A.ESTUDO CULTURAL
A.1. Que é unha parroquia?
É un territorio que está baixo a dirección espiritual do párroco
A.2. Nome da nosa parroquia
San Xulián de Mato
A.3.Nome da nosa aldea,lugar…
Vilar de Eiriz
A.4.Investiga sobre a orixe dos topónimos,tanto da
parroquia como das aldeas, lugares, penas ,en definitiva,
sobre aqueles lugares que chamen a atención.
O Mato: conxunto de plantas baixas que nacen moi mestas
A Carballeira:pode vir de que no pasado houbese unha carballeira no lugar que
agora está a aldea .
Fondo da Vila:chamado popularmente Fonte da Vila pode vir de que aí se situase a
fonte do pobo no pasado.
Vilar de Eiriz:pode vir derivado dunha casa que había na aldea chamada “A Torre”
que era dunha gran familia do lugar de Eiriz (Brigos).
O Pacio: refírese a antigos pozos
Leira do Lemes: ven de que os donos compráranlla a un home que tiña por apodo
``O Lemes”
A.5.Límites parroquiais e núcleos de poboación que a
compoñen.
San Xulián de Mato limita con Laxe, Muradelle, Mariz, Fornas, San Xurxo de
Asma, Brigos, Santa Uxía de Asma,e San Pedro de Viana.
A nosa parroquia está composta polas seguintes aldeas: Abral, Carballeira, A
Moreira, O Romeo, Vilar de Eiriz, O Pacio e Fondo da Vila
A.6.Existe algunha lenda relacionada coa túa parroquia.
Hai una lenda sobre un lugar chamado A Veiga que contaba que cando
pasabas por alí de noite , se ias con medo aparecíachese unha cobra e se non
levabas medo aparecía una pita cos seus pitos que eran de ouro.
B.ESTUDO FÍSICO
B.1.Vista aérea:
Busca na Internet, no visor do SIGPAC (Sistema de Información
Xeográfica de Parcelas Agrícolas),na páxina
http://sigpac.mapa.es/fega/visor/,a túa casa.
Despois unha imaxe aérea da túa parroquia e una da túa aldea que
pegarás aquí.
Vista aérea da parroquia de San Xulián do Mato
Vista aérea de Vilar de Eiriz
Vista aérea da casa de María Vista aérea da casa de Pablo
B.2.Coordenadas:
Anota as coordenadas nas que se sitúa a túa :
-Casa: María Vázquez>latitude: 42*36’ 13.86’’N lonxitude: 7*49’53.34’’O
Pablo Jorge>latitude: 42*36’13.27’’N lonxitude: 7*49’55.33’’O
-Aldea: latitude: 42*36’12.95’’ N lonxitude: 7*49’50.47’’O
-Parroquia: latitude: 42*36’ N lonxitude: 7*49’ O
-Concello: latitude: 42* 36’ N lonxitude: 7*36’O
-Provincia: latitude: 43.01 N lonxitude: 7.33 O
-Comunidade autónoma: latitude: 42º 44’ 50’’ N lonxitude: 7º 46’ O
-Estado: latitude: 40º24’59’’ N lonxitude: 3º42’54’’O
B.3.Perfil topográfico.
Elabora un perfil topográfico do tramo en liña recta que hai dende a túa
casa ata o centro de Chantada.Se es de Chantada capital deberás facelo
tomando como punto de partida Diomondi (O Saviñao).
Para isto deberás seguir os pasos que se atopan no apartado de material
e logo engadilo á guía parroquial.
B.4.O relevo
Como é o relevo?indica as elevacións, depresións, chairas… que se
atopan nese tramo do camino e a súa elevación con respecto ao nivel do
mar.Lémbrate de indicar os nomes.
. Destaca o traxecto que vai dende A Moreira ata A Carballeira chamado
popularmente Puntiña, o castro de San Amaro e hai outras elevacións pero sen
demasiada importancia.
B.5.Hidrografía:
Recolle imaxes sobre os ríos, regatos, fontes e mananciais.Pégaas aquí
indicando a que corresponde cada una delas e os nomes deles.
