INFORMACIÓN RELEVANTE RESPECTO Á AVALIACIÓN
DAS DISTINTAS MATERIAS E CURSOS
DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA DO IESP DE
AMES
CURSO 2016/17
ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DE PENDENTES
E PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR COÑECEMENTOS
PREVIOS
SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DE PENDENTES
Pendentes de 3º ESO
A atención a estes alumnos estará a cargo da profesora Dona Mª Carlota
Paz Costoya.
Debido a que esta materia é impartida en Inglés no IESP de AMES, os
alumnos pendentes terán que cinguirse aos contidos da programación de 3ºESO
deste centro e realizar as probas escritas no devandito idioma.
Cada mes e medio aproximadamente, daranselles boletíns de
exercicios para que os alumnos os entreguen nos prazos que se establezan.
Esto se valorará cun máximo de 4 puntos, 1 punto por cada boletín. Faranse
dous exames parciais, un na segunda avaliación e outro antes da data oficial do
exame final. A media das notas dos exames parciais será ponderada ao 60%
restante. Aqueles alumnos que obteñan por este método unha cualificación
igual ou superior a 4,5 terán superada a materia coa cualificación obtida segundo
se sinala. Para aqueles que non superen a materia mediante os boletíns e os
parciais, haberá un exame final en maio, cuxa data será fixada pola Xefatura de
Estudos. Nestes casos, a cualificación obterase directamente da nota obtida neste
exame, como se fai tamén na convocatoria de setembro.
EXAME DATA MATERIA
1º Parcial Xaneiro A ciencia e o seu método. Medida de magnitudes. Sistema
Internacional. Notación científica. Erros na medida.
Estados da materia. Leis dos gases. Teoría cinética.
2º Parcial Abril Sistemas Materiais. Mesturas, disolucións e sustancias
puras.
O átomo e o Sistema Periódico. Enlace
químico.Reaccións químicas.
Final Maio Todo
Pendentes de 1º Bacharelato
A atención a estes alumnos estará a cargo das profesoras Mª Jesús Bóo
Feijóo, que avaliará a parte de Química, e Mª Carlota Paz Costoya, que avaliará a
parte de Física. A materia poderá superarse mediante dous exames parciais e
entregando os boletíns de exercicios que se lles farán chegar aos alumnos. De
non obter unha cualificación igual ou superior a 4,5 mediante este
procedemento, o alumnado ten dereito a realizar un exame de toda a materia no
mes de maio, cuxa data será fixada pola Xefatura de Estudos. Nestes casos, a
cualificación obterase directamente da nota obtida neste exame, como se fai
tamén na convocatoria de setembro.
No primeiro trimestre do curso se lles proporcionará un boletín con
cuestións e problemas de Química que se recollerá antes do día do primeiro
parcial, que terá lugar no mes de xaneiro. Este boletín avaliarase sobre 1 punto
e o exame parcial sobre 9. Deste xeito, obterase unha cualificación sobre 10 na
parte de Química.
No segundo trimestre do curso se lles proporcionará un boletín con
cuestións e problemas de Física que se recollerá antes do día do segundo parcial,
no mes de abril. Este boletín avaliarase sobre 1 punto e o exame parcial sobre
9. Deste xeito, obterase unha cualificación sobre 10 na parte de Física.
A cualificación final calcularase como a media aritmética entre as
cualificacións das dúas partes que se especifican máis arriba.
EXAME DATA MATERIA
1º Parcial Xaneiro Química
2º Parcial Abril Física
Final Maio Todo
PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR COÑECEMENTOS PREVIOS
Os alumnos de 2º de Bacharelato que non tivesen cursado previamente a
materia de Física e Química en 1º, acreditarán os seus coñecementos mediante
dúas probas escritas que inclúan os contidos mínimos de Física e/ou Química
recollidos en 1º, segundo as asignaturas que curse en 2º. Esta proba ten carácter
informativo para o alumno.
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CRITERIOS DE
CUALIFICACIÓN PARA OS DISTINTOS CURSOS E
MATERIAS
2º ESO FÍSICA E QUÍMICA
A) - Instrumentos de Avaliación:
Como instrumentos de avaliación empregaranse as probas escritas, (unha
por cada tema), e as respostas as preguntas orais nas clases, a presentación
das actividades propostas resoltas no caderno de aula (ou no libro, de ser o
caso), os traballos individuais ou grupais (exercicios, informes de prácticas, etc.)
e a realización das prácticas de laboratorio, así como a actitude, a participación
activa e o interese do alumno pola materia nas clases e no laboratorio.
As probas escritas consistirán na resolución de problemas e respostas a
cuestións similares as que se realicen/resolvan nas clases, de xeito que se
cubran os contidos estudados en cada unidade. Nesas probas avaliaranse os
contidos traballados e problemas resoltos/corrixidos ata o día previo ao exame.
Ademais destas probas escritas por temas, ao final de cada avaliación se
fará unha proba de Repaso/Reforzo na que entrarán unha selección de
preguntas/problemas xa propostas nos controles previos e que fará media coas
notas dos controles previos realizados en cada avaliación.
B) - Criterios de Cualificación:
Dende o punto de vista da cualificación numérica, para cada Avaliación as
probas escritas representarán un 60% da nota; e o traballo na aula, e no
caderno de actividades, así como a participación activa, a atención e actitude
na aula e tamén no laboratorio, etc., serán dun 40%.
Para o 60% da nota realizaranse tres probas escritas por Avaliación, (unha
por Tema), e ademais tamén está prevista a realización dunha proba de
reforzo/repaso ao final de cada avaliación na que incluirán fundamentalmente
cuestións e problemas dos xa propostos nas tres probas anteriores realizadas
nos distintos grupos. A nota desta proba final de repaso/reforzo fará media coa
nota das anteriores probas da Avaliación. O resultado desta nota (que
representa o 60% da nota final para cada Avaliación), terá un valor máximo de
6 puntos.
