11
25 ~ O 30 de agosto de 1923 Xaquín Lorenzo Fernández,“o Xocas” –coma o coñecían os seus amigos e compañeiros de Ourense e Lobeira–, atópase en Santiago de Compostela. Non sabemos de certo se foi por primeira vez, quizais non, pero esta data é segura porque tal día asina a matrícula como alumno por libre (enseñanza no oficial ) da Facultade de Filosofía e Letras e, en particular, da materia de “Historia de España”. Contaba 16 anos (aínda que na instancia diga que ten 15) e era bacharel dende o 27 de xuño ante- rior, estudios que cursara no Instituto General y Técnico ourensán. Na casa de Facós, en Lobeira, había un recordo com- postelán de cando seu pai fora alumno da Facultade de Dereito, que é –porque aínda existe e fica vizoso– un magnolio que a avoa Dolores mercara ou llo deran (non o puidemos confirmar) nunha das veces que estivera en Compostela, que tivo que ser entre 1885 e 1893, en que comeza e remata, respectivamente, o fillo a carreira. A arboriña chegou a Ourense nun testo, e logo así tamén foi para Facós, onde a plantaron de par da casa, e alí medrou ata converterse nunha espléndida árbore adulta, que se non lle sucede algo fóra do nor- mal é de esperar que viva aínda moitos anos máis. Ese curruncho, entre o xardín e a casa, era o preferido de Don Xaquín, no que pasaba á sombra as tardes de verán agardando por ninguén e cavilando nos tem- pos idos, ledos e tristes, nos da nenez e nos da moci- dade con seu irmán Xurxo, e nos da soidade da vellez cando na casa xa só quedaba el... XAQUÍN LORENZO E COMPOSTELA: DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS Ó MUSEO DO POBO GALEGO Clodio González Pérez DIA DAS LETRAS GALEGAS XAQUÍN LORENZO

XAQUÍN LORENZO E COMPOSTELApresenta D. Xoquín Lorenzo, encol do: “Carro Galego”. A seguido leéuse o do Sr.Magariños Granda: “Acougos (poesías)”. E ergéuse (sic) a sesión

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: XAQUÍN LORENZO E COMPOSTELApresenta D. Xoquín Lorenzo, encol do: “Carro Galego”. A seguido leéuse o do Sr.Magariños Granda: “Acougos (poesías)”. E ergéuse (sic) a sesión

25~

O30 de agosto de 1923 Xaquín LorenzoFernández,“o Xocas” –coma o coñecían osseus amigos e compañeiros de Ourense e

Lobeira–, atópase en Santiago de Compostela. Nonsabemos de certo se foi por primeira vez, quizaisnon, pero esta data é segura porque tal día asina amatrícula como alumno por libre (enseñanza nooficial) da Facultade de Filosofía e Letras e, enparticular, da materia de “Historia de España”.Contaba 16 anos (aínda que na instancia diga queten 15) e era bacharel dende o 27 de xuño ante-rior, estudios que cursara no Instituto General yTécnico ourensán.

Na casa de Facós, en Lobeira, había un recordo com-postelán de cando seu pai fora alumno da Facultadede Dereito, que é –porque aínda existe e fica vizoso–

un magnolio que a avoa Dolores mercara ou llo deran(non o puidemos confirmar) nunha das veces queestivera en Compostela, que tivo que ser entre 1885e 1893, en que comeza e remata, respectivamente, ofillo a carreira.

A arboriña chegou a Ourense nun testo, e logo asítamén foi para Facós, onde a plantaron de par dacasa, e alí medrou ata converterse nunha espléndidaárbore adulta, que se non lle sucede algo fóra do nor-mal é de esperar que viva aínda moitos anos máis.Esecurruncho, entre o xardín e a casa, era o preferido deDon Xaquín, no que pasaba á sombra as tardes deverán agardando por ninguén e cavilando nos tem-pos idos, ledos e tristes, nos da nenez e nos da moci-dade con seu irmán Xurxo,e nos da soidade da vellezcando na casa xa só quedaba el...

XAQUÍN LORENZO E COMPOSTELA:

DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS

Ó MUSEO DO POBO GALEGO

Clodio González Pérez

D I A D A S L E T R A S G A L E G A SX A Q U Í N L O R E N Z O

Page 2: XAQUÍN LORENZO E COMPOSTELApresenta D. Xoquín Lorenzo, encol do: “Carro Galego”. A seguido leéuse o do Sr.Magariños Granda: “Acougos (poesías)”. E ergéuse (sic) a sesión

26~

1. ALUMNO UNIVERSITARIO

Examinouse en setembro de 1923 de Historia deEspaña, pero a cualificación foi negativa, e o 25 denovembro fina seu pai, o que vai supor para a familiagravísimos trastornos económicos. Volve a matricu-larse tamén por libre no curso seguinte, 1923-24,pero non máis que de tres materias: Lógica funda-mental, Lengua y Literatura Españolas e Historiade España. Non supera as dúas primeiras nin enxuño nin en setembro, e non se presenta á terceiraen ningunha das convocatorias.

Matricúlase no curso 1924-25 unha vez máis porenseñanza no oficial, suspendendo as mencionadastres materias en xuño, pero supera as dúas primeirasen setembro. A terceira non a aproba ata o xuñoseguinte, en que tamén é alumno por libre daFacultade de Dereito, na que se matriculara o ante-rior 14 de abril:

Sr. Decano de la Facultad de Derecho:

Don Joaquín Lorenzo Fernández, natural deOrense, provincia de Orense de 18 años deedad, que habita en esta ciudad, calle de laPaz, núm. 30, cuarto 1º, a V.S. con el debidorespeto dice:

Que deseando ser examinado en esa Uni-versidad para dar validez académica en elpresente curso a los estudios que tienehecho privadamente para la convocatoriade Junio, llenando previamente los requisi-tos y formalidades establecidas, a V.S.

Suplica se sirva admitirle matrícula en laasignatura siguiente:

Derecho naturalDerecho romanoHistoria general del Derecho español

Dios guarde a V.S. muchos años.

Santiago 14 de Abril de 1926.

J. Lorenzo1

A nai ten que deixar ós dous irmáns cos avós e ir áArxentina para arranxar os problemas que xurdiranco administrador das propiedades que tiña a familiaen Bos Aires. Xurxo queda en Vigo na casa dosmaternos, mentres que el vai para Lobeira coa avoapaterna que se achaba moi delicada de saúde, poisfalece atopándose aínda a nai no devandito paísamericano o 14 de febreiro de 1928.Anos despois,en 1937, súa nai lembraba con estas verbas o pasa-mento da sogra:

[...] Durante mi estancia en Buenos Aires, semurió mi suegra que había sido una buenamadre para mi por lo mucho que me quería.Como mi hijo Joaquín se quedó con ella, élfue quien la cuidó en su larga enfermedad.Ella tenía varios hijos, pero el mío fue quienla acompañó y recojió el último suspiro. Laspersonas que la visitaban se sorprendían deque un muchacho tan joven la atendiera contanta abnegación, limpiándola con todo cui-dado... Al morir, mi hijo enfermó de pena ypor las fatigas pasadas en sus cuidados [...]2

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

1. Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela (AHUS): Expedientes académicos: Lorenzo Fernández, Joaquín. 2. Museo do Pobo Galego (MPG): Xaquín Lorenzo Fernández (“Figuras para el Congreso de LA MADRE EN EL HOGAR”).

Facós: o magnolio que levou de Santiago a avoa Dolores.

Page 3: XAQUÍN LORENZO E COMPOSTELApresenta D. Xoquín Lorenzo, encol do: “Carro Galego”. A seguido leéuse o do Sr.Magariños Granda: “Acougos (poesías)”. E ergéuse (sic) a sesión

27~

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Solicitude para matricularse na Universidade de Compostela (AHUS).

Page 4: XAQUÍN LORENZO E COMPOSTELApresenta D. Xoquín Lorenzo, encol do: “Carro Galego”. A seguido leéuse o do Sr.Magariños Granda: “Acougos (poesías)”. E ergéuse (sic) a sesión

28~

Cumpre o servicio militar en Ourense polo sistema decuotas, é dicir, pagando unha cantidade dediñeiro que dende 1924 era proporcionalá fortuna familiar.

2. DIRECTOR DO MUSEOETNOGRÁFICO

Por estes anos empeza a espertarnel o interese pola Etnografía: noverán de 1925 recolle en Lobeira anomenclatura do carro á vez quetamén talla un carriño.A obra non debeuquedar mal, pois ademais de levala logo órematar as vacacións para Ourense, un medio tío,Alfredo, que vivía con eles na rúa da Paz e traballabana Delegación de Facenda,eloxioulla tanto a un com-pañeiro de traballo, Florentino López Cuevillas, queeste quixo coñecela:

[...] Ó comezalo curso tornéi a Ourense e unmeu parente faloulle a Cuevillas, non seicon que motivo, do carriño que eu figuera.Cuevillas quíxome coñecer e unha noite fun

ó Club, onde il ía á serán, co meu enredo nabulsa. Mostreillo; ollouno de vagar, leu

as notas que eu esquirbira e man-dóu precurar uns libros que tiña

no gabán. Cando llos trougueron,deumos e díxome:

-Tome. Co que vostede tén e coistes libros, faga un estudoencol do carro [...]

