Upload
others
View
5
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
UNHA NOVA ERA PARA GALICIA
NACE O MODELO SOGAMA1Para atallar o grave problema na xestión de residuos urbanos en Galicia, a Xunta, baseándose nos estudos dun comité científico, propón un proxecto pioneiro: un sistema de partenariado entre o sector público e privado. Nace a primeira empresa público-privada do sector cun modelo de xestión caracterizado por tres atributos: global, integral e solidario. A súa actividade ten o seu epicentro industrial no Complexo Medioambiental de Cerceda (CMC).
2RESPALDO EUROPEO
A UE dálle luz verde ó proxecto a través do Fondo Europeo de Cohesión e aválao coa concesión de 72,21
millóns de euros. O sistema Sogama é o único proxecto español que supera o correspondente control
do Parlamento Europeo sen ser unha gran infraestrutura de comunicación.
Vertedoiros municipais incontrolados: década dos 90.
IMPARABLES EINCANSABLES
4INAUGURACIÓN DO CMC
Fai agora 20 anos, D. Manuel Fraga Iribarne, entón presidente da Xunta de Galicia, encárgase de darlle
o disparo de saída a un proxecto que axiña ha superar todas as expectativas.
LIXEIROS DE EQUIPAXEPARA ENGALAR ALTO
3Empézase cunha soa instalación, a pioneira Planta de Clasificación de Envases Lixeiros (PCLAS), que marca o inicio deste ilusionante proxecto a través da separación, por tipoloxías, dos materiais depositados pola cidadanía no contedor amarelo para remitírllelos a empresas recicladoras que os devolverán ao mercado transformados en novos produtos.
Entrada en operación da Planta de Clasificación: finais de 1998
Inauguración CMC: 20 de xaneiro do 2000
AUTOMATIZACIÓN TOTAL DAS PCLAS
5A Planta de Clasificación de Envases Lixeiros cumpre un doble obxectivo: faise máis eficiente a través da súa mecanización e mellora as condicións laborais do persoal adscrito a ela.
TRIPLA ACREDITACIÓN EUROPEA
O COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DO
SECTOR DOS RESIDUOS URBANOS MÁIS AVANZADO
DESTACANDOEN EUROPA
6
7
O daquela comisario de Política Territorial da Unión Europea, D. Michel Barnier, visita o CMC e sinálao como un
proxecto líder no seu sector que «merece ser cualificado con parabéns, felicitacións e sobresalientes», valorando o
Complexo Medioambiental de Cerceda como o «máis moderno de Europa».
A Comisión Europea encarga unha avaliación ex-post do modelo Sogama, habitual neste tipo de proxectos, que foi superada de sobra. A CE reafírmase nos tres beneficios incuestionables que achega Sogama: protección medioambiental —tras ter facilitado a clausura dos vertedoiros municipais incontrolados—, crecemento económico —máis de 1.000 postos de traballo, entre directos e indirectos—, e benestar social e calidade de vida para a cidadanía.
Automatización Planta de Clasificación: ano 2008
Estudo ex-post: ano 2012
PRIORIZANDO A CONTORNA
RESPECTO ABSOLUTO POLA SAÚDE E O MEDIO
AMBIENTE
8
Os niveis de emisión á atmosfera sitúanse moi por debaixo dos límites que marca a lei. Isto é posible grazas aos estritos
e permanentes controis ambientais e ao rigoroso cumprimento dunha esixente normativa que garante o
máximo respecto á contorna e á saúde.
9SOSTIBLES ATANO TRANSPORTEMáis da metade dos residuos que se xestionan no CMC chegan en tren. Pasamos do 25 % no 2016 ao 55 % no 2018, priorizando deste xeito un transporte máis sostible, seguro e respectuoso co medio ambiente.
Optimización transporte por ferrocarril: ano 2016
CAPACIDADEMELLORADA
11PARA TODA GALICIA
O CMC pode tratar en condicións óptimas non só os residuos dos 295 concellos adheridos ao sistema
Sogama, senón tamén os producidos en toda a Comunidade Autónoma.
CAPACIDADE PARA1 MILLÓN DE TONELADAS ANUAIS
10
Ante a insuficiente capacidade do CMC para xestionar todos os residuos recibidos por Sogama, decídese incrementala nun 81% con vistas ao futuro.
Ampliación do CMC: ano 2018
VERTIDO TÉCNICO CERO CUM LAUDE
12Sogama cumprirá, con 15 anos de antelación, as esixencias do Parlamento Europeo para todos os Estados membros e chegará ao «vertido técnico cero» este mesmo ano 2020.
EN LIÑA COA INDUSTRIA 4.0
PIONEIROS EVANGARDISTAS
13Constrúese e equípase unha nova planta de recuperación dos
materiais contidos no lixo en masa e remodélase a antiga planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible. O CMC é hoxe o centro de xestión e tratamento de residuos urbanos máis
vangardista de Europa e todo un referente para o resto do mundo.
Construción e equipamento da planta de compostaxe industrial.
CON ENERXÍA VERDE
DÁMOSLLES SERVIZO AO 94% DOS CONCELLOS GALEGOS
14
Empezamos con 71 concellos e hoxe traballamos con 295, dándolles servizo a 2.242.000 habitantes.
15ENERXÍA PARA
O 12% DE FOGARESSogama produce, a partir da fracción non reciclable
dos residuos, a enerxía eléctrica equivalente ao consumo do 12% dos fogares galegos.
MODELO SOGAMA
MODELO NOSTIÁN
MODELO BARBANZA
O Rosal
O Porriño
Beade
A Cañiza
A LAMA
O Morrazo
A Lama
Curtis
Riotorto
Muiños
Celanova
A Gudiña
Pobra deTrives
Verín
Xinzo de Limia
Maceda
VianaDo Bolo
O CarballiñoA Peroxa
Ribadumia
Silleda
Chantada
CERCEDA
San CibraoDas Viñas
Monforte
Sarria
A Rúa
Santiago
Narón
Ortigueira Viveiro
Barreiros
Lugo
Becerreá
Boiro
Santa Comba
Corcubión
20 plantas de transferencia de Sogama
11 Microplantas da Deputación de Ourense
5 plantas de transferencia construidaspola Xunta de Galicia
1 planta de transferencia da Mancomunidade do Morrazo
Complexo Medioambiental de Sogama
295 CONCELLOSADHERIDOS AO PLAN SOGAMA
2.242.139 HABITANTES(83% DA POBOACIÓN)
OS TRES ERRESCOMO FARO GUÍA
17ACEIRO, ALUMINIO, VIDRO
E AGORA OUTROS MATERIAISRecuperamos por vez primeira vidro e melloramos os
procesos de selección do aceiro e aluminio. Separámolos con máis eficiencia, sumando un total de 342.575 toneladas
de materiais recuperados para outros usos.
FIRME APOSTA POLA VALORIZACIÓN
16Dende a súa inauguración, o CMC puxo en valor máis de 10.000.000 toneladas de residuos cos que se poderían encher 50 estadios de fútbol coma Riazor ou Balaídos.
PRETO DE 76.500 VISITAS
18
A colaboración cidadá é vital para o noso desempeño. Sempre coas portas abertas á cidadanía, dende o inicio da actividade do CMC, por el teñen pasado colexios, universidades, asociacións, colectivos sociais e empresas aos que informamos e formamos. E esa é a nosa folla de ruta para o futuro.
GALICIA PECHA O CÍRCULO
SOGAMA CIRCULAR
UNHA GALICIA MÁIS PRÓSPERA
19
20
Comeza unha nova etapa onde o CMC se erixe como un dos piares do liderado galego na
transición cara á economía circular.
Puxemos a Galicia no mapa da sostibilidade mundial. Hoxe podemos mirar ao futuro coa satisfacción de sermos unha comunidade pioneira na xestión sostible dos residuos urbanos e co orgullo de termos un Complexo Medioambiental líder en Europa. Foron 20 anos, pero este é só o principio.
Visita de Don Alberto Núñez Feijóo á nova planta de recuperación de materiais: xaneiro 2019
Sogama circular: ano 2020