Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
TEMA 9. O LIBERALISMO POLÍTICO DE LOCKE
9.1. Empirismo. Definición e características
9.2. John Locke.
9.2.1. Biografía e Obras ir.
9.2.2. A idea de “estado de natureza” como fundamento ideolóxico do novo estado burgués: a teoría do contrato social en Locke. ir
9.1. EMPIRISMO. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS.
A palabra "empirismo" provén da palabra grega "empeiria" que significa
experiencia, ou máis exactamente, coñecemento que se obtén a través da
experiencia. Así, chámase empirismo á doutrina filosófica que fundamenta o
coñecemento na experiencia sensible. Máis concretamente, chámanse
empiristas aos autores modernos ingleses dos séculos XVII-XVIII: Locke,
Berkeley e Hume.
O Empirismo moderno oponse aos principios esenciais do racionalismo cartesiano francés, sobre todo no que se retire á teoría do
coñecemento, en cuestións como a da orixe do coñecemento, o criterio de
verdade... aínda que hai empiristas que teñen tamén elementos racionalistas,
como é o caso de Locke.
Non pode esquecerse que os intereses de autores como Locke ou
Hume van máis aló da teoría do coñecemento; ambos participan dos ideais e
dos intereses da Ilustración.
As características xerais desta corrente filosófica son as seguintes:
1. A experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O
coñecemento non transcende os límites da experiencia externa
(sensación) e interna (reflexión). Todos os nosos coñecementos proveñen
Páxina 1 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
da nosa experiencia e non poden superar as condicións que esta lles
impón: non podemos ir máis aló. Así, a experiencia sensible é a única
fonte de coñecemento.
2. A evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas
han de ser comprobadas pola experiencia.
3. A negación da existencia de ideas innatas e toda clase de contidos cognoscitivos apriorísticos. Os contidos mentais non son innatos,
senón adquiridos. Considera que o coñecemento é un receptáculo
inicialmente baleiro que se vai enchendo cos datos do mundo exterior.
Estes datos ou experiencias sensibles (que son chamadas ideas por
Locke e Berkeley e sensacións por Hume) constitúen todo o que é j de
coñecemento e a súa característica fundamental é que son elementais
(cor, son, forma...).
4. A eliminación dos contidos metafísicos (xa que transcenden a
experiencia sensible). Temas como Deus ou a alma serán rexeitados. E
ponse en cuestión a capacidade humana para captar a cousa en si, pois
os nosos sentidos unicamente móstrannos feitos ou fenómenos
(fenomenismo). Recordemos que o racionalismo aceptaba sen máis a
capacidade humana para alcanzar a verdade, xa que a razón é ilimitada.
Isto supón que dado que cada persoa se atopa limitada á súa propia
experiencia, cada cal posuirá os seus propios coñecementos (relativismo).
Non hai, pois, verdades universais e intemporais, válidas para todas as
persoas. Cada persoa posúe a súa propia verdade.
5. O interese polo valor útil e práctico do coñecemento, máis que pola
súa necesidade e universalidade.
6. A negación do valor obxectivo dos conceptos universais (ideas).
Para os empiristas, a abstracción serve para formar estas ideas ou
conceptos, pero non os aceptan como cousas propiamente reais, polo
que non teñen valor obxectivo.
Páxina 2 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
9.2. JOHN LOCKE índice
9.2.1. Biografía e Obras índice
Biografía.
John Locke naceu no pobo de Wrington, preto de Bristol, o 29 de Agosto
de 1632, o mesmo ano que Spinoza. A súa familia era protestante, puritana e
de ideoloxía liberal e nese ambiente educouse durante 14 anos. O seu pai,
funcionario xudicial, loitou a favor do Parlamento durante a Guerra Civil.. Máis
tarde estudou na Westmister School. Recibiu unha educación filosófica
escolástica convencional, é dicir, aristotélico-tomista, estudando retórica,
gramática, filosofía moral, lóxica, xeometría, latín e grego, interesándose tamén
nas ciencias experimentais e a medicina. Con 20 anos ingresou na
Universidade de Oxford, para estudar ciencias naturais, medicina e teoría do
Estado. Alí impartiu clases de grego, retórica e filosofía moral en Oxford desde
1659 ata 1664. Colaborou co seu amigo R. Boyle, fundador da química
moderna e estudou cun eminente médico da época, o que lle situaba moi preto
dos científicos máis destacados das ciencias experimentais.
En 1665 ingresou no servizo diplomático e en 1667 entrou como
secretario en casa de lord Ashley, un dos políticos máis importantes da época e
que máis tarde seria nomeado conde de Shaftesbury. Este conseguiría para
Locke algúns cargos menores no Goberno.
En 1675, Locke é obrigado a afastarse da súa patria por ser membro
activo da oposición ao rei católico Carlos II, polo que viaxa por algunhas
nacións e ponse en contacto cos disidentes e heterodoxos de varias capitais.
Finalmente, Locke instalouse en Holanda, lugar que se converteu no
refuxio de numerosos filósofos e científicos debido á súa tolerancia ante os
momentos de intolerancia relixiosa e intelectual que se viven en Europa neses
anos. Alí centra as súas reflexións ó redor da idea de que Inglaterra estaba a
piques de romper co absolutismo monárquico, para converterse na terra das
Páxina 3 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
liberdades individuais e con poder de elección dos seus representantes
políticos.
E foi alí, en Holanda, onde escribiu as dúas obras que lle abrirían as
portas da fama, "Ensaio sobre o entendemento humano", de carácter filosófico,
e "Ensaio sobre o goberno civil”, onde plasma o seu pensamento político. Cabe
destacar tamén “Unha carta sobre a tolerancia” entre as súas obras escritas
nesta época.
Volveu á súa terra natal en 1688, cando Guillermo de Orange
desembarcou en Inglaterra para derrocar aos Estuardos e facer cumprir as
palabras inscritas nas súas bandeiras: pola liberdade, pola relixión protestante
e polo Parlamento. Dese modo Inglaterra, grazas á Revolución Gloriosa de
1688, converteuse na primeira monarquía constitucional.
Desde entón, Locke converteuse no representante intelectual e no
defensor filosófico do novo réxime liberal, ademais de ser nomeado polo rei
Guillermo para que desempeñase o ministerio de Comercio
Dimitiu deste cargo en 1700 debido a unha enfermidade e morreu catro
anos máis tarde en Oates, Essex, o 28 de Outubro de 1704.
Se lle considera o pai do liberalismo, por soster que todo goberno xurde
dun pacto revogable entre individuos, co propósito de protexer a vida, a
liberdade e a propiedade das persoas, tendo os cidadáns o dereito a retirar a
confianza ao gobernante e rebelarse cando este non cumpra coa súa función.
O liberalismo foi un sistema filosófico, económico e político que promovía as
liberdades civís e o máximo límite ao poder coactivo dos gobernos sobre as
persoas, opoñéndose ao despotismo e servindo de fundamento aos gobernos
representativos e democracias parlamentarias. Este movemento xurdiu como
consecuencia da loita da burguesía contra a nobreza e a Igrexa, querendo
acceder ao control político do Estado e buscando superar os obstáculos que a
orde xurídica feudal opoñía ao libre desenvolvemento da economía.
En xeral, podemos dicir que Locke defendeu os ideais ilustrados de racionalidade, tolerancia, filantropía (amor á humanidade) e liberdade relixiosa. Interesouse pola filosofía cartesiana, estudou física, química e
medicina, tras abandonar os estudos de teoloxía.
Páxina 4 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
Obras.
Ademais das mencionadas anteriormente, "Ensaio sobre o
entendemento humano" e "Ensaio sobre o goberno civil”, hai que mencionar
“Pensamentos sobre a educación” (1693); “A racionalidade do cristianismo”
(1695) e “Cartas sobre a tolerancia” (1698), e entre as súas obras máis
importantes, “Dous Tratados sobre o Goberno Civil” (1690), obra de filosofía
política, que consta de dous tratados:
1º Tratado: O primeiro tratado ten un carácter esencialmente polémico e
intenta refutar as teses de Robert Filmer, que na súa obra “Pathriarca”
daba fundamentación divina ao poder dos reis. Os homes, segundo
Filmer, non son libres por natureza; de aí a necesidade dunha monarquía
absoluta que os una.
2º Tratado: O segundo tratado no que expón a súa teoría do Estado: a
sociedade política ou civil debe basearse nos dereitos naturais e no
contrato social entre homes libre e iguais. Defende a tese de que o
gobernante posúe o seu poder polo consentimento do pobo e que fóra
deste consentimento non existe autoridade algunha. Trata sobre a
"verdadeira orixe, extensión e fin do goberno civil", considerado como
unha resposta ás posturas absolutistas de Hobbes e os monárquicos.
9.2.2. A idea de “estado de natureza” como fundamento ideolóxico do novo estado burgués: a teoría do contrato social en Locke. índice
Xunto á preocupación polo coñecemento, os pensadores
empiristas preocúpanse sobre todo pola política e a moral.
Páxina 5 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
É considerado o principal teórico de liberalismo1. A súa insistencia
en respectar determinadas parcelas individuais farán del un claro
expoñente da clase social emerxente e da súa mentalidade: a burguesía.
Locke exerce un enorme influxo na orixe da filosofía política liberal, as
súas ideas foron recollidas por Montesquieu no século XVIII, quen
exerceu unha influencia decisiva sobre os liberais que protagonizaron a
Revolución Francesa de 1789, que supuxo a liquidación definitiva do
absolutismo monárquico e dos principios do Antigo Réxime. As ideas
políticas de Locke plasmáronse na revolución americana e influíron en
toda a tendencia liberal progresista, que se opuxo ó absolutismo político
no século XVIII, en toda Europa2.
Nos escritos políticos de Locke (“Dous Tratados sobre o Goberno
Civil”) o autor elaborou unha forma de constitucionalismo liberal que se
impuxo na Revolución inglesa de 1688. A monarquía non se funda no
dereito divino, senón que a sociedade e o Estado nacen do dereito da
natureza, que coincide coa razón. Afirma que para fundamentar
racionalmente a sociedade é preciso saber cal é o estado natural do ser
humano.
1 LIBERALISMO
Corrente de pensamento que proclama a liberdade absoluta do individuo, movido pola súa vontade e a súa responsabilidade, ante
calquera situación, decisión ou acto. As características principais do liberalismo son o individualismo, a liberdade, o antiestatalismo,
a competencia e a filosofía do progreso. A corrente filosófica empirista (Locke) do século XVII ten notables influxos. Se ben a
economía política tivo a súa orixe nos fisiócratas franceses e na escola clásica de economía inglesa do século XVII, foi o século XIX
o gran período do liberalismo. O seu triunfo debeuse á adaptación dos presupostos ideolóxicos ás condicións reais da economía
internacional, profundamente transformada debido á expansión da revolución industrial..2 Existen moitos pensadores que plasmaron o compoñente ideolóxico do liberalismo. Durante os séculos XVIII e XIX, ó
utilitarismo moral sumóuselle o empirismo defendido polos ingleses Locke e Hume, e o individualismo de Hobbes.
Montesquieu inaugura a liña política ó preconizar a separación dos tres poderes (executivo, lexislativo e xudicial).
Rousseau sentou as bases de libre acordo entre os cidadáns para impedir a preponderancia de estamentos ou clases
sobre o conxunto da sociedade. Voltaire, en distintos escritos, criticaba a sociedade e o sistema político do Antigo
Réxime. Os líderes ideolóxicos da revolución norteamericana (Jefferson, Paine), aínda cunha articulación teórica
menos sistemática, desenvolveron na práctica un modelo de estado que sería exemplo para as democracias liberais de
todo o século XIX. De igual xeito, o exemplo inglés de regulación das competencias reais e o papel do Parlamento
serviron como guía ó liberalismo internacional, máxime cando os seus presupostos foron revisados por John Stuart Mill,
quen sinalou a necesaria intervención do Estado en aspectos anteriormente tidos como exclusivos da iniciativa privada
para asegurar a prosperidade colectiva e o desenvolvemento económico
Páxina 6 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
O estado de natureza
A filosofía política de Locke (do mesmo xeito que a de Hobbes, antes que el, e a de Rousseau, con posterioridade) remítese á idea
básica do «estado de natureza». É necesario establecer cal é o estado
natural do ser humano, co fin de fundamentar racionalmente nel a
sociedade política.
O que pasa é que cada un destes pensadores entenderá de
maneira distinta este estado anterior á sociedade civil e política. Locke
non parece compartir nin a tese da bondade natural do ser humano de
Rousseau nin a teoría de Hobbes de que todos os seres humanos son
malos por natureza. No estado natural (no que non existe organización
política), os seres humanos poden violar os dereitos e as liberdades dos
demais (e, polo tanto, o home non é necesariamente bo), pero tamén
nese estado os homes contan cunha lei moral, descuberta pola razón: a
lei natural, que impón uns límites á súa conciencia e á súa conduta.