E il foime amostrando o quehabía de positivo niste aspecto da

cencia, e foi alumeando pra min eseente creador e conservador que é a ialma

popular, espertando no meu peito un fondoamor a esa cencia e, sobor de todo, ó poboque a orixina, iste noso pobo, sempre tannovo e tan vello, tan sabio e tan iñorante; istepobo que produz sabios e artistas sen precisarpra elo de grandes sabios nin de grandesartistas; iste pobo, en fin, que vive no día dehoxe co pensamento posto nun pasado lonxa-no e a espranza nun futuro iñorado e praquen o presente conta pouco [...]3

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

3. LORENZO FERNÁNDEZ, X.: “Cuevillas, etnógrafo”, en Homaxe a Cuevillas, ed. Galaxia, Vigo, 1957, pp. 136-137.

Acta da sesión XXII do Seminario de Estudos Galegos (IPSEG).

Page 5: XAQUÍN LORENZO E COMPOSTELApresenta D. Xoquín Lorenzo, encol do: “Carro Galego”. A seguido leéuse o do Sr.Magariños Granda: “Acougos (poesías)”. E ergéuse (sic) a sesión

29~

Entregoullo a Cuevillas e este presentouno –sen que elo soubese, segundo contaba– no Seminario de EstudosGalegos o 24 de abril de 1926, como traballo precepti-vo para ingresar como socio activo, nomeamento queía ter lugar poucos días despois,o seguinte primeiro demaio, encargándose da lectura pública do mesmo osecretario da devandita institución, Lois TobíoFernández, como consta na correspondente acta:

No salón social, o 1º do maio.

O Sr. Tobío leéu o traballo de ingreso quepresenta D. Xoquín Lorenzo, encol do:“Carro Galego”.

A seguido leéuse o do Sr. Magariños Granda:“Acougos (poesías)”.

E ergéuse (sic) a sesión.

Sant-Yago 1 do maio do 1926.

(asinado: Lois Tobío Fernández)4

Ó comezo o seu labor nesta institución é escaso,pois reside entre Ourense e Lobeira e ten que aten-der a súa avoa que fina o 14 de febreiro de 1928,pero non así dende que é alumno oficial e vive enCompostela, no número 8 da praza de San Migueldos Agros, que entón traballa arreo, á vez que des-empeña tamén varios cargos, ó longo dos cursos1931-32 e 1932-33. Así, por exemplo, na sesión do15 de outubro de 1932 figuran os dous irmáns na“comisión directora”, Xaquín como contador eXurxo como secretario de actas, á vez que se acor-da que Xocas forme parte da comisión de publica-cións (con Iglesias Iglesias, Carro García e BouzaBrey), e tamén que se encargue do MuseoEtnográfico, que levaba unha comisión dendenovembro de 1930, constituída por Risco, CarroGarcía, Martínez López, Filgueira Valverde eCastelao, cargo que ten que deixar ó matricularsena Universidade de Zaragoza, encargándose entónXesús Carro García:

Don Sebastián González García, Secretariodel Seminario de Estudios Gallegos,

CERTIFICO: Que según resulta del libro deacuerdos de este Seminario, el miembro delmismo Don Joaquín Lorenzo Fernández, fue

designado en la reunión del ConsejoDirector celebrada en 15 de Octubre de1932, para dirigir el Museo Etnográfico deeste Centro.

Y para que así conste y a petición del inte-resado expido la presente con el Vº Bº delPresidente y el Sello del centro, en Santiagoa siete de Diciembre de 1933.

El Secretario: Sebastián González

Vº Bº, El presidente: Salvador Cabeza.5

O Museo estaba instalado no “salón artesoado” doColexio de Fonseca, e, aínda que contaba con escul-turas, cadros, restos arqueolóxicos, etc., a xeira máisimportante era a etnográfica, na que Don Xaquínpuxo máis empeño consonte co interese que sempre

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

4. Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos (IPSEG): Seminario de Estudos Galegos.5. MPG: Xaquín Lorenzo Fernández.

Santiago de Compostela: praza de San Miguel dos Agros.

