Deseño gráfico e maquetación / Marta Fariña
Campus de Pontevedra Mestrado Universitarioen Arte Contemporánea.Creación e Investigación
Facultade de Belas ArtesMaestranza, 236002 PontevedraEspaña
Tel. 986 801 805 [email protected]
Mestrado Universitarioen Arte Contemporánea.Creación e Investigación
Mestrado Universitario en Arte Contemporánea. Creacióne Investigación
O Mestrado Universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación atende á evolución da práctica artística durante as últimas décadas, afrontando os novos contextos e retos culturais, tecnolóxicos, sociais e económicos.
Apostamos por unha perspectiva interdisciplinar que permita aos estudantes adquirir unha formación avanzada versátil, axustada a unha nova concepción do artista e dos seus campos de actuación.
Este mestrado consta dunha dobre orientación artística e investigadora; potencia aquelas competencias inherentes á produción artística, en todas as súas variantes e desenvolve capacidades de investigación para actuar nun ámbito profesional discursivo ou para unha futura formación en doutoramento.
Os nosos esforzos céntranse na posta en práctica de sistemas de aprendizaxe e indagación que permitan ao estudante desenvolver traballos de creación e investigación de xeito autónomo nun contexto de formación continua, supervisada e titorizada polo profesorado do mestrado.
Estrutura
A formación organizase segundo unha estrutura mixta entre materias obrigatorias e optativas pertencentes a 5 módulos de ensinanzas, repartidos en 2 cuadrimestres.
Recursos
Dispoñibilidade de espazos de traballo nas instalacións da facultade, talleres e laboratorios específicos.
Actividades paralelas
Ademais das actividades propiamente curriculares, o mestrado ofrece outras actividades como conferencias, talleres, saídas externas a museos e exposicións, prácticas extracurriculares, etc.
Saídas profesionais
Este mestrado forma profesionais polivalentes capaces de integrarse en campos de traballos interprofesionais, relacionados coa creación plástica en todas as súas modalidades así como coa difusión e transmisión da arte (comisariado, xestión cultural, dirección artística, gabinetes pedagóxicos…).
Perfil de acceso
Estar en posesión dun título universitario de Grao ou Licenciatura en Belas Artes ou calquera outro título universitario, dando preferencia aos do ámbito das Humanidades (Historia del Arte, Filosofía, Comunicación Audiovisual) e Arquitectura.
Prazo de inscrición
Consta de dous períodos:
— 27/06 - 04/07/2016— 26/08 - 01/09/2016
A solicitude formalizarase na páxina web da Universidade de Vigo en auto-matrícula, ademais de entregar ou enviar por correo postal á Secretaría da Facultade de Belas Artes, a seguinte documentación:
— Resgardo asinado da solicitude.— Título e expediente académico da titulación que dá acceso (agás alumnos da Universidade de Vigo).— CV artístico e/ou profesional.— Dossier artístico.— Carta de motivación.
Entidades colaboradoras
MARCO | CGAC | Cidade da Cultura | Fundación RAC |Museo de Pontevedra | Fundación Laxeiro | Lab_In | MAC | Culturgal | Fundación Luis Seoane | Fundación Eugenio Granell | Asociación de Galerías de Arte de Galicia | Auditorio de Galicia |
Plan de estudos
Módulo 1. Arte e saberOrientado ás metodoloxías e condicións do coñecemento artístico
Materias Cuadrimestre Tipo Créditos
Gnoseoloxía da arteRecursos cognitivos e metodolóxicos
1º1º
OBOB
66
Módulo 2. Sistemas artísticosRecursos e coñecemento do sistema artístico contemporáneo
Materias Cuadrimestre Tipo Créditos
Tendencias e modos de produción contemporáneaPerspectivas actuais
1º2º
OBOB
612
Módulo 3. Laboratorio de creaciónElaboración artística contemporánea
Materias Cuadrimestre Tipo Créditos
Laboratorio (e): espazo 1Laboratorio (e): espazo 2Laboratorio (t): tempo 1Laboratorio (t): tempo 2Laboratorio (n): número 1Laboratorio (n): número 2Laboratorio (1): unicidade 1Laboratorio (1): unicidade 2
1º2º1º2º1º2º1º2º
OPOPOPOPOPOPOPOP
33333333
Módulo 4. Laboratorio interdisciplinar de creaciónOrientado á especialización e ás prácticas pre-profesionais
Materias Cuadrimestre Tipo Créditos
Proxecto expositivoPrácticas externasTaller fotográficoTaller de artista invitado
1º1º1º2º
OPOPOPOP
3333
Módulo 5. Laboratorio Interdisciplinar de InvestigaciónOrientado á capacitación para a investigación e a realización do TFM
Materias Cuadrimestre Tipo Créditos
Taller de investigador invitadoLiñas de investigación Modelos e disciplinas auxiliares
1º2º2º
OPOPOP
333
Traballo fin de mestrado
Materia Cuatrimestre Tipo Créditos
Traballo fin de mestrado 2º OB 6
OBOP
ObrigatoriaOptativa
Titulación Mestrado Universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
Centro Facultade de Belas Artes
Rama de coñecemento Artes e Humanidades
Duración 1 curso matrícula ordinaria2 cursos matrícula a tempo parcial 30 créditos/ano
Prazas 28
Curso implantación 2010/2011
Créditos ECTS ObrigatoriosOptativosTraballo fin de mestradoTotais
3024
660
Dirección Facultade de Belas ArtesMaestranza, 236002 PontevedraEspaña
Contacto 986 801 [email protected]@uvigo.es
Web belasartes.uvigo.es
Este folleto ten exclusivamente carácter divulgativo, sen que o contido teña valor xurídico vinculante. É susceptible de modificacións puntuais.
Mestrado Universitarioen Arte Contemporánea.Creación e Investigación
Campus de Pontevedra Facultadede Belas Artes