10
A ÁRBORE DE NADAL

A árbore de nadal

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Cuento de navidad

Citation preview

Page 1: A árbore de nadal

A ÁRBORE DE NADAL

Page 2: A árbore de nadal

Cando o neno Xesús naceu en Belén, o mundo encheuse de alegría e a Belén chegaban xentes de todas as partes para ofrecer regalos ao neno.

Page 3: A árbore de nadal

Preto da corte onde o neno descansaba, dise que había tres árbores: unha palmeira, unha oliveira e un piñeiro. Ao ver tanta xente que ía e viña con ofrendas, eles tamén sentiron desexos de ofrecer algo ao Neno Xesús.

Page 4: A árbore de nadal

Eu, dixo a palmeira, vou romper unha das miñas ramas, e colocareina preto do berce, e cando o Neno teña calor, suavemente, docemente, abanicareino sen espertalo. Non podo facer outra cousa, porque é moi pequeniño para comer dátiles. Iso, dareillo cando sexa un pouco maior.

Page 5: A árbore de nadal

Pois eu, dixo a oliveira, penso facerlle aceite coas miñas olivas e darllo á súa nai, a Virxe, para que faga comida.

Page 6: A árbore de nadal

O piñeiro estaba triste. Non sabía que ofrecer. Ademais a palmeira e a oliveira repetíanlle unha e outra vez:

- Non!!! Non!!! ti non lle deas ao Neno as túas follas... que parecen agullas, con elas picarías o Neno... Ti, non tes nada que regalarlle...

Page 7: A árbore de nadal

E a pena que sentía o piñeiro ía crecendo, cada vez era maior. Pero un anxo que consideraba a escena compadeceuse e decidiu axudarlle:

- Non teñas pena, díxolle. Eu voute axudar. Pedirei ás estrelas que baixen do ceo e se pousen nas túas ramas, e coa súa luz... xa verás, poderás iluminar o Neno, e servirás de guía a todos os camiñantes que van cara á cova.

Page 8: A árbore de nadal

Así o fixo e ao pouco tempo o piñeiro se viu cheo de luces de cores porque moitas estrelas baixaron ás súas ramas. E ata o Neno Xesús, dende o seu berce, se fixou no piñeiro, e brilláronlle os seus olliños ao contemplar o bonito que estaba e como brillaba. O piñeiro encheuse de alegría.

Page 9: A árbore de nadal

Dende entón, o piñeiro é un elemento de adorno en todos os fogares do mundo na época de Nadal, como recordo daquel piñeiro que un día brillou ante o berce do Neno Xesús.

Page 10: A árbore de nadal