Upload
dinhnga
View
233
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Tema 8.- O sector terciario (3): as actividades comerciais e os fluxos de intercambio.
1.- As actividades comerciais.
Rede de infraestruturas e transportes Poder adquisitivo e confianza da poboación
Confianza das empresas
Mercado amplo (presencial / internet)
Nivel de consumo
prezos
impostos
publicidade
rebaixas
Factores da actividade comercial
A actividade comercial.
comercio interior o que se desenvolve dentro das fronteiras dun Estado
comercio exterior o que realiza un país con outros países. Inclúe importacións e exportacións
comercio
por xunto
(almacenista)
[comercio al por mayor]: comercio realizado por empresas que mercan grandes
cantidades de mercadorías aos produtores e llelas venden a outros comerciantes ou
a empresas (comerciantes minoristas ou polo miúdo)
comercio
polo miúdo
(retallista)
[comercio al por menor]: comercio realizado polos detallistas, que compran o
produto aos comerciantes por xunto, para vendelo ao consumidor en tendas,
mercados, supermercados... en pequenas cantidades
balanza
comercial
diferenza entre o valor dos produtos (mercancías) que un país compra
(importacións) e vende (exportacións) ao estranxeiro durante un período
determinado (normalmente un ano)
pode ser positiva ou negativa.
balanza de pagos
rexistra o valor de todos os intercambios realizados por un país co resto do mundo,
normalmente nun ano. A balanza de pagos inclúe:
a balanza comercial (mercadorías)
a balanza de servizos (turismo, transportes...)
balanza de capitais (movementos de diñeiro, transferencias de capital entre
países...)
pode ser excedentaria ou deficitaria
Nome Data Países integrantes
UE Unión Europea 1957
2013
Alemaña - Bélxica - Francia - Italia - Holanda - Luxemburgo
[1957] / Dinamarca - Irlanda - Reino Unido [1973] / Grecia
[1981] / España - Portugal [1986] / Austria - Finlandia -
Suecia [1995] República Checa - Chipre - Eslovaquia -
Eslovenia - Estonia - Hungría - Letonia - Lituania - Malta -
Polonia [2004] / Romanía - Bulgaria [2007] – Croacia [2013]
NAFTA Tratado de Libre Comercio
de América do N 1994 Canadá / Estados Unidos / México
MERCOSUR Mercado Común de
América do Sur 1985
Arxentina / Brasil / Paraguai / Uruguai + Venezuela
(adhesión en 2006)
CAN Comunidade Andina 1969 Bolivia / Colombia / Ecuador / Perú - (Venezuela retirouse
en 2006)
MCCA Mercado Común
Centroamericano 1960
Guatemala / El Salvador / Honduras / Nicaragua / Costa
Rica
ASEAN Asociación de Nacións do
SE Asiático 1967
Indonesia / Malaisia / Filipinas / Singapur / Tailandia /
Brunei / Vietnam / Laos / Myanmar / Camboxa
ANZCERTA Acordo Australia-Nova
Zelandia 1983 Australia / Nova Zelandia
UMA Unión do Magreb Árabe 1989 Mauritania / Marrocos / Alxeria / Tunisia / Libia
A desigualdade nun mundo globalizado.
A globalización da economía, que provoca o comercio desigual e a débeda externa.
Libre competencia económica ⟹ comercio desigual:
Os países ricos explotan ou compran materias primas e produtos dos países pobres a prezos
moi baixos;
véndenlles outros produtos ou servizos a prezos moi elevados ⟹ obteñen máximos
beneficios.
Este comercio desigual xera unha balanza de pagos deficitaria que endebeda os países pobres,
os cales entran nunha espiral da que é case imposible saír:
para medrar necesitan construír infraestruturas, crear servizos e adquirir tecnoloxía ⟹
necesitan dispoñer de capitais ⟹
piden créditos aos países ricos ou entidades financeiras internacionais (débeda externa) ⟹
teñen que pagar uns intereses elevados ⟹
para obter os cartos exportan os seus recursos ⟹
fames / non conseguen os cartos necesarios ⟹
non poden facer fronte, nin sequera, ao pago dos intereses ⟹
a débeda externa acumúlase e afoga a economía do país.
Con frecuencia os créditos, non se invisten no desenvolvemento económico do país, senón na
adquisición de armas ou no enriquecemento das elites dominantes.