No estado da natureza os seres humanos deberon gozar de
perfecta liberdade para ordenar os seus actos e para dispor das súas
propiedades e as súas persoas como mellor lles parecía, sen necesidade
de pedir permiso e sen depender da vontade doutra persoa. Neste estado
non existe organización política e as persoas con total liberdade, posúen
a Lei Moral Natural. Esta lei goberna o estado da natureza e debe ser
entendida como manifestación da vontade de Deus, sinal de que ninguén
debe danar a outro na súa vida, saúde e liberdade. Así, todos os seres
humanos están dotados da razón e a liberdade suficiente para coñecer
unha orde do mundo que os leva a cooperar coa preservación dos seus
dereitos. Esta Lei Natural é a que establece os límites da conduta dos
seres humanos e que ensina que, sendo todos iguais, non poden danar a
ninguén na súa vida, saúde, propiedade ou liberdade. Trátase dunha
racionalidade implantada "polo mesmo Deus", pola cal os homes poden
discernir entre o ben e o mal, e cuxo primeiro desexo é o da auto-
preservación e o de non danar ao outro nos seus dereitos irrenunciables.
Páxina 7 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
No estado de natureza resulta difícil a defensa dos dereitos
individuais, por unha parte, porque non é posible defenderse dos ataques
das demais persoas, por outra, porque existe o perigo de excederse e ser
arbitrario na defensa deses dereitos. En consecuencia, faise necesaria
unha lei obxectiva e unha organización política que remedie esta
situación. Para iso temos a Lei Positiva, que se inspira na lei natural e é
a lei propia da sociedade civil. A diferenza da lei natural, na que non é
seguro que vaia ser respectada por todos, a lei positiva se o vai a ser, xa
que, ó ser de común acordo entre as persoas, é aceptada por todos e a
acción transgresora será castigada.
Mediante a razón o home coñece a Lei Natural e por iso asístelle o
dereito de impor ós demais o seu cumprimento mediante a lei positiva, e
ten o dereito a castigar ós transgresores desa lei cun castigo que impida a
súa violación: "un home consegue poder sobre outro máis non poder
arbitrario ou absoluto para tratar ó criminal (...) seguindo a apaixonada
fogosidade ou a extravagancia ilimitada da súa propia vontade".
Esta lei natural non é innata, pois coñecémola, como todo, a partir
da experiencia sensible. É obrigatoria, porque constitúe a regra da
conduta moral e ten a Deus polo seu autor. O carácter racional da lei
natural fai que esta se presente como unha lei de conveniencia, a través
da cal os seres humanos deciden formar unha comunidade.
TEXTO Nº 1: J.LOCKE– Ensaio sobre o Goberno Civil, Cap 2 & 6
“6. Pero, aínda que este sexa un estado de liberdade, non é, porén, un
estado licencioso; aínda que o home neste estado teña unha incontrolada
liberdade para dispor da súa persoa e propiedades, con todo, non ten
liberdade para destruírse a si mesmo, ou menos aínda a calquera criatura
que estea no seu poder, excepto no caso en que algunha razón máis
nobre que a súa preservación o guiase. O estado de Natureza ten unha
Páxina 8 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
lei da Natureza para gobernarse, a cal obriga a todo o mundo, e esta é a
razón, a cal ensina a todos os homes, só con que queiran consultala, que,
sendo todos iguais e independentes, ninguén debe danar a outro na súa
vida, saúde, liberdade ou posesións; xa que, sendo todas as persoas a
obra dun Creador omnipotente e infinito; todos serventes dun xefe
soberano, enviados ó mundo baixo a súa orde e negocio, eles son a súa
propiedade, a súa obra, e foron feitos para durar mentres el o queira, e
non mentres a outro lle praza. E sendo creado con tales facultades,
compartindo todos a mesma comunidade da natureza, non pode ser
suposta ningunha subordinación entre nós que nos autorice a destruírnos
uns a outros como se foramos feitos para outros usos, como as criaturas
de inferior rango o foron con respecto a nós. Cada un está obrigado a
preservarse a si mesmo e a non abandonar o seu posto por libre decisión,
pola sinxela razón de que, cando a súa propia preservación non está en
xogo, deberá, tanto como poida, preservar o resto da humanidade, e
nunca, excepto para facer xustiza a un ofensor, roubar ou prexudicar a
vida doutro, ou o que axude á súa preservación, liberdade, saúde,
integridade ou bens.”
J.LOCKE: Dous Tratados sobre o goberno. (1.680-1.690). L.II: Sobre a verdadeira orixe,
alcance e fins do Goberno Civil. Cap.2: Sobre o estado de Natureza. (Trad. gal. de Mª
Esperanza González Escudero, IES Mendiño, Redondela)
O dereito á propiedade privada
Locke presta especial atención ao dereito de propiedade, elaborando toda unha teoría que influirá en teóricos posteriores como
Adam Smith, David Ricardo e Kart Marx. Para Locke, a propiedade
significa bens, o dereito a herdar, e a capacidade de acumular riquezas.
Hai que ter en conta que, de acordo coas leis inglesas da época, os
homes condenados por un delito maior debían entregar as súas
Páxina 9 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
propiedades ao Estado e moitas familias adiñeiradas arruináronse debido
á condena dalgún dos seus membros.
Segundo Locke, os seres humanos tamén teñen dereitos naturais,
dereitos que son precedentes ó estado porque xa se tiñan no estado de
natureza. Un destes dereitos importantes é o de propiedade: o dereito á
propiedade privada dos bens e o de poder herdar a propiedade. .
O fundamento deste dereito da propiedade establécese polo
traballo. Posto que o individuo, que é libre, é propietario da súa persoa,
tamén o será do traballo que realice co seu esforzo.
A propiedade, como todo dereito natural, está suxeito a uns límites
que son impostos pola razón, como o de non acaparar bens non
necesarios para a subsistencia e o malgaste ou a perda dos mesmos.
A sociedade civil e o contrato social
Os seres humanos son sociais por natureza e a sociedade do
estado de natureza é previo a calquera organización política da
sociedade.
No estado natural, antes da existencia dos gobernos, resulta difícil
a propia defensa. Este é un dos inconvenientes do estado da natureza,
polo que para asegurar a propia vida, a liberdade e a propiedade, os
seres humanos puxéronse de acordo para a creación dunha nova orde
social, para constituír unha sociedade civil. Os seres humanos dan orixe
á sociedade civil a través de consenso, do pacto entre iguais, respectando
a vontade maioritaria e renunciando, só en parte, á propia liberdade, coa
finalidade de salvagardar os dereitos naturais (vida, saúde, liberdade,
propiedade), de aproveitarse dun ambiente de seguridade e tranquilidade.
A isto coñéceselle como contrato social. O contrato social expresa o
paso do estado natural á sociedade civil
A existencia previa, no estado de natureza, da lei natural baseada
na razón é o que abre posibilidade dunha convivencia social pacífica
mediante o sometemento voluntario das liberdades individuais a un poder
superior (Estado) para que estas sexan protexidas con garantía.
Páxina 10 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
Polo tanto, calquera organización política debe partir dos dereitos e
necesidades do ser humano. O Estado salvagarda desta maneira eses
dereitos individuais, especialmente o dereito á propiedade privada,
garante a liberdade e establece leis.
Defende que a sociedade xorde en virtude dun pacto social, mediante o cal os seres humanos deciden constituír unha sociedade para
o proveito común. Así, a orixe e o fundamento racional da sociedade
política atópase no consenso dos gobernados, no consentimento de todos
os cidadáns, nun contrato libremente aceptado por todos e entre iguais. É
por isto que Locke, xunto con outros pensadores como Hobbes e
Rousseau, atópase entre os denominados "contractualistas", que se
opoñen á teoría da "sociabilidade natural" de Aristóteles, segundo a cal a
Cidade-Estado ten unha orixe natural e non convencional. Antecedentes
deste convencionalismo social podemos atopalos xa nos sofistas (s. V
a.C), pero como tal teoría, desenvolveuse sobre todo nos séculos XVII e
XVIII.
Respecto ao pacto, a tradición contractualista sostivo que se
precisan dous contratos sucesivos para dar orixe ao Estado: o primeiro é
o pacto de sociedade, polo cal un grupo de seres bumanos decide vivir en
comunidade, e o segundo é o pacto de suxeición, no cal estes seres
humanos sométense a un poder común, ó Estado. Locke, en cambio, non
defende un pacto de suxeición como en Hobbes e outros contractualistas,
senón que o pobo, que ten o verdadeiro poder soberano, outorga aos
poderes a súa confianza sen someterse a eles, xustificando a
desobediencia civil no caso de que a autoridade non cumpra coa súa
parte do pacto.
Polo tanto, en contra de Hobbes, que defendía que o contrato
implicaba necesariamente a renuncia á liberdade para quedar sometidos
á soberanía do monarca (que era absoluta), Locke sostén que constituída
esta sociedade civil, nela todos os individuos continúan sendo iguais. O que pasa é que co fin de manter unha orde determinada,
Páxina 11 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
establécese a organización política encargada de gobernar devandita
sociedade. Así, en contra de Hobbes, Locke mantén a distinción entre a
sociedade civil e o seu goberno e, en consecuencia, os seres humanos
non perden a súa liberdade natural, senón pola contra, os gobernados, o
pobo ou a sociedade civil continúa sendo o dono do poder, de tal modo
que os gobernantes son responsables dos seus actos ante eles. Pódese
dicir que a través do contrato (explícito ou implícito), os individuos renuncian só a parte da súa liberdade, para poder gozar dela con maior seguridade; entregan todo o poder necesario para alcanzar os fins
propios da sociedade, e aceptan someterse á vontade da maioría.
A sociedade política
A partir do pacto ou contrato social, consensuado por todos os
individuos iguais, faise necesaria unha organización política, a
sociedade política, que é a organización ou estrutura concreta que
adoptan as sociedades civís, e con ela, unha lei obxectiva que remedie
as desvantaxes do estado natural. O Estado actuará como xuíz e
protexerá os dereitos básicos das persoas.
Pero Locke non admite que a sociedade política sexa antinatural,
radicalmente contraria á natureza: máis ben concíbea como algo útil e
adecuado para salvagardar o goce pacifico dos dereitos naturais.
O poder do Estado non é ilimitado nin absoluto nin arbitrario. Os
gobernantes están ó servizo dos individuos, xa que estes renunciaron a
parte da liberdade para que os seus dereitos fosen protexidos.
Así, mentres que no caso de Hobbes, a unidade da sociedade
debíase e se fundamentaba na persoa do príncipe, en Locke é ao revés,
a unidade da sociedade é previa á súa organización política e esta se
fundamenta naquela, é dicir, a sociedade funda e sostén a organización política. Deste xeito, Locke rexeitou a monarquía absoluta por ser incompatible coa sociedade civil e coa igualdade de
todos os seres humanos na mesma medida en que nela se exclúen as
Páxina 12 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
liberdades naturais. O goberno absoluto non pode ser lexítimo pois non
existe un árbitro imparcial nas disputas entre gobernante e o seu súbdito,
e desta maneira ambos quedarían en estado de natureza. O goberno
debe estar limitado e cumprir cunha función: protexer á comunidade sen
interferir na vida dos individuos. É un árbitro pasivo que permite que cada
un busque os seus propios intereses e só intervén cando hai disputas.
Para este pensador, o Estado encarna a lei común que evita o perigo do
enfrontamento de todos contra todos, pero non debe esquecer que ten a
súa orixe na vontade dos individuos, á que sempre se mantén
ineludiblemente vinculado e que ademais depende dos seus votos,
porque os dereitos individuais son inalienables. Deste modo, acaba
defendendo unha monarquía constitucional controlada polo Parlamento.
O único medio para impedir que a autoridade soberana se converta
en despótica é a división da soberanía ou a división dos poderes. Os
dous fundamentais son o lexislativo e o executivo. O terceiro é o poder
federativo. É necesario que eses poderes estean en mans distintas, para
que non haxa tentación de abuso de poder, como pode ocorrer se están
reunidos nunha soa persoa ou nun grupo. Tamén é necesario que estean
limitados, vixiados e asegurados polo pobo mediante o dereito de
insurrección e a anulación do pacto.
a) Poder lexislativo. Debe ser exercido polo Parlamento, que é quen
formula e dita leis que obrigarán a todos os membros da sociedade sen
excepción. Este poder regula a conduta social: ten o dereito de sinalar
como debe empregarse a forza da comunidade política e dos membros
da mesma, é o Estado quen debe empregar a forza para protexer ós
cidadáns;. Debe ser supremo, elixido e renovado cada certo tempo polo
voto popular.
b) Poder executivo. É o encargado de gobernar mediante leis fixas,
establecidas, promulgadas e coñecidas polo pobo. É quen asegura a
aplicación das leis positivas no interior e poderá empregar a forza dentro
da comunidade gobernada. É o poder que debe ter o monarca. Este
Páxina 13 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
poder inclúe o seguinte.
c) Poder federativo. Ocúpase das relacións entre nacións, do exterior, é
dicir, para todo o que concirne á paz, á guerra e ó comercio.
Para Locke, a revolución é aceptada cando hai que enfrontarse á
tiranía ou contra calquera usurpación do poder. Pero é inxusta toda
rebelión contra un goberno legal.