Page 6: XAQUÍN LORENZO E COMPOSTELApresenta D. Xoquín Lorenzo, encol do: “Carro Galego”. A seguido leéuse o do Sr.Magariños Granda: “Acougos (poesías)”. E ergéuse (sic) a sesión

30~

amosou pola cultura tradicional. Había: pezas de aci-beche, aderezos, cerámica popular, trebellos de coci-ña, indumentaria, instrumentos musicais, enredos,reproduccións de figuras do Entroido, tecidos,obxec-tos de ferro, apeiros agropecuarios, apeiros de pesca,maquetas de carros,arados e de varias construccións,etc. O museo, igual que tódolos bens do Seminario,desapareceu logo da sublevación militar do 18 dexullo de 1936, non se procedendo ó inventario dosfondos ata 1941, cando xa desapareceran algúnsobxectos valiosos.A biblioteca, por exemplo, pasou áuniversidade o 31 de decembro de 1941:

[...] Ya sabrá que el último día del año pasa-do, fiesta de San Silvestre, el Rector de laUniversidad ordenó que se trasladase labiblioteca del Seminario para la Universidad,

local de la Biblioteca América.Se acarretó en el mismo día pormedio de un carricoche tiradopor un penco y con cestas lleva-das por mujeres. Los libros ibanen montones, todos mezcladosy cayendo por los suelos, sincuidado alguno. Las gentes,ante semejante espectáculo,quedaba pasmada y pregunta-ba de qué se trataba. Los mozosy porteros respondían: “Es labiblioteca de los galleguistas”.Supóngase el gran disgusto quehe llevado. Me parecía increíbleque se pudiese realizar actotan salvaje [...]6

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Casa número 8 da praza de San Miguel,onde residiron Xaquín e Xurxo, duranteo tempo que foron alumnos oficiais da Universidade de Santiago.

6. IPSEG: Seminario de Estudos Galegos, carta de Xesús Carro García a Xosé Ramón e Fernández-Oxea, 20-II-1942.

O 15 de outubro de 1932 foi nomeado director do Museo Etnográfico do Seminario de Estudos Galegos(MPG).

Page 7: XAQUÍN LORENZO E COMPOSTELApresenta D. Xoquín Lorenzo, encol do: “Carro Galego”. A seguido leéuse o do Sr.Magariños Granda: “Acougos (poesías)”. E ergéuse (sic) a sesión

31~

3. COMPROMETIDO COA NOSA CULTURA

Cando decide continuar estudiando, facéndoo ade-mais por primeira vez como alumno oficial, conta-ba no seu haber cun libro de mérito dedicado áterra de seu avó paterno: Vila de Calvos deRandín. Notas etnográficas e folklóricas, feito encolaboración con Florentino L. Cuevillas (Semina-rio de Estudos Galegos, 1930). Tamén publicaravarios traballos na revista Nós dende o 15 de xuñode 1927, dos que sobresaen “Un casamento enLobeira”, redactado con seu irmán Xurxo e ilustra-do con dous deseños de Tabarra (é dicir, seu pai,que falecera cinco anos antes) (1928), e “A mullerno cancioeiro galego” (1932). Pola súa bandaXurxo, aínda que era case tres anos máis novo,tamén dera ó prelo algúns estudios, como “Blasósde Ourense, I” –con X.M. Amor– e o “Foro deLobeira” (1930), “A cristianización do Castro deMonterrei” (1931), “Blasós de Ourense. II. Escudoscivís eisistentes nas rúas da cibdade” (1931)...

Os dous sobresaen entre os demais alumnos polaspublicacións (pois ningún outro contaba con tantas),por participar en empresas investigadoras, como noservicio de escavacións do Instituto de EstudosRexionais da Facultade de Filosofía e Letras, comocertificaba o 7 de decembro de 1933 o secretario daFacultade,Abelardo Moralejo:

[...] CERTIFICO: que D. Joaquin LorenzoFernandez, alumno de esta Facultad estuvoadscripto al servicio de excavaciones delInstituto de Estudios Regionales, anejo aesta Facultad, realizando durante variosmeses trabajos en los poblados prehistóricosde Borneiro y Baroña, provincia de laCoruña, siempre con gran satisfaccion de laFacultuad, por las dotes de laboriosidad ycompetencia que en ellos demostró [...]7

Pola defensa da nosa cultura en conferencias emitins e, en particular, Xaquín por ser un destaca-do membro da FUE (Federación UniversitariaEscolar), que rubrica xunto con FranciscoFernández del Riego e Raimundo Aguiar Álvarez, a“acta reservada” a prol de propagar o ideario domanifesto “Aos escolares, aos universitarios, aosgalegos”, que asinaran antes 25 alumnos en repre-sentación de tódalas facultades:

[...] La campaña, en esta primera fase, com-prenderá la propaganda y defensa de lossiguientes postulados:

1º - Exaltación de la Universidad Composte-lana.

