O proxecto concíbese como unha experiencia que utiliza a arte
nun espazo concreto, a Rede de museos de Lugo, e foi
deseñado coa finalidade de facilitar e promover a
comunicación, as relacións, a aprendizaxe, o movemento, a
expresión, a organización e para satisfacer as necesidades
físicas, emocionais, mentais, sociais e cognitivas dos
participantes, neste caso nenos e avós.
Con esta experiencia dedicada a nenos e avós preténdese
establecer un nexo de unión entre eles a través do museo e ao
mesmo tempo promover o coñecemento e acceso dun público
moi diverso ás artes nas súas diversas manifestacións.
A actividade plantexa unha aproximación ao retrato ao
alcance do neno e o avó. Ao longo da actividade abordarase a
natureza do retrato, a súa capacidade expresiva,e o seu
contido figurativo e abstracto. Tamén analizaremos o papel
do retrato na historia así como a súa presenza na nosa vida
cotiá, os seus posibles significados e o seu carácter simbólico.
Mediante unha experiencia levada a cabo en común polos
nenos e os seus avós preténdese reflexionar sobre as raíces
que lles unen e os puntos que manteñen en común a pesar da
diferenza de idade. É fundamental comprender ao outro,
sempre dende o respecto, aínda que en ocasións resulte difícil
polas diferentes circunstancias nas que creceron os avós e nas
que crecen os nenos na actualidade.
A elección deste grupo de destinatarios non é aleatoria xa que
responde á necesidade de que todos os nenos deberían poder
gozar dos seus avós e todos os avós deberían ter netos,
porque nestas dúas épocas da vida a seguridade e o afecto
que nenos e avós danse son imprescindibles: os nenos
revitalizan e rexuvenecen aos seus avós facéndoos máis
activos e felices porque volven a sentirse necesarios, cando
non imprescindibles e os nenos aprenden o respecto aos máis
maiores. Os avós son para os nenos os xigantes pacientes,
comprensibles, tolerantes e protectores que lles colman de
tempo e tenrura. Con frecuencia, os avós compensan a falta
de tempo, as esixencias e a disciplina dos pais, que moitas
veces son incapaces de dispor de tempo, tranquilidade ou
coñecementos para estar, compartir, falar ou xogar cos seus
fillos. A relación netos-avós é sempre frutífera para ambos,
porque se basea nun potente lazo afectivo que aumenta
conforme o fai o tempo de convivencia. De modo que é
interesante dedicar actividades no museo a este colectivo de
idades tan diferentes. Os nenos conviven cos seus avós dunha
nova forma e ao mesmo tempo danos a coñecer entre os seus
compañeiros. A actividade que pretende ser un medio de
unión, ao mesmo tempo considera a importancia de coñecer
ao outro, indagar ata o fondo na súa historia, aprender cales
son as raíces dos seus avós, os seus gustos, as súas historias,
as súas teimas…aprender a RETRATÁLOS.
A primeira parte do programa consiste nunha pequena
introdución ao tema do RETRATO: qué é?, de qué se
compón?, como foi a súa evolución no mundo da arte?...e
tódalas conversas e dúbidas que o retrato poida espertar tanto
nos nenos coma nos seus acompañantes de viaxe, os seus
avós.
Obxetivos:-Entender o concepto de retrato.- Comprender a evolución do concepto na historia da arte.- Comentar as características dos retratos expostos.- Debatir sobre os posibles puntos de vista dos participantes.- Reflexionar sobre o retrato no seu entorno.
Un retrato é unha pintura, fotografía, escultura ou representación
artística dunha persoa.
Utilízase para describir tanto as calidades físicas coma da forma de
ser e actuar das persoas.
Nos retratos predomina a cara e a súa expresión para mostrar a
semellanza, a personalidade ou o estado de ánimo da persoa. …
O retrato non é unha mera reprodución mecánica dos trazos físicos
dunha persoa senón que entran en xogo a sensibilidade do artista,
que interpreta os trazos segundo o seu gusto e as características da
arte do seu tempo.
Normalmente, cando describimos a unha persoa, non só nos
referimos ao seu físico, senón que intentamos reflectir a súa forma
de ser e de actuar, e tamén o que nós pensamos desa persoa.
Describir a unha persoa reflectindo os seus sentimentos, os seus
costumes e todo o que forma a súa personalidade é un retrato.
Para facer un bo retrato e que este sexa completo hai que ter en
conta:
- Observar e seleccionar os trazos máis destacados da persoa,
tanto físicos como de carácter.
- Non acumular demasiados trazos, só os máis característicos.
- Presentar ao personaxe nun ambiente, para que cobre vida e sexa
máis crible.
- Elixir ben como debuxalo e utilizar recursos expresivos para dar
viveza e forza á pintura.
Senecio, Paul Klee
A habitación deVan Gogh en Arles
Esta obra pictórica pertence a Vincent Van Gogh.
Trátase dunha das moitas versións que fixo deste cadro, que
representa a súa habitación na Casa Amarela en Arles.
Ao longo da súa carreira Van Gogh realizou moitos
autorretratos pero este introdúcenos na súa dimensión máis
íntima e privada.
Caracterízase polo uso das cores que para él tiñan
significados e das formas simplificadas.
Os tons claros e tenues teñen un efecto de tranquilidade no
observador.
O espazo da habitación ábrese ante nós, parece acollernos.
Todos os obxectos, as cadeiras, a mesa, os cadros das
paredes diríxense cara ao interior, Vincent representou un
ambiente feliz, onde poder sentirse agusto: ordeado e
armonioso.
Os obxectos persoais como os cadros, o pano, a manta
vermella, o xerro, dan á habitación o aspecto dun lugar que
representa o carácter de alguén que vive aí.
Retrato de Dora Maar, Pablo Picasso
El Ángelus de Gala, Dalí
La criada, Modigliani
Retrato de Paul Éluard, Dalí
Despois de recibir unhas nocións básicas sobre o retrato
comeza a caza de retratos no museo. Recorreremos cada sala
na busca de obxectos, esculturas, pinturas…ou calquera cousa
ca que identifiquemos trazos físicos ou psicolóxicos dalgunha
persoa.
-San Paio de Narla
- Museo do Mar
- Pazo de Tor
Obxetivos:-Pasear na procura de retratos.- Poñer en práctica o aprendido na introdución teórica.- Descubrir os secretos que esconden os obxetos e as obras de arte do museo.
Obxetivos:
- Imaxinar unha imaxe de sí mesmos.
- Exteriorizar trazos da súa personalidade.
-Compartir cousas íntimas cos seus compañeiros.
- Aprender a indagar nos seus gustos, aficións,
estados de ánimo, carácter, formas de actuar,
recordos…
Coa axuda dos seus avós e compañeiros cada participante fará o seu propio autorretrato.
Obxetivos: