Upload
others
View
5
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
TAREFAS 3ºA E 3º B
SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL
MOITO ÁNIMO NENAS E NENOS
XA QUEDA MENOS PARA VERNOS!
Proposta de actividades a realizar polo alumnado de 3ºA
e 3ºB para a semana do 14 ao 17 de abril
Nenas e nenos de terceiro, as vacacións de Semana Santa xa remataron.
Agora toca traballar algo máis en serio. Temos que ir facendo algunhas
tarefas diariamente, para que non se nos esqueza o que levamos aprendido.
Temos que continuar QUEDANDO NA CASIÑA. Pero esta semaniña é curta
e se traballamos pásasenos o tempo axiña.
Algo de memoria…
- Repasaches a táboa durante a Semana Santa?
- Fixeches algo de cálculo?
- Liches algún dos contos recomendados? Gustáronche?
- Liches algun contiño dos que tes na casa?
- Escribiches algo?
- Debuxaches e construíches algún acuario?
- Colaboraches nas tarefas da casa?
- Traballaches algo na hortiña e coidaches dos animais?
Se respondes a todo que sí, xa te podes poñer un sobresaliente.
Queremos pensar que todos andades entre o notable e o sobresaliente.
Confiamos moito en vós! Cando volvamos ao colexio, que logo será, moito
teremos de que falar!
Antes de comezar queremos explicarvos unha novidade.
A partir desta semana, e dado que o confinamento alargarase polo menos 15
días máis, imos a facilitarvos os nosos correos electrónicos para que nos
NOVIDADES
enviedes tarefas ao final de cada semana. Cada semana iremos
especificando o que queremos que nos enviedes, non vos imos pedir nin todas
as tarefas nin de todas as materias sempre. Iremos alternando. Esta
entrega será obrigatoria. Recibiredes de volta a corrección das mesmas a
través dos mesmos correos ou de ABALAR.
Para 3ºA os correos son os seguintes:
- Para as tarefas de lengua, lingua, plástica e valores (Cris):
- Para as tarefas de matemáticas, ciencias naturais, ciencias sociais e
música (Sara): [email protected]
Para 3ºB o correo de Susana é o seguinte [email protected]
Para a entrega de tarefas de especialistas atoparedes os seus correos nas
súas explicacións de tarefas. Non se vos van a pedir moitas entregas cada
semana e sempre quedará ben indicado.
Para comezar ides a enviar unha tarefa que xa deberiades ter feita: o
conto inventado para o Certame Literario, a ser posible cunha
ilustración. É unha tarefa de Lingua Galega.
Podedes envialos a través dunha foto, xuntando o documento en Word ou
PDF, ou como vós consideredes. Se tedes algunha dúbida, por favor,
poñédevos en contacto con nós a través de ABALAR ou dos correos que vos
acabamos de facilitar.
Data límite de envío da tarefa: venres 17 de abril ás
14:00h.
Actividade para enviar esta semana
LINGUA GALEGA
- 3º A: Lectura do tema 10 do teu libro de texto (ler tres veces en
voz alta vocalizando correctamente) e facer no caderno a
comprensión da páxina 128. Coidado ca letra! Antes de comezar a
lectura, fíxate no vocabulario da páxina 124 a ver se coñeces todas
estas palabras. Se non coñeces algunha, búscaa no diccionario. Tamén
as podes buscar no diccionario da Real Academia Galega:
https://academia.gal/dicionario
- 3º B: Volver a ler a lectura do tema 10 do teu libro de texto e
repasa a comprensión lectora que x ates feita, verdade? Fíxate no
vocabulario da páxina 124 a ver se coñeces todas estas palabras. Se
non coñeces algunha, búscaa no diccionario. Tamén as podes buscar no
diccionario da Real Academia Galega: https://academia.gal/dicionario
Para 3º A e 3º B: Fai no teu caderno os exercicios 8, 9 e tamén o
PONTE A PROBA da páxina 129.
ACTIVIDADES PARA REALIZAR SE VOS QUEDA TEMPO. SON
MOI INTERESANTES E DIVERTIDAS
Comezar a facer as actividades interactivas relacionadas co escritor
homenaxeado o Día das Letras Galegas: Ricardo Carbalho Calero. Vaite ao
seguinte enlace: www.seminariogalan.org/
Este modelo de actividades xa as fixeches en anos anteriores na aula de
informática.
1º) entra na enlace indicado.
2º) Vaite a biografía de 1º e 2º e lee varias veces.
