Cousas da rata Luisa
BOCADILLOS
Desde que colleron gusto por prepararen comidas, nunca pasa moito tempo sen que volvan á cociña.
E como xa había tempo que non facían nada andiveron a pensar case toda unha semana.
Querían facer algo que non fora repetido, que fixeran eles sós, doado e divertido.
-Que se poida facer sen ter que agardar, e sen que mamá non nos teña que axudar.
-Que non vaia ao lume. –Que non vaia ao forno.
– Aparte de bocadillos… outra cousa non atopo.
-Pois agora que o dis… Non é mala idea darlle unha alegría á hora da merenda
E desde que lles entrou, na cabeza, esa teima cada media tarde, para eles, é festa.
Deixan calquera cousa que estean a facer, e arrancan ao instante para a cociña a correr.
Póñenlle desto, bótanlle de estoutro…Facer bocadillos, para eles, é un xogo.
Adórnanos por fóra, alégranos por dentro,
xogando coas formas,
e máis cos recheos.
Coas cores,
cos tamaños,
cos adornos,
cos pans…
Nunca os fan iguais … Sempre están a inventar!
A súa fantasía nunca ten remate.Fannos frios ou quentes… e cheos de detalles.
O que queren, sempre, e que leven moitas cousas e que chamen a atención coa gracia das súas formas.
-Hoxe, o meu, é unha galiña. –O meu un pallaso.-Pois eu xa vou diante. Estou comendo un gato!
Onte tentaron facer os seus retratos: con orellas de cenoria e unha herba por rabo.
fin
As fotografías foron collidas da Internet.Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta.