OS SECTORES ECONÓMICOSCIENCIAS SOCIAIS6º PRIMARIA2015-2016
A ECONOMÍA E AS NOSAS NECESIDADES
Todos os seres humanos temos unhas necesidades básicas e unhas necesidades secundarias.
Unha actividade económica é aquela que obtén os bens materiais e os servizos para satisfacer necesidades. Inclúe tanto a produción de bens e servizos coma o seu consumo.
QUE SON OS AXENTES ECONÓMICOS?
Son 3: As empresas: usan recursos e traballo humano
para producir bens e servizos. As familias: perciben uns ingresos polo seu
traballo e destínanos ao gasto, ou ben gárdanos, xerando un aforro.
O Estado: establece as normas que regulan o comportamento das empresas e o consumo das familias, e recibe os impostos que pagan empresas e familias.
CALES SON OS FACTORES DA PRODUCIÓN?
Os factores da produción que posibilitan a actividade económica son os recursos naturais, o traballo e o capital.
Recursos naturais. Son os elementos que se obteñen da natureza. Estes recursos teñen unha utilidade económica.
Traballo. É o esforzo, físico e intelectual, que realizan os seres humanos para obter bens e servizos.
Capital. É o conxunto de diñeiro e mais de bens que serve para producir outros bens. Poden ser fábricas, edificios ou maquinaria, pero tamén diñeiro ou tecnoloxía.
QUE É O SECTOR PRIMARIO? As actividades do sector primario son aquelas
que permiten obter alimentos, materiais e materias primas directamente dos recursos naturais. Os principais recursos naturais son estes:
Rochas, relevo e solo Luz, aire e auga Vexetación e fauna
A sobreexplotación deste sector pode provocar o esgotamento dos recursos naturais non renovables.
GANDARÍA, PESCA E PISCICULTURA
A gandaría, a pesca e a piscicultura son as actividades que explotan os recursos naturais de orixe animal.
GANDARÍA, PESCA E PISCICULTURA
A MINARÍA
A actividade mineira consiste na obtención de minerais e rochas.
Desde a Revolución Industrial, moitos minerais empregáronse como fontes de enerxía. Porén, a súa sobreexplotación púxoos en perigo, pois a súa rexeneración é lenta e poden esgotarse.
AGRICULTURA E SILVICULTURA
Son as actividades nas que se explotan os recursos vexetais para obter alimentos e materias primas, coa axuda doutros recursos como o solo e a auga. As principais explotacións son a agricultura e a silvicultura, que é a explotación das árbores.
Nestas actividades, o uso de maquinaria, como as sementadoras e as regas automáticas, tamén aumenta a produción.
AGRICULTURA E SILVICULTURA
UNHA AGRICULTURA MECANIZADA
Os países europeos desenvolven unha explotación agraria moi moderna e mecanizada, que recibe numerosas axudas dos gobernos e da Unión Europea.
UNHA AGRICULTURA MECANIZADA
UNHA AGRICULTURA MECANIZADA
O SECTOR SECUNDARIO O sector secundario transforma materias primas
en produtos semielaborados que necesitan máis transformacións, ou en produtos elaborados, é dicir, listos para o consumo.
Deslocalización ou tecnoloxía? A Unión Europea (UE) é unha das zonas máis
industrializadas do mundo. Vantaxes que ofrece a UE:
A UE conta cun amplo mercado e moitos investidores.
A UE conta cunha importante rede de transportes. A UE ofrece seguridade na súa política e na súa
economía. Os traballadores da UE son man de obra
especializada.
Deslocalización ou tecnoloxía? O sector secundario estendeuse aos países en
vías de desenvolvemento, onde encontra menos impostos e controis medioambientais, e onde os gastos e os salarios son máis baixos. As empresas de construción tamén buscan alí novos mercados. Este proceso coñécese como deslocalización.
As empresas con maior desenvolvemento tecnolóxico seguen buscando a seguridade e a man de obra cualificada propias dos países membros da Unión Europea
QUE É O SECTOR TERCIARIO? No sector terciario os traballadores ofrecen
servizos a persoas e empresas. Este sector depende do diñeiro que as
empresas, os consumidores e as Administracións públicas teñan para gastar, polo que está máis desenvolvido nos países ricos.
En España é o sector que máis emprego e diñeiro produce, e emprega o 65% dos traballadores
O COMERCIO E A DISTRIBUCIÓN O comercio é a actividade de compravenda de
produtos, e a distribución é o traslado deses produtos dun lugar a outro.
Tipos de comercios: Pequeño comercio Grandes superficies Comercio internacional Comercio interior
A ADMINISTRACIÓN PÚBLICA Entre todos os servizos, algúns son necesarios
para vivir con dignidade, como a saúde, a educación e o acceso á auga corrente. Para cubrilos, os estados ofrecen os chamados servizos públicos como os colexios, os hospitais, os tribunais e os transportes
QUE É O TURISMO? é a actividade pola que as persoas viaxan a un
lugar no que non residen, e quedan alí polo menos unha noite. Os turistas viaxan por razóns de ocio, pero tamén por negocios e outras actividades.
España recibe a visita de decenas de millóns de persoas doutros países, que buscan o bo clima, a beleza dos espazos naturais e as posibilidades culturais que ofrecen as cidades
As vantaxes de recibir turistas Durante unha viaxe, o turista gasta o seu diñeiro
en diferentes servizos, polo que a súa visita resulta vantaxosa economicamente para o lugar de destino. Ademais, esta localidade poderá aumentar a oferta de emprego e investir en novos servizos, como o transporte.