6
IGREXA DE SANTA EULALIA DE LUBRE Todo o que rodea este singular edificio é cando menos peculiar. Xa o topónimo “Lubre” retrotráenos á antigüidade , aos tempos dos no- sos ancestros, á época dos Celtas, dos druídas, dos cultos paganos,etc., pois non en van, os cultos celtas soían realizarse nos “lubres”, que viñan sendo zonas boscosas ás que se lles talaban as árbores formando un círculo central no cal se realizaban cultos nocturnos nos que non faltaban as grandes fogueiras, os fachos e os bailes rituais. A pouco máis de cen metros da igrexa houbo un pequeno castro. Sería un castro de recinto único de planta case circular. A sinxeleza e pouca envergadura das súas defensas non puideron competir cos traballos agrícolas que, pouco a pouco as foron destruindo. A actual Igrexa de santa Eulalia de Lubre, levantada a finais do século XV e comezos do XVI sobre os restos dunha antiga igrexa, é un dos exemplares máis curiosos da arquitectura cristián da nosa península. Esta é dunha notable antigüidade. Aparece na relación de igre- xas que Afonso II mandou facer ao abade Tructinio no ano 830 e tamén se cita na Historia Compostelán (século XII). Antigamente foi unha Igrexa de refuxio, daquelas que gozaban do privilexio chamado vulgarmente "acollerse ao sagrado", nas que acollí- an os delincuentes. Para algún foi a antiga parroquial de Ares, cousa pouco probable, xa que a xente de mar frecuentaba ter as súas igre- xas preto do mar. As noticias históricas remóntanse ao século XII, no cal consta xa a existencia de Santa Eulalia de Lubre e da vila de Lu- bre, aínda que por aquel entón a palabra vila representaba tan só un lugar con algunhas casas. Pola “Compostelana” sábese que no ano 1134 o célebre arcebispo de Compostela D. Diego Xelmírez, dacordo co Consello do Cabildo e asentimento do rei D. Afonso VII, concedeulle ao Conde D. Fernando Pérez de Traba, fillo do famoso magnate galego D. Pedro Froilaz, Conde de Traba, a vila de Lubre para rematar con certa discordia que entre ambos existía. Pola mesma obra sábese tamén que, no mesmo ano, dito Conde D. Fernando cambiaba con Xelmirez a herdade “S. Eulalia de Lubre” por uns bens que a “Compostelá” enumera.Non de- bía, pois, de ser tan insignificante esta igrexa e os seus beneficios por aquel entón, cando de tal maneira era obxecto de disputas entre o prelado máis poderoso de Compostela e a casa máis importante de Galicia. O arcebispo Diego Xelmírez Tumba do Conde de Traba na catedral de Santiago

Santa olalla de lubre

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Santa olalla de lubre

IGREXA DE SANTA EULALIA DE LUBRE

Todo o que rodea este singular edificio é cando menos peculiar. Xa o topónimo “Lubre” retrotráenos á antigüidade , aos tempos dos no-

sos ancestros, á época dos Celtas, dos druídas, dos cultos paganos,etc., pois non en van, os cultos celtas soían realizarse nos “lubres”,

que viñan sendo zonas boscosas ás que se lles talaban as árbores formando un círculo central no cal se realizaban cultos nocturnos nos

que non faltaban as grandes fogueiras, os fachos e os bailes rituais.

A pouco máis de cen metros da igrexa houbo un pequeno castro. Sería un castro de recinto único de planta case circular. A sinxeleza e

pouca envergadura das súas defensas non puideron competir cos traballos agrícolas que, pouco a pouco as foron destruindo.

A actual Igrexa de santa Eulalia de Lubre, levantada a finais do século XV e comezos do XVI sobre os restos dunha antiga igrexa, é un

dos exemplares máis curiosos da arquitectura cristián da nosa península. Esta é dunha notable antigüidade. Aparece na relación de igre-

xas que Afonso II mandou facer ao abade Tructinio no ano 830 e tamén se cita na Historia Compostelán (século XII).

Antigamente foi unha Igrexa de refuxio, daquelas que gozaban do privilexio chamado vulgarmente "acollerse ao sagrado", nas que acollí-

an os delincuentes. Para algún foi a antiga parroquial de Ares, cousa pouco probable, xa que a xente de mar frecuentaba ter as súas igre-

xas preto do mar. As noticias históricas remóntanse ao século XII, no cal consta xa a existencia de Santa Eulalia de Lubre e da vila de Lu-

bre, aínda que por aquel entón a palabra vila representaba tan só un lugar con algunhas casas.

Pola “Compostelana” sábese que no ano 1134 o célebre arcebispo de Compostela D. Diego Xelmírez, dacordo co Consello do Cabildo e

asentimento do rei D. Afonso VII, concedeulle ao Conde D. Fernando Pérez de Traba, fillo do famoso magnate galego D. Pedro Froilaz,

Conde de Traba, a vila de Lubre para rematar con certa discordia que entre ambos existía. Pola mesma obra sábese tamén que, no mesmo

ano, dito Conde D. Fernando cambiaba con Xelmirez a herdade “S. Eulalia de Lubre” por uns bens que a “Compostelá” enumera.Non de-

bía, pois, de ser tan insignificante esta igrexa e os seus beneficios por aquel entón, cando de tal maneira era obxecto de disputas entre o

prelado máis poderoso de Compostela e a casa máis importante de Galicia.

O arcebispo Diego Xelmírez Tumba do Conde de Traba na catedral de Santiago

Page 2: Santa olalla de lubre

Desde o seu emprazamento no alto dunha suave elevación , a vista que se observa é fermosa e digna de xustificar a súa cons-

trución neste lugar.

Unha peculiaridade que a fai practicamente única na zona é que ten un cobertizo cara Poñente, que ao tempo, lle proporciona

protección á sobria pero fermosa portada e serve tamén para resgardar da choiva a xente que accede ao templo. Este coberti-

zo tivo nos tempos medievais outra utilidade xa que nel se reunían os veciños para tratar ou resolver asuntos comunais “ a son

da campá batida”.

Perfectamente orientada co testeiro cara Oriente, presenta unha forma alongada con planta

de nave única e unha soa ábsida. A súa fachada é románica, pero o monumento está levan-

tado seguramente a finais do século XV ou comezos do XVI cando dexeneran xa as formas

oxivais . Ten unha soa nave de planta rectangular ampla para igrexa rural, formada por tres

tramos delimitados por arcos apuntados e unha ábsida de planta cadrada.

Page 3: Santa olalla de lubre

Ten tamén unha torre campanario cadrada situada nun dos seus lados . A Súa fachada mira ao poñente segundo a clásica dis-

posición e, tal vez, por conservar a orientación da igrexa anterior, en cuxo lugar seguramente, se edificou a que hoxe existe.

A nave divídese en tres partes e os seus muros están fendidos por estreitas ventás e seteiros, que iluminan debilmente o inte-

rior deste exemplar. Ademais hai grosos contrafortes prismáticos parecidos aos que sosteñen a catedral de Santiago.

A nave está cuberta con madeira, pero a ábsida ten unha bóveda estrelada de cinco claves, cuxos nervios principais apóianse

en columnas fincadas nos ángulos, de fustes esbeltos pero de capiteis de mala calidade esculpidos con lixeiros releves.

Detalle da bóveda de crucería coas cinco

claves de gran tamaño como o son tamén os

nervios da bóveda.

Vista do interior da igrexa recollida desde o coro.

Page 4: Santa olalla de lubre

A portada principal é de arco semicircular adornado con delgados toros que seguen polas xambas, sen impostas nin capiteis,

e só apoiados, ao igual que as molduras dos arcos interiores, nunhas bases adornadas con lixeiros e monótonos relevos.

Sobre esta portada ábrese un ósculo con molduras que, sen dúbida, tivo algunha tracería, pero que hoxe está acristalado e

proporciónalle luz natural ao templo no único sitio no que posúe unha segunda altura, que non é outro máis que o coro situa-

do aos pes da nave.

Page 5: Santa olalla de lubre

No exterior e sobresaíndo por riba do conxunto temos unha fermosa torre de campás, de planta cadrada, á que se accede por

unha estreita escaleira desde o interior do templo.

O interior é sobrio, espazoso, acolledor e presenta unha distinción clara entre a nave dedicada aos fieis ( ten unhas medidas

interiores de 16,30 X 8,50 en tres tramos) e o presbiterio onde se entra logo de cruzar un arco con un apuntamento característi-

co, pois non é o clásico arco oxival, se non que é un peculiar.

Page 6: Santa olalla de lubre

Merecen tamén especial mención na nave as lápidas sepulcrais que amosan escudos esculpidos con armas de Calatrava así

como varios escudos heráldicos, un púlpito de pedra, igualmente con armas, e a probable existencia dun sepulcro señorial bai-

xo un altar de recente construción.

O retablo, de singular beleza, necesita restauración. Nel destaca nun lugar preferente a patroa, Santa Eulalia, ataviada coa pal-

ma, símbolo do martirio. Esta beleza, sen dúbida, vai en consonancia co seu emprazamento baixo a bóveda de crucería de cin-

co claves de tamaño considerable, como o son tamén os nervios da bóveda.

A igrexa de Santa Olalla de Lubre é simplemente, un dos poucos exemplares que nos quedan de Igrexas rurais dos séculos XV e XVI en

Galicia.

Traballo feito polo alumnado de 4º de ESO do CPI Conde de Fenosa