2º - Revisión del profesorado universitario.

3º - Acusación de los profesores universita-rios que tienen abandonadas sus cátedras yque se caracterizan por su falta de laborextrauniversitaria, siempre ajenos a todoslos grandes problemas que Galicia y laUniversidad diariamente plantean.

4º - Galleguización de la enseñanza.

5º - Creación de cátedras permanentes decultura gallega.

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

7. MPG: Xaquín Lorenzo Fernández.

“Acta reservada”da FUE (23 de marzo de 1933) (AHPO).

Page 8: XAQUÍN LORENZO E COMPOSTELApresenta D. Xoquín Lorenzo, encol do: “Carro Galego”. A seguido leéuse o do Sr.Magariños Granda: “Acougos (poesías)”. E ergéuse (sic) a sesión

32~

6º - Participación de los escolares en ladirección del Boletín de la Universidad, enel cual debieran publicarse los trabajos deinvestigación hechos por escolares de positi-vo merecimiento.

7º - Colegiación obligatoria de Doctores yLicenciados. [tachado]

8º - Desacumulación de cátedras.

A estos extremos se reducirá concretamentela campaña que ahora se emprende [...]8

Axiña empezan a xurdir enfrontamentos con variosprofesores de ideoloxía fascista e, en particular, cocatedrático de historia Carmelo Viñas Mey (quetomara posesión da cátedra o 10 de xullo de 1931),un dos que escribe en Unidad, publicación fascistacompostelá que sae a finais de 1933. O seu amigoAntonio Fraguas, que foi testemuña de todos estesfeitos, refire que se celebrou un claustro no queinterviñeron a favor dos dous irmáns, entre outros,Sebastián González García-Paz e algún profesor máis,argumentando que o problema era que non estabande acordo co docente, co seu pensamento político efilosófico, pero que iso non se podía ter en conta áhora de cualificar.9

Ante tal situación deixan Compostela e trasladan amatrícula para a universidade de Zaragoza, comoalumnos por libre, onde falece ó pouco de chegarenseu irmán Xurxo, o 3 de abril de 1934. Xaquín volveá capital aragonesa en setembro para rematarFilosofía e Letras (Historia).

4. A PARÉNTESE DA DICTADURA FRANQUISTA

Ós poucos días da sublevación militar é mobiliza-do, ó mesmo tempo que outros que fixeran comael o servicio militar polo sistema de “cuotas”. Odía 12 de agosto cae gravemente ferido enVillablino (León), pero logo é evacuado paraOurense onde se recupera, malia que sempre llequedará a eiva que lle afecta ó ombreiro e ó brazodereitos.

No pequeno e case clandestino parladoiro que osamigos organizaban na súa casa durante o tempo deconvalecencia, de seguro que máis dunha vez sefalou do Seminario, do que lle estaba a suceder aunha institución pola que tanto loitaran case todoseles, que o novo goberno e varios profesores da uni-versidade trataban de acabar con ela. Tamén –é desupoñer– dos socios asasinados e dos que tiveranque fuxir, como Castelao, co que mantiña boas rela-cións, coma o amosa a carta que este lle mandaradende Badajoz o 14 de decembro de 1934,que empe-za: Meu querido irmán....10

¿Cando estaría de novo en Compostela? Coidamosque debeu tardar en facelo, pois durante os anos daloita fratricida e tamén da posguerra reclúese sobretodo no seu Ourense, dando clase algúns cursoscomo profesor encargado de Xeografía e Historia noinstituto, e despois no colexio “Cardenal Cisneros”.Non deixa por eso de investigar e traballar a prol dacultura: participa en congresos, publica en revistas,colabora coa Comisión de Monumentos Históricos eArtísticos de Ourense e co grupo “Marcelo Macías”do Museo Provincial...

A desaparición do Seminario de Estudos Galegosdeixa á nosa Terra sen ningún centro de investiga-ción, e, ante tal carencia, varios dos antigos membrosben relacionados co réxime franquista e, en particu-lar, Francisco J. Sánchez Cantón, tratan de artellarunha nova institución, que é aprobada polo ConsejoSuperior de Investigaciones Científicas (CSIC) nasesión do 30 de novembro de 1943. Levaría a deno-minación de Instituto “P. Sarmiento” de EstudiosGallegos, e o 14 de febreiro do ano seguinte xa seacorda que conte con dez seccións, das que de tresserán directores os amigos de Ourense: Xeografía(Otero Pedrayo),Prehistoria (Cuevillas) e Etnografía eFolclore (Risco).

A súa colaboración coa nova institución, coa quequixeron substituír ó Seminario de EstudosGalegos, como dixo el mesmo,11 foi escasa e, pódeseafirmar, que case por compromiso cos tres amigos,pois durante moitos anos non se cinguiu máis que apublicar traballos en Cuadernos de EstudiosGallegos, saíndo o primeiro xa no tomo dous, feitocon Cuevillas: “Las habitaciones de los castros”

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

8. Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPO), caixa 9183. 9. GONZÁLEZ PÉREZ, C.: Galegos na historia: Antonio Fraguas, Ir Indo Edicións, Vigo, 1998, p. 14. 10. CASTELAO: Obras, VI (“Epistolario”), Ed. Galaxia, Vigo, 2000, pp. 232-233-234. Tamén GONZÁLEZ PÉREZ, C.: Xaquín Lorenzo Fernández,“Xocas”, 1907-1989, Ed. Toxosoutos, Noia, 2003, pp. 127-128.11. VÁZQUEZ-MONXARDÍN FERNÁNDEZ, A.: “Xoaquín Lorenzo, 1979”, Raigame, 9, Ourense, 1999, p. 50.

Page 9: XAQUÍN LORENZO E COMPOSTELApresenta D. Xoquín Lorenzo, encol do: “Carro Galego”. A seguido leéuse o do Sr.Magariños Granda: “Acougos (poesías)”. E ergéuse (sic) a sesión

33~

(Ourense,18 de xaneiro de 1946).Na devandita revis-ta insire en total once artigos, os máis deles en cola-boración con outros autores (Cuevillas, García Álva-rez, Á. D’Ors e Bouza Brey), todos en castelán, agás oderradeiro –“O esprito da mes en Lobeira(Ourense)”, 1973–, pois na devandita publicaciónnon saíu ningún artigo en galego ata 1968.Tres des-tes traballos reeditáronse de novo no libroInscripciones romanas de Galicia (1968).

Asiste a varias xuntanzas, e, en particular, a aquelasnas que se homenaxea a algún dos antigos membrosdo Seminario de Estudos Galegos, como a do 23 deabril de 1954 dedicada ó crego Xesús Carro, á queasistiron, entre outros, Fraguas, Cuevillas, IglesiasIglesias,Torres Rodríguez, Bouza Brey, Pedret Casado,Couceiro Freijomil, Cordero Carrete, IglesiasAlvariño, Filgueira Valverde,Varela Jácome, Moralejo,Sánchez Cantón e Xaquín Lorenzo.

Pertenceu á sección de Etnografía e Folclore da queo primeiro director fora Risco, pero a súa presencianas xuntanzas foi escasa, moi de cando en vez, poisviña máis por falar cos vellos amigos que pola institu-ción, e, tamén cómpre dicilo, polos “rapaces” –comoadoitaba dicir– que empezaban a traballar pola nosacultura, como el tamén o fixera de mozo.

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

A sé do Instituto “P. Sarmiento” de Estudios Gallegos, entreos colexios de Fonseca (onde estivo o Seminario deEstudos Galegos) e San Xerome (Debuxo de González del Blanco).

Carné de membro activo do Seminario de Estudos Galegos

(1932) (MPG).

Page 10: XAQUÍN LORENZO E COMPOSTELApresenta D. Xoquín Lorenzo, encol do: “Carro Galego”. A seguido leéuse o do Sr.Magariños Granda: “Acougos (poesías)”. E ergéuse (sic) a sesión

34~

5. O SOÑO CUMPRIDO

Xaquín Lorenzo, o mesmo que varios dos vellos com-pañeiros, nunca perdeu a esperanza de que algún díase faría realidade o seu soño da mocidade truncadopola barbarie fascista: recuperar o Seminario deEstudos Galegos, contando con tódolos membrosque aínda vivían, e incorporando xente nova, quecontinuase coa angueira cando eles se fosen parasempre. Endexamais esqueceu as palabras de Risco–aínda que non as asine– publicadas na revista Nósen 1926, 15 días despois de que a el o nomeasen“socio activo” do Seminario:

DO MUSEO ETNOGRÁFICO GALEGO

O Seminario ten o pensamento de levar aefeito esta ideia, pol-a que teñen loitado haitempo moitos dos nosos escritores, en espe-cial, Antón Villar Ponte e Vicente Risco.Podemos dicir que moi logo ha ter realida-de, pois partindo dos donativos do Sr. AriasSanxurxo, o Seminario propúxose realizala,é moito o antusiasmo e a capacidade de tra-ballo d’aquiles rapaces, e saben que contanfora de Santiago con moitos qu’os axudan.O plan está xa concebido e matinado.

