7

Click here to load reader

A historia do Couto Mixto

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A historia do Couto Mixto

Couto Mixto

Pablo Vázquez Ponte e Olalla Pérez Rodríguez

Lingua Galega e Literatura

1º Bacharelato B

Curso 2015-2016

Page 2: A historia do Couto Mixto

Couto Mixto

Coñécese como Couto Mixto a unantigo territorio autónomo situado enOurense entre os concellos de Calvos Randíne Baltar e Montalegre. Está formado por trespequenas aldeas: Santiago, Meaus e Rubiás.

No pasado habitábano,aproximadamente, 900 veciños, pero naactualidade só suman 200.

Vídeo do Couto Mixto: https://www.youtube.com/watch?v=EgsM7X2QcUY

Page 3: A historia do Couto Mixto

Historia do Couto Mixto

Non se atoparon documentos nos cales se conte a historia ou nacemento exacto do Couto,pero o que si sabemos é que naceu ligado ó Castelo de Picoña e procurando o apoio no Conde deMonterrei polos enfrontamentos dos veciños de Barroso e Randín.

No ano 1530 defínense Santiago e Rubiás como mistigos de Portugal e Galicia,considerándose o primeiro documento no cal se recoñece a autonomía desta zona, pero no 1840tivéronse que ratificar estes acordos polos conflitos entre os veciños do Couto Mixto e os da Raia.

No 1819 asínase na Igrexa de Santiago un documento que recoñecía os privilexios do Coutoligado á Casa de Bragança e á Diocese de Ourense.

No 1951 fórmase a Comisión Mixta para establecer os límites entre os territorios, pero nonchegou a acordo . Nin esta nin a segunda proposta. Na primeira Portugal quedaría con Santiago eRubiás e España con Meaus, e na segunda Santiago pasaría a ser parte de España..

Por fin , no 1864 chégase a un acordo polo cal os territorios pasan a ser de España a cambiode que esta lle entregue outros tres territorios a Portugal ( Soutelinho da Raia, Lamadarcos eCambedo), pero o Tratado de Lindes (Tratado no cal se estableceron estes principios) dábase aposibilidade aos habitantes de escoller eles a súa nacionalidade.

Nun principio os tres lugares foron asinados ao concello de Baltar, pero os habitantes deSantiago e Rubiás reclamaban a súa unión co Concello de Calvos de Randínque, e foilles concedidacreando a parroquia de Rubiás dos Mixtos.

Actualmente é un pasto comunal establecido polos gobernos español e portugués.

Page 4: A historia do Couto Mixto

Privilexios do Couto Mixto

Nacionalidade:

Os habitantes non se atopaban obrigados a pertencer a España ou a Portugal, podendo escoller atendendo adiferentes razóns. Cando se lles outorgou a súa independencia concedéuselles un ano para escoller unha opción.

Este momento denomínase Día das Vodas no cal cada familia, tradicionalmente, bebía dun cáliz de viño inscribindoa letra P (Portugal) ou G (Galiza) no seu domicilio.

Dentro deste privilexio atópase o dereito de exención de sangue no cal os habitantes non contribuían a ningúnexército.

Autogoberno:

Ademais do alcalde que se escollía cada tres anos cómpre salientar os chamados Homes Bos elixidos en cadapoboación e o Vigairo do Mes que executaba as decisión do alcalde.

Tiñan a posibilidade de tomar decisión en aberto na praza pública.

Tributos:

Os habitantes non estaban obrigados a pagar impostos nin a España nin a Portugal. Isto trouxo a moitas parellas oucomerciantes, xa que non tiñan que pagar impostos polos comercios, actividade moi desenvolvida neste territorio.

Page 5: A historia do Couto Mixto

Dereito de asilo:

As autoridades non podían entrar nos territorios en busca dun fuxitivo para detelo, só se cometera homicidio ou un delito de sangue.

Do mesmo modo, o Couto podía negar aloxamento ás forzas militares de ambos países, práctica que en diversas ocasións non serespectou diante da superioridade numérica das tropas visitantes.

Impresos oficiais:

Non estaban obrigados ao uso do papel selado, podían usar o papel común, do mesmo modo a non pagar dereitos polo rexistro depropiedade, como as hipotecas.

Agricultura, gandería e comercio:

Os veciños dedicábanse ao cultivo de liño, millo e patacas, á cría de gando, especialmente vacas, e ao comercio de todos estesprodutos e animais amparándose nos privilexios que os outros países lles concederan. Destacaba o comercio de sal e tabaco, pero coachegada do acordo entre España e Portugal só lles permitiron plantar 300 pés de tabaco para o autoconsumo.

Camiño Privilexiado:

Os habitantes dispoñían de camiños cara Galiza e cara Portugal nos cales as autoridades non podían realizar ningunha aprehensión.

Tampouco era necesaria licenza para o porte de armas.

Page 6: A historia do Couto Mixto

O couto na actualidade

No 1998 fundouse a Asociación de Amigos do Couto, pararecuperar a memoria histórica do Couto e o desenvolvemento deactividades culturais. Asemade creouse un Museo Aberto do Couto epublicáronse diferentes estudos de investigación.

A evolución da poboación no Couto

Page 7: A historia do Couto Mixto

Bibliografía

- Wikipedia

- http://elpais.com/diario/2006/07/30/domingo/1154231557_850215.html

- http://www.coutomixto.org/

- Google imaxes