Para o 40% restante da nota da Avaliación, serán tidos en conta a realización
das actividades propostas tanto no caderno de actividades coma no libro de
texto, as respostas orais a cuestións realizadas na aula, tanto das actividades
propostas como da materia dada do libro de texto, e tamén a realización das
prácticas de laboratorio e os traballos escritos propostos (25%); así como a
actitude, a participación activa e o interese do alumno pola materia nas clases e
no laboratorio (15%). O resultado desta nota, (que representa o 40% da nota
final para cada Avaliación), terá un valor máximo de 4 puntos.
A nota final para cada Avaliación obterase da SUMA das notas obtidas en
cada un destes apartados. Para poder superar cada Avaliación será necesario
acadar un mínimo de 5 puntos; no caso contrario, a cualificación será
Insuficiente.
Para a nota final do curso calcularase a MEDIA aritmética das notas
obtidas en cada avaliación, tendo en conta que se farán aproximacións por
redondeo á alza á nota seguinte (a partir das 5 décimas), e se considerará que
un alumno superou a materia cando a nota media sexa igual ou superior a 4,5.
No caso de fraude comprobado na realización dun exame por calquera
medio (copiar do compañeiro, con apuntes, etc...) a cualificación dese exame
será dun 0, e o profesor resérvase a posibilidade de emprender as accións
disciplinarias que estime oportuno. No caso de que isto ocorra na proba global
da terceira avaliación, o alumno ou alumna implicada perderá todo dereito a
recuperar.
RÚBRICA PARA AVALIAR A ACTITUDE (ATENCIÓN/PARTICIPACIÓN) NAS
CLASES:
Criterios
Moi ben (4) Ben (3) Regular (2) Mal (1) PUNTOS
INTERÉS
-Sempre chega puntual ás clases.
-Trae sempre o material necesario.
-Algunha vez non chega puntual ás clases.
-Algunha vez non trae o material.
-Bastantes veces non chega puntual ás clases
-Bastante veces non trae o material
-Moitas veces non chega puntual ás clases.
-Moitas veces (A miúdo) non trae o material necesario.
ATENCIÓN
-Sempre garda silencio.
-Sempre presta atención e non se distrae con outros temas.
-Si, garda silencio pero só cando se lle pide /avisa.
-Si, presta atención pero hai momentos en que non mostra interese.
-Non garda silencio (normalmente), pero cala cando se lle chama a atención.
-Non presta atención e hai momentos nos que se evade da clase con outras cousas.
-Non garda silencio nunca, (a pesares dos avisos), e falta ao respecto /molesta aos compañeiros /profesor continuamente.
-Non presta atención e molesta aos demais compañeiros.
PARTICIPACIÓN
-Atende sempre ás explicacións, concentrado e de forma activa. (Interactúa...)
-Sempre participa voluntariamente nas actividades (orais ou escritas).
-Si, normalmente parece que atende á explicación (ou por momentos atende) aínda que está distraído con outras cousas.
-Si, participa pero só cando se lle pregunta.
-Non atende ás explicacións pero non molesta aos demais.
-Non participa voluntariamente, aínda que ás veces fai comentarios puntuais dalgún tema
-Non atende ás explicacións prefire facer outra cousas, ás veces molesta aos demais.
-Non participa nin aporta ideas
RÚBRICA PARA EVALUAR O CADERNO DE TRABALLO/ACTIVIDADES
DE CLASE/AULA:
Criterios Moi ben (4) Ben (3) Regular (2) Mal (1) PUNTOS
PRESENTACIÓN/
ORGANIZACIÓN
- Introduce as actividades ao comezo dunha páxina co número de Tema e o seu título, xunto coa data e páxina
-Realiza as actividades na orde proposta, indicando aquelas que fixo no libro, e non deixa espazos nin páxinas en branco
- Non introduce algunha das unidades, ou falta algún dos elementos mencionados...
- Case sempre realiza as actividades na orde proposta e indica as feitas no libro e deixa algún espazo ou páxina en branco
- Algunhas das unidades non están identificadas ou faltan a maioría dos elementos
-A miúdo non realiza as actividades na orde proposta nin indica as feitas no libro e deixa bastantes espazos ou páxinas en branco..
-A maioría das unidades non están identificadas.
-Nunca realiza as actividades na orde proposta nin indica as feitas no libro... e deixa moitos espazos e/ou páxinas en branco
NORMAS DE
ESCRITURA/
CALIGRAFÍA
-Copia todos os enunciados completos das actividades con bolígrafo (negro/azul) e escribe as respostas con lapis (para facilitar corrixilos).
-Escribe con letra clara (caligrafía lexible) e sen faltas de ortografía, respectando as normas de escritura
-Falta algún enunciados e escribe case sempre con bolígrafo e as respostas con lapis (para facilitar corrixilos).
-Escribe con letra bastante clara aínda que as veces costa lela, e ten algunhas faltas de ortografía ou non respecta as as normas de escritura
-Faltan bastantes enunciados ou escribe con frecuencia con lapis e/ou bolígrafos de colores inadecuados.
-Escribe con letra pouco clara, é difícil a súa lectura, e ten bastantes faltas de ortografía e fallos nas normas de escritura
-Faltan a maioría (ou non copia case ningún) dos enunciados....
-A letra súa non é clara nin lexible, ten moitas faltas de ortografía, non respectando as normas de escritura
CONTIDOS/
AUTO-CORRECCIÓN
-Ten todas as tarefas feitas completas e rematadas coas respostas
-Ten todas as actividades coa reposta correcta, ou corrixidas e os erros sinalados
-Ten a maioría das tarefas feitas e rematadas completamente
-Ten a maioría das actividades coa resposta correcta ou corrixidas, aínda que lle faltan algunhas, e os
-Ten bastantes tarefas sen facer e/ou sen rematar.
-Ten bastantes actividades sen resposta ou sen corrixir (algúns temas), e os erros sinalados e corrixidos soe
-Ten a maioría das tarefas sen facer e/ou sen rematar.
