana!
Nestes poemas aparecen nomes de lugares da cidade de Monforte como: Ramberde, Os Chaos, Reboredo, Xudería (zona de ámbito xudeu), praza do Piñeiro, Cantón (actualmente praza do doutor Goyanes), Tecelás, Abeledos, Pena (actualmente forma parte da rúa doutor Casares), Arrabal (actualmente rúa do Comercio), Roberto Baamonde, illas do Club Fluvial, Porta Vella (probablemente a Porta da Alcazaba da muralla medieval), rúa do Conde, ponte dos Picos, praza da Estación, Morín e rúa da Estrela.
�50
Tamén podemos aproveitar este lugar para ler :
-‐ Homenaxe ao Ledo, famoso poeta oral de Monforte, e -‐ O Pazo de Tor, destacado monumento situado na parroquia monfortina de San Xoán de Tor que forma parte da rede museística provincial de Lugo.
Homenaxe a Ledo
Antón Ledo, vello bardo, retranqueiro e popular. ¡No meu corazón eu gardo o ritmo do teu cantar!
Cantaches a túa verdade, o vento, a choiva e a lúa. ¡Tan só quedou soedade! ¡Perdeuse a cantiga túa!
Antón Ledo, reiseñor, non cantabas por diñeiro: ¡o teu canto era de amor, natural e verdadeiro!
Antón ledo, sombra ida aberta cara á esperanza: ¡olla en min esta ferida que me 3ixo a túa lembranza!
Pazo de Tor
Olládeo ben: aí o temos con porte de gran señor: ¡o nobre Pazo de Tor, fachenda do Val de Lemos!
Espello de 3idalguía onde 3lorece a nobreza: ¡eiquí a pedra é beleza e as hedras, melancolía!
Aínda ben vivos están os feitos do romanceiro: ¡ouh don Pedro cabaleiro que novelou Valle-‐Inclán!
O Pazo de Tor hoxe é un reino maravilloso: ¡o soño puro e fermoso que Mari-‐Paz tivo en pé!
�51
As dedicadas ao Val de Lemos son:
-‐ Canción de Amor ao Val de Lemos, -‐ Os montes que cinguen o Val de Lemos, -‐ O labrego do Val de Lemos, -‐ Poemiña das feiras, -‐ Poema ao Val de Lemos e -‐ Canción de romaría.
Canción de amor ao Val de Lemos
Amo esta terra vella feita de arxila vermella como o sangue na que a xente deixa o seu suor de séculos co que lle dá sabor ao pan, ao viño, á tarefa sagrada e humilde de ser home.
Amo esta terra cruzada polo Cabe, melro máxico, canción que aquece e enche o corazón.
Amo esta terra boa, tan humana. Amo esta inmensa cunca na que 3loreceu para sempre o meu amor: Monforte e todo o Val de lemos, Pantón, Bóveda, Sober e as terras do Brollón e o Saviñao.
Amo esta terra chá cinguida por serras e por montes e polo azul do ceo coroada.
Aparecen menc ionados o s concellos da Comarca de Terra de Lemos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
�52
Os montes que cinguen o Val de Lemos
¡Ouh Serra do Caurel, rexa e bravía; Mar Roxo eiquí rente, perto a mao; Cabeza de Meda, doce lonxanía…! ¡Teras que ollais ao Miño en Saviñao!
¡Ouh píncaros ergueitos de Caldelas e ribeiras bañadas polo Sil! ¡Ouh toxeiras, rabiosas de amarelas, de beleza salvaxe e varonil…!
¡Paisaxes de Pantón e de Sober, horizontes inmensos de soidá! ¡Serras lonxanas, abertas ao mencer e á luz, virxen e pura da mañá!
O labrego do Val de Lemos
O labrego do Val é terra escura, suma de esperanzas e traballo, resultado de sudes e tristura, pedra rexa e cerna de carballo.
O labrego do Val está afeito a labrar, como pode, o seu afán, a partir a alma e máis o peito para que a terra dea pouco pan.
O labrego do Val, o bon labrego, compañeiro do toxo e do torrón: ¡vai arando a súa vida rego a rego cunha fonda e total resignación!
Poemiña das feiras
Hei de ir á feira ao Brollón e ás de Escairón e Currelos vender o meu boi marrón e mercar dous bois marelos.
Hei facer xeito e maneira, solamente por te ver, de ir feirear a Ferreira que en Rubián non pode ser.
E despois, se axuda a sorte, hai que pensar en casar. ¡O vintecatro en Monforte témonos que apalabrar…!
N e s t e p o ema a p a r e c e n topónimos referidos a montes na Ribeira Sacra (Cabeza de Meda, Marroxo), nomes de serras próximas a Monforte (O Courel), nomes de comarcas (Caldelas) e dos dous ríos máis importantes da Ribeira Sacra (Miño e Sil).
Neste poemiña faise alusión a varias feiras da Terra de Lemos: a da Pobra do Brollón, Escairón, Currelos, Ferreira, Rubián e Monforte.
�53
Poema ao Val de Lemos
O Val está deitado docemente: a terra é destino, amor, arela. ¡Povos de Seoane, de mañente, do Fabeiro, A Vide e A Penela…!
O Val de Lemos é un xardín, un rumor sinxelo de arboredo. ¡Faise camiño doado no Morín e sombra vexetal no Escouredo!
O Val é todo luz, verde color, claridade azul e nubes altas. ¡E faise en Piñeira labrador e foi ferroviario en Ribas Altas!
O Val ten a beleza máis cumplida. O Val é a terra e máis a xente. ¡Monforte é o centro da súa vida e o seu corazón é San Vicente!
Canción de romería
Para matar a soidade e esquecer horas tristeiras: ¡irei de troula a Gullade e de romaxe a Cadeiras…!
Na procura dun amor que nalgures se perdeu: ¡irei de romeiro a Tor e ofrecido ao San Mateu!
Romerías do Morín, de San Lázaro e o Casar: ¡cómo brincades en min coa forza do popular!
Polas festas patronais perdereime entre o xentío: ¡verei as fenomenais sesiós de fogos do río…!
E no meu corazón van coas luces dos vellos vraos: ¡as verbenas do San Xohán no ledo bairro de Os Chaos!
Neste poema aparecen nomes de parroquias e aldeas do Concello de Monforte, barrios da cidade monfortina e unha parroquia do Concello de Pantón. En concreto atopamos os nomes de Seoane, A Vide, Piñeira, Ribas Altas, San Vicente, O Morín, O Escouredo, O Fabeiro e Mañente (parroquia do Concello de Pantón).
Neste poema aparecen nomeadas festas actuais e antigas do Concello de Monforte de Lemos e outra do Concello de Sober: a famosa romaría de Cadeiras xunto ao Santuario do mesmo nome nas inmediac ións dun fermoso miradoiro ao canón do Si l (Cadeiras pertence á parroquia de Pinol). As festas do concello de Monforte que se mencionan son as de Gullade, Tor, a famosísima do San Mateo na Parte o 21 de setembro, Morín, San Lázaro, O Casar, Os Chaos e as Patronais.
�54
O monte de San Vicente está coroado polo magní3ico Conxunto Monumental de San Vicente do Pino formado pola Torre da Homenaxe medieval, o pazo condal con porta de acceso de mármore do Incio coas armas dos condes de Lemos e o mosteiro e igrexa de San Vicente do Pino. A praza situada entre o lateral da igrexa e o pazo dos Condes de Lemos recibe o nome de praza Luis de Góngora.
A Torre da Homenaxe A maxestosa torre da Homenaxe, o principal elemento do castelo que coroa desde hai máis de setecentos anos o monte de San Vicente, é un dos símbolos identi3icados xunto co monte forte que lle dá nome á cidade. Construída entre os séculos XIII e XV, era o edi3icio máis importante dentro do castelo, xa que nela se celebraban as Cerimonias da Homenaxe, rito que unía o señor co seu vasalo. É unha atalaia de 30 m de altura, 13 m de lado e muros de 3 m de grosor.
A torre e a muralla da fortaleza medieval sufriron importantes danos durante a Gran Guerra Irmandiña, (1467-‐1469) e foron reconstruídas u n h a v e z 3 i n a l i z a d o s o s enfrontamentos.
Pazo Condal Residencia señorial dos Condes de Lemos, construído no século XVI e reconstruído no XVII tras sufrir un desvastador incendio. Os Condes de Lemos foron unha das familias nobres máis importantes de España. Especial relevancia tivo a 3igura do VII Conde: Don Pedro Fernández de Castro, que chegou a ser vicerrei de Nápoles (1610-‐1616) e a quen se recorda como mecenas de Cervantes, Lope de Vega, Quevedo e Góngora. Hoxe, o condado de Lemos forma parte da Casa de Alba.
�55
Mosteiro Benedictino San Vicente do Pino Aínda que as súas orixes se remontan ao século X, a edi3icación actual iníciase no século XVI. A harmoniosa praza do edi3icio conventual é neoclásica, tanto a súa fachada como o claustro. A igrexa monacal, de portada renacentista e interior gótico de transición, ten unhas elaboradas bóvedas, e nun dos seus laterais, un coro con órgano de estilo barroco. Destacan as imaxes de Santa Ana coa Virxe e o Neno, e un baixorrelevo de orixe románica. Actualmente, gran parte do edi3icio monacal alberga o Parador de Turismo de Monforte de Lemos.
A coroa de lume A coroa de lume é unha lenda medieval focalizada principalmente na cidade de Monforte de Lemos e na súa comarca, a Terra de Lemos. Escribiuse sobre ela en numerosas ocasións e tamén se especulou sobre a súa posible orixe xermánica, debido á existencia de tradicións orais e escritas moi parecidas neste pais.
O argumento dunha das adaptacións literarias da lenda, concretamente "A mitra de ferro ardente", fálanos sobre un pasadizo subterráneo que uniría o palacio condal de Monforte de Lemos coa igrexa de San Vicente do Pino. Conta como o abade do Mosteiro de San Vicente se servia deste pasadizo durante as ausencias do conde de Lemos para manter un romance coa 3illa do conde. Noutras versións sería coa muller, algo un pouco máis preocupante, sobre todo sabendo como eran os castigos da época.
Ao retorno do conde, este decátase do lance amoroso e invita ao abade a unha maxestosa comida. Cando ordena que traian as sobremesas, un criado do conde trae unha coroa de ferro a lume vivo coa que coroa ao abade, provocándolle a morte. Nunha das versións a represalia ten a súa orixe nunha disputa relativa á propiedade de certos terreos e noutras nunha negativa dos monxes a abrir o citado pasadizo. Outras versións, como a de Galo Salinas, inclúen a particularidade de que un xudeu lle facilita ao abade unha apócema para conseguir os seus obxectivos.
�56
A primeira mención escrita que nos chega da lenda, é a narrada polo Padre Sarmiento. A continuación temos unha versión chamada La corona de fuego o los subterráneos de Altamira, que ten a particularidade de involucrar outras cidades ademais de Monforte, como Toledo, Granada, ou Almería. Posteriormente aparece a hoxe esquecida novela por entregas titulada Horrores del feudalismo: la torre de los vampiros, de Antonio San Martín. O popular novelista e historiador Benito Vicetto, publica La corona de fuego en 1878, e tamén menciona a historia na súa novela Los Hidalgos de Monforte, con todo, a versión máis popular e coñecida sería a de Amor Meilán, La corona de fuego o el secreto de una tumba, publicada en 1893. Galo Salinas publicaría a súa versión, en verso e en galego, en 1894; levaría por título Lenda de horrore! A mitra de ferro ardente. Nicolás Taboada e Heraclio Pérez Pracer tamén editan a súa propia Coroa de Lume en verso, chegando unicamente ata os nosos días un fragmento da obra, escrita en galego, do segundo. Unha característica común a moitas destas obras é o anacronismo, xa que nun mesmo relato aglutinan personaxes que xamais chegan a coincidir no tempo.
A lenda provocou deformacións na tradición oral que chegan a especular coa existencia dun corredor subterráneo que chegaría desde o palacio ao río Cabe, supostamente para poder darlles de beber aos cabalos nun posible asedio.
Con todo, os historiadores descartaron a autenticidade da lenda, restrinxíndoa a unha fabulación histórica. Ata datas moi recentes, considerábase unha invención a totalidade da fábula, e así o consideraron historiadores como Germán Vázquez ou Manuel Hermida Balado. Con todo, recentes estudos de documentación orixinal do convento, en poder dunha familia particular, revelaron a certeza da existencia dun pasadizo que unía o pazo e a igrexa, e que tiña o 3in de dar un acceso directo dos condes a esta. Así, se recolle na citada documentación que sería o VIII Conde de Lemos, D. Francisco Ruiz de Castro, irmán de D. Pedro Fernández de Castro e Andrade, VII Conde de Lemos, o que resolvería a cuestión pechando o pasadizo, que resultaba denigrante para a comunidade monacal no seguinte escrito da época:
"Unos mandatos y brebes del nuncio sobre el pasadiço que el año 1619 se ediQicó a devoción de los Condes de su casa ala Iglesia y ano de 1621 se derribó y ano de 1623 se intentó que esta casa se lo bolbiese a reediQicar y ano 621 se les había buelo y ano de 1626 los mismo Señores Condes, digo el Señor Conde Don Francisco de Castro lo quito del todo y hiço un gran bien a esta casa y Iglesia de
�57
redemirla de aquel ympedimiento que tomaba la puerta principal de la yglesia y sin costa ni pleyto de su voluntad: ay obligación de encomendar a dios a este S. Señor.”
O sepulcro do Abad García, no Mosteiro de San Vicente do Pino é unha das dúas sepulturas popularmente relacionadas coa lenda. Relaciónase cun sepulcro granítico existente na igrexa de San Vicente, e correspondente ao abade Don Diedo García III, un monxe do que se teñen poucas referencias, en parte debido á perda dos arquivos do mosteiro nun espectacular incendio. O sepulcro está xunto á porta principal da igrexa, no muro da Pía bautismal, nun oco baixo un arco de medio punto.
Manuel Murguía, Otero Pedrayo, Vilariño e Amor Meilán, relacionan este sarcófago coa lenda, e Vilariño a3irma que abrindo o Sepulcro podíanse apreciar as marcas da mitra ardente coas seguintes palabras: "la persona que presenció el acto de abrir el sarcófago indicó que contiene varios huesos sueltos y que en el cráneo se notaba hacia la sién la huella que ha debido producir la quemadura", mentres que Otero Pedrayo a3irma que "abierta hace muchos años la caja, se encontró el cráneo con huellas del círculo de fuego". Na caixa pétrea, tal e como recolle Germán Vázquez na súa Historia de Monforte, pódense apreciar pegadas de pancas e ocos ennegrecidos produto dos curiosos que ao longo da historia se serviron de chamas e mecheiros para ver os restos do abade, costume de moito arraigo entre os raparigos da localidade.
A versión de Frei Andrés Pardo Todo empeza co sarcófago con estatua xacente de Frei Andrés Pardo atopado en 1932 baixo a praza de España de Monforte de Lemos, e conservada no museo provincial de Lugo. Trátase dun sarcófago con estatua xacente executada en mármore (probablemente mármore do Incio), vestido de ponti3ical, descansa sobre a parte superior do seu corpo, e a cabeza sobre almofadóns ricamente decorados. Dous anxos axeonllados 3lanquéano, e as mans enguantadas sosteñen un báculo. No interior dos rodeos da voluta, aparece unha minúscula imaxe da Virxe de Montserrat, patroa de Monforte de Lemos, e aos seus pés as armas dos Taboada, familia nobiliaria orixinaria de Monforte. Esta suntuosa estatua foi atopada en 1932, nas obras de remodelación da Praza de España de Monforte (praza que era antiga localización da desparecida Igrexa de Santa María da Régoa) e especulouse con que a puidesen mandar construír os propios Condes de Lemos, "como si quisieran honrar en muerte a quien ultrajaron en vida". Nun rexistro de escrituras do mosteiro, asinado por Frei Mauricio en 1613, relátase o seguinte:
�58
"Dicen unos y otros testigos que conocieron a Fray Andrés Pardo, Abad de Monforte y Arcediano, que vieron unos y oyeron decir todos, que un día del año 1512 fue convidado a la Casa y Palacio de los Condes de Lemos para comer con sus excelencias. Que despúes de la comida se introdujo como último plato la especie y pretensión del Abad (de
negarse a ceder sus derechos sobre el señorío y el coto de Doade a favor de los Condes de Lemos) procurando discutírsela con halagos, promesas y amenazas, y no habiendo bastado ni las unas ni las otras, se pasó a la más sacrílega temeridad. Mandó que los pajes y los críados como si fuesen ministros de Herodes, o del inQierno, trajese la mitra de hierro encendida al fuego y que se la pusiesen, como de hecho se puso, en la cabeza del inocente prelado.
Concluído aquel horrendo e inaudito sacriQicio que se ejecutó en la víctima abacial, no se sabe, ni los testigos lo dicen, si murió, como es de creer, al instante o si aún le quedó vida para venir con ella a despedirse de los monjes y Comunidad. Sábese si, que algunas personas, o por piedad o por mandato de los condes, le pasaron al Monasterio…”.
O documento non deixa dúbidas acerca de sobre quen se nos está falando, trátase do mesmo monxe da estatua funeraria. Iso desemboca noutra versión da lenda, que apunta a Frei Andrés Pardo como a vítima do crime, e que se aparta do móbil pasional para situalo no contexto dunha disputa por terras e propiedades.
Dada a cronoloxía na que data o suceso, no ano 1512, o executor puido ser Fernando Ruiz de Castro Osorio e Portugal, IV Conde de Lemos. Malia todo iso, a lenda en si segue resultando historicamente máis que dubidosa, xa que o documento referenciado non fala de primeira man e re3írese a rumores: "Dicen unos y otros (...)", iso sen ter en conta que o incendio que arruinou o fondo documental do Mosteiro levou consigo a creación dalgúns comprobados falsos históricos, debido a que os benedictinos, ao perder practicamente o groso da súa documentación, reescribiron de memoria moitos dos documentos desaparecidos.
Con todo, a popularidade da lenda provocou a crenza popular que atribúe propiedades curativas á cabeza do Abade, que se manifestarían ao pasar a man sobre ela, iso levou consigo un forte e visible deterioro desta parte da escultura.
http://www.turismoenxebre.com/2010/12/la-‐corona-‐de-‐fuego-‐leyenda.html
�59
Rúa do Cardeal 9Dende San Vicente baixamos de novo cara á parte chá da cidade pola rúa de Santo Domingo, pola que chegamos á praza de España. Dende esta praza collemos pola rúa do Cardeal Rodrigo de Castro para chegarmos á Compañía. A rúa do Cardeal era e segue a ser unha rúa de paseo pola que era frecuente atopar o Manuel. Nela están as Galerías Fontecha que tamén dan á rúa Hortas e nestas galerías atopábase a librería de Manuel e Saleta: a Xistral. Á rúa do Cardeal dedícalle Manuel María no Cancioneiro da Terra de Lemos a composición “Canción da Rúa do Cardeal”.
Canción da rúa do Cardenal
Cardenal, rúa ou raíña, de beleza sorprendente: ¡a ollada túa aloumiña ao Monte de San Vicente!
A túa estrela sempre acerta coas roitas da fantasía: ¡Cardenal, ancha e aberta, que acabas na Compañía…!