3º) Fai as actividades en liña, empezando polas de infantil ou de 1º e ir
completando actividades ata chegar a 3º de EP.
4º) Non corras, mira ben o que che preguntan.
Atención: estas actividades debes facelas pouco a pouco, ao longo de
varias semanas. Non lle dediques máis de unha hora seguida (podes facer
dúas sesión de unha hora).
LENGUA CASTELLANA
- 3º A: Lectura del tema 10 de tu libro de texto (leer 3 veces en voz
alta vocalizando correctamente) y realiza en tu libreta la comprensión
lectora de la página 136. Antes de leer el texto, fíjate en el
vocabulario de la página 132 a ver si conoces todas estas palabras. Si
no sabes alguna de ellas, búscala en el diccionario. Puedes utilizar el
ordenador y buscarla en la página de la Rela Academia Española:
https://www.rae.es/
- 3º B: Vuelve a leer la lectura del tema 10 de tu libro de texto y
repasa la compresión lectora que ya tiene hecha, ¿verdad? Fíjate en
el vocabulario de la página 132 a ver si conoces todas estas palabras.
Si no sabes alguna de ellas, búscala en el diccionario. Puedes utilizar
el ordenador y buscarla en la página de la Rela Academia Española:
https://www.rae.es/
Para 3º A e 3º B:
- Página 137, ejercicios 9, 10 y 11. Leer primero el cuadro marrón de
“familias de palabras”. También podéis ver la entrada del blog “Os
diminutos máis grandes” en la que colgamos dos vídeos explicativos
sobre las familias de palabras:
https://losdiminutosmasgrandes.blogspot.com/2020/04/la-familia-de-palabras.html
- Lee varias veces los poemas de las páginas 142 y 143. Aprende uno
de memoria (¿Has escogido el más breve? Creemos que puedes
memorizar uno más largo...)
CIENCIAS NATURAIS
- Le varias veces a páxina 134 do teu libro de Lingua Galega (non é
un erro! Isto váleche tamén para o repaso de Ciencias Naturais):
Xardíns botánicos, os museos e as plantas.
- Facer os exercicios 1, 2 da páxina 136 do teu libro de Lingua
Galega.
- Volve a escribir o proceso de desenvolvemento da semente.
Acórdate de utilizar conectores que indiquen orde. Tes onde elixir:
En primeiro lugar/ En segundo lugar/ Primeiro/ Primeiramente/
Primeiro de todo/ Despois/ A continuación/ En último lugar/ Para
acabar/ Finalmente/ Por último.
- Planta unha semente de cabaza ou “calabacín” nun envase de iogur
ou facendo un vasiño aproveitando unha botelliña de plástico (de
auga mineral). Anota o día que plantaches e o día que empezou a
agromar.
Algo así che quedaría. Tamén lle podes poñer algodón en vez de terra,
pero hai que acordarse de que estea sempre húmido (tamén a terra, sen
pasarse). Se o envase de iogur é transparente, mellor, porque así podes
ver as raíces. Se empregas unha botelliá de auga mineral, xa o tes.
Pon o tarro preto dunha ventá ou onde lle dea a luz. Xa sabes que as
plantas precisan da luz para realizar a fotosíntese.
archivojardin.com
Así que a planta naza e teña un tamaño axeitado, debes trasplantala na terra
(no invernadoiro, nunha leira, na hortiña).
Ti es o responsable de coidar a túa plantiña. Xa ves, esta é unha actividade da
que estar pendente durante dúas semanas mínimo. Habemos pedir fotos máis
adiante!
CIENCIAS SOCIAIS
Realiza no caderno as fichas que se achegan (con marco ). Recorda: non é
preciso que imprimas.
Coida a caligrafía e cando remates, revisa.
MATEMÁTICAS
Seguir repasando a táboa todos os días.
Facer no caderno as fichas que se achegan (co marco ). Recorda: non é
preciso que imprimas.
Cando remates, revisa.
Para as materias das especialistas lembrade mirar os seus
enlaces que están tamén na páxina web do cole.
Moito ánimo! Para calquera aclaración, aquí nos tendes!
As vosas mestras: Susana, Sara e Cris.
#todovaisairben #quedanacasa
PLÁSTICA
Para esta semana podedes seguir elaborando os vosos acuarios imaxinarios,
peixes, fondos mariños, etc con materiais que teñades pola casa. Algúns de vos
xa o fixestes e están subidos no blogue de Leoteca. Non é necesario repetir a
actividades para aquel que xa o ten feito. Se os queredes enviar ao correo do
cole, subirémolos ao blogue da biblio.
PAISAXE DE MONTAÑA Busca na sopa de letras termos relacionados coa paisaxe de montaña,
dámoste unhas pistas, e axúdate da páxina 30 do libro:
a) É unha grande elevación do terreo: _______________________________________
b) Un conxunto de serras aliñadas: __________________________________________
c) A parte máis baixa dunha montaña chámase __________________________
d) Un conxunto de montañas agrupadas: ___________________________________
e) Terreo máis ou menos chairo situado entre montañas: ______________
f) Elevación de menor altura que unha montaña e de forma
redondeada: ____________________________________________________________________
g) Pendente entre o cume e o pé: ____________________________________________
h) A parte máis alta dunha montaña chámase ____________________________
i) Conxunto de montañas aliñadas: __________________________________________
PAISAXE DE COSTA Busca na sopa de letras termos relacionados coa paisaxe de montaña,
dámoste unhas pistas, e axúdate da páxina 32 do libro:
a) Entrada grande do mar na terra: _________________________________________
b) Anaco de terra rodeada de auga por todas as partes: ______________
c) Partes nos que o mar penetra terra dentro: __________________________
d) Anaco de terra que se interna no mar: __________________________________
e) Entrada pequeña do mar na terra: _______________________________________
f) Anaco de terra rodeada por auga por todas as partes menos
por unha: ________________________________________________________________________
g) Enseada pequeña: ____________________________________________________________
h) Partes onde a terra se interna no mar: _________________________________
i) Conxunto de illas próximas entre sí: _______________________________________
j) Entrada mediana do mar na terra: ________________________________________
Ordena de menor a mayor los números de las bolas de cada color y calcula:
Lee y escribe
El frutero pidió la mercancía para llenar la frutería:
¿Cuántas frutas pidió de cada tipo?
8 : 2 = __________ La mitad de 8 es _____________
________________ ___________________________
________________ ___________________________
13 : 3 = __________ Un tercio de ________________
________________ ___________________________
________________ ___________________________
20 : 4 = __________ Un cuarto de ________________
________________ ___________________________
________________ ___________________________
14
12
20
8 La
mitad
Un
tercio
Un
cuarto
Melocotones
Plátanos
Peras
Naranjas
Manzanas
¿Cuál fue la fruta que más cantidad compró?
¿Cuál fue la fruta que menos cantidad compró?
En el primer camión de mercancía le llegaron las naranjas, los plátanos y las manzanas ¿cuánta fruta en total le llegó?
En el siguiente camión de mercancía le llegaron los melocotones y las peras, ¿Cuánta fruta le llegó?
Y ahora que ya tiene todo el pedido, ¿cuánta fruta nueva tiene en total en la frutería?
Un circuito para bicicletas mide 1.750 metros. La semana pasada Lara recorrió el circuito 23 veces. ¿Cuántos metros recorrió?
Solución: _________________________________________________________________________________
Fíjate en el dibujo y responde: ¿Qué cuestan más: 4 bolsos, 20 libros o 9 plumas iguales?
Lee el folleto y calcula el precio de cada compra:
a) 3 paquetes de papel higiénico y una cadena de música:
b) Un microondas y 4 maletas:
c) 2 cajas de langostinos, 5 paquetes de papel higiénico y 2 cadenas de música:
4€
65€
87€
18€
174€
Cálculo:
Realiza las siguientes operaciones:
8.254 + 960 + 43 = 28 + 774 + 10.250 = 5.563 + 12 + 680 =
756 - 286 = 12.498 – 5.633 = 678 - 86 =
435 x 46 = 920 x 74 = 816 x 62 =
543 : 3 = 4.788 : 2 = 6.349 : 5 =
Observación: cuando termines, puedes comprobar los resultados con la
calculadora. ¿Están todas bien? Ponte un
C3
Realiza las siguientes operaciones:
4.512 + 89 + 260 = 2 + 5.360 + 4.699 = 588 + 631 + 726 =
278 - 224 = 3.288 - 965 = 8.812 – 3.112 =
290 x 8 = 5.360 x 96 = 8.524 x 74 =
8.345 : 9 = 3.916 : 7 = 2.472 : 4 =
Observación: cuando termines, puedes comprobar los resultados con la
calculadora. ¿Están todas bien? Ponte un
#todovaasalirbien #quedateencasa
C4