-Ten a maioría das actividades sen resposta ou sen corrixir, e os erros sinalados non soe corrixir e
os ten corrixidos e non os volve a repetir.
erros sinalados e corrixidos poucas veces os volve a repetir.
volver a repetilos.
os volve a cometer unha e outra vez.
NOTA: O caderno de actividades/traballos deben estar identificados coa Área e Datos do alumno/a para
poder ser avaliados.
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
C) - RECUPERACIÓNS:
1)- Proba de Recuperación de Xuño:
Se a nota media obtida polo procedemento anterior é inferior ao 4,5 será
necesario facer un control de recuperación no que entrará todo o dado
durante o curso. As cuestións desta proba serán seleccionadas de entre
todas os contidas dados ao longo do curso e basicamente das cuestións
empregadas para as avaliacións realizadas durante o curso.
O 70% da nota obtida neste proba final será sumado co 30% da nota
media final obtida das tres avaliacións. O resultado da suma destas dúas
porcentaxes deberá ser igual ou superior ao 5 para poder obter unha
avaliación positiva na materia. De darse o caso de que a cualificación da
proba sexa maior ou igual a 5, pero a media sexa inferior a 4,5, entenderase
que o alumno está aprobado e a súa cualificación final será dun 5.
2)- Proba EXTRAORDINARIA de Recuperación de Setembro:
No caso de non ter superado en xuño a materia de Física e Química 2º
ESO, o alumno ten dereito a realizar unha proba extraordinaria en setembro
para superala.
Nesta proba extraordinaria de setembro entrarán todos os contidos dados
durante o período do curso ordinario, e como mínimo a metade das
cuestións serán das xa propostas nas avaliacións realizadas durante este.
Será necesario obter unha puntuación igual ou superior ao 50% da
puntuación máxima da proba para poder obter unha avaliación positiva na
área de Física e Química 2º ESO en setembro.
(As datas para a realización desta proba serán indicadas oportunamente
polo equipo directivo do centro).
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
3º ESO FÍSICA E QUÍMICA
Como instrumentos de avaliación empregaranse as probas escritas,
unha por cada avaliación coa súa proba de recuperación, os traballos
individuais ou grupais (libreta, informes de prácticas, etc.) que se propoñan ao
longo do curso, así como a observación do comportamento e o interese do
alumno.
As probas escritas consistirán en problemas e cuestións similares as
que se realicen ao longo do curso, de xeito que se cubran os contidos
estudados en cada unidade. Nesas probas avaliaranse os contidos traballados
ata o día previo ao exame. Despois de corrixidas, se fará unha segunda proba
para aqueles alumnos que non acadaran unha cualificación igual ou superior
ao 5. Neste exame de recuperación so se poderá aprobar; é dicir, a máxima
nota que se pode acadar é un 5, pois se trata dunha proba moi semellante á
primeira, que se realizará despois de rematada a avaliación correspondente.
A nota de cada avaliación obterase mediante a media aritmética das
cualificacións obtidas nos exames realizados ata a data segundo se explica
máis abaixo, así como das notas dos traballos e da libreta. Xa que logo, dado
que se trata dunha avaliación continua, na segunda avaliación se calculará a
media tendo en conta as cualificacións que se obtiveron tamén primeira.
Se despois de realizadas as correspondentes recuperacións da 1ª e 2ª
avaliacións algunha delas continuase suspensa, os alumnos poderán
presentarse a unha proba final en xuño que versará sobre os contidos da/s
avaliación/s pendente/s. Tamén nos derradeiros días lectivos do curso se
levará a cabo unha recuperación da terceira avaliación.
No caso de fraude comprobado na realización dun exame por calquera
medio (copiar do compañeiro, con apuntes, etc...) a cualificación dese exame
será dun 0, e o profesor resérvase a posibilidade de emprender as accións
disciplinarias que estime oportuno. No caso de que isto ocorra nas probas de
recuperación, o alumno ou alumna implicada perderá todo dereito a recuperar.
As cualificacións das avaliacións calcularanse da seguinte maneira:
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
Na primeira avaliación, a cualificación da proba escrita ponderada ao
95%, e o 5% restante da nota da libreta.
Na segunda avaliación, a media das probas escritas que se realizaran
desde o principio de curso ponderada ao 90%, 5% da nota da libreta e o
5% restante do traballo de laboratorio.
A cualificación final obterase do seguinte xeito:
Cualificación final = 0,85 · media aritmética das tres probas escritas + 0,5 ·
nota da libreta de todo o curso + 0,5 · traballo de laboratorio + 0,5 ·
traballo do proxecto lector
O resultado da media será redondeado ao número enteiro
inmediatamente superior a partir de 50 centésimas.
Para avaliar as libretas, o traballo de laboratorio e o traballo do proxecto
lector empregaranse as seguintes guías de observación ou rúbricas puntuadas
sobre 10:
Libreta. Revisaranse trimestralmente os cadernos,
puntuándose que sexan completos e inclúan tódolos exercicios propostos ata a
data. Tamén se valorará, en menor grao, a orde e a limpeza.
LIBRETA 4 3 2 1 0
Orde e
limpeza
Perfectamente
ordenados e
limpos
Os exercicios
están limpos
pero non están
por orde.
Algúns
exercicios están
moi
desordenados
e/ou moi sucios
Está moi
desordenada e
moi sucia
NP
Exercicios Todos Faltan 1 ou 2 Faltan 3 ou 4 Faltan máis de 4 NP
Entrega (2
máx.)
En prazo Un día tarde* + 1 día
tarde*
SUMA
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
N. B. As libretas deben estar identificadas. As follas soltas deberán levar o nome
en cada folla ou vir grapadas.
* 1 día tarde quere dicir na clase seguinte que haxa con ese grupo
Prácticas de laboratorio. Entregarase un guión das prácticas e un guión cas
pautas a seguir e os puntos a tratar no informe. É obrigatorio incluír tódolos apartados
que se piden nel. Se valorará especialmente que se realice unha análise rigorosa dos
resultados experimentais e o coidado no uso das unidades, a notación científica e o
número de cifras significativas. A descrición do proceso experimental como mera copia
do guión de prácticas e as táboas cos resultados, non será puntuado en ningún caso,
pois non supón comprensión algunha do obxectivo da práctica. En menor medida se
valorarán a orde e a pulcritude, que deben ser as axeitadas para un traballo escolar
deste nivel educativo.