Esta acción pódese xustificar xa que o gobernante e os
gobernados atópanse en estado de natureza, e xa que logo son iguais. E
nesa situación os seres humanos poden defender os seus dereitos contra
aqueles que non os respecten
Por encima da lei do Estado ou da autoridade está unha lei
superior: o dereito de insurrección. Segundo Locke, cando o pobo
considérese en condicións miserables, pode rebelarse contra quen queira
que sexan os gobernantes, non importa que estes sexan "sacros e
divinos, que descendan, ou sexan autorizados polos ceos ou que veñan
de onde queiran".
Os que exercen o poder político teñen un mandato popular e son
responsables ante o pobo do desempeño da súa misión, consistente en
promover o ben común, convertéronse en principios básicos comunmente
aceptados en todo Estado democrático. A súa xustificación da insurrección cando o goberno se volve tiránico e rompe o contrato é
considerada como un dos elementos democráticos da súa teoría política e
unha idea subversiva para a época. O goberno disólvese cando "o
lexislativo ou o monarca actúan traizoando a confianza que se depositou
neles", revertendo o poder á comunidade, que establecerá un novo
lexislativo e executivo. O pobo é quen decide cando se rompeu a
confianza e ten este poder porque subsiste como comunidade pese á
disolución do goberno. Por iso, o pobo ten dereito a actuar en calidade de
poder supremo e constituírse en lexislativo. Con isto, vemos como en
Locke, a disolución do goberno non implica a disolución da sociedade, polo que o perigo da anarquía non pode ser invocado para
tolerar o despotismo e a opresión, como en Hobbes.
Páxina 14 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
Posteriormente, será o filósofo francés Rousseau, vinculado á
Ilustración, quen dará un paso máis e defenderá unha democracia
asemblearia e un Estado social. Como contractualista, defenderá a
"insociabilidade natural” do ser humano primitivo, que se ben é algo
egoísta, posúe o sentimento de piedade ou de empatía que lle leva a
identificarse con quen sofre. Deste modo, Rousseau denomínao o "bo
salvaxe" e concibe o estado de natureza como o paraíso perdido. Será a sociedade, co establecemento da propiedade privada, a causante de todo o negativo que hai no ser humano: desigualdade,
insolidariedade, violencia...Como xa non hai volta atrás, Rousseau
propón unha mellora substancial da organización socio-política para que
esta se asemelle o máis posible a esa situación orixinaria.
TEXTO Nº 2: J.LOCKE - Ensaio sobre o Governo civil, Cap. 7 & 89 e 90
“89. Polo tanto, onde queira que calquera número de persoas se xunten
nunha sociedade dispostas a abandonar cada un o seu poder executivo
da lei da natureza, e a renunciar a el a favor do poder público, alí e só alí
haberá unha sociedade política ou civil. E isto dáse onde queira que un
número calquera de homes, en estado de natureza, pase a formar unha
sociedade co fin de construír unha persoa ou corpo político baixo a
soberanía dun goberno supremo, ou tamén cando calquera particular se
une e incorpora a un goberno xa feito. Xa que neste caso autoriza á
sociedade ou, o que é o mesmo, ó poder lexislativo dela a facer leis para
el, tal e como o ben público de dita sociedade requira, para a execución
das cales é preciso (como para os seus propios decretos) a súa
colaboración. E isto pon os homes fóra do estado de natureza e dentro
daquela república [commonwealth], establecendo un xuíz na terra con
autoridade para a determinación de todas as controversias de dereito que
xurdan entre eles, e para reparar as inxurias que puideran ocorrer contra
calquera membro da república [commonwealth], o cal será xulgado polo
Páxina 15 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
poder lexislativo ou polos maxistrados sinalados para tal fin. E onde
queira que houbese un número de homes dalgún xeito asociados, que
non tivesen tal poder decisivo ó que apelar, entón alí estarán aínda no
estado de Natureza. § 90. E polo tanto, é evidente que a monarquía
absoluta, a cal é considerada por algúns como a única forma de goberno
válida no mundo, é de feito incompatible coa sociedade civil e, polo tanto,
non pode ser unha forma de goberno civil en absoluto. Dado que o fin da
sociedade civil é evitar e remediar aqueles inconvenientes do estado de
natureza que se derivan necesariamente do feito de que cada home sexa
xuíz do seu propio caso, establecendo unha autoridade coñecida á cal
calquera membro desa sociedade poida apelar en caso de ser inxuriado,
ou en caso dunha controversia que poida xurdir, e á cal todos os
membros de dita sociedade deban obedecer. Onde queira que haxa un
grupo de persoas que non teñan tal autoridade á que apelar, e que poida
decidir calquera diferenza que entre eles poida alí xurdir, esas persoas
estarán aínda no estado de natureza. Nel atópase todo príncipe con
respecto a aqueles que estean baixo o seu dominio.”
