LONXITUDE: 40 km
SUPERFICIE DA CUNCA: 283 km2
CONCELLOS: Coristanco, Zas, Vimianzo, Camariñas e Muxía.
CLIMAAtlántico
RÉXIMEPluvial. Con augas altas en xaneiro e baixas en Xullo.
O río nace no Pico de Meda (Coristanco), como río do Sixto; a partir da confluencia co río de Mira recibe o nome de río de Baio
ata que se xunta co Zas, a partir de onde pasa a ser coñecido como río Grande e, despois da confluencia co Cambeda
ou Vimianzo, tamén se coñece como río do Porto.
NACEMENTO: Monte Meda (Coristanco)
Zas
Pedra Vixía (Zas)
BAIORío Grande en Baio
Torrente
Fornelos
Río Grande en Mosquetín (Vimianzo)
Río Grande en Santa Irena (Vimianzo)
Río Grande en Torelo (Vimianzo)
Castro
Río Grande en Vadalama (Vimianzo)
Vimianzo
Confluencia do río Grande e o Vimianzo (Calo)
Río Grande en Pasarela (Vimianzo)
Río Grande na Ponte Furaqueira (Vimianzo)
Mouzo
Carantoña Río Grande na área recreativa de Basadín (Carantoña-Vimianzo)
Confluencia do Carantoña e o río Grande
PONTE DO PORTO
Cuncheiro
Cereixo
Carnés
Rego de Carnés ou Riotorto en Cereixo(Vimianzo)
Ría de Camariñas
DESEMBOCADURA: Ría de Camariñas
Praias de Mozogordón e Area Grande
XEOLOXÍAÉ un río dun discorrer maino e con poucos desniveis, agás nas partes altas das cabeceiras.Forma un amplo esteiro no fondo da ría de Camariñas.
O río Grande na Ponte Furaqueira, un dos poucos lugares onde forma pequenos saltos e rápidos entre rochas graníticas.
FLORAEn case todo o seu percorrido conserva vexetación de ribeira: amieiras, salgueiros, freixos, carballos, silveiras, herba salgueira, fentos, pé de boi, espadainas, oucas...
Carballeira de Baio
Fento dentabrú ou palla real
Anxélica Flores de freixo
FAUNAOs peixes máis comúns son o reo, a troita, a anguía e a boga. Tamén se poden atopar varias especies de anfibios e gran variedade de invertebrados, especialmente insectos. Na desembocadura hai aves acuáticas: parrulos, garza, limícolas…
Parella de lavancos
Libeliña (Calopteryx haemorrhoidalis)
Patinador ou zapateiro
APROVEITAMENTOSubministro de auga (poboacións, agricultura, industria), pesca, produción de enerxía, acuicultura e lecer.
Área recreativa de Santa Irea, en Vimianzo.
DATOS HISTÓRICOSNa comarca pola que discorre o río (Terra de Soneira) consérvanse monumentos megalíticos (Dolme A Piosa, en Zas, ou Pedra da Arca, en Vimianzo), castros, castelos, e construcións de interese etnográfica (batáns e muíños).
Ponte de Torelo (Vimianzo)
Centro Etnográfico do Mosquetín onde se restauraron varios Muíños e Batáns que se poden visitar.
Interior dos batáns do Mosquetín
Torres de Cereixo (Vimianzo)
Muíño de marea na desembocadura do rego de Carnés, en Cereixo (Vimianzo)Foi construído en 1679 e pertenceu ao castelo de Vimianzo.
PROBLEMASUn dos principais problemas ambientais é a contaminación por verteduras, especialmente á altura das poboacións máis importantes, onde recibe augas residuais sen depurar.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta