38

xandre román - circunvalación

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: xandre román - circunvalación
Page 2: xandre román - circunvalación

podes facer o que che preste con esta obranon esquezas citar ao autor e compárteo do mesmo xeito

Page 3: xandre román - circunvalación

circunvalación

Page 4: xandre román - circunvalación
Page 5: xandre román - circunvalación

a Lola

Page 6: xandre román - circunvalación
Page 7: xandre román - circunvalación

Cando a deusa tinguiu de olloscunha bafarada azul esta terranon calculouestou certoa posibilidade dos afluentese dos graos de areade non chegaren até o máis fondo do meu corpoe deixou abertas as portas do baleiroaos crimes máis nefandos das periferias do xardín.

Da súa neglixencia agoraafloran os edificiosdesta fortaleza.

I

Page 8: xandre román - circunvalación
Page 9: xandre román - circunvalación

Da cidade fundadanunha das últimas noites da guerradescansan historias custodiadascoma derradeiras pingas de mel.

Neste lugar, as torres golpean cada horapara que as insomnes non se perdanpolo camiñoe poidan volver a casa cada mañácon cadanseu fardel.

Lévanos todos cheos cos ollos dos camaleónsque ateigan as fronteiras dos parquespara celebraren a caída das estrelas.

II

Page 10: xandre román - circunvalación
Page 11: xandre román - circunvalación

Hai moitos anoso río que atravesa a cidademedrou nun outubro de choivas torrenciaise entrou por todas e cada unha das rúasasolagando até o último dos refuxios.

Despois daquilo só quedoutristezae xente que xa non tivo onde volver.

Foi despois do sucesocando construímos os canaispara que nunca máis se repetisea traxedia.

Ti aínda non naceras.

Por iso non o recordas.

III

Page 12: xandre román - circunvalación
Page 13: xandre román - circunvalación

Vivir no reverso dos días faique os seus rostros non manifesteno contido dos sobres premiadoscon billetes de volta deste éxodo centrífugoe que o mecanismo que move as lúas sen descansose atrincheire no caixón das facturaspara que ninguén o saiba atopar.

Son épocas ásperas, cheasde lembranzas a descatalogar efotos escuras de rúas en desfase,que deixan os reloxos fórados seus propios cálculos,somerxen os almanaquesen atmosferas de fahrenheitse deixan ermos os faiadosnos que amencen os desexos.

Deste xeito, cando chegueo regalo de aniversarioninguén saberá poñerlle nome.

IV

Page 14: xandre román - circunvalación
Page 15: xandre román - circunvalación

Este lugar esgaza cristais cada noitee deixa os ferros do formigón á vista,que feren ás que pasean coma nósespidase deixan pequenas rabuñaduras na pel.

Ás veces, a penas se aprecianmais outras chegan a deitar sangue nos camiños.

É entón cando nunca máispodemos perdernosna volta ao lugardo que non acabamos de fuxir.

V

Page 16: xandre román - circunvalación
Page 17: xandre román - circunvalación

O certo é que esta cidade construíu demasiados lugaresaos que ir era xa sempre volvere incluso antes de chegar a coñecerlle as fronteirasos suburbios todos xa pasaran polas nosas mans:

os mostradores dos estancosas escalinatas das catedraisas billeteiras da noriaas portas de cada un dos bares no que nos coñecemose o ar cargado que habita entre os andeis da biblioteca.

Todos eles recendían a álbum de fotoscoma fotogramas dunha cinta de vídeo gravada unha e outra vez.

Ou así os vía eu.

Por iso tampoucofun quen de recoñecer esta casa.

VI

Page 18: xandre román - circunvalación
Page 19: xandre román - circunvalación

Hai ocasiónsnas que me gustaría termar da cidade(coidando non cravarme as antenascargadas de veleno)e darlle a volta,verquer o seu contido:as bagoas dos motoresa area dos parterres...e agardar que a exhumación da lamae das estalactitas das candeasdeite luz sobre o momentono que perdemos de vista o corpoque nos proxectaba sobre as beirarrúas de outono.

VII

Page 20: xandre román - circunvalación
Page 21: xandre román - circunvalación

Ás veces acontece sen avisaroutras, en cambio, chega anunciadapolo rebumbio das rotondase os estoupidos do semáforos.Entón ancora no meu peitoesgaza as telas que forran os coxínse creban os fíos dos coiteloscontra os valados de pedra.Cando entra, éncheo todo de xeoe nada pode mitigar a dorque se acubilla no centro do baleiro que constrúee coma incandescenciaabafa un por un todos os sentidos.

A primeira vez non foi asímais souben, xa daquela,que o contaxio da distancia incubarao ovo de todas as doenzase que o que rompía en quilómetroseran as moléculas de osíxenoque arrolaban o equilibrio.

VIII

Page 22: xandre román - circunvalación

Eu, que sempre xogo a perder,gardo xa o maillot da derrota;úsoo de pixama porquecando ela vén, vence sempree é entón que me deixo caer e dígolleAsma.

Así, con ese nomeé moito máis doado non ter que darme explicacións.

Page 23: xandre román - circunvalación

Para levar conta dos camiños sen saídae dos accidentes ferroviarioscravo agullas na pel da árboreque pendura desde o comezo da estaciónaté estas datase observo o sangue que escorregaaté o chan descalzo que pisase unha e outra vezpecho os ollos para non vercomo te involucras nas leisda termodinámica.

Non pagamos ningún exceso en negroe todo quedou listado nas contas municipais,por iso saben das sobredoses que causarono exterminio.

Cando chegou por vez primeiraa enfermidade conducíaa máis velocidade da permitidae así arrastrou os fondos das simas

IX

Page 24: xandre román - circunvalación

antes de quedar ancorada para sempre.

Agora sabemosque son os gramos do mercurio en expansiónos que nos afastan da toxicidadee que somos metonimiado disparo que perseguimos.

Page 25: xandre román - circunvalación

Coma un nenoque agarra o globo de helio das festase teme que o leve o baleiro que bordean as nubesao lugar de onde nunca volven as palabras, eutermaba dunha man o teu peitotrofeo no alto da montañae da outra o meu solsticioe a medicación que mataas noites de autarquíae tremíacon medo ao precipiciocapaz de arrincarlle o corazónaos heroes que poboan os frisos,pero agora acato os cravosdesta penitenciamentres debullo as saídas da autoestradapolas que puiden escapar.

A fin e ao cabo,construírme nesta fenda nunca foiunha decisión premeditada.

X

Page 26: xandre román - circunvalación
Page 27: xandre román - circunvalación

E, aínda hoxe, sufrimos a resaca do desxeo.

Do seu paso quedaron outeiros ermose lámpadas fundidas,regueiros de anacos de metalbaixaron daquela desde os cumese das casas só quedarontrabes termando da ferruxe.

Aínda sufrimos a resaca do desxeopois o día que chegouprenderon coma teas as parabólicase deixaron de sintonizar os azuise os vermellos.

Outra vez, a cidadequedou deshabitada.

XI

Page 28: xandre román - circunvalación
Page 29: xandre román - circunvalación

O delirio da horizontal que pendura entre as luces non encobre as mans baleiras das presentes nin os planos das rutas abortadas.

Bicar o asfalto e lamberos ollos das estatuasnon pode resolvereste brainstorming do absurdomais nós seguimos impasíbeisfacendo do xiz alfándegadas nosas sombrasporque despois de tantos pasos de peónsnon asumimos a barbarienin que o skyline desta cidade écoma un electrocardiogramaque chega á periferia cando bordea a mortee que máis alánon hai nada.

Non quero ir, díxencheás rúas que decoran as naves das aforas.

XII

Page 30: xandre román - circunvalación

Pero ti...ti xa tiñas os billetesmercados para os dous.

Page 31: xandre román - circunvalación

O aire todo deste cuarto loitapor non saír do meu peitoe naqueloutros lugaresonde si florecen cinzastampouco queda espazopara outra canciónporque aínda doen os culatazosna pantalla do cineanos despois da estreae polo menos euaínda conservo aquel sangue entre os dentes.

Que dirán entón desta historiaos obituarios da bonanzacando atopen os cisnes disecadosno loft do minotauro?

Quen chorará a mitosecando volva producirse?

XIII

Page 32: xandre román - circunvalación
Page 33: xandre román - circunvalación

Aínda que alguén velara polos brancos que quedan nas paredes tras as mudanzasromperían os parqués, inermes contra as raícesdos futuros que enterrei para poder vivir aquíe agromarían destas mans as burbullas de sangueque agora estouran contra todos os alfabetos do mundo.

Aínda que alguén advertira que as rúasagochaban gárgolas baixo cada soportalcrebaría nesta ou noutra noite calquera o vidroe poderiamos dar a nosa obra por rematada.

Aínda que alguén anunciara onde levaban estes pasosteríaos seguido unha e outra vez cara a este lugarpresidido pola cabeza da deusa cravada nunha lanzae o frío sedimentado nos padais dos días.

Porque, aínda que alguén fixese saltar todas as alarmasnunca sería quen de abandonarpor unha saída certaesta circunvalación.

XIV

Page 34: xandre román - circunvalación
Page 35: xandre román - circunvalación
Page 36: xandre román - circunvalación
Page 37: xandre román - circunvalación

ourensena primavera do 15

Page 38: xandre román - circunvalación