Por unha parte, pol-o que toca á Etnografíamoderna, son moitos os membros doSeminario que teñen ofrecido donar colei-cións. Así e todo, o qu’os particulares poi-dan facer a prol do Museu, non é moito. Acreación do Museu, por modesto que sexa–ninguén arela pol-o d’agora igualar osMuseus etnográficos de Praga e de Berlín,cáxeque nin tan xiquera, na-algús anos, oMuseu Vasco de Bilbao– require cartos.

Por iso, o Seminario solicitou das catroDiputaciós galegas, donativos en diñeiropr’a fundación do Museu. Sabemos ata d’a-gora qu’as d’Ourense e Pontevedra oferce-ron xa a sua axuda. Coidamos qu’as outrastamén hanse decatar da trascendencia daobra. O Museu Etnográfico, fora do seuinapreciábele valor centífeco, fora do mére-to artísteco das coleiciós que poida arreca-dar, ha sel-a mais firme e sinificativa execu-toria da persoalidade de Galiza: un moi-mento eterno ergueito ô pobo galego comacriador e coma traballador.

As Corporaciós púbricas teñen o deber d’a-xudalo: Diputaciós e Concellos, todol-osConcellos de Galiza, e tamén todal-asSociedades galegas, da Terra e d’América, eainda os particulares: todos poden dar algúnouxeto d’interés etnográfico, entendéndoseque o ten toda cousa típica, feita por mausgalegas, ou eiquí empregada a cotío, quepoida revelar calquera detalle, por insinifi-cante que pareza, e tamén fotografias, dibu-xos, estampas, escritos documentos que poi-dan ilustrar en col da vida galega.

Con soila que se conseguira dotar â nosaTerra do Museu Etnográfico, o paso da nosaxeración non tería sido en balde.12

As últimas verbas nunca deixaron de estar presentesna súa memoria,e máis logo de que finasen Cuevillas,Risco e Otero Pedrayo, os seus tres amigos e mestres.Admiraba ós vellos e confiaba nos novos,por eso pre-sentiu que aínda había a posibilidade de que o deve-zo se convertese nunha fermosa realidade, e por eso,cando uns mozos (“rapaces”, como el adoitaba dicir)relacionados co Colexio Oficial de Arquitectos deGalicia lle comunicaron a nova de crear un museoantropolóxico, aceptou de contado poñéndose a dis-posición para todo canto fixese falta.

O 31 de xullo de 1976 constitúese o Padroado doMuseo do Pobo Galego, sendo elixido el presidente,e director o amigo Antonio Fraguas. O ano seguinte,o 29 de outubro, Pío Cabanillas Gallas, Ministro deCultura, inauguraba oficialmente as primeiras salas.Dende entón xa tiña un motivo para ir a Compostela,para falar cos compañeiros,para ensinar ós novos...O17 de decembro de 1988 presidiu por última vez axuntanza do padroado, que debeu ser tamén a derra-deira que estivo na súa Compostela querida, pois pormotivos de saúde xa non asistiu á que tivo lugar o 27de maio do ano seguinte,aínda non dous meses antesdo pasamento.

O Museo do Pobo Galego sería un dos seus herdei-ros: legoulle a biblioteca, parte do arquivo fotográfi-co, o arquivo persoal e os dereitos de autor das súasobras:

[...] En realidade nós queremos todo noMuseo do Pobo Galego. Porque cando se falada cultura dun pobo non é só a culturapopular. Hai que ter en conta que a cultura

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

12. “Os actos do Seminario d’Estudos Galegos”, Nós, 28, 15-V-1926, p. 14.

Page 11: XAQUÍN LORENZO E COMPOSTELApresenta D. Xoquín Lorenzo, encol do: “Carro Galego”. A seguido leéuse o do Sr.Magariños Granda: “Acougos (poesías)”. E ergéuse (sic) a sesión

VÁZQUEZ-MONXARDÍN FERNÁNDEZ, A.: "Art. cit.", pp. 51, 52, 53.