O Río Comezo que transcorre pola parroquia de Mato
Fonte do Pacio Fonte de Vilar Fonte de Abral
de Eiriz
Regos de regadío Antigo lavadeiro
Poza do Outeiro Poza do Fondo da Vila Poza de Vilar de Eiriz
Ponte moderna Ponte antiga do
na Lamagrande Outeiro
Muíño da Lamagrande Muíño de Muiñeiro
Muíño de Osorio Muíño do Burato
Aliviadeiro do río Comezo ó seu paso pola Lamagrande
B.6.Hábitat:
Analiza como é o hábitat da túa parroquia.Podes engadir
imaxes.Lémbrate de seguir estes puntos:
-Hábitat concentrado ou disperso.
Hábitat disperso porque aínda que está concentrado nas distintas aldeas se o
miramos a nivel parroquial está disperso.
-Edificacións tradicionais ou de nova construcción.
Edificacións tradicionais aínda que se comezan a ver edificacións de nova
construción
-Materiais que se empregan para construir casas tradicionais.
Emprégase pedra,madeira , tellas de barro…
-Materiais que se empregan para construir casas de nova construcción
Emprégase cemento, ladrillo…
-Cales están máis en harmonía coa paisaxe?
Están máis en harmonía as edificacións tradicionais.
-Coidas que existe exceso de construcción urbana na túa parroquia?
Nós cremos que non hai exceso de construcción urbana na nosa parroquia.
-Hai feísmo urbanístico? Amósanos alguna imaxe.
Hai algún caso pero non demasiados
O feísmo urbanístico no Fondo da Vila
C.ESTUDO AGRÍCOLA GANDEIRO
Trátase de que estudes os elementos que conforman a paisaxe
agraria.Neste apartado engadirás imaxes para responder as cuestións:
C.1. As leiras:
Están abertas?Están pechadas?indica que materiais se empregan para
pechalas.
As leiras están maioritariamente pechadas tanto con estacas e arame como con
valados aínda así hai algunas abertas.
Leira pechada con Leira pechada con Leira aberta
valado estaca e arame
C.2.grao de aproveitamento das leiras
- Practícase a Agricultura Intensiva ou Extensiva? Por qué?
Practícase a agricultura intensiva porque a maioría da poboación de Mato vive da gandaría vacún e así produce máis tanto leite como carne.
Vacas produtoras de leite Vacas produtoras de carne
C.3. Sistemas de Rega: - Explica se se dá unha Agricultura de Secaño ou de Regadío.
Practícase tanto a agricultura de secaño como de regadío.
Un exemplo de agricultura de secaño é o millo é un exemplo de regadío son as hortas.
C.4. Especies Cultivadas:
Practícase o policultivo:
Millo: para silo ou para o hórreo.
Herba:para ensilar ,pasto ou seca.
Patacas: normalmente para consumo propio.
Hortalizas e distintas verduras.
Algunhas froitas
Millo do hórreo Silo de millo
Herba seca Silo de herba
Pasto Patacas
Produtos de horta
Árbores froiteiras
C.5. Agricultura Tecnificada?
Bastante porque se usan tractores, cosechadoras,sembradoras e outros apeiros agrícolas.
Tractor con picador na recollida Tractor cunha cisterna de sacar o purín .
da herba (ensila).
Arado de varios Sembradora de herba.
vertedeiras (mecanización).
C.6. A Gandaría: -Trátase de que estudes as características da Gandaría da túa Parroquia. Para elo deberás atender ás especies, granxas, mecanización…e todo o relacionado con este apartado.
Practícase maioritariamente a gandaría vacún xa que prácticamente non existen na parroquia outros tipos de gandaría .Hai unha ou dúas persoas que teñen ovellas pero que non dependen delas para vivir.
As granxas son establos que pode ser que teñan cangas para amarrar as vacas ou que os animais poidan estar soltos polo establo sen necesidade de estar atados.
Existen tamén as gandarías porcinas que están en Abral pero a poboación tamén ten os animais na casa sobre todo para facer a matanza ou algún para vender na feira.
Son todos mecanizados tanto con salas de ordeño ou con circuitos.
Vacas nun establo con cangas Vacas soltas nun establo
Vacas nunha sala de ordeño (gandaría mecanizada)
Vacas ordeñadas con circuito (gandaría mecanizada)
Gandaría porcina
C.7. A Acuicultura: - Que recursos da pesca fluvial atopas na Parroquia?
Ningún aínda que hai persoas que practican a pesca como deporte.
- Hai Piscifactorías?
Non
C.8. Indica a porcentaxe de poboación que se dedica a este sector.
D. ESTUDO INDUSTRIAL. D.1. Obradoiros Artesáns: Existe a día de hoxe algún obradoiro artesán?
Non
- Elabora unha ficha indicando o nome do Oficio, os datos persoais do artesán, materiais que emprega.. Escoita a súa experiencia e ensinarache para que vale o seu traballo.
D.2. Industria Moderna: - Existe ou existiu algunha Industria ou Empresa Moderna?
Non
- Elabora unha ficha onde indiques as características da empresa (ano de fundación, nome, traballadores…).
D.3. Indica a porcentaxe de poboación que se dedica a este sector.
Podemos dicir que un 8% da poboación está empregada no sector secundario pero temos que ter en conta que a maioría non traballan dentro dos límites da parroquia.
E .ESTUDO DOS SERVIZOS: Analiza os Servizos da túa Parroquia. E.1. Tipo de Servizo:
- Comercio?
Non como tal pero os gandeiros/as venden o leite a distintas empresas leiteiras.
- Transportes?
Existe a chamada ``línea ´´ ,o transporte escolar e os coches particulares.
- Turismo?
Sí, a Casa do Neto que é de turismo rural.
- Información e Comunicación?
Sí existen o teléfono e nalgúns casos Internet .
E.2. Como é a Rede Viaria?.
Hai estradas pero tamén hai algún camiño de terra e zaorra.
E.3. Indica a porcentaxe de poboación que se dedica a este sector.
Un 7 % pero considerando que traballan en empresas que se localizan fóra da parroquia.
G.CONCLUSIÓNS:
G.1. Elabora un queixo onde indiques a porcentaxe de persoas dedicadas aos distintos sectores económicos.
sectores económicos
sector primario
sector secundario
sector terciario
G.2. Valora o teu traballo engadindo as dificultades que che supuxo a súa elaboración.
As dificultades que nos supuxo este traballo foron atopar alguna información como os topónimos, tamén pasamos traballo sacando fotos xa que a parroquia é grande e nos moviámonos en bicicleta e algunha vez a pé polo cal cansamos bastante.Tamén buscando información e preguntado as persoas maiores.
G.3. Que cousas mellorarías da túa Parroquia para facer máis atraínte ás xentes de fóra dela?
Nós da nosa parroquia mellorariamos os accesos ós núcleos de
poboación que nalgúns casos están en malas condicións e non teñen saída , isto
non está sinalizado e leva a perder aos poucos turistas que aquí hai .Tamén
algunha publicidade máis sobre a nosa propiedade que son cousas interesantes
,culturais e en moitos casos históricas que non se lle da a importancia que
necesitan como a igrexa da Carballeira ,a capela do San Lucas ou a capela de
Abral.Tamén se poderían cambiar o feísmo urbanístico que aínda que hai pouco
sempre se pode mellorar e tamén as edificacións que están en ruinas e
abandonadas que dan moi mala impresión onde están.Existe outro dato a destacar
que é o da concentración parcelaria de Laxe que o chegar o límite parroquial as
pistas vólvense camiños de terra e coios de moi mal acceso e impide o acceso de
vehículos .
# ALGUNHA INFORMACIÓN EXTRA
-O Mato ten una superficie de 7’18 km2
-No Mato somos 106 habitantes organizados da seguinte forma:
•Abral: 25 habitantes
•A Carballeira: 7 habitantes
•A Moreira: 16 habitantes
•O Romeo: 9 habitantes
•Fondo da Vila: o habitantes
•Vilar de Eiriz: 30 habitantes
•O Pacio: 19 habitantes
-A igrexa de O Mato foi construida no ano 1871 e ten o seu
correspondente peto de ánimas.
Igrexa Peto de ánimas situada na aldea da Carballeira
-Tamén podemos atopar outras edificacións que poden resultar
de interese.
Capela de Abral situada na mesma aldea
Casa de Abral feita polo padre Don Emilio ó mesmo que a capela.
Ermita do San Lucas que se atopa no castro de San Amaro ou chamado tamén o
San Lucas.
Castro de San Amaro
Animais da nosa aldea Hai algúns animais que non foron nomeados anteriormente pero nós
acordámonos deles por iso…
Tucho
Yes
Nerón
Lupo
Tula
Unha pita
Uns pitiños
Un gato
3ºA ESO