INFORME DE
LABORATORIO 4 3 2 1
0
Presentación (2
máx)
Perfectamente
presentado, con
todo o que se
esixe na orde
correcta.
Falta algunha das
partes e/ou non
está ordeado
Non
cumpre os
requisitos
Gráficas e
cálculos
Os resultados
obtidos son
correctos e están
completos
Os resultados
obtidos non son
correctos pero
están completos
Os resultados
obtidos son
correctos pero non
están completos
Os resultados
obtidos non son
correctos e non
están completos
Non hai
ningún
resultado
Conclusións (2
max)
Completas e
razoadas
Incompletas ou
non razoadas
Non hai
Entrega (2 máx) En prazo Un día tarde + 1 día
tarde
SUMA
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
Traballo do `proxecto lector.
Propoñerase que os alumnos, en grupos de 3, fagan un vídeo, falando
en inglés, onde realicen un sinxelo experimento de medida da
densidade de tres líquidos: auga, alcohol e aceite de cociña. Deberán
comparalos empregando unha balanza artesanal e uns recipientes
graduados de medicamentos, e despois medirán as sús densidades
empregando como unidade de medida moedas de céntimo de Euro.
Deste xeito, traballarán a medida e as súas unidades, os instrumentos
de medida, o método científico e o concepto mesmo de densidade dun
xeito práctico e cun enfoque diferente ao do laboratorio, e terán que
poñer en práctica as súas habilidades lingüísticas en inglés a nivel
oral.O traballo desenvolverase ao longo da 2ª avaliación e se entregará
nunha data a fixar da 3ª avaliación. Os vídeos se verán na clase nos
derradeiros días do curso.
Deben presentar un vídeo nun formato lexible con VLC (condición
imprescindible) e deben ter unha calidade de audio e son axeitados para
a súa compresión, un encabezamento ou título e incluir todos os
aspectos que se piden.
PROXECTO LECTOR 2 1 0
Presentación Perfectamente
presentado
Non cumpre algún
requisito
Non cumpre ningún
requisito
Contidos Trátanse ben os contidos
esixidos
Trátanse os contidos
esixidos, pero con erros
Non se tratan os
contidos esixidos
Cumprimento dos
obxectivos
Cúmprense todos os
obxectivos
Solo se cumpren algúns
obxectivos
Non se cumpre ningún
obxectivo
Orixinalidade Moi orixinal Pouco orixinal Nada orixinal
Esforzo individual Moito esforzo Pouco esforzo Ningún esforzo
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
SUMA
A proba da convocatoria extraordinaria de setembro versará sobre
tódolos aspectos da materia tratados ao longo do curso e nela tratarase que as
tres avaliacións teñan o mesmo peso aproximadamente.
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
3º ESO ÁMBITO CIENTÍFICO DO PROGRAMA DE MELLORA DA
APRENDIZAXE E O RENDEMENTO
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN:
Probas escritas
Traballos individuais
Traballos en grupo
Prácticas de laboratorio
Resumos
Observación na aula
Lectura de un libro
Preguntas orais
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:
A nota de cada avaliación será a media das notas obtidas para as materias de
Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía.
Para cada materia a nota calcularase aplicando as seguintes porcentaxes:
70% exames
20% traballos e prácticas de laboratorio
10% traballo diario (deberes e exercicios propostos na aula)
Para superar unha avaliación a nota media debe ser superior a 4,5, tendo as
dúas materias máis de 4. En caso contrario, deberá realizarse unha proba
extraordinaria posterior á avaliación, na que se recuperará por separado Física
e Química e Bioloxía e Xeoloxía. A nota obtida nesta proba multiplicarase por
0,7 de cara ao cálculo da nota final de curso (salvo que o resultado da
ponderación sexa inferior a 5 tendo o exame aprobado;nese caso a nota será
5).
(A última avaliación recuperarase, de ser o caso, na data da recuperación final)
A nota final do curso será a media aritmética das 3 avaliacións. Se a nota é
superior a 4,5, e non hai ningunha avaliación con nota inferior a 4, o curso
estará aprobado. En caso contrario os alumnos poderán presentarse a unha
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
proba final na que se examinarán das avaliacións con nota inferior a 4 ou, de
ser o caso, do curso completo.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA:
O alumnado que non supere o curso en xuño terá dereito a unha proba en
setembro, na data que determine o Dirección do centro, na que se examinarán
de todos os contidos do curso. Considerarase aprobada cando se obteña unha
nota superior a 4,5.
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
4º ESO FÍSICA E QUÍMICA
Realizaranse seis probas escritas obrigatorias, dúas por avaliación
como mínimo, coa seguinte distribución:
1. Tema 1 (1ª avaliación)
2. Tema 2 (1ª avaliación)
3. Tema 3 (2ª avaliación)
4. Tema 4 (2ª avaliación)
5. Tema 5 (3ª avaliación)
6. Temas 6 e 7 (3ª avaliación)
Dado que as tres primeiras probas abranguen a parte de Química e as
tres últimas, os temas de Física, vanse considerar como dous bloques e se
calculará a media para cada un deles.
Vanse facer dous exames xerais de bloque de carácter optativo para
cada un deles: ao inicio da 3ª avaliación farase unha proba escrita de toda a
materia de Química e isto mesmo farase ao rematar a Física no mes de xuño.
Deste xeito, vanse obter dúas cualificacións que se ponderarán do seguinte
xeito para aqueles alumnos que decidan realizar a proba:
Nota do bloque = 0,8 · nota do exame opcional + 0,2 · nota media
dos exames do bloque
No caso de non facer a proba xeral, a media do bloque obterase
como unha media aritmética dos exames correspondentes a ese bloque.
Estas probas xerais servirán de recuperación para os alumnos que
estean suspensos nun bloque, por ter unha media nel inferior a 5. Neste caso,
se a media ponderada é inferior a un 5 pero a nota do exame opcional é maior
ou igual a 5, considerarase que o alumno ten superado o bloque cun 5. Aos
exames dos bloques poden presentarse tamén aqueles alumnos que teñan
máis dun 5 de media nos tres exames do anteriores, asumindo que a
cualificación se vai obter polo método indicado.
As cualificacións das avaliacións calcularanse da seguinte maneira:
Na primeira avaliación, a media dos exames (que pode ser ponderada a
criterio do profesor para incluir a avaliación inicial, se procede, cun
menor peso) ponderada ao 95%, e o 5% restante da nota da libreta.
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
Na segunda avaliación, a media das probas escritas que se realizaran
desde o principio de curso ponderada ao 90%, 5% da nota da libreta e o
5% restante do traballo de laboratorio.
A cualificación final obterase do seguinte xeito:
Cualificación final = 0,85 · media aritmética dos dous bloques + 0,5 · nota
da libreta de todo o curso + 0,5 · traballo de laboratorio + 0,5 · traballo do
proxecto lector
No caso de fraude comprobado na realización dun exame por calquera medio
(copiar do compañeiro, con apuntes, etc...) a cualificación dese exame será
dun 0, e o profesor resérvase a posibilidade de emprender as accións
disciplinarias que estime oportuno. No caso de que isto ocorra nas probas
globais da terceira avaliación, o alumno ou alumna implicada perderá todo
dereito a recuperar ou subir nota.
Para avaliar as libretas, o traballo de laboratorio e o traballo do proxecto lector
empregaranse as seguintes guías de observación ou rúbricas puntuadas sobre
10:
Libreta. Revisaranse trimestralmente os cadernos, puntuándose que
sexan completos e inclúan tódolos exercicios propostos ata a data. Tamén se valorará,
en menor grao, a orde e a limpeza.
LIBRETA 4 3 2 1 0
Orde e
limpeza
Perfectamente
ordenados e
limpos
Os exercicios
están limpos
pero non están
por orde.
Algúns
exercicios están
moi
desordenados
e/ou moi sucios
Está moi
desordenada e
moi sucia
NP
Exercicios Todos Faltan 1 ou 2 Faltan 3 ou 4 Faltan máis de 4 NP
Entrega (2 En prazo Un día tarde* + 1 día
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
máx.) tarde*
SUMA
N. B. As libretas deben estar identificadas. As follas soltas deberán levar o nome
en cada folla ou vir grapadas.
* 1 día tarde quere dicir na clase seguinte que haxa con ese grupo
Prácticas de laboratorio. Entregarase un guión das prácticas e un guión cas
pautas a seguir e os puntos a tratar no informe. É obrigatorio incluír tódolos apartados
que se piden nel. Se valorará especialmente que se realice unha análise rigorosa dos
resultados experimentais e o coidado no uso das unidades, a notación científica e
o número de cifras significativas nos resultados dos cálculos. A descrición do
proceso experimental como mera copia do guión de prácticas e as táboas cos
resultados, non será puntuado en ningún caso, pois non supón comprensión algunha
do obxectivo da práctica. En menor medida se valorarán a orde e a pulcritude, que
deben ser as axeitadas para un traballo escolar deste nivel educativo.
INFORME DE
LABORATORIO 4 3 2 1 0
Presentación (2
máx)
Perfectamente
presentado, con
todo o que se
esixe na orde
correcta.
Falta algunha das
partes e/ou non
está ordeado
Non cumpre os requisitos
Gráficas e
cálculos
Os resultados
obtidos son
correctos e están
completos
Os resultados
obtidos non son
correctos pero
están completos
Os resultados
obtidos son
correctos pero non
están completos
Os resultados
obtidos non son
correctos e non
están completos
Non hai ningún resultado
Conclusións (2
max)
Completas e
razoadas
Incompletas ou
non razoadas
Non hai
Entrega (2 máx) En prazo Un día tarde + 1 día tarde
SUMA
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
Proxecto lector.
Proponse a elaboración dun anuncio en formato vídeo cunha temática
a escoller entre as seguintes:
o a promoción do aforro enerxético,
o o consumo responsable,
o a importancia da redución, reutilización e reciclaxe
o a pegada ecolóxica dos produtos que consumimos
o a contaminación lumínica
o a concienciación sobre os principais problemas da contaminación
(efecto invernadoiro, chuvia ácida, burato de ozono, etc.)
No vídeo, cunha duración entre os 3 e 6 minutos, participarán os tres
integrantes de cada grupo. Deben presentar un vídeo nun formato lexible con
VLC (condición imprescindible) e deben ter unha calidade de audio e son
axeitados para a súa compresión, un encabezamento ou título e incluir todos os
aspectos que se piden.
Na primeira avaliación presentarán un bosquexo do proxecto, na
segunda realizarán as gravacións precisas e a montaxe da presentación. Na
terceira avaliación entregarán os traballos, que se visualizarán nas clases da
derradeira semana do curso.
Estes traballos calificaranse empregando esta rúbrica:
PROXECTO LECTOR 2 1 0
Presentación Perfectamente
presentado
Non cumpre algún
requisito
Non cumpre ningún
requisito
Contidos Trátanse ben os contidos
esixidos
Trátanse os contidos
esixidos, pero con erros
Non se tratan os
contidos esixidos
Cumprimento dos
obxectivos
Cúmprense todos os
obxectivos
Solo se cumpren algúns
obxectivos
Non se cumpre ningún
obxectivo
Orixinalidade Moi orixinal Pouco orixinal Nada orixinal
Esforzo individual Moito esforzo Pouco esforzo Ningún esforzo
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
SUMA
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
4º ESO CIENCIAS APLICADAS Á ACTIVIDADE PROFESIONAL
Dende o punto de vista da cualificación numérica, farase unha media de
tódalas cualificacións obtidas cos diferentes instrumentos da avaliación
ponderándose do seguinte xeito:
Probas escritas (60%) As probas escritas consistirán en problemas e
cuestións similares as que se realicen ao longo do curso, de xeito que se
cubran os contidos estudados en cada unidade. Nesas probas avaliaranse os
contidos traballados ata o día previo ao exame. Despois de corrixidas, se fará
unha segunda proba para aqueles alumnos que non acadaran unha
cualificación igual ou superior ao 5.
Traballos individuais ou grupais (20%). Os traballos realizados durante o
curso, tamén os incluídos no Proxecto Lector do Centro, serán valorados en
función da calidade da explicación, o cumprimento dos obxectivos, a
presentación e a orixinalidade así como o esforzo amosado por cada alumno.
Actitude (10%). A observación do alumnado durante o proceso de
aprendizaxe na aula e na casa debe ser valorada. Para iso, se controlará
habitualmente que o alumnado traia o material e as tarefas feitas.. Así mesmo
se valorará que participe nas actividades de grupo de forma activa e ordenada
e responsable, con actitude positiva cara á materia.
Caderno (10%). Revisaranse os cadernos en cada avaliación,
puntuándose que sexan completas e inclúan tódolos exercicios propostos ata a
data. Tamén se valorará, en menor grao, a orde e a limpeza.
Ao rematar a terceira avaliación farase unha proba escrita voluntaria
con preguntas de todo o currículo. Este servirá de recuperación para aqueles
alumnos cunha media, nos exames, inferior ao 5. Neste caso, a cualificación
obterase da seguinte forma:
Cualificación final=80%nota exame global+20%media curso
No caso de fraude comprobado na realización dun exame por calquera
medio (copiar do compañeiro, con apuntes, etc...) a cualificación dese exame
será dun 0, e o profesor resérvase a posibilidade de emprender as accións
disciplinarias que estime oportuno. No caso de que isto ocorra na proba global
da terceira avaliación, o alumno ou alumna implicada perderá todo dereito a
recuperar ou subir nota.
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
RÚBRICAS A UTILIZAR
SEMPRE (1) A VECES
(0,5)
NUNCA (0)
AC
TIT
UD
E
É PUNTUAL AO CHEGAR A
CLASE
É PUNTUAL ENTREGANDO OS
TRABALLOS
MOSTRA RESPETO POLA
PROFESORA
MOSTRA RESTETO POLOS
COMPAÑEIROS/AS
DEMOSTRA ESFORZO
ESTÁ ATENTO/A
CUALIFICACIÓN GLOBAL (SUMA /6)
TR
AB
AL
LO
S
CORRECTO
(1)
MEDIO (0,5) MALO (0)
AUTONOMÍA NA REALIZACIÓN
CONTIDO AXUSTADO AO
SOLICITADO
LIMPEZA NA PRESENTACIÓN
EXPRESIÓN ORAL
EXPRESIÓN ESCRITA
UTILIZACIÓN DAS TIC
CUALIFICACIÓN GLOBAL (SUMA /3)
CA
DE
RN
O
CORRECTO
(1)
MEDIO (0,5) MALO (0)
ACTUALIZACIÓN
CONTIDO AXUSTADO AO
SOLICITADO
LIMPEZA NA PRESENTACIÓN
CUALIFICACIÓN GLOBAL (SUMA /3)
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
FÍSICA E QUÍMICA DE 1º DE BACHARELATO
Realizaranse, en xeral e de ser posible, 2 probas escritas como mínimo por
avaliación
A cualificación final de cada avaliación obterase tendo en conta tanto
os resultados das probas escritas, así como a actitude e os proxectos, traballos
e actividades de laboratorio realizados ao longo da avaliación.
O peso de cada parte na cualificación final será:
85%: promedio dos resultados das probas escritas realizadas ata
ese momento, valoradas sobre 10. (sempre que sexan 3). Cando a
cualificación de algún dos exames sexa < 3, aínda que a media sexa >5, a nota
obtida nas probas escritas será 4.
10%: promedio dos resultados dos proxectos, traballos e
comentarios sobre noticias científicas.
CORRECTO (1) MEDIO (0,5) MALO (0)
AUTONOMÍA E CREATIVIDADE NA
REALIZACIÓN
CONTIDO AXUSTADO AO SOLICITADO
PULCRITUDE NA PRESENTACIÓN
EXPRESIÓN ORAL E/OU ESCRITA
UTILIZACIÓN DAS TIC
CUALIFICACIÓN GLOBAL (suma /5)
5% Actitude: A actitude valorarase según a seguinte táboa:.
SEMPRE (1) A VECES
(0,5)
NUNCA (0)
É PUNTUAL O CHEGAR A CLASE
É PUNTUAL ENTREGANDO OS TRABALLOS
MOSTRA RESPETO POLA PROFESORA
MOSTRA RESTETO POLOS COMPAÑEIROS/AS
DEMOSTRA ESFORZO
ESTÁ ATENTO/A
MEDIA GLOBAL (suma/12)
Realizarase un exame de recuperación para cada avaliación, que
incluirá exercicios e cuestións relativas os temas tratados na avaliación
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
correspondente. Unha vez cualificado, a nova nota media da avaliación
obterase así:
Cualif. = 80%nota do exame de recuperación+ 20% nota da avaliación.
Se a nota da proba escrita da recuperación é 5, pero o facer a ponderación
anterior resulta <5. A cualificación será 5.
Se o alumno despois de facer a recuperación da 1ª e/ou 2ª avaliación
non as superou, poderá presentarse a outra proba de recuperación o mesmo
día e hora que se faga a recuperación da 3ª avaliación..
O alumnado que pretenda mellorar a cualificación final poderá
presentarse a un exame especial para subir nota o final de curso, o día da
recuperación da terceira avaliación.
Avaliación extraordinaria: Realizarase unha proba na data fixada polo
centro, en setembro, e a cualificación será a que resulte desa proba
NOTA.- No caso de fraude comprobado na realización dun exame por
calquera medio (copiar do compañeiro, con apuntes, etc...) a cualificación
dese exame será dun 0, e o profesor resérvase a posibilidade de
emprender as accións disciplinarias correspondentes.
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
TÉCNICAS DE LABORATORIO 1º DE BACHARELATO
AVALIACIÓN DE CADA PRÁCTICA:
Cada unha das prácticas que se propoñan será avaliada mediante a seguinte rúbrica:
EXCELENTE
(10) BON (7)
REGULAR (5)
DEFICIENTE (2,5)
TRABALLO DE LABORATORIO
PUNTUALIDADE
(5%)
Acude puntualmente ao
laboratorio e preparan o
material para comezar a práctica
Acude puntualmente ao laboratorio pero non prepara o material para
comeza a práctica
Algúns días chega tarde ao
laboratorio
Non chega nunca
puntualmente ao laboratorio
ORDEN
(10%)
A mesa de laboratorio está
ordenada e unicamente co
material da práctica, o caderno
e a calculadora
A mesa de laboratorio ten o
material imprescindible para a práctica
pero está desordenado
A mesa non ten todo o material
necesario para a práctica, e
ademais está desordenado
Todo o material está
desordenado e hai mochilas e roupa sobre a
mesa
TRABALLO EN EQUIPO
(5%)
Todos os compoñentes do grupo participan activamente en
tódolos apartados da práctica
Todos os compoñentes participan en
tódolos puntos, aínda que algún
deles só pasivamente.
Algún dos compoñentes do grupo realiza a
maioría dos apartados, e os
demais só colaboran
pasivamente.
Hai compoñentes do grupo que non participan en
ningún apartado.
DESENVOLVEMENTO DA PRÁCTICA
(15%)
Os alumnos len o guión de prácticas e realizan de modo
axeitado tódolos pasos
Os alumnos len o guión de
prácticas pero non realizan de axeitadamente
algún dos pasos
Os alumnos non len integramente
o guión de prácticas e non
realizan axeitadamente tódolos pasos
Os alumnos non len o guión de prácticas e se limitan a imitar
aos compañeiros
CADERNO DE LABORATORIO
PRESENTACIÓN
(5%)
O caderno está limpo, ordenado, sen borróns nin
follas arrancadas
O caderno está ordenado, sen
follas arrancadas, pero con borróns
e borróns
O caderno está desordenado, con borróns e
borróns pero sen follas
arrancadas
O caderno está sucio,
desordenado e faltan follas
CONTIDO
(10%)
O caderno ten tódolos apartados que se requiren e están traballados de modo axeitado
O caderno ten tódolos
apartados que se requiren, aínda que algún está incompleto ou é
erróneo
O caderno non ten algún
apartado, e o resto non están
correctos
Falta a maioría dos apartados e
o resto están incorrectos
INFORME DE LABORATORIO
PRAZO DE ENTREGA
(5%)
A entrega prodúcese antes
da data límite acordada
- -
A entrega prodúcese fora
de prazo
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
PRESENTACIÓN
(10%)
O informe está limpo, ordenado, ben estruturado e
sen faltas de ortografía
O informe está limpo, sen faltas
de ortografía pero
desordenado
O informe está desordenado e mal estruturado
O informe está sucio,
desordenado, mal estruturado e con faltas de
ortografía
CONTIDO
(15%)
O informe ten tódolos apartados que se requiren e están traballados de modo axeitado
O informe ten tódolos
apartados que se requiren, aínda que algún está incompleto ou é
erróneo
O informe non ten algún
apartado, e o resto non están
correctos
Falta a maioría dos apartados e
o resto están incorrectos
RESULTADOS OBTIDOS
(10%)
Os resultados obtidos son
correctos e están ben enunciados
Os resultados obtidos non son correctos, pero
están ben enunciados
Os resultados obtidos non son
correctos, e están mal
enunciados
Non hai resultados
CONCLUSIÓNS
(10%)
As conclusións propostas son acertadas e axeitadas á
práctica
As conclusións propostas non son acertadas, pero están ben fundamentadas
As conclusións propostas non son acertadas, nin están ben
fundamentadas
Non hai conclusións
O informe de prácticas deberá obter como mínimo un 5. En caso de que non
fose así o alumno deberá repetilo até obter esa nota. En caso de que non a
acadase a consideración será a de NON ENTREGADO.
Criterios de cualificación:
- A nota de cada avaliación consistirá na media aritmética das prácticas
realizadas ao longo do trimestre, aproximando ao enteiro superior a partir
de ,50.
- A nota de final de curso consistirá na media aritmética de todas as prácticas
realizadas, aproximando ao enteiro superior a partir de ,50.
- No caso de que algún alumno non teña presentados tódolos informes
(excepto en casos debidamente xustificados), a súa nota nunca será superior a
4, nin na avaliación nin na nota final.
Recuperación:
1ª recuperación: Aqueles alumnos con informes non presentados ao finalizar o
curso deberán realizar un exame final que versará sobre os contidos das
prácticas non presentadas. A nota do exame substituíra á nota do informe a
efectos de cálculo.
2ª recuperación: Os alumnos que non acadasen un 5 de media deberán
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
presentarse a unha proba escrita que versará sobre todos os contidos do
curso.
No caso de fraude comprobado na realización dun exame por calquera
medio (copiar do compañeiro, con apuntes, etc...) a cualificación dese exame
será dun 0, e o profesor resérvase a posibilidade de emprender as accións
disciplinarias que estime oportuno.
Na convocatoria extraordinaria de setembro, os alumnos que non
superen a materia en xuño poderán presentarse a unha proba escrita que
versará sobre as prácticas realizadas. No caso de fraude comprobado na
realización dun exame por calquera medio (copiar do compañeiro, con apuntes,
etc...) a cualificación dese exame será dun 0, e o profesor resérvase a
posibilidade de emprender as accións disciplinarias que estime oportuno.
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
FÍSICA DE 2º DE BACHARELATO
A continuación se especifica como se obterán as cualificacións nas
distintas avaliacións que serán levadas a cabo ao longo do curso.
Faranse as seguintes probas escritas:
0. Métodos matemáticos e física básica.
1. Campo gravitatorio.
2. Campo electrostático.
3. Campo magnético e inducción magnética.
4. Ondas.
5. Óptica xeométrica.
6. Física do Século XX.
Os exames constarán de 2 problemas (6 puntos), 3 cuestións teóricas
(3 puntos) e unha cuestión práctica (1 punto). No caso de non haber cuestións
de carácter práctico, substituirase esta cuestión por unha de carácter teórico.
O primeiro exame, sobre métodos matemáticos e física básica, se
realizará na primeira quincena do mes de outubro. Incluirá aspectos da materia
que foron tratados nos cursos anteriores, así como aqueles abordados dende o
principio deste curso, co obxecto de asegurar unha base matemática e física
sólidas para o correcto desenvolvemento da materia. A nota deste exame
servirá para subir nota dun exame calquera do curso segundo o seguinte
criterio: se a cualificación é maior ou igual a 5, multiplicarase por 0,2 e
sumarase á nota obtida no exame coa nota máis baixa ao longo do curso. Por
exemplo, se un alumno obtén un 8 no exame de Física Básica, poderá sumar
1,6 puntos no exame do curso no que teña a nota máis baixa.
Para obter a cualificación das avaliacións farase unha media aritmética
das notas obtidas nos exames realizados ata a data da avaliación. Dado que se
está a facer unha avaliación continua, os exames poden incluír aspectos da
materia tratados en temas anteriores. So se considerarán APTOS os
alumnos cunha media igual ou superior a 4,5.
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
Ao rematar a terceira avaliación farase un exame con preguntas de
todo o currículo. Este servirá de recuperación para aqueles alumnos cunha
media inferior ao 4,5. Neste caso, a cualificación obterase da seguinte forma:
Cualificación final=80%nota exame global+20%media curso
(No caso de que se obteña unha nota neste exame maior de 4,50
pero a media sexa inferior a este valor, considerarase como cualificación
final un 5).
Os alumnos que xa estean aprobados por teren unha media igual ou
superior ao 5, deberán presentarse igualmente a este exame final. Neste
caso, collerase a media aritmética das notas de todos os exames realizados
durante o curso e compararase coa nota deste exame final. Se esta é superior
á media, a cualificación final obterase deste último exame. En caso contrario,
esta proba global non será tida en conta.
No caso de fraude comprobado na realización dun exame por calquera
medio (copiar do compañeiro, con apuntes, etc...) a cualificación dese exame
será dun 0, e o profesor resérvase a posibilidade de emprender as accións
disciplinarias que estime oportuno. No caso de que isto ocorra na proba global
da terceira avaliación, o alumno ou alumna implicada perderá todo dereito a
recuperar ou subir nota.
Na convocatoria de setembro, a cualificación obterase do resultado da
proba extraordianaria exclusivamente, como é preceptivo.
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
QUÍMICA DE 2º DE BACHARELATO
Realizaranse, en xeral e de ser posible, 2 probas escritas como mínimo por
avaliación
A cualificación final de cada avaliación obterase tendo en conta tanto
os resultados das probas escritas, así como a actitude e os proxectos, traballos
e actividades de laboratorio realizados ao longo da avaliación.
O peso de cada parte na cualificación final será:
90%: promedio dos resultados das probas escritas realizadas ata
ese momento, valoradas sobre 10. (sempre que sexan 3). Cando a
cualificación de algún dos exames sexa < 3, aínda que a media sexa >5, a nota
obtida nas probas escritas será 4.
5%: promedio dos resultados dos proxectos, traballos e informes
de laboratorio. No caso de que non haxa ningún proxecto, traballo ou práctica
de laboratorio, no período correspondente a avaliación, a porcentaxe
correspondente aos resultados das probas escritas será o 95%.
CORRECTO (1) MEDIO (0,5) MALO (0)
AUTONOMÍA E CREATIVIDADE NA
REALIZACIÓN
CONTIDO AXUSTADO AO SOLICITADO
PULCRITUDE NA PRESENTACIÓN
EXPRESIÓN ORAL E/OU ESCRITA
UTILIZACIÓN DAS TIC
CUALIFICACIÓN GLOBAL (SUMA /10)
5% Actitude: A actitude valorarase según a seguinte táboa:.
SEMPRE (1) A VECES
(0,5)
NUNCA (0)
É PUNTUAL O CHEGAR A CLASE
É PUNTUAL ENTREGANDO OS TRABALLOS
MOSTRA RESPETO POLA PROFESORA
MOSTRA RESTETO POLOS COMPAÑEIROS/AS
DEMOSTRA ESFORZO
ESTÁ ATENTO/A
MEDIA GLOBAL (suma/12)
IESP DE AMES DPTO. FÍSICA E QUÍMICA CURSO 2016/17
Realizarase un exame de recuperación para cada avaliación, que
incluirá exercicios e cuestións relativas os temas tratados na avaliación
correspondente. Unha vez cualificado, a nova nota media da avaliación
obterase así: Cualif. = 80%nota do exame de recuperación+ 20% nota da
avaliación.
Se a nota da proba escrita da recuperación é 5, pero ao facer a ponderación
anterior resulta <5. A cualificación será 5.
Se o alumno despois de facer a recuperación da 1ª e/ou 2ª avaliación
non as superou, poderá presentarse a outra proba de recuperación o mesmo
día e hora que se faga a recuperación da 3ª avaliación..
O alumnado que pretenda mellorar a cualificación final poderá
presentarse a un exame especial para subir nota o final de curso, o día da
recuperación da terceira avaliación.
Avaliación extraordinaria: Realizarase unha proba na data fixada polo
centro, en setembro, e a cualificación será a que resulte desa proba
NOTA.- No caso de fraude comprobado na realización dun exame por
calquera medio (copiar do compañeiro, con apuntes, etc...) a cualificación
dese exame será dun 0, e o profesor resérvase a posibilidade de
emprender as accións disciplinarias correspondentes.