J.LOCKE: Dous Tratados sobre o Goberno (1.680-1.690). LII, Cap.VII
(Trad. gal. de Mª Esperanza González Escudero, IES Mendiño, Redondela)
A tolerancia relixiosa
A “Carta sobre a tolerancia” de Locke representa unha das
primeiras reflexións sobre a tolerancia relixiosa. A obra resume os
argumentos achegados polos defensores da liberdade relixiosa, desde a
Reforma de Lutero, nun momento en que ese respecto entre as diferentes
confesións relixiosas non era aceptado por todos. Este dereito é un dos
primeiros que a modernidade asume.
A defensa da tolerancia é unha esixencia no contexto das relacións
morais, pero tamén se inscribe dentro dos principios da tolerancia política
social e civil. A tolerancia debe enmarcarse no respecto á liberdade
individual. A súa teoría sobre a tolerancia é unha consecuencia lóxica da
súa teoría sobre a natureza da sociedade e o goberno.
Páxina 16 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
Para Locke, os males que padece a sociedade política non son
consecuencia da división relixiosa, senón da intolerancia dunhas persoas
coas crenzas doutras.
Preocúpase pola relación entre Igrexa e Estado, defendendo que o
Estado ha de ser unha institución secular con fins seculares, pois "todo o
poder do goberno civil retírese soamente aos intereses civís dos homes..."
Por outro lado, a Igrexa en si é unha cousa absolutamente distinta e
separada do Estado, xa que é "unha sociedade de membros unidos
voluntariamente" sen poder coactivo. Deste modo, sinala que a tarefa do Estado debe limitarse ás cuestións relacionadas cos intereses civís da sociedade sen inmiscuirse nas crenzas relixiosas dos cidadáns, mentres que as asociacións relixiosas deben ser libres e a pertenza a elas
voluntaria, sen que ningunha destas sociedades poida gozar de
preeminencia ante os poderes políticos; por outra banda, as actividades
destas sociedades deben limitarse ao seu ámbito propio, o relixioso.
Locke prescribe que debe tolerarse calquera postura relixiosa que non prexudique os intereses fundamentais da sociedade e do Estado. O
Estado só pode prohibir aquelas doutrinas que poidan alterar a paz e a
seguridade públicas, sexan "papistas" ou "fanáticos". Tampouco o
ateísmo é válido, pois ao non crer en Deus non se teñen principios morais,
pero "nin os pagáns, nin os mahometanos, nin os xudeus deberían ser
excluídos dos dereitos civís do Estado a causa da súa relixión".
A Igrexa e o Estado son dúas sociedades distintas. A Igrexa é
unha sociedade libre e voluntaria de persoas que ten por finalidade dar
culto público a Deus e así adquirir a vida eterna. Por iso ninguén pode ser
obrigado a entrar ou a permanecer nunha igrexa determinada. O uso da
forza para coaccionar en cuestións de crenzas relixiosas non ten sentido
e é absurda e ineficaz, xa que ninguén pode configurar as súas crenzas
segundo o mandato doutras persoas.
Esta estrita separación entre Igrexa e Estado é outro aspecto que
diferenza a Locke de Hobbes, quen consideraba que a Igrexa debía
estar subordinada á autoridade secular. Retrocedendo na historia, vemos
Páxina 17 de 18
Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna
Historia da Filosofía
como esta tese oponse tamén a autores medievais como San Agostiño e
Santo Tomé.
Locke rexeita as guerras, especialmente as guerras relixiosas, que
son froito da intolerancia. As comunidades relixiosas son sociedades
libres e voluntarias e ningún poder pode forzar a abrazar unha relixión sen
consentimento individual. Defende, por tanto, a liberdade de crenza. Así
mesmo, rexeita a persecución relixiosa, a manipulación da verdade que
debe ampararse na razón. O Estado pode ser intolerante fronte ás
doutrinas que poñan en perigo as cousas necesarias para a conservación
do poder civil.
No contexto da loita pola tolerancia, Locke entende que a liberdade
relixiosa presupón a secularización do Estado e a política, á vez que a
conveniente diferenciación entre o civil e o relixioso.
Páxina 18 de 18