Ouh Cardenal, 3lor das rúas con galerías sen par ¡qué teñen lembranzas túas e non as queren contar…!
Acéndeste, ruborosa, e brillas como un rubí, ¡Cardenal, moza xeitosa, se oes dicir ben de ti!
Cardenal, rúa perfecta e corazón da cidade: ¡materia de vida feita con soños de eternidade!
�60
A principal rúa de Monforte de Lemos. O nome que leva en honor ao Cardeal Rodrigo de Castro fundador do chamado “Escorial Galego” o edi3ico colexio da nosa Señora da Antiga, a dm i n i s t r a d o p o l o s P. P. Escolapios.
El foi quen mandou abrila desde a actual Praza de España ata o Colexio para facilitar o acceso desde o centro da vila ata o edi3icio. O seu nome remóntase aos últimos anos do século XVI.
A partir do século XVIII comezou a denominarse, de maneira o3icial, rúa dos Sedeiros ao que hoxe se chama de maneira popular Cardeal Estreiro. Desde 1921, ese tramo leva o nome de I rmáns V i c tor i ano e J o sé González.
�61
Monumento a Manuel María 10
Percorremos a rúa do Cardeal ata o 3inal onde practicamente enlaza coa Compañía. Aquí en fronte ao Parque dos Condes hai unha pequena praza cunha emotiva imaxe de Manuel María sentando apoiado sobre unha pequena mesa redonda evocadora da que usaba durante moitas horas na súa librería. Esta imaxe está moi cerca do edi3icio número un da rúa Roberto Baamonde, hoxe transformado, no que viviu moitos anos. Pode ser un bo lugar para ler a composición “Pequena canción de amor” incluída tamén no libro Cancioneiro de Monforte de Lemos.
Pequena canción de amor
En Monforte, amiga miña, arrigou o noso querer. ¡Foi roseira pequeniña denantes de recender!
En Monforte, miña amiga, agromou o noso amor. ¡E foi semente e espiga de desmedido grandor!
En Monforte, miña amada, froleceu o amor noso. ¡E comezou sendo nada e 3íxose poderoso!
En Monforte, amada miña. ¡Tivo que ser en Monforte! ¡O noso amor, queridiña, que cada día é máis forte!
�62
Fe de vida
Aquí estou aínda vivo. Se fora un home de boa educación sacaría o bigote, agarimaríao docemente coa mao dereita –o facelo coa esquerda podería traguer mala sorte– e diría con toda amabilidade: –Moi bos días, Manuel María, de o3icio poeta, para o que gusten… Seguidamente iría a beber os meus viñiños, poñeríame lírico para deixar quedar ben aos do o3icio… Despois de xantar tomaría café –a copa e o puro só os domingos– falaría do que fora, dicindo moito ben dos inimigos… Coidaría a saúde, a alma e os asuntos. Se fora ben criado diría, con toda seriedade, a hora de morrer: -‐“No vos quero amolar. A todos moi boas noites. Eu xa me vou…
Disimulade.”
Proba documental, 1968
Canción sinxela para rematar
Saleta e servidor seguimos en Monforte como sempre: coa nosa humilde casa e o corazón aberta para Galiza e os amigos. Seguimos intentando comprender e perdoar aos inimigos. Arrincamos, se é posíbel, a herba do odio cando a vemos. Todo hai que dicilo: por hoxe somos moi felices. Pero hai millós de irmaos ciscados polo mundo –non importa a raza, a crenza ou a color– que son moi infelices, que son desgraciadísimos, que sofren o indicíbel. Nós estamos con eles. Por eles loitamos na medida das nosas poucas forzas. Por eles, por Galiza ten verdadeiro sentido a nosa vida.
Proba documental, 1968
�63
Lamas de Abade, s/n. 15702 Santiago de Compostela A Coruña. Teléfono: 981522411
Correo electrónico: [email protected] [email protected]
Aula virtual do curso:
http://www.edu.xunta.es/centros/ca3i/aulavirtual/course/view.php?id=628