35~

popular dá despois lugar, valla a redundan-cia, á cultura culta. [...] Fóra dalgunha mani-festación de tipo artístico que puidesemostomar como unha cousa culta, en último tér-mino cousa moi discutible, o demais é cultu-ra popular. Non hai motivo pra separar den-tro deste tipo de estudios a machada dohome paleolítico da machada que fai oferreiro hoxe nunha forxa dunha aldea cal-quera. É o mesmo.Variou o material, varioua factura, pero é o pobo quen o fai, é o poboquen o crea. Así o Museo do Pobo Galegocomeza por aí, pola prehistoria, e logo claro,imos reunir todo o que poidamos en canto aeses obxectos materiais de cultura [...]

Pero por outro lado tampouco queremos que oMuseo do Pobo Galego sexa unha obra morta.Non queremos que o Museo sexa un cuartoonde se meten en frascos con alcohol uns exem-plares de cousas pra que as xentes as vexan,non. Queremos algo vivo, e ese algo vivo farasea base de publicacións, a base de conferencias,a base dalgunhas exposicións [...]13

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

BIBLIOGRAFÍA

FARIÑA BUSTO, F.: “Xaquín Lorenzo Fernández (1907-1989)”, Boletín Auriense, XX-XXI, 1990-91.FERNÁNDEZ DEL RIEGO, F.: “Memoria do home e do etnógra-fo”, Boletín Auriense, XX-XXI, 1990-91.FIDALGO SANTAMARIÑA, J.A.: Xaquín Lorenzo Fernández,1907-1989. Memoria do home e o etnógrafo, Concello deOurense, 2004.FRAGUAS FRAGUAS, A.: “Lembranza de Don Xaquín LorenzoFernández”, Tecnoloxía tradicional: Dimensión patrimonial evaloración antropolóxica. Actas do Simposio Internacional InMemoriam Xaquín Lorenzo, Consello da Cultura Galega,1996. GARCÍA MARTÍNEZ, C.: “Xaquín Lorenzo Fernández (1907-1989)”, Gallaecia, 12, 1990.GONZÁLEZ PÉREZ, C.: Xaquín Lorenzo Fernández “Xocas”,1907-1989, Ed. Toxosoutos, 2003.GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: Vida e obra de XaquínLorenzo, Ed. Galaxia, 2004.LÓPEZ GÓMEZ, F.-S.: Xaquín Lorenzo “Xocas”, Baía Edicións,2004.MATO, A.: O Seminario de Estudos Galegos, Ediciós doCastro, 2001.VALCÁRCEL, M.: Xoaquín Lorenzo, col. Merlín, Ed. Xerais,2004.—- : Xoaquín Lorenzo. Vida e obra, Ed. Xerais, 2004. VÁZQUEZ-MONXARDÍN BLANCO, X. L.: “Xocas na lembran-za”, Raigame, 9, 1999.VÁZQUEZ-MONXARDÍN FERNÁNDEZ, A.: “Xoaquín Lorenzo,1979”, Raigame, 9, 1999.

CODA

As estadías de Xaquín Lorenzo Fernández enCompostela, agás os cursos 1931-32 e 1932-33, sempredeberon ser curtas pero, malia ó pouco tempo, foron dasmáis fructíferas da súa vida intelectual. Si é certo que che-gou da man de Cuevillas, Risco e Otero Pedrayo, peroaxiña soubo granxearse a amizade de moitos compañei-ros de carreira, de profesores e, en xeral, da maioría dosmembros do Seminario de Estudos Galegos.

O 18 de xullo de 1936 sinala a fin dramática da primei-ra época ateigada de ilusións e proxectos, e o 29 deoutubro de 1976 o cume de toda unha vida dedicada ácultura, simbolizado na inauguración oficial do Museodo Pobo Galego.

Xocas ben merece unha lápida no Panteón de GalegosIlustres da igrexa de San Domingos de Bonaval da súaamada Compostela, na que se faga constar que os restosmortais deste membro de prol do Seminario de EstudosGalegos repousan no cemiterio de San Francisco deOurense, pero que conta con méritos de abondo paraestaren aquí, de par dos de Rosalía de Castro e Castelao.

Debuxo de “Xocas”

da lauda dunha tecelá

na igrexa compostelá

de Santa Susana(“Notas

etnográficas da Terra de

Lobeira. O liño e a la”, 1934).